Iván Gago Sanmartín 6ºB 1 de 7
O REINADO DA RAIÑA ISABEL II
María Isabel Luisa de Borbón, máis coñecida como Isabel II, naceu froito do cuarto
matrimonio de Fernando VII coa suá sobriña María Cristina de Borbón o 10 de outubro
de 1830 en Madrid, pouco despois de que o rei promulgara a Pragmática Sanción pola
que se restablecía o dereito sucesorio tradicional castelán, segundo o cal podían
acceder as mulleres ao trono se o monarca falecía e non había descendentes que
foran varóns.
No ano 1833, Isabel II foi proclamada Princesa de Asturias (ano no que o seu pai,
Fernando VII, morrera), pero o seu tío Carlos María Isidro de Borbón (que acabou
sendo rei de España neste mesmo ano), non recoñeceu a lexitimidade desta sucesión,
reclamando o seu dereito ao trono en virtude da lexislación anterior e desencadeando
con esta actitude unha nova guerra en España, que foi chamada Primeira Guerra
Carlista que durou dende o ano 1833 ata o ano 1840. A súa nai, María Cristina, foi
quen de rexer o cargo de raiña ata que Isabel II fose maior de idade.
Iván Gago Sanmartín 6ºB 2 de 7
AS GUERRAS CARLISTAS
As Guerras Carlistas foron unha serie de loitas dinásticas que supuxeron o enfrontamento
de dúas ideoloxías diferentes e dos procedementos políticos opostos da época, o
tradicionalismo absolutista (Carlistas) e o liberalismo (Isabelinos), dende o ano 1833 ata
o ano 1876.
As principais características destas guerras foron as seguintes:
-Foron contendas de índoble civil.
-Sucederon en España no século XIX.
-Loitaban baixo o lema: Deus, Patria, Rey.
-Enfocábanse nas ideas do liberalismo.
-Defendían a monarquía tradicional absolutista.
-Apoiaban ao catolicismo conservador e o foralismo.
As consecuencias foron estas:
-Unha gran baixa demográfica.
-Grandes gastos que se pagaron con recortes económicos.
-O cambio económico volveuse máis lento.
-A industria non tiña man de obra, pois houbo moitos mortos.
Estas guerras foron tres. A primeira foi entre os anos 1833 e 1840, a segunda guerra foi
no ano 1846 e por último, a terceira guerra foi entre 1872 e 1876.
PRIMEIRA GUERRA CARLISTA
O mesmo día que morreu Fernando VII, o seu irmán
Carlos María Isidro de Borbón proclamouse Rei de
España, producindo un motín no País Vasco, Navarra e
Cataluña. O novo goberno liberal quería acabar cos
foros, e Cataluña quería recuperalos e que lles foran
substraídos cos Decretos da Nova Planta introducidos
baixo o reinado de Felipe V tras a Guerra de Sucesión
Iván Gago Sanmartín 6ºB 3 de 7
española. Os Carlistas contaron coa axuda de Rusia, Austria e Prusia, mentres que os
Isabelinos contaron coa axuda de Inglaterra, Francia e Portugal. Logo de toda unha
loita, o xeneral carlista Espartero e o xeneral isabelino Maroto, firmaron un tratado de
paz nun lugar en Oñate (Guipúzcoa) coñedido como Convenio de Vergara, no que se
puxo fin á Primeira Guerra Carlista no norte de España, que deixaba como monarca de
España a Isabel II.
SEGUNDA GUERRA CARLISTA
Sucedeu principalmente en Cataluña entre setembro de 1846 e maio de 1849. Esta guerra
prodúxose logo da negación de Isabel II a casarse co pretendente carlista Carlos Luis de
Borbón. Neste segundo enfrentamento sucederon unha serie de levantamentos nos que os
carlistas levantaríanse en armas contra os gobernos, pero ningún deles logrou chegar a bó
término, pois non estaban preparados para combatir e as súas ideas non eran
convincentes.
Iván Gago Sanmartín 6ºB 4 de 7
TERCEIRA GUERRA CARLISTA
A Terceira guerra carlista desenvolveuse en España entre 1872 e 1876. Esta guerra
desenvolveuse sobre todo nas Provincias de Vascongadas e Navarra. Tamén, a chegada
de Amadeo I de Saboya ao trono, creou un forte recelo facendo que a idea carlista de volver
á dinastía borbónica gañara forza. Déuse un novo levantamento no País Vasco, Navarra e
Cataluña que se extendeu por Aragón. Logo da chegada de Alfonso XII ao poder, sucederon
catro procesos electorais, o primeiro en 1876, o segundo en 1879, o terceiro en 1881 e o
último (o cuarto) en 1884. O 20 de xaneiro de 1876, tiveron lugar as eleccións. O feito máis
destacado desta primeira lexislatura é a aprobación o 22 de xuño, e posterior sanción o 1
de xullo, da nova Constitución de 1876. En 1879 celébrase o segundo matrimonio de
Alfonso XII coa archiduquesa María Cristina Habsburgo Lorena. No goberno sucédense
alternativamente Antonio Cánovas del Castillo e Práxedes Mateo Sagasta. Baixo a
presidencia deste último celébranse as eleccións de 1881 nas que os liberais logran a
maioría con 297 escanos, 39 son para o partido conservador, 32 para os republicanos e 34
para os restantes. E no ano 1884, convócanse as últimas eleccións deste período de
Alfonso XII, que se celebran o 27 de abril de 1884. A maioría recae no partido conservador,
que logra 318 escanos de 392, dos cales 67 son para os liberais e 7 para o resto de forzas
políticas.
CAUSAS DAS GUERRAS CARLISTAS:
As causas da primeira guerra relacionáronse co conflicto sucesorio, os seguidores de
Carlos Isidro que defendían o absolutismo e tradicionalismo e partidarios de Isabel II, que
defendían aos liberales. Na segunda guerra, a causa foi o fracaso da voda entre Isabel II e
o pretendente carlista, a crise económica e a oposición ao sistema de quintas. A terceira
guerra tivo a súa causa na revitalización do carlismo e a ocupación do trono español por
Amadeo de Saboya. Pero as causas máis influintes nestas guerras son:
- Os cambios realizados á Lei Sálica que rexía no momento para que fora legal que
unha muller herdara o trono español.
- A envidia, a frustración e a ambición de Carlos V por subir ao goberno.
- Os fracasos nos intentos por derrocar a Isabel II de diferentes maneiras.
Iván Gago Sanmartín 6ºB 5 de 7
- A división de ideais entre os Carlistas e os Isabelinos (o liberalismo e o
constitucionalismo).
- A descontrolada violencia das batallas.
- A tensión política e social existente en España.
- Os desexos de revindicar os dereitos sucesorios dos aspirantes ao reinado español.
- O pleito sucesorial entre Isabel II e Carlos V.
- A derogación ou a abolición da Lei Sálica.
- O cuestionamento da lexitimidade frente á coronación de Isabel II.
- O pago ou a contestación de fogo por fogo dos Isabelinos ante os Carlistas.
Importancia das Guerras Carlistas:
A súa importancia radica na inclinación da monarquía española hacia o liberalismo, o
agrupamento dos absolutistas á causa que convertíu aos liberais no apoio ao trono de
Isabel II. Reforzouse tamén o protagonismo militar na política española e defendeuse o
sistema liberal.
Vencedor das Tres Guerras Carlistas:
Pese a que ao principio dos movementos armados
parecía que as causas de Carlos V estaban tendo
resultado e parecían ser os vencedores debido á
excelente ofensiva das tropas carlistas, non foi así.
Máis ben non houbo máis elección que a retirada
á nación francesa polo sinxelo motivo de que
estaban sendo derrotados polos isabelinos co seu
equipo armado efectivo, as súas axiles tácticas e
o seu aventaxamento sobre eles.
Ademais, o posicionamento de Alfonso XII no trono para a aplicación e defensa da Lei
Sálica no país deixou aos secuaces de Carlos V sen motivo algún para continuar coas
diferencias, chegando así o fin deste tan alongado e posposto conflicto no ano 1874.
Iván Gago Sanmartín 6ºB 6 de 7
(Neste mapa represéntanse os lugares nos que houbo unha serie de guerras. Ademáis os
lugares en vermello son os que tiveron maior expansión do carlismo a finais do ano 1874.)
Iván Gago Sanmartín 6ºB 7 de 7
BIBLIOGRAFÍA
www.historiando.org
www.apunteshistoria.info
www.euston96.com

ISABEL II DE ESPAÑA.Iván

  • 1.
    Iván Gago Sanmartín6ºB 1 de 7 O REINADO DA RAIÑA ISABEL II María Isabel Luisa de Borbón, máis coñecida como Isabel II, naceu froito do cuarto matrimonio de Fernando VII coa suá sobriña María Cristina de Borbón o 10 de outubro de 1830 en Madrid, pouco despois de que o rei promulgara a Pragmática Sanción pola que se restablecía o dereito sucesorio tradicional castelán, segundo o cal podían acceder as mulleres ao trono se o monarca falecía e non había descendentes que foran varóns. No ano 1833, Isabel II foi proclamada Princesa de Asturias (ano no que o seu pai, Fernando VII, morrera), pero o seu tío Carlos María Isidro de Borbón (que acabou sendo rei de España neste mesmo ano), non recoñeceu a lexitimidade desta sucesión, reclamando o seu dereito ao trono en virtude da lexislación anterior e desencadeando con esta actitude unha nova guerra en España, que foi chamada Primeira Guerra Carlista que durou dende o ano 1833 ata o ano 1840. A súa nai, María Cristina, foi quen de rexer o cargo de raiña ata que Isabel II fose maior de idade.
  • 2.
    Iván Gago Sanmartín6ºB 2 de 7 AS GUERRAS CARLISTAS As Guerras Carlistas foron unha serie de loitas dinásticas que supuxeron o enfrontamento de dúas ideoloxías diferentes e dos procedementos políticos opostos da época, o tradicionalismo absolutista (Carlistas) e o liberalismo (Isabelinos), dende o ano 1833 ata o ano 1876. As principais características destas guerras foron as seguintes: -Foron contendas de índoble civil. -Sucederon en España no século XIX. -Loitaban baixo o lema: Deus, Patria, Rey. -Enfocábanse nas ideas do liberalismo. -Defendían a monarquía tradicional absolutista. -Apoiaban ao catolicismo conservador e o foralismo. As consecuencias foron estas: -Unha gran baixa demográfica. -Grandes gastos que se pagaron con recortes económicos. -O cambio económico volveuse máis lento. -A industria non tiña man de obra, pois houbo moitos mortos. Estas guerras foron tres. A primeira foi entre os anos 1833 e 1840, a segunda guerra foi no ano 1846 e por último, a terceira guerra foi entre 1872 e 1876. PRIMEIRA GUERRA CARLISTA O mesmo día que morreu Fernando VII, o seu irmán Carlos María Isidro de Borbón proclamouse Rei de España, producindo un motín no País Vasco, Navarra e Cataluña. O novo goberno liberal quería acabar cos foros, e Cataluña quería recuperalos e que lles foran substraídos cos Decretos da Nova Planta introducidos baixo o reinado de Felipe V tras a Guerra de Sucesión
  • 3.
    Iván Gago Sanmartín6ºB 3 de 7 española. Os Carlistas contaron coa axuda de Rusia, Austria e Prusia, mentres que os Isabelinos contaron coa axuda de Inglaterra, Francia e Portugal. Logo de toda unha loita, o xeneral carlista Espartero e o xeneral isabelino Maroto, firmaron un tratado de paz nun lugar en Oñate (Guipúzcoa) coñedido como Convenio de Vergara, no que se puxo fin á Primeira Guerra Carlista no norte de España, que deixaba como monarca de España a Isabel II. SEGUNDA GUERRA CARLISTA Sucedeu principalmente en Cataluña entre setembro de 1846 e maio de 1849. Esta guerra prodúxose logo da negación de Isabel II a casarse co pretendente carlista Carlos Luis de Borbón. Neste segundo enfrentamento sucederon unha serie de levantamentos nos que os carlistas levantaríanse en armas contra os gobernos, pero ningún deles logrou chegar a bó término, pois non estaban preparados para combatir e as súas ideas non eran convincentes.
  • 4.
    Iván Gago Sanmartín6ºB 4 de 7 TERCEIRA GUERRA CARLISTA A Terceira guerra carlista desenvolveuse en España entre 1872 e 1876. Esta guerra desenvolveuse sobre todo nas Provincias de Vascongadas e Navarra. Tamén, a chegada de Amadeo I de Saboya ao trono, creou un forte recelo facendo que a idea carlista de volver á dinastía borbónica gañara forza. Déuse un novo levantamento no País Vasco, Navarra e Cataluña que se extendeu por Aragón. Logo da chegada de Alfonso XII ao poder, sucederon catro procesos electorais, o primeiro en 1876, o segundo en 1879, o terceiro en 1881 e o último (o cuarto) en 1884. O 20 de xaneiro de 1876, tiveron lugar as eleccións. O feito máis destacado desta primeira lexislatura é a aprobación o 22 de xuño, e posterior sanción o 1 de xullo, da nova Constitución de 1876. En 1879 celébrase o segundo matrimonio de Alfonso XII coa archiduquesa María Cristina Habsburgo Lorena. No goberno sucédense alternativamente Antonio Cánovas del Castillo e Práxedes Mateo Sagasta. Baixo a presidencia deste último celébranse as eleccións de 1881 nas que os liberais logran a maioría con 297 escanos, 39 son para o partido conservador, 32 para os republicanos e 34 para os restantes. E no ano 1884, convócanse as últimas eleccións deste período de Alfonso XII, que se celebran o 27 de abril de 1884. A maioría recae no partido conservador, que logra 318 escanos de 392, dos cales 67 son para os liberais e 7 para o resto de forzas políticas. CAUSAS DAS GUERRAS CARLISTAS: As causas da primeira guerra relacionáronse co conflicto sucesorio, os seguidores de Carlos Isidro que defendían o absolutismo e tradicionalismo e partidarios de Isabel II, que defendían aos liberales. Na segunda guerra, a causa foi o fracaso da voda entre Isabel II e o pretendente carlista, a crise económica e a oposición ao sistema de quintas. A terceira guerra tivo a súa causa na revitalización do carlismo e a ocupación do trono español por Amadeo de Saboya. Pero as causas máis influintes nestas guerras son: - Os cambios realizados á Lei Sálica que rexía no momento para que fora legal que unha muller herdara o trono español. - A envidia, a frustración e a ambición de Carlos V por subir ao goberno. - Os fracasos nos intentos por derrocar a Isabel II de diferentes maneiras.
  • 5.
    Iván Gago Sanmartín6ºB 5 de 7 - A división de ideais entre os Carlistas e os Isabelinos (o liberalismo e o constitucionalismo). - A descontrolada violencia das batallas. - A tensión política e social existente en España. - Os desexos de revindicar os dereitos sucesorios dos aspirantes ao reinado español. - O pleito sucesorial entre Isabel II e Carlos V. - A derogación ou a abolición da Lei Sálica. - O cuestionamento da lexitimidade frente á coronación de Isabel II. - O pago ou a contestación de fogo por fogo dos Isabelinos ante os Carlistas. Importancia das Guerras Carlistas: A súa importancia radica na inclinación da monarquía española hacia o liberalismo, o agrupamento dos absolutistas á causa que convertíu aos liberais no apoio ao trono de Isabel II. Reforzouse tamén o protagonismo militar na política española e defendeuse o sistema liberal. Vencedor das Tres Guerras Carlistas: Pese a que ao principio dos movementos armados parecía que as causas de Carlos V estaban tendo resultado e parecían ser os vencedores debido á excelente ofensiva das tropas carlistas, non foi así. Máis ben non houbo máis elección que a retirada á nación francesa polo sinxelo motivo de que estaban sendo derrotados polos isabelinos co seu equipo armado efectivo, as súas axiles tácticas e o seu aventaxamento sobre eles. Ademais, o posicionamento de Alfonso XII no trono para a aplicación e defensa da Lei Sálica no país deixou aos secuaces de Carlos V sen motivo algún para continuar coas diferencias, chegando así o fin deste tan alongado e posposto conflicto no ano 1874.
  • 6.
    Iván Gago Sanmartín6ºB 6 de 7 (Neste mapa represéntanse os lugares nos que houbo unha serie de guerras. Ademáis os lugares en vermello son os que tiveron maior expansión do carlismo a finais do ano 1874.)
  • 7.
    Iván Gago Sanmartín6ºB 7 de 7 BIBLIOGRAFÍA www.historiando.org www.apunteshistoria.info www.euston96.com