SlideShare a Scribd company logo
1 of 109
AS PLANTAS 
as árbores
Unha árbore é un ser 
vivo, vexetal, 
terrestre, formado 
por raíz, talo e follas, 
no que destaca o toro 
elevado, leñoso e 
ramificado. 
As árbores son os máis grandes e os 
máis lonxevos dos seres vivos.
AS IDADES DAS ÁRBORES 
Maceira: 30 anos 
Cerdeira: 60 anos 
Bidueiro: 100 anos 
Chopo: 200 anos 
Noceira e faia: 300 anos 
Falso plátano: 400 anos 
Abetos e piñeiros: máis de 1000 anos 
Carballo: ata 2.000 anos 
Teixo e castiñeiro: ata 3.000 anos 
Secuoia: máis de 3.000 anos 
Pinus aristata: máis de 4.900 anos 
O conxunto de árbores máis 
vellas que se coñecen son 
piñeiros de Tasmania, ou 
piñeiro de Huon 
(Lagarostrobus franklinni), con 
10.500 anos. 
A árbore individual 
máis vella que se 
coñece é unha pícea 
(Dalarna, en Suecia) 
de 9.550 años.
AS ALTURAS DAS ÁRBORES 
Árbore máis pequena: salgueiro 
ártico. 
Árbore máis alta: secuoia vermella 
Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.
Árbore máis grosa: 
alcipreste de Oaxaca 
(México)
FOLLA 
Estrutura laminar de formas e 
tamaños moi variados, 
encargada da respiración e da 
fotosíntese (nutrición) da planta. 
TALO (TORO) 
É a parte aérea, endurecida, 
xeralmente cónica, que 
serve de soporte a todas as 
demais. Realiza diferentes 
funcións: sostén, 
transporte, depósito e 
secreción de substancias. 
RAÍZ: 
Asegura a súa fixación ao 
solo e, polos pelos 
absorbentes, o 
abastecemento de auga e 
sales minerais. 
FLOR: 
Órgano produtor e portador 
das células reprodutoras 
FROITO: 
Elemento que protexe o embrión 
mentres non está formado. 
SEMENTE: 
Acolle o embrión para formar 
unha nova planta,
RAÍCES 
O sistema radicular das árbores pode 
ocupar un amplo espazo ou acadar unha 
gran profundidade dependendo das 
características do terreo ou da especie.
Raíces secundarias: 
aumentan a superficie de 
apoio e a capacidade de 
captación de auga e sales 
minerais. 
Raíz principal 
RAÍZ TÍPICA 
Unha raíz principal da 
que saen outras máis 
pequenas. É a que teñen 
a maioría das árbores
RAÍZ FASCICULADA 
Varias raíces iguais. 
palmeira
Floema 
Pelos absorbentes 
Aumentan a superficie das membranas 
celulares para facilitar e activar a ósmose 
(movemento de líquidos a través de 
membranas situadas entre disolucións 
con distinto grao de concentración). 
Xilema 
Zona de alargamento 
Nesta zona as células en contacto 
coa auga alónganse e fan que a 
raíz medre cara abaixo. 
Punto de crecemento 
Parte final da raíz onde as células 
se reproducen moi activamente. 
Cofia 
Parte engrosada da punta das raíces 
formada por unhas células endurecidas 
que protexen a zona de crecemento.
Os neumatóforos son formacións que teñen 
algunhas árbores de lugares asulagados para 
facilitarlles a respiraración das raíces. 
mangle 
As raíces fúlcreas amplían a base 
de sustentación e a suxección da 
árbore. Son propias de especies 
que viven en substratos anegados 
e móbiles. 
alcipreste dos pantanos
As raíces aéreas ou 
adventicias serven para 
capturar a humidade do aire. 
As árbores que acadan grandes 
dimensións amplian a súa base de 
sustentación emitindo reforzos tabulares 
entre as raíces e o toro. 
metrosideiro 
ficus
As raíces das leguminosas conteñen 
bacterias que lles axudan a fixar nitróxeno. 
Unha forma de relación 
simbiótica típica entre os 
fungos e as árbores é a 
formación de micorrizas. 
O micelio dos fungos 
únese ás raíces das 
plantas, que aumentan 
deste xeito a súa superficie 
de absorción. O fungo 
recibe a cambio materia 
orgánica.
O TALO 
TALO LEÑOSO - TORO 
Endurecido, con aneis de 
crecemento. castiñeiro
PARTES DO TALO 
Zona de medra ou 
alargamento: comprende as 
partes máis novas situadas 
entre os últimos nós. 
Ponlas: talos laterais 
que xorden do principal, 
serven para aumentar a 
superficie de soporte e 
para distribuír e 
dispoñer de maneira 
axeitada as follas. 
Toro: eixo, parte principal do talo. 
Leñoso, macizo e duro, con aneis 
de crecemento e ramificado. 
Punto de crecemento: con 
reprodución celular moi 
activa. 
Xilema 
Cambium 
Tona 
Nó: punto no que agroman 
as follas e as xemas. 
Entrenó: 
distancia entre 
dous nós 
próximos. 
Médula 
Xemas: estruturas que 
protexen os puntos de 
crecemento en lonxitude. 
Están dispostas ao longo 
das ponlas. Desenvolvense 
principalmente as das 
partes máis novas.
TALO 
Tona ou casca: estrutura de 
protección e illamento. 
Durame: parte central do toro formada 
por madeira vella. As células están 
mortas e só realiza función de sostén. 
Médula: parte central dalgunhas 
árbores que almacena susbtancias 
de reserva. Xeralmente desaparece 
nas árbores vellas. 
Aneis anuais: están marcados polo 
diferente ritmo de desenvolvemento 
do cambium ao longo do ano 
Cambium: tecido que 
produce as células do 
floema e o xilema 
(sistemas de 
transporte). É o que 
provoca o aumento de 
grosor. 
Xilema: conxunto de vasos que 
transportan a auga e as sales 
minerais da raíz ás follas. 
Albura: parte viva 
do talo, entre a tona 
e o durame na que 
aínda funcionan os 
vasos de transporte. 
Almacena 
substancias de 
reserva. 
Floema: conxunto de 
vasos que transportan 
os elementos nutritivos 
procedentes das follas.
O estudo dos aneis de crecemento permite coñecer a idade da 
árbore (número de aneis) e as condicións ambientais nas que 
se desenvolveu (distancia que hai entre eles). En condicións 
favorables a árbore medra máis e os aneis están máis 
separados, en condicións desfavorables están máis xuntos. 
piñeiro 
sobreira
Instrumento para medir o crecemento en grosor das árbores.
As árbores poden vivir co 
toro oco xa que as capas 
externas (xusto debaixo 
da tona ou casca) son as 
que conteñen os vasos 
condutores da saiva e as 
células vivas. 
No interior deste 
castiñeiro de 
Baamonde (Lugo) 
hai unha capela
O Baobad de África pode almacenar no 
seu toro 136.000 litros de auga.
As tonas ou cascas das árbores protexen 
e illan o toro e axudan na respiración. 
Son moi variables en cor, grosor e textura 
e características de cada especie. 
Piñeiro rubio
carballo 
eucalipto 
bidueiro Chopo branco 
sobreira araucaria
C 
Lenticelos: poros ou furados 
polos que o aire penetra ao 
interior do talo para facilitar 
a respiración das células.
O conxunto do toro e as ponlas dalle ás 
árbores o seu porte característico. 
Copa esférica 
metrosideiro
alcipreste cilíndrica chopos
cónica abeto de Douglas
irregular 
sobreira 
carballo
POSICIÓN DAS PONLAS 
HORIZONTAIS 
Formando ángulo recto. 
COLGANTES ou CAÍDAS 
Formando ángulo obtuso. 
ERGUIDAS 
Formando ángulo agudo.
Ponlas horizontais araucaria
Ponlas colgantes salgueiro chorón
Ponlas erguidas 
chopos
DISTRIBUCIÓN DAS PONLAS 
IRREGULAR 
ALTERNA 
A distinta altura 
VERTICILADA 
Arredor dun punto.
Ponlas irregulares carballo
Ponlas alternas
Ponlas verticiladas 
araucaria 
piñeiro
TALO FEBROSO ESTIPE, 
Sen aneis de crecemento 
(non medra en grosor) e sen 
ramificar agás excepcións. 
É o talo típico das palmeiras, 
que desde o punto de vista 
estrutural non deben ser 
consideradas como 
verdadeiras árbores. palma
palmeiras
A FOLLA 
É unha estrutura, xeralmente laminar e de cor verde, de 
formas e tamaños moi variados. É a encargada da respiración, 
da fotosíntese (nutrición) e da transpiración.
LIMBO 
PECIOLO 
xema 
cara 
envés 
nervos 
Epiderme: capa 
exterior de células 
mortas que a illan 
e protexen. 
Capa superior: de células 
con moitos cloroplastos. 
É parte máis activa da folla. 
Estomas: orificios da 
epiderme (no envés) por 
onde a planta realiza o 
intercambio de gases e 
elimina o exceso de auga.. 
Tecido esponxoso: 
parte media con 
espazos ocos entre as 
células para permitir a 
circulación dos gases. 
Condutos que 
transportan 
substancias. 
Zona de abscisión: capa de células que provocan a caída da folla.
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A ESTRUTURA 
SIMPLES 
Limbo nunha soa peza 
COMPOSTAS 
limbo formado por varias pezas 
(foliolos)
DISTRIBUCIÓN NO TALO 
Alternas Opostas Verticiladas
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A SÚA DURACIÓN 
PERSISTENTES CAEDIZAS (CADUCAS) 
Moitas árbores despréndense das follas 
ao chegar o inverno como adaptación á 
diminución da luz e á baixada das 
temperaturas. 
Estas especies tamén mudan as follas, 
pero fanno sempre despois do 
desenvolvemento das follas novas. 
acivro ginkgo
A folla máis grande: 
Raphia farinifera 
(Madagascar): 20 m.
FLORES 
Pétalos 
(corola) 
pistilo 
estames 
ANXIOSPERMAS 
Teñen flores cos óvulos 
encerrados en ovarios. 
Sépalos 
(cálice) 
Flor hermafrodita de marmeleiro 
ovario
Flores completas (hermafroditas) 
cerdeira 
tulipeiro 
laranxeira
Flores masculinas de salgueiro 
Flores espidas 
Flores femininas 
de salgueiro 
Flores hermafroditas de eucaliptos
AS FLORES 
acios 
umbela 
mimosa 
arce 
robinia 
sabugueiro
XIMNOSPERMAS 
Teñen flores sen ovarios e 
non teñen froitos. 
As máis coñecidas son as 
coníferas nas que os óvulos 
aparecen en estruturas 
leñosas chamadas conos ou 
piñas. 
FLORES FEMININAS 
FLORES MASCULINAS 
teixo
AS FLORES 
cedro 
alcipreste
FROITOS 
capudre
FROITOS CARNOSOS 
Hesperidio: epicarpo 
glanduloso, endocarpo 
membranoso, dividido 
en “chavos”. 
Drupas: unha 
única semente 
leñosa Baia ou baga: con 
moitas sementes.
FROITOS SECOS INDEHISCENTES 
Sámara; aquenio con 
prolongacións 
membranosas a xeito 
de ás 
Aquenio: unha soa 
semente sen apegar á 
envoltura exterior 
Glande 
cuberto cunha 
cúpula; semente 
cos cotiledóns 
carnosos 
Lomento 
con tabiques 
separando as 
sementes
FROITOS SECOS DEHISCENTES 
Cápsula ou caixa: con 
varias sementes, 
ábrese lateralmente 
ou por arriba 
Folículo: con moitas 
sementes, en xeral 
ábrese lateralmente 
Legume: con varias 
sementes, ábrese 
lateralmente
AGRUPACIÓNS (INFRUTESCENCIAS) 
fórmanse a partir de flores agrupadas en inflorescencias 
Sicono: aquenios 
dentro dun soporte 
carnoso pechado. 
Poliacantocarpo: grupos de 
aquenios acompañados de 
brácteas 
Cúpula; varios 
froitos protexidos 
por envolturas 
Acio: froitos con 
rabo sobre un eixo 
Umbela: rabos 
unidos nun punto.
Pomo 
receptáculo coas 
sementes rodeado 
dunha formación 
carnosa 
FROITOS FALSOS 
A parte carnosa non se desenvolve a partir do ovario
O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que 
pode pesar ata 50 quilos.
SEMENTE 
É a estrutura a partir da 
que se propagan as 
plantas fanerógamas ou 
espermafitas. 
Prodúcese a partir da 
fecundación e maduración dun 
óvulo. 
Contén ao embrión xunto con 
substancias de reserva, 
protexidos por unha cuberta.
Sementes xerminando 
piñeiro claudieira
TIPOS DE SEMENTES 
MONOCOTILEDÓNEAS 
un único cotiledón 
DICOTILEDÓNEAS 
dous ou máis cotiledóns
ESTRUTURAS REPRODUTIVAS DAS XIMNOSPERMAS 
Sementes que se desenvolven sen ovario 
CONÍFERAS CICADAIS GINGKOAIS
Piñeiro silvestre 
P. radiata 
CONÍFERAS 
Piñeiro bravo Piñeiro manso
cedro 
alcipreste 
alerce 
abeto 
CONÍFERAS
Estróbilos femininos 
CICADAIS 
Flores masculinas 
Cica
GINKGOAIS 
Flores masculinas 
Flores femininas 
ginkgo 
sementes
Semente máis grande: cocoteiro de mar: ata 27 kg
OS ARBUSTOS medran polas xemas 
inferiores, teñen unha estructura redondeada 
con abundante ramificación desde a base, 
onde non é doado distinguir o talo principal. 
AS ÁRBORES medran en lonxitude, 
sobre todo polas xemas terminais, 
por eso presentan formas alongadas 
cun toro ergueito e unha copa na 
parte alta.
CLASES DE ÁRBORES 
XIMNOSPERMAS 
Teñen flores sen ovarios 
e non teñen froitos. 
ANXIOSPERMAS 
Teñen flores cos óvulos 
encerrados en ovarios dos 
que se forman os froitos 
CONÍFERAS 
Follas aciculares, 
estreitas, 
en xeral de folla 
perenne, 
plántulas con dous 
ou máis cotiledóns. 
GINKGOÁCEAS 
Follas caedizas, 
planas, cos nervos 
paralelos 
TAXÁCEAS 
Semellantes ás 
coníferas, coa 
semente rodeada 
dun arilo carnoso. 
PALMÁCEAS 
Toro febroso 
sen ramificar, 
raíces fasciculadas. 
PLANIFOLIOS 
Dicotiledóneas, 
follas co limbo 
plano e cos nervos 
formando redes. 
CICADOFITAS 
Follas pinnadas 
dispostas en espiral, 
flores en conos, 
sen froitos.
CLASES DE ÁRBORES TENDO EN CONTA A SÚA ORIXE 
AUTÓCTONAS 
Orixinarias do lugar 
no que se atopan. 
EXÓTICAS 
Procedentes de 
ecosistemas alleos. 
ALÓCTONAS 
Especies alleas 
naturalizadas nun lugar. 
carballo liquidambar castiñeiro
AGRUPACIÓNS DE ÁRBORES 
Os BOSQUES NATURAIS son ecosistemas 
constituídos por unha estrutura de árbores, 
arbustos e outros vexetais na que domina o 
estrato arbóreo, cunhas condicións pouco 
ou nada influídos pola acción humana. 
A formación dun bosque é un proceso lento que 
dura máis de cen anos. Empeza coa disgregación 
das rochas e o asentamento das primeiras 
especies vexetais. Séguelle o asentamento dos 
arbustos e entre eles as primeiras árbores que, 
cando acadan unha certa altura crean un 
microclima axeitado para o desenvolvemento das 
especies de sombra; con elas o bosque acada a 
súa plenitude (bosque climax).
Fragas 
Fragmentos dos bosques antigos 
orixinais que chegaron aos nosos 
días cun grao de naturalidade máis 
ou menos importante. 
Fraga do Eume
Abesedos: bosques 
situados en zonas sombrizas. 
Abesedo de Donís-Os Ancares
Devesas: bosques mixtos 
(carballo, acivro, teixo, 
faia, capudre...) Devesa de ROGUEIRA-O Courel
Carballeiras: bosques 
con dominio de carballos. 
Carballeira do Xesta-A Lama
Reboleiras; bosques 
con dominio de rebolos 
(Quercus pyrenaica) 
Parque Natural O Invernadeiro
Biduídos, bidueirais. Bosques 
de bidueiras. Formacións 
asociadas ás zonas húmidas de 
altitude media. Bidueiral de Montederramo
Faiais: bosques de faias. 
f Fonteformosa-O Cebreiro
Acibeirais: bosques de acivro 
Cabana Vella-os Ancares
Sobreirais: bosques de 
sobreiras 
Arnego-Agolada
Aciñeirais: bosques 
de aciñeiras Eciña da Lastra
Salgueiral: bosque de 
salgueiros.
Bosques de ribeira. Formacións vexetais que 
xorden e se manteñen ás beiras das correntes de 
auga. Dominan os salgueiros, amieiras, freixos...
Bosques de plantación: 
Agrupacións arbóreas nas que 
predomina o estrato arbóreo de 
orixe artificial. As condicións están 
influídas polo ser humano. 
Carballeiras. 
Bosques de carballos cun 
aproveitamento silvo-pastoral. 
Presentan un grao de 
naturalidade inferior ás fragas
Soutos. Bosques ou 
plantacións de castiñeiros.
PLANTACIÓNS FORESTAIS 
Monocultivos de especies que se plantan 
para aproveitar a madeira ou os froitos. 
Piñeirais. 
Bosques ou plantacións de piñeiros.
Eucaliptais. 
Bosques ou plantacións de eucaliptos.
As SEBES e os BEIRAIS son espazos ocupados 
por ringleiras de árbores e arbustos plantados, 
naturalizados ou silvestres, nas que perviven 
especies que foron desaloxadas do seu medio 
natural polos cultivos.
PARQUES E XARDÍNS. 
Situados xeralmente no interior das cidades. 
Están formados por variedade de especies 
arbóreas plantadas con fins ornamentais.
IMPORTANCIA DAS ÁRBORES 
As árbores son as que fan posible a vida 
na Terra, contribuíron a crear a atmosfera 
que nos rodea e son fonte permanente de 
vida e saúde. Forman parte da paisaxe, da 
nosa vida e da nosa historia. 
Os bosques galegos eliminan ao ano medio 
millón de toneladas de dióxido de carbono
PRINCIPAIS BENEFICIOS DAS ÁRBORES 
-Purifican o aire (achegan osíxeno e humidade e 
consumen dióxido de carbono). 
-Reguladores hídricos (reteñen a auga da chuvia e 
controlan as canles dos ríos e as avenidas). 
-Crean e enriquecen o solo. 
-Protexen o solo da erosión grazas ao entramado 
das súas raíces. 
-Crean biodiversidade, son hábitat e refuxio para 
multitude de seres vivos. 
-Actúan de cortaventos para os cultivos. 
-Fan de pantalla para ruídos e radiacións. 
-Depuran solos contaminados. 
-Dan sombra e refrescan o ambiente. 
-Deles obtéñense miles de produtos utites e 
principios activos, moitos imprescindibles para a 
vida do ser humano. 
-Proporcionan información do pasado. 
-Adornan e fan os espazos máis agradables.
AS ÁRBORES DE GALICIA 
A situación e o relevo de 
Galicia cren diferentes 
microclimas que favorecen 
unha gran diversidade vexetal 
con mestura de especies 
atlánticas e mediterráneas. 
Calcúlase que en Galicia hai máis 
de 688 millóns de árbores. 
Formacións máis abundantes: 
Coníferas: 506.026 ha (36%) 
Frondosas autóctonas: 375.922 ha (40%) 
Mesturas: 349.293 (24%) 
Eucalipto: 174.210 ha.
A VIDA NAS ÁRBORES 
As árbores son o soporte 
para o asentamento de 
moitos seres vivos vexetais 
e animais. Proporciónanlles 
acobillo e sustento. 
Nos bosques establécense 
complexas redes 
alimentarias onde todo se 
aproveita.
A VIDA NAS ÁRBORES 
fungo 
Liques, brións, fento e hedra 
Herba salgueira
A VIDA NAS ÁRBORES 
esquío 
eiruga 
agabeador bacaloura e vésporas
USOS DAS ÁRBORES 
FROITOS e 
SEMENTES 
alimento para persoas e animais, 
zumes, licores, marmeladas, 
aceites, graxas, extractos, 
medicinas, alcohois... 
FOLLAS alimento, aceites, extractos, 
tecidos, cestos, adornos... 
MADEIRA En rolo: táboas, chapas, listóns, 
madeiros, manufacturas, 
esculturas... 
Madeira miuda: combustible, 
taninos, carbón vexetal, polpa de 
celulosa, cestería, colorantes, 
destilados... 
RAÍCES infusións, aceites, medicamentos... 
TONA cortiza, taninos, medicamentos, 
aceites, tintes, condimentos... 
SAVIA e 
RESINAS 
azucres, xabóns, bálsamos, gomas, 
trementina... 
RESÍDUOS 
(BIOMASA) 
produción de enerxía por 
combustión ou transformándoos en 
biogás, por fementación.
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES EN GALICIA 
As árbores ocupan un lugar importante na 
fisonomía e na economía de Galicia. 
O sector forestal, sen incluír a industria de segunda 
transformación, constitúe un 6,48 % do PIB 
(Produto interior bruto) de Galicia e xera máis de 
40.000 empregos. 
PRINCIPAIS PRODUCIÓNS DO BOSQUE EN GALICIA 
Madeira: 6.500.000 m3/ano, 
máis de 240 millóns de euros 
de madeira en pé. 
Castañas. 8.027 tonelasa/ano, 
1,29 millóns de euros. 
Cogomelos: 45 kg/ha/ano, 
uns 12 millóns de euros.
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES E DO BOSQUE 
PRODUCIÓN COLLEITA PRIMEIRA 
TRANSFORMACION 
SEGUNDA 
TRANSFORMACIÓN 
OUTROS 
Produción de 
semente e plantas: 
viveiros 
Silvicutura: 
plantación, cultivo 
(podas, limpezas, 
tratamentos...) 
Proteción contra 
incendios 
•Froitas 
•Cogomelos 
•Envasado 
•Conservas, 
marmeladas, 
confituras, licores, 
fariñas 
•Industria alimentaria e 
repostería... 
•Administración, 
ensino e 
investigación, 
enxeñería, 
asesoramento 
técnico... 
•Industrias auxiliares: 
equipos, maquinaria, 
ferramenta... 
•Transportes 
•Madeira: cortas 
•Outros: mato, 
follas... 
•Serradeiros 
•Chapa e taboleiros 
contrachapados 
•Taboleiros de 
partículas e febras 
•Pasta de papel 
•Estruturas de madeira 
•Embalaxe e envases 
•Elementos de 
construción (solos, 
vigas...) 
•Carpintería 
•Mobiliario 
•Papel e cartón
PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE AFECTAN ÁS ÁRBORES 
CAUSAS EFECTOS 
ELIMINACIÓN DO 
BOSQUE 
-Cortas indiscriminadas 
-Obtención de terreos agrícolas 
-Urbanizacións 
-Construción de infraestructuras 
-Minería 
-Deforestación 
-Desaparición de especies 
-Aumento de contaminación 
-Perdas económicas 
-Desertificación 
INCENDIOS -Vandalismo 
-Accidentes 
-Deforestación 
-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna) 
-Arrastre de terras e erosión 
-Deterioro da paisaxe 
-Aumento da sequedade do solo e desertificación 
-Aumento das emisións de CO2 
-Perdas de flora, fauna e vidas humanas 
-Perdas económicas 
REPOBOACIÓNS 
POUCO 
AXEITADAS 
-Deseños en función de intereses 
unicamente económicos 
-Perda de biodiversidade 
-Diminución da vexetación autóctona 
-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna) 
-Aumento da erosión 
CONTAMINACIÓN -Emisións industriais, de vehículos, 
calefaccións... 
-Alteración das propiedades do solo 
-Chuvia ácida 
-Envelenamento directo 
ENFERMIDADES E 
PRAGAS 
-Distintos tipos de parásitos: fungos, 
insectos... 
-Destrucción de bosques e plantacións 
-Diminución do rendemento 
-Perdas económicas
PATRIMONIO PERDIDO 
Castiñeiro talado en Viana do Bolo hai 
case 50 anos. Medía 14 m de perímetro. 
Castiñeiro de Folgueira en Sobrado 
de Picato (lugo). Imaxe de 1949.
Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas 
de bosque, a un ritmo de 38 Ha por minuto. De 
seguir así os grandes bosques tropicais terán 
desaparecido dentro de 50 anos.
“Cunha árbore pódense facer 
un millón de mistos. 
Cun misto pódense matar un 
millón de árbores” 
Cada día de verán quéimanse 
en Galicia perto de 30 Ha de 
monte que tarda un mínimo de 
25 anos en recuperarse.
Non quero que o lume 
destrúa e aniquile 
a miña carne 
na que, ás veces, 
cantou namorada 
a cotovía. 
Somente son terra. 
Só desexo ser terra, 
mesturarme coa terra, 
perderme, confundirme, 
no silencio da terra. 
e pídolle, 
con todo o meu ser, 
á terra miña nai, 
que sexa xentil comigo 
Manuel María
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR AS ÁRBORES E OS BOSQUES 
-Respectar á arbore como ser vivo e aos elementos dos que depende 
(solo, aire, auga...). 
-Evitar conductas que poidan ocasionarlles danos (facer lume...). 
-Non deixar pegadas do noso paso polos bosques. 
-Non usar madeiras de bosques nin de especies amenazadas. 
-Usar moderadamente as leñas, madeiras e carbón vexetal. 
-Usar papel reciclado e aproveitalo ao máximo. Reducir o consumo en 
embalaxes e envoltorios. 
-Aprender a coñecer as nosas árbores e bosques. Valorar as especies 
autóctonas. 
-Facerlle un espazo ás árbores nas vilas e cidades. 
-Colaborar coas persoas e institucións de defensa da natureza. 
-Plantar árbores.
A PROTECCIÓN DAS ÁRBORES 
E OS BOSQUES EN GALICIA 
ESPAZOS PROTEXIDOS: 
Fraga de Caaveiro, Devesa de 
Rogueira, Aciñeiral de Cruzul, 
Sobreiral do Arnego... 
ÁRBORES PROTEXIDAS: 
Monumentos naturais: 
eucaliptos de Chavín (Viveiro), 
castiñeiros de Catasós, carballo 
da Rocha (A Saínza), castiñeiros 
de Rozabales (Manzaneda). 
No catálogo de árbores 
senlleiras de Galicia están 
inscritos 128 exemplares 
Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga)
O 21 de Marzo celébrase (desde 1971) 
o DÍA DA ÁRBORE .
O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. 
O albre é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque 
nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o 
vento. 
O albre danos a froita, que é un manxar composto polo mesmo creador, para regalía do 
noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido. 
O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura. 
O albre danos a sombra fresca no verán e quentura garimosa no inverno. 
O albre danos as trabes, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das 
sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra. 
O albre danos o papel barato que nos trae a decotío as novas do que pasa no mundo. 
Val máis unha terra con albres nos montes que un estado con ouro nos bancos. 
A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o estado unitario. 
O albres son as minas galegas que nós saberemos explotar cando a nosa terra sexa nosa. 
A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da 
colectividade. 
Na nosa terra danse os mellores albres. 
O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar. 
(Castelao, “Sempre en Galicia”, 1937)
MONTAXE: Adela Leiro 
FOTOS: Adela Leiro 
Mon Daporta 
Internet 
DEBUXOS: Mon Daporta

More Related Content

What's hot

Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de augaMonContos
 
IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)iesasorey
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas monadela
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOLela Daviña Gómez
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitasMonContos
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferasMonContos
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoCarmen Cid Manzano
 
Árbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San ToméÁrbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San ToméMonContos
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e floresalevillafer
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)monadela
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoPilar
 
Especies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetaisEspecies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetaisMonContos
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1PaulaReySilva
 

What's hot (20)

Taxodio
TaxodioTaxodio
Taxodio
 
Tema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantasTema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantas
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de auga
 
Fentos
FentosFentos
Fentos
 
As plantas
As plantasAs plantas
As plantas
 
IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitas
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
 
Árbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San ToméÁrbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San Tomé
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e flores
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río Miño
 
Especies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetaisEspecies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetais
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 

Similar to As árbores 140109131446-phpapp01

Plantas xerofitas
Plantas xerofitasPlantas xerofitas
Plantas xerofitasMonContos
 
Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitismonadela
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Cousas das plantas
Cousas das plantasCousas das plantas
Cousas das plantasMonContos
 
Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)monadela
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)monadela
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)candeadosalnes
 
A vida nas pradeiras de seba
A vida nas pradeiras de sebaA vida nas pradeiras de seba
A vida nas pradeiras de sebamonadela
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbarmonadela
 
Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)monadela
 

Similar to As árbores 140109131446-phpapp01 (17)

Plantas xerofitas
Plantas xerofitasPlantas xerofitas
Plantas xerofitas
 
O trevo
O trevoO trevo
O trevo
 
Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitis
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Cousas das plantas
Cousas das plantasCousas das plantas
Cousas das plantas
 
Albicia
AlbiciaAlbicia
Albicia
 
A totora
A totoraA totora
A totora
 
Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
 
A vida nas pradeiras de seba
A vida nas pradeiras de sebaA vida nas pradeiras de seba
A vida nas pradeiras de seba
 
As plantas
As plantasAs plantas
As plantas
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbar
 
Presen 2
Presen 2Presen 2
Presen 2
 
Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)
 
Tecidos vexetais
Tecidos vexetaisTecidos vexetais
Tecidos vexetais
 
5 tecidos vexetais
5 tecidos vexetais5 tecidos vexetais
5 tecidos vexetais
 

More from LOPEZMOURENZA

Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1LOPEZMOURENZA
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinasLOPEZMOURENZA
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostasLOPEZMOURENZA
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaLOPEZMOURENZA
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfLOPEZMOURENZA
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del poppletLOPEZMOURENZA
 

More from LOPEZMOURENZA (20)

Máqunas e aparelos
Máqunas e aparelosMáqunas e aparelos
Máqunas e aparelos
 
Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinas
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostas
 
Manual mind42
Manual mind42Manual mind42
Manual mind42
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
 
O son ii
O son iiO son ii
O son ii
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
enerxia nuclear
enerxia nuclearenerxia nuclear
enerxia nuclear
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesia
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdf
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del popplet
 
Enerxia xeotermica
Enerxia xeotermicaEnerxia xeotermica
Enerxia xeotermica
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
Biocombustible
BiocombustibleBiocombustible
Biocombustible
 

As árbores 140109131446-phpapp01

  • 1. AS PLANTAS as árbores
  • 2. Unha árbore é un ser vivo, vexetal, terrestre, formado por raíz, talo e follas, no que destaca o toro elevado, leñoso e ramificado. As árbores son os máis grandes e os máis lonxevos dos seres vivos.
  • 3. AS IDADES DAS ÁRBORES Maceira: 30 anos Cerdeira: 60 anos Bidueiro: 100 anos Chopo: 200 anos Noceira e faia: 300 anos Falso plátano: 400 anos Abetos e piñeiros: máis de 1000 anos Carballo: ata 2.000 anos Teixo e castiñeiro: ata 3.000 anos Secuoia: máis de 3.000 anos Pinus aristata: máis de 4.900 anos O conxunto de árbores máis vellas que se coñecen son piñeiros de Tasmania, ou piñeiro de Huon (Lagarostrobus franklinni), con 10.500 anos. A árbore individual máis vella que se coñece é unha pícea (Dalarna, en Suecia) de 9.550 años.
  • 4. AS ALTURAS DAS ÁRBORES Árbore máis pequena: salgueiro ártico. Árbore máis alta: secuoia vermella Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.
  • 5. Árbore máis grosa: alcipreste de Oaxaca (México)
  • 6. FOLLA Estrutura laminar de formas e tamaños moi variados, encargada da respiración e da fotosíntese (nutrición) da planta. TALO (TORO) É a parte aérea, endurecida, xeralmente cónica, que serve de soporte a todas as demais. Realiza diferentes funcións: sostén, transporte, depósito e secreción de substancias. RAÍZ: Asegura a súa fixación ao solo e, polos pelos absorbentes, o abastecemento de auga e sales minerais. FLOR: Órgano produtor e portador das células reprodutoras FROITO: Elemento que protexe o embrión mentres non está formado. SEMENTE: Acolle o embrión para formar unha nova planta,
  • 7. RAÍCES O sistema radicular das árbores pode ocupar un amplo espazo ou acadar unha gran profundidade dependendo das características do terreo ou da especie.
  • 8. Raíces secundarias: aumentan a superficie de apoio e a capacidade de captación de auga e sales minerais. Raíz principal RAÍZ TÍPICA Unha raíz principal da que saen outras máis pequenas. É a que teñen a maioría das árbores
  • 9. RAÍZ FASCICULADA Varias raíces iguais. palmeira
  • 10. Floema Pelos absorbentes Aumentan a superficie das membranas celulares para facilitar e activar a ósmose (movemento de líquidos a través de membranas situadas entre disolucións con distinto grao de concentración). Xilema Zona de alargamento Nesta zona as células en contacto coa auga alónganse e fan que a raíz medre cara abaixo. Punto de crecemento Parte final da raíz onde as células se reproducen moi activamente. Cofia Parte engrosada da punta das raíces formada por unhas células endurecidas que protexen a zona de crecemento.
  • 11. Os neumatóforos son formacións que teñen algunhas árbores de lugares asulagados para facilitarlles a respiraración das raíces. mangle As raíces fúlcreas amplían a base de sustentación e a suxección da árbore. Son propias de especies que viven en substratos anegados e móbiles. alcipreste dos pantanos
  • 12. As raíces aéreas ou adventicias serven para capturar a humidade do aire. As árbores que acadan grandes dimensións amplian a súa base de sustentación emitindo reforzos tabulares entre as raíces e o toro. metrosideiro ficus
  • 13. As raíces das leguminosas conteñen bacterias que lles axudan a fixar nitróxeno. Unha forma de relación simbiótica típica entre os fungos e as árbores é a formación de micorrizas. O micelio dos fungos únese ás raíces das plantas, que aumentan deste xeito a súa superficie de absorción. O fungo recibe a cambio materia orgánica.
  • 14. O TALO TALO LEÑOSO - TORO Endurecido, con aneis de crecemento. castiñeiro
  • 15. PARTES DO TALO Zona de medra ou alargamento: comprende as partes máis novas situadas entre os últimos nós. Ponlas: talos laterais que xorden do principal, serven para aumentar a superficie de soporte e para distribuír e dispoñer de maneira axeitada as follas. Toro: eixo, parte principal do talo. Leñoso, macizo e duro, con aneis de crecemento e ramificado. Punto de crecemento: con reprodución celular moi activa. Xilema Cambium Tona Nó: punto no que agroman as follas e as xemas. Entrenó: distancia entre dous nós próximos. Médula Xemas: estruturas que protexen os puntos de crecemento en lonxitude. Están dispostas ao longo das ponlas. Desenvolvense principalmente as das partes máis novas.
  • 16.
  • 17. TALO Tona ou casca: estrutura de protección e illamento. Durame: parte central do toro formada por madeira vella. As células están mortas e só realiza función de sostén. Médula: parte central dalgunhas árbores que almacena susbtancias de reserva. Xeralmente desaparece nas árbores vellas. Aneis anuais: están marcados polo diferente ritmo de desenvolvemento do cambium ao longo do ano Cambium: tecido que produce as células do floema e o xilema (sistemas de transporte). É o que provoca o aumento de grosor. Xilema: conxunto de vasos que transportan a auga e as sales minerais da raíz ás follas. Albura: parte viva do talo, entre a tona e o durame na que aínda funcionan os vasos de transporte. Almacena substancias de reserva. Floema: conxunto de vasos que transportan os elementos nutritivos procedentes das follas.
  • 18. O estudo dos aneis de crecemento permite coñecer a idade da árbore (número de aneis) e as condicións ambientais nas que se desenvolveu (distancia que hai entre eles). En condicións favorables a árbore medra máis e os aneis están máis separados, en condicións desfavorables están máis xuntos. piñeiro sobreira
  • 19. Instrumento para medir o crecemento en grosor das árbores.
  • 20. As árbores poden vivir co toro oco xa que as capas externas (xusto debaixo da tona ou casca) son as que conteñen os vasos condutores da saiva e as células vivas. No interior deste castiñeiro de Baamonde (Lugo) hai unha capela
  • 21.
  • 22. O Baobad de África pode almacenar no seu toro 136.000 litros de auga.
  • 23. As tonas ou cascas das árbores protexen e illan o toro e axudan na respiración. Son moi variables en cor, grosor e textura e características de cada especie. Piñeiro rubio
  • 24. carballo eucalipto bidueiro Chopo branco sobreira araucaria
  • 25. C Lenticelos: poros ou furados polos que o aire penetra ao interior do talo para facilitar a respiración das células.
  • 26. O conxunto do toro e as ponlas dalle ás árbores o seu porte característico. Copa esférica metrosideiro
  • 28. cónica abeto de Douglas
  • 30. POSICIÓN DAS PONLAS HORIZONTAIS Formando ángulo recto. COLGANTES ou CAÍDAS Formando ángulo obtuso. ERGUIDAS Formando ángulo agudo.
  • 34. DISTRIBUCIÓN DAS PONLAS IRREGULAR ALTERNA A distinta altura VERTICILADA Arredor dun punto.
  • 38. TALO FEBROSO ESTIPE, Sen aneis de crecemento (non medra en grosor) e sen ramificar agás excepcións. É o talo típico das palmeiras, que desde o punto de vista estrutural non deben ser consideradas como verdadeiras árbores. palma
  • 40. A FOLLA É unha estrutura, xeralmente laminar e de cor verde, de formas e tamaños moi variados. É a encargada da respiración, da fotosíntese (nutrición) e da transpiración.
  • 41. LIMBO PECIOLO xema cara envés nervos Epiderme: capa exterior de células mortas que a illan e protexen. Capa superior: de células con moitos cloroplastos. É parte máis activa da folla. Estomas: orificios da epiderme (no envés) por onde a planta realiza o intercambio de gases e elimina o exceso de auga.. Tecido esponxoso: parte media con espazos ocos entre as células para permitir a circulación dos gases. Condutos que transportan substancias. Zona de abscisión: capa de células que provocan a caída da folla.
  • 42.
  • 43. CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A ESTRUTURA SIMPLES Limbo nunha soa peza COMPOSTAS limbo formado por varias pezas (foliolos)
  • 44. DISTRIBUCIÓN NO TALO Alternas Opostas Verticiladas
  • 45. CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A SÚA DURACIÓN PERSISTENTES CAEDIZAS (CADUCAS) Moitas árbores despréndense das follas ao chegar o inverno como adaptación á diminución da luz e á baixada das temperaturas. Estas especies tamén mudan as follas, pero fanno sempre despois do desenvolvemento das follas novas. acivro ginkgo
  • 46. A folla máis grande: Raphia farinifera (Madagascar): 20 m.
  • 47. FLORES Pétalos (corola) pistilo estames ANXIOSPERMAS Teñen flores cos óvulos encerrados en ovarios. Sépalos (cálice) Flor hermafrodita de marmeleiro ovario
  • 48. Flores completas (hermafroditas) cerdeira tulipeiro laranxeira
  • 49. Flores masculinas de salgueiro Flores espidas Flores femininas de salgueiro Flores hermafroditas de eucaliptos
  • 50. AS FLORES acios umbela mimosa arce robinia sabugueiro
  • 51. XIMNOSPERMAS Teñen flores sen ovarios e non teñen froitos. As máis coñecidas son as coníferas nas que os óvulos aparecen en estruturas leñosas chamadas conos ou piñas. FLORES FEMININAS FLORES MASCULINAS teixo
  • 52. AS FLORES cedro alcipreste
  • 54. FROITOS CARNOSOS Hesperidio: epicarpo glanduloso, endocarpo membranoso, dividido en “chavos”. Drupas: unha única semente leñosa Baia ou baga: con moitas sementes.
  • 55. FROITOS SECOS INDEHISCENTES Sámara; aquenio con prolongacións membranosas a xeito de ás Aquenio: unha soa semente sen apegar á envoltura exterior Glande cuberto cunha cúpula; semente cos cotiledóns carnosos Lomento con tabiques separando as sementes
  • 56. FROITOS SECOS DEHISCENTES Cápsula ou caixa: con varias sementes, ábrese lateralmente ou por arriba Folículo: con moitas sementes, en xeral ábrese lateralmente Legume: con varias sementes, ábrese lateralmente
  • 57. AGRUPACIÓNS (INFRUTESCENCIAS) fórmanse a partir de flores agrupadas en inflorescencias Sicono: aquenios dentro dun soporte carnoso pechado. Poliacantocarpo: grupos de aquenios acompañados de brácteas Cúpula; varios froitos protexidos por envolturas Acio: froitos con rabo sobre un eixo Umbela: rabos unidos nun punto.
  • 58. Pomo receptáculo coas sementes rodeado dunha formación carnosa FROITOS FALSOS A parte carnosa non se desenvolve a partir do ovario
  • 59. O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que pode pesar ata 50 quilos.
  • 60. SEMENTE É a estrutura a partir da que se propagan as plantas fanerógamas ou espermafitas. Prodúcese a partir da fecundación e maduración dun óvulo. Contén ao embrión xunto con substancias de reserva, protexidos por unha cuberta.
  • 62. TIPOS DE SEMENTES MONOCOTILEDÓNEAS un único cotiledón DICOTILEDÓNEAS dous ou máis cotiledóns
  • 63. ESTRUTURAS REPRODUTIVAS DAS XIMNOSPERMAS Sementes que se desenvolven sen ovario CONÍFERAS CICADAIS GINGKOAIS
  • 64. Piñeiro silvestre P. radiata CONÍFERAS Piñeiro bravo Piñeiro manso
  • 65. cedro alcipreste alerce abeto CONÍFERAS
  • 66. Estróbilos femininos CICADAIS Flores masculinas Cica
  • 67. GINKGOAIS Flores masculinas Flores femininas ginkgo sementes
  • 68. Semente máis grande: cocoteiro de mar: ata 27 kg
  • 69. OS ARBUSTOS medran polas xemas inferiores, teñen unha estructura redondeada con abundante ramificación desde a base, onde non é doado distinguir o talo principal. AS ÁRBORES medran en lonxitude, sobre todo polas xemas terminais, por eso presentan formas alongadas cun toro ergueito e unha copa na parte alta.
  • 70. CLASES DE ÁRBORES XIMNOSPERMAS Teñen flores sen ovarios e non teñen froitos. ANXIOSPERMAS Teñen flores cos óvulos encerrados en ovarios dos que se forman os froitos CONÍFERAS Follas aciculares, estreitas, en xeral de folla perenne, plántulas con dous ou máis cotiledóns. GINKGOÁCEAS Follas caedizas, planas, cos nervos paralelos TAXÁCEAS Semellantes ás coníferas, coa semente rodeada dun arilo carnoso. PALMÁCEAS Toro febroso sen ramificar, raíces fasciculadas. PLANIFOLIOS Dicotiledóneas, follas co limbo plano e cos nervos formando redes. CICADOFITAS Follas pinnadas dispostas en espiral, flores en conos, sen froitos.
  • 71. CLASES DE ÁRBORES TENDO EN CONTA A SÚA ORIXE AUTÓCTONAS Orixinarias do lugar no que se atopan. EXÓTICAS Procedentes de ecosistemas alleos. ALÓCTONAS Especies alleas naturalizadas nun lugar. carballo liquidambar castiñeiro
  • 72. AGRUPACIÓNS DE ÁRBORES Os BOSQUES NATURAIS son ecosistemas constituídos por unha estrutura de árbores, arbustos e outros vexetais na que domina o estrato arbóreo, cunhas condicións pouco ou nada influídos pola acción humana. A formación dun bosque é un proceso lento que dura máis de cen anos. Empeza coa disgregación das rochas e o asentamento das primeiras especies vexetais. Séguelle o asentamento dos arbustos e entre eles as primeiras árbores que, cando acadan unha certa altura crean un microclima axeitado para o desenvolvemento das especies de sombra; con elas o bosque acada a súa plenitude (bosque climax).
  • 73. Fragas Fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Fraga do Eume
  • 74. Abesedos: bosques situados en zonas sombrizas. Abesedo de Donís-Os Ancares
  • 75. Devesas: bosques mixtos (carballo, acivro, teixo, faia, capudre...) Devesa de ROGUEIRA-O Courel
  • 76. Carballeiras: bosques con dominio de carballos. Carballeira do Xesta-A Lama
  • 77. Reboleiras; bosques con dominio de rebolos (Quercus pyrenaica) Parque Natural O Invernadeiro
  • 78. Biduídos, bidueirais. Bosques de bidueiras. Formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media. Bidueiral de Montederramo
  • 79. Faiais: bosques de faias. f Fonteformosa-O Cebreiro
  • 80. Acibeirais: bosques de acivro Cabana Vella-os Ancares
  • 81. Sobreirais: bosques de sobreiras Arnego-Agolada
  • 82. Aciñeirais: bosques de aciñeiras Eciña da Lastra
  • 83. Salgueiral: bosque de salgueiros.
  • 84. Bosques de ribeira. Formacións vexetais que xorden e se manteñen ás beiras das correntes de auga. Dominan os salgueiros, amieiras, freixos...
  • 85. Bosques de plantación: Agrupacións arbóreas nas que predomina o estrato arbóreo de orixe artificial. As condicións están influídas polo ser humano. Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas
  • 86. Soutos. Bosques ou plantacións de castiñeiros.
  • 87. PLANTACIÓNS FORESTAIS Monocultivos de especies que se plantan para aproveitar a madeira ou os froitos. Piñeirais. Bosques ou plantacións de piñeiros.
  • 88. Eucaliptais. Bosques ou plantacións de eucaliptos.
  • 89. As SEBES e os BEIRAIS son espazos ocupados por ringleiras de árbores e arbustos plantados, naturalizados ou silvestres, nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural polos cultivos.
  • 90. PARQUES E XARDÍNS. Situados xeralmente no interior das cidades. Están formados por variedade de especies arbóreas plantadas con fins ornamentais.
  • 91. IMPORTANCIA DAS ÁRBORES As árbores son as que fan posible a vida na Terra, contribuíron a crear a atmosfera que nos rodea e son fonte permanente de vida e saúde. Forman parte da paisaxe, da nosa vida e da nosa historia. Os bosques galegos eliminan ao ano medio millón de toneladas de dióxido de carbono
  • 92. PRINCIPAIS BENEFICIOS DAS ÁRBORES -Purifican o aire (achegan osíxeno e humidade e consumen dióxido de carbono). -Reguladores hídricos (reteñen a auga da chuvia e controlan as canles dos ríos e as avenidas). -Crean e enriquecen o solo. -Protexen o solo da erosión grazas ao entramado das súas raíces. -Crean biodiversidade, son hábitat e refuxio para multitude de seres vivos. -Actúan de cortaventos para os cultivos. -Fan de pantalla para ruídos e radiacións. -Depuran solos contaminados. -Dan sombra e refrescan o ambiente. -Deles obtéñense miles de produtos utites e principios activos, moitos imprescindibles para a vida do ser humano. -Proporcionan información do pasado. -Adornan e fan os espazos máis agradables.
  • 93. AS ÁRBORES DE GALICIA A situación e o relevo de Galicia cren diferentes microclimas que favorecen unha gran diversidade vexetal con mestura de especies atlánticas e mediterráneas. Calcúlase que en Galicia hai máis de 688 millóns de árbores. Formacións máis abundantes: Coníferas: 506.026 ha (36%) Frondosas autóctonas: 375.922 ha (40%) Mesturas: 349.293 (24%) Eucalipto: 174.210 ha.
  • 94. A VIDA NAS ÁRBORES As árbores son o soporte para o asentamento de moitos seres vivos vexetais e animais. Proporciónanlles acobillo e sustento. Nos bosques establécense complexas redes alimentarias onde todo se aproveita.
  • 95. A VIDA NAS ÁRBORES fungo Liques, brións, fento e hedra Herba salgueira
  • 96. A VIDA NAS ÁRBORES esquío eiruga agabeador bacaloura e vésporas
  • 97. USOS DAS ÁRBORES FROITOS e SEMENTES alimento para persoas e animais, zumes, licores, marmeladas, aceites, graxas, extractos, medicinas, alcohois... FOLLAS alimento, aceites, extractos, tecidos, cestos, adornos... MADEIRA En rolo: táboas, chapas, listóns, madeiros, manufacturas, esculturas... Madeira miuda: combustible, taninos, carbón vexetal, polpa de celulosa, cestería, colorantes, destilados... RAÍCES infusións, aceites, medicamentos... TONA cortiza, taninos, medicamentos, aceites, tintes, condimentos... SAVIA e RESINAS azucres, xabóns, bálsamos, gomas, trementina... RESÍDUOS (BIOMASA) produción de enerxía por combustión ou transformándoos en biogás, por fementación.
  • 98. A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES EN GALICIA As árbores ocupan un lugar importante na fisonomía e na economía de Galicia. O sector forestal, sen incluír a industria de segunda transformación, constitúe un 6,48 % do PIB (Produto interior bruto) de Galicia e xera máis de 40.000 empregos. PRINCIPAIS PRODUCIÓNS DO BOSQUE EN GALICIA Madeira: 6.500.000 m3/ano, máis de 240 millóns de euros de madeira en pé. Castañas. 8.027 tonelasa/ano, 1,29 millóns de euros. Cogomelos: 45 kg/ha/ano, uns 12 millóns de euros.
  • 99. A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES E DO BOSQUE PRODUCIÓN COLLEITA PRIMEIRA TRANSFORMACION SEGUNDA TRANSFORMACIÓN OUTROS Produción de semente e plantas: viveiros Silvicutura: plantación, cultivo (podas, limpezas, tratamentos...) Proteción contra incendios •Froitas •Cogomelos •Envasado •Conservas, marmeladas, confituras, licores, fariñas •Industria alimentaria e repostería... •Administración, ensino e investigación, enxeñería, asesoramento técnico... •Industrias auxiliares: equipos, maquinaria, ferramenta... •Transportes •Madeira: cortas •Outros: mato, follas... •Serradeiros •Chapa e taboleiros contrachapados •Taboleiros de partículas e febras •Pasta de papel •Estruturas de madeira •Embalaxe e envases •Elementos de construción (solos, vigas...) •Carpintería •Mobiliario •Papel e cartón
  • 100. PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE AFECTAN ÁS ÁRBORES CAUSAS EFECTOS ELIMINACIÓN DO BOSQUE -Cortas indiscriminadas -Obtención de terreos agrícolas -Urbanizacións -Construción de infraestructuras -Minería -Deforestación -Desaparición de especies -Aumento de contaminación -Perdas económicas -Desertificación INCENDIOS -Vandalismo -Accidentes -Deforestación -Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna) -Arrastre de terras e erosión -Deterioro da paisaxe -Aumento da sequedade do solo e desertificación -Aumento das emisións de CO2 -Perdas de flora, fauna e vidas humanas -Perdas económicas REPOBOACIÓNS POUCO AXEITADAS -Deseños en función de intereses unicamente económicos -Perda de biodiversidade -Diminución da vexetación autóctona -Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna) -Aumento da erosión CONTAMINACIÓN -Emisións industriais, de vehículos, calefaccións... -Alteración das propiedades do solo -Chuvia ácida -Envelenamento directo ENFERMIDADES E PRAGAS -Distintos tipos de parásitos: fungos, insectos... -Destrucción de bosques e plantacións -Diminución do rendemento -Perdas económicas
  • 101. PATRIMONIO PERDIDO Castiñeiro talado en Viana do Bolo hai case 50 anos. Medía 14 m de perímetro. Castiñeiro de Folgueira en Sobrado de Picato (lugo). Imaxe de 1949.
  • 102. Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas de bosque, a un ritmo de 38 Ha por minuto. De seguir así os grandes bosques tropicais terán desaparecido dentro de 50 anos.
  • 103. “Cunha árbore pódense facer un millón de mistos. Cun misto pódense matar un millón de árbores” Cada día de verán quéimanse en Galicia perto de 30 Ha de monte que tarda un mínimo de 25 anos en recuperarse.
  • 104. Non quero que o lume destrúa e aniquile a miña carne na que, ás veces, cantou namorada a cotovía. Somente son terra. Só desexo ser terra, mesturarme coa terra, perderme, confundirme, no silencio da terra. e pídolle, con todo o meu ser, á terra miña nai, que sexa xentil comigo Manuel María
  • 105. QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR AS ÁRBORES E OS BOSQUES -Respectar á arbore como ser vivo e aos elementos dos que depende (solo, aire, auga...). -Evitar conductas que poidan ocasionarlles danos (facer lume...). -Non deixar pegadas do noso paso polos bosques. -Non usar madeiras de bosques nin de especies amenazadas. -Usar moderadamente as leñas, madeiras e carbón vexetal. -Usar papel reciclado e aproveitalo ao máximo. Reducir o consumo en embalaxes e envoltorios. -Aprender a coñecer as nosas árbores e bosques. Valorar as especies autóctonas. -Facerlle un espazo ás árbores nas vilas e cidades. -Colaborar coas persoas e institucións de defensa da natureza. -Plantar árbores.
  • 106. A PROTECCIÓN DAS ÁRBORES E OS BOSQUES EN GALICIA ESPAZOS PROTEXIDOS: Fraga de Caaveiro, Devesa de Rogueira, Aciñeiral de Cruzul, Sobreiral do Arnego... ÁRBORES PROTEXIDAS: Monumentos naturais: eucaliptos de Chavín (Viveiro), castiñeiros de Catasós, carballo da Rocha (A Saínza), castiñeiros de Rozabales (Manzaneda). No catálogo de árbores senlleiras de Galicia están inscritos 128 exemplares Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga)
  • 107. O 21 de Marzo celébrase (desde 1971) o DÍA DA ÁRBORE .
  • 108. O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. O albre é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento. O albre danos a froita, que é un manxar composto polo mesmo creador, para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido. O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura. O albre danos a sombra fresca no verán e quentura garimosa no inverno. O albre danos as trabes, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra. O albre danos o papel barato que nos trae a decotío as novas do que pasa no mundo. Val máis unha terra con albres nos montes que un estado con ouro nos bancos. A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o estado unitario. O albres son as minas galegas que nós saberemos explotar cando a nosa terra sexa nosa. A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade. Na nosa terra danse os mellores albres. O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar. (Castelao, “Sempre en Galicia”, 1937)
  • 109. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet DEBUXOS: Mon Daporta