Tema 4

246 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Tema 4

  1. 1. TEMA 4: A ESPAÑA DO SÉCULO XIX: A CONSTRUCCIÓN DUN RÉXIME LIBERAL 1. Guerra e revolución liberal (1808-1814) 2. Entre o absolutismo e o liberalismo (1814-1833) 3. A independencia da América hispana (1808-1826) 4. A revolución liberal (1833-1843) 5. A etapa isabelina (1843-1868) 6. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7. A Restauración monárquica (1874-1898) Antía Sanmarco Martínez 4ºESO
  2. 2. 1. GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL (18081814) 1.1. A crise da monarquía borbónica Inicio do reinado en España de Carlos IV (1788-1808). España uniuse ás potencias estranxeiras que lle declararon a guerra á Francia revolucionaria. Manuel Godoy deulle un xiro radical á política exterior española. Tratado de Fontainebleau (1807), España autorizou a Francia atravesar o seu territorio para invadir Portugal. Motín de Araujuez (1808), abdicación do rei no seu fillo Fernando VII. Abdicacións de Baiona. Xose I (1810-1813) impuxo en España os principios liberais da Revolución francesa. Afrancesados. 
  3. 3. 1.2. A GUERRA DA INDEPENDENCIA O 2 de maio de 1808 o pobo de Madrid ergueuse contra as tropas francesas. Seguintes fases:  Resistencia popular. Grupos de patriotas, organizáronse en guerrillas para fustrigar aos franceses. Parte do exército francés foi derrotado na batalla de Bailén (1808)  Ofensiva francesa. Napoleón interviu persoalmente e as súas tropas ocuparon toda España. Isto implicou os asedios.  Vitorias anglo-españolas. Axuda das tropas británicas, ao mando do mariscal Wellington, resultou decisiva para derrotar ós franceses en Los Arapiles (1812) Asinouse o Tratado de Valençay.
  4. 4. 1.3. AS CORTES DE CÁDIZ Creación das Xuntas locais e provinciais de defensa. Creouse unha Xunta Suprema Central, convocou unha reunión de Cortes constituíntes en Cádiz. Redactaron unha Constitución, aprobada en 1812. Reflectiu os principios básicos do liberalismo político. As Cortes de Cádiz aprobaron unhas leis destinadas a abolir o Antigo Réxime. A situación bélica dificultou a aplicación das leis aprobadas en Cádiz e impediu a consolidación do réxime liberal. Volveu Fernando VII.
  5. 5. 2. ENTRE O ABSOLUTISMO E O LIBERALISMO (1814-1833) 2.1. A restauración do absolutismo (1814-1820) Fernando VII, chamado ‘’O Desexado’’, regresou a España en 1814. El clausurou as Cortes, anulou a Constitución e derrogou todas as leis aprobadas durante a guerra. Volta ao Antigo Réxime. Represión contra os liberais. Os opositores do absolutismo organizaron múltiples pronunciamentos. 
  6. 6. 2.2. O TRIENIO LIBERAL (1820-1823) En 1820, triunfo do pronunciamento como protagonista ó coronel Riego. O rei viuse obrigado a acatar a Constitución de 1812, decretar unha amnistía e convocar eleccións. Facer fronte á oposición absolutista creouse a Milicia Nacional. Santa Alianza encargoulle a Francia a intervención militar en España. Os chamados Cen Mil Fillos de San Luís derrotaron aos liberais.
  7. 7. 2.3. A DÉCADA OMINOSA (1823-1833) Volta do absolutismo. Produciuse unha grave crise económica. Reforma fiscal. Conflito dinástico. Fernando VII tivera só fillas e a Lei Sálica impedía que mulleres reinasen. Por iso, derrogou a Lei Sálica e ditou a Pragmática Sanción. Coa morte do monarca estalou unha guerra civil entre carlistas e isabelinos.
  8. 8. 3. A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA HISPANA (1808-1826) 3.1. As causas da independencia Factores que contribuíron: • Principios de liberdade e igualdade promovidos pola Revolución francesa, como a independencia de Estados Unidos en 1776. • Descontento da burguesía crioula que vía a España como un freo para a súa economía Os levantamentos a prol da independencia foron dirixidos polos crioulos, conseguiron o apoio de indios e mestizos. 
  9. 9. 3.2. PRIMEIRA FASE (1808-1814) As autoridades americanas formaron Xuntas nas colonias, que comezaron a se autogobernar. En 1811, Paraguai proclamou a súa independencia de España. Movemento dirixido por Simón Bolívar, Antonio José de Sucre e José de San Martín. Para enfrontarse ás autoridades españolas apoiáronse sempre no exército. Co regreso de Fernando VII freouse o proceso e disolvéronse as Xuntas.
  10. 10. 3.3. SEGUNDA FASE (1816-1826) Etapa definitiva, Arxentina proclamou a súa independencia no Congreso de Tucumán. • O xeral San Martín dirixiu unha expedición que derrotou os españois e logrou a independencia de Chile. • Simón Bolívar derrotou os españois e fundou a Gran Colombia, que despois dividiuse en Venezuela, Colombia, Ecuador e Panamá. Fernando VII vendeulle Florida a Estados Unidos. • A rebelión de México logrou a súa independencia, que foi seguida pola de toda Centroamérica.
  11. 11. 4. A REVOLUCIÓN LIBERAL (1833-1843) 4.1. A primeira guerra carlista (1833-1839) Coa morte de Fernando VII iniciouse unha guerra civil, en forma de conflito dinástico, foi un enfrontamento entre absolutistas e liberais. Os partidos de don Carlos, os carlistas, agrupaban os sectores máis tradicionais da sociedade. Conservación dos foros. Isabel só tiña tres anos, logo súa nai, que rexía como raíña rexente, buscou o apoio dos liberais. O carlismo foi un movemento esencialmente rural e as súas tropas non conseguiron ocupar as grandes cidades, que estiveron sempre baixo o control dos isabelinos. A guerra durou sete anos e finalmente dominou o exército liberal. O Convenio de Vergara púxolle fin ao enfrontamento. 
  12. 12. 4.2. AS REFORMAS LIBERAIS A nai de Isabel impulsou a formación dun goberno liberal. Primeiro intentou facelo cos liberais máis moderados. Logo por diferentes causas entregáronlle o poder aos progresistas. Os progresistas, dirixidos por Mendizábal, implantaron o liberalismo político e económico. A construción dun réxime político liberal iniciouse coa Constitución de 1837. A nivel económico estableceuse un conxunto de leis: a disolución do réxime señorial, a desvinculación da propiedade e a desamortización. Conseguíuse unha economía capitalista e de libre mercado. Os moderados accederon ao goberno e intentaron darlle un xiro conservador á revolución liberal.
  13. 13. 4.3. A REXENCIA DE ESPARTERO (18401843) Os progresista xeral Espartero foi nomeado rexente. En 1843, un novo pronunciamento moderado obrigou a Espartero a dimitir e as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel II, proclamándoa raíña.
  14. 14. 5. A ETAPA ISABELINA (1843-1868) 5.1.A Década Moderna (1843-1854) O Partido Liberal Moderado mantívose case todo o tempo no goberno co apoio da monarquía. O xeral Narváez foi o líder moderado que estivo á fronte do goberno en diversas ocasións. 
  15. 15. O NOVO RÉXIME MODERADO O sistema político liberal en España adoptou un carácter conservador e centralista. Nova Constitución, promulgada en 1845. Asinouse tamén un Concordato coa Santa Sé. A administración estatal e municipal foi reorganizada segundo un criterio uniformista e centralizadora. País Vasco e Navarra conservaron os seus antigos dereitos forais. Elaborouse un Código penal e a creación dun sistema de Instrución pública nacional. En 1844, creación da institución da Garda Civil
  16. 16. AS LIMITACIÓNS DO SISTEMA POLÍTICO Principais problemas: • A intromisión da Coroa • O camarillismo • A inxerencia política do exército • O falseamento electoral
  17. 17. 5.2. O BIENIO PROGRESISTA (1854-1856) En 1854 produciuse un pronunciamento militar en Vicálvaro, liderado por O’Donnell. Ante a presión, a raíña entregoulles o poder aos progresistas e Espartero formou un novo goberno. Nova desamortización promulgada por Madoz e unha Lei de ferrocarrís.
  18. 18. 5.3. A CRISE DO SISTEMA ISABELINO (18561868) Alternancia no goberno entre os moderados e a Unión Liberal, un partido creado por O’Donnell, reunía os sectores menos radicais dos progresistas e os máis reformistas dos moderados. A oposición ao réxime foi en aumento e xurdiron novos grupos políticos, os demócratas, que defendían o sufraxio universal masculino, e os republicanos, que avogaban pola abolición da monarquía.
  19. 19. 6. O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874) 6.1. A Revolución de 1868 Os progresistas e demócratas asinaron o Pacto de Ostende para presentar unha alternativa ao sistema, baseada na democratización política e na recuperación económica As causas da Revolución • Grave crise económica • Monopolio do poder • Descrédito da monarquía • Difusión dos novos ideais democráticos O estalido da Revolución A Gloriosa foi unha insurrección contra a monarquía en 1868. Iniciouse coa sublevación da escuadra de Cádiz comandada polo almirante Topete e sectores do exército liderados por Juan Prim e Francisco Serrano. As tropas fieis e á raiña foron vencidas na batalla de Alcolea 
  20. 20. A FORMACIÓN DUN GOBERNO PROVISIONAL Este impulsou un programa de reformas para lle dar satisfacción ás demandas das Xuntas e democratizar o sistema político. Aprobouse a Constitución de 1869, esta contaba con: • Soberanía nacional • Monarquía parlamentaria • Sufraxio universal masculino • Gran número de dereitos individuais e colectivos
  21. 21. 6.2. A MONARQUÍA DEMOCRÁTICA (18701873) O elexido como rei foi Amadeu de Savoia, da casa real italiana. O novo rei contou coa oposición de moderados, carlistas e da Igrexa. Tivo que facer fronte a dous conflitos armados: unha insurrección na illa de Cuba e unha nova guerra carlista. Amadeu de Savoia renunciou ao trono en 1873.
  22. 22. 6.3. A PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-1874) Proclamación da República. Esta foi recibida con entusiasmo polos sectores populares. Os republicanos prepararon un programa de reformas sociais e pretendeuse organizar o Estado de forma federal. A República enfrontouse a unha permanente inestabilidade. Prodúxose un cantonalismo. En 1874, un golpe de Estado que tivo como protagonista ao xeral Pavía disolveu as Cortes e entregoulle a presidencia do executivo ao xeral Serrano.
  23. 23. 7. A RESTAURACIÓN MONÁRQUICA (18741898) En 1874, o xeral Martínez Campos proclama a Afonso de Borbón rei de España. Os grupos conservadores esperaban que a monarquía garantise a orde social e proporcionase estabilidade política.
  24. 24. 7.1. O SISTEMA CANOVISTA Antonio Cánovas del Castillo foi o impulsor dun novo sistema político que pretendía poñerlle fin ao protagonismo dos militares e das revoltas populares. Un dos primeiros obxectivos foi a pacificación do país. Redactouse outra Constitución en 1876 e creouse un sistema de partidos que debían alternarse no poder. A Constitución de 1876 Constaba dun carácter moderado, pero suficientemente aberta. A súa flexibilidade apreciábase sobre todo na declaración de dereitos.
  25. 25. BIPARTIDISMO E QUENDA POLÍTICA O bipartidismo é unha organización ao redor de dous partidos que se alternaban no poder. Estes partidos asumían de maneira consensuada papeis complementarios: • O partido conservador, partidario do inmobilismo político, da defensa da Igrexa e da orde social. • O partido liberal, encabezado por Práxedes Mateo Sagasta. Sucedíanse no poder tras unha quenda pacífica. Cando un goberno se desgastaba, proclamábanse unhas eleccións que sempre gañaba grazas ao caciquismo e á corrupción electoal. Excluídos da quenda quedaban partidos marxinados.
  26. 26. 7.2. OS NACIONALISMOS Movementos nacionalistas: • En Cataluña, impulso da Renaixença • En País Vasco, creación do Partido Nacionalista Vasco • En Galicia, impulso do Rexurdimento
  27. 27. 7.3. A CRISE DO 98 En 1895, unha nova insurrección en Cuba. Fundamento do Meine. Logo de tres anos de guerra, tras unha rápida derrota, España perdeu as últimas colonias: Cuba, Porto Rico e Filipinas. Isto provocou na sociedade española un estado de frustración e pesimismo. Xurdiron movementos rexeneracionistas.

×