SlideShare a Scribd company logo
1 of 117
AS LIDEIRAS DE ROQUEMonDaporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
cítricos
os cítricos:
laranxas, limóns… os seus precursores e
outros parentes e achegados
Con estas formas e estas cores, bateu Roque unha mañán
e quixo saber por qué,
e empezou a buscar.
Os cítricos son un xénero de plantas,
da familia das Rutáceas, orixinarias do
surleste de Asia, as illas da zona e
Australia. A maioría das especies que
se coñecen actualmente son híbridos,
naturais ou criados, de tres especies
ancestrais: C. máxima (pamplemusa
ou pomelo), C. medica (cidra ou
toronxa), e C. reticulata (mandarina)
aínda que nalgúns casos interveñen
outras como C. micrantha; pero tamén
se coñecen algunhas especies no seu
estado primitivo e especies silvestres.
Son árbores pequenas ou medianas, de entre 5 e 15 m de altura, con brotes espiñentos.
Moitas especies son cultivadas polos seus froitos, ricos en ácido cítrico e vitamina C, que se
consumen frescos, enteiros como froita ou só o zume, ou conservados en forma de
marmeladas e encurtidos; e polas esencias que conteñen a tona dos froitos e as flores.
Teñen as follas sempre verdes, alternas coa beira enteira ou en parte dentada, e o
peciolo, de lonxitude variable, en moitas ocasións alado.
As flores, de ata 4 cm de diámetro,
habitualmente moi perfumadas, saen nas axilas
das follas e son solitarias ou aparecen en
pequenos corimbos de 2 a 7, teñen cinco
(raramente catro, ou tres) pétalos brancos ,
carnosos, e numerosos estames.
O froito é un hesperidio, unha baga especial, de forma esférica, globosa ou ovoide, coa
tona grosa, coirenta e o interior dividido en porcións (chavos) que conteñen numerosas
vexigas cheas de zume e as sementes
Sen querer ser exhaustivo nin en exceso purista,
deixando clasificacións de lado, organizou unha lista.
As especies orixinarias
Citrus maxima (pamplemusa,
cimboa ou pomelo). Árbore
orixinaria do surleste de Asia, de
5 a 15 m de altura, co toro torto
e numerosas ponlas. É unha das
principais formadoras de
híbridos con valor comercial.
As follas son simples, alternadas, de oblongas a
ovaladas, de ata 20 cm de longo, coirentas de cor
verde oscura pola cara e máis crara e con peliños
polo revés.
As flores brancas, solitarias ou en grupos de ata 10,
poden ter 4 ou 5 pétalos, os estames brancos e as
anteras de cor laranxa.
O froito é globoso coa tona grosa e esponxosa de cor
amarela ou verdosa.
Citrus medica (cidro, cidra, limón francés ou toronxa). Probablemente foi o primeiro cítrico
conocido en Europa porque xa está documentado desde a época do Imperio romano.
É unha árbore de 2,5 a 5 m de altura, co toro retorcido e numerosas ponlas ríxidas e con
espiñas nas insercións das follas.
As follas son simples, alternas, de elípticas a lanceoladas, de ata 18 cm de longo, coirentas,
de cor verde oscura e aoma de limón.
As flores son completas, grandes, con 4 ou 5 pétalos, brancas ou lixeiramente purpúreas e
aparecen en pequenos grupos..
O froito, oblongo ou globoso, ten unha tona grosa, frecuentemente rugosa, carnosa, de cor
amarela ou verdosa e a polpa con pouco zume. Cultívase sobre todo polo contido en
aceites e os aromas da tona que ten moito aprecio en preparaciones de repostería.
Citrus reticulata
(mandarina). Árbore
de 2-6 m de altura co
toro curto e moi
ramificado, case sen
espiñas.
Na actualidade
coñécense unhas 40
variedades e
numerosos híbridos.
Follas de oblongas a ovais, elípticas ou lanceoladas,
de 3,5 a 8 cm de longo, de cor verde oscura brillante
pola cara e verde amarelenta polo revés.
As flores de cor branca, teñen 5 pétalos e numerosos
estames, e aparecen soas ou en grupiños de ata
catro.
Os froitos globosos, máis ou menos deprimidos,
miden de 4 a 7 cm de altura e de 5 a 8 cm de
diámetro, son da típica cor laranxa. Teñen a tona
fina e brillante e polpa abundante de sabor doce.
Citrus micrantha. Nativo do sur de Filipinas, recoñécense dúas variedades: (C. micrantha
var micrantha) papeda de flor pequena, coñecida localmente como biasong, e papeda de
froito pequeno (C. micrantha var microcarpa) ou samuyao.
E unha árbore de 7 a 9 m de altura con follas de 9 a 12 cm de longo, de ovais a elípticas,
co peciolo longo, alado, con ás de ata 4 cm de largo. As flores son brancas coa beira
púrpura, teñen catro pétalos e 12 a 13 mm de diámetro. Os froitos son de ovoides a
oblongos, de 5 a 7 cm de longo, coa tona amarela e a polpa zumenta, crara e ácida.
Citrus trifoliata ou Poncirus trifoliata
(laranxeiro espiñento ou laranxeiro
trifoliado). É orixinario do norte da
China. Árbore de folla caediza, de
entre 4 e 8 m de altura, coas ponlas
cubertas de numerosas espiñas longas,
de ata 5 cm, e duras.
As follas, coirentas e de cor verde escura, están formadas por tres foliolos ovais, ás veces
cinco, o terminal máis longo, duns 5 cm.
As flores, que saen no verán, son brancas con cinco pétalos longos e estreitos e máis
grandes que a media das dos cítricos.
O froito é globoso, de ata 5 cm de diámetro, coa tona grosa e áspera ao tacto, e a pulpa
escasa e agre.
Citrus crenatifolia. Endémica de Sri Lanka. Produce froitos pequenos, globosos,
achatados, de cor laranxa intenso, coa tona fina, a polpa, bastante seca e ácida, pódese
comer cando está ben madura.
Citrus mangshanensis. Originaria dos bosques de montaña en Mangshan, China , donde
se descubreu na década de 1980. Morfolóxicamente é semellante a mandarina.
Clymenia. Xénero con dúas especies: Clymenia platypoda e Clymenia polyandra. Orixinarias
de Papúa Nova Guiné e algunhas illas próximas, son dos cítricos máis tropicais. Son árbores
pequenas, sen espiñas e follas co peciolo estreito. Producen froitos do tamaño de
mandarinas coa tona coirenta e a polpa agredoce. Cultívano localmente os pobos da zona.
C. polyandra
C. platypoda
Citrus australasica (lima dedo). É nativa
das selvas subtropicais das terras baixas
da costa entre Queensland e Nova Gales
do Sur (Australia). Mide de 2 a 6 metros
de altura.
As follas son pequenas, de 1 a 5 cm de
longo, coa punta cortada.
As flores son blancas con 3 ou 4 pétalos de
6 a 9 mm.
O froito é cilíndrico, de 4 a 8 cm de longo,
as veces algo curvado e de diferentes
cores, coas vexigas de zume case esféricas
polo que tamén se lle chama lima caviar.
Citrus australis (lima redonda de Australia). Medra de forma natural nas terras baixas das
selvas subtropicais do surleste de Queensland.
Árbore de ata 15 m de altura. O froito é esférico ou algo alongado, de 3 a 5 cm de
diámetro, coa tona verde ou amarela, grosa, e a polpa verdosa; inclúese en salsas,
marmeladas e utilízase como sustitutivo do limón.
Citrus garrawayi ou Microcitrus garrawayi (limón de Monte Blanco). É unha árbore rara,
nativa da área de Cape York, ao norte de Queensland, en Australia, onde forma parte da
vexetación do sotobosque tropical. Pode medir ata 15 m de altura. Ten as follas
lanceoladas. Os froitos son comestibles de forma oval, alongada, coa tona de cor verde
amarelenta e a polpa verde.
Citrus inodora ou Microcitrus inodora (lima do
río Russell). É unha árbore escasa, nativa da
Range Bellenden-Ker, unha cordilleira costeira
do norte de Queensland, Australia, onde medra
nas terras baixas da selva tropical. Mide ata 4 m
de altura. O froito ten forma de ovo de cor verde
amarelenta. As follas e as flores non teñen olor a
característica aceites aromáticos del género.
Citrus warburgiana ou Microcitrus
warburgiana (lima de Nova Guiné). Árbore
pouco común nativa de Papúa Nova Guiné.
Ten as follas elípticas alongadas coa beira
dentada, e os froitos esféricos de ata 3 cm
de diámetro.
Microcitrus papuana (Lima dedo do río Brown) Arboriña compacta, de menos de 2 m de
altura, nativa da zona de transición entre a sabana e a selva tropical da rexión do Río
Brown en Papúa Nova Guiné. Ten as follas estreitas, de 2 a 3 cm de longo, e os froitos
cilíndricos, un algo curvados, de 5 a 8 cm de longo, moi aromáticos e de cor verde amarela
cando maduran
Citrus gracilis (lima Kakadu). Arboriña de talla
escasa endémica dos bosques de eucaliptos das
sabanas do norte de Australia. Ten a tona
cortizosa, as follas pequenas e delgadas, e o
froito, globoso e con bultos, pode medir ata 10
cm de diámetro.
Citrus glauca ou Eremocitrus glauca (lima do deserto). É endémico das rexións áridas e
semiáridas do leste e o sur de Australia. Unha das especies de Citrus máis resistente á calor,
a seca e ao frío.
As follas son oblongas de 5 cm de longo. As flores, brancas ou verdes. O froito, que pode
medir ata 2 cm de diámetro, ten sabor a lima e emprégase para fabricar marmelada,
bebidas… ; é unha froita moi apreciada na gastronomía aborixe.
Fortunella (laranxeiro chinés, cumcuat ou kumquat). Creese que é orixinario do surleste da
China, aínda que non se coñece en estado silvestre. Os cumcuats son pequenas árbores
perennifolias, que poden acadar os 5 m de altura, densamente ramificadas.
As follas son lanceoladas, alternas, finamente dentadas cerca da punta, de cor verde oscura,
coirentas, de entre 3 e 9 cm de longo.
As flores son axilares, solitarias o en grupos de ata 4 ou 5, pentámeras, fragantes, de cor
branca, hermafroditas.
O froito é un hesperidio oblongo, ovoide ou esférico, de ata 5 cm de longo, coa pel, fina e
aromática, amarela ou de cor laranxa, comestible, e a polpa de cor laranxa algo ácida.
Fortunella japonica ou Citrus japonica (kumquat marumi ou cumcuat de froito redondo).
Ten un froito pequeño, redondo, ás veces ovalado, de cor amarela dourada. Comestible coa
tona doce e a polpa agre. Cultívase como froiteira e como ornamental. Resiste o frío.
Fortunella margarita ou Citrus margarita (kumquat Nagami ou kumquat ovalado, laranxeiro
anano e laranxeira xaponesa) Árbore moi pequena, de 2-3 m de altura, case sen espiñas.
Cultívase como froiteira e como ornamental. O froito, de cor laranxa brillante, ten a tona doce
e a polpa agre, cómese enteiro.
Fortunella hindsii (kumquat Hong Kong). Árbore moi opequena, espiñenta. Os froitos
redondos, de cor vermella alaranxada, de menos de 2 cm de diámetro, son os máis
pequenos dos cítricos.
Fortunella polyandra (kumquat malaio). Nativo da península de Malasia. Árbore de 3 a 5 m
de altura coas ponlas de sección angular, cando novas, e redonda logo, a veces con espiñas
axilares. Ten o froito globoso, de 2 a 3 cm coa pel suave, aromática, de cor laranxa brillante
ou amarela dourada.
Citrus indica (laranxa silvestre da India). É orixinaria da India onde aínda se conservan
exemplares en estado silvestre nas colinas de Garo, en Meghalaya. Está considerada en
perigo de extinción por destrucción do seu hábitat.
Citrus halimii (cidra de montaña). Especie rara descuberta en 1973 no surleste de Asia
(Tailandia, Malasia e puntos de Indonesia.). É unha árbore de folla perenne de entre 6 e 9 m
de altura, menos espiñenta que outros cítricos, coas follas relativamente grandes de peciolo
longo e alado. Os froitos son globosos de 5 a 7 cm de diámetro coa tona grosa de cor
amarela laranxa e polpa verde marela. Son comestibles pero agres.
Citrus macroptera (papeda melanesia, cabuyao ou satkara). É unha pequena árbore nativa
de Malasia e Melanesia. Pode medir ata 5 m de altura. Ten as follas ovaladas con peciolo
longo e alado e espiñas nas axilas. O froito, que mide de 6 a 7 cm de diámetro, ten a tona
lisa, bastante grosa e de cor verde amarela ao madurar coa polpa verde amarela con pouco
zume agre e un tanto amargo.
Recoñécense catro variedades que algúns autores consideran tres especies diferentes: C.
macroptera var macroptera ou C.macroptera, C. macroptera var annamensis ou C.
combara, C. macroptera var combara ou C. combara e C. macroptera var kerrii ou C. kerrii.
Citrus latipes (papeda Khasi). Atópase dende o surleste de Asia ata o norleste da India. É
unha árbore pequena, espiñenta, de froito comestible pero raramente utilizado máis que
con fins mediciñais no norleste da India.
Os híbridos e os
cultivares
Citrus × aurantifolia (limeiro, lima de Omán, lima da India). É unha especie híbrida de C.
medica, oriunda do surleste de Asia e introducida en Europa en tempos das Cruzadas.
Árbol duns 5 m de altura co toro curto e ramificado desde abaixo con espiñas curtas e
duras que xorden das insercións das follas.
As follas son ovadas, de 2,5 a 9 cm, de cor verde pálida.
As flores, duns 2,5 cm, son de cor branca amarela,
poden aparecer soas ou en grupos de ata 7.
O froito, a lima, ten forma globosa, de 2,5 a 3 cm de
diámetro e cor verde amarela ao madurar, .
Amanatsu ou Natsumikan (Citrus × natsudaidai) de (C. maxima × desconocido).
Orixinario do Xapón. Ten os froitos de forma esférica, cor laranxa amarela e textura
áspera, de ata 15 cm de diámetro. Consúmese fresco e tamén se usa na elaboración de
marmeladas e bebidas fermentadas.
Cam Sanh ou laranxa real (C. reticulata × C × sinensis) é orixinario do Vietnam. Os froitos
son como mandarinas de tona grosa, verde nos países cálidos e amarela laranxa nos fríos,
coa carne de cor laranxa escura e doce.
pomelo (Citrus × paradisi) de (C. maxima × C × sinensis) é orixinario do Caribe. Unha
árbore de folla perenne, de 5 a 6 m de altura, coa copa redondeada e ponlas novas con
espiñas curtas . as follas ovaladas, de 7 a 15 cm de longo cos peciolos curtos e alados.
Flores brancas ou púrpura, hermafroditas, fragantes, de catro pétalos, solitarias ou en
pequenos grupos. Froito globoso, de ata 15 cm de diámetro, coa tona grosa de cor
amarela rosada, e a polpa amarga de cor que vai do amarelo craro ao vermello escuro.
Consúmese fresco pero tamén se fan confituras.
limón Imperial. Híbrido de limón e
pomelo (C. limon × × C × paradisi).
O froito ten características
semellantes ás do limón pero é un
algo máis grande e ten a forma
máis redondeada.
Kinnow (C. nobilis × × C × deliciosa). É unha mandarina de alto rendemento cultivada no
Punjab. En clima cálido a árbore pode superar os 10 m de alto e producir máis de 1.000
froitos, de alto contido de zume, cada ano. Consúmese en fresco e en bebidas
Tangelos (Citrus × tangelo). Híbridos de
tangerina (mandarina) e pomelo (C.
reticulata × C × paradisi). Producen
froitos grandes e zumentos, con sabor a
mandarina e fáciles de pelar.
Distínguense das laranxas polo
estreitamento da zona próxima ao rabo.
Tangelo Orlando. É un cruce entre
pomelo Duncan e mandarina Dancy
creado en 1911. As árbores desta
variedade son grandes e fácilmente
reconocibles polas follas abarquilladas. É
unha das variedades máis resistentes ao
frío. Produce froitos grandes e algo
achatados, de madurez temperán, con
zume doce e suave.
Tangelo mineola híbrido entre pomelo
Duncan e mandarina Dancy, obtívose en
1931 na Estación Experimental do
Departamento de Agricultura Estados
Unidos, en Orlando. Os froitos poden medir
entre 22 e 25 cm de diámetro e teñen sabor
parecido ao da mandarina, a cor da tona,
que se arranca facilmente, e semellante ao
da laranxa.
Tangelo honeybell. É un híbrido
entre mandarina Thompson e
pomelo. Produce froitos doces, de 7
a 9 cm de diámetro, coa tona
alaranxada, brillante, bastante grosa
pero fácil de pelar e con polpa
zumenta.
orangelo ou chironja (C × paradisi × C × sinensis) É un híbrido de laranxa (orange) e
pomelo orixinario de Puerto Rico. Onde se formou espontáneamente entre as árbores
usadas para facer sombra nas plantacións de café. Son máis grandes e máis doces que os
pomelos e de cor amarela brillante e máis doados de pelar.
ourobranco, oro blanco ou cariño - (C. maxima × C × paradisi). Híbrido de pomelos con
froitos sen semente de sabor doce menos agre e menos amargo que o pomelo. Foi patentado
pola Universidade de California en 1981. O froito é esférico, achatado na base, coa tona grosa
de cor amarela verdosa
laranxeiro Citrus × sinensis (probablemente C. maxima × C. reticulata). Árbore de folla
perenne, de ata 13 m de altura, de copa grande, redonda, con follas ovais de 7 a 10 cm,
flores brancas, moi perfumadas; Froitos de ovais a esféricos de cor laranxa e sabor doce.
Coñécense numerosas variedades obtidas por diferentes combinacións de laranxeiros entre
si agrupadas en : Navel, Brancas, Vermellas e Sucreñas
Grupo Navel. De froito grande e sen sementes, cun característico embigo (navel en inglés,
de ahí o nome do grupo), doce para o consumo en fresco pero de pouco zume.
Bahianinha (Baianina piracicaba) orixinada probablemente por mutación espontánea de
navel Bahía, unha variedade brasileira; Fishe; Gillemberg descuberta por Gillemberg en
1985; Navel Lane Late. Detectada en 1950 por mutación espontánea de navel Washington
na propiedade de L. Lane, en Australia; Leng; Navel Late; Navelina; Newhall; Huando;
Palmer; Skaggs Bonanza; Thomson; Bahía ou Washington e Powell
Grupo Blancas. De froito mediano, sen embigo, doces e moi e zumentas.
Ambersweet, Belladonna, Verna, Cadenera, Castellana, Delta Seedless, Hamlin, Marrs,
Midknight, Natal, Ovale, Parson Brown, Pera, Pineapple, Salustiana, Shamouti, Trovita,
Valencia, Westin, Barberina, Valencia cutter
Grupo Vermellas ou Sanguinas. Os froitos teñen a carne de vermella e máis ácida que a
laranxa común; a tona algo máis dura e de cor algo máis escura.
Tarocco (creada en Italia), ten a tona de cor laranxa con toques vermellos e a carne medio
vermella moi doce e sen sementes; Sanguinello (creada en España en 1929), ten a tona
laranxa avermellada e a carne veteada de vermello con sabor doce pero máis agre que as
outras variedades; Moro (creada en Italia a comezos do século XIX), ten a tona avermellada
brillante e a carne de cor vermella escura con sabor forte e olor intenso. Doble fina,
Maltaise sanguine, Sanguinelli, Tomango, Washington sanguina.
Grupo Sucreñas. Son variedades con moi pouca acidez e moi doces. Úsanse para facer
zumes pero hai que hai que mesturalas con outras para rebaixarlle a dozura. Cultívanse
pouco polo seu escaso rendemento.
Succari, Sucreña, Lima, Mosambi, Vaniglia.
tangor (Citrus × nobilis) híbridos de mandarina, e laranxa (Citrus reticulata × C. sinensis) con
numerosas variedades que dependen da combinación dos proxenitores:
Ellendale, de froitos grandes coa tona algo rugosa e fácil de pelar; Ortanique, orixinaria de
Xamaica, con froitos de tamaño medio a grande, algo chatos e coa tona rugosa e apegada a
polpa o que a fai mala de pelar. O nome está formado polas palabras orange, tangerine, e
unique; King; Murcott ("Honey Murcott"; "Murcott Honey orange"; "Red"; "Big Red");
Temple ("Magnet" de Japón); Umatilla.
Tangores de Satsuma: Iyokan (Miyagawa x unha laranxa doce descoñecida), Miyauchi Iyo
(unha mutación da Iyokan), Othani Iyo (unha mutación da Miyauchi), Kiyomi (Miyagawa x
laranxa navel Trovita), Seto (Sugiyama Unshiu x laranxa navel Trovita)
Tangor ellendale
Tangor ortanique
Tangor murkot
Kiyomi (C. sinensis × × C × unshiu) foi o primeiro tangor, híbrido de tangerina (mandarina)
e orange (laranxa), creado no Xapón en 1949. É doce, non ten sementes. Ten sabor a
mandarina e aroma de laranxa.
iyokan ou anadomikan (Citrus × iyo). Semellante a unha mandarina. O froito ten a tona
grosa de cor amarelo laranxa brillante coa carne moi aromática, lixeiramente ácida, pero
máis doce ca do pomelo.
ugli (C. reticulata × C. maxima ou C. × paradisi). É un híbrido xamaicano de mandarina
e pomelo. O froito sabe como a mandarina, ten moito zume e unha tona aromática e
fácil de pelar.
Ugly "feo", fai referencia ao aspecto pouco chamativo do froito de cor amarela
verdosa con manchas e a tona áspera e arrugada.
Cidra florentina ou Limón cidra de
Florencia (Citrus limonimedica). Ten
as flores de cor púrpura. Os froitos
son de tamaño medio coa tona grosa
de cor amarela e enrugada,
comestible, de sabor moi doce, coa
que se fan ensaladas e confituras.
Cidra grega
Cidra corsa. É unha árbore pequena con algunhas espiñas grandes. Produce froitos ovais,
amarelos, grandes, coa tona rugosa, grosa e carnosa, e a polpa tirando a seca e pouco ácida.
con origen desconocido. É a máis cultivada na illa de Córcega.
Bizzaria de Florencia (Citrus medica + citrus aurantium).
É unha quimeira saída nun enxerto de cidra florentina e
laranxa amarga. O froito presenta, á vez, características
tanto de limón como de laranxa. Foi descuberto en
1640 nun xardín de nobles florentinos e logo deuse por
perdido ata que en 1970 volveu a ser atopado. Os
froitos sonde forma oval a redonda coa tona de cor
amarela e laranxa, e coa polpa moi amarga.
Man de Buda ou cidra de dedos (Citrus medica var. sarcodactylis). É unha variedade de
cidra, orixinaria do norleste da India ou do suroeste da China, que ten os froitos formados
por seccións semellantes a dedos.
É unha pequena árbore coas ponlas longas e irregulares cubertas de espiñas. As follas,
oblongas, miden de 10 a 15 centímetros. As flores, blancas, aromáticas, tinguidas de
púrpura por fóra, medran en grupos.
O froito, grande, total ou parcialmente segmentado, co que aparenta ter a forma de dedos,
é moi aromático, ten a pel grosa e unha pouca polpa ácida sen zume. Os chineses e os
xaponeses utilízano para perfumar espazos e a roupa. Tamén se usa en cociña.
Limón (Citrus x limon). O limoeiro é un híbrido, probablemente de C. medica × C. maxima,
orixinario do nordeste da India. É unha árbore de folla perenne, de ata 5 m de altura, coa
copa aberta e espiñenta. Ten as follas ovaladas e rematadas en punta, de 5 a 10 cm de
longo; as flores brancas, tinguidas por fóra de púrpura, medran en pequenos grupos e os
froitos, de ovais a redondos, cun estreitamento característico nas puntas, son de cor
amarela, coa tona máis u menos grosa, e a polpa crara de sabor ácido moi aromática que se
utiliza como condimento e para a elaboración de bebidas refrescantes. Existen numerosas
variedades e varios híbridos.
limón ponderosa (Citrus limon × medica). É un híbrido de dúas variedades de limón que
apareceu a finais do século XIX en Maryland. O froito ten a tona grosa e chea de bultos,
é mais grande que un limón normal pero ten a mesma acidez e o mesmo sabor.
limón pera ou lumia (Citrus x limon 'Lumia'). un híbrido de limóns, probablemente (C.
medica x C. limon) ou pomelo e limón, que se atopa nos países mediterráneos. Produce
froitos grandes, de ata 20 cm, con forma de pera, coa tona grosa e a polpa sucrada moi
aromática que se pode consumir fresca ou caramelizada. Coñecense diferentes variedades.
Rhobs al-Arsa. É unha cidra híbrida que se cultiva en Marrocos (cidra x híbrido de limón ou
de limón marroquino e laranxa amarga). Produce froitos esféricos achatados, algo
apuntados coa tona amarela laranxa, amarga e a polpa lixeiramente ácida.
Cidra do Iemen. Árbore
máis grande que outros
da súa variedade que
produce froitos grandes
coa tona grosa, enrugada
e sen polpa.
Laranxeiro amargo (Citrus × aurantium). Híbrido de pomelo e mandarina (Citrus maxima e
Citrus reticulata). Árbore de 7 a 8 m de altura, perennifolio e espiñento coas follas elípticas de
peciolo alado. Flores brancas agrupadas en cimas, moi fragantes e froito globosos coa base
aplanada de 7 a 8 cm de diámetro coa tona grosa e rugosa, de cor laranxa, e a polpa ácida e
amarga. Plántase como ornamental, como portainxerto e para a producción de marmeladas e
aceites esenciais. Coñécense moitas variedades: Citrus aurantium subsp. amara, orixinaria do
surleste do Vietnam, do froito fanse marmeladas e licores, e obtense aceite esencial e das
flores auga de azahar. Laranxeiro de Sevilla ou bigarade, orixinario do Mediterráneo, produce
froitos moi apreciados para facer marmeladas. Bergamota, C. aurantium subsp. bergamia.
Daidai, C. aurantium var. daidai,
bergamota ou pera do Bey Citrus × aurantium ssp bergamia o Citrus × bergamia). Cultívase
na área costeira de Regio Calabria, sur de Italia. Produce froitos pequenos con forma de
pera coa tona de cor amarela limón aromática pero de sabor agre. Utilízase a pel para a
obtención de aceite esencial que se usa en perfumería e para aromatizar tés.
Daidai (Citrus × aurantium var daidai ou Citrus × daidai). Orixinario dos Himalaias. O froito,
moi amargo, non se come e pode permanecer varios anos na árbore, se non se recolle
vólvese de cor verde na primavera. Úsase na medicina tradicional china e na celebración do
Ano novo xaponés.
Laranxeiro moruno en España e chinotto en Italia (Citrus × aurantium var myrtifolia ou
Citrus × myrtifolia). Procede da China. Pequena árbore de ata 4 m de altura coas follas
pequenas, que recordan as do mirto. Produce froitos pequenos, amarelos ou alaranxados.
clementina (Citrus × clementina). Híbrido de mandarina e laranxa agre. Produce froitos
esféricos achatados, pequenos, coa tona lisa e brillante, de cor laranxa intensa, que se
arranca fácilmente; a carne é laranxa de sabor agredoce e sen sementes. Existen moitas
variedades. Algunhas das máis comúns son:
Clementina Fina, produce froitos de calidade de entre 50 e 70 gramos.
Oroval, produce froitos redondeados, de entre 70 e 90 gramos, doados de pelar.
Clemenules, produce froitos algo achatados, de 80 a 100 gramos, doados de pelar e case sen
sementes. Outras variedades moi similares e sen sementes son a Clemenpons, Oronules,
Esbal, Hernandina, Marisol, Arrufatina etc.
Hernandina (Citrus reticulata cv. Hermandina). Unha variedade de clementina descuberta
en Valencia en 1966. Produce froitos de 55 a 75 gr, esféricos, achatados de pel fina e facil
de pelar, coa polpa doce e sen sementes.
mandarina Cleopatra (Citrus reshni). Árbore de copa redonda, sen espiñas, orixinaria da
India. Produce froitos pequenos, achatados, deprimidos na punta, de cor alaranxada, coa
tona fina, algo áspera; e a polpa suave pero demasiado amargos para ser comestibles
aínda que se usan na producción de zumes. Utilízase comunmente como patrón no cultivo
de laranxas, pomelos, mandarinas e limóns; pola súa resistencia as condicións adversas
dos terreos e a algunhas das enfermidades máis graves, e pola súa alta productividade,
con froitos de boa calidade aínda que algo máis pequenos que con outros patróns.
mandarina mediterránea ou mandarina de folla estreita (Citrus × deliciosa). Híbrido de
mandarina e pomelo. Produce froitos pequenos, doces e coa tona solta. Foi unha das máis
cultivadas.
mandarina satsuma, mikan (Citrus unshiu). Híbrido de mandarina e tangor (C. reticulata × C.
nobilis) orixinario da China, produce froitos esféricos, bastante achatados, de 5 a 7,5 cm de
diámetro, coa tona de cor laranxa, delgada e solta, que se arranca facilmente, e a polpa
doce e sen sementes.
Clemenvilla ou mandarina nova. É un híbrido entre Clementina Fina e o tangelo Orlando,
procedente de Florida. Produce froitos esféricos algo achatados, medianos, moi zumentos e
de bo sabor, sen sementes. A tona, de cor laranxa intenso, fina, brillante e moi apegada á
polpa, non se pela doadamente.
Ponkan ou laranxa china de mel (Citrus poonensis). É un híbrido de mandarina × pomelo.
Produce froitos esféricos achatados, de 7 a 8 cm de diámetro, coas características da
mandarina. Cultívase moito no Xapón. Ten grandes produccións en anos alternos.
Siranui ou Dekopon (Shiranuhi ou Citrus reticulata Shiranui coñecido como 'Dekopon'
(ChungGyun × Ponkan). É un híbrido entre as mandarinas kiyomi e ponkan desenvolvido
no Xapón en 1972. Produce froitos grandes, cun característico abultamento na parte de
arriba, doces e sen sementes.
Laraha (Citrus aurantium currassuviencis). Mutación natural de laranxa orixinada na illa
de Curaçao. Produce froitos de cor verde coa polpa seca e amarga. Non se come pero a
tona aromática, seca, utilízase na elaboración do licor Curaçao, típico da illa.
limón Meyer (Citrus × meyeri). Híbrido de limón e mandarina orixinario da China. É unha
árbore pequena, 2 a 3 m de altura, que produce flor e froitos case todo o ano. Os froitos,
un algo máis redondos que os limóns verdadeiros, teñen a tona de cor amarela,
aromática, e a polpa menos ácida e máis doce que a do limón común, cómense crus ou
utilízanse para facer zumes.
Rangpur, lima mandarina ou mandarina limón (Citrus × limonia). É un híbrido de mandarina
(Citrus reticulata) e limón (Citrus × limon). Probablemente orixinario da India. Produce froitos
entre esféricos e globosos, de 3 a 4 cm de diámetro, coa tona fina de cor alaranxada o mesmo
que a polpa que é de sabor ácido refrescante. Cultívase moito como planta de maceta.
limón yuzu (Citrus × junos). É un híbrido de Ichang papeda Citrus cavaleriei e mandarina
Sour Citrus sunki. (C. reticulata × C × ichangensis). Orixinario da China. Produce froitos de 5 a
7 cm de diámetro, aromáticos e ácidos. Cultívase moito no Xapón onde se utilizan, o zume e
as reladuras da tona, na cociña. Coñécense diferentes variedades: Wangcang, Xiecheng,
Yuzu, Zhenchen
Macrofila ou alemow (Citrus × macrophylla).
É, probablemente, un híbrido de limón e
Biasong (C. micrantha). Unha pequena árbore
tropical espiñenta. Produce froitos grandes
non comestibles aínda que son usados como
mediciñais.
limón djeruk (Citrus × amblycarpa). Orixinario de Xava.produce froitos pequenos,
amarelos e moi ácidos.
Gajanimma ou moi (Citrus × pennivesiculata).
Orixinaria do surleste de Asia é unha árbore
perennifolia e espiñenta, con follas de peciolo
alado e flores púrpura, sen perfume, que
produce froitos grandes, de máis de 10 cm de
longo, esféricos, achatados, coa tona de cor
amarela, lisa ou con abultamentos, rica en
aceites, e a polpa amarela verdosa moi
aromática suave e amarga. O froito úsase como
condimento acidificante.
Hyūganatsu (Citrus tamurana). cultivado no Xapón como “nova laranxa do verán” apareceu
en Miyazaki na década de 1820. Hai quen o considera unha mutación de yuzu ou un híbrido
de pomelo e yuzu. Produce froitos de tamaño mediano de forma redonda ou lixeiramente
oblonga de cor amarela crara coa carne doce pero cun regusto amargo. Cómese cortado en
rebandas e azucrado.
limón ichang (Citrus × ichangensis). Nativo da China. É unha árbore pequena, de 3 a 4 m de
altura, que produce un froito semellante a unha mandarina oval ou esférico aplanado, coa
tona de cor amarela ou laranxa aromática, con moi pouca polpa agre e amarga. Cultívase
como ornamental.
Kabosu (Citrus sphaerocarpa). De orixe china.
Produce froitos que se colleitan verdes, aínda
que logo se volven amarelos, para aproveitar o
zume que se usa como sustituto do vinagre e
moitos platos xaponeses.
Combava, lima kafir ou limón makrut - Citrus × hystrix. Árbore de 2 a 10 m de altura
procedente do surleste de Asia. Produce froitos verdes, duns 4 cm de diámetro, de tona
rugosa e moi ácidos. O que se aproveita dela son as follas, de peciolo longo alado que da
sensación deser bilobulada, e a pel dos froitos, polo seu aroma
limón doce, lima doce ou Mosambi (Citrus × limetta). Orixinaria do sur e o surleste de Asia.
É unha árbore espiñenta de ata 8 m de altura coas follas ovais, produce froitos esféricos
bastante achatados coas puntas estreitas, a tona amarela clara, grosa, e a polpa verdosa cun
zume máis doce que agre.
Lima doce palestina, limón doce da India ou lima doce (Citrus × limettioides). Árbore sen
espiñas que produce froitos de cor amarela pálida a laranxa, ovais case esféricos pero coa
punta desenvolvida, pouco ácidos, de zume refrescante, que se comen ou se usan para
producir zumes.
odichukhuti
lima persa, lima de Tahití, limón crioulo ou limón sen sementes (Citrus latifolia). Un híbrido
de limóns ou de lima e limón. Desenvolveuse a finais do século XIX nun viveiro de California.
Produce froitos ovais a redondos, duns 6 cm de diámetro, e cos extremos lixeiranmente
puntiagudos. Normalmente véndese coa tona verde, pero cando madura vólvese de cor
amarela. É menos aromático que a lima, pero é máis grande, non ten sementes, é menos
ácido, menos amargo, e dura máis. A maiores as árbores non teñen espiñas.
Pompía (Citrus monstruosa) es un cítrico endémico da
Sardeña, Italia, híbrido de limóns ou híbrido de cidra e
pomelo. Produce froitos grandes, de ata 700 gr,
globosos achatados coa tona rugosa, grosa de cor
amarela a laranxa e a polpa agredoce con regusto
amargo. Utilízase en marmeladas, confituras e para a
preparación de licores.
Limón rugoso (Citrus jambhiri). Híbrido de mandarina e limón orixinario do nordeste da
India. Árbore de máis de 6 m de altura, de folla perenne e espiñento, resistente ao frío.
Produce froitos de redondeados a ovais, achatados duns 7 cm de longo e o mesmo de
diámetro, coa tona amarela, áspera e irregular. Coñécense algunhas variedades que se
usan como portaenxertos.
laranxa komikan de Sakurajima (Cultívase no Xapón. O froito é a mandarina satsuma
máis pequena, pesa entre 20 e 50 gramos, ten forma esférica aplanada e a polpa dura
pero doce.
shikwasa , mandarina de Taiwán, limón plano, ou limón Hirami (Citrus × depressa, antes
C. pectinifera). É nativa de Taiwan e de Okinawa, os froitos son pequenos, de cor verde,
aínda que se poñen amarelos ses e deixan madurar, e de sabor agredoce. Úsase como
sustituto do limón nas comidas e faise zume, de cor amarela, que se comercializa adozado.
Ouro de Shonan. Híbrido de Citrus hort flaviculpus × Citrus unshiu. Cultivouse por primeira
vez en 1988, no Xapón. Produce froitos do tamaño dunha mandarina, de cor amarela
brillante e con poucas sementes.
sudachi (Citrus sudachi). É exclusivo do Xapón forma parte do grupo dos Ichandarins,
híbridos de C ichangensis e C. reticulata, produce froitos redondos, pequenos e de cor
verde, que collen cor amarela dourada ao maduraren. Teñen sabor e aroma semellante aos
dos limóns e as limas. Úsase, en rebandas, para acompañar platos tradicionais e para a
obtención de zumes e bebidas fermentadas.
Sunki (Citrus × sunki). É orixinario da China. Produce froitos pequenos, de 3,5 cm de
diámetro, globosos, aplanados, coa pel solta e de cor amarela laranxa. Úsase como
portaenxertos para a obtención de outras especies.
Laranxa tachibana (Citrus Tachibana) coñecida desde
antigo no Xapón tamén aparece en zonas de Taiwan
polo que se cre que pode tratarse dunha especie
silvestre de características semellantes as do
mandarineiro. Árbore de ata 4 m de altura, densa,
resistente ao frío, cos froitos globosos algo aplanados
de 2 a 3 cm de diámetro de cor amarela coa pel
comestible e a polpa amarga.
limón volkamer Citrus × volkameriana. O froito maduro ten a tona moi grosa, de cor amarela
laranxa a amarela ovo, con olor a cenoira, e a polpa crara de sabor a limón.
Citrofortunellas. Son híbridos de kumquats. As plantas resultantes son máis resistentes e
máis compactas que as plantas de citrus. Producen froitos pequenos e son moi usadas
como ornamentais.
Limonquat (híbrido de limón e kumquat). Semellante ao cumquat no porte e na folla.
Produce froitos semellantes a pequenos limóns na forma, na cor e no olor, aínda que a
pel é máis lisa e de sabor doce e a polpa amarga.
limaquat (Citrofortunella floridana).
Híbrido de lima e kumquat orixinario da
China. Ten unha elevada produción de
froitos ovais, de cor verde amarela, coa pel
doce e a polpa de sabor semellante á da
lima. Hay tres variedades: Lakeland,
Tavares, e Eustis (a máis común).
Orangequat ou mandarinquat (híbrido de mandarineiro e kumquat). Produce froitos máis
grandes que os do cumquat, redondos e de cor laranxa.
Calamondina, calamansí, ou laranxeiro anano (híbrido de tanxerina e kumquat)
(Citrofortunella microcarpa). É nativa das Filipinas e da China. Pode medir entre 3 e 6
metros de altura. Ten as follas cos peciolos alados e produce froitos esféricos de cor
laranxa, de 2 a 3 cm de diámetro, comestibles pero agres, coa tona moi fina e a polpa
laranxa. Úsanse, as veces, como sustitutos do limón e a lima.
Citranges. Híbridos de laranxeiro doce e laranxeiro
trifoliado (Citrus x sinensis x Poncirus trifoliata).
Utilizados como patrón de distintas especies de
cítricos, principalmente mandarineiro e laranxeiro,
por seren tolerantes ao virus da tristura dos
cítricos, que mata as árbores afectadas. Creáronse
numerosas variedades, pero as máis utilizads son:
Citrange Troyer, o más utilizado pola súa alta
productividade e resistencia; Citrange Carrizo;
Citrange C35 e Citrange C32.
Citrange Troyer
Citrange Carrizo
e así consigueu xuntar
o que ata aquí vindes de mirar.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que
fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

What's hot

áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraceipcoiron
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOLela Daviña Gómez
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vpilarfzx
 
Planta De Temporada Mario
Planta De Temporada MarioPlanta De Temporada Mario
Planta De Temporada MarioMarioMR
 
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)monadela
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoPilar
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferasMonContos
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1PaulaReySilva
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinaisequipobiblio
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoCarmen Cid Manzano
 
Árbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San ToméÁrbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San ToméMonContos
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisMonContos
 
árbores de Cambados
árbores de Cambadosárbores de Cambados
árbores de Cambadosmonadela
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambadosiesasorey
 
Plantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinaisPlantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinaisfromgaliza
 
A vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagradaA vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagradatestaferreiro
 

What's hot (19)

áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
 
Os baobabs
Os baobabsOs baobabs
Os baobabs
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
 
Planta De Temporada Mario
Planta De Temporada MarioPlanta De Temporada Mario
Planta De Temporada Mario
 
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río Miño
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
 
Árbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San ToméÁrbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San Tomé
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetais
 
árbores de Cambados
árbores de Cambadosárbores de Cambados
árbores de Cambados
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambados
 
Plantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinaisPlantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinais
 
A vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagradaA vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagrada
 
Palmeiras
PalmeirasPalmeiras
Palmeiras
 

Similar to Cítricos

Mandarineiro
MandarineiroMandarineiro
Mandarineiromonadela
 
Limoeiro (Citrus limon)
Limoeiro (Citrus limon)Limoeiro (Citrus limon)
Limoeiro (Citrus limon)monadela
 
Laranxeiro (Citrus sinensis)
Laranxeiro (Citrus sinensis)Laranxeiro (Citrus sinensis)
Laranxeiro (Citrus sinensis)monadela
 
Xenebreiro
XenebreiroXenebreiro
Xenebreiromonadela
 
Abruñeiro (Prunus spinosa)
Abruñeiro (Prunus spinosa)Abruñeiro (Prunus spinosa)
Abruñeiro (Prunus spinosa)monadela
 
Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)monadela
 
A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey iesasorey
 
Sanguiño (Rhamnus frangula)
Sanguiño (Rhamnus frangula)Sanguiño (Rhamnus frangula)
Sanguiño (Rhamnus frangula)monadela
 
Plantas de Temporada
Plantas de TemporadaPlantas de Temporada
Plantas de Temporadakardantxilo
 
Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)monadela
 
Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)monadela
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbarmonadela
 

Similar to Cítricos (20)

Mandarineiro
MandarineiroMandarineiro
Mandarineiro
 
Limoeiro (Citrus limon)
Limoeiro (Citrus limon)Limoeiro (Citrus limon)
Limoeiro (Citrus limon)
 
Laranxeiro (Citrus sinensis)
Laranxeiro (Citrus sinensis)Laranxeiro (Citrus sinensis)
Laranxeiro (Citrus sinensis)
 
Xenebreiro
XenebreiroXenebreiro
Xenebreiro
 
Abruñeiro (Prunus spinosa)
Abruñeiro (Prunus spinosa)Abruñeiro (Prunus spinosa)
Abruñeiro (Prunus spinosa)
 
Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)Escornacabras (Pistacia terebinthus)
Escornacabras (Pistacia terebinthus)
 
A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey A natureza no IES Francisco Asorey
A natureza no IES Francisco Asorey
 
Pitosporo
PitosporoPitosporo
Pitosporo
 
O trevo
O trevoO trevo
O trevo
 
Sanguiño (Rhamnus frangula)
Sanguiño (Rhamnus frangula)Sanguiño (Rhamnus frangula)
Sanguiño (Rhamnus frangula)
 
O limoeiro
O limoeiroO limoeiro
O limoeiro
 
Melaleuca
MelaleucaMelaleuca
Melaleuca
 
Plantas de Temporada
Plantas de TemporadaPlantas de Temporada
Plantas de Temporada
 
Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)
 
Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)
 
Mirto
MirtoMirto
Mirto
 
A hortensia
A hortensiaA hortensia
A hortensia
 
O camelio
O camelioO camelio
O camelio
 
Chía
ChíaChía
Chía
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbar
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Cítricos

  • 1. AS LIDEIRAS DE ROQUEMonDaporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA cítricos
  • 2. os cítricos: laranxas, limóns… os seus precursores e outros parentes e achegados
  • 3. Con estas formas e estas cores, bateu Roque unha mañán
  • 4. e quixo saber por qué,
  • 5. e empezou a buscar.
  • 6. Os cítricos son un xénero de plantas, da familia das Rutáceas, orixinarias do surleste de Asia, as illas da zona e Australia. A maioría das especies que se coñecen actualmente son híbridos, naturais ou criados, de tres especies ancestrais: C. máxima (pamplemusa ou pomelo), C. medica (cidra ou toronxa), e C. reticulata (mandarina) aínda que nalgúns casos interveñen outras como C. micrantha; pero tamén se coñecen algunhas especies no seu estado primitivo e especies silvestres.
  • 7. Son árbores pequenas ou medianas, de entre 5 e 15 m de altura, con brotes espiñentos. Moitas especies son cultivadas polos seus froitos, ricos en ácido cítrico e vitamina C, que se consumen frescos, enteiros como froita ou só o zume, ou conservados en forma de marmeladas e encurtidos; e polas esencias que conteñen a tona dos froitos e as flores.
  • 8. Teñen as follas sempre verdes, alternas coa beira enteira ou en parte dentada, e o peciolo, de lonxitude variable, en moitas ocasións alado.
  • 9. As flores, de ata 4 cm de diámetro, habitualmente moi perfumadas, saen nas axilas das follas e son solitarias ou aparecen en pequenos corimbos de 2 a 7, teñen cinco (raramente catro, ou tres) pétalos brancos , carnosos, e numerosos estames.
  • 10. O froito é un hesperidio, unha baga especial, de forma esférica, globosa ou ovoide, coa tona grosa, coirenta e o interior dividido en porcións (chavos) que conteñen numerosas vexigas cheas de zume e as sementes
  • 11. Sen querer ser exhaustivo nin en exceso purista, deixando clasificacións de lado, organizou unha lista.
  • 13. Citrus maxima (pamplemusa, cimboa ou pomelo). Árbore orixinaria do surleste de Asia, de 5 a 15 m de altura, co toro torto e numerosas ponlas. É unha das principais formadoras de híbridos con valor comercial.
  • 14. As follas son simples, alternadas, de oblongas a ovaladas, de ata 20 cm de longo, coirentas de cor verde oscura pola cara e máis crara e con peliños polo revés. As flores brancas, solitarias ou en grupos de ata 10, poden ter 4 ou 5 pétalos, os estames brancos e as anteras de cor laranxa. O froito é globoso coa tona grosa e esponxosa de cor amarela ou verdosa.
  • 15. Citrus medica (cidro, cidra, limón francés ou toronxa). Probablemente foi o primeiro cítrico conocido en Europa porque xa está documentado desde a época do Imperio romano. É unha árbore de 2,5 a 5 m de altura, co toro retorcido e numerosas ponlas ríxidas e con espiñas nas insercións das follas.
  • 16. As follas son simples, alternas, de elípticas a lanceoladas, de ata 18 cm de longo, coirentas, de cor verde oscura e aoma de limón. As flores son completas, grandes, con 4 ou 5 pétalos, brancas ou lixeiramente purpúreas e aparecen en pequenos grupos.. O froito, oblongo ou globoso, ten unha tona grosa, frecuentemente rugosa, carnosa, de cor amarela ou verdosa e a polpa con pouco zume. Cultívase sobre todo polo contido en aceites e os aromas da tona que ten moito aprecio en preparaciones de repostería.
  • 17. Citrus reticulata (mandarina). Árbore de 2-6 m de altura co toro curto e moi ramificado, case sen espiñas. Na actualidade coñécense unhas 40 variedades e numerosos híbridos.
  • 18. Follas de oblongas a ovais, elípticas ou lanceoladas, de 3,5 a 8 cm de longo, de cor verde oscura brillante pola cara e verde amarelenta polo revés. As flores de cor branca, teñen 5 pétalos e numerosos estames, e aparecen soas ou en grupiños de ata catro. Os froitos globosos, máis ou menos deprimidos, miden de 4 a 7 cm de altura e de 5 a 8 cm de diámetro, son da típica cor laranxa. Teñen a tona fina e brillante e polpa abundante de sabor doce.
  • 19. Citrus micrantha. Nativo do sur de Filipinas, recoñécense dúas variedades: (C. micrantha var micrantha) papeda de flor pequena, coñecida localmente como biasong, e papeda de froito pequeno (C. micrantha var microcarpa) ou samuyao. E unha árbore de 7 a 9 m de altura con follas de 9 a 12 cm de longo, de ovais a elípticas, co peciolo longo, alado, con ás de ata 4 cm de largo. As flores son brancas coa beira púrpura, teñen catro pétalos e 12 a 13 mm de diámetro. Os froitos son de ovoides a oblongos, de 5 a 7 cm de longo, coa tona amarela e a polpa zumenta, crara e ácida.
  • 20. Citrus trifoliata ou Poncirus trifoliata (laranxeiro espiñento ou laranxeiro trifoliado). É orixinario do norte da China. Árbore de folla caediza, de entre 4 e 8 m de altura, coas ponlas cubertas de numerosas espiñas longas, de ata 5 cm, e duras.
  • 21. As follas, coirentas e de cor verde escura, están formadas por tres foliolos ovais, ás veces cinco, o terminal máis longo, duns 5 cm. As flores, que saen no verán, son brancas con cinco pétalos longos e estreitos e máis grandes que a media das dos cítricos. O froito é globoso, de ata 5 cm de diámetro, coa tona grosa e áspera ao tacto, e a pulpa escasa e agre.
  • 22. Citrus crenatifolia. Endémica de Sri Lanka. Produce froitos pequenos, globosos, achatados, de cor laranxa intenso, coa tona fina, a polpa, bastante seca e ácida, pódese comer cando está ben madura.
  • 23. Citrus mangshanensis. Originaria dos bosques de montaña en Mangshan, China , donde se descubreu na década de 1980. Morfolóxicamente é semellante a mandarina.
  • 24. Clymenia. Xénero con dúas especies: Clymenia platypoda e Clymenia polyandra. Orixinarias de Papúa Nova Guiné e algunhas illas próximas, son dos cítricos máis tropicais. Son árbores pequenas, sen espiñas e follas co peciolo estreito. Producen froitos do tamaño de mandarinas coa tona coirenta e a polpa agredoce. Cultívano localmente os pobos da zona. C. polyandra C. platypoda
  • 25. Citrus australasica (lima dedo). É nativa das selvas subtropicais das terras baixas da costa entre Queensland e Nova Gales do Sur (Australia). Mide de 2 a 6 metros de altura.
  • 26. As follas son pequenas, de 1 a 5 cm de longo, coa punta cortada. As flores son blancas con 3 ou 4 pétalos de 6 a 9 mm. O froito é cilíndrico, de 4 a 8 cm de longo, as veces algo curvado e de diferentes cores, coas vexigas de zume case esféricas polo que tamén se lle chama lima caviar.
  • 27. Citrus australis (lima redonda de Australia). Medra de forma natural nas terras baixas das selvas subtropicais do surleste de Queensland. Árbore de ata 15 m de altura. O froito é esférico ou algo alongado, de 3 a 5 cm de diámetro, coa tona verde ou amarela, grosa, e a polpa verdosa; inclúese en salsas, marmeladas e utilízase como sustitutivo do limón.
  • 28. Citrus garrawayi ou Microcitrus garrawayi (limón de Monte Blanco). É unha árbore rara, nativa da área de Cape York, ao norte de Queensland, en Australia, onde forma parte da vexetación do sotobosque tropical. Pode medir ata 15 m de altura. Ten as follas lanceoladas. Os froitos son comestibles de forma oval, alongada, coa tona de cor verde amarelenta e a polpa verde.
  • 29. Citrus inodora ou Microcitrus inodora (lima do río Russell). É unha árbore escasa, nativa da Range Bellenden-Ker, unha cordilleira costeira do norte de Queensland, Australia, onde medra nas terras baixas da selva tropical. Mide ata 4 m de altura. O froito ten forma de ovo de cor verde amarelenta. As follas e as flores non teñen olor a característica aceites aromáticos del género.
  • 30. Citrus warburgiana ou Microcitrus warburgiana (lima de Nova Guiné). Árbore pouco común nativa de Papúa Nova Guiné. Ten as follas elípticas alongadas coa beira dentada, e os froitos esféricos de ata 3 cm de diámetro.
  • 31. Microcitrus papuana (Lima dedo do río Brown) Arboriña compacta, de menos de 2 m de altura, nativa da zona de transición entre a sabana e a selva tropical da rexión do Río Brown en Papúa Nova Guiné. Ten as follas estreitas, de 2 a 3 cm de longo, e os froitos cilíndricos, un algo curvados, de 5 a 8 cm de longo, moi aromáticos e de cor verde amarela cando maduran
  • 32. Citrus gracilis (lima Kakadu). Arboriña de talla escasa endémica dos bosques de eucaliptos das sabanas do norte de Australia. Ten a tona cortizosa, as follas pequenas e delgadas, e o froito, globoso e con bultos, pode medir ata 10 cm de diámetro.
  • 33. Citrus glauca ou Eremocitrus glauca (lima do deserto). É endémico das rexións áridas e semiáridas do leste e o sur de Australia. Unha das especies de Citrus máis resistente á calor, a seca e ao frío. As follas son oblongas de 5 cm de longo. As flores, brancas ou verdes. O froito, que pode medir ata 2 cm de diámetro, ten sabor a lima e emprégase para fabricar marmelada, bebidas… ; é unha froita moi apreciada na gastronomía aborixe.
  • 34. Fortunella (laranxeiro chinés, cumcuat ou kumquat). Creese que é orixinario do surleste da China, aínda que non se coñece en estado silvestre. Os cumcuats son pequenas árbores perennifolias, que poden acadar os 5 m de altura, densamente ramificadas. As follas son lanceoladas, alternas, finamente dentadas cerca da punta, de cor verde oscura, coirentas, de entre 3 e 9 cm de longo. As flores son axilares, solitarias o en grupos de ata 4 ou 5, pentámeras, fragantes, de cor branca, hermafroditas. O froito é un hesperidio oblongo, ovoide ou esférico, de ata 5 cm de longo, coa pel, fina e aromática, amarela ou de cor laranxa, comestible, e a polpa de cor laranxa algo ácida.
  • 35. Fortunella japonica ou Citrus japonica (kumquat marumi ou cumcuat de froito redondo). Ten un froito pequeño, redondo, ás veces ovalado, de cor amarela dourada. Comestible coa tona doce e a polpa agre. Cultívase como froiteira e como ornamental. Resiste o frío.
  • 36. Fortunella margarita ou Citrus margarita (kumquat Nagami ou kumquat ovalado, laranxeiro anano e laranxeira xaponesa) Árbore moi pequena, de 2-3 m de altura, case sen espiñas. Cultívase como froiteira e como ornamental. O froito, de cor laranxa brillante, ten a tona doce e a polpa agre, cómese enteiro.
  • 37. Fortunella hindsii (kumquat Hong Kong). Árbore moi opequena, espiñenta. Os froitos redondos, de cor vermella alaranxada, de menos de 2 cm de diámetro, son os máis pequenos dos cítricos.
  • 38. Fortunella polyandra (kumquat malaio). Nativo da península de Malasia. Árbore de 3 a 5 m de altura coas ponlas de sección angular, cando novas, e redonda logo, a veces con espiñas axilares. Ten o froito globoso, de 2 a 3 cm coa pel suave, aromática, de cor laranxa brillante ou amarela dourada.
  • 39. Citrus indica (laranxa silvestre da India). É orixinaria da India onde aínda se conservan exemplares en estado silvestre nas colinas de Garo, en Meghalaya. Está considerada en perigo de extinción por destrucción do seu hábitat.
  • 40. Citrus halimii (cidra de montaña). Especie rara descuberta en 1973 no surleste de Asia (Tailandia, Malasia e puntos de Indonesia.). É unha árbore de folla perenne de entre 6 e 9 m de altura, menos espiñenta que outros cítricos, coas follas relativamente grandes de peciolo longo e alado. Os froitos son globosos de 5 a 7 cm de diámetro coa tona grosa de cor amarela laranxa e polpa verde marela. Son comestibles pero agres.
  • 41. Citrus macroptera (papeda melanesia, cabuyao ou satkara). É unha pequena árbore nativa de Malasia e Melanesia. Pode medir ata 5 m de altura. Ten as follas ovaladas con peciolo longo e alado e espiñas nas axilas. O froito, que mide de 6 a 7 cm de diámetro, ten a tona lisa, bastante grosa e de cor verde amarela ao madurar coa polpa verde amarela con pouco zume agre e un tanto amargo. Recoñécense catro variedades que algúns autores consideran tres especies diferentes: C. macroptera var macroptera ou C.macroptera, C. macroptera var annamensis ou C. combara, C. macroptera var combara ou C. combara e C. macroptera var kerrii ou C. kerrii.
  • 42. Citrus latipes (papeda Khasi). Atópase dende o surleste de Asia ata o norleste da India. É unha árbore pequena, espiñenta, de froito comestible pero raramente utilizado máis que con fins mediciñais no norleste da India.
  • 43. Os híbridos e os cultivares
  • 44. Citrus × aurantifolia (limeiro, lima de Omán, lima da India). É unha especie híbrida de C. medica, oriunda do surleste de Asia e introducida en Europa en tempos das Cruzadas. Árbol duns 5 m de altura co toro curto e ramificado desde abaixo con espiñas curtas e duras que xorden das insercións das follas.
  • 45. As follas son ovadas, de 2,5 a 9 cm, de cor verde pálida. As flores, duns 2,5 cm, son de cor branca amarela, poden aparecer soas ou en grupos de ata 7. O froito, a lima, ten forma globosa, de 2,5 a 3 cm de diámetro e cor verde amarela ao madurar, .
  • 46. Amanatsu ou Natsumikan (Citrus × natsudaidai) de (C. maxima × desconocido). Orixinario do Xapón. Ten os froitos de forma esférica, cor laranxa amarela e textura áspera, de ata 15 cm de diámetro. Consúmese fresco e tamén se usa na elaboración de marmeladas e bebidas fermentadas.
  • 47. Cam Sanh ou laranxa real (C. reticulata × C × sinensis) é orixinario do Vietnam. Os froitos son como mandarinas de tona grosa, verde nos países cálidos e amarela laranxa nos fríos, coa carne de cor laranxa escura e doce.
  • 48. pomelo (Citrus × paradisi) de (C. maxima × C × sinensis) é orixinario do Caribe. Unha árbore de folla perenne, de 5 a 6 m de altura, coa copa redondeada e ponlas novas con espiñas curtas . as follas ovaladas, de 7 a 15 cm de longo cos peciolos curtos e alados. Flores brancas ou púrpura, hermafroditas, fragantes, de catro pétalos, solitarias ou en pequenos grupos. Froito globoso, de ata 15 cm de diámetro, coa tona grosa de cor amarela rosada, e a polpa amarga de cor que vai do amarelo craro ao vermello escuro. Consúmese fresco pero tamén se fan confituras.
  • 49. limón Imperial. Híbrido de limón e pomelo (C. limon × × C × paradisi). O froito ten características semellantes ás do limón pero é un algo máis grande e ten a forma máis redondeada.
  • 50. Kinnow (C. nobilis × × C × deliciosa). É unha mandarina de alto rendemento cultivada no Punjab. En clima cálido a árbore pode superar os 10 m de alto e producir máis de 1.000 froitos, de alto contido de zume, cada ano. Consúmese en fresco e en bebidas
  • 51. Tangelos (Citrus × tangelo). Híbridos de tangerina (mandarina) e pomelo (C. reticulata × C × paradisi). Producen froitos grandes e zumentos, con sabor a mandarina e fáciles de pelar. Distínguense das laranxas polo estreitamento da zona próxima ao rabo. Tangelo Orlando. É un cruce entre pomelo Duncan e mandarina Dancy creado en 1911. As árbores desta variedade son grandes e fácilmente reconocibles polas follas abarquilladas. É unha das variedades máis resistentes ao frío. Produce froitos grandes e algo achatados, de madurez temperán, con zume doce e suave.
  • 52. Tangelo mineola híbrido entre pomelo Duncan e mandarina Dancy, obtívose en 1931 na Estación Experimental do Departamento de Agricultura Estados Unidos, en Orlando. Os froitos poden medir entre 22 e 25 cm de diámetro e teñen sabor parecido ao da mandarina, a cor da tona, que se arranca facilmente, e semellante ao da laranxa. Tangelo honeybell. É un híbrido entre mandarina Thompson e pomelo. Produce froitos doces, de 7 a 9 cm de diámetro, coa tona alaranxada, brillante, bastante grosa pero fácil de pelar e con polpa zumenta.
  • 53. orangelo ou chironja (C × paradisi × C × sinensis) É un híbrido de laranxa (orange) e pomelo orixinario de Puerto Rico. Onde se formou espontáneamente entre as árbores usadas para facer sombra nas plantacións de café. Son máis grandes e máis doces que os pomelos e de cor amarela brillante e máis doados de pelar.
  • 54. ourobranco, oro blanco ou cariño - (C. maxima × C × paradisi). Híbrido de pomelos con froitos sen semente de sabor doce menos agre e menos amargo que o pomelo. Foi patentado pola Universidade de California en 1981. O froito é esférico, achatado na base, coa tona grosa de cor amarela verdosa
  • 55. laranxeiro Citrus × sinensis (probablemente C. maxima × C. reticulata). Árbore de folla perenne, de ata 13 m de altura, de copa grande, redonda, con follas ovais de 7 a 10 cm, flores brancas, moi perfumadas; Froitos de ovais a esféricos de cor laranxa e sabor doce. Coñécense numerosas variedades obtidas por diferentes combinacións de laranxeiros entre si agrupadas en : Navel, Brancas, Vermellas e Sucreñas
  • 56. Grupo Navel. De froito grande e sen sementes, cun característico embigo (navel en inglés, de ahí o nome do grupo), doce para o consumo en fresco pero de pouco zume. Bahianinha (Baianina piracicaba) orixinada probablemente por mutación espontánea de navel Bahía, unha variedade brasileira; Fishe; Gillemberg descuberta por Gillemberg en 1985; Navel Lane Late. Detectada en 1950 por mutación espontánea de navel Washington na propiedade de L. Lane, en Australia; Leng; Navel Late; Navelina; Newhall; Huando; Palmer; Skaggs Bonanza; Thomson; Bahía ou Washington e Powell
  • 57. Grupo Blancas. De froito mediano, sen embigo, doces e moi e zumentas. Ambersweet, Belladonna, Verna, Cadenera, Castellana, Delta Seedless, Hamlin, Marrs, Midknight, Natal, Ovale, Parson Brown, Pera, Pineapple, Salustiana, Shamouti, Trovita, Valencia, Westin, Barberina, Valencia cutter
  • 58. Grupo Vermellas ou Sanguinas. Os froitos teñen a carne de vermella e máis ácida que a laranxa común; a tona algo máis dura e de cor algo máis escura. Tarocco (creada en Italia), ten a tona de cor laranxa con toques vermellos e a carne medio vermella moi doce e sen sementes; Sanguinello (creada en España en 1929), ten a tona laranxa avermellada e a carne veteada de vermello con sabor doce pero máis agre que as outras variedades; Moro (creada en Italia a comezos do século XIX), ten a tona avermellada brillante e a carne de cor vermella escura con sabor forte e olor intenso. Doble fina, Maltaise sanguine, Sanguinelli, Tomango, Washington sanguina.
  • 59. Grupo Sucreñas. Son variedades con moi pouca acidez e moi doces. Úsanse para facer zumes pero hai que hai que mesturalas con outras para rebaixarlle a dozura. Cultívanse pouco polo seu escaso rendemento. Succari, Sucreña, Lima, Mosambi, Vaniglia.
  • 60. tangor (Citrus × nobilis) híbridos de mandarina, e laranxa (Citrus reticulata × C. sinensis) con numerosas variedades que dependen da combinación dos proxenitores: Ellendale, de froitos grandes coa tona algo rugosa e fácil de pelar; Ortanique, orixinaria de Xamaica, con froitos de tamaño medio a grande, algo chatos e coa tona rugosa e apegada a polpa o que a fai mala de pelar. O nome está formado polas palabras orange, tangerine, e unique; King; Murcott ("Honey Murcott"; "Murcott Honey orange"; "Red"; "Big Red"); Temple ("Magnet" de Japón); Umatilla. Tangores de Satsuma: Iyokan (Miyagawa x unha laranxa doce descoñecida), Miyauchi Iyo (unha mutación da Iyokan), Othani Iyo (unha mutación da Miyauchi), Kiyomi (Miyagawa x laranxa navel Trovita), Seto (Sugiyama Unshiu x laranxa navel Trovita)
  • 62. Kiyomi (C. sinensis × × C × unshiu) foi o primeiro tangor, híbrido de tangerina (mandarina) e orange (laranxa), creado no Xapón en 1949. É doce, non ten sementes. Ten sabor a mandarina e aroma de laranxa.
  • 63. iyokan ou anadomikan (Citrus × iyo). Semellante a unha mandarina. O froito ten a tona grosa de cor amarelo laranxa brillante coa carne moi aromática, lixeiramente ácida, pero máis doce ca do pomelo.
  • 64. ugli (C. reticulata × C. maxima ou C. × paradisi). É un híbrido xamaicano de mandarina e pomelo. O froito sabe como a mandarina, ten moito zume e unha tona aromática e fácil de pelar. Ugly "feo", fai referencia ao aspecto pouco chamativo do froito de cor amarela verdosa con manchas e a tona áspera e arrugada.
  • 65. Cidra florentina ou Limón cidra de Florencia (Citrus limonimedica). Ten as flores de cor púrpura. Os froitos son de tamaño medio coa tona grosa de cor amarela e enrugada, comestible, de sabor moi doce, coa que se fan ensaladas e confituras.
  • 67. Cidra corsa. É unha árbore pequena con algunhas espiñas grandes. Produce froitos ovais, amarelos, grandes, coa tona rugosa, grosa e carnosa, e a polpa tirando a seca e pouco ácida. con origen desconocido. É a máis cultivada na illa de Córcega.
  • 68. Bizzaria de Florencia (Citrus medica + citrus aurantium). É unha quimeira saída nun enxerto de cidra florentina e laranxa amarga. O froito presenta, á vez, características tanto de limón como de laranxa. Foi descuberto en 1640 nun xardín de nobles florentinos e logo deuse por perdido ata que en 1970 volveu a ser atopado. Os froitos sonde forma oval a redonda coa tona de cor amarela e laranxa, e coa polpa moi amarga.
  • 69. Man de Buda ou cidra de dedos (Citrus medica var. sarcodactylis). É unha variedade de cidra, orixinaria do norleste da India ou do suroeste da China, que ten os froitos formados por seccións semellantes a dedos. É unha pequena árbore coas ponlas longas e irregulares cubertas de espiñas. As follas, oblongas, miden de 10 a 15 centímetros. As flores, blancas, aromáticas, tinguidas de púrpura por fóra, medran en grupos. O froito, grande, total ou parcialmente segmentado, co que aparenta ter a forma de dedos, é moi aromático, ten a pel grosa e unha pouca polpa ácida sen zume. Os chineses e os xaponeses utilízano para perfumar espazos e a roupa. Tamén se usa en cociña.
  • 70. Limón (Citrus x limon). O limoeiro é un híbrido, probablemente de C. medica × C. maxima, orixinario do nordeste da India. É unha árbore de folla perenne, de ata 5 m de altura, coa copa aberta e espiñenta. Ten as follas ovaladas e rematadas en punta, de 5 a 10 cm de longo; as flores brancas, tinguidas por fóra de púrpura, medran en pequenos grupos e os froitos, de ovais a redondos, cun estreitamento característico nas puntas, son de cor amarela, coa tona máis u menos grosa, e a polpa crara de sabor ácido moi aromática que se utiliza como condimento e para a elaboración de bebidas refrescantes. Existen numerosas variedades e varios híbridos.
  • 71. limón ponderosa (Citrus limon × medica). É un híbrido de dúas variedades de limón que apareceu a finais do século XIX en Maryland. O froito ten a tona grosa e chea de bultos, é mais grande que un limón normal pero ten a mesma acidez e o mesmo sabor.
  • 72. limón pera ou lumia (Citrus x limon 'Lumia'). un híbrido de limóns, probablemente (C. medica x C. limon) ou pomelo e limón, que se atopa nos países mediterráneos. Produce froitos grandes, de ata 20 cm, con forma de pera, coa tona grosa e a polpa sucrada moi aromática que se pode consumir fresca ou caramelizada. Coñecense diferentes variedades.
  • 73. Rhobs al-Arsa. É unha cidra híbrida que se cultiva en Marrocos (cidra x híbrido de limón ou de limón marroquino e laranxa amarga). Produce froitos esféricos achatados, algo apuntados coa tona amarela laranxa, amarga e a polpa lixeiramente ácida.
  • 74. Cidra do Iemen. Árbore máis grande que outros da súa variedade que produce froitos grandes coa tona grosa, enrugada e sen polpa.
  • 75. Laranxeiro amargo (Citrus × aurantium). Híbrido de pomelo e mandarina (Citrus maxima e Citrus reticulata). Árbore de 7 a 8 m de altura, perennifolio e espiñento coas follas elípticas de peciolo alado. Flores brancas agrupadas en cimas, moi fragantes e froito globosos coa base aplanada de 7 a 8 cm de diámetro coa tona grosa e rugosa, de cor laranxa, e a polpa ácida e amarga. Plántase como ornamental, como portainxerto e para a producción de marmeladas e aceites esenciais. Coñécense moitas variedades: Citrus aurantium subsp. amara, orixinaria do surleste do Vietnam, do froito fanse marmeladas e licores, e obtense aceite esencial e das flores auga de azahar. Laranxeiro de Sevilla ou bigarade, orixinario do Mediterráneo, produce froitos moi apreciados para facer marmeladas. Bergamota, C. aurantium subsp. bergamia. Daidai, C. aurantium var. daidai,
  • 76. bergamota ou pera do Bey Citrus × aurantium ssp bergamia o Citrus × bergamia). Cultívase na área costeira de Regio Calabria, sur de Italia. Produce froitos pequenos con forma de pera coa tona de cor amarela limón aromática pero de sabor agre. Utilízase a pel para a obtención de aceite esencial que se usa en perfumería e para aromatizar tés.
  • 77. Daidai (Citrus × aurantium var daidai ou Citrus × daidai). Orixinario dos Himalaias. O froito, moi amargo, non se come e pode permanecer varios anos na árbore, se non se recolle vólvese de cor verde na primavera. Úsase na medicina tradicional china e na celebración do Ano novo xaponés.
  • 78. Laranxeiro moruno en España e chinotto en Italia (Citrus × aurantium var myrtifolia ou Citrus × myrtifolia). Procede da China. Pequena árbore de ata 4 m de altura coas follas pequenas, que recordan as do mirto. Produce froitos pequenos, amarelos ou alaranxados.
  • 79. clementina (Citrus × clementina). Híbrido de mandarina e laranxa agre. Produce froitos esféricos achatados, pequenos, coa tona lisa e brillante, de cor laranxa intensa, que se arranca fácilmente; a carne é laranxa de sabor agredoce e sen sementes. Existen moitas variedades. Algunhas das máis comúns son: Clementina Fina, produce froitos de calidade de entre 50 e 70 gramos. Oroval, produce froitos redondeados, de entre 70 e 90 gramos, doados de pelar. Clemenules, produce froitos algo achatados, de 80 a 100 gramos, doados de pelar e case sen sementes. Outras variedades moi similares e sen sementes son a Clemenpons, Oronules, Esbal, Hernandina, Marisol, Arrufatina etc.
  • 80. Hernandina (Citrus reticulata cv. Hermandina). Unha variedade de clementina descuberta en Valencia en 1966. Produce froitos de 55 a 75 gr, esféricos, achatados de pel fina e facil de pelar, coa polpa doce e sen sementes.
  • 81. mandarina Cleopatra (Citrus reshni). Árbore de copa redonda, sen espiñas, orixinaria da India. Produce froitos pequenos, achatados, deprimidos na punta, de cor alaranxada, coa tona fina, algo áspera; e a polpa suave pero demasiado amargos para ser comestibles aínda que se usan na producción de zumes. Utilízase comunmente como patrón no cultivo de laranxas, pomelos, mandarinas e limóns; pola súa resistencia as condicións adversas dos terreos e a algunhas das enfermidades máis graves, e pola súa alta productividade, con froitos de boa calidade aínda que algo máis pequenos que con outros patróns.
  • 82. mandarina mediterránea ou mandarina de folla estreita (Citrus × deliciosa). Híbrido de mandarina e pomelo. Produce froitos pequenos, doces e coa tona solta. Foi unha das máis cultivadas.
  • 83. mandarina satsuma, mikan (Citrus unshiu). Híbrido de mandarina e tangor (C. reticulata × C. nobilis) orixinario da China, produce froitos esféricos, bastante achatados, de 5 a 7,5 cm de diámetro, coa tona de cor laranxa, delgada e solta, que se arranca facilmente, e a polpa doce e sen sementes.
  • 84. Clemenvilla ou mandarina nova. É un híbrido entre Clementina Fina e o tangelo Orlando, procedente de Florida. Produce froitos esféricos algo achatados, medianos, moi zumentos e de bo sabor, sen sementes. A tona, de cor laranxa intenso, fina, brillante e moi apegada á polpa, non se pela doadamente.
  • 85. Ponkan ou laranxa china de mel (Citrus poonensis). É un híbrido de mandarina × pomelo. Produce froitos esféricos achatados, de 7 a 8 cm de diámetro, coas características da mandarina. Cultívase moito no Xapón. Ten grandes produccións en anos alternos.
  • 86. Siranui ou Dekopon (Shiranuhi ou Citrus reticulata Shiranui coñecido como 'Dekopon' (ChungGyun × Ponkan). É un híbrido entre as mandarinas kiyomi e ponkan desenvolvido no Xapón en 1972. Produce froitos grandes, cun característico abultamento na parte de arriba, doces e sen sementes.
  • 87. Laraha (Citrus aurantium currassuviencis). Mutación natural de laranxa orixinada na illa de Curaçao. Produce froitos de cor verde coa polpa seca e amarga. Non se come pero a tona aromática, seca, utilízase na elaboración do licor Curaçao, típico da illa.
  • 88. limón Meyer (Citrus × meyeri). Híbrido de limón e mandarina orixinario da China. É unha árbore pequena, 2 a 3 m de altura, que produce flor e froitos case todo o ano. Os froitos, un algo máis redondos que os limóns verdadeiros, teñen a tona de cor amarela, aromática, e a polpa menos ácida e máis doce que a do limón común, cómense crus ou utilízanse para facer zumes.
  • 89. Rangpur, lima mandarina ou mandarina limón (Citrus × limonia). É un híbrido de mandarina (Citrus reticulata) e limón (Citrus × limon). Probablemente orixinario da India. Produce froitos entre esféricos e globosos, de 3 a 4 cm de diámetro, coa tona fina de cor alaranxada o mesmo que a polpa que é de sabor ácido refrescante. Cultívase moito como planta de maceta.
  • 90. limón yuzu (Citrus × junos). É un híbrido de Ichang papeda Citrus cavaleriei e mandarina Sour Citrus sunki. (C. reticulata × C × ichangensis). Orixinario da China. Produce froitos de 5 a 7 cm de diámetro, aromáticos e ácidos. Cultívase moito no Xapón onde se utilizan, o zume e as reladuras da tona, na cociña. Coñécense diferentes variedades: Wangcang, Xiecheng, Yuzu, Zhenchen
  • 91. Macrofila ou alemow (Citrus × macrophylla). É, probablemente, un híbrido de limón e Biasong (C. micrantha). Unha pequena árbore tropical espiñenta. Produce froitos grandes non comestibles aínda que son usados como mediciñais.
  • 92. limón djeruk (Citrus × amblycarpa). Orixinario de Xava.produce froitos pequenos, amarelos e moi ácidos.
  • 93. Gajanimma ou moi (Citrus × pennivesiculata). Orixinaria do surleste de Asia é unha árbore perennifolia e espiñenta, con follas de peciolo alado e flores púrpura, sen perfume, que produce froitos grandes, de máis de 10 cm de longo, esféricos, achatados, coa tona de cor amarela, lisa ou con abultamentos, rica en aceites, e a polpa amarela verdosa moi aromática suave e amarga. O froito úsase como condimento acidificante.
  • 94. Hyūganatsu (Citrus tamurana). cultivado no Xapón como “nova laranxa do verán” apareceu en Miyazaki na década de 1820. Hai quen o considera unha mutación de yuzu ou un híbrido de pomelo e yuzu. Produce froitos de tamaño mediano de forma redonda ou lixeiramente oblonga de cor amarela crara coa carne doce pero cun regusto amargo. Cómese cortado en rebandas e azucrado.
  • 95. limón ichang (Citrus × ichangensis). Nativo da China. É unha árbore pequena, de 3 a 4 m de altura, que produce un froito semellante a unha mandarina oval ou esférico aplanado, coa tona de cor amarela ou laranxa aromática, con moi pouca polpa agre e amarga. Cultívase como ornamental.
  • 96. Kabosu (Citrus sphaerocarpa). De orixe china. Produce froitos que se colleitan verdes, aínda que logo se volven amarelos, para aproveitar o zume que se usa como sustituto do vinagre e moitos platos xaponeses.
  • 97. Combava, lima kafir ou limón makrut - Citrus × hystrix. Árbore de 2 a 10 m de altura procedente do surleste de Asia. Produce froitos verdes, duns 4 cm de diámetro, de tona rugosa e moi ácidos. O que se aproveita dela son as follas, de peciolo longo alado que da sensación deser bilobulada, e a pel dos froitos, polo seu aroma
  • 98. limón doce, lima doce ou Mosambi (Citrus × limetta). Orixinaria do sur e o surleste de Asia. É unha árbore espiñenta de ata 8 m de altura coas follas ovais, produce froitos esféricos bastante achatados coas puntas estreitas, a tona amarela clara, grosa, e a polpa verdosa cun zume máis doce que agre.
  • 99. Lima doce palestina, limón doce da India ou lima doce (Citrus × limettioides). Árbore sen espiñas que produce froitos de cor amarela pálida a laranxa, ovais case esféricos pero coa punta desenvolvida, pouco ácidos, de zume refrescante, que se comen ou se usan para producir zumes.
  • 101. lima persa, lima de Tahití, limón crioulo ou limón sen sementes (Citrus latifolia). Un híbrido de limóns ou de lima e limón. Desenvolveuse a finais do século XIX nun viveiro de California. Produce froitos ovais a redondos, duns 6 cm de diámetro, e cos extremos lixeiranmente puntiagudos. Normalmente véndese coa tona verde, pero cando madura vólvese de cor amarela. É menos aromático que a lima, pero é máis grande, non ten sementes, é menos ácido, menos amargo, e dura máis. A maiores as árbores non teñen espiñas.
  • 102. Pompía (Citrus monstruosa) es un cítrico endémico da Sardeña, Italia, híbrido de limóns ou híbrido de cidra e pomelo. Produce froitos grandes, de ata 700 gr, globosos achatados coa tona rugosa, grosa de cor amarela a laranxa e a polpa agredoce con regusto amargo. Utilízase en marmeladas, confituras e para a preparación de licores.
  • 103. Limón rugoso (Citrus jambhiri). Híbrido de mandarina e limón orixinario do nordeste da India. Árbore de máis de 6 m de altura, de folla perenne e espiñento, resistente ao frío. Produce froitos de redondeados a ovais, achatados duns 7 cm de longo e o mesmo de diámetro, coa tona amarela, áspera e irregular. Coñécense algunhas variedades que se usan como portaenxertos.
  • 104. laranxa komikan de Sakurajima (Cultívase no Xapón. O froito é a mandarina satsuma máis pequena, pesa entre 20 e 50 gramos, ten forma esférica aplanada e a polpa dura pero doce.
  • 105. shikwasa , mandarina de Taiwán, limón plano, ou limón Hirami (Citrus × depressa, antes C. pectinifera). É nativa de Taiwan e de Okinawa, os froitos son pequenos, de cor verde, aínda que se poñen amarelos ses e deixan madurar, e de sabor agredoce. Úsase como sustituto do limón nas comidas e faise zume, de cor amarela, que se comercializa adozado.
  • 106. Ouro de Shonan. Híbrido de Citrus hort flaviculpus × Citrus unshiu. Cultivouse por primeira vez en 1988, no Xapón. Produce froitos do tamaño dunha mandarina, de cor amarela brillante e con poucas sementes.
  • 107. sudachi (Citrus sudachi). É exclusivo do Xapón forma parte do grupo dos Ichandarins, híbridos de C ichangensis e C. reticulata, produce froitos redondos, pequenos e de cor verde, que collen cor amarela dourada ao maduraren. Teñen sabor e aroma semellante aos dos limóns e as limas. Úsase, en rebandas, para acompañar platos tradicionais e para a obtención de zumes e bebidas fermentadas.
  • 108. Sunki (Citrus × sunki). É orixinario da China. Produce froitos pequenos, de 3,5 cm de diámetro, globosos, aplanados, coa pel solta e de cor amarela laranxa. Úsase como portaenxertos para a obtención de outras especies.
  • 109. Laranxa tachibana (Citrus Tachibana) coñecida desde antigo no Xapón tamén aparece en zonas de Taiwan polo que se cre que pode tratarse dunha especie silvestre de características semellantes as do mandarineiro. Árbore de ata 4 m de altura, densa, resistente ao frío, cos froitos globosos algo aplanados de 2 a 3 cm de diámetro de cor amarela coa pel comestible e a polpa amarga.
  • 110. limón volkamer Citrus × volkameriana. O froito maduro ten a tona moi grosa, de cor amarela laranxa a amarela ovo, con olor a cenoira, e a polpa crara de sabor a limón.
  • 111. Citrofortunellas. Son híbridos de kumquats. As plantas resultantes son máis resistentes e máis compactas que as plantas de citrus. Producen froitos pequenos e son moi usadas como ornamentais.
  • 112. Limonquat (híbrido de limón e kumquat). Semellante ao cumquat no porte e na folla. Produce froitos semellantes a pequenos limóns na forma, na cor e no olor, aínda que a pel é máis lisa e de sabor doce e a polpa amarga.
  • 113. limaquat (Citrofortunella floridana). Híbrido de lima e kumquat orixinario da China. Ten unha elevada produción de froitos ovais, de cor verde amarela, coa pel doce e a polpa de sabor semellante á da lima. Hay tres variedades: Lakeland, Tavares, e Eustis (a máis común).
  • 114. Orangequat ou mandarinquat (híbrido de mandarineiro e kumquat). Produce froitos máis grandes que os do cumquat, redondos e de cor laranxa.
  • 115. Calamondina, calamansí, ou laranxeiro anano (híbrido de tanxerina e kumquat) (Citrofortunella microcarpa). É nativa das Filipinas e da China. Pode medir entre 3 e 6 metros de altura. Ten as follas cos peciolos alados e produce froitos esféricos de cor laranxa, de 2 a 3 cm de diámetro, comestibles pero agres, coa tona moi fina e a polpa laranxa. Úsanse, as veces, como sustitutos do limón e a lima.
  • 116. Citranges. Híbridos de laranxeiro doce e laranxeiro trifoliado (Citrus x sinensis x Poncirus trifoliata). Utilizados como patrón de distintas especies de cítricos, principalmente mandarineiro e laranxeiro, por seren tolerantes ao virus da tristura dos cítricos, que mata as árbores afectadas. Creáronse numerosas variedades, pero as máis utilizads son: Citrange Troyer, o más utilizado pola súa alta productividade e resistencia; Citrange Carrizo; Citrange C35 e Citrange C32. Citrange Troyer Citrange Carrizo
  • 117. e así consigueu xuntar o que ata aquí vindes de mirar. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta