SlideShare a Scribd company logo
1 of 99
Download to read offline
Comprende desde1789, en que
se produce a Revolución francesa
ata a actualidade.
Época de fondas
transformacións
 políticas Revolucións liberais
 económicas Revolución Industrial
 sociais Sociedade de clases
 Sistema político, económico e social vixente en
Europa no século XVIII.
Características :
 SOCIEDADE estamental dividida en privilexiados e
non privilexiados.
inmobilista, pechada.
Crecemento demográfico moi baixo: natalidade e
mortalidade elevadas.
BURGUESÍA
ARTESÁNS
CAMPESIÑOS
NON - PRIVILEXIADOS
PRIVILEXIADOS
TERCEIRO
ESTADO
 ECONOMÍA de base agraria. 80% da pob traballa
na agricultura.
 os métodos agrícolas eran rudimentarios e os
rendementos, pobres
Crises de subsistencia
frecuentes causadas por
malas colleitas
A maioría da tierra pertencía
á nobreza e o clero.
No entanto en Holanda e Inglaterra iniciouse unha
importante renovación e o aumento da produción,
grazas á aplicación de novas técnicas.
 ARTESANÍA E COMERCIO
 A industria artesanal estaba controlada polo sistema gremial.
 Tamén existían Manufacturas Reais
 Industria doméstica rural (Domestic System) escapaba ao
control dos gremios, era realizada polo campesiñado como
actividade complementaria no propio domicilio.
 O Comercio internacional medrou grazas aos novos
descubrimentos
Comercio triangular, centrado
na compra de escravos en África
 O comercio Monopolio das grandes compañías privilexiadas.
SISTEMA POLÍTICO
 Absolutismo monárquico na maioría dos países.
 O rei concentraba todos os poderes, tiña
carácter divino (“rei pola gracia de deus”)as
persoas eran súbditos.
 O rei podía consultar ao parlamento
Os Estados Xerais, pero apenas
os convocaba.
O absolutismo é sostido por teóricos
como Jean Bodin e Bossuet
 PARLAMENTARISMO Nas Provincias Unidas
(Holanda)e Inglaterra.
 En Inglaterra os Estuardo intentan implantar o
absolutismo, pero atoparon coa oposición do
parlamento, o que provocou as revolucións de
1642 contra Carlos I e 1688 contra Xacobe II .
 O parlamento elixiu un novo monarca Guillerme
de Orange, quen tivo que aceptar a Declaración
de Dereitos promulgada en 1689.
 O parlamentarismo foi teorizado polo inglés John
Locke, que sostiña que o rei debía compartir o
seu poder co Parlamento, quen elaboraba as leis
e controlaba o goberno
Parlamentarismo inglés
 Nas Provincias Unidas, tras independizarse
de España se constitúen como unha
república formada por sete provincias, cada
unha co seu Parlamento.
 Os representantes das provincias reuníanse
nos Estados Xerais.
 Exercicios: analiza un texto
 movemento de carácter intelectual, desenvolto na
Europa do s. XVIII, que cuestionou todos os
principios do Antigo Réxime (sociedade estamental
e absolutismo).

 As bases do pensamento ilustrado :
 O predominio da razón, frente á tradición, o
sobrenatural e a superstición
 Elevado interese pola economía e o progresomaterial

 A tolerancia relixiosa

 A educación como instrumento para difundir a razón. O
coñecemento era a base da felicidade.
 O interese polas ciencias experimentais

 Novo modelo de organización política e socialbaseado na
Liberdade e Igualdade
 será dinfundida a través de publicacións como A
Enciclopedia, posta en marcha por Diderot e D’Alambert.
5.2 .Os grandespensadoresilustrados
-Defendíe a tolerancia, a modernización da
economía e o interese pola ciencia e a técnica
Directores: D’Alembert e Diderot
Locke,oprecursor
Fundamentou o
liberalismopolítico
A Enciclopedia
-División dos poderes
-Os hombres son libres e iguais por natureza
-É necesario un pacto social.
-Defende o derito de rebelión fronte á tiranía
Obrade actitudecríticae espíritupedagóxico
 O pensamento político oponse ao
absolutismo configurándose unha nova
doutrina:
O Liberalismo, baseándose nas ideas
de John Locke
Montesquieu é conveniente que existan tres poderes
distintos e independentes:
o lexislativo o executivo e o xudicial,
O espíritu das leis (1748)
Voltaire defendeu a existencia
dun Parlamento como
instrumento que limitase
o poder do rei.
Tratado sobre a tolerancia (1763)
 Rousseau O goberno ten a obriga de lexislar e
gobernar polo ben común.É necesario un contrato
social entre gobernantes e gobernados, que
garantice os deritos básicos do individuo
 Principìo de Soberanía Nacional:
o poder emana do libre
consentimento dos cidadáns
( a través do seu voto).
O Contrato Social(1762).
 No pensamento económico
 fisiocracia (a agricultura é a principal fonte
de riqueza dun país)
 liberalismo económico formulado por Adam
Smith, baseada na propiedade privada e na
liberdade de comercio e industria sen
inxerencia do Estado na economía.
 A economía réxese polas súas propias leis
como a lei da oferta e a demanda.
 Sistema que intenta compatibilizar os principios da
Ilustración co absolutismo monárquico. Os monarcas
ilustrados tentan
 modernizar a administración do Estado(novos
códigos legais, impostos aos privilexiados..)
 reformar a ensinanza (novos plans de estudos, novas
institucións educativas..)
 modernización económica(liberalización parcial da
produción e o comercio, desamortizacións...)
 Pero non reformaban as estruturas da sociedade nin o
seu poder absoluto.
 É o que se recolle no lema “Todo para o pobo pero
sen o pobo”
http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-cine-de-la-2/asunto-real/3824297/
1. Política, sociedadee economíadoAntigo Réxime
2. A ilustración
Primeira revolución liberal
que cambia radicalmente
o sistema político do:
4. A Revolución Francesa:
4.1 O estalido da revolución3. A independenciados EstadosUnidos
1. As fases da
revolución
 A GUERRA DE SUCESIÓN (1700-1713)
 Tras a morte do último Austria, Carlos II sen
descendencia en 1700, habia dous candidatos á coroa
española: Felipe de Anjou e o archiduque Carlos de
Habsburgo. Finalmente é nomeado herdeiro Felipe de
Anjou, o Borbón, proclamado rei como Felipe V.
 A súa coronación non é aceptada por unha
parte das potencias europeas, que apoiaban
ó outro candidato , o archiduque Carlos de
Austria.
 Así pronto Gran Bretaña, Holanda, Portugal e
o Imperio austríaco declararán a guerra a
Francia e España, iniciándose a Guerra de
Sucesión.
 En España , Castela mostrouse fiel ao novo
monarca borbónico e a Coroa de Aragón,
que vía ameazados os seus foros pola
política centralizadora dos borbóns apoiou
ao candidato austríaco.
 A guerra durou dende 1701 ata 1713 cando o
archiduque Carlos herda a coroa de Austria,
firmándose a Paz de Utrecht.
 Felipe V reinará en España e América, pero as
posesións dos Países Baixos e Italia pasarán a
Carlos de Habsburgo. Reino Unido consegue
Xibraltar e Menorca, ademais de vantaxes
comerciais en América.
 Cataluña decidiu resistir contra as tropas de
Felipe V, pero finalmente foi ocupada o 11 de
setembro de 1714 e firmóuse a paz de Rastadt
 En Galicia hai que salientar o ataque anglo-
holandés a Vigo. Os navíos anglo-holandese e
franco-españois enfrontáronse na Batalla de Rande
(1702), onde afundironse parte deles.
https://www.youtube.com/watch?v=s
miu4yTie9g
 Os Borbóns implantaron en España o absolutismo
monárquico e a centralización política administrativa,
que foi realizada por Felipe V a través dos Decretos de
Nova Planta, estes suprimían as leis e institucións
propias e Aragón Valencia , Cataluña e Mallorca.
 So o País Vasco e Navarra mantiveron os seus
foros(normas, particularismos e privilexios locais).O
territorio español foi dividido en Provincias.
 Ademais impoñen a lei Sálica, que impedía reinar ás
mulleres.
 Carlos III (1759-1788) ,significou a
aplicación no noso país do Despotismo
Ilustrado
 Carlos III rodeóuse de
ministros ilustrados como
Floridablanca,
Campomanes,
Ensenada
o Aranda.
 Reformas
 Intento de mellorar a agricultura, cultivando novas
terras(Serra Morena) e incorporando novas técnicas.
 Fomento de actividades artesanais e creación de
manufacturas reais.
 Recoñecemento da honorabilidade dos traballos
artesanais.
 Apoio ao comercio.
 Fomento da educación coa creación de novas escolas
institucións culturais e científicas.
 Creanse as Sociedades económicas de Amigos do País,
formadas por ilustrados, fundaron escolas para formar nos
oficios.
 Impulsou a renovación urbanística,
especialmente en Madrid
 Aplicouse unha política regalista, (mposición
da autoridade real sobre a Igrexa ), isto levou
á expulsión dos xesuítas.
 A política reformista de Carlos III tropezou con
diversas dificultades Motín de Esquilache en
1766.
 En Galicia, espalláronse as ideas da Ilustración
grazas á actividade dos eclesiásticos Feixoo e Frai
Martín Sarmiento principalmente. Creáronse
diversas institucións ilustradas, entre as que
destacan o Real Consulado na Coruña e a
Sociedade de Amigos do País de Santiago e Lugo,
para fomentar o desenvolvemento económico e
cultural.

Padre Feijoo Frai Martín Sarmiento
 Na política.
 Para reforzar a centralización política e o control
político de Galicia por parte do Estado, coa
chegada dos Borbóns se crea unha nova
institución en 1718 a Intendencia.
 No campo, os que tiñan o poder eran a igrexa e a
fidalguía, que vivían das rendas do campo.
 Na Economía.
 A base da economía galega era a agricultura.
 A maior parte das terras estaban en mans da
nobreza e a igrexa.
 A nobreza ofrecía arrendamentos de terras de
longa duración á fidalguía, chamados foros.
Estes á sua vez subarrendaban as terras aos
campesiños.
 A agricultura expandiuse enormemente grazas a
novos cultivos como a pataca e o millo.
 O sector pesqueiro experimentou modificacións
cos novos métodos de pesca e
conserva(salgadura) traídos por empresarios
cataláns.
O Areal,Vigo
 No sector industrial destaca a construción
naval en Ferrol fomentada polos Borbóns e o
desenvolvemento da siderurxia de Sargadelos.
 O téxtil experimentou un enorme pulo coas
primeiras manufacturas de liño.
 As melloras económicas permitiron un
aumento da poboación, o que provocou a
emigración cara a Castela, Portugal e
América.
 Actividades
 Realizar as actividades finais da páxina32
 Conflito que enfronto ás trece colonias británicas
en territorio americano contra Gran Bretaña entre
1775 e 1783.
 Implántase o primeiro sistema político liberal e
democrático, incorporando as novas ideas que
propugnaban a igualdade e a liberdade.
 A declaración de independencia das trece colonias
británicas de América do Norte supuxo a posta en
práctica dos principios políticos da Ilustración por
primeira vez na historia.
 Antecedentes.
Os colonos ingleses
que chegan no século XVII
Forman as Trece Colonias
A base da súa economía era
A agricultura de plantación
(algodón ,tabaco..)
E o comercio.
Pero a metrópoli, Reino Unido reservávase o monopolio
comercial con outras zonas de América, polo que as
colonias non se podían desenvolver.
As colonias tiñan certa autonomía. Existían unhas
asembleas con certas atribucións como a recadación de
impostos.
Pero as colonias rara vez pagaban impostos
 A burguesía colonial estaba discriminada fronte á
inglesa: excluída da actividade comercial (Gran
Bretaña controlaba o monopolio comercial) e carecía
de representación política no Parlamento de
Londres.
 Gran Bretaña, debido ás necesidades económicas
incrementou os impostos sobre os habitantes das
colonias.
 Ademais em 1773, o Parlamento británico estableceu
as Tea Acts, que concedía o monopolio da venda do
te nas colonias á Compañía Inglesa das Indias
Orientais .
 Os habitantes das colonias americanas ao non
se sentiren representados polo goberno inglés,
negáronse a acatar esas leis e levantáronse
contra a entrada de té inglés nas colonias,
atacando os barcos no porto de Boston.
 Co motín do té comezou o conflito.
 En 1776, redactouse a Declaración de
Dereitos de Virxinia, onde ficaba garantida
para todos os cidadáns toda unha serie de
liberdades (de expresión, de reunión, de
relixión, de prensa, etc.),
e dereitos ( dereito á súa
integridade física, á súas
propiedades, ou dereito a
un xuizo xusto)
Thomas Jefferson
Declaración de Dereitos de Virxinia. 1776
 “Todos os homes son de seu igualmente libres e
independentes, e posúen certos dereitos inherentes á súa
persoa (...)
 Todo poder reside no pobo e, por conseguinte, deriva del
(...)
 O goberno está e é necesario que estea instituído para o
beneficio, a protección e a seguridade comúns do pobo, a
nación ou a comunidade (...)
 Os poderes lexislativo e executivo do Estado deben
separarse e distinguirse do xudicial (...)
 As eleccións dos membros que actúan como
representantes do pobo na asemblea deben ser libres (...)
 A relixión (...) ten que orientarse exclusivamente pola razón
e a convicción, non pola forza ou a violencia; xa que logo,
todos os homes teñen o mesmo dereito ao exercicio libre da
súa relixión.
 O 4 de xullo de 1776, representantes das trece
colonias,reunidos en Filadelfia redactaron a
Declaración da Independencia.
 Os colonos foron apoiados por Francia e España. A
guerra finalizou tras as vitorias dos colonos nas
batallas de Saratoga e Yorktown.
 En 1783 asinouse a Paz de Versalles, na que Reino
Unido recoñecía a independencia dos Estados
Unidos.
 En 1787 aprobouse a primeira Constitución escrita
da historia, que recollía os principios da soberanía
nacional, separación de poderes, elección de
representantes por sufraxio universal masculino( so
para brancos) e a República como forma de
goberno.
 Establecía unha organización federal, onde cada
Estado gozaba dunha ampla independencia, mais cun
goberno federal dotado de grandes poderes, entre
eles o militar e a representación exterior.
 George Washington, un destacado xeneral na
guerra, foi elixido coma primeiro presidente.
Benjamin Franklin George
Washington
 Actividades
 Observar imaxe declaración da independencia
 Por que estaban descontentos os colonos
americanos?
 Cales foron as causas da Guerra da
independencia dos EEUU?
 Analiza o texto da px 40
 Que importancia ten a Constitución dos EEUU?
Describe o sistema político que se recolle nela.
 Antecedentes
 A Francia de fins do século XVIII era un bo exemplo
do Antigo Réxime:
 País rural, onde a terra continuaba a ser a principal
riqueza e ficaba en mans dos grupos privilexiados
 Sociedade estamental, onde os grupos privilexiados
seguían a monopolizar todos os cargos e o
predominio social.
 Persistía o sistema de monarquía absoluta de
dereito divino, na que o rei conservaba
practicamente todo o poder e xestionaba o Estado
como se fose da súa propiedade.
 Causas da Revolución
 Crise económica: malas colleitas, escaseza de produtos e
subida de prezos (o prezo do pan era inalcanzable para os
campesiños, o que provocou frecuentes motíns)
 Crise financeira: endebedamento do Estado, con
elevados gastos en guerras (independencia de EEUU) os
luxos da corte e sobre todo os privilexiados non pagaban
impostos. Os ministros de finanzastentan que a nobreza e
o clero paguen impostos.
 Descontento social:. Pola súa banda, a burguesía quería
acceder ao poder e utilizaba ao pobo para enfrontarse á
burguesía.
 Ideas da Ilustración: A difusión das ideas da Ilustración,
que cuestionaban o Antigo Réxime, e a independencia de
EEUU que demostraba que era posible levalas á práctica.
 OS ESTADOS XERAIS E A ASEMBLEA NACIONAL
 En 1787 Luís XVI,, reuniu os privilexiados para lles esixiren o
pagamento de impostos, dada a creba da Facenda.
 A nobreza négase e esixe a convocatoria dos Estados Xerais
(asemblea francesa na que estaban representados os tres
estamentos:
nobreza, clero e pobo
( terceiro estado) e que
tiña que ser consultado
para os cambios fiscais.
 Previamente
cada
estamento
redactou os
seus
cadernos de
queixas.
 A burguesía que representa ao Terceiro Estado, esixiu
que o voto fose por persoa e non por estamentos, ante a
negativa, abandona os Estados Xerais.
 O 20 de xuño de 1789, reunidos noutra sala (Jeu de
Paume) os deputados do Terceiro Estado constituíronse en
Asemblea Nacional (representantes da nación) e xuraron
non disolver esta asemblea ata darlle a Francia unha
Constitución.
Asemblea Constituínte
Xuramento do xogo da pelota
 A ASEMBLEA CONSTITUINTE. A REVOLUCIÓN
BURGUESA (1789-1791)
 O rei quixo disolver esta Asemblea, pero o pobo de
París, o 14 de xullo de 1789, amotinouse e asaltou a
prisión real de La Bastille, símbolo do poder absoluto
do Antigo Réxime.
 Nas zonas rurais os
campesiños queiman
castelos e títulos
de propiedade, coñecese
como «o gran medo»
https://www.youtube.com/watch?v=
qwkWbAumBcI
 Abolironse todos os privilexios feudais, proclamando a
igualdade de todos os cidadáns.
 Aprobase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán.
Nela recoñécense os dereitos fundamentais como a liberdade
individual , dereito á propiedade e a igualdade ante a lei.
 En 1791 aprobase unha Constitución na que establece:
 a soberanía nacional
 a división de poderes
 o sufraxio censatario
 monarquía parlamentaria.
 Creouse un novo exército ,Garda Nacional,
e expropiáronse os bens da Igrexa,co fin de solucionar os
problemas financeiros do Estado.
 Os homes nacen e fican libres e iguais en dereitos. As distincións sociais só
poden fundarse na utilidade común.
 A finalidade de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e
imprescritibles do home. Tales dereitos son a liberdade, a propiedade, a
seguridade e a resistencia á opresión.
 O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún corpo,
ningún individuo, poden exercer unha autoridade que non emane expresamente
dela.
 A liberdade consiste en poder facer todo o que non prexudique a outro: o
exercicio dos dereitos naturais de cada home só ten o límite de garantir aos
demais membros da sociedade estes mesmos dereitos. Tales límites só poden ser
determinados pola lei.
 A lei só ten dereito a prohibir os actos prexudiciais para a sociedade. Nada que
non estea prohibido pola lei pode ser impedido, e ninguén pode ser obrigado a
facer algo que esta non ordene.
 A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen dereito a
contribuír á súa elaboración, persoalmente ou por medio dos seus
representantes. Debe ser a mesma para todos, xa sexa que protexa ou que
sancione. Como todos os cidadáns son iguais ante ela, todos son igualmente
admisibles en toda dignidade, cargo ou emprego públicos, segundo as súas
capacidades e sen outra distinción que a das súas virtudes e os seus talentos.”
 A ASEMBLEA LEXISLATIVA(1791-1792)
 Tras as eleccións constitúise a Asemblea Lexislativa.
 Tivo que facer fronte á oposición de varios grupos:
 As reformas satisfacían aos grupos
burgueses(xirondinos), que conseguen dereitos políticos
e liberdade económica, mentres que os sectores
populares, (xacobinos e os cordeliers),estaban
descontentos pola falta dun sufraxio universal masculino.
 Os antigos grupos privilexiados querían volver ao Antigo
Réxime, conspirando contra o goberno.
 O rei e a nobreza buscan apoio noutros países (Austria e
Prusia), que declaran a guerra a Francia
 O intento de fuga do rei (fuga de Varennes)para
se unir ao exército austríaco e impor pola forza
a volta do absolutismo desprestixiouno
totalmente.
 Nun clima de grande conflitividade social, as
milicias populares encabezadas polos xacobinos,
asaltaron en agosto de 1792 o palacio real das
Tullerias, o monarca foi destituído e proclamaron
a República.
 CONVENCIÓN NACIONAL XIRONDINA(1792-93).
 É a fase máis radical e popular da revolución
 Os xirondinos, que dominan a Convención, convocaron as
eleccións por sufraxio universal masculino. Promulgouse
unha nova Constitución(1793).
 Este período foi moi convulso:
 Luis XVI e á familia real, foron acusados de traizón e
guillotinados.
 Esta medida provocou a declaración de guerra das
potencias europeas.
 A Revolución tivo que facer fronte militarmente á
coalición de países estranxeiros absolutistas que
buscaban derrocala e aos levantamentos
contrarrevolucionarios no interior do país.
 CONVENCIÓN XACOBINA(1793-94).
 Os xacobinos, que representaban aos grupos máis
radicais e desfavorecidos toman o poder.
 Proclamaron unha nova Constitución, baseada nos
principios da democracia social: soberanía nacional,
sufraxio universal directo e dereito á igualdade.
Respondían así ás demandas dos grupos sociais máis
humildes, os sans-culottes,
o seu principal apoio.
 Implantaron un
novo calendario,
os nomes dos meses se
relacionaban coas estacións
(Brumario, xerminal..).
 Converten o réxime nunha ditadura liderada por
Robespierre e executan aos inimigos da revolución.
 Xulgouse e executouse a todos os sospeitosos de seren
contrarrevolucionarios, incluídos Esta etapa é
tamén coñecida coma O Terror.
 Robespierre intentou frear a crise económica
establecendo unha lei de prezos máximos para artigos
de primeira necesidade. Pero tamén se recortaron os
salarios, o que o enfrentou aos Sans –Coulottes.
Robespierre ía perdendo apoios
 https://www.youtube.com/watch?v=IsP0SlOaplk
 Para responder á ameaza externa, organizaron un
exército,para o que recorreron ao recrutamento
obrigatorio (leva en masa).
 Pero a radicalización da revolución e o goberno
ditatorial dos xacobinos provocaron a oposición de
gran parte da burguesía,e mediante un golpe de
estado foron derrocados.
 Finalmente, o propio Robespierre
sería axustizado na guillotina.
https://www.youtube.com/watch?v=dz6TnugU_Yg
La Marsellesa
https://www.youtube.com/watch?v=x6MXQqQXAxI
 O DIRECTORIO(1795-1799). O poder pasou ás mans da
burguesía moderada, que intentou volver á situación
previa a 1792, para o que derrogou todas as medidas
tomadas durante a República democrática.
 En 1795 (ano III)aprobaron unha nova Constitución,
que limitaba os dereitos políticos das clases populares .
O poder executivo ficaba nas mans do Directorio,
composto por cinco membros, co que tentaban evitar a
concentración do poder nas mans dunha soa persoa.
 No interior producíanse sublevacións de grupos
populares. Na Conxura dos iguais, pretendíase impoñer
unha sociedade igualitaria pero tamén había a oposición
dos absolutistas. No exterior loitábase contra as
potencias absolutistas en Europa.
 Nesta situación cobrou máis importancia o papel do
exército,en especial, dun dos xenerais máis vitoriosos,
Napoleón Bonaparte, quen de volta en Francia dá un
golpe de Estado (1799)apoiado pola burguesía.
 O CONSULADO 1799
 O poder era exercido por tres cónsules (Napoleón,
Ducos e Sieyés)
 Concentrou todo o poder
nas súas mans, converténdose
primeiro en
cónsul vitalicio (1802)
e proclamándose
posteriormente emperador.
Napoleón Bonaparte iniciou
unha política de estabilización
de Francia, rematando
cos disturbios e cos conflitos
interiores.
 O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-1814).
 No interior, reprimiu as revoltas populares e os complots
dos absolutistas, impuxo a censura na prensa.
 Tomou medidas para modernizar o país: promulgación dun
Código Civil,
que recollía os
dereitos dos
franceses,
a extensión
da educación
primaria,
creouse o
Banco de Francia.
 No exterior, Napoleón quixo estender os ideáis da
Revolución, creando un gran imperio europeo con
centro en Francia.
 Entrou en guerra cunha coalición de países
europeos(Gran Bretaña ,Austria, Rusia..).
 Ainda que foi derrotado polos británicos en
Trafalgar(1805), en poucos anos impuxo a a súa
hexemonía no continente.
 Estableceu un bloqueo continental que impedía o
comercio británico con Europa.
 A negativa de Portugal fixo que Napoleón quixera
invadila pasando por España. Procedeu á invasión de
España e de Rusia.
 En 1807 o Imperio napoleónico atopábase no seu
apoxeo, estendíase de Alemaña a Italia.
 Reorganizou o mapa europeo colocando a
membros da súa familia á fronte de reinos
veciños
Jacques-Louis David
 Pero a resistencia antifrancesa nestes
territorios e as derrotas militares( España 1808
e Rusia 1812) obrigárono a abdicar en 1814 e
exiliouse na illa de Elba.
 Intentou de restaurar o seu poder durante 100
días, pero foi derrotado definitivamente na
batalla de Waterloo no 1815, momento en que
foi desterrado á illa de Santa Helena onde
morreu.
 Instaurouse novamente a monarquía dos
Borbóns en Francia, pero as ideas da
Ilustración e da Revolución consolidáronse en
Francia e posteriormente en toda Europa.
O Antigo Réxime desaparecera.
 Actividades
 Cales foron as causas que levaron á Revolución
Francesa? Por que crees que foi un fito na Historia?
 Busca información sobre os seguintes personaxes e
fai unha breve reseña de cada un: Tomas Jefferson,
Georges Washington, Benjamin Franklin, Marat,
Dantón, Robespierre, Napoleón .
 Define os seguintes termos:Constitución, sans-
coulottes, Asemblea Constituínte
 Enumera as etapas da Revolución Francesa...(ex4
px 45)
 A expansión napoleónica contribuíu a difundir por
toda Europa as ideas revolucionarias,e ao mesmo
tempo estimulou a sentimento nacionalista dos
pobos ocupados.
 Herdeiro do pensamento ilustrado aparecen novas
formas de pensamento político : Nacionalismo e
Liberalismo.
 A estas ideas oponse a Restauración da Europa de
Viena intentará restaurar o absolutismo e volver ao
Antigo Réxime.
 A RESTAURACIÓN (1814-1848)
 Tras a derrota de napoleón, impúxose en Europa
un sistema que pretende volver ao Antigo Réxime,
é a Restauración.
 Caracterízase por:
 Lexitimismo monárquico,os monarcas son os
únicos que poden estar á fronte dun Estado.
 Responsabilidade internacional,das grandes
potencias para manter a paz e a seguridade, para
iso intervendrán cando as monarquías estean
ameazadas(Dereito de intervención)
 Sistema de Congresos, as potencias organizan
reunións para resolver os problemas
internacionais.
 As monarquías vencedoras( Rusia, Prusia, Austria e
Gran Bretaña) reunidas no Congreso de Viena
(1814-1815), liderado por Metternich organizaron
un novo mapa de Europa:
- Francia volve ás fronteiras anteriores á
Revolución.
- Créanse estados tapón arredor de Francia:Holanda
anexiona Bélxica e Piemonte Saboia e Cerdaña.
- Rusia, Austria e Prusia repártense territorios.
- Suecia anexiona Noruega etc
 Non se tiveron en conta as
distintas nacionalidades.
 A Restauración consolídase mediante alianzas:
 A Santa Alianza, integrada por Prusia, Rusia e
Austria. Os seus membros comprometíanse a
intervir onde fose necesario para defender o
absolutismo e sufocar calquera movemento
revolucionario.
 A Cuádruple Alianza, formada por Reino
Unido, Austria, Prusia e Rusia. En 1818
incorporouse Francia, convertendose na
Quintupla Alianza. Os países asinantes
comprométense a defender a orde do Congreso
de Viena e manter a Luis XVIII no trono de
Francia.
 FUNDAMENTOS DAS REVOLUCIÓNS
 O LIBERALISMO
 O liberalismo é unha doctrina político-
económica que defende a liberdade como
principio básico de todas as actividades
humanas.
 No aspecto político defende a soberanía
nacional, a división de poderes, a existencia dun
parlamento e a elaboración dunha Constitución
escrita que recolla os dereitos de todos os
cidadáns.
 No aspecto económico defende a iniciativa
individual e rexeita a intervención do Estado.
 PRINCIPIOS DO LIBERALISMO
 – Soberanía nacional. O poder reside na nación e é
exercido polos representantes dos cidadáns
 – Existencia dunha lei suprema ou Constitución, que
regula as relación dos cidadans e limitase o poder do
monarca.
 – Recoñecemento de dereitos e liberdades
individuais. (liberdade de conciencia, de culto, de
expresión, reunión..).
 – Igualdade xurídica ante a lei.
 – Defensa da propiedade privada.
 – Separación de poderes (executivo,lexislativo e
xudicial) e limitación do poder político.
 – Sistema político participativo no que as decisións
emanan dunha asemblea (parlamento)elixida por
Sufraxio.
 O NACIONALISMO
 Movemento que establece o dereito dos pobos que
forman unha nación a defender a súa identidade
con respecto a outros.
 Unha nación enténdese como unha sociedade unida
por unha lingua, unhas tradicións, unha cultura e
un pasado común.
 A comezos do século XIX estivo ligada ao
liberalismo e foi
 estimulado polas conquistas napoleónicas. Estivo
tamén influenciado polo movemento do
Romanticismo.
 dará lugar a :
 A loita pola independencia en determinadas
poboacións( Grecia, colonias hispanoamericanas).
 Loita para unificarse diversos territorios nunha soa
nación (Alemaña e Italia)
 Os principios do Liberalismo político poranse en
práctica nas Revolucións de 1820, 1830 e 1848.
 Revolucións de 1820: iniciáronse en España, cando
Rafael del Riego se levantou contra a monarquía
absoluta de Fernando VII e deu paso ao Trienio
Liberal. Finaliza coa intervención da Santa Alianza.
 En 1821 tivo lugar a independencia de Grecia do
Imperio turco otoman, tras oito anos de loita se
logra en 1829
 Os procesos de independencia na América
española, cando xorden gran parte dos países
suramericanos da actualidade (Venezuela, Arxentina,
Colombia,Perú, etc.).
 Revolucións de 1830:
 Francia foi a orixe deste movemento, conseguindo
acabar coa monarquía absoluta de Carlos X e impor
un monarca liberal, Luís Filipe de Orleáns.
 Bélxica logrou a súa independencia dos Países
Baixos.
 Polonia levántase contra o Imperio ruso, pero o
movemento fracasou.
 Nos Estados italianos como
Parma e Módena.
A liberdade guiando ao pobo, de
Eugène Delacroix (1830)
 Revolucións de 1848:
 Iniciadas tamén en Francia, foi coñecida como A
primavera dos pobos pola grande cantidade de
nacións que se ergueron contra os sistemas
absolutistas e os imperios(checos, húngaros, eslavosdo
sur..).
 A diferenza das anteriores, estes movementos
revolucionarios non só se centraron nas
reivindicacións da burguesía, senón que tamén
xogaron un papel importante as reivindicacións do
movemento obreiro, a nova clase social que buscaba
o seu espazo político.
 As demandas máis sociais e máis democráticas
(sufraxio universal, soberanía popular, igualdade
social).
 Pero finalmente impúxose a visión da
burguesía conservadora.
 Proclamouse a República e convocáronse
eleccións nas que saiu elixido Luis Napoleón
Bonaparte. Este finalmente deu un golpe de
Estado e proclamou o II Imperio en 1852.
 A pesar do fracaso das revolucións, supuxeron
un avance do liberalismo e a abolición da
servidume en Europa central.
UNIFICACIÓN ITALIANA
 O territorio estaba dividido
en seis estados; o reino de
Piemonte liderará a unificación de
todos os estados italianos.
 En 1859 Cavour, xefe do goberno
, comezou a guerra contra
Austria, logrando a anexión de Lombardía.
 En 1860-61 a expedición popular dos
«camisas vermellas»,
liderado por Garibaldi, se apoderaron
de Nápoles e Sicilia.
 En 1861 Víctor Manuel
monarca do Piemonte,
Foi proclamado rei de Italia.
 En 1866 tras vencer aos
austríacos anexiónase Venezia
 Finalmente ocupan Roma tras a
retirada das tropas francesas e
anexionáronse os Estados do papa
no 1870,ainda que o Papa non recoñeceu a ocupación.
Completabase así a unificación total de Italia.
UNIFICACIÓN ALEMANA
 O Congreso de Viena dividiu a Confederación
Xermánica en 39 Estados. O Estado máis
poderoso, Prusia liderará o proceso de
unificación.
 En 1834 potenciase unha unión de alfándegas
(Zollverein)da que quedou excluída Austria.
 Na revolución de 1848 nun Parlamento reunido
en Frankfurt preveuse a unidade en torno a
Prusia, pero o propio exército prusiano sufocou
os levantamentos.
 A partir de1866 , chanceler prusiano
Otto von Bismarck liderou o proceso
establecendo a guerra
contra Austria (1866) e
contra Francia (1870).
 Napoleon III tivo que ceder a Alemaña
os territorios de Alsacia e Lorena
 A victoria permitiu a unión de todos
os estados xermánicos.
 Proclamouse o Segundo Reich e
Guillerme I foi coroado emperador en
Versalles.

More Related Content

What's hot

Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenDudas-Historia
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeAntía Sanmarco
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era EvaPaula
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 
Vocabulario
VocabularioVocabulario
VocabularioEvaPaula
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaoblogdeasun
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 

What's hot (20)

U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Vocabulario
VocabularioVocabulario
Vocabulario
 
Tema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réximeTema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réxime
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
TEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIATEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIA
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 

Similar to A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos

A monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo RéximeA monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo RéximeTere Nécega Rodriguez
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónEvaPaula
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoAgrela Elvixeo
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVIIrubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 

Similar to A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos (20)

A Ilustración
A IlustraciónA Ilustración
A Ilustración
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
A monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo RéximeA monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo Réxime
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e Ilustración
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
 
Ciencias sociais
Ciencias sociaisCiencias sociais
Ciencias sociais
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónico
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVII
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 

More from velazquezturnesnieves

A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenavelazquezturnesnieves
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónvelazquezturnesnieves
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalvelazquezturnesnieves
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreirovelazquezturnesnieves
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberalvelazquezturnesnieves
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españavelazquezturnesnieves
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanovelazquezturnesnieves
 

More from velazquezturnesnieves (20)

INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdfINTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plena
 
O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberal
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españa
 
Xeografía
XeografíaXeografía
Xeografía
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
Descolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundoDescolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundo
 
A guerra fria
A guerra friaA guerra fria
A guerra fria
 
O meu primeiro e portafolios
O meu primeiro e  portafoliosO meu primeiro e  portafolios
O meu primeiro e portafolios
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbano
 

A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos

  • 1.
  • 2. Comprende desde1789, en que se produce a Revolución francesa ata a actualidade. Época de fondas transformacións  políticas Revolucións liberais  económicas Revolución Industrial  sociais Sociedade de clases
  • 3.  Sistema político, económico e social vixente en Europa no século XVIII. Características :  SOCIEDADE estamental dividida en privilexiados e non privilexiados. inmobilista, pechada. Crecemento demográfico moi baixo: natalidade e mortalidade elevadas. BURGUESÍA ARTESÁNS CAMPESIÑOS NON - PRIVILEXIADOS PRIVILEXIADOS TERCEIRO ESTADO
  • 4.
  • 5.  ECONOMÍA de base agraria. 80% da pob traballa na agricultura.  os métodos agrícolas eran rudimentarios e os rendementos, pobres Crises de subsistencia frecuentes causadas por malas colleitas A maioría da tierra pertencía á nobreza e o clero. No entanto en Holanda e Inglaterra iniciouse unha importante renovación e o aumento da produción, grazas á aplicación de novas técnicas.
  • 6.
  • 7.  ARTESANÍA E COMERCIO  A industria artesanal estaba controlada polo sistema gremial.  Tamén existían Manufacturas Reais  Industria doméstica rural (Domestic System) escapaba ao control dos gremios, era realizada polo campesiñado como actividade complementaria no propio domicilio.  O Comercio internacional medrou grazas aos novos descubrimentos Comercio triangular, centrado na compra de escravos en África  O comercio Monopolio das grandes compañías privilexiadas.
  • 8. SISTEMA POLÍTICO  Absolutismo monárquico na maioría dos países.  O rei concentraba todos os poderes, tiña carácter divino (“rei pola gracia de deus”)as persoas eran súbditos.  O rei podía consultar ao parlamento Os Estados Xerais, pero apenas os convocaba. O absolutismo é sostido por teóricos como Jean Bodin e Bossuet
  • 9.
  • 10.
  • 11.
  • 12.  PARLAMENTARISMO Nas Provincias Unidas (Holanda)e Inglaterra.  En Inglaterra os Estuardo intentan implantar o absolutismo, pero atoparon coa oposición do parlamento, o que provocou as revolucións de 1642 contra Carlos I e 1688 contra Xacobe II .  O parlamento elixiu un novo monarca Guillerme de Orange, quen tivo que aceptar a Declaración de Dereitos promulgada en 1689.  O parlamentarismo foi teorizado polo inglés John Locke, que sostiña que o rei debía compartir o seu poder co Parlamento, quen elaboraba as leis e controlaba o goberno
  • 14.  Nas Provincias Unidas, tras independizarse de España se constitúen como unha república formada por sete provincias, cada unha co seu Parlamento.  Os representantes das provincias reuníanse nos Estados Xerais.  Exercicios: analiza un texto
  • 15.  movemento de carácter intelectual, desenvolto na Europa do s. XVIII, que cuestionou todos os principios do Antigo Réxime (sociedade estamental e absolutismo).   As bases do pensamento ilustrado :  O predominio da razón, frente á tradición, o sobrenatural e a superstición  Elevado interese pola economía e o progresomaterial   A tolerancia relixiosa   A educación como instrumento para difundir a razón. O coñecemento era a base da felicidade.  O interese polas ciencias experimentais   Novo modelo de organización política e socialbaseado na Liberdade e Igualdade  será dinfundida a través de publicacións como A Enciclopedia, posta en marcha por Diderot e D’Alambert.
  • 16. 5.2 .Os grandespensadoresilustrados -Defendíe a tolerancia, a modernización da economía e o interese pola ciencia e a técnica Directores: D’Alembert e Diderot Locke,oprecursor Fundamentou o liberalismopolítico A Enciclopedia -División dos poderes -Os hombres son libres e iguais por natureza -É necesario un pacto social. -Defende o derito de rebelión fronte á tiranía Obrade actitudecríticae espíritupedagóxico  O pensamento político oponse ao absolutismo configurándose unha nova doutrina: O Liberalismo, baseándose nas ideas de John Locke
  • 17. Montesquieu é conveniente que existan tres poderes distintos e independentes: o lexislativo o executivo e o xudicial, O espíritu das leis (1748) Voltaire defendeu a existencia dun Parlamento como instrumento que limitase o poder do rei. Tratado sobre a tolerancia (1763)
  • 18.  Rousseau O goberno ten a obriga de lexislar e gobernar polo ben común.É necesario un contrato social entre gobernantes e gobernados, que garantice os deritos básicos do individuo  Principìo de Soberanía Nacional: o poder emana do libre consentimento dos cidadáns ( a través do seu voto). O Contrato Social(1762).
  • 19.
  • 20.  No pensamento económico  fisiocracia (a agricultura é a principal fonte de riqueza dun país)  liberalismo económico formulado por Adam Smith, baseada na propiedade privada e na liberdade de comercio e industria sen inxerencia do Estado na economía.  A economía réxese polas súas propias leis como a lei da oferta e a demanda.
  • 21.
  • 22.  Sistema que intenta compatibilizar os principios da Ilustración co absolutismo monárquico. Os monarcas ilustrados tentan  modernizar a administración do Estado(novos códigos legais, impostos aos privilexiados..)  reformar a ensinanza (novos plans de estudos, novas institucións educativas..)  modernización económica(liberalización parcial da produción e o comercio, desamortizacións...)  Pero non reformaban as estruturas da sociedade nin o seu poder absoluto.  É o que se recolle no lema “Todo para o pobo pero sen o pobo”
  • 24. 1. Política, sociedadee economíadoAntigo Réxime 2. A ilustración Primeira revolución liberal que cambia radicalmente o sistema político do: 4. A Revolución Francesa: 4.1 O estalido da revolución3. A independenciados EstadosUnidos 1. As fases da revolución
  • 25.  A GUERRA DE SUCESIÓN (1700-1713)  Tras a morte do último Austria, Carlos II sen descendencia en 1700, habia dous candidatos á coroa española: Felipe de Anjou e o archiduque Carlos de Habsburgo. Finalmente é nomeado herdeiro Felipe de Anjou, o Borbón, proclamado rei como Felipe V.
  • 26.  A súa coronación non é aceptada por unha parte das potencias europeas, que apoiaban ó outro candidato , o archiduque Carlos de Austria.  Así pronto Gran Bretaña, Holanda, Portugal e o Imperio austríaco declararán a guerra a Francia e España, iniciándose a Guerra de Sucesión.  En España , Castela mostrouse fiel ao novo monarca borbónico e a Coroa de Aragón, que vía ameazados os seus foros pola política centralizadora dos borbóns apoiou ao candidato austríaco.
  • 27.  A guerra durou dende 1701 ata 1713 cando o archiduque Carlos herda a coroa de Austria, firmándose a Paz de Utrecht.  Felipe V reinará en España e América, pero as posesións dos Países Baixos e Italia pasarán a Carlos de Habsburgo. Reino Unido consegue Xibraltar e Menorca, ademais de vantaxes comerciais en América.  Cataluña decidiu resistir contra as tropas de Felipe V, pero finalmente foi ocupada o 11 de setembro de 1714 e firmóuse a paz de Rastadt
  • 28.  En Galicia hai que salientar o ataque anglo- holandés a Vigo. Os navíos anglo-holandese e franco-españois enfrontáronse na Batalla de Rande (1702), onde afundironse parte deles. https://www.youtube.com/watch?v=s miu4yTie9g
  • 29.
  • 30.  Os Borbóns implantaron en España o absolutismo monárquico e a centralización política administrativa, que foi realizada por Felipe V a través dos Decretos de Nova Planta, estes suprimían as leis e institucións propias e Aragón Valencia , Cataluña e Mallorca.  So o País Vasco e Navarra mantiveron os seus foros(normas, particularismos e privilexios locais).O territorio español foi dividido en Provincias.  Ademais impoñen a lei Sálica, que impedía reinar ás mulleres.
  • 31.  Carlos III (1759-1788) ,significou a aplicación no noso país do Despotismo Ilustrado  Carlos III rodeóuse de ministros ilustrados como Floridablanca, Campomanes, Ensenada o Aranda.
  • 32.  Reformas  Intento de mellorar a agricultura, cultivando novas terras(Serra Morena) e incorporando novas técnicas.  Fomento de actividades artesanais e creación de manufacturas reais.  Recoñecemento da honorabilidade dos traballos artesanais.  Apoio ao comercio.  Fomento da educación coa creación de novas escolas institucións culturais e científicas.  Creanse as Sociedades económicas de Amigos do País, formadas por ilustrados, fundaron escolas para formar nos oficios.
  • 33.  Impulsou a renovación urbanística, especialmente en Madrid  Aplicouse unha política regalista, (mposición da autoridade real sobre a Igrexa ), isto levou á expulsión dos xesuítas.  A política reformista de Carlos III tropezou con diversas dificultades Motín de Esquilache en 1766.
  • 34.  En Galicia, espalláronse as ideas da Ilustración grazas á actividade dos eclesiásticos Feixoo e Frai Martín Sarmiento principalmente. Creáronse diversas institucións ilustradas, entre as que destacan o Real Consulado na Coruña e a Sociedade de Amigos do País de Santiago e Lugo, para fomentar o desenvolvemento económico e cultural.  Padre Feijoo Frai Martín Sarmiento
  • 35.  Na política.  Para reforzar a centralización política e o control político de Galicia por parte do Estado, coa chegada dos Borbóns se crea unha nova institución en 1718 a Intendencia.  No campo, os que tiñan o poder eran a igrexa e a fidalguía, que vivían das rendas do campo.
  • 36.  Na Economía.  A base da economía galega era a agricultura.  A maior parte das terras estaban en mans da nobreza e a igrexa.  A nobreza ofrecía arrendamentos de terras de longa duración á fidalguía, chamados foros. Estes á sua vez subarrendaban as terras aos campesiños.  A agricultura expandiuse enormemente grazas a novos cultivos como a pataca e o millo.
  • 37.  O sector pesqueiro experimentou modificacións cos novos métodos de pesca e conserva(salgadura) traídos por empresarios cataláns. O Areal,Vigo
  • 38.  No sector industrial destaca a construción naval en Ferrol fomentada polos Borbóns e o desenvolvemento da siderurxia de Sargadelos.  O téxtil experimentou un enorme pulo coas primeiras manufacturas de liño.  As melloras económicas permitiron un aumento da poboación, o que provocou a emigración cara a Castela, Portugal e América.
  • 39.  Actividades  Realizar as actividades finais da páxina32
  • 40.
  • 41.  Conflito que enfronto ás trece colonias británicas en territorio americano contra Gran Bretaña entre 1775 e 1783.  Implántase o primeiro sistema político liberal e democrático, incorporando as novas ideas que propugnaban a igualdade e a liberdade.  A declaración de independencia das trece colonias británicas de América do Norte supuxo a posta en práctica dos principios políticos da Ilustración por primeira vez na historia.
  • 42.  Antecedentes. Os colonos ingleses que chegan no século XVII Forman as Trece Colonias A base da súa economía era A agricultura de plantación (algodón ,tabaco..) E o comercio. Pero a metrópoli, Reino Unido reservávase o monopolio comercial con outras zonas de América, polo que as colonias non se podían desenvolver. As colonias tiñan certa autonomía. Existían unhas asembleas con certas atribucións como a recadación de impostos. Pero as colonias rara vez pagaban impostos
  • 43.  A burguesía colonial estaba discriminada fronte á inglesa: excluída da actividade comercial (Gran Bretaña controlaba o monopolio comercial) e carecía de representación política no Parlamento de Londres.  Gran Bretaña, debido ás necesidades económicas incrementou os impostos sobre os habitantes das colonias.  Ademais em 1773, o Parlamento británico estableceu as Tea Acts, que concedía o monopolio da venda do te nas colonias á Compañía Inglesa das Indias Orientais .
  • 44.  Os habitantes das colonias americanas ao non se sentiren representados polo goberno inglés, negáronse a acatar esas leis e levantáronse contra a entrada de té inglés nas colonias, atacando os barcos no porto de Boston.  Co motín do té comezou o conflito.
  • 45.  En 1776, redactouse a Declaración de Dereitos de Virxinia, onde ficaba garantida para todos os cidadáns toda unha serie de liberdades (de expresión, de reunión, de relixión, de prensa, etc.), e dereitos ( dereito á súa integridade física, á súas propiedades, ou dereito a un xuizo xusto) Thomas Jefferson
  • 46. Declaración de Dereitos de Virxinia. 1776  “Todos os homes son de seu igualmente libres e independentes, e posúen certos dereitos inherentes á súa persoa (...)  Todo poder reside no pobo e, por conseguinte, deriva del (...)  O goberno está e é necesario que estea instituído para o beneficio, a protección e a seguridade comúns do pobo, a nación ou a comunidade (...)  Os poderes lexislativo e executivo do Estado deben separarse e distinguirse do xudicial (...)  As eleccións dos membros que actúan como representantes do pobo na asemblea deben ser libres (...)  A relixión (...) ten que orientarse exclusivamente pola razón e a convicción, non pola forza ou a violencia; xa que logo, todos os homes teñen o mesmo dereito ao exercicio libre da súa relixión.
  • 47.  O 4 de xullo de 1776, representantes das trece colonias,reunidos en Filadelfia redactaron a Declaración da Independencia.
  • 48.
  • 49.  Os colonos foron apoiados por Francia e España. A guerra finalizou tras as vitorias dos colonos nas batallas de Saratoga e Yorktown.  En 1783 asinouse a Paz de Versalles, na que Reino Unido recoñecía a independencia dos Estados Unidos.  En 1787 aprobouse a primeira Constitución escrita da historia, que recollía os principios da soberanía nacional, separación de poderes, elección de representantes por sufraxio universal masculino( so para brancos) e a República como forma de goberno.  Establecía unha organización federal, onde cada Estado gozaba dunha ampla independencia, mais cun goberno federal dotado de grandes poderes, entre eles o militar e a representación exterior.
  • 50.  George Washington, un destacado xeneral na guerra, foi elixido coma primeiro presidente. Benjamin Franklin George Washington
  • 51.  Actividades  Observar imaxe declaración da independencia  Por que estaban descontentos os colonos americanos?  Cales foron as causas da Guerra da independencia dos EEUU?  Analiza o texto da px 40  Que importancia ten a Constitución dos EEUU? Describe o sistema político que se recolle nela.
  • 52.
  • 53.  Antecedentes  A Francia de fins do século XVIII era un bo exemplo do Antigo Réxime:  País rural, onde a terra continuaba a ser a principal riqueza e ficaba en mans dos grupos privilexiados  Sociedade estamental, onde os grupos privilexiados seguían a monopolizar todos os cargos e o predominio social.  Persistía o sistema de monarquía absoluta de dereito divino, na que o rei conservaba practicamente todo o poder e xestionaba o Estado como se fose da súa propiedade.
  • 54.
  • 55.  Causas da Revolución  Crise económica: malas colleitas, escaseza de produtos e subida de prezos (o prezo do pan era inalcanzable para os campesiños, o que provocou frecuentes motíns)  Crise financeira: endebedamento do Estado, con elevados gastos en guerras (independencia de EEUU) os luxos da corte e sobre todo os privilexiados non pagaban impostos. Os ministros de finanzastentan que a nobreza e o clero paguen impostos.  Descontento social:. Pola súa banda, a burguesía quería acceder ao poder e utilizaba ao pobo para enfrontarse á burguesía.  Ideas da Ilustración: A difusión das ideas da Ilustración, que cuestionaban o Antigo Réxime, e a independencia de EEUU que demostraba que era posible levalas á práctica.
  • 56.
  • 57.  OS ESTADOS XERAIS E A ASEMBLEA NACIONAL  En 1787 Luís XVI,, reuniu os privilexiados para lles esixiren o pagamento de impostos, dada a creba da Facenda.  A nobreza négase e esixe a convocatoria dos Estados Xerais (asemblea francesa na que estaban representados os tres estamentos: nobreza, clero e pobo ( terceiro estado) e que tiña que ser consultado para os cambios fiscais.
  • 59.
  • 60.  A burguesía que representa ao Terceiro Estado, esixiu que o voto fose por persoa e non por estamentos, ante a negativa, abandona os Estados Xerais.  O 20 de xuño de 1789, reunidos noutra sala (Jeu de Paume) os deputados do Terceiro Estado constituíronse en Asemblea Nacional (representantes da nación) e xuraron non disolver esta asemblea ata darlle a Francia unha Constitución. Asemblea Constituínte Xuramento do xogo da pelota
  • 61.
  • 62.  A ASEMBLEA CONSTITUINTE. A REVOLUCIÓN BURGUESA (1789-1791)  O rei quixo disolver esta Asemblea, pero o pobo de París, o 14 de xullo de 1789, amotinouse e asaltou a prisión real de La Bastille, símbolo do poder absoluto do Antigo Réxime.  Nas zonas rurais os campesiños queiman castelos e títulos de propiedade, coñecese como «o gran medo» https://www.youtube.com/watch?v= qwkWbAumBcI
  • 63.  Abolironse todos os privilexios feudais, proclamando a igualdade de todos os cidadáns.  Aprobase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. Nela recoñécense os dereitos fundamentais como a liberdade individual , dereito á propiedade e a igualdade ante a lei.  En 1791 aprobase unha Constitución na que establece:  a soberanía nacional  a división de poderes  o sufraxio censatario  monarquía parlamentaria.  Creouse un novo exército ,Garda Nacional, e expropiáronse os bens da Igrexa,co fin de solucionar os problemas financeiros do Estado.
  • 64.  Os homes nacen e fican libres e iguais en dereitos. As distincións sociais só poden fundarse na utilidade común.  A finalidade de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritibles do home. Tales dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.  O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún corpo, ningún individuo, poden exercer unha autoridade que non emane expresamente dela.  A liberdade consiste en poder facer todo o que non prexudique a outro: o exercicio dos dereitos naturais de cada home só ten o límite de garantir aos demais membros da sociedade estes mesmos dereitos. Tales límites só poden ser determinados pola lei.  A lei só ten dereito a prohibir os actos prexudiciais para a sociedade. Nada que non estea prohibido pola lei pode ser impedido, e ninguén pode ser obrigado a facer algo que esta non ordene.  A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen dereito a contribuír á súa elaboración, persoalmente ou por medio dos seus representantes. Debe ser a mesma para todos, xa sexa que protexa ou que sancione. Como todos os cidadáns son iguais ante ela, todos son igualmente admisibles en toda dignidade, cargo ou emprego públicos, segundo as súas capacidades e sen outra distinción que a das súas virtudes e os seus talentos.”
  • 65.
  • 66.  A ASEMBLEA LEXISLATIVA(1791-1792)  Tras as eleccións constitúise a Asemblea Lexislativa.  Tivo que facer fronte á oposición de varios grupos:  As reformas satisfacían aos grupos burgueses(xirondinos), que conseguen dereitos políticos e liberdade económica, mentres que os sectores populares, (xacobinos e os cordeliers),estaban descontentos pola falta dun sufraxio universal masculino.  Os antigos grupos privilexiados querían volver ao Antigo Réxime, conspirando contra o goberno.  O rei e a nobreza buscan apoio noutros países (Austria e Prusia), que declaran a guerra a Francia
  • 67.  O intento de fuga do rei (fuga de Varennes)para se unir ao exército austríaco e impor pola forza a volta do absolutismo desprestixiouno totalmente.  Nun clima de grande conflitividade social, as milicias populares encabezadas polos xacobinos, asaltaron en agosto de 1792 o palacio real das Tullerias, o monarca foi destituído e proclamaron a República.
  • 68.  CONVENCIÓN NACIONAL XIRONDINA(1792-93).  É a fase máis radical e popular da revolución  Os xirondinos, que dominan a Convención, convocaron as eleccións por sufraxio universal masculino. Promulgouse unha nova Constitución(1793).  Este período foi moi convulso:  Luis XVI e á familia real, foron acusados de traizón e guillotinados.  Esta medida provocou a declaración de guerra das potencias europeas.  A Revolución tivo que facer fronte militarmente á coalición de países estranxeiros absolutistas que buscaban derrocala e aos levantamentos contrarrevolucionarios no interior do país.
  • 69.  CONVENCIÓN XACOBINA(1793-94).  Os xacobinos, que representaban aos grupos máis radicais e desfavorecidos toman o poder.  Proclamaron unha nova Constitución, baseada nos principios da democracia social: soberanía nacional, sufraxio universal directo e dereito á igualdade. Respondían así ás demandas dos grupos sociais máis humildes, os sans-culottes, o seu principal apoio.  Implantaron un novo calendario, os nomes dos meses se relacionaban coas estacións (Brumario, xerminal..).
  • 70.
  • 71.  Converten o réxime nunha ditadura liderada por Robespierre e executan aos inimigos da revolución.  Xulgouse e executouse a todos os sospeitosos de seren contrarrevolucionarios, incluídos Esta etapa é tamén coñecida coma O Terror.  Robespierre intentou frear a crise económica establecendo unha lei de prezos máximos para artigos de primeira necesidade. Pero tamén se recortaron os salarios, o que o enfrentou aos Sans –Coulottes. Robespierre ía perdendo apoios  https://www.youtube.com/watch?v=IsP0SlOaplk
  • 72.  Para responder á ameaza externa, organizaron un exército,para o que recorreron ao recrutamento obrigatorio (leva en masa).  Pero a radicalización da revolución e o goberno ditatorial dos xacobinos provocaron a oposición de gran parte da burguesía,e mediante un golpe de estado foron derrocados.  Finalmente, o propio Robespierre sería axustizado na guillotina. https://www.youtube.com/watch?v=dz6TnugU_Yg La Marsellesa https://www.youtube.com/watch?v=x6MXQqQXAxI
  • 73.  O DIRECTORIO(1795-1799). O poder pasou ás mans da burguesía moderada, que intentou volver á situación previa a 1792, para o que derrogou todas as medidas tomadas durante a República democrática.  En 1795 (ano III)aprobaron unha nova Constitución, que limitaba os dereitos políticos das clases populares . O poder executivo ficaba nas mans do Directorio, composto por cinco membros, co que tentaban evitar a concentración do poder nas mans dunha soa persoa.  No interior producíanse sublevacións de grupos populares. Na Conxura dos iguais, pretendíase impoñer unha sociedade igualitaria pero tamén había a oposición dos absolutistas. No exterior loitábase contra as potencias absolutistas en Europa.  Nesta situación cobrou máis importancia o papel do exército,en especial, dun dos xenerais máis vitoriosos, Napoleón Bonaparte, quen de volta en Francia dá un golpe de Estado (1799)apoiado pola burguesía.
  • 74.  O CONSULADO 1799  O poder era exercido por tres cónsules (Napoleón, Ducos e Sieyés)  Concentrou todo o poder nas súas mans, converténdose primeiro en cónsul vitalicio (1802) e proclamándose posteriormente emperador. Napoleón Bonaparte iniciou unha política de estabilización de Francia, rematando cos disturbios e cos conflitos interiores.
  • 75.  O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-1814).  No interior, reprimiu as revoltas populares e os complots dos absolutistas, impuxo a censura na prensa.  Tomou medidas para modernizar o país: promulgación dun Código Civil, que recollía os dereitos dos franceses, a extensión da educación primaria, creouse o Banco de Francia.
  • 76.  No exterior, Napoleón quixo estender os ideáis da Revolución, creando un gran imperio europeo con centro en Francia.  Entrou en guerra cunha coalición de países europeos(Gran Bretaña ,Austria, Rusia..).  Ainda que foi derrotado polos británicos en Trafalgar(1805), en poucos anos impuxo a a súa hexemonía no continente.  Estableceu un bloqueo continental que impedía o comercio británico con Europa.  A negativa de Portugal fixo que Napoleón quixera invadila pasando por España. Procedeu á invasión de España e de Rusia.  En 1807 o Imperio napoleónico atopábase no seu apoxeo, estendíase de Alemaña a Italia.
  • 77.  Reorganizou o mapa europeo colocando a membros da súa familia á fronte de reinos veciños
  • 79.  Pero a resistencia antifrancesa nestes territorios e as derrotas militares( España 1808 e Rusia 1812) obrigárono a abdicar en 1814 e exiliouse na illa de Elba.  Intentou de restaurar o seu poder durante 100 días, pero foi derrotado definitivamente na batalla de Waterloo no 1815, momento en que foi desterrado á illa de Santa Helena onde morreu.  Instaurouse novamente a monarquía dos Borbóns en Francia, pero as ideas da Ilustración e da Revolución consolidáronse en Francia e posteriormente en toda Europa. O Antigo Réxime desaparecera.
  • 80.  Actividades  Cales foron as causas que levaron á Revolución Francesa? Por que crees que foi un fito na Historia?  Busca información sobre os seguintes personaxes e fai unha breve reseña de cada un: Tomas Jefferson, Georges Washington, Benjamin Franklin, Marat, Dantón, Robespierre, Napoleón .  Define os seguintes termos:Constitución, sans- coulottes, Asemblea Constituínte  Enumera as etapas da Revolución Francesa...(ex4 px 45)
  • 81.  A expansión napoleónica contribuíu a difundir por toda Europa as ideas revolucionarias,e ao mesmo tempo estimulou a sentimento nacionalista dos pobos ocupados.  Herdeiro do pensamento ilustrado aparecen novas formas de pensamento político : Nacionalismo e Liberalismo.  A estas ideas oponse a Restauración da Europa de Viena intentará restaurar o absolutismo e volver ao Antigo Réxime.
  • 82.  A RESTAURACIÓN (1814-1848)  Tras a derrota de napoleón, impúxose en Europa un sistema que pretende volver ao Antigo Réxime, é a Restauración.  Caracterízase por:  Lexitimismo monárquico,os monarcas son os únicos que poden estar á fronte dun Estado.  Responsabilidade internacional,das grandes potencias para manter a paz e a seguridade, para iso intervendrán cando as monarquías estean ameazadas(Dereito de intervención)  Sistema de Congresos, as potencias organizan reunións para resolver os problemas internacionais.
  • 83.  As monarquías vencedoras( Rusia, Prusia, Austria e Gran Bretaña) reunidas no Congreso de Viena (1814-1815), liderado por Metternich organizaron un novo mapa de Europa: - Francia volve ás fronteiras anteriores á Revolución. - Créanse estados tapón arredor de Francia:Holanda anexiona Bélxica e Piemonte Saboia e Cerdaña. - Rusia, Austria e Prusia repártense territorios. - Suecia anexiona Noruega etc  Non se tiveron en conta as distintas nacionalidades.
  • 84.
  • 85.  A Restauración consolídase mediante alianzas:  A Santa Alianza, integrada por Prusia, Rusia e Austria. Os seus membros comprometíanse a intervir onde fose necesario para defender o absolutismo e sufocar calquera movemento revolucionario.  A Cuádruple Alianza, formada por Reino Unido, Austria, Prusia e Rusia. En 1818 incorporouse Francia, convertendose na Quintupla Alianza. Os países asinantes comprométense a defender a orde do Congreso de Viena e manter a Luis XVIII no trono de Francia.
  • 86.  FUNDAMENTOS DAS REVOLUCIÓNS  O LIBERALISMO  O liberalismo é unha doctrina político- económica que defende a liberdade como principio básico de todas as actividades humanas.  No aspecto político defende a soberanía nacional, a división de poderes, a existencia dun parlamento e a elaboración dunha Constitución escrita que recolla os dereitos de todos os cidadáns.  No aspecto económico defende a iniciativa individual e rexeita a intervención do Estado.
  • 87.  PRINCIPIOS DO LIBERALISMO  – Soberanía nacional. O poder reside na nación e é exercido polos representantes dos cidadáns  – Existencia dunha lei suprema ou Constitución, que regula as relación dos cidadans e limitase o poder do monarca.  – Recoñecemento de dereitos e liberdades individuais. (liberdade de conciencia, de culto, de expresión, reunión..).  – Igualdade xurídica ante a lei.  – Defensa da propiedade privada.  – Separación de poderes (executivo,lexislativo e xudicial) e limitación do poder político.  – Sistema político participativo no que as decisións emanan dunha asemblea (parlamento)elixida por Sufraxio.
  • 88.  O NACIONALISMO  Movemento que establece o dereito dos pobos que forman unha nación a defender a súa identidade con respecto a outros.  Unha nación enténdese como unha sociedade unida por unha lingua, unhas tradicións, unha cultura e un pasado común.  A comezos do século XIX estivo ligada ao liberalismo e foi  estimulado polas conquistas napoleónicas. Estivo tamén influenciado polo movemento do Romanticismo.  dará lugar a :  A loita pola independencia en determinadas poboacións( Grecia, colonias hispanoamericanas).  Loita para unificarse diversos territorios nunha soa nación (Alemaña e Italia)
  • 89.  Os principios do Liberalismo político poranse en práctica nas Revolucións de 1820, 1830 e 1848.  Revolucións de 1820: iniciáronse en España, cando Rafael del Riego se levantou contra a monarquía absoluta de Fernando VII e deu paso ao Trienio Liberal. Finaliza coa intervención da Santa Alianza.  En 1821 tivo lugar a independencia de Grecia do Imperio turco otoman, tras oito anos de loita se logra en 1829  Os procesos de independencia na América española, cando xorden gran parte dos países suramericanos da actualidade (Venezuela, Arxentina, Colombia,Perú, etc.).
  • 90.  Revolucións de 1830:  Francia foi a orixe deste movemento, conseguindo acabar coa monarquía absoluta de Carlos X e impor un monarca liberal, Luís Filipe de Orleáns.  Bélxica logrou a súa independencia dos Países Baixos.  Polonia levántase contra o Imperio ruso, pero o movemento fracasou.  Nos Estados italianos como Parma e Módena.
  • 91. A liberdade guiando ao pobo, de Eugène Delacroix (1830)
  • 92.  Revolucións de 1848:  Iniciadas tamén en Francia, foi coñecida como A primavera dos pobos pola grande cantidade de nacións que se ergueron contra os sistemas absolutistas e os imperios(checos, húngaros, eslavosdo sur..).  A diferenza das anteriores, estes movementos revolucionarios non só se centraron nas reivindicacións da burguesía, senón que tamén xogaron un papel importante as reivindicacións do movemento obreiro, a nova clase social que buscaba o seu espazo político.  As demandas máis sociais e máis democráticas (sufraxio universal, soberanía popular, igualdade social).
  • 93.  Pero finalmente impúxose a visión da burguesía conservadora.  Proclamouse a República e convocáronse eleccións nas que saiu elixido Luis Napoleón Bonaparte. Este finalmente deu un golpe de Estado e proclamou o II Imperio en 1852.  A pesar do fracaso das revolucións, supuxeron un avance do liberalismo e a abolición da servidume en Europa central.
  • 94.
  • 95. UNIFICACIÓN ITALIANA  O territorio estaba dividido en seis estados; o reino de Piemonte liderará a unificación de todos os estados italianos.  En 1859 Cavour, xefe do goberno , comezou a guerra contra Austria, logrando a anexión de Lombardía.  En 1860-61 a expedición popular dos «camisas vermellas», liderado por Garibaldi, se apoderaron de Nápoles e Sicilia.
  • 96.  En 1861 Víctor Manuel monarca do Piemonte, Foi proclamado rei de Italia.  En 1866 tras vencer aos austríacos anexiónase Venezia  Finalmente ocupan Roma tras a retirada das tropas francesas e anexionáronse os Estados do papa no 1870,ainda que o Papa non recoñeceu a ocupación. Completabase así a unificación total de Italia.
  • 97. UNIFICACIÓN ALEMANA  O Congreso de Viena dividiu a Confederación Xermánica en 39 Estados. O Estado máis poderoso, Prusia liderará o proceso de unificación.  En 1834 potenciase unha unión de alfándegas (Zollverein)da que quedou excluída Austria.  Na revolución de 1848 nun Parlamento reunido en Frankfurt preveuse a unidade en torno a Prusia, pero o propio exército prusiano sufocou os levantamentos.
  • 98.  A partir de1866 , chanceler prusiano Otto von Bismarck liderou o proceso establecendo a guerra contra Austria (1866) e contra Francia (1870).  Napoleon III tivo que ceder a Alemaña os territorios de Alsacia e Lorena  A victoria permitiu a unión de todos os estados xermánicos.
  • 99.  Proclamouse o Segundo Reich e Guillerme I foi coroado emperador en Versalles.