SlideShare a Scribd company logo
1 of 73
Lentellas de auga
AS LIDEIRAS DE ROQUE
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
MonDaporta
Sorprendeuse Roque ao ver como, case dun día para outro,
estas curiosas plantiñas aumentaban de tal modo,
que si un día vía unhas poucas na tona da auga…
…á semana cubríano todo como unha manta.
Púxose a investigar…
e aquí tendes no que veu dar.
As lentellas da auga son
plantas monocotiledóneas,
da subfamilia Lemnoideae
(antes coñecida como familia
Lemnaceae), que forma parte
da familia Araceae.
Son plantas que viven aboiando nas augas doces de gran parte do mundo, e
son as máis pequenas das plantas con flores.
Teñen unha estructura moi sinxela: están formadas por un talo laminar, de forma
lenticular, do que, non sempre, colgan unha ou varias raíces filiformes.
Pódense distinguir dous tipos principais: o tipo lemna
(coas frondes aplanadas, dúas bolsas basais e raíces)
e o tipo wolffia (coas frondes globosas, unha soa
bolsa basal, sen raíces e cunha quilla que lle serve
para manter a posición na auga). Un tipo intermedio,
o xénero Wolffiella, ten estructura e características
reproductoras semellanteas á wolffia, pero tamaños
máis grandes, formas aplanadas, e algunhas forman
agrupacións como as lemnas.
LEMNA
WOLFFIA
FRONDE
RAÍZ
Nodo. Punto no que
confluen todas as
partes da planta
ápice
nervios
Pápulas. Abultamentos que
presentan algunhas especies
Bolsas basais. Espazos
nos que se desenvolven
as frondes fillas e as
inflorescencias
FLORES
Feminina
(pistilo)
Masculina
(estame)
base
caliptra
Frondes
fillas
Estípite. Especie de talo
polo que as frondes fillas
permanecen unidas a
fronde nai
As partes aéreas (frondes) poden medir, segundo a especie, entre 0,5 e 10 mm de longo e
as raiciñas poden acadar lonxitudes de varios centímetros.
Tamaños
comparativos
dunha das
lentellas de auga
máis pequenas
con outra das
máis grandes.
Cada sección da
gráfica que hai na
parte de arriba da
imaxe equivale,
na realidade, a un
milímetro.
Reprodúcense maiormente de forma vexetativa. Cada planta emite brotes (turións) que,
nalgunhas especies, permanecen apegados a ela formando pequenos grupos que
semellan unha soa planta, e noutras sepáranse para vivir como plantas independentes;
Grupo de
lentellas de
auga nas que
se pode
apreciar a
formación de
pequenas
plantas
apegadas ás
plantas nai.
pero tamén poden producir flores,
simples, unisexuais, agrupadas
nunha inflorescencia formada por
unha ou dúas flores masculinas (cada
unha formada por un só estame) e
unha feminina (só un pistilo).
Lemnas en flor
Wolfias en flor
FLORES DE LEMNA
masculinas
feminina
FLORES DE WOLFFIA
masculina
feminina
Os froitos son utrículos, saquiños con aire no interior, que adoitan encerrar as sementes.
Arriba da imaxe
froito de lentella de
auga asomando, en
parte, por debaixo da
fronde.
Para sobrevivir aos invernos hai
especies de lentellas de auga
que producen brotes especiais,
de cor escura, cargados de
reservas, que afunden na auga,
e volven á superficie, para
completar o seu
desenvolvemento, cando as
condicións se volven favorables.
Lentellas de auga desenvolvendo brotes invernais.
Son unha importante fonte de alimento para pequenos animais acuáticos, peixes e aves,
que as consumen directamente ou aproveitan os bechos que as comen.
Usos tradicionais
Para a alimentación de animais
domésticos (nalgunhas zonas do Norte
de Francia, en Bélxica e en Holanda son
utilizadas tradicionalmente como
alimento para os porcos);
e tamén son consumidas polas persoas, en aperitivos, tortillas e sopas; en zonas de Asia
suroriental, Malasia Vietnam….
Unha vez feita a colleita do arroz déixase auga nas parcelas para que medren as lentellas de
auga e logo retíraselle a auga para que sequen e se descompoñan e así recupéranse, como
abono, os elementos que conteñen.
Como fertilizante en pasteiros e nos arrozais.
Penso para peixes feito con
lentellas de auga prensadas.
Usos actuais
Utilízanse na elaboración de algúns tipos de pensos, como complemento na alimentación de
especies de acuicultura (tilapias,…), para a elaboración de compost e na produción de biogás
Repartindo lentellas de auga
frescas nunha granxa de cultivo
de peixes
Tamén se utiliza como limpadora de augas porque, para o seu desnvolvemento, absorbe
os minerais que se atopan disoltos nela.
Instalación depuradora con lentellas de auga
Problemas
Como consecuencia do seu rápido desenvolvemento (pode duplicar o seu tamaño en pouco
máis dun día e producir ata 20 clons no seu ciclo vital, de entre 10 días e un mes), cando
dispón de alimento suficiente (verqueduras ao medio acuático) a lentella de auga pode
converterse en praga e provocar a eutrofización dos medios acuáticos.
Para reducir a súa expansión hai que
evitar os verquidos e introducir aves
acuáticas comedoras de vexetais
(algunhas especies de parrulos) ou
peixes herbívoros (carpas ou
tilapias).
carpa herbívora
tilapia
Os altos rendementos da lentella de auga, polo seu alto contido de proteína e a rapidez coa
que medra, fan que se empece a ter en conta como planta de cultivo, para esto precísanse
instalacións con estanques de, polo menos, 30 cm de profundidade, para evitar grandes
oscilacións de temperatura, e proporcionarlle o alimento en cantidades axeitadas. En
condicións óptimas, unha granxa de lentella de auga pode producir de 10 a 30 toneladas de
lentellas de agua seca por hectárea cada ano.
Instalación para o cultivo de lentella de auga.
A lentella de auga é rica en vitaminas, minerais, antioxidantes e micronutrientes (contén máis
aminoácidos esenciais que a soia). Ten unha alta porcentaxe de proteína altamente dixestible,
febra, graxa e minerais.
O pó de lentellas de auga. Pode conter ata un 65% de proteínas
Pode ser mesturado ou engadido a diferentes productos como: patacas fritidas, pastas,
galletas, cereais, aperitivos, batidos, bebidas enerxéticas…
Coñécense,
segundo as
diferentes
clasificacións, 5
ou 6 xéneros e
entre 38 e 45
especies. Tres
dos xéneros
están presentes
en Galiza onde
podemos atopar
6 especies.
Cantas especies hai, e como son
spirodella
Spirodela intermedia. Ten frondes planas, de orbiculares a elípticas, de 3 a 6 mm de longo,
simétricas e coa punta redondeada, con moitas raíces (entre 5 e 20). Forma agrupacións de
ata 5 frondes. Atópase, sobre todo, en América do Sur.
Spirodela polyrrhiza. Ten frondes aplanadas, entre ovais e redondas, de 4 a 10 mm de
longo, verdes por enriba e de cor vermella escura por debaixo, con entre 5 e 15 raíces.
Forma agrupacións de 2 a 5 frondes, algunhas sen raíces. Produce flores, raramente, na
primavera. Os brotes do outono, de cores máis escuras, cheos de almidón, deposítanse no
fondo para pasar o inverno. Atópase en lagoas, pantanos e correntes tranquilas de América
do Norte e Central, de Europa, África, Asia e do norte de Australia.
landottia
Landoltia punctata. Ten frondes aplanadas, oblongo-obovadas, a miúdo asimétricas, de 3 a 5
mm de longo, de cor verde escura por enriba e vermella-púrpura por debaixo. Ten entre 1 e 5
raíces. Forma agrupacións de 2 a 6. Atópase en lagoas, pantanos e correntes tranquilas de
todas as áreas temperadas e tropicais de ambos hemisferios.
lemna
Lemna disperma. Ten as frondes de elípticas a redondeadas, de 1 a 4 mm de longo, e unha
soa raíz. Forma colonias de 2 ou 3 frondes. Florece na primavera e pode producir unha ou
dúas sementes. E natural de Australia aínda que xa se atopou noutros países.
Lemna ecuadoriensis. É endémica das terras húmidas tropicais do norte do Ecuador.
Ten frondes ovadas o doble de longas ca de largas.
Lemna gibba. Frondes orbicular-ovadas, a miúdo asimétricas no ápice, cunha lixeira crista
media, e a coa cara ventral inflada, con grandes sacos aéreos, e unha soa raíz. Miden de 3 a
5, ou 6, mm de longo. Forma grupos de 2 a 5 frondes. Atópase en lagoas, pantanos e
correntes tranquilas de auga doce, e ás vaces na lixeiramente salobre, de todas as áreas
tropicais e temperadas de América, Europa, África e Asia.
Lemna japonica. Ten
as frondes de
obovadas a elípticas e
planas ou lixeiramente
convexas de 2 a 6 mm
de longo, e unha raíz.
Forma grupos de 1 a 8.
Atópase en estanques
e canles de corrente
lenta da Asia
temperada; leste da
China, Corea, e Xapón.
Lemna minor. Ten as frondes aplanadas, elíptico-obovadas, xeralmente simétricas, coa
superficie dorsal lisa e unha soa raíz. Miden de 2 a 4 mm de longo. Aparecen solitarias ou
en grupos de 3 a 5. Viven en lagos, lagoas e ríos tranquilos do hemisferio norte, América do
Norte, Europa, Rusia e Asia e tamén en Australia e Nova Celandia.
Lemna obscura. Vive en augas tranquilas das áreas temperadas e subtropicais. Ten frondes
obovadas, de 1 a 3,5 mm de longo cunha pápula apical marcada e outras menores na liña
media, grosas e de cor vermella por debaixo.
Lemna trisulca ou lentella de auga con follas de hedra . Presenta dous tipos de frondes as
mergulladas, vexetativas, son oblongo-lanceoladas cun estípite (talo) longo e estreito na
base; e as aboiantes, reproductoras, máis curtas e grosas e co estípite máis curto. Todos
miden entre 6 e 10 mm de longo, sen o talo, e poden ter unha raíz ou ningunha. Forma
longas cadeas ramificadas de 8 a máis de 30 plantas, en masas enleadas, por debaixo da
superficie da auga. Atópase en correntes de auga fresca, estanques e pantanos de América
do norte, Europa, África, Asia e Australia.
Lemna turionifera. Frondes aplanadas, de case redondas a elíptico-obovadas, cunha ringleira
de pápulas ao longo da liña media da superficie superior. Miden de 2 a 4 mm de longo e
teñen unha soa raíz. Forma grupos de 3 a 5 exemplares, e no outono produce brotes escuros
que pasan o inverno no fondo dos lugares nos que viven. Atópanse en regatos, lagoas e
pantanos de auga fría de todos os Estados Unidos e Canadá, e existen poboacións localizadas
en Siberia.
Lemna aequinoctialis (lentella de auga tropical). Frondes obovadas-elípticas, asimétricas no
extremo basal, de 2 a 3,5 mm de longo, cunha pápula apical e outra pápula ganglionar (por
enriba da raíz). Aparece solitaria ou en pequenos grupos de 2, ás veces máis. Atópase en
lagoas, pantanos e correntes tranquilas en todas as áreas temperadas e tropicais.
Lemna minuta. Frondes ovais-oblongas, simétricas, que miden entre 1 e 3 mm de longo e
levan unha soa raíz. Vense illadas e formando parellas ou tríos. Atópase en lagoas, pantanos e
regos tranquilos do oeste dos Estados Unidos, América Centra e América do Sur, e en Europa.
Lemna valvidiana ou lentella de auga de Valdivia. Frondes oval-oblongas, a miúdo
asimétricas na base, de cor verde crara, moi delgadas (transparentes), de 2 a 4 mm de
longo, cunha soa raíz. Agrúpanse de 4 a 8. Atópanse en lagoas, pantanos e correntes lentas,
ás veces mergullada por debaixo de outra vegetación acuática ou en lugares húmidos, da
maior parte de América.
Lemna yungensis Landolt. Medra
en paredes rochosas da Yunga
boliviana. Ten frondes ovado-
lanceoladas máis ou menos
simétricas, con pápulas ao longo
da liña media, de 3 a 6 mm de
longo.
Lemna perpusilla. Vive en augas estancadas das áreas temperadas de América. Ten frondes
ovado-obovadas de 1 a 4 mm de longo, cunha pápula apical e varias por enriba do punto
onde se une a raíz, e dous apéndices laterais, a modo de ás, na vaíña da raiz, que é
relativamente curta.
Lemna tenera. Vive nos pantanos dos bosques do surleste de Asia, illas da zona e
Australia. Forma grupos de 2 ou 3 frondes de oblongos a lanceolados de ata 7 mm de
longo.
wolffiella
Wolffiella 10 especies orixinarias de América e África. Son plantas co corpo
aplanado, de 2 a 8 mm de longo, sen raíces e cunha quilla que lles permite manter
a posición na auga. Producen unha soa flor reducida, só un estame e un pistilo,
dentro dunha cavidade floral, na cara dorsal do corpo da planta. Despois da
fertilización a flor convértese nun froito diminuto que acolle unha soa semente.
Tamén producen plantas fillas nunha bolsa triangular que teñen no extremo basal.
Nalgunhas especies, as plantas fillas permanecen unidas ás nais formando
pequenos grupos. Medran, as máis das veces, por debaixo da tona da auga.
Wolffiella hyalina. Atópase en pozos,
canles, e outros lugares con auga
estancada das áreas secas de África
tropical e subtropical, e en Exipto.
Ten frondas de 1 a 3 mm, de ovadas
a trapezoides,
Wolffiella repanda. Vive en augas
tranquilas dos estados costeiros ,do
Atlántico e do Golfo, dos Estados
Unidos. Mide entre 3 e 9 mm de
longo.
Wolffiella rotonda. Atópase en augas de África
tropical. As frondes miden de 1 a 3 mm de longo
Wolffiella caudata. Atópase na cunca do Amazonas en Bolivia. Recoñécese pola
prolongación, a modo de rabo, que lle da nome. Mide entre 2 e 8 mm de longo e de 2
a 5 mm de largo (o “rabo” mide de 1 a 4 mm de longo e de 0,4 a 0,8 mm de largo)
Wolffiella denticulata. É
orixinaria do surleste de África,
Mozambique e Sudáfrica. Mide
de 2 a 7 mm de longo e de 0,3 a
0,8 mm de largo.
Wolffiella welwitschii (Hegelm.) Monod. Atópase nas áreas tropicais de África e
América. Ten unha fronde característica de 3 a 7 mm de longo e entre 2,5 e 5 mm de
largo.
Wolffiella neotropica. Natural das áreas cálidas e húmidas do Brasil. Mide de 2 a
8 mm de longo e entre 1,5 e 5,5 mm de largo
Wolffiella gladiata. Vive, aboiando por debaixo da superficie, en augas tranquilas dos
estados costeiros dos Estados Unidos, do Atlántico e do Golfo. As frondes, longas e estreitas,
miden entre 3 e 9 mm de longo. Adoita formar grupos de plantas unidas pola zona basal co
que as colonias teñen forma de estrela.
Wolffiella oblonga. Ten frondes de1,5 a 7 e de 0,4
a 2,5 mm de largo. Atópase en áreas temperadas
cálidas de América, desde o surleste dos Estados
Unidos ao centro da Arxentina.
Wolffiella lingulata. Orixinaria de América, donde medra en augas tranquilas, por
debaixo da superficie a non ser cando están en flor. Ten frondes ovadas de 3 a 9 mm de
longo, tipicamente curvadas, máis estreitas preto do ápice.
wolffia
son as plantas máis pequenas e máis simples.
Teñen forma globosa e apenas sobrepasan 1
mm de longo.
6 especies de wolffia 1 microscopica, 2 globosa, 3 columbiana, 4 brasiliensis, 5
borealis, 6 arrhiza
Wolffia arrhiza. Atópase amplamente distribuida poas zonas temperadas, subtropicais e
tropicais de Europa, África, Asia occidental, Venezuela e o leste do Brasil, aboiando na
superficie de augas estancadas ou tranquilas. Ten forma globular, aplanada por enriba.
Mide entre 0,8 e 1,3 mm de diámetro
Wolffia cylindracea. Frondes grosas, de elipsoides a ovoides, de 0,5 a 1 mm de longo.
Atópase en augas estancadas, limpas e frescas de Angola e o leste de África, surleste de
Asia, partes de América e algunhas illas do Pacífico.
Wolffia columbiana Karsten. Atópase por case toda América cálida e temperada, desde o
centro do Canadá ata o centro da Arxentina. Ten frondes solitarias, de globulares a
ovoides, de 0,5 a 1,5 mm de longo.
Wolffia elongata. Nativa de América do Sur. Fronde ovalada duns 2 mm de longo.
Wolffia neglecta.Atópase na India e no Paquistán. Mide menos de 1 mm de lonxitude.
Wolffia angusta. Nativa de Australia e Malasia. Frondes de 0,6 a 0,9 mm de largo.
Wolffia globosa. Atópase no sur e surleste de Asia e nalgúns puntos de Sudáfrica. Frondes
ovais de 0,5 mm de longo
Wolffia microscopica. Endémica da India, Bangladesh e Paquistán. Forma de case
esférica a cónica e de 0,5 mm de lonxitude.
Wolffia australiana. de Australia e Nova Zelandia. Forma ovoide de 1 mm de longo
Wolffia borealis. É orixinaria de América do Norte, onde aboia en augas
tranquilas. Mide ata 1,2 mm de longo e ten forma globosa cunha punta
redondeada e a outra aguda.
Wolffia brasiliensis. Atópase nas áreas cálidas de América continental. Forma oval, de
media noz coa superficie case plana, de 1,5 mm de longo.
Formas e tamaños comparativos das diferentes especies de wolfia
Unha curiosa forma de
recordar os xéneros de
lentellas de auga
As imaxes fotográficas e moitos dos debuxos foron collidos da internet, e a
información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e
agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
E como non dei feito máis…
tendes que conformarvos co que ata aquí hai.
…Ou buscar pola vosa conta
para rematar o traballo xuntándoas todas.

More Related Content

What's hot

Roque e os legumes
Roque e os legumesRoque e os legumes
Roque e os legumesMonContos
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisMonContos
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)MonContos
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vpilarfzx
 
Arbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-CambadosArbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-Cambadosmonadela
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)monadela
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Plantas xerofitas
Plantas xerofitasPlantas xerofitas
Plantas xerofitasMonContos
 
As plantas (primaria)
As plantas (primaria)As plantas (primaria)
As plantas (primaria)monadela
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousapinksoda
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoPilar
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOLela Daviña Gómez
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitasMonContos
 

What's hot (20)

Roque e os legumes
Roque e os legumesRoque e os legumes
Roque e os legumes
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetais
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
 
Cítricos
CítricosCítricos
Cítricos
 
Arbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-CambadosArbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-Cambados
 
Tema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantasTema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantas
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)
 
A totora
A totoraA totora
A totora
 
Palmeiras
PalmeirasPalmeiras
Palmeiras
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
 
Plantas xerofitas
Plantas xerofitasPlantas xerofitas
Plantas xerofitas
 
As plantas (primaria)
As plantas (primaria)As plantas (primaria)
As plantas (primaria)
 
Taxodio
TaxodioTaxodio
Taxodio
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousa
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río Miño
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitas
 

Similar to Lentellas de auga

Similar to Lentellas de auga (20)

Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitis
 
A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arbore
 
O trevo
O trevoO trevo
O trevo
 
As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...As árbores: morfoloxía, especies...
As árbores: morfoloxía, especies...
 
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
Plantas xeral-primaria-131215145439-phpapp02
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
Albicia
AlbiciaAlbicia
Albicia
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas
 
1º eso. tema 11. O reino plantas
1º eso. tema 11. O reino plantas1º eso. tema 11. O reino plantas
1º eso. tema 11. O reino plantas
 
As plantas
As plantasAs plantas
As plantas
 
Plantas acuáticas
Plantas acuáticasPlantas acuáticas
Plantas acuáticas
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da Pampa
 
Allgas cultivadas
Allgas cultivadasAllgas cultivadas
Allgas cultivadas
 
Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousa
 
A herba luísa
A herba luísaA herba luísa
A herba luísa
 
Planta De Temporada Oscar
Planta De Temporada OscarPlanta De Temporada Oscar
Planta De Temporada Oscar
 
Planta De Temporada Oscar
Planta De Temporada OscarPlanta De Temporada Oscar
Planta De Temporada Oscar
 
As plantas: talos
As plantas: talosAs plantas: talos
As plantas: talos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e flores
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Lentellas de auga

  • 1. Lentellas de auga AS LIDEIRAS DE ROQUE COUSIÑAS FEITAS NA CASA MonDaporta
  • 2. Sorprendeuse Roque ao ver como, case dun día para outro, estas curiosas plantiñas aumentaban de tal modo, que si un día vía unhas poucas na tona da auga…
  • 3. …á semana cubríano todo como unha manta.
  • 4. Púxose a investigar… e aquí tendes no que veu dar. As lentellas da auga son plantas monocotiledóneas, da subfamilia Lemnoideae (antes coñecida como familia Lemnaceae), que forma parte da familia Araceae.
  • 5. Son plantas que viven aboiando nas augas doces de gran parte do mundo, e son as máis pequenas das plantas con flores.
  • 6. Teñen unha estructura moi sinxela: están formadas por un talo laminar, de forma lenticular, do que, non sempre, colgan unha ou varias raíces filiformes.
  • 7. Pódense distinguir dous tipos principais: o tipo lemna (coas frondes aplanadas, dúas bolsas basais e raíces) e o tipo wolffia (coas frondes globosas, unha soa bolsa basal, sen raíces e cunha quilla que lle serve para manter a posición na auga). Un tipo intermedio, o xénero Wolffiella, ten estructura e características reproductoras semellanteas á wolffia, pero tamaños máis grandes, formas aplanadas, e algunhas forman agrupacións como as lemnas. LEMNA WOLFFIA
  • 8. FRONDE RAÍZ Nodo. Punto no que confluen todas as partes da planta ápice nervios Pápulas. Abultamentos que presentan algunhas especies Bolsas basais. Espazos nos que se desenvolven as frondes fillas e as inflorescencias FLORES Feminina (pistilo) Masculina (estame) base caliptra Frondes fillas Estípite. Especie de talo polo que as frondes fillas permanecen unidas a fronde nai
  • 9. As partes aéreas (frondes) poden medir, segundo a especie, entre 0,5 e 10 mm de longo e as raiciñas poden acadar lonxitudes de varios centímetros. Tamaños comparativos dunha das lentellas de auga máis pequenas con outra das máis grandes. Cada sección da gráfica que hai na parte de arriba da imaxe equivale, na realidade, a un milímetro.
  • 10. Reprodúcense maiormente de forma vexetativa. Cada planta emite brotes (turións) que, nalgunhas especies, permanecen apegados a ela formando pequenos grupos que semellan unha soa planta, e noutras sepáranse para vivir como plantas independentes; Grupo de lentellas de auga nas que se pode apreciar a formación de pequenas plantas apegadas ás plantas nai.
  • 11. pero tamén poden producir flores, simples, unisexuais, agrupadas nunha inflorescencia formada por unha ou dúas flores masculinas (cada unha formada por un só estame) e unha feminina (só un pistilo). Lemnas en flor Wolfias en flor
  • 12. FLORES DE LEMNA masculinas feminina FLORES DE WOLFFIA masculina feminina
  • 13. Os froitos son utrículos, saquiños con aire no interior, que adoitan encerrar as sementes. Arriba da imaxe froito de lentella de auga asomando, en parte, por debaixo da fronde.
  • 14. Para sobrevivir aos invernos hai especies de lentellas de auga que producen brotes especiais, de cor escura, cargados de reservas, que afunden na auga, e volven á superficie, para completar o seu desenvolvemento, cando as condicións se volven favorables. Lentellas de auga desenvolvendo brotes invernais.
  • 15. Son unha importante fonte de alimento para pequenos animais acuáticos, peixes e aves, que as consumen directamente ou aproveitan os bechos que as comen.
  • 16. Usos tradicionais Para a alimentación de animais domésticos (nalgunhas zonas do Norte de Francia, en Bélxica e en Holanda son utilizadas tradicionalmente como alimento para os porcos);
  • 17. e tamén son consumidas polas persoas, en aperitivos, tortillas e sopas; en zonas de Asia suroriental, Malasia Vietnam….
  • 18. Unha vez feita a colleita do arroz déixase auga nas parcelas para que medren as lentellas de auga e logo retíraselle a auga para que sequen e se descompoñan e así recupéranse, como abono, os elementos que conteñen. Como fertilizante en pasteiros e nos arrozais.
  • 19. Penso para peixes feito con lentellas de auga prensadas. Usos actuais Utilízanse na elaboración de algúns tipos de pensos, como complemento na alimentación de especies de acuicultura (tilapias,…), para a elaboración de compost e na produción de biogás Repartindo lentellas de auga frescas nunha granxa de cultivo de peixes
  • 20. Tamén se utiliza como limpadora de augas porque, para o seu desnvolvemento, absorbe os minerais que se atopan disoltos nela. Instalación depuradora con lentellas de auga
  • 21. Problemas Como consecuencia do seu rápido desenvolvemento (pode duplicar o seu tamaño en pouco máis dun día e producir ata 20 clons no seu ciclo vital, de entre 10 días e un mes), cando dispón de alimento suficiente (verqueduras ao medio acuático) a lentella de auga pode converterse en praga e provocar a eutrofización dos medios acuáticos.
  • 22. Para reducir a súa expansión hai que evitar os verquidos e introducir aves acuáticas comedoras de vexetais (algunhas especies de parrulos) ou peixes herbívoros (carpas ou tilapias). carpa herbívora tilapia
  • 23. Os altos rendementos da lentella de auga, polo seu alto contido de proteína e a rapidez coa que medra, fan que se empece a ter en conta como planta de cultivo, para esto precísanse instalacións con estanques de, polo menos, 30 cm de profundidade, para evitar grandes oscilacións de temperatura, e proporcionarlle o alimento en cantidades axeitadas. En condicións óptimas, unha granxa de lentella de auga pode producir de 10 a 30 toneladas de lentellas de agua seca por hectárea cada ano. Instalación para o cultivo de lentella de auga.
  • 24. A lentella de auga é rica en vitaminas, minerais, antioxidantes e micronutrientes (contén máis aminoácidos esenciais que a soia). Ten unha alta porcentaxe de proteína altamente dixestible, febra, graxa e minerais.
  • 25. O pó de lentellas de auga. Pode conter ata un 65% de proteínas
  • 26. Pode ser mesturado ou engadido a diferentes productos como: patacas fritidas, pastas, galletas, cereais, aperitivos, batidos, bebidas enerxéticas…
  • 27. Coñécense, segundo as diferentes clasificacións, 5 ou 6 xéneros e entre 38 e 45 especies. Tres dos xéneros están presentes en Galiza onde podemos atopar 6 especies. Cantas especies hai, e como son
  • 29. Spirodela intermedia. Ten frondes planas, de orbiculares a elípticas, de 3 a 6 mm de longo, simétricas e coa punta redondeada, con moitas raíces (entre 5 e 20). Forma agrupacións de ata 5 frondes. Atópase, sobre todo, en América do Sur.
  • 30. Spirodela polyrrhiza. Ten frondes aplanadas, entre ovais e redondas, de 4 a 10 mm de longo, verdes por enriba e de cor vermella escura por debaixo, con entre 5 e 15 raíces. Forma agrupacións de 2 a 5 frondes, algunhas sen raíces. Produce flores, raramente, na primavera. Os brotes do outono, de cores máis escuras, cheos de almidón, deposítanse no fondo para pasar o inverno. Atópase en lagoas, pantanos e correntes tranquilas de América do Norte e Central, de Europa, África, Asia e do norte de Australia.
  • 32. Landoltia punctata. Ten frondes aplanadas, oblongo-obovadas, a miúdo asimétricas, de 3 a 5 mm de longo, de cor verde escura por enriba e vermella-púrpura por debaixo. Ten entre 1 e 5 raíces. Forma agrupacións de 2 a 6. Atópase en lagoas, pantanos e correntes tranquilas de todas as áreas temperadas e tropicais de ambos hemisferios.
  • 33. lemna
  • 34. Lemna disperma. Ten as frondes de elípticas a redondeadas, de 1 a 4 mm de longo, e unha soa raíz. Forma colonias de 2 ou 3 frondes. Florece na primavera e pode producir unha ou dúas sementes. E natural de Australia aínda que xa se atopou noutros países.
  • 35. Lemna ecuadoriensis. É endémica das terras húmidas tropicais do norte do Ecuador. Ten frondes ovadas o doble de longas ca de largas.
  • 36. Lemna gibba. Frondes orbicular-ovadas, a miúdo asimétricas no ápice, cunha lixeira crista media, e a coa cara ventral inflada, con grandes sacos aéreos, e unha soa raíz. Miden de 3 a 5, ou 6, mm de longo. Forma grupos de 2 a 5 frondes. Atópase en lagoas, pantanos e correntes tranquilas de auga doce, e ás vaces na lixeiramente salobre, de todas as áreas tropicais e temperadas de América, Europa, África e Asia.
  • 37. Lemna japonica. Ten as frondes de obovadas a elípticas e planas ou lixeiramente convexas de 2 a 6 mm de longo, e unha raíz. Forma grupos de 1 a 8. Atópase en estanques e canles de corrente lenta da Asia temperada; leste da China, Corea, e Xapón.
  • 38. Lemna minor. Ten as frondes aplanadas, elíptico-obovadas, xeralmente simétricas, coa superficie dorsal lisa e unha soa raíz. Miden de 2 a 4 mm de longo. Aparecen solitarias ou en grupos de 3 a 5. Viven en lagos, lagoas e ríos tranquilos do hemisferio norte, América do Norte, Europa, Rusia e Asia e tamén en Australia e Nova Celandia.
  • 39. Lemna obscura. Vive en augas tranquilas das áreas temperadas e subtropicais. Ten frondes obovadas, de 1 a 3,5 mm de longo cunha pápula apical marcada e outras menores na liña media, grosas e de cor vermella por debaixo.
  • 40. Lemna trisulca ou lentella de auga con follas de hedra . Presenta dous tipos de frondes as mergulladas, vexetativas, son oblongo-lanceoladas cun estípite (talo) longo e estreito na base; e as aboiantes, reproductoras, máis curtas e grosas e co estípite máis curto. Todos miden entre 6 e 10 mm de longo, sen o talo, e poden ter unha raíz ou ningunha. Forma longas cadeas ramificadas de 8 a máis de 30 plantas, en masas enleadas, por debaixo da superficie da auga. Atópase en correntes de auga fresca, estanques e pantanos de América do norte, Europa, África, Asia e Australia.
  • 41. Lemna turionifera. Frondes aplanadas, de case redondas a elíptico-obovadas, cunha ringleira de pápulas ao longo da liña media da superficie superior. Miden de 2 a 4 mm de longo e teñen unha soa raíz. Forma grupos de 3 a 5 exemplares, e no outono produce brotes escuros que pasan o inverno no fondo dos lugares nos que viven. Atópanse en regatos, lagoas e pantanos de auga fría de todos os Estados Unidos e Canadá, e existen poboacións localizadas en Siberia.
  • 42. Lemna aequinoctialis (lentella de auga tropical). Frondes obovadas-elípticas, asimétricas no extremo basal, de 2 a 3,5 mm de longo, cunha pápula apical e outra pápula ganglionar (por enriba da raíz). Aparece solitaria ou en pequenos grupos de 2, ás veces máis. Atópase en lagoas, pantanos e correntes tranquilas en todas as áreas temperadas e tropicais.
  • 43. Lemna minuta. Frondes ovais-oblongas, simétricas, que miden entre 1 e 3 mm de longo e levan unha soa raíz. Vense illadas e formando parellas ou tríos. Atópase en lagoas, pantanos e regos tranquilos do oeste dos Estados Unidos, América Centra e América do Sur, e en Europa.
  • 44. Lemna valvidiana ou lentella de auga de Valdivia. Frondes oval-oblongas, a miúdo asimétricas na base, de cor verde crara, moi delgadas (transparentes), de 2 a 4 mm de longo, cunha soa raíz. Agrúpanse de 4 a 8. Atópanse en lagoas, pantanos e correntes lentas, ás veces mergullada por debaixo de outra vegetación acuática ou en lugares húmidos, da maior parte de América.
  • 45. Lemna yungensis Landolt. Medra en paredes rochosas da Yunga boliviana. Ten frondes ovado- lanceoladas máis ou menos simétricas, con pápulas ao longo da liña media, de 3 a 6 mm de longo.
  • 46. Lemna perpusilla. Vive en augas estancadas das áreas temperadas de América. Ten frondes ovado-obovadas de 1 a 4 mm de longo, cunha pápula apical e varias por enriba do punto onde se une a raíz, e dous apéndices laterais, a modo de ás, na vaíña da raiz, que é relativamente curta.
  • 47. Lemna tenera. Vive nos pantanos dos bosques do surleste de Asia, illas da zona e Australia. Forma grupos de 2 ou 3 frondes de oblongos a lanceolados de ata 7 mm de longo.
  • 48. wolffiella Wolffiella 10 especies orixinarias de América e África. Son plantas co corpo aplanado, de 2 a 8 mm de longo, sen raíces e cunha quilla que lles permite manter a posición na auga. Producen unha soa flor reducida, só un estame e un pistilo, dentro dunha cavidade floral, na cara dorsal do corpo da planta. Despois da fertilización a flor convértese nun froito diminuto que acolle unha soa semente. Tamén producen plantas fillas nunha bolsa triangular que teñen no extremo basal. Nalgunhas especies, as plantas fillas permanecen unidas ás nais formando pequenos grupos. Medran, as máis das veces, por debaixo da tona da auga.
  • 49. Wolffiella hyalina. Atópase en pozos, canles, e outros lugares con auga estancada das áreas secas de África tropical e subtropical, e en Exipto. Ten frondas de 1 a 3 mm, de ovadas a trapezoides,
  • 50. Wolffiella repanda. Vive en augas tranquilas dos estados costeiros ,do Atlántico e do Golfo, dos Estados Unidos. Mide entre 3 e 9 mm de longo.
  • 51. Wolffiella rotonda. Atópase en augas de África tropical. As frondes miden de 1 a 3 mm de longo
  • 52. Wolffiella caudata. Atópase na cunca do Amazonas en Bolivia. Recoñécese pola prolongación, a modo de rabo, que lle da nome. Mide entre 2 e 8 mm de longo e de 2 a 5 mm de largo (o “rabo” mide de 1 a 4 mm de longo e de 0,4 a 0,8 mm de largo)
  • 53. Wolffiella denticulata. É orixinaria do surleste de África, Mozambique e Sudáfrica. Mide de 2 a 7 mm de longo e de 0,3 a 0,8 mm de largo.
  • 54. Wolffiella welwitschii (Hegelm.) Monod. Atópase nas áreas tropicais de África e América. Ten unha fronde característica de 3 a 7 mm de longo e entre 2,5 e 5 mm de largo.
  • 55. Wolffiella neotropica. Natural das áreas cálidas e húmidas do Brasil. Mide de 2 a 8 mm de longo e entre 1,5 e 5,5 mm de largo
  • 56. Wolffiella gladiata. Vive, aboiando por debaixo da superficie, en augas tranquilas dos estados costeiros dos Estados Unidos, do Atlántico e do Golfo. As frondes, longas e estreitas, miden entre 3 e 9 mm de longo. Adoita formar grupos de plantas unidas pola zona basal co que as colonias teñen forma de estrela.
  • 57. Wolffiella oblonga. Ten frondes de1,5 a 7 e de 0,4 a 2,5 mm de largo. Atópase en áreas temperadas cálidas de América, desde o surleste dos Estados Unidos ao centro da Arxentina.
  • 58. Wolffiella lingulata. Orixinaria de América, donde medra en augas tranquilas, por debaixo da superficie a non ser cando están en flor. Ten frondes ovadas de 3 a 9 mm de longo, tipicamente curvadas, máis estreitas preto do ápice.
  • 59. wolffia son as plantas máis pequenas e máis simples. Teñen forma globosa e apenas sobrepasan 1 mm de longo. 6 especies de wolffia 1 microscopica, 2 globosa, 3 columbiana, 4 brasiliensis, 5 borealis, 6 arrhiza
  • 60. Wolffia arrhiza. Atópase amplamente distribuida poas zonas temperadas, subtropicais e tropicais de Europa, África, Asia occidental, Venezuela e o leste do Brasil, aboiando na superficie de augas estancadas ou tranquilas. Ten forma globular, aplanada por enriba. Mide entre 0,8 e 1,3 mm de diámetro
  • 61. Wolffia cylindracea. Frondes grosas, de elipsoides a ovoides, de 0,5 a 1 mm de longo. Atópase en augas estancadas, limpas e frescas de Angola e o leste de África, surleste de Asia, partes de América e algunhas illas do Pacífico.
  • 62. Wolffia columbiana Karsten. Atópase por case toda América cálida e temperada, desde o centro do Canadá ata o centro da Arxentina. Ten frondes solitarias, de globulares a ovoides, de 0,5 a 1,5 mm de longo.
  • 63. Wolffia elongata. Nativa de América do Sur. Fronde ovalada duns 2 mm de longo.
  • 64. Wolffia neglecta.Atópase na India e no Paquistán. Mide menos de 1 mm de lonxitude.
  • 65. Wolffia angusta. Nativa de Australia e Malasia. Frondes de 0,6 a 0,9 mm de largo.
  • 66. Wolffia globosa. Atópase no sur e surleste de Asia e nalgúns puntos de Sudáfrica. Frondes ovais de 0,5 mm de longo
  • 67. Wolffia microscopica. Endémica da India, Bangladesh e Paquistán. Forma de case esférica a cónica e de 0,5 mm de lonxitude.
  • 68. Wolffia australiana. de Australia e Nova Zelandia. Forma ovoide de 1 mm de longo
  • 69. Wolffia borealis. É orixinaria de América do Norte, onde aboia en augas tranquilas. Mide ata 1,2 mm de longo e ten forma globosa cunha punta redondeada e a outra aguda.
  • 70. Wolffia brasiliensis. Atópase nas áreas cálidas de América continental. Forma oval, de media noz coa superficie case plana, de 1,5 mm de longo.
  • 71. Formas e tamaños comparativos das diferentes especies de wolfia
  • 72. Unha curiosa forma de recordar os xéneros de lentellas de auga
  • 73. As imaxes fotográficas e moitos dos debuxos foron collidos da internet, e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E como non dei feito máis… tendes que conformarvos co que ata aquí hai. …Ou buscar pola vosa conta para rematar o traballo xuntándoas todas.