SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
LECCIÓN 2. A MONARQUÍA HISPÁNICA
2.1. Os monarcas do século XVI
Cando falece Isabel I de Castela (a Raíña Católica. 1501) e Fernando de Aragón (1516), os
seus reinos e territorios pasan a ser posesión do seu neto Carlos I, nacido en Gante (Países
Baixos).
Con Carlos I de España e V de Alemaña, comeza en España o reinado da dinastía dos
Austrias, que perduraría ata 1700.
No século XVI a casa de Austria estaría representada por Carlos I e Felipe II, o seu fillo.
Carlos I:
Herdou os territorios dos seus avós maternos e paternos, o que suporía numerosos territorios
ao norte de Europa, Italia e América.
Ademáis, acadaría o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Felipe II:
Tras a morte do seu pai en 1556, herdaría parte das posesións do seu pai, sen embargo non
herdaría o título de emperador nin as posesións centroeuropeas.
Pola súa parte incorporaría aos seus territorios Filipinas e o Reino de Portugal. Foi tan grande o
seu imperio que, dicíase na súa época que nel “nunca se poñía o sol”.
Puntos en común dos dous monarcas:
• Consolidaron a monarquía autoritaria.
• Enfrontáronse a numerosos conflitos internos e externos.
• Gobernaron un extenso Imperio, que lles permitiu impoñer a monarquía hispánica en
Europa.
• Os seus reinados coincidiron co chamado Século de Ouro, etapa de gran prosperidade
demográfica e económica e enorme florecemento da literatura e a arte.
2.2. A organización da monarquía
Administración ben organizada:
Ambos monarcas contaron con secretarios reais, engargados de estudar os diversos asuntos
e asesorar aos monarcas.
Consellos: eran os que se encargaban de gobernar determinados territorios, como o Consello
de Castela ou temas, como o Consello da Inquisición.
Organización Territorial:
Tratábase dunha asociación de estados que tiñan como vínculo común o soberano, pero
mantendo as súas propias institucións, leis e costumes.
En cada territorio, o monarca estaba representado por un vicerrei con amplos poderes (como
convocar e presidir as Cortes)
TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
LECCIÓN 3. A POLÍTICA DOS AUSTRIAS
3.1. O reinado de Carlos I (1516-1556)
CONFLITOS INTERIORES
O comezo do seu reinado non foi doado. Era un príncipe extranxeiro que fora educado en
Gante, un país atrasado socialmente e quixo gobernar ao modo tradicional daqueles lugares
Ademáis, ao chegar a España reparte os cargos políticos principáis a extranxeiros que
formaban parte da súa corte belga (conselleiros e eclesiásticos), de entre os cales destaca o
bispo Adriano de Utrech (futuro Papa Adriano VI), en definitiva, un grupo de persoas que
descoñecían el país, a súa lingua e as súas costumes.
Estos factores van a suscitar a oposición das Comunidades de Castela, que tratarán de
apoiarse na súa nai, a herdeira lexítima de Castela.
Este movemento, coñecido como a Rebelión dos Comuneiros de Castela (1520-21), foi
solventado con éxito polo novo monarca que entendeu que debía estar de acordo cos cidadáns
da Coroa de Castela, posto que eran os seus súbditos máis poderosos e proporcionaban o
diñeiros dos seus impostos e o ouro de América, de tal modo, que en lugar dos seus
conselleiros flamentcos, acabaría poñendo no goberno conselleiros casteláns.
Rebelión das Xermanías (1519-23):
Esta rebelión prodúcese nos Estados da Coroa de Aragón, de maneira casi paralela á dos
Comuneiros de Castela. Neste caso, tratouse dunha revolta dos artesáns, pequena burguesía e
os campesiños (grupos débiles) contra a oligarquía cidadá, a nobleza e o alto clero (grupos
fortes).
Os rebeldes pedían:
• A democratización dos cargos municipais.
• Melloras nos arrendamentos campesiños.
Os membros das xermanías pediron axuda ao monarca para frear os abusos cometidos contra
eles, sen embargo, Carlos I aliouse coa nobreza e os xermanizados foron derrotados.
CONFLITOS EXTERIORES:
O segundo título que ten Carlos é o de Emperador, polo que tamén é coñecido como Carlos V.
As circunstancias que se desenvolven en Europa no momento en que acada o título non son as
máis óptimas, debido a que:
• Estamos en plena rebelión contra os protestantes en Centroeuropa.
• Francia pretende dominar Italia (acaba perdendo o Milanesado).
• Cada vez resulta máis amenazadora a expansión doImperio Otomano (turco) polo
Mediterráneo e o sur de Europa (acaban perdendo Túnez).
GUERRAS CONTRA FRANCIA
As loitas contra Francia tiñan precedentes en conflitos medievais e incluso foran constantes
dentro da política exterior de Fernando o Católico. Carlos I herdará estas disputas contra
Francia e incluso pasaralle a testemuña ao seu fillo Felipe II.
Son moitos os motivos de loita entre ambas potencias europeas, de feito, os seus motivos lles
conduciron á guerra en catro ocasións. Algunhas delas son:
TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
• A loita polo dominio de diversos reinos e ducados italianos, como o Milanesado.
• A pugna nos territorios de Flandes e Borgoña.
• O interese pola hexemonía europea. En época de Carlos V e incluso na do seu fillo, a
superioridade española non se vai rebater, vai ser no século XVII cando o Imperio non
poida manterse e cambie ocurso a favor dos franceses.
Na primeira guerra contra Francia, Francisco I de Francia e Carlo V batíronse para acadar o
Milanesado. Francia apoderouse de Milán, pero finalmente sería derrotado e feito prisioneiro na
Batalla de Pavía (1525). Deste modo, Carlos V apoderaríase do milanesado e Francisco I sería
obligado a renunciar a Flandes e Italia.
Nas seguintes, Francisco I buscaría como aliado principal ao Papa Clemente VII, e incluso a
príncipes alemáns e a destacados membros do Imperio Turco. Na súa defensa, as tropas de
Carlos V levarían a cabo o Sacco di Roma (Saqueo de Roma) en 1527.
Estes enfrentamentos finalizarían –aínda non definitivamente- coa Paz de Crépy de 1544.
ENFRONTAMENTOS CONTRA O IMPERIO TURCO
El Imperio Otomano/Turco convertiuse nunha gran potencia no Mediterráneo Orienta dende a
ocupación de Constantinopla en 1453.
Turquía foise enriquecendo enormemente debido ao monopolio que levaba exercendo un
tempo do mercado das Indias Orientais, por iso é polo que contase con recursos suficientes
como para comezar a expandir o seu territorio por Centroeuropa (os Balcanes, Hungría e Ata
Viena) e polo norte de África; ata, trataba de continuar expandindo o seu dominio ameazando
as posesións de Carlos V na zona do Danubio e o Mediterráneo.
Ademais da súa riqueza económica, este Imperio contaba cun poderoso exército que cosechó
importantes vitorias, como a da Batalla de Mohács. Logo desta contenda, que acabaría coa
derrota de Luís II de Hungría, e tras varios anos de guerra civil, a maior parte de Hungría sería
absorbida polo Imperio Turco. Fernando I, irmán de Carlos V, sería nomeado monarca da parte
de Hungría que non conquistaran os turcos (e de Bohemia). Hungría, deste xeito, pasaría a
formar parte da órbita imperial.
A LOITA CONTRA OS PROTESTANTES
Ademais da súa loita contra Francia e o perigo da expansión turca, o terceiro problema dentro
da política imperial de Carlos V foi o intento de ruptura da unión cristiá entre os territorios que
conformaron o Imperio a causa dela Reforma Protestante.
Como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Carlos V tratou por todos os medios
de evitar esta división entre católicos e protestantes, obrigando aos príncipes dos territorios que
conformaban o Sacro Imperio a obedecerlle e tratando de que o Papa convocase un concilio
para poder achegar posicións, pero o Papa dábase conta de que o poder do emperador en
Italia era moi grande e temía que ao acceder á súa petición discutísese a súa autoridade, polo
que rexeitou a convocatoria.
Vendo que desta forma resultaba imposible, Carlos V convocou varias dietas entre os
representantes do Imperio precisamente para tratar de aproximar ambas posturas, e ata tratou
de conceder títulos e terras a algúns príncipes para poder solucionar esta situación, pero tanto
príncipes como nobres negáronse.
Dentro destas dietas destaca a Dieta de Worms (1521) na que se lle pediu a Lutero que se
retractase, pero este negouse e púxose baixo a protección de Federico de Sajonia, primeiro
príncipe en aceptar as ideas luteranas.
TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
O emperador, como defensor da Igrexa, debía combater o protestantismo por todos os medios,
preservar a unidade relixiosa e a alianza entre Papado e Imperio. A partir deste momento
comezou a loita entre o catolicismo e o reformismo/protestantismo.
O enfrontamento tivo lugar en dúas frontes:
• A político-militar: Batalla de Mülhberg (1547).
• A eclesiástica: Concilio de Trento (Italia. 1545-1563).
Na Batalla de Mülhberg Carlos V venceu sobre os protestantes, sen embargo non conseguiu a
unidade que desexaba, polo que finalmente na Paz de Augsburgo (1555) acabouse
recoñecendo a división relixiosa, permitindo a cada príncipe católico ou protestante elixir a súa
relixión e impoñerlla aos seus súbditos
3.2. O reinado de Felipe II (1556-1598)
CONFLITOS INTERIORES
Rebelión contra os mouriscos nas Alpujarras granadinas. Tivo lugar debido ás presións
que sufrían para abandonar as súa relixión e os seus costumes. Tras dous anos de loita, a
rebelión foi sufocada e a poboación mourisca expulsada do reino de Granada e dispersada por
Castela.
Rebelión en Aragón. Consideraban que o monarca non respectaba os seus foros ou dereitos
tradicionais. Rematou sendo sofocada polo rei.
CONFLITOS EXTERIORES
Os problemas con Francia herdados do seu pai remataron coa derrota dos franceses da
Batalla de San Quintín (1557).
Con respecto aos turcos, venceunos na Batalla de Lepanto (1571), grazas a unha alianza
naval con Venecia e o Papa.
O seu apoio á causa católica enfrontouno a unha rebelión cos Países Baixos do Norte, que
adoptaran o protestantismo e se independizaron de feito en 1579. Tamén provocou a súa
inimizade con Inglaterra, un país protestante que apoiaba a sublevación dos Países Baixos e
os ataques dos corsarios ao comercio español con América. Felipe II planeou a invasión
británica enviando á Armada Invencible; pero o seu fracaso, en 1588, supuxo a primeira gran
derrota da monarquía hispánica.
As loitas de Felipe II contra Francia
Baixo o reinado de Felipe II, a inimizade con Francia continuou, aínda que baixo outro
escenario. O primeiro episodio bélico de renombre foi a Batalla de San Quintín (Parides) de
1557, na que os terzos españois vencerían e de cuxa celebración nacería o Monasterio do
Escorial.
Este primeiro enfrontamento sería sufocado coa firma da Paz de Cateau-Cambrésis de 1559,
que reafirmaría a hegemonía de España en Europa e valeríalle a España a anexión dalgúns
territorios. Con todo, as disputas con Francia non cesarían e, malia diversas ?paces?
intermedias, reiniciaríanse na Guerra dos Trinta Anos.
TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
A Batalla de Lepanto
A Batalla de Lepanto, en palabras de Miguel de Cervantes «a máis alta ocasión que viron os
séculos», foi un combate naval de capital importancia que tivo lugar o 7 de outubro de 1571 no
golfo de Lepanto, situado entre o Peloponeso e Epiro, na Grecia continental.
Enfrontáronse nela os turcos otománs contra unha coalición cristiá, chamada Liga Santa,
formada por España, Venecia, Génova e a Santa Sé. Os cristiáns resultaron vencedores,
salvándose só 30 galeras turcas. Freouse así o expansionismo turco polo Mediterráneo
occidental. Malia a determinante participación dos estados italianos, a vitoria pódese considerar
española dado que o verdadeiro combate sostivérono os terzos embarcados.
Nesta batalla participou Miguel de Cervantes, que resultou ferido, sufrindo a perda de movilidad
da súa man esquerda, o que valeu o sobrenome de «manco de Lepanto».
A REBELIÓN DOS PAISES BAIXOS
A rebelión dos Países Baixos foi o conflito máis rechamante do reinado de Felipe II, rebelión
que originalmente foi provocada polas diferenzas entre a relixión do soberano e a dalgúns dos
seus súbditos nos Países Baixos.
A relixión que marcaba a ortodoxia española era o catolicismo, mentres que nos Países Baixos,
un grupo de calvinistas trataban de desvincularse dos parámetros reais.
Cal foi a resposta de Felipe II? Enviou ás tropas do Duque de Alba a estas zonas; a súa política
era extremadamente dura e baseada en disposicións moi semellantes ás levadas a cabo pola
Santa Inquisición.
Ante esta situación os Países Baixos subleváronse e trataron de obter o goberno
parlamentario, é dicir, sen dependencia real, situación que produciu unha longa guerra entre
España e estes territorios.
Os Países Baixos souberon rodearse de bos aliados e contaron coa axuda dos protestantes
alemáns e franceses, todos eles (holandeses, franceses e alemáns) dirixidos por Guillermo de
Orange.
Felipe II trataría de facelos entrar en razón mediante diplomacia, política que non daría os seus
froitos; ademais, as tropas españolas, cansas e sen cobrar salario algún, non demostraban
ningún interese na loita armada contra os Países Baixos.
A situación era difícil, con todo, o gobernador español Alejandro Farnesio, conseguiu que as
provincias do Sur dos Países Baixos continuasen baixo dominio español, mentres que no norte
nacería a República das Sete Provincias Unidas. Estas tratarían de proclamar a súa
independencia, con todo, a monarquía tardaría un tempo en recoñecela.
Esta división en provincias do sur e do norte, así como a dependencia do sur á Coroa Española
e a creación das Sete Provincias Unidas do Norte asinouse na Unión de Arras ou Unión de
Utrech, no ano 1579.
Esta firma non supuxo o fin da guerra senón que, por unha banda, se fomentó nas provincias
do norte un sentimento nacional e un crecente odio aos españois e, doutra banda, a guerra
acabou xeneralizándose, e levou á loita española non só cos pobos do norte, senón tamén con
Francia e Inglaterra.
TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
A DISPUTA CON INGLATERRA
nglaterra contaba cunha importante expansión marítima que chocaba co poder territorial do
Imperio Español. Ambas potencias anhelaban o Atlántico, fundamentalmente polos beneficios
económicos que reportaba o Continente Americano.
En época de Carlos V non houbo problemas graves entre ambas potencias e o que é máis, a
diplomacia de Carlos V favoreceu o matrimonio entre Felipe II e María Tudor, herdeira de
Enrique VIII. O matrimonio non tivo descendencia, María foi repudiada e o trono de Inglaterra
pasaría á medio irmán de María, a raíña Isabel I, partidaria acérrima da Reforma Protestante.
Isabel I cada vez máis interesada no comercio Americano, lanzaba continuos ataques de
piratería (Hawkins, Drake) ás escuadras españolas, con todo, o desencadenante da loita entre
ambos países foi a táctica de Isabel I ao aliarse cos Países Baixos e axudarlles no seu rebelión
para poder, así, reducir a territorialidad e o poder de Felipe II.
Como respondeu Felipe II? Formando a coñecida “Grande e Felicísima Armada” ou Armada
Invencible; En 1588 partiu cara a Flandes co propósito de recoller máis tropas para invadir
Inglaterra e así frear a súa política expansionista.
A pesar do poderío marítimo español, a escuadra española non tivo nada que facer na loita
contra Inglaterra, xa fose na loita contra os barcos ingleses, xa fose polos temporais que
axexaron o Mar do Norte.
Coa chegada ao trono dos Estuardo, as hostilidades diminuirían e ata España continuaría
mantendo -aínda que por pouco tempo: Batalla das Dunas, 1639- a supremacía nos mares.
TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA
A DISPUTA CON INGLATERRA
nglaterra contaba cunha importante expansión marítima que chocaba co poder territorial do
Imperio Español. Ambas potencias anhelaban o Atlántico, fundamentalmente polos beneficios
económicos que reportaba o Continente Americano.
En época de Carlos V non houbo problemas graves entre ambas potencias e o que é máis, a
diplomacia de Carlos V favoreceu o matrimonio entre Felipe II e María Tudor, herdeira de
Enrique VIII. O matrimonio non tivo descendencia, María foi repudiada e o trono de Inglaterra
pasaría á medio irmán de María, a raíña Isabel I, partidaria acérrima da Reforma Protestante.
Isabel I cada vez máis interesada no comercio Americano, lanzaba continuos ataques de
piratería (Hawkins, Drake) ás escuadras españolas, con todo, o desencadenante da loita entre
ambos países foi a táctica de Isabel I ao aliarse cos Países Baixos e axudarlles no seu rebelión
para poder, así, reducir a territorialidad e o poder de Felipe II.
Como respondeu Felipe II? Formando a coñecida “Grande e Felicísima Armada” ou Armada
Invencible; En 1588 partiu cara a Flandes co propósito de recoller máis tropas para invadir
Inglaterra e así frear a súa política expansionista.
A pesar do poderío marítimo español, a escuadra española non tivo nada que facer na loita
contra Inglaterra, xa fose na loita contra os barcos ingleses, xa fose polos temporais que
axexaron o Mar do Norte.
Coa chegada ao trono dos Estuardo, as hostilidades diminuirían e ata España continuaría
mantendo -aínda que por pouco tempo: Batalla das Dunas, 1639- a supremacía nos mares.

More Related Content

What's hot

Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Santi Pazos
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUAgrela Elvixeo
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoUnidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoAgrela Elvixeo
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVIIrubempaul
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaAgrela Elvixeo
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaAgrela Elvixeo
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaDudas-Historia
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberalO reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberalisabelmacgar28
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCORosacidgalante
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaAgrela Elvixeo
 
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...Dudas-Historia
 
Absolutismo
AbsolutismoAbsolutismo
Absolutismomasinisa
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 

What's hot (20)

Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoUnidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVII
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
Austrias
AustriasAustrias
Austrias
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberalO reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
 
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
Tema 3. O século XVII en Europa, España e Galiciao século xvii en europa, esp...
 
Absolutismo
AbsolutismoAbsolutismo
Absolutismo
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
 

Similar to Tema 2. 3º ESO

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfBerta Campos
 
O reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicosO reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicosicoico1
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austriaxosea
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austriasrubempaul
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolcamposseijo
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Modernacamposseijo
 
Tema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos AustriaTema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos Austriarubempaul
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español. guest7c5a895
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio españolroberto
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicoslolaen
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austriaslogargola
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquistaicoico1
 
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Esodudashistoria
 

Similar to Tema 2. 3º ESO (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
O reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicosO reinado dos reis católicos
O reinado dos reis católicos
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austria
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892
 
Unidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio españolUnidade 9 imperio español
Unidade 9 imperio español
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Moderna
 
Tema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos AustriaTema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos Austria
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 
Imperio espanol
Imperio espanolImperio espanol
Imperio espanol
 
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
 

More from Dudas-Historia

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Dudas-Historia
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Dudas-Historia
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaDudas-Historia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoDudas-Historia
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesDudas-Historia
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Dudas-Historia
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Dudas-Historia
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Dudas-Historia
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosDudas-Historia
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the CompanyDudas-Historia
 

More from Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otros
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the Company
 

Tema 2. 3º ESO

  • 1. TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA LECCIÓN 2. A MONARQUÍA HISPÁNICA 2.1. Os monarcas do século XVI Cando falece Isabel I de Castela (a Raíña Católica. 1501) e Fernando de Aragón (1516), os seus reinos e territorios pasan a ser posesión do seu neto Carlos I, nacido en Gante (Países Baixos). Con Carlos I de España e V de Alemaña, comeza en España o reinado da dinastía dos Austrias, que perduraría ata 1700. No século XVI a casa de Austria estaría representada por Carlos I e Felipe II, o seu fillo. Carlos I: Herdou os territorios dos seus avós maternos e paternos, o que suporía numerosos territorios ao norte de Europa, Italia e América. Ademáis, acadaría o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Felipe II: Tras a morte do seu pai en 1556, herdaría parte das posesións do seu pai, sen embargo non herdaría o título de emperador nin as posesións centroeuropeas. Pola súa parte incorporaría aos seus territorios Filipinas e o Reino de Portugal. Foi tan grande o seu imperio que, dicíase na súa época que nel “nunca se poñía o sol”. Puntos en común dos dous monarcas: • Consolidaron a monarquía autoritaria. • Enfrontáronse a numerosos conflitos internos e externos. • Gobernaron un extenso Imperio, que lles permitiu impoñer a monarquía hispánica en Europa. • Os seus reinados coincidiron co chamado Século de Ouro, etapa de gran prosperidade demográfica e económica e enorme florecemento da literatura e a arte. 2.2. A organización da monarquía Administración ben organizada: Ambos monarcas contaron con secretarios reais, engargados de estudar os diversos asuntos e asesorar aos monarcas. Consellos: eran os que se encargaban de gobernar determinados territorios, como o Consello de Castela ou temas, como o Consello da Inquisición. Organización Territorial: Tratábase dunha asociación de estados que tiñan como vínculo común o soberano, pero mantendo as súas propias institucións, leis e costumes. En cada territorio, o monarca estaba representado por un vicerrei con amplos poderes (como convocar e presidir as Cortes)
  • 2. TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA LECCIÓN 3. A POLÍTICA DOS AUSTRIAS 3.1. O reinado de Carlos I (1516-1556) CONFLITOS INTERIORES O comezo do seu reinado non foi doado. Era un príncipe extranxeiro que fora educado en Gante, un país atrasado socialmente e quixo gobernar ao modo tradicional daqueles lugares Ademáis, ao chegar a España reparte os cargos políticos principáis a extranxeiros que formaban parte da súa corte belga (conselleiros e eclesiásticos), de entre os cales destaca o bispo Adriano de Utrech (futuro Papa Adriano VI), en definitiva, un grupo de persoas que descoñecían el país, a súa lingua e as súas costumes. Estos factores van a suscitar a oposición das Comunidades de Castela, que tratarán de apoiarse na súa nai, a herdeira lexítima de Castela. Este movemento, coñecido como a Rebelión dos Comuneiros de Castela (1520-21), foi solventado con éxito polo novo monarca que entendeu que debía estar de acordo cos cidadáns da Coroa de Castela, posto que eran os seus súbditos máis poderosos e proporcionaban o diñeiros dos seus impostos e o ouro de América, de tal modo, que en lugar dos seus conselleiros flamentcos, acabaría poñendo no goberno conselleiros casteláns. Rebelión das Xermanías (1519-23): Esta rebelión prodúcese nos Estados da Coroa de Aragón, de maneira casi paralela á dos Comuneiros de Castela. Neste caso, tratouse dunha revolta dos artesáns, pequena burguesía e os campesiños (grupos débiles) contra a oligarquía cidadá, a nobleza e o alto clero (grupos fortes). Os rebeldes pedían: • A democratización dos cargos municipais. • Melloras nos arrendamentos campesiños. Os membros das xermanías pediron axuda ao monarca para frear os abusos cometidos contra eles, sen embargo, Carlos I aliouse coa nobreza e os xermanizados foron derrotados. CONFLITOS EXTERIORES: O segundo título que ten Carlos é o de Emperador, polo que tamén é coñecido como Carlos V. As circunstancias que se desenvolven en Europa no momento en que acada o título non son as máis óptimas, debido a que: • Estamos en plena rebelión contra os protestantes en Centroeuropa. • Francia pretende dominar Italia (acaba perdendo o Milanesado). • Cada vez resulta máis amenazadora a expansión doImperio Otomano (turco) polo Mediterráneo e o sur de Europa (acaban perdendo Túnez). GUERRAS CONTRA FRANCIA As loitas contra Francia tiñan precedentes en conflitos medievais e incluso foran constantes dentro da política exterior de Fernando o Católico. Carlos I herdará estas disputas contra Francia e incluso pasaralle a testemuña ao seu fillo Felipe II. Son moitos os motivos de loita entre ambas potencias europeas, de feito, os seus motivos lles conduciron á guerra en catro ocasións. Algunhas delas son:
  • 3. TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA • A loita polo dominio de diversos reinos e ducados italianos, como o Milanesado. • A pugna nos territorios de Flandes e Borgoña. • O interese pola hexemonía europea. En época de Carlos V e incluso na do seu fillo, a superioridade española non se vai rebater, vai ser no século XVII cando o Imperio non poida manterse e cambie ocurso a favor dos franceses. Na primeira guerra contra Francia, Francisco I de Francia e Carlo V batíronse para acadar o Milanesado. Francia apoderouse de Milán, pero finalmente sería derrotado e feito prisioneiro na Batalla de Pavía (1525). Deste modo, Carlos V apoderaríase do milanesado e Francisco I sería obligado a renunciar a Flandes e Italia. Nas seguintes, Francisco I buscaría como aliado principal ao Papa Clemente VII, e incluso a príncipes alemáns e a destacados membros do Imperio Turco. Na súa defensa, as tropas de Carlos V levarían a cabo o Sacco di Roma (Saqueo de Roma) en 1527. Estes enfrentamentos finalizarían –aínda non definitivamente- coa Paz de Crépy de 1544. ENFRONTAMENTOS CONTRA O IMPERIO TURCO El Imperio Otomano/Turco convertiuse nunha gran potencia no Mediterráneo Orienta dende a ocupación de Constantinopla en 1453. Turquía foise enriquecendo enormemente debido ao monopolio que levaba exercendo un tempo do mercado das Indias Orientais, por iso é polo que contase con recursos suficientes como para comezar a expandir o seu territorio por Centroeuropa (os Balcanes, Hungría e Ata Viena) e polo norte de África; ata, trataba de continuar expandindo o seu dominio ameazando as posesións de Carlos V na zona do Danubio e o Mediterráneo. Ademais da súa riqueza económica, este Imperio contaba cun poderoso exército que cosechó importantes vitorias, como a da Batalla de Mohács. Logo desta contenda, que acabaría coa derrota de Luís II de Hungría, e tras varios anos de guerra civil, a maior parte de Hungría sería absorbida polo Imperio Turco. Fernando I, irmán de Carlos V, sería nomeado monarca da parte de Hungría que non conquistaran os turcos (e de Bohemia). Hungría, deste xeito, pasaría a formar parte da órbita imperial. A LOITA CONTRA OS PROTESTANTES Ademais da súa loita contra Francia e o perigo da expansión turca, o terceiro problema dentro da política imperial de Carlos V foi o intento de ruptura da unión cristiá entre os territorios que conformaron o Imperio a causa dela Reforma Protestante. Como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Carlos V tratou por todos os medios de evitar esta división entre católicos e protestantes, obrigando aos príncipes dos territorios que conformaban o Sacro Imperio a obedecerlle e tratando de que o Papa convocase un concilio para poder achegar posicións, pero o Papa dábase conta de que o poder do emperador en Italia era moi grande e temía que ao acceder á súa petición discutísese a súa autoridade, polo que rexeitou a convocatoria. Vendo que desta forma resultaba imposible, Carlos V convocou varias dietas entre os representantes do Imperio precisamente para tratar de aproximar ambas posturas, e ata tratou de conceder títulos e terras a algúns príncipes para poder solucionar esta situación, pero tanto príncipes como nobres negáronse. Dentro destas dietas destaca a Dieta de Worms (1521) na que se lle pediu a Lutero que se retractase, pero este negouse e púxose baixo a protección de Federico de Sajonia, primeiro príncipe en aceptar as ideas luteranas.
  • 4. TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA O emperador, como defensor da Igrexa, debía combater o protestantismo por todos os medios, preservar a unidade relixiosa e a alianza entre Papado e Imperio. A partir deste momento comezou a loita entre o catolicismo e o reformismo/protestantismo. O enfrontamento tivo lugar en dúas frontes: • A político-militar: Batalla de Mülhberg (1547). • A eclesiástica: Concilio de Trento (Italia. 1545-1563). Na Batalla de Mülhberg Carlos V venceu sobre os protestantes, sen embargo non conseguiu a unidade que desexaba, polo que finalmente na Paz de Augsburgo (1555) acabouse recoñecendo a división relixiosa, permitindo a cada príncipe católico ou protestante elixir a súa relixión e impoñerlla aos seus súbditos 3.2. O reinado de Felipe II (1556-1598) CONFLITOS INTERIORES Rebelión contra os mouriscos nas Alpujarras granadinas. Tivo lugar debido ás presións que sufrían para abandonar as súa relixión e os seus costumes. Tras dous anos de loita, a rebelión foi sufocada e a poboación mourisca expulsada do reino de Granada e dispersada por Castela. Rebelión en Aragón. Consideraban que o monarca non respectaba os seus foros ou dereitos tradicionais. Rematou sendo sofocada polo rei. CONFLITOS EXTERIORES Os problemas con Francia herdados do seu pai remataron coa derrota dos franceses da Batalla de San Quintín (1557). Con respecto aos turcos, venceunos na Batalla de Lepanto (1571), grazas a unha alianza naval con Venecia e o Papa. O seu apoio á causa católica enfrontouno a unha rebelión cos Países Baixos do Norte, que adoptaran o protestantismo e se independizaron de feito en 1579. Tamén provocou a súa inimizade con Inglaterra, un país protestante que apoiaba a sublevación dos Países Baixos e os ataques dos corsarios ao comercio español con América. Felipe II planeou a invasión británica enviando á Armada Invencible; pero o seu fracaso, en 1588, supuxo a primeira gran derrota da monarquía hispánica. As loitas de Felipe II contra Francia Baixo o reinado de Felipe II, a inimizade con Francia continuou, aínda que baixo outro escenario. O primeiro episodio bélico de renombre foi a Batalla de San Quintín (Parides) de 1557, na que os terzos españois vencerían e de cuxa celebración nacería o Monasterio do Escorial. Este primeiro enfrontamento sería sufocado coa firma da Paz de Cateau-Cambrésis de 1559, que reafirmaría a hegemonía de España en Europa e valeríalle a España a anexión dalgúns territorios. Con todo, as disputas con Francia non cesarían e, malia diversas ?paces? intermedias, reiniciaríanse na Guerra dos Trinta Anos.
  • 5. TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA A Batalla de Lepanto A Batalla de Lepanto, en palabras de Miguel de Cervantes «a máis alta ocasión que viron os séculos», foi un combate naval de capital importancia que tivo lugar o 7 de outubro de 1571 no golfo de Lepanto, situado entre o Peloponeso e Epiro, na Grecia continental. Enfrontáronse nela os turcos otománs contra unha coalición cristiá, chamada Liga Santa, formada por España, Venecia, Génova e a Santa Sé. Os cristiáns resultaron vencedores, salvándose só 30 galeras turcas. Freouse así o expansionismo turco polo Mediterráneo occidental. Malia a determinante participación dos estados italianos, a vitoria pódese considerar española dado que o verdadeiro combate sostivérono os terzos embarcados. Nesta batalla participou Miguel de Cervantes, que resultou ferido, sufrindo a perda de movilidad da súa man esquerda, o que valeu o sobrenome de «manco de Lepanto». A REBELIÓN DOS PAISES BAIXOS A rebelión dos Países Baixos foi o conflito máis rechamante do reinado de Felipe II, rebelión que originalmente foi provocada polas diferenzas entre a relixión do soberano e a dalgúns dos seus súbditos nos Países Baixos. A relixión que marcaba a ortodoxia española era o catolicismo, mentres que nos Países Baixos, un grupo de calvinistas trataban de desvincularse dos parámetros reais. Cal foi a resposta de Felipe II? Enviou ás tropas do Duque de Alba a estas zonas; a súa política era extremadamente dura e baseada en disposicións moi semellantes ás levadas a cabo pola Santa Inquisición. Ante esta situación os Países Baixos subleváronse e trataron de obter o goberno parlamentario, é dicir, sen dependencia real, situación que produciu unha longa guerra entre España e estes territorios. Os Países Baixos souberon rodearse de bos aliados e contaron coa axuda dos protestantes alemáns e franceses, todos eles (holandeses, franceses e alemáns) dirixidos por Guillermo de Orange. Felipe II trataría de facelos entrar en razón mediante diplomacia, política que non daría os seus froitos; ademais, as tropas españolas, cansas e sen cobrar salario algún, non demostraban ningún interese na loita armada contra os Países Baixos. A situación era difícil, con todo, o gobernador español Alejandro Farnesio, conseguiu que as provincias do Sur dos Países Baixos continuasen baixo dominio español, mentres que no norte nacería a República das Sete Provincias Unidas. Estas tratarían de proclamar a súa independencia, con todo, a monarquía tardaría un tempo en recoñecela. Esta división en provincias do sur e do norte, así como a dependencia do sur á Coroa Española e a creación das Sete Provincias Unidas do Norte asinouse na Unión de Arras ou Unión de Utrech, no ano 1579. Esta firma non supuxo o fin da guerra senón que, por unha banda, se fomentó nas provincias do norte un sentimento nacional e un crecente odio aos españois e, doutra banda, a guerra acabou xeneralizándose, e levou á loita española non só cos pobos do norte, senón tamén con Francia e Inglaterra.
  • 6. TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA A DISPUTA CON INGLATERRA nglaterra contaba cunha importante expansión marítima que chocaba co poder territorial do Imperio Español. Ambas potencias anhelaban o Atlántico, fundamentalmente polos beneficios económicos que reportaba o Continente Americano. En época de Carlos V non houbo problemas graves entre ambas potencias e o que é máis, a diplomacia de Carlos V favoreceu o matrimonio entre Felipe II e María Tudor, herdeira de Enrique VIII. O matrimonio non tivo descendencia, María foi repudiada e o trono de Inglaterra pasaría á medio irmán de María, a raíña Isabel I, partidaria acérrima da Reforma Protestante. Isabel I cada vez máis interesada no comercio Americano, lanzaba continuos ataques de piratería (Hawkins, Drake) ás escuadras españolas, con todo, o desencadenante da loita entre ambos países foi a táctica de Isabel I ao aliarse cos Países Baixos e axudarlles no seu rebelión para poder, así, reducir a territorialidad e o poder de Felipe II. Como respondeu Felipe II? Formando a coñecida “Grande e Felicísima Armada” ou Armada Invencible; En 1588 partiu cara a Flandes co propósito de recoller máis tropas para invadir Inglaterra e así frear a súa política expansionista. A pesar do poderío marítimo español, a escuadra española non tivo nada que facer na loita contra Inglaterra, xa fose na loita contra os barcos ingleses, xa fose polos temporais que axexaron o Mar do Norte. Coa chegada ao trono dos Estuardo, as hostilidades diminuirían e ata España continuaría mantendo -aínda que por pouco tempo: Batalla das Dunas, 1639- a supremacía nos mares.
  • 7. TEMA 2. O INICIO DA IDADE MODERNA EN ESPAÑA A DISPUTA CON INGLATERRA nglaterra contaba cunha importante expansión marítima que chocaba co poder territorial do Imperio Español. Ambas potencias anhelaban o Atlántico, fundamentalmente polos beneficios económicos que reportaba o Continente Americano. En época de Carlos V non houbo problemas graves entre ambas potencias e o que é máis, a diplomacia de Carlos V favoreceu o matrimonio entre Felipe II e María Tudor, herdeira de Enrique VIII. O matrimonio non tivo descendencia, María foi repudiada e o trono de Inglaterra pasaría á medio irmán de María, a raíña Isabel I, partidaria acérrima da Reforma Protestante. Isabel I cada vez máis interesada no comercio Americano, lanzaba continuos ataques de piratería (Hawkins, Drake) ás escuadras españolas, con todo, o desencadenante da loita entre ambos países foi a táctica de Isabel I ao aliarse cos Países Baixos e axudarlles no seu rebelión para poder, así, reducir a territorialidad e o poder de Felipe II. Como respondeu Felipe II? Formando a coñecida “Grande e Felicísima Armada” ou Armada Invencible; En 1588 partiu cara a Flandes co propósito de recoller máis tropas para invadir Inglaterra e así frear a súa política expansionista. A pesar do poderío marítimo español, a escuadra española non tivo nada que facer na loita contra Inglaterra, xa fose na loita contra os barcos ingleses, xa fose polos temporais que axexaron o Mar do Norte. Coa chegada ao trono dos Estuardo, as hostilidades diminuirían e ata España continuaría mantendo -aínda que por pouco tempo: Batalla das Dunas, 1639- a supremacía nos mares.