2. Nomes
CIENTIFICO: Aloysa citriodora
GALEGO: herba luísa
CASTELÀN: hierba luísa, cedrón
CATALÁN : marialluïsa
INGLÉS: lemon beebrush
FRANCÉS: verveine citronnelle
PORTUGUÉS: Lúcia-lima,
bela-Luísa
ALEMÁN: zitronenstrauch
3. A HERBA LUÍSA é unha especie da familia Verbenaceae.
Caracterízase por un olor semellante ó limón. Pode chegar a
medir entre 3 e 7 metros.
É orixinaria de Sudamérica, onde medra silvestre (Colombia,
Chile, Arxentina, Paraguai, Uruguai, Bolivia, Perú, Brasil e
México).
5. Follas
Verticiladas, simples, de forma
lanceolada, apicada, de ata 7
cm de lonxitude, coa beira lisa
ou dentada e o peciolo moi
curto.
Son de cor verde clara pola
cara co envés marcado por
unhas glándulas visibles que
son as que soltan o olor
parecido ó do limón
6. Flores
Pequenas, agrupadas en en espigas de ata 10 cm de longo.
O cálice ten dous labios laterais; a corola é acampanada, con
catro pétalos de cor branca ou lila.
9. Ciclo de vida
É plurianual é dicir vive máis de dous anos. É un arbusto de
folla caduca. Caenlle as follas no inverno debido ó frío.
Florece no verán.
10. Utilidade
Ornamental
Utilízase nos xardíns coma
planta ornamental.
Gastronomía
As follas secas e picadas
empréganse en prebes
para darlle un arrecendo
cítrico ás comidas.
Elabóranse con ela tamén
un sorbete.
Cosmética
Perfume, xabóns, aceites
esenciais...
11. Medicinal
A súa infusión utilízase como
dixestiva carminativa e
antiespasmódica, para casos de
dispepsia ou dores de estómago.
Consúmese tamén como sedante
lixeiro.
Posúe unha importante cantidade
de melatonina, substancia que se
usa como relaxante natural e que
favorece o sono nocturno.
Os elementos usados en infusión recóllense dúas
veces ao ano, a finais da primavera e comezos do
outono. Empréganse as follas tenras e os remates
floridos.
12. Curiosidades
A heba luísa é unha das sete herbas máxicas de San Xoán. Era
considerada boa para os amoríos. Tamén se asocia coas troulas e
festas nocturnas.