Pierre Étaix
N: 23 de novembro de 1928, Roanne (Francia)
M: 14 de outubro de 2016, Paris (Francia)
Naceu en Roanne (Loira) no seo
dunha familia burguesa. Formouse
como deseñador gráfico e
estableceuse en París, onde
exerceu como ilustrador ao tempo
que participaba en espectáculos de
cabaret e variedades.
En 1954 coñece a Jacques Tati e
colabora con el inventando gags na
preparación do Mon Oncle, na que
traballou logo como axudante de
dirección. O mítico cartel do filme é
tamén da súa autoría.
De Jacques Tati aprende a creación
dunha comicidade especificamente
cinematográfica, baseada na precisa
coreografía dos movementos de
cámara, o uso do son (e a súa
ausencia) e os efectos de montaxe.
Coa súa primeira curtametraxe,
Rupture, inicia a colaboración co
guionista Jean-Claude Carrière.
Obtén o Oscar de Hollywood á
mellor curtametraxe de ficción en
1963 co seu segundo filme, Heureux
anniversaire.
A súa filmografía complétase con cinco
longametraxes máis: Le soupirant
(1962), Yoyo (1965), Tant qu'on a la
santé (1966), Le Grand Amour (1969) e
Pays de cocagne (1971).
El pretendiente acada certa difusión en
España; Yoyo, porén, móvese cuns anos
de retraso no circuíto de arte e ensaio.
ABC, 19 de maio de 1963, páxina 68
ABC, 10 de xuño de 1969, páxina 81
ABC, 5 de maio de 1970, páxina 83
E aí remata todo... case.
Dedícase ao circo coa súa esposa,
Annie Fratellini. Escribe varios
proxectos cinematográficos que non
saen adiante e participa no filme
“oculto” de Jerry Lewis, The Day the
Clown Cried (1972). Tamén aparece
como actor en I Clowns (Fellini,
1971), Max mon amour (Oshima,
1985) ou Le Havre (Kaurismäki,
2011).
Nos 80 dirixe para TV a adaptación
dunha peza de teatro, L'âge de
Monsieur est avancé, e un encargo
conmemorativo do bicentenario da
Revolución Francesa, J'écris dans
l'espace.
Durante moitos anos os seus filmes apenas
foron vistos, por culpa de disputas arredor da
propiedade dos dereitos. O conflito resolveuse
logo dun longo litixio en 2009, cando o
Tribunal de Grande Instance de París lle deu
a razón a Pierre Étaix.
Iniciouse entón un proceso de restauración
das copias que posibilitou unha nova vida
para os filmes, hoxe dispoñíbeis en boas
edicións. Pierre Étaix goza agora dun xusto
recoñecemento polos cinéfilos máis novos, os
que non tiveron ocasión de descubrir a súa
estimulante obra no tempo en que foi feita.

Pierre Étaix

  • 1.
    Pierre Étaix N: 23de novembro de 1928, Roanne (Francia) M: 14 de outubro de 2016, Paris (Francia)
  • 2.
    Naceu en Roanne(Loira) no seo dunha familia burguesa. Formouse como deseñador gráfico e estableceuse en París, onde exerceu como ilustrador ao tempo que participaba en espectáculos de cabaret e variedades. En 1954 coñece a Jacques Tati e colabora con el inventando gags na preparación do Mon Oncle, na que traballou logo como axudante de dirección. O mítico cartel do filme é tamén da súa autoría.
  • 3.
    De Jacques Tatiaprende a creación dunha comicidade especificamente cinematográfica, baseada na precisa coreografía dos movementos de cámara, o uso do son (e a súa ausencia) e os efectos de montaxe. Coa súa primeira curtametraxe, Rupture, inicia a colaboración co guionista Jean-Claude Carrière. Obtén o Oscar de Hollywood á mellor curtametraxe de ficción en 1963 co seu segundo filme, Heureux anniversaire.
  • 4.
    A súa filmografíacomplétase con cinco longametraxes máis: Le soupirant (1962), Yoyo (1965), Tant qu'on a la santé (1966), Le Grand Amour (1969) e Pays de cocagne (1971). El pretendiente acada certa difusión en España; Yoyo, porén, móvese cuns anos de retraso no circuíto de arte e ensaio.
  • 5.
    ABC, 19 demaio de 1963, páxina 68
  • 6.
    ABC, 10 dexuño de 1969, páxina 81 ABC, 5 de maio de 1970, páxina 83
  • 7.
    E aí rematatodo... case. Dedícase ao circo coa súa esposa, Annie Fratellini. Escribe varios proxectos cinematográficos que non saen adiante e participa no filme “oculto” de Jerry Lewis, The Day the Clown Cried (1972). Tamén aparece como actor en I Clowns (Fellini, 1971), Max mon amour (Oshima, 1985) ou Le Havre (Kaurismäki, 2011). Nos 80 dirixe para TV a adaptación dunha peza de teatro, L'âge de Monsieur est avancé, e un encargo conmemorativo do bicentenario da Revolución Francesa, J'écris dans l'espace.
  • 8.
    Durante moitos anosos seus filmes apenas foron vistos, por culpa de disputas arredor da propiedade dos dereitos. O conflito resolveuse logo dun longo litixio en 2009, cando o Tribunal de Grande Instance de París lle deu a razón a Pierre Étaix. Iniciouse entón un proceso de restauración das copias que posibilitou unha nova vida para os filmes, hoxe dispoñíbeis en boas edicións. Pierre Étaix goza agora dun xusto recoñecemento polos cinéfilos máis novos, os que non tiveron ocasión de descubrir a súa estimulante obra no tempo en que foi feita.