SlideShare a Scribd company logo
1 of 149
As coníferas
Mon Daporta
Despois de descubrir tantas cousas cos piñeiros
quixo Roque coñecer aos seus parentes ao completo.
Meteuse a buscar, nos libros e na “rede”,
e deu moitas voltas ata dar con eles.
Logo fixo viaxes,
e fotos a centos…
Armar esta historia levoulle o seu tempo!
E xuntando un co outro a cousa extendeuse
ata facerse tan longa como agora veredes.
As coníferas son plantas que teñen a súa orixe no Carbonífero, hai uos 300 millóns de anos.
Moitas das familias actuais desenvolvéronse no Triásico tardío ou nos comezos do Xurásico.
Foron, en tempos, as plantas dominantes e aínda seguen a formar grandes masas en
diferentes hábitats. Son un grupo de árbores e arbustos con un toro central e numerosas
ponlas verticiladas (dispostas en niveis), alomenos cando son novos; coas follas simples,
lineais, aciculares, escamiformes ou agudas.
Toros fosilizados de Araucariozylon arizonicum, unha conífera xa
desaparecida.
Fósil e ponla recente de
Wollemia nobilis, unha conífera
da que se coñecían fósiles e da
que se atoparon uns exemplares
vivos a finais do século pasado.
As coníferas son plantas monoicas (cos materiais reprodutores, masculinos e femininos,
separados pero no mesmo pé) a non ser algunhas especies que teñen pés que producen só
materiais reprodutores masculinos e pés que producen só materiais femininos (dioicas).
As coníferas son ximnospermas (plantas que non forman froitos para protexer as sementes),
a maioría teñen as sementes protexidas en conos, estruturas, ovais ou cónicas, moitas delas
leñosas, formadas por un eixo do que saen ponlas modificadas para acoller os óvulos.
As coníferas son plantas de aproveitamento forestal e ornamental. Producen madeira
branda, que se usa para construción, para obter febra para papel e outras utilidades, e son
usadas como ornamentais pola súa estrutura regular e por teren folla permanentemente.
As coníferas, do orde Pinofitas,
están agrupadas en 6-7 familias, nas que se integran unhas 600 especies.
Pinales
Pináceas: Abietoidae e Pinoidae
Araucariales
Araucariaceas
Podocarpaceas
Cupresales
Sciadopityaceas
Cupresaceas
Cephalotaxaceas
Taxaceas
Abies coreana
Xénero Abies (abetos).
Son unhas 55 especies que
medran principalmente en
bosques de Asia central e
oriental, no centro e sur de
Europa e en Norteamérica.
Poden medir de 10 a 80 m de
altura.
As especies diferéncianse polo
tamaño e a disposición das
follas, pola forma e o tamaño
dos conos e pola lonxitude das
brácteas que teñen entre as
escamas.
As follas dos abetos están unidas ás ponlas
por un pé que semella unha pequena
ventosa e os conos, cilíndricos, de entre 5 e
25 cm de longo, sitúanse, erguidos, enriba
das ponlas máis altas; cando maduran
desfanse para deixar libres os piñóns
mentras o eixo segue na árbore durante un
tempo.
Xénero Cedrus (cedros) Son
catro especies de árbores grandes, de
copa cónica ou vertical e madeira
aromática. Medran ao sur e no leste do
mar Mediterráneo e no oeste do
Himalaia. Distínguense uns dos outros
polo tamaño e a disposición das follas e
o tamaño dos conos.
Teñen as follas simples agrupadas en verticilos
e os conos ovoides, erguidos.
Xénero Keteleeria. Tres especies repartidas entre o sur da China, Taiwán, Hainan
e o norte de Laos e Vietnam. Son árbores de folla perenne que acadan os 35 metros de
altura. Poden desenvolverse a partir de retoños.
As follas son aciculares de 1,5
a 7 cm de lonxitude e as
piñas erguidas que poden
medir de 6 a 22 cm de longo.
Os conos masculinos están
agrupados en umbelas.
Xénero Pseudolarix (Falso alerce). Unha soa especie, Pseudolarix amabilis
(Falso alerce dourado). Nativo de áreas de montaña do leste de China. É unha árbore de
folla caediza que acada os 30-40 m de altura.
As follas, de 3 a 6 cm de lonxitude, póñense
amarelas antes de cairen. As piñas miden
de 4 a 7 cm de longo, e desfanse ao
madurar. Os conos masculinos aparecen
agrupados en umbelas.
Xénero Tsuga (falsos abetos).
Hay de 8 a 10 especies exclusivas de zonas
húmidas (catro especies en Norteamérica e
outras catro, ou seis, no leste de Asia). Son
árbores de 20 a 60 metros de altura.
As follas, en forma de agulla, miden
ata 4 cm de lonxitude.
As piñas, globosas ou cilíndricas e
ovoides, que miden de 1,5 a 4 cm
de longo son solitarias, terminais e
colgantes.
Xénero Cathaya. Unha especie. Cathaya
argyrophylla. Só se atopa en terreos limosos
de altitudes medias do sur de China. Pode
medir de 20 a 40 m de altura.
As follas que miden entre 2,5 e 5 cm, están dispostas en espiral arredor das ponlas. As piñas,
ovais, miden de 3 a 5 cm.
Xénero Larix (alerces).
Trece especies. Son as plantas
dominantes nos bosques
boreais de Rusia e de Canadá.
Son árbores caducifolios que
poden medir entre 15 e 50 m
de altura.
As follas, suaves, verdes, brillantes, forman grupos de 15 a 40; póñense amarelas e
caen a finais do outono. As piñas, erguidas, miden de 2 a 6 cm de longo.
Xénero Picea (píceas). Unhas 35
especies. Son árbores de porte piramidal
de entre 20 e 60 metros de altura.
As follas, illadas, son planas ou de
sección cadrada e puntiagudas. As
piñas longas, colgantes, non se desfán
ao madurar.
Picea abies
Picea mariana
Xénero Pinus (piñeiros).
Unhas 110 especies. Son nativos do
Hemisferio Norte, cunha soa especie
ao sur do Ecuador, o piñeiro de
Sumatra. As montañas subtropicais de
México acollen o meirande número
de piñeiros diferentes, case 50
especies.
As follas, lineais, están dispostas xeralmente en grupos de entre dúas e cinco, e
poden medir de 5 a 40 cm, según a especie. As piñas son leñosas, ovais ou cónicas, e
de medidas moi diversas.
Xénero Pseudotsuga
(douglasias ou abetos de
Douglas). Cinco especies (dúas
no oeste de Norteamérica, unha en
México e outras dúas no leste de
Asia). Poden medir de 20 a máis
de100 metros de altura.
As follas, planas, rodean as ponlas e miden de 2 a 4 cm. As piñas, colgantes,
miden de 3 a 8 cm e teñen brácteas longas que sobresaen das escamas.
Xénero Nothotsuga. Unha especie (Nothotsuga longibracteata). Nativa do
surleste da China. É unha árbore perenne que acada os 30 m de altura.
As follas son aciculares de 1,2 a 4 cm de lonxitude e as piñas erguidas,
de 2,5 a 5 cm de longo.
Xénero Agathis (kauri,
piñeiro kaurí ou damar).
21 especies de árbores de folla
perenne das illas do surleste de
Asia e de Oceanía. Poden medir
máis de 40 m de altura.
As follas son opostas, coirentas. As piñas, solitarias,
globosas e lisas, miden de 10 a 15 cm de diámetro e están
asentadas en pedúnculos grosos,.
Xénero Araucaria. Hay 19 especies,
fósiles vivintes do Mesozoico.
Atópanse en lugares expostos de bosques e
estepas da metade sur de América do Sur e de
Oceanía (Nova Caledonia -con 13 especies
endémicas-, a illa Norfolk, Australia oriental e
Nova Guiné).
Son árbores de 30 a 80 m coas ponlas
verticiladas e horizontais.
As follas son coirentas, planas ou aciculares.
As piñas son globosas e, segundo a especie,
poden medir de 7 a 25 cm de diámetro.
Wollemia nobilis . Árbore descuberta o ano 1994
nos bosques temperados húmidos do “Wollemi
National Park” en Nova Gales do Sur. Está
considerada un fósil vivo.
Ten folla perenne e pode medir de 25 a 40 m de
altura. As ponlas que saen do toro central non se
ramifican e pasados uns anos producen, na punta,
unha piña; cando madura a piña a ponla séca e cai,
e do toro sae outra ponla nova.
As follas son planas, lineais, de 3 a 8 cm de
longo; distribúense en espiral pero semellan
en dúas ou catro fileiras. As piñas, globosas,
espiñentas, miden de 6 a 12 cm de longo e
desfanse para soltar as sementes.
Xénero Phyllocladus. Son
árbores nativas de Nova Celandia,
Tasmania, Malasia e Filipinas. que
poden medir de 10 ata 30 m de
altura.
As follas son escasas, pequenas, escamentas,
de 2-3 mm de longo, a fotosíntese realízana os
filoclados, talos curtos modificados que nacen
da xema que se forma na axila das follas e,
segundo a especie, poden ser dunha peza
(simples: romboidales, de 2 a 5 cm de longo)
ou ter ramificacións (compostos: de ata 20 cm
de longo con, entre 5 e 15, subdivisións de 1 a
3 cm).
Os conos semellan bagas cun arilo carnoso
branco
Conos e sementes nunha
especie con filoclados simples.
Conos nunha especie con
filoclados compostos.
Xénero Lepidothamnus. Formado por tres especies de árbores,
perennifolias, dioicas, que miden de 10 a 50 cm de altura; 2 especies son nativas de
Nova Celandia (L. intermedius e L. laxifolius) e unha dos páramos e pantanos dos
bosques subpolares do sur da Arxentina e de Chile (L. fonkii).
As follas son escamas de 1,5 a 3 mm.
Os conos masculinos miden de 5 a 6
mm. Os conos femininos, solitarios e
terminais, miden 1cm de longo, están
formados por ente 3 e 5 brácteas, das
que só 1 ou 2 son fértiles.
Xénero Prumnopitys. Está formado por 8 especies de árbores perennifolios,
dioicos, de ata 40 m de altura que se distribúen a ambos lados do océano Pacífico; en
Australia, Nova Celandia e no leste de Nova Caledonia, e ao longo das montañas de
Suramérica desde o leste de Chile a Venezuela e Costa Rica.
As follas son lineais de 1 a 4 cm de longo.
Os conos femininos están reducidos ao eixo
central de 1 a 5 cm con varias escamas das
que 1 ou 2 son fértiles e teñen unha
semente rodeada dun arilo carnoso que a
fai semellante a unha drupa.
Xénero Sundacarpus. Unha soa
especie Sundacarpus amarus. Unha árbore
de folla perenne, de 10 a 60 m de altura e
ata 1,40 m de diámetro, nativa de parte de
Australia e das illas do surleste de Asia
(Indonesia, Nova Guiné e parte das
Filipinas).
As follas, lineais, miden de 5 a 15 cm de longo. Os conos masculinos miden de 2,5 a 4 cm
de longo e son pedunculados. Os conos femininos semellan drupas, están reducidos ás
sementes cun arilo carnoso debaixo.
Xénero Halocarpus. Tres especies
de árbores de folla perenne endémicas
de Nova Celandia. Poden medir ata 10
m de altura.
As follas das plantas novas son lineais e planas, de ata 4 cm de lonxitude, e as das
adultas son escamas de 1 a 2 mm; aínda que nas ponlas baixas das árbores adultas
adoita haber follas do estadio xuvenil. Os conos (masculinos e femininos) son solitarios,
sésiles e terminais. Os conos femininos están formados por varias brácteas de follas
longas, das que a metade son fértiles e forman na axila unha estrutura na que a
semente ten debaixo un arilo carnoso
Ponla con follas dos estadios
xuvenil e adulto.
Xénero Parasitaxus. Unha
soa especie Parasitaxus usta. É a
única ximnosperma parásita. Non
ten raíces e está sempre conectada
ás raíces de Falcatifolium taxoides
(outra Podocarpaceae). É endémica
dos bosques de Nova Caledonia.
Acada ata 1,8 m de altura.
As follas están reducidas a escamas de cor vermella escura. Os conos, terminais,
transformados, semellan drupas.
Xénero Lagarostrobos.
Unha soa especie
Lagarostrobos franklinii
(Piñeiro de Huon ou Piñeiro
de Macquarie) nativa do
suroeste de Tasmania,
Australia. É unha árbore dioica
moi lonxeva, algúns
exemplares vivos sobrepasan
os 2.000 anos de idade, de 10 a
20 m de alto con ponlas
arqueadas e ramificacións
As follas, con forma de escama, miden de 1 a 3 mm de longo. Os conos masculinos son
amarelos, de 5 a 8 mm de longo. Os conos femininos semellan froitos carnosos, están
formados por 5 a 10 escamas que protexen as sementes.
Xénero Manoao. Unha única
especie, Manoao colensoi (Manoao,
piñeiro prateado ou piñeiro de
Westland) endémica das áreas
húmidas de Nova Celandia. É unha
árbore perennifolia de
desenvolvemento lento, que pode
medir ata 20 metros de altura e 1 m
de diámetro.
As follas son escamas de 3 mm de longo. Os conos son pequenos, solitarios e terminais;
os femininos están transformados.
Xénero Saxegothaea. Unha soa
especie Saxegothaea conspicua (mañío)
endémica dos bosques temperados do
sur de Chile e áreas limítrofes de
Arxentina. É unha árbore de folla
perenne, de desenvolvemento lento e
longa vida, que pode medir de 15 a 25 m
de altura e ter 1 m de diámetro.
As follas son lanceoladas, de 1,5 a 3 cm de
longo, coirentas e cunha espiña terminal. Os
conos teñen 1 cm de longo con 15-20 escamas.
Ponliña con conos masculinos e un cono
feminino en desenvolvemento
Cono feminino maduro
Xénero Microcachrys. Unha única especie Microcachrys tetragona orixinaria e
endémica dos matos do oeste de Tasmania. É un arbusto dioico, caducifolio, rastreiro,
que acada 1 m de altura.
As follas son pequenas escamas e
están dispostas en pares opostos.
Os conos desenvólvense nas
puntas das ponlas. Os masculinos
miden de 2 a 3 mm de longo e os
femininos poden medir de 6 a 8
mm e cando maduran vólvense
carnosos e de cor vermella.
Conos masculinos
Conos femoininos maduros,
e en desenvolvemento
Xénero Pherosphaera. Dúas
especies: Microstrobos ou pherosphaera
fitzgeraldii (piñeiro das Montañas Azúis),
do que só se coñecen 7 poblacións, cun
total de menos de 500 plantas silvestres,
en Nova Gales do Sur, Australia; e
Microstrobos ou pherosphaera
niphophilus, do centro oeste de Tasmania.
Son arbustos dioicos de folla perenne.
As follas son escamas agudas, duns 4 mm de lonxitude, dispostas en espiral arredor
das ponlas. Os conos son solitarios e terminais, tanto os masculinos como os
femininos miden de 2 a 3 mm de longo. Os femininos, de ovoides a globosos, vólvense
vermellos, pero non carnosos, ao madurar.
Xénero Acmopyle.
Só dúas especies de
árbores perennifolias e
ben ramificadas: A.
sahniana, endémica da
illa de Fixi, unha árbore
de 3 a 5 m de altura, da
que só se coñecen
menos dun cento de
exemplares en estado
silvestre; e A. pancheri,
endémica de Nova
Caledonia. Unha árbore
de ata 25 m de altura. Exemplar cultivado de Acmopyle sahniana.
Teñen as follas aplanadas,
agudas, de 1 a 2 cm de longo.
Os conos masculinos
terminais, de 5 mm de longo,
e os femininos nun
pedúnculo escamento, ao
maduraren convírtense nun
receptáculo carnoso do que
sobresae a semente.
Ponla con conos masculinos
Conos femininos maduros
Xénero Dacrycarpus. Inclúe 9 especies
de plantas perennifolias, dioicas, con tallas
que van desde a de pequenos arbustos ata a
de árbores de 50 m de altura, orixinarias do
surleste de Asia (Malasia, o norte de Birmania
e o sur de China) e de moitas illas da contorna
(Nova Celandia, Fixi, Nova Guiné -5 especies-,
Indonesia e Filipinas).
Dacrycarpus dacrydioides a especie que
acada o maior desenvolvemento.
As follas dispostas en espiral, aplanadas, lanceoladas ou triangulares, de 1,5 a 3 mm. Conos
masculinos de 6 a 10 mm. Conos femininos con escamas na base que se extenden para formar
un involucro que a miúdo rodea o soporte da semente inmadura. Unha estrutura formada por
un pequeno receptáculo verrucoso de 2,5 a 4 mm de longo, que medra e faise carnoso,
primeiro de cor laranxa e despois vermello ou púrpura, según a especie, cando madura.
Dacrydium araucarioides Dacrydium cupresinum
Xénero Dacrydium. Formado por 21 especies de árbores, dioicos e
perennifolios, orixinarios do surleste de Asia e illas da zona.
As follas son lineais ou escamentas. Conos machos solitarios, terminais ou axilares; e
conos femininos formados por varias brácteas, das que só unha acolle sementes. Ao
madurar os conos de algunhas especies fanse carnosos e adquiren cores brillantes.
Follas e conos de Dacrydium araucarioides Follas e conos de Dacrydium cupresinum
Xénero Falcatifolium. Está formado por 5 especies de árbores, dioicos e
perennifolios, que se atopan no surleste de Asia e varias illas da zona. Poden medir ata
30 m de altura. As follas, de dúas clases, falcadas e escamentas. Os conos son cilíndricos
de 10 a 35 mm de longo, según a especie. O tamaño destes conos é un detalle a ter en
conta na identificación. Os femininos rodean parcialmente á semente e fanse carnosos
e de cor vermella ao maduraren.
Xénero Retrophyllum.
Formado por 5 especies. Atópanse na
zona ecuatorial e tropical de América do
Sur e en illas do océano Pacífico.
Árbores pequenas e medianas que viven
preto da auga ou en bosques húmidos.
Retrophyllum rospigliosi.
Piñeiro romeirón
Retrophyllum minus.
Só quedan uns 2.000
en Nova Caledonia.
As follas son simples, opostas, de lineais a ovadas, con
só un nervo central, e miden entre 5 e 10 mm de longo.
Os conos masculinos miden 1 cm e os femininos
transfórmanse nuns froitos carnosos, ovoides de ata 3
cm de longo.
Xénero Nageia. Formado por 6
especies que se atopan en bosques
húmidos tropicais e subtropicais do sur e
surleste de Asia e das illas da zona. Inclúe
árbores e arbustos de folla perenne que
miden entre 1 e 50 m de altura.
As follas, que miden entre 5 e 20 cm de longo e de 2 a 6 cm de amplitude, son planas e
sin nervadura central. Os conos femininos só teñen unha escama fértil e unha semente
cunha cuberta carnosa (falsa drupa) de entre 1 e 2 cm de diámetro.
Xénero Afrocarpus. Formado por 6 especies que se distribúen polas montañas e
bosques de África Oriental e Meridional ata a costa de Sudáfrica e Madagascar. Son
árbores de entre 10 e 30 m de altura.
As follas son lanceoladas de entre 2 e 6 cm de longo, máis longas nas plantas novas. Os
conos masculinos poden medir de 0,5 a 1,5 cm, e os femeninos, moi transformados,
sostidos por un curto pedúnculo, teñen unha semente de ata 2 cm de diámetro
cuberta por unha delgada capa carnosa que lle da o aspecto dunha drupa.
Xénero Podocarpus (mañíos). Inclúe 105 especies de perennifolios, case todos
dioicos, que poden medir entre 1 y 25 m de altura. Atópanse en África, ao sur do Sahara;
en América Central e Sudamérica; no sur e o surleste de Asia e as illas da zona; en
Australia e en varias illas Oceánicas.
As follas, de lanceoladas a oblongas,
miden entre 0,5 e 15 cm. Os conos
femininos formados por varias escamas,
teñen a apariencia de froitos carnosos
cando maduran.
Xénero Sciadopitys. Unha soa
especie: Sciadopitys verticillata
(piñeiro parasol xaponés) endémico
do Xapón. É o único representante da
familia, un fósil vivo sin parentes
próximos que se atopa en rexistros
fósiles de hai uns 230 millóns de anos.
É unha árbore de folla perenne que
pode medir ata 25 m de altura.
As follas, en realidade cladodios, son lineais de 7 a
12 cm de longo e aparecen agrupadas en verticilos.
Os conos masculinos aparecen agrupados e as
piñas, ovais, que miden de 6 a 11 cm de longo,
ábrense para soltar as sementes.
Xénero Cunninghamia. Acolle
dúas especies de árbores de folla
perenne nativos de China, Taiwán, e
o norte de Vietnam e Laos. Poden
acadar ata 50 m de altura.
As follas son coirentas e agudas, miden de 2 a 7
cm de longo, e están dispostas en espiral arredor
das ponlas. Os conos masculinos son pequenos,
pouco visibles, e aparecen en grupos de 10 a 30. Os
conos femininos son entre ovoides e globosos e
miden de 2,5 a 4,5 cm.
Xénero Taiwania. Unha soa
especie: Taiwania cryptomerioides
orixinaria do leste de Asia, Taiwan,
suroeste da China e o norte de
Birmania e de Vietnam. Está en
perigo de extinción por corta ilegal.
É unha das árbores máis grandes de
Asia. Pode medir máis de 80 m de
altura e ter un diámetro de 4 m.
As follas, aciculares, de 8 a 15 mm de longo nas árbores novas, vanse facendo máis curtas,
coma escamas, de 3 a 7 mm, nas árbores vellas. Os conos masculinos miden arredor de 1
cm e aparecen en pequenos grupos e os femininos son solitarios e poden medir ata 3 cm.
Xénero Athrotaxis.
Formado por tres especies,
de folla perenne, endémicas
do oeste de Tasmania que
medran nos bosques
temperados e chuviosos de
altura. Poden medir de 10 a
30 m de altura e ata 1,5 m de
diámetro.
As follas son curtas, como escamas, de 3 a 14 mm de longo. Os conos son pequenos, os
femininos, de globosos a ovais, miden de 1 a 3 cm (Athrotaxis Cupressoides ten as follas
curtas, de 3 a 5 mm, e os conos de 1 a 1,5 cm; Athrotaxis selaginoides ten as follas de 8 a
14 mm e os conos de 2 a 3 cm; e Athrotaxis laxifolia ten as follas de 4 a 7 mm e os conos
de 1.5 a 2.5 cm).
Xénero Metasequoia. Cunha
única especie (Metasequoia
glyptostroboides) orixinaria de China.
É unha árbore que medra rápido e
pode medir de 40 a 45 m de altura
con 2 m de diámetro.
As follas, caedizas, medran en dúas ringleiras opostas, miden de 1 a 3 cm e póñense de
cor vermella a castaña antes de cair. Os conos masculinos miden de 5 a 6 mm e os
femininos, globosos, miden de 15 a 25 mm.
Xénero Sequoia. Unha única especie Sequoia
sempervirens (secuoia vermella) Es un árbol perennifolio ,
a conífera máis alta que existe, pode acadar os 115 m de
altura e case 8 m de diámetro na base.
As follas, aplanadas, poden medir de 5 a 25 mm, as máis pequenas atópanse nas árbores
máis vellas. As piñas, ovoides, miden de 15-32 mm de longo.
Xénero Sequoiadendron.
Unha única especie Sequoiadendron
giganteum (secuoia xigante). Pode
medir ata case 90 m de altura e de 7 a
10 m de diámetro.
As follas, perennes, con forma de subela, de 3 a 6 mm de longo. Os conos miden
de 4 a 7 cm de longo.
Xénero Cryptomeria. Con unha soa especie Cryptomeria japonica (criptomeria,
sugi ou cedro do Xapón) endémica do Xapón. É unha árbore perennifolia que pode chegar
aos 70 m de altura e 4 m de diámetro.
As follas, en forma de agulla, miden de 5 a 10 mm de longo. Os conos masculinos aparecen,
en grupos, nas puntas das ponliñas e os femininos, maduros, son pedunculados, esféricos, e
de 1 a 2 cm de diámetro.
Xénero Glyptostrobus. Unha única especie Glyptostrobus pensilis (alcipreste dos
pantanos chinés) orixinaria das beiras de ríos e pantanos pouco fondos do surleste
subtropical de China. É unha árbore de ata 30 m de altura e 1 m de diámetro.
As follas, caedizas, aparentan estar en dúas ringleiras, e miden de 5 a 20 mm de
longo, pero nas copas das árbores vellas semellan escamas de só 2 a 3 mm de
longo. Os conos teñen forma de pera e miden de 2 a 3 cm de lonxitude.
XéneroTaxodium. Tres especies de terreos anegados orixinarias do sur dos EE. UU. e
de México: Taxodium distichum (alcipreste dos pantanos ou alcipreste calvo), nativo do
surleste de EE. UU., de folla caediza, común e abundante nas beiras de ríos con depósitos
aluviais ricos en limos; Taxodium ascendens (alcipreste dos pantanos), nativo do sur dos
EE. UU., de folla caediza, que se atopa preto das costas e en pantanos e depósitos aluviais
sen limo; eTaxodium mucronatum (ahuehuete ou sabino), orixinario de México, de folla
perenne. Son árbores grandes de ata 40 m de altura e de 2 a 3 m de diámetro.
As follas, aciculares, miden entre 0,5 e 2 cm de longo e aparentan estar en dúas ringleiras
opostas. Os conos masculinos aparecen en acios colgantes e os femininos, globosos, miden
de 2 a 3,5 cm de diámetro.
Xénero Papuacedrus. Ten unha soa especie: Papuacedrus papuana, nativa de
Nova Guiné e do leste das Molucas. É unha árbore de folla perenne que pode medir de
20 a 50 m de altura. As follas, escamentas e dispostas en pares opostos e alternos, son
máis curtas nas caras superior e inferior da ponla e máis longas nas laterais, miden de
1 a 3 mm nas árbores adultas e ata 1,5 cm nas árbores novas. Os conos miden de 1 a 2
cm de lonxitude.
Xénero Austrocedrus. Cunha única especie Austrocedrus chilensis (alcipreste
da cordilleira) que só se atopa nos bosques dos Andes do sur da Arxentina e Chile.
Pode medir ata 30 m de altura.
As follas son escamas pequenas en pares
opostos, as grandes de 4 a 8 mm e as pequenas
de 2 a 3 mm. Os conos masculinos son cilíndricos
e colgantes, e os femininos son ovais e de 5 a 10
mm de longo.
Xénero
Libocedrus.
Fórmano cinco
especies nativas de
Nova Celandia (L.
bidwillii e L. plumosa)e
de Nova Caledonia (L.
austro-caledonica, L.
chevalieri e L.
yateensis). Son árbores
e arbustos de 5 a 35 m
de altura.
As follas son escamas de 3 a 7 mm de longo,
en pares opostos. Os conos masculinos son
ovoides e aparecen en grupos de 6 a 12, os
femininos son cilíndricos, solitarios, miden de 8
a 20 mm e están formados por catro escamas
cunha puga.
Xénero Pilgerodendron. Ten unha
soa especie Pilgerodendron uviferum
(alcipreste das Guaitecas) endémica dos
bosques chuviosos temperados e dos
bosques subpolares do sur de Chile e o
suroeste de Arxentina. Árbore de folla
perenne que pode medir entre 2 e 20 m de
altura e ter un diámetro de ata 1,5 m.
As follas son escamas
dispostas en pares opostos
que lle dan as ponliñas
aspecto de teren a sección
cadrada. Os conos
masculinos miden de 5 a 10
mm e os femininos miden de
5 a 12 mm con unha espiña
en cada escama.
Xénero Widdringtonia (alciprestes africanos). Hay catro especies: W
cedarbergensis, W nodiflora, W. whytei e W schwarzii todas nativas do sur de África. Son
árbores e arbustos de folla perenne que poden medir de 5 a 30 m de altura.
As follas son escamas, nas plantas novas
agullas de 1 a 1,5 cm de longo. Os conos
masculinos miden de 3 a 6 mm de longo, e
están nas puntas das ponlas. Os femininos,
globulares ou ovoides, con catro escamas
leñosas, chegan aos 2 ou 3 cm. A textura
dos conos e as ás das sementes serven
para diferenciar as especies.
Xénero Diselma.
Cunha única especie
Diselma archeri (piñeiro
enano) endémica das
zonas alpinas do suroeste e
do centro de Tasmania.
Pequeño arbusto dioico
que pode medir de 1 e 4 m
de altura.
As follas son escamas de 2 a 3 mm de longo dispostas en pares opostos. Os conos
fórmanse nas puntas das ponlas e miden de 3 a 4 mm.
Xénero Fitzroya. Ten unha única
especie Fitzroya cupressoides, (alerce,
alerce patagónico ou falso ciprés de
Patagonia) orixinaria dos bosques húmidos
temperados do sur de Arxentina e de Chile.
É unha árbore de folla perenne que pode
acadar os 50 m de altura e 3 m de diámetro.
As follas, pequenas e agudas, dispóñense en verticilos alternos de tres en tres, e miden uns
3 mm de longo. Os conos, que poden aparecer en pés diferentes ou no mesmo pé, son
solitarios: os masculinos miden uns 3 mm e os femininos, globoides e leñosos, poden medir
de 6 a 8 mm.
Xénero Callitris.
Comprende 15 especies: 13
orixinarias de Australia e outras
dúas nativas de Nova Caledonia.
Son árbores de folla perenne de
entre 5 e 25 m de altura.
As follas son escamas, dispostas
en verticilos alternos de tres, nas
plantas adultas e como agullas
nas plantas novas. Os conos
masculinos miden de 3 a 6 mm de
longo e sitúanse nas puntas das
ponlas. Os femininos que poden
medir entre 1 e 3 cm, son case
esféricos e permanecen pechados
moitos anos nas árbores, só abren
despois de pasaren pola calor do
lume.
Xénero Actinostrobus. Está formado por tres especies endémicas do sudoeste de
Australia. Son árbores pequenas de 3 a 8 m de alto.
As follas, perennes, en forma de escama,
preséntanse de tres en tres en verticilos
alternos e teñen de 2 a 8 mm de longo
nas plantas adultas; nas plantas novas son
agullas de ata 2 cm de longo. Os conos
masculinos miden de 3 a 6 mm de longo e
aparecen nas puntas das ponliñas, os
femininos miden de 1 a 2 cm de diámetro
e abren só despois de sufriren os
incendios forestais.
Xénero Neocallitropsis. Ten unha soa especie: Neocallitropsis pancheri orixinaria
da beira dos ríos de Nova Caledonia. É unha árbore dioica, de follas perennes, que pode
medir entre 2 e 10 m de alto.
As follas, con forma de subela, miden 1 cm de longo e aparecen en verticilos alternos de
catro. Os conos femininos miden de 1,5 a 2 cm de longo.
Xénero Thujopsis. Ten unha
única especie a Thujopsis dolabrata
(hiba ou asunaro), unha árbore de
folla perenne, orixinaria do Xapón,
que pode chegar aos 40 m de alto e a
ter un toro de 1,5 m de diámetro. Hai
dúas variedades: T. d. var. dolabrata,
do centro e o sur, que ten as follas
máis grandes e o conxunto das ponlas
máis lixeiro; e T. d. var. Hondai, do
norte, que ten as follas máis
pequenas e a estructura máis espesa.
As follas son escamas grosas, anchas e
coirentas de 4 a 7 mm de longo, a superior
e a inferior aplanadas e as laterais abertas
e rematadas en punta. Os conos son
terminais e solitarios, os masculinos
cilíndricos e os femininos globosos, coas
escamas moi marcadas, de 1 a 1,5 cm.
Xénero Thuja ou tuia. Está formado por cinco especies, dúas nativas de
Norteamérica (Thuja occidentalis, do leste de Canadá e norleste dos EE.UU.; e Thuja plicata
ou Tuia xigante, do oeste de Norteamérica) e tres do leste de Asia (Thuja koraiensis, de
Corea; Thuja standishii, do Xapón; e Thuja sutchuenensis, de Sichuán –China). Son árbores
de folla perenne que poden medir desde 3 ata 18 m de alto.
As follas, escamiformes, de 1 a 10 mm de longo, están dispostas en pares opostos. Os conos
masculinos saen nas puntas des ponliñas, os femininos, ovais, medran ata 1 ou 2 cm.
Xénero Fokienia. Comprende
só unha especie a Fokienia
hodginsii nativa do surleste de
China, do norte, centro e oeste de
Vietnam e do norte de Laos. É
unha árbore de folla perenne que
pode medir de 25 a 30 m de altura.
As follas, escamas, están dispostas en pares opostos, aplanadas as de arriba e as de
abaixo e ovadas as laterais, miden de 2 a 5 mm de longo. Os conos masculinos son
ovais, solitarios e terminais, e miden uns 2,5 mm de longo; os conos femininos son
globosos e miden de 15 a 25 mm.
Xénero Chamaecyparis ou
falsos alciprestes. Acolle
especieses orixinarias do leste de
Asia (C. formosensis e C.
taiwanensis, deTaiwán; C. obtusa e
C. pisifera, do Xapón; C. hodginsii,
de China, Vietnam e Laos) e, (C.
thyoides) do leste e (C. lawsoniana)
do oeste de Norteamérica. Son
árbores de folla perenne que poden
medir de 20 a 70 m de alto.
As follas son escamas curtas en ponlas planas. Os conos masculinos son ovais e os
femininos de ovais a esféricos, de 1 cm de diámetro.
Xénero Cupressus ou alciprestes.
Está formado por entre 16 e 25 especies, a
maioría en poboacións pequenas e illadas
de dificil clasificación como especie,
subespecie ou variedade. Atópase en
numerosas zonas do Hemisferio Norte. Son
árbores monoicas de folla perenne que
poden acadar os 20 m de altura e un
diámetro de ata 60 cm.
As follas, con forma de escama, alineadas en parellas opostas e alternas, de 2 a 6 mm de
lonxitude. Os conos masculinos son ovais e colgan das puntas das ponlas, e os femininos
son globulares de ata 3 ou 4 cm de longo.
Xénero Juniperus. Comprende entre 50
e 67 especies coñecidas como xenebreiros (os
que teñen sempre follas xuvenís) ou sabinas
(que só teñen follas xuvenís os primeiros
anos). Poden ser árbores de 20 a 30 m de
altura ou arbustos rastreiros, de folla perenne
e xeralmente dioicos, que se atopan
amplamente distribuidos por todo o
hemisferio norte, desde o Ártico ata África e
Asia tropicais e as montañas de
Centroamérica.
As follas, aciculares e agudas, poden
medir ata 2,5 cm de longo, mentras que
as escamas so miden 3 ou 4 mm, son
opostas ou verticiladas. Os conos
masculinos son pequenos, ovais e
aparecen nas puntas das ponlas. Os
femininos (gálbulos) son globosos ou
ovoides, sempre carnosos (arcestidas) e
moitas veces olorosos polo que se usan
como aromatizante e como condimento.
Xénero Calocedrus. Formado
por catro especies: unha do oeste de
Norteamérica e as outras tres do leste
de Asia. A especie americana,
Calocedrus decurrens (cedro de
incienso de California), pode medir de
40 a 60 m de altura cun diámetro de
ata 3 m; as especies asiáticas,
Calocedrus formosana, Calocedrus
macrolepis e Calocedrus rupestris,
poden medir entre 20 e 30 m de altura
e son escasas na natureza. Calocedrus
rupestris, endémico das rochas
calcarias do norte de Vietnam foi
descrito por primeira vez no ano 2004.
As follas son escamas de entre 1 e 8 mm
de longo dispostas en pares opostos e
próximos que semellan verticilos de catro
con follas, planas nas caras e dobrados nos
laterais. Os conos masculinos miden entre
4 e 8 mm, e os femininos, formados por
catro escamas, poden medir de 10 a 30
mm de longo.
Calocedrus formosana
Calocedrus decurrens
Xénero Tetraclinis. Unha soa especie, Tetraclinis articulata (alerce africano ou
araar), nativa do norte de África. É unha árbore de só 5 a 9 m de altura.
As follas son escamas de 1 a 5 mm de lonxitude, dispostas en verticilos de catro, pero un
par son aplanadas e o outro estreitas e con quilla. Os conos aparecen nas puntas das
ponliñas; os masculinos miden de 4 a 6 mm e os femininos, de forma globosa, formados
por catro escamas rematadas nunha punta revolta, miden de 10 a 15 mm de longo.
Xénero Platycladus. Unha soa especie Platycladus orientalis (tuia oriental) nativa
do noroeste de China, Corea e o surleste de Rusia. Árbore de 15 a 20 m de altura e 0,5 m
de diámetro.
As follas son escamas de 2 a 4
mm de longo. Os conos miden
de 15 a 25 mm de longo e teñen
as escamas, grosas, en pares
opostos e rematadas en punta
ganchuda.
Xénero Microbiota. Unha única especie, Microbiota decussata (ciprés siberiano)
nativa das montañas do leste de Siberia. É un arbusto de 20 a 50 cm de altura.
As follas son escamas de 2 a 4
mm de lonxitude. Os conos
miden de 2 a 3 mm, con 4
escamas en dous pares opostos.
Xénero Amentotaxus. Comprende cinco especies endémicas das áreas subtropicais
do surleste de Asia, desde Taiwan e o sur da China ata o leste do Himalaia,e ao sur de
Vietnam. Poden medir de 2 a 15 m de altura.
As follas, perennes, son lineais
lanceoladas coa punta
redondeada, de 4 a 12 cm de
longo e de 6 a 10 mm de
amplitude. Os conos
masculinos miden de 3 a 15 cm
de longo. Os femininos teñen
unha semente de 1,5 a 3 cm de
longo rodeada dunha cuberta
carnosa.
Xénero
Cephalotaxus.
Comprende 11
especies orixinarias
do leste de Asia.
Son arbustos ou
pequenas árbores
perennifolias que
poden medir de 1 a
10 m de altura.
As follas son lineais coa punta redonda, de 4 a
12 cm de longo e 3 ou 4 mm de amplitude,
están dispostas en espiral nas ponlas pero
semellan en dúas ringleiras. Os conos de pole,
agrupados ao longo da parte de abaixo dos
brotes de 5-8 cm de largo e os femininos son
individuais ou aparecen agrupados nuns talos
curtos convértense nunha estrutura
semellante a unha noz que ten dentro a
semente, de 1,5 a 4 cm de longo, rodeada
dunha cuberta carnosa.
Xénero Torreya. Inclúe de cinco a
seis especies, catro orixinarias do leste
de Asia e as outras dúas orixinarias de
Norteamérica. Son árbores de entre 5 e
20 m de alto.
As follas, lineais, de 2 a 8 cm de longo, duras e rematadas nunha punta, aparentan estar
dispostas en dúas filas aínda que se asentan en espiral arredor das ponlas. Os conos
masculinos miden de 5 a 8 mm de longo e agrúpanse en ringleiras na parte de abaixo
dos brotes, e os femininos que poden ser solitarios ou estar agrupados nun pé curto
transfórmanse ao madurar en estruturas semellantes a drupas que conteñen a semente
de 2 a 4 cm rodeada por unha cuberta carnosa.
Xénero Austrotaxus. Con unha única especie: Austrotaxus spicata, orixinaria dos
terreos de serpentina do norte e o centro de Nova Caledonia, pode medir entre 5 e 20 m
de altura.
As follas son lanceoladas, planas, de 8-12
cm de largo e dispostas en espiral nas
ponlas. Os conos femininos están
reducidos a un arilo carnoso, de 20 a 25
mm de longo, que rodea a semente.
Xénero Pseudotaxus. Cunha única especie: Pseudotaxus chienii, orixinaria dos
bosques de China. Son arbustos que acadan uns 4 m de altura.
As follas, ovais ou elípticas, miden de 2,5 a 5
cm. Os conos masculinos colgan debaixo das
ponlas e os femininos están reducidos a un
arilo carnoso de cor branca que rodea a
semente.
Xénero Taxus (teixos). Unhas 30 especies
propias das zonas montañosas, con ambientes frescos
e húmidos en terreos calcarios. Son árbores dioicas
que poden medir ata 20 metros de altura e ter un
diámetro de 1,5 metros.
As follas, de 1 a 3 cm, están dispostas en dúas ringleiras. Os conos masculinos nacen
nas axilas das follas e colgan cara abaixo nas ponliñas, e os femininos están reducidos a
un arilo carnoso, vermello, de 1 cm de longo, que rodea a semente.
As imaxes fotográficas foron collidas da “internet”, e os datos de fontes diversas.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen
delas.
Mon Daporta.
E ata aquí…
o que a historia dou de si.

More Related Content

What's hot

Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
monadela
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014
iesasorey
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
LOPEZMOURENZA
 
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
monadela
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
PaulaReySilva
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
LOPEZMOURENZA
 
Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)
monadela
 
As plantas: talos
As plantas: talosAs plantas: talos
As plantas: talos
monadela
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
Lela Daviña Gómez
 
Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)
monadela
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
pilarfzx
 

What's hot (20)

Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
 
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
Mimosa, chorín (Acacia dealbata)
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
 
Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
As plantas: talos
As plantas: talosAs plantas: talos
As plantas: talos
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)Maceira (Malus domestica)
Maceira (Malus domestica)
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbar
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de auga
 
Cedros
CedrosCedros
Cedros
 
Palmeiras
PalmeirasPalmeiras
Palmeiras
 
Xenebreiro
XenebreiroXenebreiro
Xenebreiro
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucarias
 
Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitis
 

Similar to Roque e as coníferas

áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
ceipcoiron
 
A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arbore
magamac
 
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
monadela
 
Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)
monadela
 
Ailanto (Ailanthus altissima)
Ailanto (Ailanthus altissima)Ailanto (Ailanthus altissima)
Ailanto (Ailanthus altissima)
monadela
 
A vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagradaA vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagrada
testaferreiro
 

Similar to Roque e as coníferas (18)

Calocedro de California
Calocedro de CaliforniaCalocedro de California
Calocedro de California
 
O trevo
O trevoO trevo
O trevo
 
árbores de Cambados
árbores de Cambadosárbores de Cambados
árbores de Cambados
 
Cefaloteixo
CefaloteixoCefaloteixo
Cefaloteixo
 
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
 
A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arbore
 
Criptomeria
CriptomeriaCriptomeria
Criptomeria
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Tulipeiro
TulipeiroTulipeiro
Tulipeiro
 
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
 
Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)
 
Abetos
AbetosAbetos
Abetos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Ailanto (Ailanthus altissima)
Ailanto (Ailanthus altissima)Ailanto (Ailanthus altissima)
Ailanto (Ailanthus altissima)
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
A vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagradaA vexetación da fonsagrada
A vexetación da fonsagrada
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Recently uploaded (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Roque e as coníferas

  • 2. Despois de descubrir tantas cousas cos piñeiros quixo Roque coñecer aos seus parentes ao completo.
  • 3. Meteuse a buscar, nos libros e na “rede”, e deu moitas voltas ata dar con eles.
  • 5. e fotos a centos…
  • 6. Armar esta historia levoulle o seu tempo!
  • 7. E xuntando un co outro a cousa extendeuse ata facerse tan longa como agora veredes.
  • 8. As coníferas son plantas que teñen a súa orixe no Carbonífero, hai uos 300 millóns de anos. Moitas das familias actuais desenvolvéronse no Triásico tardío ou nos comezos do Xurásico. Foron, en tempos, as plantas dominantes e aínda seguen a formar grandes masas en diferentes hábitats. Son un grupo de árbores e arbustos con un toro central e numerosas ponlas verticiladas (dispostas en niveis), alomenos cando son novos; coas follas simples, lineais, aciculares, escamiformes ou agudas. Toros fosilizados de Araucariozylon arizonicum, unha conífera xa desaparecida. Fósil e ponla recente de Wollemia nobilis, unha conífera da que se coñecían fósiles e da que se atoparon uns exemplares vivos a finais do século pasado.
  • 9. As coníferas son plantas monoicas (cos materiais reprodutores, masculinos e femininos, separados pero no mesmo pé) a non ser algunhas especies que teñen pés que producen só materiais reprodutores masculinos e pés que producen só materiais femininos (dioicas).
  • 10. As coníferas son ximnospermas (plantas que non forman froitos para protexer as sementes), a maioría teñen as sementes protexidas en conos, estruturas, ovais ou cónicas, moitas delas leñosas, formadas por un eixo do que saen ponlas modificadas para acoller os óvulos.
  • 11. As coníferas son plantas de aproveitamento forestal e ornamental. Producen madeira branda, que se usa para construción, para obter febra para papel e outras utilidades, e son usadas como ornamentais pola súa estrutura regular e por teren folla permanentemente.
  • 12. As coníferas, do orde Pinofitas, están agrupadas en 6-7 familias, nas que se integran unhas 600 especies. Pinales Pináceas: Abietoidae e Pinoidae Araucariales Araucariaceas Podocarpaceas Cupresales Sciadopityaceas Cupresaceas Cephalotaxaceas Taxaceas
  • 13. Abies coreana Xénero Abies (abetos). Son unhas 55 especies que medran principalmente en bosques de Asia central e oriental, no centro e sur de Europa e en Norteamérica. Poden medir de 10 a 80 m de altura. As especies diferéncianse polo tamaño e a disposición das follas, pola forma e o tamaño dos conos e pola lonxitude das brácteas que teñen entre as escamas.
  • 14. As follas dos abetos están unidas ás ponlas por un pé que semella unha pequena ventosa e os conos, cilíndricos, de entre 5 e 25 cm de longo, sitúanse, erguidos, enriba das ponlas máis altas; cando maduran desfanse para deixar libres os piñóns mentras o eixo segue na árbore durante un tempo.
  • 15. Xénero Cedrus (cedros) Son catro especies de árbores grandes, de copa cónica ou vertical e madeira aromática. Medran ao sur e no leste do mar Mediterráneo e no oeste do Himalaia. Distínguense uns dos outros polo tamaño e a disposición das follas e o tamaño dos conos.
  • 16. Teñen as follas simples agrupadas en verticilos e os conos ovoides, erguidos.
  • 17. Xénero Keteleeria. Tres especies repartidas entre o sur da China, Taiwán, Hainan e o norte de Laos e Vietnam. Son árbores de folla perenne que acadan os 35 metros de altura. Poden desenvolverse a partir de retoños.
  • 18. As follas son aciculares de 1,5 a 7 cm de lonxitude e as piñas erguidas que poden medir de 6 a 22 cm de longo. Os conos masculinos están agrupados en umbelas.
  • 19. Xénero Pseudolarix (Falso alerce). Unha soa especie, Pseudolarix amabilis (Falso alerce dourado). Nativo de áreas de montaña do leste de China. É unha árbore de folla caediza que acada os 30-40 m de altura.
  • 20. As follas, de 3 a 6 cm de lonxitude, póñense amarelas antes de cairen. As piñas miden de 4 a 7 cm de longo, e desfanse ao madurar. Os conos masculinos aparecen agrupados en umbelas.
  • 21. Xénero Tsuga (falsos abetos). Hay de 8 a 10 especies exclusivas de zonas húmidas (catro especies en Norteamérica e outras catro, ou seis, no leste de Asia). Son árbores de 20 a 60 metros de altura.
  • 22. As follas, en forma de agulla, miden ata 4 cm de lonxitude. As piñas, globosas ou cilíndricas e ovoides, que miden de 1,5 a 4 cm de longo son solitarias, terminais e colgantes.
  • 23. Xénero Cathaya. Unha especie. Cathaya argyrophylla. Só se atopa en terreos limosos de altitudes medias do sur de China. Pode medir de 20 a 40 m de altura.
  • 24. As follas que miden entre 2,5 e 5 cm, están dispostas en espiral arredor das ponlas. As piñas, ovais, miden de 3 a 5 cm.
  • 25. Xénero Larix (alerces). Trece especies. Son as plantas dominantes nos bosques boreais de Rusia e de Canadá. Son árbores caducifolios que poden medir entre 15 e 50 m de altura.
  • 26. As follas, suaves, verdes, brillantes, forman grupos de 15 a 40; póñense amarelas e caen a finais do outono. As piñas, erguidas, miden de 2 a 6 cm de longo.
  • 27. Xénero Picea (píceas). Unhas 35 especies. Son árbores de porte piramidal de entre 20 e 60 metros de altura.
  • 28. As follas, illadas, son planas ou de sección cadrada e puntiagudas. As piñas longas, colgantes, non se desfán ao madurar. Picea abies Picea mariana
  • 29. Xénero Pinus (piñeiros). Unhas 110 especies. Son nativos do Hemisferio Norte, cunha soa especie ao sur do Ecuador, o piñeiro de Sumatra. As montañas subtropicais de México acollen o meirande número de piñeiros diferentes, case 50 especies.
  • 30. As follas, lineais, están dispostas xeralmente en grupos de entre dúas e cinco, e poden medir de 5 a 40 cm, según a especie. As piñas son leñosas, ovais ou cónicas, e de medidas moi diversas.
  • 31. Xénero Pseudotsuga (douglasias ou abetos de Douglas). Cinco especies (dúas no oeste de Norteamérica, unha en México e outras dúas no leste de Asia). Poden medir de 20 a máis de100 metros de altura.
  • 32. As follas, planas, rodean as ponlas e miden de 2 a 4 cm. As piñas, colgantes, miden de 3 a 8 cm e teñen brácteas longas que sobresaen das escamas.
  • 33. Xénero Nothotsuga. Unha especie (Nothotsuga longibracteata). Nativa do surleste da China. É unha árbore perenne que acada os 30 m de altura.
  • 34. As follas son aciculares de 1,2 a 4 cm de lonxitude e as piñas erguidas, de 2,5 a 5 cm de longo.
  • 35. Xénero Agathis (kauri, piñeiro kaurí ou damar). 21 especies de árbores de folla perenne das illas do surleste de Asia e de Oceanía. Poden medir máis de 40 m de altura.
  • 36. As follas son opostas, coirentas. As piñas, solitarias, globosas e lisas, miden de 10 a 15 cm de diámetro e están asentadas en pedúnculos grosos,.
  • 37. Xénero Araucaria. Hay 19 especies, fósiles vivintes do Mesozoico. Atópanse en lugares expostos de bosques e estepas da metade sur de América do Sur e de Oceanía (Nova Caledonia -con 13 especies endémicas-, a illa Norfolk, Australia oriental e Nova Guiné). Son árbores de 30 a 80 m coas ponlas verticiladas e horizontais.
  • 38. As follas son coirentas, planas ou aciculares. As piñas son globosas e, segundo a especie, poden medir de 7 a 25 cm de diámetro.
  • 39. Wollemia nobilis . Árbore descuberta o ano 1994 nos bosques temperados húmidos do “Wollemi National Park” en Nova Gales do Sur. Está considerada un fósil vivo. Ten folla perenne e pode medir de 25 a 40 m de altura. As ponlas que saen do toro central non se ramifican e pasados uns anos producen, na punta, unha piña; cando madura a piña a ponla séca e cai, e do toro sae outra ponla nova.
  • 40. As follas son planas, lineais, de 3 a 8 cm de longo; distribúense en espiral pero semellan en dúas ou catro fileiras. As piñas, globosas, espiñentas, miden de 6 a 12 cm de longo e desfanse para soltar as sementes.
  • 41. Xénero Phyllocladus. Son árbores nativas de Nova Celandia, Tasmania, Malasia e Filipinas. que poden medir de 10 ata 30 m de altura.
  • 42. As follas son escasas, pequenas, escamentas, de 2-3 mm de longo, a fotosíntese realízana os filoclados, talos curtos modificados que nacen da xema que se forma na axila das follas e, segundo a especie, poden ser dunha peza (simples: romboidales, de 2 a 5 cm de longo) ou ter ramificacións (compostos: de ata 20 cm de longo con, entre 5 e 15, subdivisións de 1 a 3 cm). Os conos semellan bagas cun arilo carnoso branco Conos e sementes nunha especie con filoclados simples. Conos nunha especie con filoclados compostos.
  • 43. Xénero Lepidothamnus. Formado por tres especies de árbores, perennifolias, dioicas, que miden de 10 a 50 cm de altura; 2 especies son nativas de Nova Celandia (L. intermedius e L. laxifolius) e unha dos páramos e pantanos dos bosques subpolares do sur da Arxentina e de Chile (L. fonkii).
  • 44. As follas son escamas de 1,5 a 3 mm. Os conos masculinos miden de 5 a 6 mm. Os conos femininos, solitarios e terminais, miden 1cm de longo, están formados por ente 3 e 5 brácteas, das que só 1 ou 2 son fértiles.
  • 45. Xénero Prumnopitys. Está formado por 8 especies de árbores perennifolios, dioicos, de ata 40 m de altura que se distribúen a ambos lados do océano Pacífico; en Australia, Nova Celandia e no leste de Nova Caledonia, e ao longo das montañas de Suramérica desde o leste de Chile a Venezuela e Costa Rica.
  • 46. As follas son lineais de 1 a 4 cm de longo. Os conos femininos están reducidos ao eixo central de 1 a 5 cm con varias escamas das que 1 ou 2 son fértiles e teñen unha semente rodeada dun arilo carnoso que a fai semellante a unha drupa.
  • 47. Xénero Sundacarpus. Unha soa especie Sundacarpus amarus. Unha árbore de folla perenne, de 10 a 60 m de altura e ata 1,40 m de diámetro, nativa de parte de Australia e das illas do surleste de Asia (Indonesia, Nova Guiné e parte das Filipinas).
  • 48. As follas, lineais, miden de 5 a 15 cm de longo. Os conos masculinos miden de 2,5 a 4 cm de longo e son pedunculados. Os conos femininos semellan drupas, están reducidos ás sementes cun arilo carnoso debaixo.
  • 49. Xénero Halocarpus. Tres especies de árbores de folla perenne endémicas de Nova Celandia. Poden medir ata 10 m de altura.
  • 50. As follas das plantas novas son lineais e planas, de ata 4 cm de lonxitude, e as das adultas son escamas de 1 a 2 mm; aínda que nas ponlas baixas das árbores adultas adoita haber follas do estadio xuvenil. Os conos (masculinos e femininos) son solitarios, sésiles e terminais. Os conos femininos están formados por varias brácteas de follas longas, das que a metade son fértiles e forman na axila unha estrutura na que a semente ten debaixo un arilo carnoso Ponla con follas dos estadios xuvenil e adulto.
  • 51. Xénero Parasitaxus. Unha soa especie Parasitaxus usta. É a única ximnosperma parásita. Non ten raíces e está sempre conectada ás raíces de Falcatifolium taxoides (outra Podocarpaceae). É endémica dos bosques de Nova Caledonia. Acada ata 1,8 m de altura.
  • 52. As follas están reducidas a escamas de cor vermella escura. Os conos, terminais, transformados, semellan drupas.
  • 53. Xénero Lagarostrobos. Unha soa especie Lagarostrobos franklinii (Piñeiro de Huon ou Piñeiro de Macquarie) nativa do suroeste de Tasmania, Australia. É unha árbore dioica moi lonxeva, algúns exemplares vivos sobrepasan os 2.000 anos de idade, de 10 a 20 m de alto con ponlas arqueadas e ramificacións
  • 54. As follas, con forma de escama, miden de 1 a 3 mm de longo. Os conos masculinos son amarelos, de 5 a 8 mm de longo. Os conos femininos semellan froitos carnosos, están formados por 5 a 10 escamas que protexen as sementes.
  • 55. Xénero Manoao. Unha única especie, Manoao colensoi (Manoao, piñeiro prateado ou piñeiro de Westland) endémica das áreas húmidas de Nova Celandia. É unha árbore perennifolia de desenvolvemento lento, que pode medir ata 20 metros de altura e 1 m de diámetro.
  • 56. As follas son escamas de 3 mm de longo. Os conos son pequenos, solitarios e terminais; os femininos están transformados.
  • 57. Xénero Saxegothaea. Unha soa especie Saxegothaea conspicua (mañío) endémica dos bosques temperados do sur de Chile e áreas limítrofes de Arxentina. É unha árbore de folla perenne, de desenvolvemento lento e longa vida, que pode medir de 15 a 25 m de altura e ter 1 m de diámetro.
  • 58. As follas son lanceoladas, de 1,5 a 3 cm de longo, coirentas e cunha espiña terminal. Os conos teñen 1 cm de longo con 15-20 escamas. Ponliña con conos masculinos e un cono feminino en desenvolvemento Cono feminino maduro
  • 59. Xénero Microcachrys. Unha única especie Microcachrys tetragona orixinaria e endémica dos matos do oeste de Tasmania. É un arbusto dioico, caducifolio, rastreiro, que acada 1 m de altura.
  • 60. As follas son pequenas escamas e están dispostas en pares opostos. Os conos desenvólvense nas puntas das ponlas. Os masculinos miden de 2 a 3 mm de longo e os femininos poden medir de 6 a 8 mm e cando maduran vólvense carnosos e de cor vermella. Conos masculinos Conos femoininos maduros, e en desenvolvemento
  • 61. Xénero Pherosphaera. Dúas especies: Microstrobos ou pherosphaera fitzgeraldii (piñeiro das Montañas Azúis), do que só se coñecen 7 poblacións, cun total de menos de 500 plantas silvestres, en Nova Gales do Sur, Australia; e Microstrobos ou pherosphaera niphophilus, do centro oeste de Tasmania. Son arbustos dioicos de folla perenne.
  • 62. As follas son escamas agudas, duns 4 mm de lonxitude, dispostas en espiral arredor das ponlas. Os conos son solitarios e terminais, tanto os masculinos como os femininos miden de 2 a 3 mm de longo. Os femininos, de ovoides a globosos, vólvense vermellos, pero non carnosos, ao madurar.
  • 63. Xénero Acmopyle. Só dúas especies de árbores perennifolias e ben ramificadas: A. sahniana, endémica da illa de Fixi, unha árbore de 3 a 5 m de altura, da que só se coñecen menos dun cento de exemplares en estado silvestre; e A. pancheri, endémica de Nova Caledonia. Unha árbore de ata 25 m de altura. Exemplar cultivado de Acmopyle sahniana.
  • 64. Teñen as follas aplanadas, agudas, de 1 a 2 cm de longo. Os conos masculinos terminais, de 5 mm de longo, e os femininos nun pedúnculo escamento, ao maduraren convírtense nun receptáculo carnoso do que sobresae a semente. Ponla con conos masculinos Conos femininos maduros
  • 65. Xénero Dacrycarpus. Inclúe 9 especies de plantas perennifolias, dioicas, con tallas que van desde a de pequenos arbustos ata a de árbores de 50 m de altura, orixinarias do surleste de Asia (Malasia, o norte de Birmania e o sur de China) e de moitas illas da contorna (Nova Celandia, Fixi, Nova Guiné -5 especies-, Indonesia e Filipinas). Dacrycarpus dacrydioides a especie que acada o maior desenvolvemento.
  • 66. As follas dispostas en espiral, aplanadas, lanceoladas ou triangulares, de 1,5 a 3 mm. Conos masculinos de 6 a 10 mm. Conos femininos con escamas na base que se extenden para formar un involucro que a miúdo rodea o soporte da semente inmadura. Unha estrutura formada por un pequeno receptáculo verrucoso de 2,5 a 4 mm de longo, que medra e faise carnoso, primeiro de cor laranxa e despois vermello ou púrpura, según a especie, cando madura.
  • 67. Dacrydium araucarioides Dacrydium cupresinum Xénero Dacrydium. Formado por 21 especies de árbores, dioicos e perennifolios, orixinarios do surleste de Asia e illas da zona.
  • 68. As follas son lineais ou escamentas. Conos machos solitarios, terminais ou axilares; e conos femininos formados por varias brácteas, das que só unha acolle sementes. Ao madurar os conos de algunhas especies fanse carnosos e adquiren cores brillantes. Follas e conos de Dacrydium araucarioides Follas e conos de Dacrydium cupresinum
  • 69. Xénero Falcatifolium. Está formado por 5 especies de árbores, dioicos e perennifolios, que se atopan no surleste de Asia e varias illas da zona. Poden medir ata 30 m de altura. As follas, de dúas clases, falcadas e escamentas. Os conos son cilíndricos de 10 a 35 mm de longo, según a especie. O tamaño destes conos é un detalle a ter en conta na identificación. Os femininos rodean parcialmente á semente e fanse carnosos e de cor vermella ao maduraren.
  • 70. Xénero Retrophyllum. Formado por 5 especies. Atópanse na zona ecuatorial e tropical de América do Sur e en illas do océano Pacífico. Árbores pequenas e medianas que viven preto da auga ou en bosques húmidos. Retrophyllum rospigliosi. Piñeiro romeirón Retrophyllum minus. Só quedan uns 2.000 en Nova Caledonia.
  • 71. As follas son simples, opostas, de lineais a ovadas, con só un nervo central, e miden entre 5 e 10 mm de longo. Os conos masculinos miden 1 cm e os femininos transfórmanse nuns froitos carnosos, ovoides de ata 3 cm de longo.
  • 72. Xénero Nageia. Formado por 6 especies que se atopan en bosques húmidos tropicais e subtropicais do sur e surleste de Asia e das illas da zona. Inclúe árbores e arbustos de folla perenne que miden entre 1 e 50 m de altura.
  • 73. As follas, que miden entre 5 e 20 cm de longo e de 2 a 6 cm de amplitude, son planas e sin nervadura central. Os conos femininos só teñen unha escama fértil e unha semente cunha cuberta carnosa (falsa drupa) de entre 1 e 2 cm de diámetro.
  • 74. Xénero Afrocarpus. Formado por 6 especies que se distribúen polas montañas e bosques de África Oriental e Meridional ata a costa de Sudáfrica e Madagascar. Son árbores de entre 10 e 30 m de altura.
  • 75. As follas son lanceoladas de entre 2 e 6 cm de longo, máis longas nas plantas novas. Os conos masculinos poden medir de 0,5 a 1,5 cm, e os femeninos, moi transformados, sostidos por un curto pedúnculo, teñen unha semente de ata 2 cm de diámetro cuberta por unha delgada capa carnosa que lle da o aspecto dunha drupa.
  • 76. Xénero Podocarpus (mañíos). Inclúe 105 especies de perennifolios, case todos dioicos, que poden medir entre 1 y 25 m de altura. Atópanse en África, ao sur do Sahara; en América Central e Sudamérica; no sur e o surleste de Asia e as illas da zona; en Australia e en varias illas Oceánicas.
  • 77. As follas, de lanceoladas a oblongas, miden entre 0,5 e 15 cm. Os conos femininos formados por varias escamas, teñen a apariencia de froitos carnosos cando maduran.
  • 78. Xénero Sciadopitys. Unha soa especie: Sciadopitys verticillata (piñeiro parasol xaponés) endémico do Xapón. É o único representante da familia, un fósil vivo sin parentes próximos que se atopa en rexistros fósiles de hai uns 230 millóns de anos. É unha árbore de folla perenne que pode medir ata 25 m de altura.
  • 79. As follas, en realidade cladodios, son lineais de 7 a 12 cm de longo e aparecen agrupadas en verticilos. Os conos masculinos aparecen agrupados e as piñas, ovais, que miden de 6 a 11 cm de longo, ábrense para soltar as sementes.
  • 80. Xénero Cunninghamia. Acolle dúas especies de árbores de folla perenne nativos de China, Taiwán, e o norte de Vietnam e Laos. Poden acadar ata 50 m de altura.
  • 81. As follas son coirentas e agudas, miden de 2 a 7 cm de longo, e están dispostas en espiral arredor das ponlas. Os conos masculinos son pequenos, pouco visibles, e aparecen en grupos de 10 a 30. Os conos femininos son entre ovoides e globosos e miden de 2,5 a 4,5 cm.
  • 82. Xénero Taiwania. Unha soa especie: Taiwania cryptomerioides orixinaria do leste de Asia, Taiwan, suroeste da China e o norte de Birmania e de Vietnam. Está en perigo de extinción por corta ilegal. É unha das árbores máis grandes de Asia. Pode medir máis de 80 m de altura e ter un diámetro de 4 m.
  • 83. As follas, aciculares, de 8 a 15 mm de longo nas árbores novas, vanse facendo máis curtas, coma escamas, de 3 a 7 mm, nas árbores vellas. Os conos masculinos miden arredor de 1 cm e aparecen en pequenos grupos e os femininos son solitarios e poden medir ata 3 cm.
  • 84. Xénero Athrotaxis. Formado por tres especies, de folla perenne, endémicas do oeste de Tasmania que medran nos bosques temperados e chuviosos de altura. Poden medir de 10 a 30 m de altura e ata 1,5 m de diámetro.
  • 85. As follas son curtas, como escamas, de 3 a 14 mm de longo. Os conos son pequenos, os femininos, de globosos a ovais, miden de 1 a 3 cm (Athrotaxis Cupressoides ten as follas curtas, de 3 a 5 mm, e os conos de 1 a 1,5 cm; Athrotaxis selaginoides ten as follas de 8 a 14 mm e os conos de 2 a 3 cm; e Athrotaxis laxifolia ten as follas de 4 a 7 mm e os conos de 1.5 a 2.5 cm).
  • 86. Xénero Metasequoia. Cunha única especie (Metasequoia glyptostroboides) orixinaria de China. É unha árbore que medra rápido e pode medir de 40 a 45 m de altura con 2 m de diámetro.
  • 87. As follas, caedizas, medran en dúas ringleiras opostas, miden de 1 a 3 cm e póñense de cor vermella a castaña antes de cair. Os conos masculinos miden de 5 a 6 mm e os femininos, globosos, miden de 15 a 25 mm.
  • 88. Xénero Sequoia. Unha única especie Sequoia sempervirens (secuoia vermella) Es un árbol perennifolio , a conífera máis alta que existe, pode acadar os 115 m de altura e case 8 m de diámetro na base.
  • 89. As follas, aplanadas, poden medir de 5 a 25 mm, as máis pequenas atópanse nas árbores máis vellas. As piñas, ovoides, miden de 15-32 mm de longo.
  • 90. Xénero Sequoiadendron. Unha única especie Sequoiadendron giganteum (secuoia xigante). Pode medir ata case 90 m de altura e de 7 a 10 m de diámetro.
  • 91. As follas, perennes, con forma de subela, de 3 a 6 mm de longo. Os conos miden de 4 a 7 cm de longo.
  • 92. Xénero Cryptomeria. Con unha soa especie Cryptomeria japonica (criptomeria, sugi ou cedro do Xapón) endémica do Xapón. É unha árbore perennifolia que pode chegar aos 70 m de altura e 4 m de diámetro.
  • 93. As follas, en forma de agulla, miden de 5 a 10 mm de longo. Os conos masculinos aparecen, en grupos, nas puntas das ponliñas e os femininos, maduros, son pedunculados, esféricos, e de 1 a 2 cm de diámetro.
  • 94. Xénero Glyptostrobus. Unha única especie Glyptostrobus pensilis (alcipreste dos pantanos chinés) orixinaria das beiras de ríos e pantanos pouco fondos do surleste subtropical de China. É unha árbore de ata 30 m de altura e 1 m de diámetro.
  • 95. As follas, caedizas, aparentan estar en dúas ringleiras, e miden de 5 a 20 mm de longo, pero nas copas das árbores vellas semellan escamas de só 2 a 3 mm de longo. Os conos teñen forma de pera e miden de 2 a 3 cm de lonxitude.
  • 96. XéneroTaxodium. Tres especies de terreos anegados orixinarias do sur dos EE. UU. e de México: Taxodium distichum (alcipreste dos pantanos ou alcipreste calvo), nativo do surleste de EE. UU., de folla caediza, común e abundante nas beiras de ríos con depósitos aluviais ricos en limos; Taxodium ascendens (alcipreste dos pantanos), nativo do sur dos EE. UU., de folla caediza, que se atopa preto das costas e en pantanos e depósitos aluviais sen limo; eTaxodium mucronatum (ahuehuete ou sabino), orixinario de México, de folla perenne. Son árbores grandes de ata 40 m de altura e de 2 a 3 m de diámetro.
  • 97. As follas, aciculares, miden entre 0,5 e 2 cm de longo e aparentan estar en dúas ringleiras opostas. Os conos masculinos aparecen en acios colgantes e os femininos, globosos, miden de 2 a 3,5 cm de diámetro.
  • 98. Xénero Papuacedrus. Ten unha soa especie: Papuacedrus papuana, nativa de Nova Guiné e do leste das Molucas. É unha árbore de folla perenne que pode medir de 20 a 50 m de altura. As follas, escamentas e dispostas en pares opostos e alternos, son máis curtas nas caras superior e inferior da ponla e máis longas nas laterais, miden de 1 a 3 mm nas árbores adultas e ata 1,5 cm nas árbores novas. Os conos miden de 1 a 2 cm de lonxitude.
  • 99. Xénero Austrocedrus. Cunha única especie Austrocedrus chilensis (alcipreste da cordilleira) que só se atopa nos bosques dos Andes do sur da Arxentina e Chile. Pode medir ata 30 m de altura.
  • 100. As follas son escamas pequenas en pares opostos, as grandes de 4 a 8 mm e as pequenas de 2 a 3 mm. Os conos masculinos son cilíndricos e colgantes, e os femininos son ovais e de 5 a 10 mm de longo.
  • 101. Xénero Libocedrus. Fórmano cinco especies nativas de Nova Celandia (L. bidwillii e L. plumosa)e de Nova Caledonia (L. austro-caledonica, L. chevalieri e L. yateensis). Son árbores e arbustos de 5 a 35 m de altura.
  • 102. As follas son escamas de 3 a 7 mm de longo, en pares opostos. Os conos masculinos son ovoides e aparecen en grupos de 6 a 12, os femininos son cilíndricos, solitarios, miden de 8 a 20 mm e están formados por catro escamas cunha puga.
  • 103. Xénero Pilgerodendron. Ten unha soa especie Pilgerodendron uviferum (alcipreste das Guaitecas) endémica dos bosques chuviosos temperados e dos bosques subpolares do sur de Chile e o suroeste de Arxentina. Árbore de folla perenne que pode medir entre 2 e 20 m de altura e ter un diámetro de ata 1,5 m.
  • 104. As follas son escamas dispostas en pares opostos que lle dan as ponliñas aspecto de teren a sección cadrada. Os conos masculinos miden de 5 a 10 mm e os femininos miden de 5 a 12 mm con unha espiña en cada escama.
  • 105. Xénero Widdringtonia (alciprestes africanos). Hay catro especies: W cedarbergensis, W nodiflora, W. whytei e W schwarzii todas nativas do sur de África. Son árbores e arbustos de folla perenne que poden medir de 5 a 30 m de altura.
  • 106. As follas son escamas, nas plantas novas agullas de 1 a 1,5 cm de longo. Os conos masculinos miden de 3 a 6 mm de longo, e están nas puntas das ponlas. Os femininos, globulares ou ovoides, con catro escamas leñosas, chegan aos 2 ou 3 cm. A textura dos conos e as ás das sementes serven para diferenciar as especies.
  • 107. Xénero Diselma. Cunha única especie Diselma archeri (piñeiro enano) endémica das zonas alpinas do suroeste e do centro de Tasmania. Pequeño arbusto dioico que pode medir de 1 e 4 m de altura.
  • 108. As follas son escamas de 2 a 3 mm de longo dispostas en pares opostos. Os conos fórmanse nas puntas das ponlas e miden de 3 a 4 mm.
  • 109. Xénero Fitzroya. Ten unha única especie Fitzroya cupressoides, (alerce, alerce patagónico ou falso ciprés de Patagonia) orixinaria dos bosques húmidos temperados do sur de Arxentina e de Chile. É unha árbore de folla perenne que pode acadar os 50 m de altura e 3 m de diámetro.
  • 110. As follas, pequenas e agudas, dispóñense en verticilos alternos de tres en tres, e miden uns 3 mm de longo. Os conos, que poden aparecer en pés diferentes ou no mesmo pé, son solitarios: os masculinos miden uns 3 mm e os femininos, globoides e leñosos, poden medir de 6 a 8 mm.
  • 111. Xénero Callitris. Comprende 15 especies: 13 orixinarias de Australia e outras dúas nativas de Nova Caledonia. Son árbores de folla perenne de entre 5 e 25 m de altura.
  • 112. As follas son escamas, dispostas en verticilos alternos de tres, nas plantas adultas e como agullas nas plantas novas. Os conos masculinos miden de 3 a 6 mm de longo e sitúanse nas puntas das ponlas. Os femininos que poden medir entre 1 e 3 cm, son case esféricos e permanecen pechados moitos anos nas árbores, só abren despois de pasaren pola calor do lume.
  • 113. Xénero Actinostrobus. Está formado por tres especies endémicas do sudoeste de Australia. Son árbores pequenas de 3 a 8 m de alto.
  • 114. As follas, perennes, en forma de escama, preséntanse de tres en tres en verticilos alternos e teñen de 2 a 8 mm de longo nas plantas adultas; nas plantas novas son agullas de ata 2 cm de longo. Os conos masculinos miden de 3 a 6 mm de longo e aparecen nas puntas das ponliñas, os femininos miden de 1 a 2 cm de diámetro e abren só despois de sufriren os incendios forestais.
  • 115. Xénero Neocallitropsis. Ten unha soa especie: Neocallitropsis pancheri orixinaria da beira dos ríos de Nova Caledonia. É unha árbore dioica, de follas perennes, que pode medir entre 2 e 10 m de alto.
  • 116. As follas, con forma de subela, miden 1 cm de longo e aparecen en verticilos alternos de catro. Os conos femininos miden de 1,5 a 2 cm de longo.
  • 117. Xénero Thujopsis. Ten unha única especie a Thujopsis dolabrata (hiba ou asunaro), unha árbore de folla perenne, orixinaria do Xapón, que pode chegar aos 40 m de alto e a ter un toro de 1,5 m de diámetro. Hai dúas variedades: T. d. var. dolabrata, do centro e o sur, que ten as follas máis grandes e o conxunto das ponlas máis lixeiro; e T. d. var. Hondai, do norte, que ten as follas máis pequenas e a estructura máis espesa.
  • 118. As follas son escamas grosas, anchas e coirentas de 4 a 7 mm de longo, a superior e a inferior aplanadas e as laterais abertas e rematadas en punta. Os conos son terminais e solitarios, os masculinos cilíndricos e os femininos globosos, coas escamas moi marcadas, de 1 a 1,5 cm.
  • 119. Xénero Thuja ou tuia. Está formado por cinco especies, dúas nativas de Norteamérica (Thuja occidentalis, do leste de Canadá e norleste dos EE.UU.; e Thuja plicata ou Tuia xigante, do oeste de Norteamérica) e tres do leste de Asia (Thuja koraiensis, de Corea; Thuja standishii, do Xapón; e Thuja sutchuenensis, de Sichuán –China). Son árbores de folla perenne que poden medir desde 3 ata 18 m de alto.
  • 120. As follas, escamiformes, de 1 a 10 mm de longo, están dispostas en pares opostos. Os conos masculinos saen nas puntas des ponliñas, os femininos, ovais, medran ata 1 ou 2 cm.
  • 121. Xénero Fokienia. Comprende só unha especie a Fokienia hodginsii nativa do surleste de China, do norte, centro e oeste de Vietnam e do norte de Laos. É unha árbore de folla perenne que pode medir de 25 a 30 m de altura.
  • 122. As follas, escamas, están dispostas en pares opostos, aplanadas as de arriba e as de abaixo e ovadas as laterais, miden de 2 a 5 mm de longo. Os conos masculinos son ovais, solitarios e terminais, e miden uns 2,5 mm de longo; os conos femininos son globosos e miden de 15 a 25 mm.
  • 123. Xénero Chamaecyparis ou falsos alciprestes. Acolle especieses orixinarias do leste de Asia (C. formosensis e C. taiwanensis, deTaiwán; C. obtusa e C. pisifera, do Xapón; C. hodginsii, de China, Vietnam e Laos) e, (C. thyoides) do leste e (C. lawsoniana) do oeste de Norteamérica. Son árbores de folla perenne que poden medir de 20 a 70 m de alto.
  • 124. As follas son escamas curtas en ponlas planas. Os conos masculinos son ovais e os femininos de ovais a esféricos, de 1 cm de diámetro.
  • 125. Xénero Cupressus ou alciprestes. Está formado por entre 16 e 25 especies, a maioría en poboacións pequenas e illadas de dificil clasificación como especie, subespecie ou variedade. Atópase en numerosas zonas do Hemisferio Norte. Son árbores monoicas de folla perenne que poden acadar os 20 m de altura e un diámetro de ata 60 cm.
  • 126. As follas, con forma de escama, alineadas en parellas opostas e alternas, de 2 a 6 mm de lonxitude. Os conos masculinos son ovais e colgan das puntas das ponlas, e os femininos son globulares de ata 3 ou 4 cm de longo.
  • 127. Xénero Juniperus. Comprende entre 50 e 67 especies coñecidas como xenebreiros (os que teñen sempre follas xuvenís) ou sabinas (que só teñen follas xuvenís os primeiros anos). Poden ser árbores de 20 a 30 m de altura ou arbustos rastreiros, de folla perenne e xeralmente dioicos, que se atopan amplamente distribuidos por todo o hemisferio norte, desde o Ártico ata África e Asia tropicais e as montañas de Centroamérica.
  • 128. As follas, aciculares e agudas, poden medir ata 2,5 cm de longo, mentras que as escamas so miden 3 ou 4 mm, son opostas ou verticiladas. Os conos masculinos son pequenos, ovais e aparecen nas puntas das ponlas. Os femininos (gálbulos) son globosos ou ovoides, sempre carnosos (arcestidas) e moitas veces olorosos polo que se usan como aromatizante e como condimento.
  • 129. Xénero Calocedrus. Formado por catro especies: unha do oeste de Norteamérica e as outras tres do leste de Asia. A especie americana, Calocedrus decurrens (cedro de incienso de California), pode medir de 40 a 60 m de altura cun diámetro de ata 3 m; as especies asiáticas, Calocedrus formosana, Calocedrus macrolepis e Calocedrus rupestris, poden medir entre 20 e 30 m de altura e son escasas na natureza. Calocedrus rupestris, endémico das rochas calcarias do norte de Vietnam foi descrito por primeira vez no ano 2004.
  • 130. As follas son escamas de entre 1 e 8 mm de longo dispostas en pares opostos e próximos que semellan verticilos de catro con follas, planas nas caras e dobrados nos laterais. Os conos masculinos miden entre 4 e 8 mm, e os femininos, formados por catro escamas, poden medir de 10 a 30 mm de longo. Calocedrus formosana Calocedrus decurrens
  • 131. Xénero Tetraclinis. Unha soa especie, Tetraclinis articulata (alerce africano ou araar), nativa do norte de África. É unha árbore de só 5 a 9 m de altura.
  • 132. As follas son escamas de 1 a 5 mm de lonxitude, dispostas en verticilos de catro, pero un par son aplanadas e o outro estreitas e con quilla. Os conos aparecen nas puntas das ponliñas; os masculinos miden de 4 a 6 mm e os femininos, de forma globosa, formados por catro escamas rematadas nunha punta revolta, miden de 10 a 15 mm de longo.
  • 133. Xénero Platycladus. Unha soa especie Platycladus orientalis (tuia oriental) nativa do noroeste de China, Corea e o surleste de Rusia. Árbore de 15 a 20 m de altura e 0,5 m de diámetro.
  • 134. As follas son escamas de 2 a 4 mm de longo. Os conos miden de 15 a 25 mm de longo e teñen as escamas, grosas, en pares opostos e rematadas en punta ganchuda.
  • 135. Xénero Microbiota. Unha única especie, Microbiota decussata (ciprés siberiano) nativa das montañas do leste de Siberia. É un arbusto de 20 a 50 cm de altura.
  • 136. As follas son escamas de 2 a 4 mm de lonxitude. Os conos miden de 2 a 3 mm, con 4 escamas en dous pares opostos.
  • 137. Xénero Amentotaxus. Comprende cinco especies endémicas das áreas subtropicais do surleste de Asia, desde Taiwan e o sur da China ata o leste do Himalaia,e ao sur de Vietnam. Poden medir de 2 a 15 m de altura.
  • 138. As follas, perennes, son lineais lanceoladas coa punta redondeada, de 4 a 12 cm de longo e de 6 a 10 mm de amplitude. Os conos masculinos miden de 3 a 15 cm de longo. Os femininos teñen unha semente de 1,5 a 3 cm de longo rodeada dunha cuberta carnosa.
  • 139. Xénero Cephalotaxus. Comprende 11 especies orixinarias do leste de Asia. Son arbustos ou pequenas árbores perennifolias que poden medir de 1 a 10 m de altura.
  • 140. As follas son lineais coa punta redonda, de 4 a 12 cm de longo e 3 ou 4 mm de amplitude, están dispostas en espiral nas ponlas pero semellan en dúas ringleiras. Os conos de pole, agrupados ao longo da parte de abaixo dos brotes de 5-8 cm de largo e os femininos son individuais ou aparecen agrupados nuns talos curtos convértense nunha estrutura semellante a unha noz que ten dentro a semente, de 1,5 a 4 cm de longo, rodeada dunha cuberta carnosa.
  • 141. Xénero Torreya. Inclúe de cinco a seis especies, catro orixinarias do leste de Asia e as outras dúas orixinarias de Norteamérica. Son árbores de entre 5 e 20 m de alto.
  • 142. As follas, lineais, de 2 a 8 cm de longo, duras e rematadas nunha punta, aparentan estar dispostas en dúas filas aínda que se asentan en espiral arredor das ponlas. Os conos masculinos miden de 5 a 8 mm de longo e agrúpanse en ringleiras na parte de abaixo dos brotes, e os femininos que poden ser solitarios ou estar agrupados nun pé curto transfórmanse ao madurar en estruturas semellantes a drupas que conteñen a semente de 2 a 4 cm rodeada por unha cuberta carnosa.
  • 143. Xénero Austrotaxus. Con unha única especie: Austrotaxus spicata, orixinaria dos terreos de serpentina do norte e o centro de Nova Caledonia, pode medir entre 5 e 20 m de altura.
  • 144. As follas son lanceoladas, planas, de 8-12 cm de largo e dispostas en espiral nas ponlas. Os conos femininos están reducidos a un arilo carnoso, de 20 a 25 mm de longo, que rodea a semente.
  • 145. Xénero Pseudotaxus. Cunha única especie: Pseudotaxus chienii, orixinaria dos bosques de China. Son arbustos que acadan uns 4 m de altura.
  • 146. As follas, ovais ou elípticas, miden de 2,5 a 5 cm. Os conos masculinos colgan debaixo das ponlas e os femininos están reducidos a un arilo carnoso de cor branca que rodea a semente.
  • 147. Xénero Taxus (teixos). Unhas 30 especies propias das zonas montañosas, con ambientes frescos e húmidos en terreos calcarios. Son árbores dioicas que poden medir ata 20 metros de altura e ter un diámetro de 1,5 metros.
  • 148. As follas, de 1 a 3 cm, están dispostas en dúas ringleiras. Os conos masculinos nacen nas axilas das follas e colgan cara abaixo nas ponliñas, e os femininos están reducidos a un arilo carnoso, vermello, de 1 cm de longo, que rodea a semente.
  • 149. As imaxes fotográficas foron collidas da “internet”, e os datos de fontes diversas. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta. E ata aquí… o que a historia dou de si.