SlideShare a Scribd company logo
1 of 69
Download to read offline
Tema 6 A construción do Estado Liberal
A Rexencia de María Cristina 1833-1840
• Á morte de FernandoVII,
a súa viúva convértese en
rexente no nome da súa
filla Isabel.
• Ao mesmo tempo os sectores
máis intransixentes do
absolutismo conxúranse
arredor de Carlos Mª Isidro
que reclama a coroa, comezando así as guerras
carlistas, que durarán ata 1839.
As guerras carlistas
• Ten os seus antecedentes na Revolta dos
Agraviados en 1827.Pero os primeiros levantamentos
prodúcense tra a morte de FernandoVII e a proclamación
como raíña de Isabel II.
• A guerra civil enfrentará aos
partidarios da lexitimidade
• de Carlos Mª Isidro e aos
de Isabel.
 Pero non so foi un
enfrontamento pola coroa,
senón tamén un enfrontamento entre:
 Liberalismo- Absolutismo.
 Centralismo- foralismo.
• A proposta ideolóxica do carlismo defendía o
tradicionalismo político, relixioso e social.Tamén
proclamábase a defensa dos foros de PaísVasco e
Navarra. Isto recóllese no seu lema Deus, rei e foros.
• As bases sociais do carlismo estaban compostas por:
 -Nobreza absolutista.
 -O clero regular e parte do secular afectado polas
desamortizacións.
 -Fidalguía rural
 -Parte do campesiñado prexudicado pola abolición foral
e a desamortización dos concellos.
 Os apoios de Isabel foron parte da alta nobreza e
funcionarios e un sector da xerarquía eclesiástica. Pero
tamén sectores liberáis más moderados.
A primeira guerra carlista
• Primeira fase.Sep 1833-xullo 1835.
 O movimento limítase ás provincias vascas e
Navarra, norte de Cataluña e Maestrazgo.
• A superioridade do exército isabelino obriga
aos carlistas a adoitar o sistema de
guerrillas, organizados en partidas rurais
dirixidas polo xeneral Zumalacárregui, que
morre no intento de tomar Bilbao.
• Segunda fase, xullo 1835-Oct 1837.
 O conflito enténdese cara outras zonas de
Cataluña, Galicia,Andalucía, Estremadura e
Madrid. Destacan as expedicións do xeneral
Cabrera pero tiveron pouco apoio popular.
 Outra foi a expedición real co obxecto de
impoñer un pacto á raíña, pero o exército ao
mando do xeneral Espartero obrigounos a
retirarse.
• Terceira fase, Oct 1837-xullo 1840.
 Prodúcese unha división interna dentro
dos carlistas:
 -Uns, dirixidos polo xeneral Maroto son
partidarios e chegar a un acordo coa raíña.
 -Outros, dirixidos polo xeneral Cabrera son
partidarios de continuar coa loita.
 O triunfo dos primeiros permitirán a sinatura
do Convenio deVergara en 1839 , entre o
Xeneral Maroto e Espartero.
 Neste pacto comprometíanse ao mantemento
dos privilexios forais e ao recoñecemento de
emprego e grao dos militares carlistas.
 A cambio os carlistas aceptaban a Constitución
de 1837 e recoñecían a Isabel II.
 Carlos de Borbón non aceptou o acordo e a
guerra continuou dirixida polo xeneral Cabrera en
Cataluña e Aragón ata 1840, cando as derradeiras
partidas carlistas marchan cara ao exilio en
Francia.
 Pero as reivindicacións carlistas mantivéronse e
deron lugar a novos conflictos bélicos.
http://www.youtube.com/watch?v=-OVd7QswC1Y
 A Segunda guerra carlista 1846 1849 ou
Guerra dos Mantiners.
 Protagonizada polos campesiños que
protestaban pola crise agraria, os impostos, o
recrutamento militar e a defensa dos dereitos
de CarlosVI ( a razón , a oposición ao posible
matrimonio entre Isabel II e o seu primo don
Carlos Luís, fillo de Carlos Mº Isidro)
 Sufriran unha forte represión.
 Terceira guerra carlista 1872-1876.
Aproveitando a expulsión de Isabel e co
reinado de Amadeo I e a I República. Esta será
dirixida por Carlos, neto de Carlos Mª Isidro.
Fracasará coa chegada de Alfonso XII.
 En Galicia.Antonio López tivo un castigo
exemplar.
O proceso de Revolución
Liberal(1833-1843)
• O desexo de asegurar o trono para a súa filla,
fai que Mª Cristina busque apoios nos
sectores liberáis más moderados, polo que
iniciará tímidas reformas.
• Isto permitirá implantar un réxime liberal coa
participación da burguesía, o exército e a
presión popular.
• Durante a rexencia sucederánse varios
gobernos.
• Tras a morte de FernandoVII Mª Cristina nomea
un gabinete presidido polo absolutista Cea
Bermúdez. Este decreta a división provincial,
realizada por ministro de Fomento Javier de
Burgos antigo afrancesado.
• España quedaba dividida en 49 provincias que
fixeron desaparecer os antigos reinos medievais.
Búscábase unha maior centralización e
control territorial.
• O inicio da primeira guerra carlista e as
presións liberais obrigan á rexente a escoitar aos
sectores que pedían unha convocatoria de
Cortes para consolidar o trono e en xaneiro de
1834 chamou a Martínez de la Rosa, liberal
moderado.
Este elabora o Estatuto Real, pseudoconstitución
de signo tan conservador que se considera unha
Carta Outorgada, propia do Liberalismo doutrinario.
Establecía unha convocatoria de Cortes con dúas
cámaras:
Estamento de Próceres. Cámara alta
Estamento de Procuradores. Cámara Baixa.
A Soberanía residía no rei que a depositaba nas
Cortes co rei.
As Cortes so podían lexislar á proposta do
monarca que as convocaba.
O sufraxio indirecto,limitábase ao 0,15% da
poboación.
Esta reforma non satisfacía aos sectores máis
conservadores pois defendían o absolutismo.
Tampouco aos liberais.
Isto provocou de novo a división dos liberais
Entre:
Moderados, partidarios de un sufraxio
censatario e amplos poderes para o rei.
Progresistas, partidarios de limitar o poder
do rei e voltar á labor lexisladora das Cortes de
Cádiz.
A partir de 1835 prodúcese un movemento
revolucionario que non admite o Estatuto
Real e provoca a dimisión de Martínez de la
Rosa.
• A raíña gobernadora chama a gobernar ao moderado
Conde deToreno en xuño. Este coa axuda de
Mendizábal , o seu ministro de Facenda, tomará
medidas contra as ordes relixiosas.
• Disolución de conventos con menos de 12 membros.
• Expulsión dos xesuítas
• Mentres, o malestar crecía na sociedade por mor da
fame, epidemias, ataques carlistas...
• En xullo e agosto a oposición liberal progresista lánzase
novamente á acción revolucionaria.
Protagonizada pola burguesía das cidades,
organizada dentro da Milicia urbana.
As revoltas levaron á formación de xuntas locais
e territoriais que asumiron o goberno e
formulaban reivindicacións. Os movementos de
carácter anticlerical e antiabsolutistas foron
violentos con asaltos a conventos e fábricas
(Bonaplata).
A extensión do conflito fixo que a rexente
chamara a gobernar ao liberal progresista Juan
Álvarez Mendizábal.
● O primeiro obxectivo de Mendizábal era derrotar
aos carlistas
• O segundo conseguir un Estado mais liberal. Convoca
eleccións para reformar o estatuto real
• Acometerá un programa de
• reformas de tipo
• socioeconómico.
• -Integración dos membros das xuntas nas Deputacións
provinciais.
-Reforma do recrutamento militar mediante a redención
de quintas (exención de alistamento mediante un pago)
- Desamortización eclesiástica dos bens das ordes
suprimidas e do clero secular.
• A desamortización supuxo un impacto nas ordes
relixiosas, e un forte impulso económico
• E un triunfo político, porque dende entón o grupo de
novos propietarios que fixo bos negocios coa
desamortización simpatizarán coa causa liberal.
• Porén estas medidas propiciarán que o clero abraze a
causa carlista.
● Pero o goberno de Mendizábal non introduciú cambios
fundamentais, e as súas actuacións non deron
resultados, e houbo oposición ás suas reformas.
● A rexente, chama a Insturíz, un liberal moderado a
formar goberno.
• No verán de 1836 prodúcense novos levantamentos e
formación de xuntas ante a paralización das reformas.
Estes rematan co Motín dos Sarxentos de La
Granja, un novo pronunciamento que deu paso a un
goberno de signo progresista.
• O novo goberno restablece a lexislación das Cortes de
Cádiz e doTrienio Liberal.
• A xefatura do goberno está en mans de Calatrava, e
Mendizábal de novo como ministro de Facenda.
http://www.youtube.com/watch?v=i8NGXKXQTxQ
● Os progresistas desmantelarán as institucións do Antigo
réxime para implantar un sistema liberal,
constitucional con unha monarquía parlamentaria.
● O novo goberno convoca eleccións a Cortes co
resultado de maioría progresista.
● As novas Cortes redactarán unha nova constitución.
Supón un acordo entre progresistas e
moderados.
• Os progresistas aceptan a non implantación da Soberanía
Nacional completa e
• Os moderados consinten nas desamortizacións e a
supresión de señoríos .
●A nova orde constitucional
Constitución de 1837
• A Coroa tiña poder executivo, potestade lexislativa
xunto coas Cortes e dereito a veto.
• Soberanía nacional compartida entre as Cortes e a
raíña.
• Cortes bicameráis: Congreso dos deputados e
Senado, con iniciativa legal.
• Restablecemento da Milicia Nacional
• Declaración de Dereitos e liberdades
individuais(liberdadede prensa, de asociación..).
• Certa tolerancia relixiosa
● Lei electoral de 1837 Establece un sufraxio
censitario onde poden votar un 2,4 % da poboación
(maiores de 25 anos que pagasen unha contribución
mínima de 200 reais).
 Lei de Imprenta que favorece a liberdade de
expresión.
● Establécese a elección popular dos concellos por
sufraxio universal masculino, restablécese así a lei
municipal de 1823. isto será motivo de disputa, xa
que os concellos pasarán a ter amplas funcións e
controlan á Milicia Nacional.
Ponse en marcha a reforma agraria liberal para
establecer novos principios da propiedade privada e de
libre dispoñibilidade da terra.
Lei xeral de desamortización. Dos bens do clero
regular e secular, previa supresión de ordes agas as
dedicadas ao ensino e á asistencia sanitaria.
Os bens nacionalizados foron vendidos en puxa pública.
A desamortización tiña como obxectivos:
- obter recursos para o Estado.
- aumentar o número de propietarios.
- Mellorar o desenvolvemento da agricultura.
Pero favoreceuse a concentración da propiedade en
mans de antigos propietarios e da burguesía
enriquecida
Decrétase a abolición definitiva dos señoríos.
Eliminou definitivamente os xurisdicionais e favoreceu
que a terra pasase a máns dos antigos señores.
A supresións das vinculacións e dos morgados
que impedian vender as terras.
Liberalización do sistema económico
completouse con:
Abolición dos décimos eclesiásticos, dos privilexios
da Mesta e dos gremios.
Consolidouse a liberdade de contratación, de
industria e de comercio coa supresión de
alfándegas.
A volta ao poder dos moderados
(1837.1840)
As eleccións de outubro de 1837 dan o triunfo aos
moderados, cuxo presidente será Evaristo Pérez de
Castro.
Os moderados intentarán botar abaixo as reformas
progresistas, gobernar de forma autoritaria e restrinxir
liberdades.
Así iniciase a tramitación de novas leis como a Lei
electoral de 1840 ou a Lei de Concellos que
restrinxía a autonomía municipal(os alcaldes de capital
de provincia eran nomeados pola coroa).
Isto provoca a oposición dos progresistas e un novo
levantamento revolucionario, o que obrigou á
rexente a buscar o apoio do xeneral progresista
Espartero para reprimir os motíns.
Espartero dimite tras a sinatura da Lei de
Concellos por parte da Raiña. Pero a
reactivación dos conflitos e a formación de
xuntas fará que a rexente volva chamar a
Espartero pero este négase e pon como
condición un novo goberno progresista,
disolución de Cortes e unha nova Lei de
Concellos.
A raíña gobernadora renuncia á rexencia(non
quería limitacións ao seu poder), marcha ao
exilio e nomea presidente a Espartero.
Estes últimos anos de goberno moderado están
mediatizados pola guerra carlista.
A Rexencia de Espartero 1840-1843

• Tras a renuncia de Mª Cristina Espartero queda
como rexente.Aínda que se debate entre os
progresistas a correxencia, Espartero esixiu ser
único rexente.
• O seu goberno apoiase nas clases medias e nos
“ayacuchos ” e manten ao marxe aos membros
do seu propio grupo como Olozaga.
 -Desenvolvese a Constitución de 1837.
 -Supendese a Lei de Concellos de 1840
 -Continúase coa desamortización(Lei de
Espartero).
 Tras a firma do Convenio deVergara cos
carlistas hai un intento de resolución do
problema foral de Navarra e PaísVasco.
 En 1841 A Lei paccionada recoñece a
Navarra o dereito a conservar parte das súas
institucións e particularidades forais.
 No caso vasco a negativa das súas
autoridades a facer calquera concesión
provocou a supresión dos seus privilexios
 O autoritarismo de Espartero provocará
descontento tanto entre os moderados como
nos propios progresistas, isto provoca unha
escisión dos progresistas e un retraemento
dos moderados, que se autoexclúen e
conspiran coa rexente(Orde Militar española) .
 En 1841 ten lugar un levantamento por
parte dos xenerais moderados dirixidos
por O’ Donnell, pero fracasa e é duramente
reprimido.
 Isto provoca a perda do apoio dunha parte
importante do exército.
 No aspecto económico apoiase no
librecambismo, o que producirá unha
apertura de aduanas e favorecerá a entrada de
produtos exteriores sobre todo tecidos
ingleses.
 Isto prexudicará á industria téxtil catalana. Esta
será unha das causas da insurrección en
Barcelona en 1842, o descontento popular
derivou nun motín que Espartero reprimiu
duramente ordenando o bombardeo de
Barcelona que provocou a ruptura definitiva
entre progresistas e esparteristas.
 Únense os descontentos que se enfrontan ao
exército esparterista, tendo lugar o
Pronunciamento do Xeneral Narváez en
Torrejón de Ardoz , xullo 1843.
 Espartero renuncia á rexencia e marcha cara ao
exilio en Londres.
 O goberno provisional dirixido por Joaquín
Mª López intenta unha coalición entre
moderados e progresistas, pero a inestabilidade
obrigará a adiantar a maioría de idade de
Isabel, coroada con só 13 anos.
O REINADO DE ISABEL II
Desde finais de
1843 ata 1868
a vida política española
estará mediatizada pola
personalidade e o
carácter da nova raíña
(de vida licenciosa
influenciada polo seu
confesor e a monxa
Sor Patrocinio) e polo
predominio dun
liberalismo moderado
apoiado pola raíña.
A DÉCADA MODERADA(1844-1854)
 Supón a institucionalización do réxime liberal.A
vida política estivo caracterizada por:
• A práctica electoral sometida a corrupción e ao
amaño, facilitará que case sempre gañe as eleccións a
candidatura do goberno que as convoca.
• A frecuente suspensión de garantías sociais.
• Isto provoca un retraemento ou renuncia a participar
nas eleccións por parte da oposición ou que recorra á
violencia e ao pronunciamento.
• A escasa participación nas eleccións fai do pobo un
simple espectador da vida política.
• As leis electorais darán poder aos xefes políticos e a
notables locais que pasarán a ser os caciques, que
negociarán os resultados a cambio de favores.
Palacio das Cortes inaugurado
en 1850
 Perfílanse os incipientes partidos políticos, pero tiñan
pouco arraigo social, non eran mais que agrupacións
arredor dun notable, non tiñan programas políticos
definidos, uníanse por relacións persoais ou intereses.
 Os liberais continúan divididos entre moderados e
progresistas.
 Da ala esquerda do progresismo xorde o Partido
Demócrata que defenderá a Soberanía popular e o
sufraxio universal masculino, limitación do poder real,
maiores liberdades a descentralización administrativa. Este
grupo se dividía entre monárquicos e republicanos.
 A Union liberal partido de centro entre moderados e
progresistas liderado por O’Donnell.
 O partido carlista que promovía a volta ao Antigo
Réxime, o absolutismo monárquico e a defensa dos
privilexios forais..
 Os militares van ter un papel moi activo, os
espadóns Espartero,O’ Donnell e Narváez serán
chamados á presidencia polos seus partidos.
 Estas alteracións permiten distinguir tres períodos:
• A década moderada1844-1854.
• Bienio progresista 1854-1856.
• Goberno moderado-unionista 1856-1858

As bases do réxime
 Tras os gobernos do progresista Olozaga e o moderado
Gonzalez Bravo pasa a dirixir o goberno o xeneral
Narváez tras as eleccións de 1844.
 Con Narváez iníciase un longo período de
homoxeneidade política dominada polos
moderados, agás a experiencia do Bienio progresista e
a do Xeneral O’Donnell.
 Narváez modelou un estado centralizado de tipo
conservador, baseado na autoridade e na represión.
 Modificou as bases do sistema e promulga unha nova
Constitución en 1845, outra lei de concellos,
incremento do poder da coroa, a centralización e
redución do sufraxio.

 A CONSTITUCIÓN DE 1845 establecía:
• Soberanía Compartida entre o rei e as Cortes.
• Reforzamento do poder real .Ten poder executivo,
comparte o lexislativo, nomea o goberno disolve e
convoca Cortes, nomea ao Senado, dereito a veto...
• Duas cámaras.
• Sufraxio censatario que restrinxe a participación
política ao 0,8% dos cidadáns.
• Restrición de dereitos e liberdades. (Lei de
Imprenta).
• Centralización política e administrativa(Lei de
Concellos)
• Confesionalidade católica do Estado.
• Supresión da Milicia Nacional.
 Reformas administrativas:
 Reforma da administración provincial e municipal
cun sistema xerárquico de control: gobernadores
civís,deputacións e concellos coa Lei de Concellos
1845 os alcaldes dos municipios de mais de 2000 hab e
capital de provincia eran elixidos pola Coroa, polo
gobernador civil as máis pequenas
 Suspéndese a Desamortización.
 Reforma fiscal 1845 de Alejandro Mon baseada nos
principios de proporcionalidade e simplificación dos
impostos, pero as clases populares viron incrementada a
presión fiscal cos impostos indirectos(consumos).
 Reforma do sistema educativo co Plan de Estudios
de Gil y Zarate.
 A Lei Electoral (1846) restrinxe a participación política
ao 1% da poboación
 Suprímese a Milicia nacional e se crea a Guarda Civil
en 1844.
● Aprobouse o
Código Penal (1848)
Código Civil (1850)
 Adoptouse un único sistema de peso e medidas, o
sistema métrico decimal.
 En 1851 con Juan Bravo Murillo como presidente do
goberno fírmase o Concordato coa Santa Sé, o que
normaliza a relacións coa Igrexa católica rotas tras a
desamortización eclesiástica. Supoñía a aceptación da
relixión católica como única do Estado, a inspección da
igrexa sobre o sistema educativo e o mantemento
da igrexa por parte do Estado con cargo aos
orzamentos.
A crise do moderantismo
 Pero os moderados non conseguiron a estabilidade
politica e tiveron que facer fronte a diversos conflictos.
 Prodúcese un novo levantamento carlista, a Guerra
dos Mantiners ou Segunda Guerra Carlista en
1846.
 As medidas tomadas polos moderados orixinaron
numerosas protestas. Os sectores máis radicais dos
progresistas ante a imposibilidade de acceder ao poder
protagonizan numerosos pronunciamentos que
fracasarán.
 Un destes pronunciamentos deuse en Galicia en 1846,
encabezado por Miguel Solís, que se inicia en Lugo e é
seguido por diversas cidades galegas, os revolucionarios
estableceron unha Xunta Superior de Galicia.
 Pero as tropas sublevadas
 foron derrotadas e Solís e
 once oficiais foron fusilados
 en Carral, os mártires de Carral
Este levantamento
 esboza ademais unha
 reivindicación
 específicamente galega.
 As divisións internas do moderantismo propiciaron a
inestabilidade do goberno.
 O carácter cada vez máis ultraconservador dos
gobernos moderados incrementou os descontentos
incluso dentro das súas propias filas.
 O cisma entre os moderados prodúcese a partir do
Proxecto de Reforma constitucional de 1852 de
Bravo Murillo que pretendía a restrición da
participación política e as liberdades; ampliar as
competencias da coroa e reforzar o executivo cun
carácter autoritario.
 Os descontentos tamén se deron pola política financeira
e económica e pola corrupción.
A Revolución de 1854
 En xuño de 1854 os progresistas, demócratas e
republicanos xunto con algúns moderados descontentos
polo autoritarismo do réxime, protagonizaron un
pronunciamento militar dirixido polos xenerales
O’Donnell, Dulce e Ros Olano enVicálvaro e
coñecido como “a Vicalvarada”.
 Os levantamentos se estenden e fírmase o Manifesto
de Manzanares, onde se pedía reformar a lei electoral
e ampliar o sufraxio, reimplantar a Milicia Nacional,
descentralización municipal, supresión da camarilla
palaciana e Convocatoria de Cortes constituíntes.
 Era un programa de contido reformista que atraía aos
progresistas.
 O pronunciamento derivou nunha revolución e
formáronse xuntas, a Xunta de Salvación, trata de
formar un goberno provisional a cargo de Evaristo San
Miguel. Nestas revoltas aparecen por primeira vez
reivindicacións demócratas e republicanas.
 Esta etapa estivo dirixida por dous caudillos militares:
Espartero e O’Donnell.
O BIENIO PROGRESISTA 1854-56
 Cando cae o goberno moderado a raíña
atemorizada e sen apoios nomea a Espartero
xefe do goberno, O’ Donnell será nomeado
ministro da guerra.
 Este novo goberno é o resultado dunha
coalición progresista –moderada con
maioría progresista no Congreso.
 Neste momento amplíase o panorama político.
Desde a ala esquerda do progresismo xorde o
partido demócrata e fórmase a Unión
Liberal centrista.
 A acción do goberno progresista.
 Impulsáronse reformas que promoverán o
desenvolvemento económico
• Lei de Desamortización de Madoz 1855 que pon
de novo á venda os bens da Igrexa e os bens propios e
comúns dos concellos.
 Isto supuxo un duro golpe para a economía dos
concellos e para os campesiños que se viron
desposuídos do usufruto das terras comunais. Esta lei
provoca a oposición da Igrexa e dos campesiños e
incrementa as tensións e protestas no campo de
Andalucía.
 Coa súa venda desenvolveuse unha agricultura de
mercado que favoreceu ánova burguesía agraria.
• Lei de ferrocarrís 1855 sentou as bases para a
formación da rede ferroviaria e atraeu a investidores
estranxeiros.
• Lei de Sociedades de Crédito, de Banca e
minería. Fomentaban as sociedades por accións,a
actividade bancaria e o desenvolvemento da minería.
• Redáctase a Constitución non nata en 1856.
• Ademais restablécese a lei de concellos de 1823 e a
de Imprenta de 1837 e restablece a Milicia Nacional.
Intenta tamén ampliar as bases electorais
 O goberno ten que afrontar varios problemas:
 Ten lugar un novo levantamento carlista.
 Prodúcese unha profunda crise de subsistencia que
produce un alza de prezos e afectou aos grupos populares
e provocou levantamentos campesiños que se
estenderon tamén nas cidades
 Incrementase a débeda pública.
 Incrementase a conflictividade obreira .Os traballadores
pedían redución de impostos de consumos, abolición das
quintas e melloras laborais.A forte represión provocou en
Barcelona, a primeira folga xeral de España.
 Todos estes problemas agudizaron as diferenzas entre
Espartero e O’Donnell e forzan a dimisión de
Espartero .A raíña interven en favor de O’Donnell
ao que chama para gobernar.
 Houbo movementos de protesta en favor dun
goberno progresista, pero finalmente a fracción do
exército afecta a O’Donnel puxo fin ao Bienio.
https://www.youtube.com/watch?v=Tzv7m2PUT0Y&t=10s
Goberno moderado-unionista 1856-1868
 Nesta etapa altérnanse no poder os membros da
Unión Liberal, presididos por O’Donnell e os
moderados presididos fundamentalmente por Narváez.
 O novo goberno presidido por O’Donnell levou a
cabo o desmantelamento do labor político e lexislativo
do Bienio. Disolve as Cortes, a Milicia nacional, se
reorganizan os concellos...
 Restáurase a Constitución moderada de 1845 aínda que
con algunhas modificacións como o mantemento
dalgunhas leis progresistas como a de imprenta, a
desamortización e a lei de concellos.
 Isto provocará a desconfianza da raíña e a destitución
de O’Donnell.
 Narváez volve a presidir o goberno. Suspende toda a
lexislación progresista e se volve a un moderantismo
máis conservador e autoritario.
 Restrinxen dereitos e liberdades (de imprenta..)o
sufraxio, se suspende a desamortización...
 Refórmase o Senado para incorporar aos grandes de
España con carácter vitalicio, restaúrase o morgado.
 Os progresistas se retráen e optan pola vía
conspirativa.
 Destacan a aprobación da Lei Moyano 1857 de
instrución pública, que establecía a gratuidade no
ensino primario e crea os institutos de ensino medio.
 Prodúcese unha crise de subsistencia que agudiza os
conflitos sociais.

Goberno unionista de O’Donnel
 Narváez dimite e a raíña chama de novo a O’
Donnell que preside o goberno, tras as eleccións de
1858 previsiblemente gañou a Unión Liberal, pero
permitía unha pequena participación da oposición.
 Período de relativa estabilidade e bonanza económica
 Restablece parte da labor do bienio como a ampliación
das bases electorais, diminúe o control da prensa e
aumenta a autonomía dos concellos, pero non modifica
a Constitución de 1845.
 Retomas as medidas económicas
do Bienio continúa a
desamortización civil e a
expansión do ferrocarril
 En política exterior embarcouse en diversos
empresas militares co obxectivo de obter prestixio,
volver dar unha imaxe de potencia colonial, e
estimular o patriotismo como a expedición de
Conchinchina(1857-62),
Mexico(1861-62),
A guerra do Pacífico contra
Perú e Chile(1862-64)ou a de
Marrocos(1859-60),
a máis importante, onde adquiriu
gran prestixio o xeneral
progresista Juan Prim.
coa Paz de Wad-Ras ocúpase
Ifni e amplíase Ceuta.
 En 1863 O’ Donnell é sutituido e se suceden gobernos
cada vez máis autoritarios, inestables e ineficaces.
A raíña volve chamar a Narváez que goberna de forma
ditatorial.
• A oposición ao goberno se incrementa, a axitación
popular aumenta.
• A monarquía está cada vez máis desprestixiada,
polo apoio á Santa Sé no proceso de Unificación italiana, e
pola conduta intervencionista da raíña.
• A critica de Emilio Castelar á raíña provocou a
expulsión da súa cátedra da Universidade e a posterior
protesta estudantil, brutalmente reprimida por
Narváez a noite de San Daniel.
• Outro episodio foi a sublevación protagonizada
polo xeneral Prim, que fracasou.
• Un novo pronunciamento militar no
cuartel de San Gil en 1866 foi reprimido con
dureza por O’ Donnell(66 fusilados)..
• Unha crise internacional en 1866 que
afectou a todos os sectores produtivos e ás
finanzas viu a agravar a situación.
• Unha crise de subsistencia por malas
colleitas, provocou un aumento de prezos e o
descontento popular.
• A crise favorece o crecemento dos partidos
de esquerdas, demócratas e republicanos.
 En agosto de 1866 progresistas e demócratas no exilio
acordan o pacto de Ostende (Bélxica) onde se acorda
o derrocamento de Isabel II e un cambio de goberno, a
creación dun goberno provisional e a creación dunhas
Cortes Constituíntes.
 En 1867 morre O´Donnell e Narváez en 1868.
 A represión do último goberno moderado de
Gonzalez Bravo provocou o a asociación de
unionistas, progresistas e demócratas promoven un
pronunciamento en Cádiz por parte dos xenerales
Serrano, Prim, Dulce e o almiranteTopete.
setembro de 1868
 O manifesto remataba co berro “Viva España con
Honra”, símbolo da Revolución de setembro de
1868, coñecida como La Gloriosa.

More Related Content

What's hot

O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCORosacidgalante
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalAgrela Elvixeo
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaAgrela Elvixeo
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismorubempaul
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaDudas-Historia
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaAgrela Elvixeo
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Agrela Elvixeo
 

What's hot (20)

Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Tema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réximeTema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réxime
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Mitad tema 2
Mitad tema 2Mitad tema 2
Mitad tema 2
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía Hispánica
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 

Similar to Tema 6 a construción do estado liberal

Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Iidudashistoria
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIDavid Barrán Ferreiro
 
HE-Isabel ii
HE-Isabel iiHE-Isabel ii
HE-Isabel iiaialo1
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX Dudas-Historia
 
Isabel II
Isabel IIIsabel II
Isabel IIelvinha
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíapablokatt
 
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)David Barrán Ferreiro
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánEVAVIDALFERRO
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezO reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezEVAVIDALFERRO
 

Similar to Tema 6 a construción do estado liberal (20)

Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
 
Sabela Ii
Sabela IiSabela Ii
Sabela Ii
 
Sabela II pdf
Sabela II pdfSabela II pdf
Sabela II pdf
 
HE-Isabel ii
HE-Isabel iiHE-Isabel ii
HE-Isabel ii
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Isabel II
Isabel IIIsabel II
Isabel II
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
 
Xeografia4
Xeografia4Xeografia4
Xeografia4
 
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezO reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 

More from velazquezturnesnieves

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenavelazquezturnesnieves
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónvelazquezturnesnieves
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalvelazquezturnesnieves
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreirovelazquezturnesnieves
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosvelazquezturnesnieves
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españavelazquezturnesnieves
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanovelazquezturnesnieves
 

More from velazquezturnesnieves (20)

INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdfINTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plena
 
O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españa
 
Xeografía
XeografíaXeografía
Xeografía
 
Descolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundoDescolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundo
 
A guerra fria
A guerra friaA guerra fria
A guerra fria
 
O meu primeiro e portafolios
O meu primeiro e  portafoliosO meu primeiro e  portafolios
O meu primeiro e portafolios
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbano
 
A idade moderna
A idade modernaA idade moderna
A idade moderna
 
Tema 10 a poboación española
Tema 10   a poboación españolaTema 10   a poboación española
Tema 10 a poboación española
 

Tema 6 a construción do estado liberal

  • 1. Tema 6 A construción do Estado Liberal A Rexencia de María Cristina 1833-1840 • Á morte de FernandoVII, a súa viúva convértese en rexente no nome da súa filla Isabel. • Ao mesmo tempo os sectores máis intransixentes do absolutismo conxúranse arredor de Carlos Mª Isidro que reclama a coroa, comezando así as guerras carlistas, que durarán ata 1839.
  • 2. As guerras carlistas • Ten os seus antecedentes na Revolta dos Agraviados en 1827.Pero os primeiros levantamentos prodúcense tra a morte de FernandoVII e a proclamación como raíña de Isabel II. • A guerra civil enfrentará aos partidarios da lexitimidade • de Carlos Mª Isidro e aos de Isabel.  Pero non so foi un enfrontamento pola coroa, senón tamén un enfrontamento entre:  Liberalismo- Absolutismo.  Centralismo- foralismo.
  • 3. • A proposta ideolóxica do carlismo defendía o tradicionalismo político, relixioso e social.Tamén proclamábase a defensa dos foros de PaísVasco e Navarra. Isto recóllese no seu lema Deus, rei e foros. • As bases sociais do carlismo estaban compostas por:  -Nobreza absolutista.  -O clero regular e parte do secular afectado polas desamortizacións.  -Fidalguía rural  -Parte do campesiñado prexudicado pola abolición foral e a desamortización dos concellos.  Os apoios de Isabel foron parte da alta nobreza e funcionarios e un sector da xerarquía eclesiástica. Pero tamén sectores liberáis más moderados.
  • 4. A primeira guerra carlista • Primeira fase.Sep 1833-xullo 1835.  O movimento limítase ás provincias vascas e Navarra, norte de Cataluña e Maestrazgo. • A superioridade do exército isabelino obriga aos carlistas a adoitar o sistema de guerrillas, organizados en partidas rurais dirixidas polo xeneral Zumalacárregui, que morre no intento de tomar Bilbao.
  • 5. • Segunda fase, xullo 1835-Oct 1837.  O conflito enténdese cara outras zonas de Cataluña, Galicia,Andalucía, Estremadura e Madrid. Destacan as expedicións do xeneral Cabrera pero tiveron pouco apoio popular.  Outra foi a expedición real co obxecto de impoñer un pacto á raíña, pero o exército ao mando do xeneral Espartero obrigounos a retirarse.
  • 6. • Terceira fase, Oct 1837-xullo 1840.  Prodúcese unha división interna dentro dos carlistas:  -Uns, dirixidos polo xeneral Maroto son partidarios e chegar a un acordo coa raíña.  -Outros, dirixidos polo xeneral Cabrera son partidarios de continuar coa loita.  O triunfo dos primeiros permitirán a sinatura do Convenio deVergara en 1839 , entre o Xeneral Maroto e Espartero.
  • 7.
  • 8.
  • 9.  Neste pacto comprometíanse ao mantemento dos privilexios forais e ao recoñecemento de emprego e grao dos militares carlistas.  A cambio os carlistas aceptaban a Constitución de 1837 e recoñecían a Isabel II.  Carlos de Borbón non aceptou o acordo e a guerra continuou dirixida polo xeneral Cabrera en Cataluña e Aragón ata 1840, cando as derradeiras partidas carlistas marchan cara ao exilio en Francia.  Pero as reivindicacións carlistas mantivéronse e deron lugar a novos conflictos bélicos. http://www.youtube.com/watch?v=-OVd7QswC1Y
  • 10.  A Segunda guerra carlista 1846 1849 ou Guerra dos Mantiners.  Protagonizada polos campesiños que protestaban pola crise agraria, os impostos, o recrutamento militar e a defensa dos dereitos de CarlosVI ( a razón , a oposición ao posible matrimonio entre Isabel II e o seu primo don Carlos Luís, fillo de Carlos Mº Isidro)  Sufriran unha forte represión.
  • 11.  Terceira guerra carlista 1872-1876. Aproveitando a expulsión de Isabel e co reinado de Amadeo I e a I República. Esta será dirixida por Carlos, neto de Carlos Mª Isidro. Fracasará coa chegada de Alfonso XII.  En Galicia.Antonio López tivo un castigo exemplar.
  • 12. O proceso de Revolución Liberal(1833-1843) • O desexo de asegurar o trono para a súa filla, fai que Mª Cristina busque apoios nos sectores liberáis más moderados, polo que iniciará tímidas reformas. • Isto permitirá implantar un réxime liberal coa participación da burguesía, o exército e a presión popular.
  • 13. • Durante a rexencia sucederánse varios gobernos. • Tras a morte de FernandoVII Mª Cristina nomea un gabinete presidido polo absolutista Cea Bermúdez. Este decreta a división provincial, realizada por ministro de Fomento Javier de Burgos antigo afrancesado. • España quedaba dividida en 49 provincias que fixeron desaparecer os antigos reinos medievais. Búscábase unha maior centralización e control territorial.
  • 14.
  • 15. • O inicio da primeira guerra carlista e as presións liberais obrigan á rexente a escoitar aos sectores que pedían unha convocatoria de Cortes para consolidar o trono e en xaneiro de 1834 chamou a Martínez de la Rosa, liberal moderado. Este elabora o Estatuto Real, pseudoconstitución de signo tan conservador que se considera unha Carta Outorgada, propia do Liberalismo doutrinario. Establecía unha convocatoria de Cortes con dúas cámaras:
  • 16. Estamento de Próceres. Cámara alta Estamento de Procuradores. Cámara Baixa. A Soberanía residía no rei que a depositaba nas Cortes co rei. As Cortes so podían lexislar á proposta do monarca que as convocaba. O sufraxio indirecto,limitábase ao 0,15% da poboación. Esta reforma non satisfacía aos sectores máis conservadores pois defendían o absolutismo. Tampouco aos liberais.
  • 17. Isto provocou de novo a división dos liberais Entre: Moderados, partidarios de un sufraxio censatario e amplos poderes para o rei. Progresistas, partidarios de limitar o poder do rei e voltar á labor lexisladora das Cortes de Cádiz. A partir de 1835 prodúcese un movemento revolucionario que non admite o Estatuto Real e provoca a dimisión de Martínez de la Rosa.
  • 18. • A raíña gobernadora chama a gobernar ao moderado Conde deToreno en xuño. Este coa axuda de Mendizábal , o seu ministro de Facenda, tomará medidas contra as ordes relixiosas. • Disolución de conventos con menos de 12 membros. • Expulsión dos xesuítas • Mentres, o malestar crecía na sociedade por mor da fame, epidemias, ataques carlistas... • En xullo e agosto a oposición liberal progresista lánzase novamente á acción revolucionaria.
  • 19. Protagonizada pola burguesía das cidades, organizada dentro da Milicia urbana. As revoltas levaron á formación de xuntas locais e territoriais que asumiron o goberno e formulaban reivindicacións. Os movementos de carácter anticlerical e antiabsolutistas foron violentos con asaltos a conventos e fábricas (Bonaplata). A extensión do conflito fixo que a rexente chamara a gobernar ao liberal progresista Juan Álvarez Mendizábal.
  • 20. ● O primeiro obxectivo de Mendizábal era derrotar aos carlistas • O segundo conseguir un Estado mais liberal. Convoca eleccións para reformar o estatuto real • Acometerá un programa de • reformas de tipo • socioeconómico.
  • 21. • -Integración dos membros das xuntas nas Deputacións provinciais. -Reforma do recrutamento militar mediante a redención de quintas (exención de alistamento mediante un pago) - Desamortización eclesiástica dos bens das ordes suprimidas e do clero secular. • A desamortización supuxo un impacto nas ordes relixiosas, e un forte impulso económico • E un triunfo político, porque dende entón o grupo de novos propietarios que fixo bos negocios coa desamortización simpatizarán coa causa liberal. • Porén estas medidas propiciarán que o clero abraze a causa carlista.
  • 22. ● Pero o goberno de Mendizábal non introduciú cambios fundamentais, e as súas actuacións non deron resultados, e houbo oposición ás suas reformas. ● A rexente, chama a Insturíz, un liberal moderado a formar goberno. • No verán de 1836 prodúcense novos levantamentos e formación de xuntas ante a paralización das reformas. Estes rematan co Motín dos Sarxentos de La Granja, un novo pronunciamento que deu paso a un goberno de signo progresista. • O novo goberno restablece a lexislación das Cortes de Cádiz e doTrienio Liberal. • A xefatura do goberno está en mans de Calatrava, e Mendizábal de novo como ministro de Facenda. http://www.youtube.com/watch?v=i8NGXKXQTxQ
  • 23. ● Os progresistas desmantelarán as institucións do Antigo réxime para implantar un sistema liberal, constitucional con unha monarquía parlamentaria. ● O novo goberno convoca eleccións a Cortes co resultado de maioría progresista. ● As novas Cortes redactarán unha nova constitución. Supón un acordo entre progresistas e moderados. • Os progresistas aceptan a non implantación da Soberanía Nacional completa e • Os moderados consinten nas desamortizacións e a supresión de señoríos . ●A nova orde constitucional
  • 24. Constitución de 1837 • A Coroa tiña poder executivo, potestade lexislativa xunto coas Cortes e dereito a veto. • Soberanía nacional compartida entre as Cortes e a raíña. • Cortes bicameráis: Congreso dos deputados e Senado, con iniciativa legal. • Restablecemento da Milicia Nacional • Declaración de Dereitos e liberdades individuais(liberdadede prensa, de asociación..). • Certa tolerancia relixiosa
  • 25. ● Lei electoral de 1837 Establece un sufraxio censitario onde poden votar un 2,4 % da poboación (maiores de 25 anos que pagasen unha contribución mínima de 200 reais).  Lei de Imprenta que favorece a liberdade de expresión. ● Establécese a elección popular dos concellos por sufraxio universal masculino, restablécese así a lei municipal de 1823. isto será motivo de disputa, xa que os concellos pasarán a ter amplas funcións e controlan á Milicia Nacional.
  • 26.
  • 27. Ponse en marcha a reforma agraria liberal para establecer novos principios da propiedade privada e de libre dispoñibilidade da terra. Lei xeral de desamortización. Dos bens do clero regular e secular, previa supresión de ordes agas as dedicadas ao ensino e á asistencia sanitaria. Os bens nacionalizados foron vendidos en puxa pública. A desamortización tiña como obxectivos: - obter recursos para o Estado. - aumentar o número de propietarios. - Mellorar o desenvolvemento da agricultura. Pero favoreceuse a concentración da propiedade en mans de antigos propietarios e da burguesía enriquecida
  • 28. Decrétase a abolición definitiva dos señoríos. Eliminou definitivamente os xurisdicionais e favoreceu que a terra pasase a máns dos antigos señores. A supresións das vinculacións e dos morgados que impedian vender as terras. Liberalización do sistema económico completouse con: Abolición dos décimos eclesiásticos, dos privilexios da Mesta e dos gremios. Consolidouse a liberdade de contratación, de industria e de comercio coa supresión de alfándegas.
  • 29. A volta ao poder dos moderados (1837.1840) As eleccións de outubro de 1837 dan o triunfo aos moderados, cuxo presidente será Evaristo Pérez de Castro. Os moderados intentarán botar abaixo as reformas progresistas, gobernar de forma autoritaria e restrinxir liberdades. Así iniciase a tramitación de novas leis como a Lei electoral de 1840 ou a Lei de Concellos que restrinxía a autonomía municipal(os alcaldes de capital de provincia eran nomeados pola coroa). Isto provoca a oposición dos progresistas e un novo levantamento revolucionario, o que obrigou á rexente a buscar o apoio do xeneral progresista Espartero para reprimir os motíns.
  • 30. Espartero dimite tras a sinatura da Lei de Concellos por parte da Raiña. Pero a reactivación dos conflitos e a formación de xuntas fará que a rexente volva chamar a Espartero pero este négase e pon como condición un novo goberno progresista, disolución de Cortes e unha nova Lei de Concellos. A raíña gobernadora renuncia á rexencia(non quería limitacións ao seu poder), marcha ao exilio e nomea presidente a Espartero. Estes últimos anos de goberno moderado están mediatizados pola guerra carlista.
  • 31. A Rexencia de Espartero 1840-1843 
  • 32. • Tras a renuncia de Mª Cristina Espartero queda como rexente.Aínda que se debate entre os progresistas a correxencia, Espartero esixiu ser único rexente. • O seu goberno apoiase nas clases medias e nos “ayacuchos ” e manten ao marxe aos membros do seu propio grupo como Olozaga.  -Desenvolvese a Constitución de 1837.  -Supendese a Lei de Concellos de 1840  -Continúase coa desamortización(Lei de Espartero).
  • 33.  Tras a firma do Convenio deVergara cos carlistas hai un intento de resolución do problema foral de Navarra e PaísVasco.  En 1841 A Lei paccionada recoñece a Navarra o dereito a conservar parte das súas institucións e particularidades forais.  No caso vasco a negativa das súas autoridades a facer calquera concesión provocou a supresión dos seus privilexios
  • 34.  O autoritarismo de Espartero provocará descontento tanto entre os moderados como nos propios progresistas, isto provoca unha escisión dos progresistas e un retraemento dos moderados, que se autoexclúen e conspiran coa rexente(Orde Militar española) .  En 1841 ten lugar un levantamento por parte dos xenerais moderados dirixidos por O’ Donnell, pero fracasa e é duramente reprimido.  Isto provoca a perda do apoio dunha parte importante do exército.
  • 35.  No aspecto económico apoiase no librecambismo, o que producirá unha apertura de aduanas e favorecerá a entrada de produtos exteriores sobre todo tecidos ingleses.  Isto prexudicará á industria téxtil catalana. Esta será unha das causas da insurrección en Barcelona en 1842, o descontento popular derivou nun motín que Espartero reprimiu duramente ordenando o bombardeo de Barcelona que provocou a ruptura definitiva entre progresistas e esparteristas.
  • 36.  Únense os descontentos que se enfrontan ao exército esparterista, tendo lugar o Pronunciamento do Xeneral Narváez en Torrejón de Ardoz , xullo 1843.  Espartero renuncia á rexencia e marcha cara ao exilio en Londres.  O goberno provisional dirixido por Joaquín Mª López intenta unha coalición entre moderados e progresistas, pero a inestabilidade obrigará a adiantar a maioría de idade de Isabel, coroada con só 13 anos.
  • 37. O REINADO DE ISABEL II Desde finais de 1843 ata 1868 a vida política española estará mediatizada pola personalidade e o carácter da nova raíña (de vida licenciosa influenciada polo seu confesor e a monxa Sor Patrocinio) e polo predominio dun liberalismo moderado apoiado pola raíña.
  • 38. A DÉCADA MODERADA(1844-1854)  Supón a institucionalización do réxime liberal.A vida política estivo caracterizada por: • A práctica electoral sometida a corrupción e ao amaño, facilitará que case sempre gañe as eleccións a candidatura do goberno que as convoca. • A frecuente suspensión de garantías sociais. • Isto provoca un retraemento ou renuncia a participar nas eleccións por parte da oposición ou que recorra á violencia e ao pronunciamento. • A escasa participación nas eleccións fai do pobo un simple espectador da vida política. • As leis electorais darán poder aos xefes políticos e a notables locais que pasarán a ser os caciques, que negociarán os resultados a cambio de favores.
  • 39. Palacio das Cortes inaugurado en 1850
  • 40.  Perfílanse os incipientes partidos políticos, pero tiñan pouco arraigo social, non eran mais que agrupacións arredor dun notable, non tiñan programas políticos definidos, uníanse por relacións persoais ou intereses.  Os liberais continúan divididos entre moderados e progresistas.  Da ala esquerda do progresismo xorde o Partido Demócrata que defenderá a Soberanía popular e o sufraxio universal masculino, limitación do poder real, maiores liberdades a descentralización administrativa. Este grupo se dividía entre monárquicos e republicanos.  A Union liberal partido de centro entre moderados e progresistas liderado por O’Donnell.  O partido carlista que promovía a volta ao Antigo Réxime, o absolutismo monárquico e a defensa dos privilexios forais..
  • 41.
  • 42.  Os militares van ter un papel moi activo, os espadóns Espartero,O’ Donnell e Narváez serán chamados á presidencia polos seus partidos.
  • 43.  Estas alteracións permiten distinguir tres períodos: • A década moderada1844-1854. • Bienio progresista 1854-1856. • Goberno moderado-unionista 1856-1858 
  • 44. As bases do réxime  Tras os gobernos do progresista Olozaga e o moderado Gonzalez Bravo pasa a dirixir o goberno o xeneral Narváez tras as eleccións de 1844.  Con Narváez iníciase un longo período de homoxeneidade política dominada polos moderados, agás a experiencia do Bienio progresista e a do Xeneral O’Donnell.  Narváez modelou un estado centralizado de tipo conservador, baseado na autoridade e na represión.  Modificou as bases do sistema e promulga unha nova Constitución en 1845, outra lei de concellos, incremento do poder da coroa, a centralización e redución do sufraxio. 
  • 45.  A CONSTITUCIÓN DE 1845 establecía: • Soberanía Compartida entre o rei e as Cortes. • Reforzamento do poder real .Ten poder executivo, comparte o lexislativo, nomea o goberno disolve e convoca Cortes, nomea ao Senado, dereito a veto... • Duas cámaras. • Sufraxio censatario que restrinxe a participación política ao 0,8% dos cidadáns. • Restrición de dereitos e liberdades. (Lei de Imprenta). • Centralización política e administrativa(Lei de Concellos) • Confesionalidade católica do Estado. • Supresión da Milicia Nacional.
  • 46.
  • 47.
  • 48.  Reformas administrativas:  Reforma da administración provincial e municipal cun sistema xerárquico de control: gobernadores civís,deputacións e concellos coa Lei de Concellos 1845 os alcaldes dos municipios de mais de 2000 hab e capital de provincia eran elixidos pola Coroa, polo gobernador civil as máis pequenas  Suspéndese a Desamortización.  Reforma fiscal 1845 de Alejandro Mon baseada nos principios de proporcionalidade e simplificación dos impostos, pero as clases populares viron incrementada a presión fiscal cos impostos indirectos(consumos).  Reforma do sistema educativo co Plan de Estudios de Gil y Zarate.  A Lei Electoral (1846) restrinxe a participación política ao 1% da poboación
  • 49.  Suprímese a Milicia nacional e se crea a Guarda Civil en 1844. ● Aprobouse o Código Penal (1848) Código Civil (1850)  Adoptouse un único sistema de peso e medidas, o sistema métrico decimal.
  • 50.  En 1851 con Juan Bravo Murillo como presidente do goberno fírmase o Concordato coa Santa Sé, o que normaliza a relacións coa Igrexa católica rotas tras a desamortización eclesiástica. Supoñía a aceptación da relixión católica como única do Estado, a inspección da igrexa sobre o sistema educativo e o mantemento da igrexa por parte do Estado con cargo aos orzamentos.
  • 51. A crise do moderantismo  Pero os moderados non conseguiron a estabilidade politica e tiveron que facer fronte a diversos conflictos.  Prodúcese un novo levantamento carlista, a Guerra dos Mantiners ou Segunda Guerra Carlista en 1846.  As medidas tomadas polos moderados orixinaron numerosas protestas. Os sectores máis radicais dos progresistas ante a imposibilidade de acceder ao poder protagonizan numerosos pronunciamentos que fracasarán.  Un destes pronunciamentos deuse en Galicia en 1846, encabezado por Miguel Solís, que se inicia en Lugo e é seguido por diversas cidades galegas, os revolucionarios estableceron unha Xunta Superior de Galicia.
  • 52.  Pero as tropas sublevadas  foron derrotadas e Solís e  once oficiais foron fusilados  en Carral, os mártires de Carral Este levantamento  esboza ademais unha  reivindicación  específicamente galega.
  • 53.  As divisións internas do moderantismo propiciaron a inestabilidade do goberno.  O carácter cada vez máis ultraconservador dos gobernos moderados incrementou os descontentos incluso dentro das súas propias filas.  O cisma entre os moderados prodúcese a partir do Proxecto de Reforma constitucional de 1852 de Bravo Murillo que pretendía a restrición da participación política e as liberdades; ampliar as competencias da coroa e reforzar o executivo cun carácter autoritario.  Os descontentos tamén se deron pola política financeira e económica e pola corrupción.
  • 54. A Revolución de 1854  En xuño de 1854 os progresistas, demócratas e republicanos xunto con algúns moderados descontentos polo autoritarismo do réxime, protagonizaron un pronunciamento militar dirixido polos xenerales O’Donnell, Dulce e Ros Olano enVicálvaro e coñecido como “a Vicalvarada”.  Os levantamentos se estenden e fírmase o Manifesto de Manzanares, onde se pedía reformar a lei electoral e ampliar o sufraxio, reimplantar a Milicia Nacional, descentralización municipal, supresión da camarilla palaciana e Convocatoria de Cortes constituíntes.  Era un programa de contido reformista que atraía aos progresistas.
  • 55.
  • 56.  O pronunciamento derivou nunha revolución e formáronse xuntas, a Xunta de Salvación, trata de formar un goberno provisional a cargo de Evaristo San Miguel. Nestas revoltas aparecen por primeira vez reivindicacións demócratas e republicanas.  Esta etapa estivo dirixida por dous caudillos militares: Espartero e O’Donnell.
  • 57. O BIENIO PROGRESISTA 1854-56  Cando cae o goberno moderado a raíña atemorizada e sen apoios nomea a Espartero xefe do goberno, O’ Donnell será nomeado ministro da guerra.  Este novo goberno é o resultado dunha coalición progresista –moderada con maioría progresista no Congreso.  Neste momento amplíase o panorama político. Desde a ala esquerda do progresismo xorde o partido demócrata e fórmase a Unión Liberal centrista.
  • 58.  A acción do goberno progresista.  Impulsáronse reformas que promoverán o desenvolvemento económico • Lei de Desamortización de Madoz 1855 que pon de novo á venda os bens da Igrexa e os bens propios e comúns dos concellos.  Isto supuxo un duro golpe para a economía dos concellos e para os campesiños que se viron desposuídos do usufruto das terras comunais. Esta lei provoca a oposición da Igrexa e dos campesiños e incrementa as tensións e protestas no campo de Andalucía.  Coa súa venda desenvolveuse unha agricultura de mercado que favoreceu ánova burguesía agraria.
  • 59. • Lei de ferrocarrís 1855 sentou as bases para a formación da rede ferroviaria e atraeu a investidores estranxeiros. • Lei de Sociedades de Crédito, de Banca e minería. Fomentaban as sociedades por accións,a actividade bancaria e o desenvolvemento da minería. • Redáctase a Constitución non nata en 1856. • Ademais restablécese a lei de concellos de 1823 e a de Imprenta de 1837 e restablece a Milicia Nacional. Intenta tamén ampliar as bases electorais
  • 60.  O goberno ten que afrontar varios problemas:  Ten lugar un novo levantamento carlista.  Prodúcese unha profunda crise de subsistencia que produce un alza de prezos e afectou aos grupos populares e provocou levantamentos campesiños que se estenderon tamén nas cidades  Incrementase a débeda pública.  Incrementase a conflictividade obreira .Os traballadores pedían redución de impostos de consumos, abolición das quintas e melloras laborais.A forte represión provocou en Barcelona, a primeira folga xeral de España.
  • 61.  Todos estes problemas agudizaron as diferenzas entre Espartero e O’Donnell e forzan a dimisión de Espartero .A raíña interven en favor de O’Donnell ao que chama para gobernar.  Houbo movementos de protesta en favor dun goberno progresista, pero finalmente a fracción do exército afecta a O’Donnel puxo fin ao Bienio. https://www.youtube.com/watch?v=Tzv7m2PUT0Y&t=10s
  • 62. Goberno moderado-unionista 1856-1868  Nesta etapa altérnanse no poder os membros da Unión Liberal, presididos por O’Donnell e os moderados presididos fundamentalmente por Narváez.  O novo goberno presidido por O’Donnell levou a cabo o desmantelamento do labor político e lexislativo do Bienio. Disolve as Cortes, a Milicia nacional, se reorganizan os concellos...  Restáurase a Constitución moderada de 1845 aínda que con algunhas modificacións como o mantemento dalgunhas leis progresistas como a de imprenta, a desamortización e a lei de concellos.  Isto provocará a desconfianza da raíña e a destitución de O’Donnell.
  • 63.  Narváez volve a presidir o goberno. Suspende toda a lexislación progresista e se volve a un moderantismo máis conservador e autoritario.  Restrinxen dereitos e liberdades (de imprenta..)o sufraxio, se suspende a desamortización...  Refórmase o Senado para incorporar aos grandes de España con carácter vitalicio, restaúrase o morgado.  Os progresistas se retráen e optan pola vía conspirativa.  Destacan a aprobación da Lei Moyano 1857 de instrución pública, que establecía a gratuidade no ensino primario e crea os institutos de ensino medio.  Prodúcese unha crise de subsistencia que agudiza os conflitos sociais. 
  • 64. Goberno unionista de O’Donnel  Narváez dimite e a raíña chama de novo a O’ Donnell que preside o goberno, tras as eleccións de 1858 previsiblemente gañou a Unión Liberal, pero permitía unha pequena participación da oposición.  Período de relativa estabilidade e bonanza económica  Restablece parte da labor do bienio como a ampliación das bases electorais, diminúe o control da prensa e aumenta a autonomía dos concellos, pero non modifica a Constitución de 1845.  Retomas as medidas económicas do Bienio continúa a desamortización civil e a expansión do ferrocarril
  • 65.  En política exterior embarcouse en diversos empresas militares co obxectivo de obter prestixio, volver dar unha imaxe de potencia colonial, e estimular o patriotismo como a expedición de Conchinchina(1857-62), Mexico(1861-62), A guerra do Pacífico contra Perú e Chile(1862-64)ou a de Marrocos(1859-60), a máis importante, onde adquiriu gran prestixio o xeneral progresista Juan Prim. coa Paz de Wad-Ras ocúpase Ifni e amplíase Ceuta.
  • 66.  En 1863 O’ Donnell é sutituido e se suceden gobernos cada vez máis autoritarios, inestables e ineficaces. A raíña volve chamar a Narváez que goberna de forma ditatorial. • A oposición ao goberno se incrementa, a axitación popular aumenta. • A monarquía está cada vez máis desprestixiada, polo apoio á Santa Sé no proceso de Unificación italiana, e pola conduta intervencionista da raíña. • A critica de Emilio Castelar á raíña provocou a expulsión da súa cátedra da Universidade e a posterior protesta estudantil, brutalmente reprimida por Narváez a noite de San Daniel.
  • 67. • Outro episodio foi a sublevación protagonizada polo xeneral Prim, que fracasou. • Un novo pronunciamento militar no cuartel de San Gil en 1866 foi reprimido con dureza por O’ Donnell(66 fusilados).. • Unha crise internacional en 1866 que afectou a todos os sectores produtivos e ás finanzas viu a agravar a situación. • Unha crise de subsistencia por malas colleitas, provocou un aumento de prezos e o descontento popular. • A crise favorece o crecemento dos partidos de esquerdas, demócratas e republicanos.
  • 68.  En agosto de 1866 progresistas e demócratas no exilio acordan o pacto de Ostende (Bélxica) onde se acorda o derrocamento de Isabel II e un cambio de goberno, a creación dun goberno provisional e a creación dunhas Cortes Constituíntes.
  • 69.  En 1867 morre O´Donnell e Narváez en 1868.  A represión do último goberno moderado de Gonzalez Bravo provocou o a asociación de unionistas, progresistas e demócratas promoven un pronunciamento en Cádiz por parte dos xenerales Serrano, Prim, Dulce e o almiranteTopete. setembro de 1868  O manifesto remataba co berro “Viva España con Honra”, símbolo da Revolución de setembro de 1868, coñecida como La Gloriosa.