SlideShare a Scribd company logo
1 of 85
Algas de acuicultura
e outras especies útiles
A ALGUICULTURA é a parte
da acuicultura que estuda e
desenvolve o cultivo de algas.
A maioría das algas
cultivadas pertencen á
categoría de microalgas (o
fitoplancton, as micrófitas,…)
que se utilizan para a
alimentación de distintas
especies de peixes,
crustáceos e moluscos, nas
primeiras fases de
desenvolvemento, para
alimentar ás fontes de
alimentación destas especies
ou para serviren de materia
prima industrial; pero tamén
se cultivan diferentes
especies de macroalgas con
diversas finalidades.
Cultivo de
microalgas
Cultivo de
macroalgas
O FITOPLANCTON é o
conxunto de organismos
acuáticos autótrofos que
viven aboiando na
columna de agua.
O fitoplancton presenta
una gran biodiversidade,
en función do lugar, da
cantidade de nutrientes,
das condicións
ambientais, etc.
As especies que o forman
pertencen aos grupos
das:
Diatomeas,
Dinoflaxelados,
Cianófitos ou algas
verdeazuladas, Algas
pardas, Cocolitofóridos,
…
As diatomeas son una
clase de algas unicelulares
microscópicas, unhas das
máis comúns do fitoplancto.
Coñecense máis de 200
xéneros e arredor de
500,000 especies.
Atópanse en calquera
ambiente sexa marino,
dulceacuícola, e ata sobre
superficies húmidas
terrestres. A maioría son
peláxicas.
A pesar de seren
xeralmente microscópicas,
algunhas especies de
diatomeas poden acadar os
2 milímetros de lonxitude.
Os dinoflaxelados. Son un
grupo de protistas
unicelulares que forman parte
do fitoplancto.
Caracterízanse por teren
prolongacións libres que
axitan para desplazarse
(flaxelos).
A maioría son fotosintéticos
con clorofila e carotenoides.
Hai especies, como as
zooxantelas, que viven en
simbiose con animais
invertebrados como corais,
anémonas e ameixas; outros
son heterótrofos que se
alimentan de outros
dinoflagelados, protozoos e
diatomeas; algunhas formas
son parásitas; hainos que
emiten luz, e uns poucos son
responsables das mareas
vermellas ou purgas do mar.
Marea vermella provocada pola
proliferación de dinoflaxelados.
As cianobacterias
(Cyanobacteria),
chamadas durante
moito tempo cianófitas
(Cyanophyta, "plantas
azuis") son as únicas
"algas" procarióticas.
Colonias de Anabaena
Cianobacterias cubrindo a
superficie dunha lámina de
auga
Os
Cocolitóforos
son protistas
unicelulares,
mariños e moi
abundantes.
Distínguense por
ter esructuras
ríxidas formadas
por placas de
carbonato cálcico
(cocolitos).
As masas de
Sargassum
que aboian no
mar, a pesar de
non ser de
pequeno
tamaño,
considéranse
parte do
fitoplancto.
Cultivos
experimentais de
fitoplancto en
laboratorio.
Cultivo doméstico de fitoplancto para alimentación de bechos de acuario.
Cultivos industriais de fitoplancto para
usos diversos
Instalación de cultivo de fitoplancto
dunha factoría de producción de
biodiesel
Cultivo para a alimentación
de larvas nunha granxa
mariña.
Spirulina. Un suplemento dietético elaborado con cianobacterias. Chámase
así a pesar de que as cianobacterias que o compoñen, clasificadas nun
principio no xénero Spirulina, pertencen ao xénero Arthrospira. Arthrospira
platensis e Arthrospira maxima
As MACROALGAS son
organismos acuáticos
autótrofos sen órganos
nin tecidos
diferenciados, formados
xeralmente por un
elemento de suxección,
un talo, só presente
nalgunhas especies , e
un corpo laminar de
forma e tamaño moi
variables. Recoñécense
tres grandes grupos, en
función da súa cor
dominante: as rodofitas
ou algas vermellas, das
que hai máis de 6.000
especies; as clorofitas
ou algas verdes, das
que se coñecen unhas
4.000 especies, e as
feofitas ou algas
pardas das que existen
máis de 3.000 especies.
Kombu (Laminaria japonica). Nativa
da costa noroeste do Océano
Pacífico. Está formada por un disco
adhesivo con rizoides, un estipe curto
e unha lámina acintada, de máis de1
metro de longo, e entre 10 e 20 cm de
cumprimento, coa marxe ondulada,
grosa no medio e delgada na beira, de
cor café, ou, ocasionalmente, amarela
verdosa, azul grisácea ou verde
escura intensa.
O ciclo vital é de
dous anos na
natureza e de
un só nos
cultivos.
Medran durante
o tempo frío e
deixan de
medrar co
aumento da
temperatura,
que é cando
producen as
esporas e
despois as
láminas morren.
Cultívase colgada de cordas
ás que se fixan as algas nas
primeiras fases de
desenvolvemento.
Colléitase de abril en diante,
principalmente en xuño e xullo
As algas recollidas en abril escáldanse en auga de mar, enfríanse rapidamente
e almacénanse en fresco para ser usadas como alimento instantáneo.
A maioría da laminaria cultivada colléitase en xuño e xullo e consérvase
secándoa ao sol ou sálgase e sécase logo. A alga salgada consúmese como
alimento, mentras que a maior parte da alga secada ao sol úsase como materia
prima para a obtención de iodo e alxinatos.
O kombu consúmese en sopas,
encurtido, como guarnición ou
como ingrediente ou condimento
en cremas, guisos...
Outras especies de laminaria tamén son
recollidas e utilizadas para seren usadas
como alimento: Laminaria ochroleuca,
Laminaria saccharina, Laminaria digitata,
…
Laminaria
ochroleuca
Laminaria
saccharina
Laminaria
digitata seca
e envasada
Wakame (Undaria
pinnatifida). Orixinaria
dos mares xaponeses.
medra ata máis de 1 m.
esta formada por un
organo de suxección
,con rizoides, un estipe
curto e unha lámina
ampla e pinnada.
Despois da colleita sécase ou escáldase e enfríase rapidamente para secala
despois colgándoa de cordas.
O wakame utilízase en sopas e ensaladas
ou, simplemente, como guarnición
Porphyra é un xénero de
algas vermellas con preto de
150 especies repartidas por
todo o mundo. Viven na zona
intermareal. Teñen frondas
laminares planas, circulares,
lanceoladas, elípticas ou
lineais, formadas xeralmente
por unha soa capa de células,
e poden medir, segundo a
especie, desde uns
centímetros ata máis de 1 m
de longo. Son de cor variable,
dentro da gama dos vermellos,
e van desde o púrpura escuro
a marrón e verde nas especies
do intermareal, e de vermella
a rosada nas especies que
viven completamente
sumerxidas. As especies máis
cultivadas son Porphyra
yezoensis e Porphyra
haitanensis.
Porphyra yezoensis a máis
cultivada nas costas do Xapón. O
talo e, xeralmente, elíptico e de
tamaños que oscilan entre 15 e 35
cm de longo e 20 e 30 cm de
cumprimento.
Diferentes aspectos que pode
presentar a Porphyra yezoensis
Porphyra
haitanensis de
forma máis
alongada que a P.
yezoensis e de
máis rápido
desenvolvemento.
Pode medrar máis
de 3 cm ao día.
Despois do período de
desenvolvemento, 40 días
para a Porphyra haitanensis
e 50 días para a Porphyra
yezoensis,
empeza a colleita que se
realiza, manualmente ou con
maquinaria especializada, cada
10-15 días durante uns 5
meses, co que se fan unhas 10
ou 12 sacas ao ano.
Colleita tradicional á man
Colleita con maquinas
O nori e o tipo de algas máis
consumido no mundo. A alga
fresca, ou seca rehidratada, lávase
e reméxese ata facer unha pasta
coa que se enchen uns marcos,
nos que se lle da a forma e as
dimensións requeridas (uns 18 × 20
cm), e logo téndese para que
seque;
o resultado é a fina lámina que
coñecemos. Tamén se pode
presentar en pó para ser usado
como condimento.
O nori úsase habitualmente para
enrolar o sushi. Tamén se consume
nori en forma de pasta, e seco e en
pó úsase como especia en platos
comúns.
Pasta feita con mestura de nori en pó
sushi
Paté de
sementes
enriquecido e
aromatizado
con nori .
Ademais das algas
cultivadas recóllense
grandes cantidades de
algas silvestres para
seren utilizadas como
alimento ou para obter
delas: alxinatos, agar,
carraxenina… que se
utilizan como
espesantes, xelificantes
e estabilizantes na
industria alimentaria,
cosmética,
farmacéutica…; para
facer fariña de algas que
se utiliza na alimentación
e na fabricación de
pensos. Tamén se usan
algas como fertilizante
de terreos agrícolas e
como alimento para
especies de acuicultura
e para o gando.
Corres, correa do mar, espagueti do
mar (Himanthalia elongata). Atópase
no Atlántico norte, desde Escandinavia
ata Portugal. Está formada por un botón
adhesivo un talo curto e un disco
aplanado do que saen as prolongacións
acintadas, de ata 2 m de longo, que
conteñen os elementos reproductores.
Estas cintas son usadas, secas ou en
diferentes preparacións, como alimento
co nome de espagueti de mar.
Laminaria saccharina.
Atópase no norte do
Atlántico e do Pacífico.
Pode superar os 3 m de
lonxitude. Utilízase
como alimento coas
mesmas aplicacións
que o kombu
dulse, dillisk, dilsk ou söl (Palmaria
palmata). Medra nas costas do norte
dos océanos Atlántico y Pacífico.
Ten un pequeno estipe, e frondas
planas de ata 50 cm de longo e 30 de
cumprimento que poden ter outras
ramificaciones polas beiras, a cor varía
entre o rosa e o vermello-púrpura
Colléitase, de xuño a setembro, e
sécase.
É usada habitualmente en Irlanda,
Islandia e na parte atlántica de Canadá
como alimento e como medicina.
Pódese comer directamente, fresca ou
seca, como aperitivo.
En Islandia cómese con manteiga.
Tamén se pode comer fritida ou ao forno
con queixo ou mollos. Pódese usar en
sopas, sandwiches e ensaladas, ou
engadirlla ao pan ou ás pizzas. Picada
úsase como potenciador do sabor en
platos de carne.
Tamén se usa como forraxe para os
animais.
Rhodymenia. Xénero de
algas vermellas que
prosperan apegadas ás
rochas ou a outras algas.
Atópanse en todos os
océanos aínda que son máis
abundantes nas augas frías.
Úsanse como alimento
frescas ou secas, cocidas,
fritidas e asadas.
Rhodymenia
pseudopalmata
Rhodymenia holmesii
leituga de mar ou
verdello (Ulva). Alga
verde que medra no
intermareal de case todos
os océanos. Ten talo
laminar, foliáceo e
lobulado, de contorno máis
ou menos redondeado, ás
veces dividido. Pode
chegar a medir 1 m de
lonxitude. É comestible,
rica en vitaminas A e C.
Pódese usar, fresca ou
seca, en ensaladas, sopas
y guisos; e moída
engádeselle a caldos,
purés e sopas para darlle
gusto.
Tamén se usa en
cosmética polas súas
propiedades hidratantes e
en moitas localidades da
costa aprovéitase como
fertilizante agrícola.
Caulerpa é un xénero
de algas verdes
formadas por unha
célula con moitos
núcleos (unha especie
do Mediterráneo pode
ter un estolón de máis
de 3 m de longo, con
200 ramificacións).
Algunhas especies
(Caulerpa lentillifera e
Caulerpa racemosa)
son coñecidas como
uva do mar ou caviar
verde, teñen un sabor a
pementa. Consúmense
na cociña Indonesia,
frescas ou cocidas en
azucre.
Caulerpa
lentillifera
Caulerpa
racemosa
Para a obención de alxinatos cultívanse e recóllense diferentes especies de algas
pardas.
As algas pardas que medran en augas frías producen un alxinato de mellor calidade,
máis viscoso, que as que medran en augas temperadas e tropicais.
As algas que máis se recollen para a obtención de alxinatos son: Ascophyllum e
Laminaria en Europa, Lessonia en América do Sur, Ecklonia en Sudáfrica, Durvillaea
en Australia e Chile) e Macrocystis en California e na Baixa California. Tamén se
recollen especies de Sargassum e Turbinaria en augas cálidas, pero normalmente
só producen pequenas cantidades de alxinato de calidade inferior.
Os alxinatos son sales do ácido alxínico con metales lixeiros, solubles na
auga, de alta viscosidade, xelifican en auga fría polo que son usados como
emulsionantes. Os alxinatos, pola multitude de aplicacións en diferentes
campos, son parte importante da vida actual:
Os alxinatos úsanse en
medicina para facer impresions
dentais, como excipientes, para
emulsionar fármacos e
complementos vitamínicos; as
cápsulas que tomamos están
feitas de alxinatos.
Os alxinatos úsanse na industria alimentaria como estabilizadores: fan máis
cremosos os xelados e fan máis espesas as sopas, as cremas e as salsas. Están
presentes nos leites con sabores, nos patés,…
Os alxinatos úsanse en hixiene e cosmética: nos lápices de labios, nas pinturas
de unllas, en deterxentes, cremas de afeitar, champús e cremas corporais.
Noutras industrias utilízanse os alxinatos como emulsionantes nas pinturas, nas
tintas de impresión textil, no vidrado do barro e no barnizado da cerámica. Son
materiais importantes no proceso de estabilización do latex e na elaboración de
papeis.
Bocho bravo
(Ascophyllum
nodosum). É unha
alga grande, de ata
2 m de longo, que
se atopa en esteiros
e zonas protexidas
das costas do
Atlántico norte:
desde o Ártico a
Portugal, polo leste,
e nas costas
norteamericanas,
polo oeste. Úsase
para a obtención de
alxinatos,
fertilizantes e para a
fabricación de fariña
para consumo
animal e human.
Tamén se utiliza
como fertilizante
orgánico.
Laminaria é un xénero de 31
especies de algas pardas que
viven no Atlántico norte e no
Pacífico norte, caracterízanse
por teren láminas relativamente
grandes, longas, e correúdas.
Laminaria digitata
Laminaria ochroleuca
Lessonia. Atópanse na costa do
Pacífico de Sudamérica. Os
exemplares máis grandes
superan os 4 m de lonxitude.
Ecklonia maxima e a alga
máis grande de Sudáfrica.
Medra case 2 cm cada día.
Tamén se utiliza para
alimentar ás peneiras
(Haliotis) que se crían en
acuicultura.
cochayuyo, cochaguasca, coyofe ou
kelp (Durvillaea antarctica). Habita nas
costas subantárticas de Chile, Nova
Celandia e no Atlántico sur. pode chegar
aos 15 metros de lonxitude. En Chile
consúmese tradicionalmente desde a
época precolombina.
Transporte de
alga seca
atada ao xeito
tradicional
Recipiente
tradicional
feito cunha
fronde de
Durvillaea.
Macrocystis é un xénero de
algas pardas entre as que se
atopan as máis grandes
coñecidas, poden medir ata 60
m de longo e medrar ata 30 cm
cada día. Viven nas costas
americanas do Pacífico, en Nova
Celandia, e ao sur de Australia e
Sudáfrica.
Argazo (Sargassum) é un
xénero de macroalgas pardas
que viven nas áreas tropicais.
Medran apegadas ao coral ou
ás rochas ou aboian ao garete.
Poden medir varios metros de
longo.
Sargassum muticum
Sargassum
vulgare
Turbinaria é un
xénero de algas
pardas que vive
en augas
tropicais. Hai
unhas 30
especies.
Algas para a producción
de agar: Gracilaria e
Gelidium. Tamén se usan
Pterocladia (unha
pequena alga similar a
Gelidium, que se colleita
nas illas dos Açores e en
Nova Celandia) e
Gelidiella (que se recolle
na India, Exipto e
Madagascar).
O agar ou agar-agar é
un polisacárido que se
obtén da parede celular
de varias especies de
algas. Que polas súas
propiedades aglutinantes
e xelificantes ten
numerosas aplicacións
industriais.
O agar úsase na industria alimentaria: como aglutinante de conservas de
carnes e peixe; como coagulante en mermeladas; como espesante en zumos,
sopas, salsas; como estabilizante de recheos de pasteis, merengues e aliños
para ensaladas; para facer xelatinas e gominolas; como clarificante, na
fabricación de cervexa, viño e licores.
En medicina e farmacia: como medio de cultivo de bacterias; como laxante;
como ingrediente de píldoras e cápsulas, de emulsións, de cremas e locións;
como disgregante en pastillas, e para facer moldes dentais.
En fotografía: para facer películas máis lixeiras e estables.
En galvanoplastia: para lograr mellores recubrementos con certos metais
En curtiduría: para acadar mellores acabados nas peles e nos coiros.
Na industria textil como apresto en tecidos, e como adhesivo no tinguido e o
estampado de teas.
Para obter diversas calidades de papel.
O agar, e especialmente a Agarosa están a ser usados para separar toxinas
bacterianas, para fraccionar antibióticos e a para preparación e a purificación de
enzimas.
Gracilaria é un
xénero de algas
vermellas do que
se coñecen
unhas150
especies. Úsanse
para a producción
de agar e para
uso alimentario de
seres humanos e
de especies de
moluscos
cultivados. Varias
especies do
xénero cultívanse
en países de Asia,
Suramérica, África
e Oceanía.
Gracilaria gracillis
Gracilaria
multipartita
Gelidium é un
xénero de algas
que comprende
124 especies.
Poden medir de 2
a 40 cm. Moitas
destas algas
utilízanse para a
producción de
agar.
Gelidium corneum
Gelidium latifolium
Gelidium spinosum
Arribada de ocle (Gelidium sesquipedale) na
costa asturiana onde se recolle para usos
industriais.
Pterocladia. Xénero de
algas vermellas do que
forman parte dúas
especices das costas de
Australia e Nova
Celandia.
Pterocladia pinnata
Pterocladia capilacea
Gelidiella é un xénero de algas vermellas. Coñécense 22 especies,
case todas tropicais e subtropicais.
Algas productoras de carraxenina: O carrapucho, carraxen, (Chondrus crispus),
que medra en augas frías do Atlántico norte, foi a fonte orixinal de producción de
carraxenina. Na actualidade recóllense e cultívanse outras, de augas cálidas,
que acadan un tamaño moito maior como Kappaphycus alvarezii e Eucheuma
denticulatum (spinosum), que xa producen o 85 por cento da materia prima
utilizada pola industria, mentras que Chondrus representa só o 5 % E as
especies de Gigartina, procedentes de Chile, Marruecos e México, representan
o 10 % restante.
As carraxeninas son polisacáridos
que se atopan na estructura de
algunhas especies de algas vermellas
e forman coloides viscosos ou xeles,
en medios acuosos e lácteos.
A carraxenina actúa como
xelificante, retedor da humidade,
espesante, axente de suspensión e
estabilizante. Dalle textura, cohesión
e consistencia aos productos. Facilita
o corte e dificulta a separación dos
materiais das mesturas.
A carraxenina úsase moito na industria alimentaria: no leite e nos productos
derivados (bebidas lácteas, leite evaporado, concentrado, chocolateado e de sabores,
tona para montar e montada, imitacións a tona, crema para bater e espesa, natillas de
vainilla e chocolate, pudins, flans líquidos e desmoldables, iogures de chocolate e de
froitas, mousse de chocolate, xelados e postres conxelados, queixos frescos e
procesados, cremas de queixo e imitacións de queixo) porque mellora a calidade
organoléptica e auméntalle o tempo de vida.
Úsase na margarina baixa en graxa, e no leite, chocolate, flan e xelado en pó, nos
postres de xelatina lista para consumir, en pó, de froitas, baixos en calorías,… porque
os xelifica, controla as texturas, e mellora a desmoldeabilidade e a liberación do
sabor.
Nos productos cárnicos (xamón cocido, hamburguesas de carne e vexetais,
salchichas, patés de carne e de peixe, carnes en conserva, rolos de carne, filetes
de peixe, xelatina de carne, e a comida de animais) xelifica, da textura, liga os
xugos e a salmoira, e mellora o corte.
Úsase tamén en aliños de ensalada, na clarificación e filtrado da cervexa, no leite
de soia e nas bebidas de soia de sabores, nos postres cremosos, en productos de
confitería, nas preparacións de froitas, en iogurt e marmeladas, nos xugos de
froita, e nas salsas doces especialmente para postres e tortas.
Na industria non alimentaria ten aplicacións nas pastas dentais, en productos
cosméticos, espuma de afeitar, desodorantes en crema, ambientadores, e comida
para mascotas, nos que controlan as texturas e a fluidez, e alongan o tempo de vida.
O carrapucho,
musgo de
Irlanda, musgo
carrageen
(Chondrus
crispus), é unha
alga vermella
abundante que se
atopa nas costas
atlánticas de
Europa e
Norteamérica. Foi
a fonte orixinal da
carraxenina e
tamén se usa
como laxante, en
infusión, e para
amolecer zonas
infectadas.
Kappaphycus alvarezii é
unha alga vermella que pode
acadar os 2 m de longo. Medra
moi rapidamente, ata duplicar o
tamaño en 15 días, o que a
convirteu na principal
productora de carraxenina. E
orixinaria das costas do Caribe
e do Brasil, pero xa se cultiva
en varios países cálidos de
Asia.
Eucheuma denticulatum
é unha especie de alga
vermella que se atopa en
Filipinas , Asia tropical e o
Pacífico occidental.
Cultívase en países
cálidos para a extracción
comercial de carraxenina.
As cultivadas poden ter
cores vermellas, marróns
ou verdes.
Gigartina. xénero de algas
vermellas cosmopolitas de
formas e tamaños moi
variados, que forman
pradeiras en zonas
semiprotexidas da costa.
Gigartina
skottsbergi
Gigartina
exasperata
Gigartina
pistillata
Gigartina
agardhii
As algas tamén se utilizan
tradicionalmente en zonas
costeiras como
fertilizantes. Acondicionan
o solo polo contido en
febra e enriquéceno co
seu contido en minerais.
En Europa úsanse algas
pardas e verdes apañadas
das rochas ou recollidas
na arribada: especies de
laminaria, ascophyllum,
fucus e ulva, e en países
más cálidos como
Filipinas sargassum.
Bochos (Fucus) é un
xénero de algas pardas
que se atopa nos
intermereais das costas
rochosas, moi común
nas costas atlánticas de
Europa e Norteamérica.
Os bochos úsanse
como fertilizante pero
tamén se usaron para
extraer iodo e en baños
de algas.
Fucus vesiculosus
Fucus serratus
Fucus ceranoides
Desde hai un tempo existen no
comercio extractos sólidos e
líquidos de algas mariñas que se
aplican aos cultivos de horta cos
que se consegue un
desenvolvemento máis rápido das
plantas e unha maior producción.
En Sudáfrica recóllense para ese
aproveitamento grandes cantidades
de Ecklonia maxima.
Actualmente, Ecklonia maxima
utilízase principalmente para
fertilizantes, como aglutinante en
champús, xelados e pudin e úsase
para alimentar as peneiras (Haliotis)
que se crían en cautividade.
En lugares e en épocas
nas que escasea o
alimento, o gando
aproveita as algas.
As ovellas das illas
Orcadas complementan
a súa alimentación con
algas da arribada.
Vacas comendo algas
na costa sur de Chile
Algas de uso terapéutico
Proxecto arquitectónico
experimental de parede
que filtra luz grazas as
algas que se reproducen
dentro dos módulos
transparentes cheos de
auga cos que está
construída
Na costa galega tamén se fan aproveitamentos tradicionais das algas, e nos
últimos tempos recollida para a industria transformadora e da alimentación e
ensaios de cultivo.
En Galicia apáñanse e recóllense laminarias e carrapuchos para a industria
química; laminarias, himanthalia e ulva para industria alimentaria; e fucus,
ascophillum, laminaria, ulva e mesturas de arribada para a agricultura.
Apañando algas de arribada en Cesantes. Imaxe dos primeiros anos do século XX.
Pañando algas para abonar leiras.
Algas almacenadas para usar como
abono nas leiras.
Algas tendidas e moreas de algas para
abono.
Carrapuchos a secar
para a venda as
industrias
Algas nunha factoría de envasado para a
limentación
Antiga casa de baños
na que se daban baños
de algas.
Case todas as imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban
disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
E ata aquí o que vin,
descubrín e aprendín.

More Related Content

What's hot

Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasmonadela
 
Iuca mandioca
Iuca mandiocaIuca mandioca
Iuca mandiocaiesasorey
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasiesasorey
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de augaMonContos
 
Caderno agricultura ecolóxica 2014
Caderno agricultura ecolóxica 2014Caderno agricultura ecolóxica 2014
Caderno agricultura ecolóxica 2014iesasorey
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)monadela
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o panmonadela
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)MonContos
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da PampaCEIPLIM
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 

What's hot (11)

Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
Iuca mandioca
Iuca mandiocaIuca mandioca
Iuca mandioca
 
Batata
BatataBatata
Batata
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de auga
 
Caderno agricultura ecolóxica 2014
Caderno agricultura ecolóxica 2014Caderno agricultura ecolóxica 2014
Caderno agricultura ecolóxica 2014
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o pan
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da Pampa
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 

Similar to Allgas cultivadas

Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outroscooonchiiitaaa
 
Plantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinaisPlantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinaisfromgaliza
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesBibliotecaRevoltas
 

Similar to Allgas cultivadas (20)

Laminaria
LaminariaLaminaria
Laminaria
 
Alga Laminaria
Alga LaminariaAlga Laminaria
Alga Laminaria
 
Algas
AlgasAlgas
Algas
 
PEPINO DE MAR
PEPINO DE MARPEPINO DE MAR
PEPINO DE MAR
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outros
 
Plantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinaisPlantas aromáticas e medicinais
Plantas aromáticas e medicinais
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
Ñame
ÑameÑame
Ñame
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Protistas
ProtistasProtistas
Protistas
 
Setas Tóxicas
Setas TóxicasSetas Tóxicas
Setas Tóxicas
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
Moluscos
Moluscos Moluscos
Moluscos
 
Palmeiras
PalmeirasPalmeiras
Palmeiras
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos Legumes
 
Os seres vivos e as súas relacións
Os seres vivos e as súas relaciónsOs seres vivos e as súas relacións
Os seres vivos e as súas relacións
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Allgas cultivadas

  • 1. Algas de acuicultura e outras especies útiles
  • 2. A ALGUICULTURA é a parte da acuicultura que estuda e desenvolve o cultivo de algas. A maioría das algas cultivadas pertencen á categoría de microalgas (o fitoplancton, as micrófitas,…) que se utilizan para a alimentación de distintas especies de peixes, crustáceos e moluscos, nas primeiras fases de desenvolvemento, para alimentar ás fontes de alimentación destas especies ou para serviren de materia prima industrial; pero tamén se cultivan diferentes especies de macroalgas con diversas finalidades. Cultivo de microalgas Cultivo de macroalgas
  • 3. O FITOPLANCTON é o conxunto de organismos acuáticos autótrofos que viven aboiando na columna de agua. O fitoplancton presenta una gran biodiversidade, en función do lugar, da cantidade de nutrientes, das condicións ambientais, etc. As especies que o forman pertencen aos grupos das: Diatomeas, Dinoflaxelados, Cianófitos ou algas verdeazuladas, Algas pardas, Cocolitofóridos, …
  • 4. As diatomeas son una clase de algas unicelulares microscópicas, unhas das máis comúns do fitoplancto. Coñecense máis de 200 xéneros e arredor de 500,000 especies. Atópanse en calquera ambiente sexa marino, dulceacuícola, e ata sobre superficies húmidas terrestres. A maioría son peláxicas. A pesar de seren xeralmente microscópicas, algunhas especies de diatomeas poden acadar os 2 milímetros de lonxitude.
  • 5. Os dinoflaxelados. Son un grupo de protistas unicelulares que forman parte do fitoplancto. Caracterízanse por teren prolongacións libres que axitan para desplazarse (flaxelos). A maioría son fotosintéticos con clorofila e carotenoides. Hai especies, como as zooxantelas, que viven en simbiose con animais invertebrados como corais, anémonas e ameixas; outros son heterótrofos que se alimentan de outros dinoflagelados, protozoos e diatomeas; algunhas formas son parásitas; hainos que emiten luz, e uns poucos son responsables das mareas vermellas ou purgas do mar. Marea vermella provocada pola proliferación de dinoflaxelados.
  • 6. As cianobacterias (Cyanobacteria), chamadas durante moito tempo cianófitas (Cyanophyta, "plantas azuis") son as únicas "algas" procarióticas. Colonias de Anabaena Cianobacterias cubrindo a superficie dunha lámina de auga
  • 7. Os Cocolitóforos son protistas unicelulares, mariños e moi abundantes. Distínguense por ter esructuras ríxidas formadas por placas de carbonato cálcico (cocolitos).
  • 8. As masas de Sargassum que aboian no mar, a pesar de non ser de pequeno tamaño, considéranse parte do fitoplancto.
  • 10. Cultivo doméstico de fitoplancto para alimentación de bechos de acuario.
  • 11. Cultivos industriais de fitoplancto para usos diversos Instalación de cultivo de fitoplancto dunha factoría de producción de biodiesel Cultivo para a alimentación de larvas nunha granxa mariña.
  • 12. Spirulina. Un suplemento dietético elaborado con cianobacterias. Chámase así a pesar de que as cianobacterias que o compoñen, clasificadas nun principio no xénero Spirulina, pertencen ao xénero Arthrospira. Arthrospira platensis e Arthrospira maxima
  • 13. As MACROALGAS son organismos acuáticos autótrofos sen órganos nin tecidos diferenciados, formados xeralmente por un elemento de suxección, un talo, só presente nalgunhas especies , e un corpo laminar de forma e tamaño moi variables. Recoñécense tres grandes grupos, en función da súa cor dominante: as rodofitas ou algas vermellas, das que hai máis de 6.000 especies; as clorofitas ou algas verdes, das que se coñecen unhas 4.000 especies, e as feofitas ou algas pardas das que existen máis de 3.000 especies.
  • 14. Kombu (Laminaria japonica). Nativa da costa noroeste do Océano Pacífico. Está formada por un disco adhesivo con rizoides, un estipe curto e unha lámina acintada, de máis de1 metro de longo, e entre 10 e 20 cm de cumprimento, coa marxe ondulada, grosa no medio e delgada na beira, de cor café, ou, ocasionalmente, amarela verdosa, azul grisácea ou verde escura intensa.
  • 15. O ciclo vital é de dous anos na natureza e de un só nos cultivos. Medran durante o tempo frío e deixan de medrar co aumento da temperatura, que é cando producen as esporas e despois as láminas morren.
  • 16. Cultívase colgada de cordas ás que se fixan as algas nas primeiras fases de desenvolvemento.
  • 17. Colléitase de abril en diante, principalmente en xuño e xullo
  • 18. As algas recollidas en abril escáldanse en auga de mar, enfríanse rapidamente e almacénanse en fresco para ser usadas como alimento instantáneo. A maioría da laminaria cultivada colléitase en xuño e xullo e consérvase secándoa ao sol ou sálgase e sécase logo. A alga salgada consúmese como alimento, mentras que a maior parte da alga secada ao sol úsase como materia prima para a obtención de iodo e alxinatos.
  • 19. O kombu consúmese en sopas, encurtido, como guarnición ou como ingrediente ou condimento en cremas, guisos...
  • 20. Outras especies de laminaria tamén son recollidas e utilizadas para seren usadas como alimento: Laminaria ochroleuca, Laminaria saccharina, Laminaria digitata, … Laminaria ochroleuca Laminaria saccharina Laminaria digitata seca e envasada
  • 21. Wakame (Undaria pinnatifida). Orixinaria dos mares xaponeses. medra ata máis de 1 m. esta formada por un organo de suxección ,con rizoides, un estipe curto e unha lámina ampla e pinnada.
  • 22.
  • 23. Despois da colleita sécase ou escáldase e enfríase rapidamente para secala despois colgándoa de cordas.
  • 24. O wakame utilízase en sopas e ensaladas ou, simplemente, como guarnición
  • 25. Porphyra é un xénero de algas vermellas con preto de 150 especies repartidas por todo o mundo. Viven na zona intermareal. Teñen frondas laminares planas, circulares, lanceoladas, elípticas ou lineais, formadas xeralmente por unha soa capa de células, e poden medir, segundo a especie, desde uns centímetros ata máis de 1 m de longo. Son de cor variable, dentro da gama dos vermellos, e van desde o púrpura escuro a marrón e verde nas especies do intermareal, e de vermella a rosada nas especies que viven completamente sumerxidas. As especies máis cultivadas son Porphyra yezoensis e Porphyra haitanensis.
  • 26. Porphyra yezoensis a máis cultivada nas costas do Xapón. O talo e, xeralmente, elíptico e de tamaños que oscilan entre 15 e 35 cm de longo e 20 e 30 cm de cumprimento. Diferentes aspectos que pode presentar a Porphyra yezoensis
  • 27. Porphyra haitanensis de forma máis alongada que a P. yezoensis e de máis rápido desenvolvemento. Pode medrar máis de 3 cm ao día.
  • 28. Despois do período de desenvolvemento, 40 días para a Porphyra haitanensis e 50 días para a Porphyra yezoensis,
  • 29. empeza a colleita que se realiza, manualmente ou con maquinaria especializada, cada 10-15 días durante uns 5 meses, co que se fan unhas 10 ou 12 sacas ao ano. Colleita tradicional á man Colleita con maquinas
  • 30. O nori e o tipo de algas máis consumido no mundo. A alga fresca, ou seca rehidratada, lávase e reméxese ata facer unha pasta coa que se enchen uns marcos, nos que se lle da a forma e as dimensións requeridas (uns 18 × 20 cm), e logo téndese para que seque;
  • 31. o resultado é a fina lámina que coñecemos. Tamén se pode presentar en pó para ser usado como condimento.
  • 32. O nori úsase habitualmente para enrolar o sushi. Tamén se consume nori en forma de pasta, e seco e en pó úsase como especia en platos comúns. Pasta feita con mestura de nori en pó sushi Paté de sementes enriquecido e aromatizado con nori .
  • 33. Ademais das algas cultivadas recóllense grandes cantidades de algas silvestres para seren utilizadas como alimento ou para obter delas: alxinatos, agar, carraxenina… que se utilizan como espesantes, xelificantes e estabilizantes na industria alimentaria, cosmética, farmacéutica…; para facer fariña de algas que se utiliza na alimentación e na fabricación de pensos. Tamén se usan algas como fertilizante de terreos agrícolas e como alimento para especies de acuicultura e para o gando.
  • 34. Corres, correa do mar, espagueti do mar (Himanthalia elongata). Atópase no Atlántico norte, desde Escandinavia ata Portugal. Está formada por un botón adhesivo un talo curto e un disco aplanado do que saen as prolongacións acintadas, de ata 2 m de longo, que conteñen os elementos reproductores. Estas cintas son usadas, secas ou en diferentes preparacións, como alimento co nome de espagueti de mar.
  • 35. Laminaria saccharina. Atópase no norte do Atlántico e do Pacífico. Pode superar os 3 m de lonxitude. Utilízase como alimento coas mesmas aplicacións que o kombu
  • 36. dulse, dillisk, dilsk ou söl (Palmaria palmata). Medra nas costas do norte dos océanos Atlántico y Pacífico. Ten un pequeno estipe, e frondas planas de ata 50 cm de longo e 30 de cumprimento que poden ter outras ramificaciones polas beiras, a cor varía entre o rosa e o vermello-púrpura Colléitase, de xuño a setembro, e sécase. É usada habitualmente en Irlanda, Islandia e na parte atlántica de Canadá como alimento e como medicina. Pódese comer directamente, fresca ou seca, como aperitivo. En Islandia cómese con manteiga. Tamén se pode comer fritida ou ao forno con queixo ou mollos. Pódese usar en sopas, sandwiches e ensaladas, ou engadirlla ao pan ou ás pizzas. Picada úsase como potenciador do sabor en platos de carne. Tamén se usa como forraxe para os animais.
  • 37. Rhodymenia. Xénero de algas vermellas que prosperan apegadas ás rochas ou a outras algas. Atópanse en todos os océanos aínda que son máis abundantes nas augas frías. Úsanse como alimento frescas ou secas, cocidas, fritidas e asadas. Rhodymenia pseudopalmata Rhodymenia holmesii
  • 38. leituga de mar ou verdello (Ulva). Alga verde que medra no intermareal de case todos os océanos. Ten talo laminar, foliáceo e lobulado, de contorno máis ou menos redondeado, ás veces dividido. Pode chegar a medir 1 m de lonxitude. É comestible, rica en vitaminas A e C. Pódese usar, fresca ou seca, en ensaladas, sopas y guisos; e moída engádeselle a caldos, purés e sopas para darlle gusto. Tamén se usa en cosmética polas súas propiedades hidratantes e en moitas localidades da costa aprovéitase como fertilizante agrícola.
  • 39. Caulerpa é un xénero de algas verdes formadas por unha célula con moitos núcleos (unha especie do Mediterráneo pode ter un estolón de máis de 3 m de longo, con 200 ramificacións). Algunhas especies (Caulerpa lentillifera e Caulerpa racemosa) son coñecidas como uva do mar ou caviar verde, teñen un sabor a pementa. Consúmense na cociña Indonesia, frescas ou cocidas en azucre. Caulerpa lentillifera Caulerpa racemosa
  • 40. Para a obención de alxinatos cultívanse e recóllense diferentes especies de algas pardas. As algas pardas que medran en augas frías producen un alxinato de mellor calidade, máis viscoso, que as que medran en augas temperadas e tropicais. As algas que máis se recollen para a obtención de alxinatos son: Ascophyllum e Laminaria en Europa, Lessonia en América do Sur, Ecklonia en Sudáfrica, Durvillaea en Australia e Chile) e Macrocystis en California e na Baixa California. Tamén se recollen especies de Sargassum e Turbinaria en augas cálidas, pero normalmente só producen pequenas cantidades de alxinato de calidade inferior.
  • 41. Os alxinatos son sales do ácido alxínico con metales lixeiros, solubles na auga, de alta viscosidade, xelifican en auga fría polo que son usados como emulsionantes. Os alxinatos, pola multitude de aplicacións en diferentes campos, son parte importante da vida actual:
  • 42. Os alxinatos úsanse en medicina para facer impresions dentais, como excipientes, para emulsionar fármacos e complementos vitamínicos; as cápsulas que tomamos están feitas de alxinatos. Os alxinatos úsanse na industria alimentaria como estabilizadores: fan máis cremosos os xelados e fan máis espesas as sopas, as cremas e as salsas. Están presentes nos leites con sabores, nos patés,…
  • 43. Os alxinatos úsanse en hixiene e cosmética: nos lápices de labios, nas pinturas de unllas, en deterxentes, cremas de afeitar, champús e cremas corporais. Noutras industrias utilízanse os alxinatos como emulsionantes nas pinturas, nas tintas de impresión textil, no vidrado do barro e no barnizado da cerámica. Son materiais importantes no proceso de estabilización do latex e na elaboración de papeis.
  • 44. Bocho bravo (Ascophyllum nodosum). É unha alga grande, de ata 2 m de longo, que se atopa en esteiros e zonas protexidas das costas do Atlántico norte: desde o Ártico a Portugal, polo leste, e nas costas norteamericanas, polo oeste. Úsase para a obtención de alxinatos, fertilizantes e para a fabricación de fariña para consumo animal e human. Tamén se utiliza como fertilizante orgánico.
  • 45. Laminaria é un xénero de 31 especies de algas pardas que viven no Atlántico norte e no Pacífico norte, caracterízanse por teren láminas relativamente grandes, longas, e correúdas. Laminaria digitata Laminaria ochroleuca
  • 46. Lessonia. Atópanse na costa do Pacífico de Sudamérica. Os exemplares máis grandes superan os 4 m de lonxitude.
  • 47. Ecklonia maxima e a alga máis grande de Sudáfrica. Medra case 2 cm cada día. Tamén se utiliza para alimentar ás peneiras (Haliotis) que se crían en acuicultura.
  • 48. cochayuyo, cochaguasca, coyofe ou kelp (Durvillaea antarctica). Habita nas costas subantárticas de Chile, Nova Celandia e no Atlántico sur. pode chegar aos 15 metros de lonxitude. En Chile consúmese tradicionalmente desde a época precolombina. Transporte de alga seca atada ao xeito tradicional Recipiente tradicional feito cunha fronde de Durvillaea.
  • 49. Macrocystis é un xénero de algas pardas entre as que se atopan as máis grandes coñecidas, poden medir ata 60 m de longo e medrar ata 30 cm cada día. Viven nas costas americanas do Pacífico, en Nova Celandia, e ao sur de Australia e Sudáfrica.
  • 50. Argazo (Sargassum) é un xénero de macroalgas pardas que viven nas áreas tropicais. Medran apegadas ao coral ou ás rochas ou aboian ao garete. Poden medir varios metros de longo. Sargassum muticum Sargassum vulgare
  • 51. Turbinaria é un xénero de algas pardas que vive en augas tropicais. Hai unhas 30 especies.
  • 52. Algas para a producción de agar: Gracilaria e Gelidium. Tamén se usan Pterocladia (unha pequena alga similar a Gelidium, que se colleita nas illas dos Açores e en Nova Celandia) e Gelidiella (que se recolle na India, Exipto e Madagascar).
  • 53. O agar ou agar-agar é un polisacárido que se obtén da parede celular de varias especies de algas. Que polas súas propiedades aglutinantes e xelificantes ten numerosas aplicacións industriais.
  • 54. O agar úsase na industria alimentaria: como aglutinante de conservas de carnes e peixe; como coagulante en mermeladas; como espesante en zumos, sopas, salsas; como estabilizante de recheos de pasteis, merengues e aliños para ensaladas; para facer xelatinas e gominolas; como clarificante, na fabricación de cervexa, viño e licores.
  • 55. En medicina e farmacia: como medio de cultivo de bacterias; como laxante; como ingrediente de píldoras e cápsulas, de emulsións, de cremas e locións; como disgregante en pastillas, e para facer moldes dentais.
  • 56. En fotografía: para facer películas máis lixeiras e estables. En galvanoplastia: para lograr mellores recubrementos con certos metais En curtiduría: para acadar mellores acabados nas peles e nos coiros. Na industria textil como apresto en tecidos, e como adhesivo no tinguido e o estampado de teas. Para obter diversas calidades de papel. O agar, e especialmente a Agarosa están a ser usados para separar toxinas bacterianas, para fraccionar antibióticos e a para preparación e a purificación de enzimas.
  • 57. Gracilaria é un xénero de algas vermellas do que se coñecen unhas150 especies. Úsanse para a producción de agar e para uso alimentario de seres humanos e de especies de moluscos cultivados. Varias especies do xénero cultívanse en países de Asia, Suramérica, África e Oceanía. Gracilaria gracillis Gracilaria multipartita
  • 58. Gelidium é un xénero de algas que comprende 124 especies. Poden medir de 2 a 40 cm. Moitas destas algas utilízanse para a producción de agar. Gelidium corneum Gelidium latifolium Gelidium spinosum Arribada de ocle (Gelidium sesquipedale) na costa asturiana onde se recolle para usos industriais.
  • 59. Pterocladia. Xénero de algas vermellas do que forman parte dúas especices das costas de Australia e Nova Celandia. Pterocladia pinnata Pterocladia capilacea
  • 60. Gelidiella é un xénero de algas vermellas. Coñécense 22 especies, case todas tropicais e subtropicais.
  • 61. Algas productoras de carraxenina: O carrapucho, carraxen, (Chondrus crispus), que medra en augas frías do Atlántico norte, foi a fonte orixinal de producción de carraxenina. Na actualidade recóllense e cultívanse outras, de augas cálidas, que acadan un tamaño moito maior como Kappaphycus alvarezii e Eucheuma denticulatum (spinosum), que xa producen o 85 por cento da materia prima utilizada pola industria, mentras que Chondrus representa só o 5 % E as especies de Gigartina, procedentes de Chile, Marruecos e México, representan o 10 % restante.
  • 62. As carraxeninas son polisacáridos que se atopan na estructura de algunhas especies de algas vermellas e forman coloides viscosos ou xeles, en medios acuosos e lácteos. A carraxenina actúa como xelificante, retedor da humidade, espesante, axente de suspensión e estabilizante. Dalle textura, cohesión e consistencia aos productos. Facilita o corte e dificulta a separación dos materiais das mesturas.
  • 63. A carraxenina úsase moito na industria alimentaria: no leite e nos productos derivados (bebidas lácteas, leite evaporado, concentrado, chocolateado e de sabores, tona para montar e montada, imitacións a tona, crema para bater e espesa, natillas de vainilla e chocolate, pudins, flans líquidos e desmoldables, iogures de chocolate e de froitas, mousse de chocolate, xelados e postres conxelados, queixos frescos e procesados, cremas de queixo e imitacións de queixo) porque mellora a calidade organoléptica e auméntalle o tempo de vida.
  • 64. Úsase na margarina baixa en graxa, e no leite, chocolate, flan e xelado en pó, nos postres de xelatina lista para consumir, en pó, de froitas, baixos en calorías,… porque os xelifica, controla as texturas, e mellora a desmoldeabilidade e a liberación do sabor. Nos productos cárnicos (xamón cocido, hamburguesas de carne e vexetais, salchichas, patés de carne e de peixe, carnes en conserva, rolos de carne, filetes de peixe, xelatina de carne, e a comida de animais) xelifica, da textura, liga os xugos e a salmoira, e mellora o corte.
  • 65. Úsase tamén en aliños de ensalada, na clarificación e filtrado da cervexa, no leite de soia e nas bebidas de soia de sabores, nos postres cremosos, en productos de confitería, nas preparacións de froitas, en iogurt e marmeladas, nos xugos de froita, e nas salsas doces especialmente para postres e tortas. Na industria non alimentaria ten aplicacións nas pastas dentais, en productos cosméticos, espuma de afeitar, desodorantes en crema, ambientadores, e comida para mascotas, nos que controlan as texturas e a fluidez, e alongan o tempo de vida.
  • 66. O carrapucho, musgo de Irlanda, musgo carrageen (Chondrus crispus), é unha alga vermella abundante que se atopa nas costas atlánticas de Europa e Norteamérica. Foi a fonte orixinal da carraxenina e tamén se usa como laxante, en infusión, e para amolecer zonas infectadas.
  • 67. Kappaphycus alvarezii é unha alga vermella que pode acadar os 2 m de longo. Medra moi rapidamente, ata duplicar o tamaño en 15 días, o que a convirteu na principal productora de carraxenina. E orixinaria das costas do Caribe e do Brasil, pero xa se cultiva en varios países cálidos de Asia.
  • 68. Eucheuma denticulatum é unha especie de alga vermella que se atopa en Filipinas , Asia tropical e o Pacífico occidental. Cultívase en países cálidos para a extracción comercial de carraxenina. As cultivadas poden ter cores vermellas, marróns ou verdes.
  • 69. Gigartina. xénero de algas vermellas cosmopolitas de formas e tamaños moi variados, que forman pradeiras en zonas semiprotexidas da costa. Gigartina skottsbergi Gigartina exasperata Gigartina pistillata Gigartina agardhii
  • 70. As algas tamén se utilizan tradicionalmente en zonas costeiras como fertilizantes. Acondicionan o solo polo contido en febra e enriquéceno co seu contido en minerais. En Europa úsanse algas pardas e verdes apañadas das rochas ou recollidas na arribada: especies de laminaria, ascophyllum, fucus e ulva, e en países más cálidos como Filipinas sargassum.
  • 71. Bochos (Fucus) é un xénero de algas pardas que se atopa nos intermereais das costas rochosas, moi común nas costas atlánticas de Europa e Norteamérica. Os bochos úsanse como fertilizante pero tamén se usaron para extraer iodo e en baños de algas. Fucus vesiculosus Fucus serratus Fucus ceranoides
  • 72. Desde hai un tempo existen no comercio extractos sólidos e líquidos de algas mariñas que se aplican aos cultivos de horta cos que se consegue un desenvolvemento máis rápido das plantas e unha maior producción. En Sudáfrica recóllense para ese aproveitamento grandes cantidades de Ecklonia maxima.
  • 73. Actualmente, Ecklonia maxima utilízase principalmente para fertilizantes, como aglutinante en champús, xelados e pudin e úsase para alimentar as peneiras (Haliotis) que se crían en cautividade.
  • 74. En lugares e en épocas nas que escasea o alimento, o gando aproveita as algas. As ovellas das illas Orcadas complementan a súa alimentación con algas da arribada. Vacas comendo algas na costa sur de Chile
  • 75. Algas de uso terapéutico
  • 76. Proxecto arquitectónico experimental de parede que filtra luz grazas as algas que se reproducen dentro dos módulos transparentes cheos de auga cos que está construída
  • 77. Na costa galega tamén se fan aproveitamentos tradicionais das algas, e nos últimos tempos recollida para a industria transformadora e da alimentación e ensaios de cultivo. En Galicia apáñanse e recóllense laminarias e carrapuchos para a industria química; laminarias, himanthalia e ulva para industria alimentaria; e fucus, ascophillum, laminaria, ulva e mesturas de arribada para a agricultura. Apañando algas de arribada en Cesantes. Imaxe dos primeiros anos do século XX.
  • 78. Pañando algas para abonar leiras. Algas almacenadas para usar como abono nas leiras.
  • 79. Algas tendidas e moreas de algas para abono.
  • 80. Carrapuchos a secar para a venda as industrias
  • 81.
  • 82. Algas nunha factoría de envasado para a limentación
  • 83.
  • 84. Antiga casa de baños na que se daban baños de algas.
  • 85. Case todas as imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E ata aquí o que vin, descubrín e aprendín.