2. Germaine Dulac
N: 17 de novembro de 1882, Amiens (Francia)
M: 20 de xullo de 1942, París (Francia)
Cineasta, crítica e teórica do cinema, a súa
filmografía moveuse a miúdo polos vieiros da
narración tradicional mais é lembrada sobre todo
polas súas achegas vangardistas, como o rexistro
impresionista de La Souriante Madame Beudet
(1923), o filme sen intertítulos L'Invitation au
voyage (1927) e o surrealismo de La Coquille et le
Clergyman (1928). Nos últimos anos da súa vida
traballou na creación de noticiarios para as
produtoras Pathé e Gaumont.
Imaxe: Wikipedia
4. Mary Ellen Bute
N: 21 de novembro de 1906, Houston (EEUU)
M: 17 de outubro de 1983, Nova York (EEUU)
Pioneira no campo da “música
visual”, a animación abstracta e o uso
de imaxes xeradas con ferramentas
electrónicas (por exemplo, un
osciloscopio), é autora de curtas coma
Rhythm in Light (1934), Tarantella
(1940) ou Abstronic (1952). Escribiu
e dirixiu a longa Passages from James
Joyce's Finnegans Wake, que se
exhibiu na Semana da Crítica de
Cannes en 1965.
Imaxe: Center for Visual Music
6. Marie Menken
N: 25 de maio de 1909, Nova York (EEUU)
M: 29 de setembro de 1971, Nova York (EEUU)
Iniciouse como pintora mais, farta do estatismo do
lenzo, comezou a experimentar coa cámara de
cinema co filme Visual Variations on Noguchi (1945).
Converteuse nunha figura de referencia da vangarda
norteamericana xunto ao seu esposo Willard Maas,
tamén cineasta e poeta. Marie Menken foi mentora e
“madriña” doutros cineastas coma Kenneth Anger,
Stan Brakhage, Jonas Mekas ou Andy Warhol. Entre
os seus filmes destacan Glimpse of the Garden
(1957), Arabesque for Kenneth Anger (1961) ou
Notebook (1962)
Fonte: The FilmMakers’ Cooperative
10. Shirley Clarke
N: 2 de outubro de 1919, Nova York (EEUU)
M: 23 de novembro de 1997, Boston (EEUU)
Comezou a facer películas nos anos 50 e axiña se
asociou ao círculo de creadores independentes de
Nova York. Máis tarde, en 1962, sería unha das
fundadoras, con Jonas Mekas, Stan Brakhage e
outros cineastas, da FilmMakers Cooperative,
compañía sen ánimo de lucro en favor da
distribución do cinema independente.
A súa ficción The Connection (1961) foi proxectada
no Festival de Cannes a iniciativa da Association
Française de la Critique de Cinéma. O éxito da
sesión animou o nacemento, o ano seguinte, da
Semaine de la Critique. The Cool World (1963), que
retrata con espírito semidocumental a vida en
Harlem, entrou na competición da Mostra de
Venecia.
Imaxe: Wikipedia
11. Robert Frost: A Lover's Quarrel With the World (1963)
gañou o Oscar na categoría de longametraxe
documental. Antes foi candidata cunha curta,
Skyscraper (1960).
Un dos seus filmes máis lembrados é o documental,
Portrait of Jason (1967), feito a partir de doce horas
de entrevista co personaxe do título, Jason Holiday,
prostituto negro homosexual con aspiracións de actor
de cabaret que relata de xeito torrencial e
estimulado polo alcohol e as drogas as súas historias
e vivencias, nun ton que vai do cómico ao tráxico. Na
actualidade forma parte (igual que The Cool World)
do National Film Registry da Biblioteca do Congreso.
Desde 1975 foi profesora de cinema na Universidade
de Los Angeles. Entre os seus filmes finais destaca
Ornette: Made in America (1985), que mestura
entrevistas, concertos e representacións da infancia
do jazzman.
12. Barbara Hammer
N: 15 de maio de 1939, Los Angeles, California (EEUU)
M: 16 de marzo de 2019, Nova York (EEUU)
Pioneira do cinema queer, recoñeceuse
como lesbiana a comezos dos 70 e realizou
filmes fundacionais que puñan na pantalla
as relacións lesbias, o pracer sexual e o
corpo feminino (Dyketactics, 1974; Multiple
Orgasm, 1976; Double Strength, 1978). A
súa obra posterior abrangue outros temas e
rexistros estéticos, como a reinterpretación
da curvatura do espazotempo en Bent Time
(1983), a familia e a vellez en Optic Nerve
(1985) ou a fraxilidade humana e a morte
en Sanctus (1990) e Vital Signs (1991).
Imaxe: Susan Wides. Fonte: sitio web da cineasta, www.barbarahammer.com
13. Empregou material de arquivo e filmes
preexistentes para reflexionar sobre a
marxinalización da comunidade LGBT nos
ensaios documentais Nitrate Kisses (1992) e
History Lessons (2000).
En 2006 diagnosticáronlle un cancro de
ovario. A horse is not a metaphor (2009)
documenta as sesións de quimioterapia ás
que se someteu ao tempo que explora con
alento poético o seu apego á vida e o desexo
de liberdade.
Visitou A Coruña en 2009 para presentar
unha sesións cos seus filmes no CGAI no
marco da desaparecida Mostra de Ciencia e
Cinema. O ano seguinte publicou o libro
HAMMER! Making Movies Out of Sex and
Life. Despois diso aínda estreou dous filmes
máis, Maya Deren’s Sink (2011) e Welcome
to this House (2015).
Imaxe: Susan Wides. Fonte: sitio web da cineasta, www.barbarahammer.com
14. O cancro acabou por reaparecer. Esgotadas
todas as posibilidades médicas, a cineasta
afrontou publicamente a proximidade do
seu final. O 10 de outubro de 2018 ofreceu
unha memorábel conferenciaperformance
no Whitney Museum de Nova York, The Art
of Dying or (Palliative Art Making in the Age
of Anxiety). Fixo campaña en favor do
dereito a unha morte digna e concedeu
unha entrevista final ao New Yorker,
Barbara Hammer’s Exit Interview.
Desde 2017, e con fondos achegados pola
cineasta, outórgase anualmente o Barbara
Hammer Lesbian Experimental Filmmaking
Grant, dirixido a cineastas lesbianas para a
produción de obras de vangarda.Imaxe: Barbara Hammer na conferencia “The Art of
Dying...”. Fonte: Youtube
17. Su Friedrich
N: 12 de novembro de 1954, New Haven, Connecticut (EEUU)
Desde o seu debut en 1978 con Hot Water
converteuse nunha das directoras de referencia do
cinema experimental, cun discurso activista en favor
do feminismo e a normalización da identidade
homosexual. É profesora no Lewis Center for the
Arts da Universidade de Princeton.
Na súa filmografía destacan títulos como Sink or
Swim (1990, seleccionada para o National Film
Registry en 2015) e Hide and Seek (1997), que
combina entrevistas con mulleres lesbianas sobre
recordos de adolescencia cunha ficción que
reconstrúe o descubrimento da sexualidade dunha
rapaza na América dos anos 60. Foi presentada na
competición do Festival de Sundance.Imaxe: Rebecca McBride. Fonte: Lewis Center for
the Arts da Universidade de Princeton