1. Conquista
Pobos CELTAS e IBEROS ROMANA Dominio ROMANO
s.VI s.V s.IV s.III s.II s.I s.I s.II s.III s.IV s.V
1. Pobos prerromanos : os celtas
Ao longo do primeiro
milenio a.C., no Norte e
centro da Península Ibérica
, vivían pobos de orixe
celta en castros. Eran un
pobo rural e guerreiro pero
tamén salientou na arte da
ourivaría e da forxa.
Dedicábanse á gandería e á
agricultura baseada nos
cereais.
Elaboraban pezas de cerámica e tecidos de la; ademais dominaban a
metalurxia.
Non coñecían a escritura nin a moeda. Os trocos de produtos con outros pobos
eran pouco frecuentes.
2. Os pobos prerromanos: os iberos
Habitaban,en poboados con murallas de pedra, no
litoral mediterráneo e no Sur .
Vivían da agricultura e gandaría.
Coñecían o ferro e utilizaban o torno. Eran hábiles
fabricantes de obxectos de ourivaría e de armas.
Comerciaron con outros pobos e usaron moeda
Crearon un sistema propio de escritura.
Difundiron o uso do arado e introduciron o cultivo
da vide e da oliveira; tamén aprenderon a conservar
o peixe mediante a salgadura
Incineraban aos defuntos na necrópole. Enterraban
as cinzas nunha foxa xunto co enxoval funerario.
2. 3. HISPANIA, provincia romana
Os romanos xa dominaban a Península Itálica
e aspiraban a controlar o Mediterráneo e ser
un imperio. O principal rival eran os
cartaxineses ( pobo orixinario de Cartago no
norte de África, que foi un importante centro
político e comercial . entre os séculos VI e III
a. C. )
Ámbolos dous querían os mesmo :
- as riquezas da Península Ibérica: ouro,
prata…
- o control do comercio mediterráneo.
Os romanos desembarcaron en Emporion (Ampurias) en 218 a. C.
A conquista romana da Península durou máis de 200 anos e tivo
tres fases:
-Litoral mediterráneo ► os romanos derrotaron aos cartaxineses e
en poucos anos conquistaron todo o litoral ocupado polos iberos.
- Meseta► despois da forte resistencia dos pobos indíxenas
(Numancia), conquistárona a finais s. II a. C
- Cornixa cantábrica ►dominárona no ano 19 a.C.
A Romanización
É o proceso de adaptación á forma de vida
romana.
Os pobos iberos e celtas foron adoptando a
súa lengua (latín), as súas leis, as súas formas
de goberno, a súa relixión e os seus
costumes.
ACTIVIDADES
☻Le varias veces para ver de que vai o tema.
☺Escribe ,no caderno , unha pregunta por cada párrafo e contéstaa
3. A VIDA NAS CIDADES
As cidades romanas eran o centro da vida social, económica, política e
cultural do mundo romano-
Estaban amuralladas e tiñan un trazado cuadricular.
No centro estaba o foro : unha gran praza rodeada de edificios públicos ,
templos e comercios .Os ricos vivían en casas luxosas (domus), os
humildes en casas de pisos (insulae).
Había ademais :
Acueducto →para levar a auga á cidade
Circo→ organizábanse carreiras de cabalos
Templos→ gardaban a estatua do deus ao que estaban dedicados .
Arcos de triunfo→para conmemorar fazañas militares.
Termas→ nelas tomaban baños e facían ximnasia
Anfiteatro→organizábanse xogos e loitas entre gladiadores
Teatro→para representacións de comedias
A VIDA NO CAMPO
A maioría dos habitantes vivían no campo: cultivaban a terra e criaban
gando.
As explotacións agrícolas organizábanse ao redor das vilas = conxunto de
edificacións e os campos que os rodeaban. Nelas había : vivendas dos
propietarios, dos escravos, construccións para usos agrícolas, gandeiros e
artesáns.
Actividades agrícolas
Novedades Cultivos
Arado romano Trigo, vide, oliveira, árbores
Muiños de tracción animal froiteiras, hortalizas, legumes e liño.
Prensa de aceite ▼
Técnicas de regadío Exportación
Uso de fertilizantes
Minaría e comercio
Hispania exportaba a outras cidades do Imperio : ouro, prata, cobre,
chumbo, ferro, sal …Os romanos tamén fomentaron o comercio de
produtos agrícolas e artesanais; para iso construíron calzadas
4. A relixión romana e o cristianismo
A relixión dos romanos
Politeísta → crían en varios deuses para os que
construían templos; tamén tiñan altares nas casas para
os deuses protectores da familia ( lares )
Culto ao emperador → venerado coma un deus.
O Cristianismo
No século I naceu Xesús. Aos 30 anos comezou a
predicar unha nova mensaxe religiosa.
Características:
- Monoteísta
-.Prometía a salvación eterna a toda persoa que
practicase o amor a Deus e ao próximo.
- Proclamaba a igualdade entre as persoas ( a socioedade
romana diferenciaba entre libres e esclavos) ) , e
opúñase ao culto ao emperador.
Fases:
- -Introducción do cristianismo desde mediados do século
I
- Difusión e persecución dos cristiáns.(s.I, II, III )
- Aceptación do cristianismo como relixión romana
(Constantino), e posteriormente como relixión oficial do
imperio, no século V.