SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Charles
Burnett
N: Vicksburg,
Mississippi (EEUU),
13 de abril de 1944
Sendo moi novo trasladouse a vivir coa súa
familia ao bairro de Watts, Los Angeles,
unha comunidade que para el tiña unha
“forte conexión mítica co Sur” polo feito de
contar con moitos emigrantes procedentes
deses estados.
>>> Watts foi escenario en 1965 de disturbios que provocaron
trinta e catro mortes e volveu saltar á prensa internacional en
1992 coas protestas raciais en Los Angeles logo da difusión dun
vídeo que amosaba a violencia policial contra Rodney King.
Burnett formouse coma electricista, mais
insatisfeito con ese camiño quixo afondar
nas súas ambicións artísticas. Ingresou na
Universidade de California nun grao de
artes en Escritura e Lingua e despois na
UCLA Film School para obter un mestrado
de Belas Artes en Cinematografía. O
primeiro cineasta negro diplomado na
UCLA Film School fora Ike Jones en 1953,
mais nos 60 a porcentaxe de estudantes
afroamericanos era aínda moi cativa. A
situación empezou a cambiar coa
aplicación de políticas de “discriminación
positiva” cara ás minorías raciais.
Así entran en UCLA un bo número de
mozos e mozas afroamericanos que foxen
das convencións da industria de Hollywood
e reparan nas novas tendencias que están
cociñándose polo mundo adiante: os “novos
cinemas” da América Latina, o nacemento
dos cinemas africanos e os filmes de autor
europeo. Na estela das reivindicacións da
época, impulsan a creación na UCLA dun
programa de estudos etnográficos. Eliseo J.
Taylor, Basil Wright e Teshome Gabriel
serán figuras influentes na construción da
identidade cultural e fílmica destes autores.
O movemento acaba por recibir un nome
específico: “L. A. Rebellion”. Baixo esa
etiqueta encaixan os cineastas Charles
Burnett, Julie Dash, Billy Woodberry, Haile
Gerima, Jamaa Fanaka, Larry Clark,
Barbara McCullough... salvo excepcións
pouco ou nada coñecidos en España.
Novos temas e personaxes chegan canda estes
cineastas, que retratan a clase media e a clase
obreira para suliñar as tensión sociais nas
familias afroamericanas. É tempo de reivindicar
outra historia dos Estados Unidos e facer
explícitos os grandes traumas nunha liña oposta
á que representaba a máis controvertida
“blaxploitation”, que dende o cinema de xénero
apostaba polo empoderamento xogando cos
estereotipos brancos da negritude (furiosa,
marxinal, hipersexualizada) mais tamén, e case
inevitabelmente, contribuíndo a perpetualos.
Da súa epoca de estudos datan os primeiros
traballos de Charles Burnett: Several Friends
(1969) e The Horse (1973). A primeira
longametraxe é Killer of Sheep (1977),
rodada en branco e negro e cámara en man
ao longo de moitas fins de semana con
amigos e colegas. Malia o éxito crítico
-incluso obtivo o premio FIPRESCI na
Berlinale 1981-, o filme non chegou a ser
distribuído con normalidade ao non ter
resoltos os dereitos de uso das cancións que
soan na banda sonora (Dinah Washington,
Paul Robeson, Earth, Wind & Fire, mais
tamén Gershwin ou Rachmaninov) e só
circulou de maneira moi limitada en copias
16mm precarias.
En 1990 formou parte da selección inicial do
National Film Registry da Biblioteca do
Congreso dos EEUU. Xa no século XXI foi
obxecto dunha coidada restauración por
parte do UCLA Film & Television Archive,
grazas á cal tivo a partir de 2007 unha ampla
difusión no circuíto de festivais e filmotecas.
“Rodada en 1977, este retrato
descorazonador e austero da vida cotiá
das comunidades negras permaneceu
trinta anos sen exhibirse polo uso
indebido de cancións na banda sonora. O
tempo outorgoulle a condición de obra de
culto que realmente merece: aínda que
irregular, o filme é unha lección de
simplicidade e humanismo cun
protagonista memorábel que traballa nun
matadoiro e acha pequenos intres de
felicidade nun baile coa súa esposa ou
gozando da calor morna dunha cunca de
café. O filme de Burnett non pretende ser
optimista, nin quere dar respostas; máis
emocional que narrativo, as súas
desoladoras imaxes de nenos sen futuro
xogando a tirarse pedras equivalen a un
contundente editorial. Ás veces fermosa e
ás veces incómoda, Killer of sheep
conserva a modernidade e valentía coa
que foi concibida, e iso non é desde logo
un mérito pequeno.
Martin Pawley / Crónica Indielisboa 2008
A súa segunda longametraxe, My Brother’s
Wedding (1983), tampouco acadou
distribución comercial. Contra a vontade de
Burnett, os produtores presentárona cunha
montaxe non definitiva ao festival New
Directors/New Films de Nova York; a
acollida foi pouco entusiasta e unha crítica
do New York Times en particular asustou
aos distribuídores, que optaron por gardar o
filme no caixón. Vinte e cinco anos despois,
o selo Milestone adquiriu os dereitos e
Burnett solicitou completar o filme como el
sempre desexou.
En To Sleep with Anger (1990) traballou por
primeira vez con actores profesionais, con
Danny Glover coma cabeza do elenco.
Obtivo un premio no Festival de Sundance
e ao ano seguinte catro galardóns nos
Independent Spirit Awards: director, guión,
actor (Glover) e actriz secundaria (Sheryl
Lee Ralph). É o único filme de Burnett que
foi estreado en España, en xullo de 1991,
co título Nunca te acuestes enfadado. Fixo
10658 espectadores.
Logo viñeron The Glass Shield
(1994, competiu en Locarno) e
Namibia: The Struggle for
Liberation (2007), ademais de
diversos documentais (entre
eles, Nat Turner: A Troublesome
Property, en 2003), curtas (When
It Rains, 1995; Olivia’s Story,
2000; Quiet As Kept, 2007) e
obras para televisión (entre
outras, Nightjohn, 1996; Selma,
Lord, Selma, 1999; Relative
Stranger, 2009).

More Related Content

Viewers also liked (8)

#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet
#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet
#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet
 
Plano
PlanoPlano
Plano
 
#OutraHistoriaDoCinema: Mapamundi
#OutraHistoriaDoCinema: Mapamundi#OutraHistoriaDoCinema: Mapamundi
#OutraHistoriaDoCinema: Mapamundi
 
Víctor Erice
Víctor EriceVíctor Erice
Víctor Erice
 
Pier Paolo Pasolini
Pier Paolo PasoliniPier Paolo Pasolini
Pier Paolo Pasolini
 
Charles e Ray Eames
Charles e Ray EamesCharles e Ray Eames
Charles e Ray Eames
 
Laser beam welding
Laser beam weldingLaser beam welding
Laser beam welding
 
John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
 

Similar to Charles Burnett (7)

Mulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimentalMulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimental
 
Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945
 
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
 
As pioneiras
As pioneirasAs pioneiras
As pioneiras
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
O esplendor de hollywood
O esplendor de hollywoodO esplendor de hollywood
O esplendor de hollywood
 

More from filmotecaforum

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 

Charles Burnett

  • 2. Sendo moi novo trasladouse a vivir coa súa familia ao bairro de Watts, Los Angeles, unha comunidade que para el tiña unha “forte conexión mítica co Sur” polo feito de contar con moitos emigrantes procedentes deses estados. >>> Watts foi escenario en 1965 de disturbios que provocaron trinta e catro mortes e volveu saltar á prensa internacional en 1992 coas protestas raciais en Los Angeles logo da difusión dun vídeo que amosaba a violencia policial contra Rodney King. Burnett formouse coma electricista, mais insatisfeito con ese camiño quixo afondar nas súas ambicións artísticas. Ingresou na Universidade de California nun grao de artes en Escritura e Lingua e despois na UCLA Film School para obter un mestrado de Belas Artes en Cinematografía. O primeiro cineasta negro diplomado na UCLA Film School fora Ike Jones en 1953, mais nos 60 a porcentaxe de estudantes afroamericanos era aínda moi cativa. A situación empezou a cambiar coa aplicación de políticas de “discriminación positiva” cara ás minorías raciais.
  • 3. Así entran en UCLA un bo número de mozos e mozas afroamericanos que foxen das convencións da industria de Hollywood e reparan nas novas tendencias que están cociñándose polo mundo adiante: os “novos cinemas” da América Latina, o nacemento dos cinemas africanos e os filmes de autor europeo. Na estela das reivindicacións da época, impulsan a creación na UCLA dun programa de estudos etnográficos. Eliseo J. Taylor, Basil Wright e Teshome Gabriel serán figuras influentes na construción da identidade cultural e fílmica destes autores. O movemento acaba por recibir un nome específico: “L. A. Rebellion”. Baixo esa etiqueta encaixan os cineastas Charles Burnett, Julie Dash, Billy Woodberry, Haile Gerima, Jamaa Fanaka, Larry Clark, Barbara McCullough... salvo excepcións pouco ou nada coñecidos en España.
  • 4. Novos temas e personaxes chegan canda estes cineastas, que retratan a clase media e a clase obreira para suliñar as tensión sociais nas familias afroamericanas. É tempo de reivindicar outra historia dos Estados Unidos e facer explícitos os grandes traumas nunha liña oposta á que representaba a máis controvertida “blaxploitation”, que dende o cinema de xénero apostaba polo empoderamento xogando cos estereotipos brancos da negritude (furiosa, marxinal, hipersexualizada) mais tamén, e case inevitabelmente, contribuíndo a perpetualos.
  • 5. Da súa epoca de estudos datan os primeiros traballos de Charles Burnett: Several Friends (1969) e The Horse (1973). A primeira longametraxe é Killer of Sheep (1977), rodada en branco e negro e cámara en man ao longo de moitas fins de semana con amigos e colegas. Malia o éxito crítico -incluso obtivo o premio FIPRESCI na Berlinale 1981-, o filme non chegou a ser distribuído con normalidade ao non ter resoltos os dereitos de uso das cancións que soan na banda sonora (Dinah Washington, Paul Robeson, Earth, Wind & Fire, mais tamén Gershwin ou Rachmaninov) e só circulou de maneira moi limitada en copias 16mm precarias. En 1990 formou parte da selección inicial do National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos EEUU. Xa no século XXI foi obxecto dunha coidada restauración por parte do UCLA Film & Television Archive, grazas á cal tivo a partir de 2007 unha ampla difusión no circuíto de festivais e filmotecas.
  • 6. “Rodada en 1977, este retrato descorazonador e austero da vida cotiá das comunidades negras permaneceu trinta anos sen exhibirse polo uso indebido de cancións na banda sonora. O tempo outorgoulle a condición de obra de culto que realmente merece: aínda que irregular, o filme é unha lección de simplicidade e humanismo cun protagonista memorábel que traballa nun matadoiro e acha pequenos intres de felicidade nun baile coa súa esposa ou gozando da calor morna dunha cunca de café. O filme de Burnett non pretende ser optimista, nin quere dar respostas; máis emocional que narrativo, as súas desoladoras imaxes de nenos sen futuro xogando a tirarse pedras equivalen a un contundente editorial. Ás veces fermosa e ás veces incómoda, Killer of sheep conserva a modernidade e valentía coa que foi concibida, e iso non é desde logo un mérito pequeno. Martin Pawley / Crónica Indielisboa 2008
  • 7. A súa segunda longametraxe, My Brother’s Wedding (1983), tampouco acadou distribución comercial. Contra a vontade de Burnett, os produtores presentárona cunha montaxe non definitiva ao festival New Directors/New Films de Nova York; a acollida foi pouco entusiasta e unha crítica do New York Times en particular asustou aos distribuídores, que optaron por gardar o filme no caixón. Vinte e cinco anos despois, o selo Milestone adquiriu os dereitos e Burnett solicitou completar o filme como el sempre desexou. En To Sleep with Anger (1990) traballou por primeira vez con actores profesionais, con Danny Glover coma cabeza do elenco. Obtivo un premio no Festival de Sundance e ao ano seguinte catro galardóns nos Independent Spirit Awards: director, guión, actor (Glover) e actriz secundaria (Sheryl Lee Ralph). É o único filme de Burnett que foi estreado en España, en xullo de 1991, co título Nunca te acuestes enfadado. Fixo 10658 espectadores.
  • 8. Logo viñeron The Glass Shield (1994, competiu en Locarno) e Namibia: The Struggle for Liberation (2007), ademais de diversos documentais (entre eles, Nat Turner: A Troublesome Property, en 2003), curtas (When It Rains, 1995; Olivia’s Story, 2000; Quiet As Kept, 2007) e obras para televisión (entre outras, Nightjohn, 1996; Selma, Lord, Selma, 1999; Relative Stranger, 2009).