1. A PENÍNSULA IBÉRICA NA ANTIGÜIDADE
1. AS ORIXES DA IDADE ANTIGA NA PENÍNSULA IBÉRICA
a) As invasións célticas
A comezos do I milenio a C chegaron a P. Ibérica pobos indoeuropeos de cultura céltica que se
asentaron na Meseta e no noroeste peninsular. Introduciron o uso do ferro e vivían en poboados
chamados castros.
b) Os Tartessos
O primeiro estado da península foi organizado pola cultura dos Tartessos, pobo instalado en
Andalucía occidental e no val do Guadalquivir. Cunha sociedade xerarquizada, a economía
baseábase na agricultura, na gandaría e sobre todo na minaría. Comercializaban co cobre e a prata
cos pobos do Mediterráneo.
c) As colonizacións mediterráneas
Entre os ss X e VIII a C chegaron ás costas mediterráneas os fenicios (procedentes do actual
Líbano); fundaron colonias (Gadir, Malaca) e introduciron o alfabeto, a moeda, a metalurxia
do ferro, o torno de oleiro e a salgadura do peixe.
No s VIII a C os gregos estableceron colonias no litoral catalán e levantino (Emporion,
Rhode). Difundiron a súa moeda e a escritura e o cultivo da oliveira.
Cartago, cidade fenicia do norte de África, adquiriu gran importancia a partir do s VI a C.
Durante o seu enfrontamento con Roma na Segunda Guerra Púnica, chegou ata o sur da
Península y fundou a colonia de Cartago Nova.
2. OS POBOS PRERROMANOS
Cando os romanos chegaron á P. Ibérica, esta estaba habitada polos chamados pobos
prerromanos que recibiran influencias celtíberas e dos pobos mediterráneos. Distinguíanse 3 grupos
de pobos: iberos, celtíberos e do norte.
a) Os iberos
Ocupaban a franxa mediterránea e o sur da península. Estaban organizados en cidades-
estado independentes, gobernadas por reis; a sociedade estaba xerarquizada; practicaban unha
agricultura de tipo mediterráneo; creían nas forzas da natureza e en deuses fenicios e gregos;
coñecían a escritura.
b) Os Celtíberos
Ocupaban o centro e o oeste da península. Organizábanse en tribos dirixidas por caudillos; a
economía baséabase na gandaría e nunha agricultura de subsistencia; adoraban elementos da
natureza; non coñecían nin a escritura nin a moeda, apenas tiveron contacto con pobos do exterior;
c) Os pobos do norte
Habitaban o norte peninsular, as zonas montañosas. Eran pobos de orixe céltica comos os
galaicos (instalados no territorio galego), os astures, os cántabros e os vascóns. Vivían en castros e
eran seminómades; practicaban unha gandaría e unha agricultura moi primitivas.
3. HISPANIA ROMANA
a) Conquista romana
Os romanos chegaron á P. Ibérica durante as Guerras Púnicas. Durante a Primeira Guerra
Púnica os cartaxineses ocuparon o sur e durante a Segunda Guerra Púnica o cartaxinés Aníbal
atacou a cidade ibera de Sagunto, aliada dos romanos, polo que Roma acudiu en axuda dos
2. saguntinos.
Fases da conquista romana:
1. 218-170 a C: os romanos ocuparon o sur e o leste do territorio peninsular debido a escasa
resistencia ibera
2. 154-133 a C: os romanos chegaron ó interior para o cal venceron aos lusitanos (encabezados
por Viriato) e os arevacos (trala resistencia de Numancia); tamén se instalaron nas Baleares
3. 29-19 a C: en tempos de Octavio Augusto dominouse ós pobos do norte
b) Organización de Hispania
Trala conquista, o territorio peninsular foi coñecido como Hispania e Roma impuxo a súa
autoridade política, económica e social. O territorio dividiuse en provincias (ver mapa) e cada unha
se dividía en demarcacións menores chamadas conventos. Así mesmo produciuse a romanización da
península.
c) Actividades económicas
agricultura: triloxía mediterránea
minaría: prata, mercurio e ouro
artesanía: tecidos, utís de ferro e cerámica, elaboración de aceite, viño, salgadura e salsa
garum
comercio: había unha rede de calzadas que comunicaba a península entre si e esta con Roma
extendeuse tamén a vida urbana con cidades fundadas polos romanos e con cidades
indíxenas sometidas voluntariamente ou polas armas.
4. A FIN DA ANTIGÜIDADE NA PENÍNSULA IBÉRICA
A crise do s III afectou profundamente á Península Ibérica e no ano 409 os suevos, vándalos
e alanos, pobos xermánicos, instaláronse en Hispania. Ademais Roma estableceu un pacto cos
visigodos: concedeulles terras na Galia a cambio de pacificar Hispania. Expulsaron a vándalos e
alanos e estableceron un reino na Galia pero expulsados de alí polos francos, instaláronse na
península e estableceron un reino con capital en Toledo.
Ademais na península habitaban:
os suevos: formaron un reino no noroeste con capital en Braga (ao que pertenceu a
Gallaecia) hasta que foron sometidos polos visigodos no s VI
os cántabros e vascóns: escasasmente romanizados, resistiron ó dominio visigodo
os bizantinos: en tempos de Xustiniano instaláronse na Bética e na Cartaxinense. Foron
derrotados polos visigodos e permaneceron nunha zona costeira entre Cartago Nova e
Gades, chamada Spania