SlideShare a Scribd company logo
1 of 134
Unidade 8
A Guerra Civil
Guerra Civil
Introdución
• Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril
de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil
entre españois enfrontados en dous
bandos que se calificaban a sí mesmos e
aos contrarios como azuis, nacionais ou
fascistas contra rojos, antiespañois e
comunistas.
• O Goberno da República conseguiu
resistir durante case tres anos, pero,
finalmente o triunfo foi para os militares
sublevados.
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
• O fracaso parcial do golpe de Estado deu
lugar a un duro enfrontamento bélico.
• Tras a sublevación militar de Melilla, as
tropas da lexión dominaron rapidamente a
situación en Marrocos.
• Na madrugada do 18, Franco felicitiou aos
sublevados, autonomeouse xefe das
tropas de África.
• Decretou o estado de guerra en Canarias e
Marrocos e dirixiuse aos españois
xustificando o alzamento militar.
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
• Nos días 18 e 19, ao mesmo tempo que Franco se
trasladaba desde Canarias (no avión Dragón Rapide
pagado polo financeiro Juan March) cara a Tetuán para
facerse cargo das tropas de África, en distintas cidades
da Península os militares conxurados tentan facerse co
poder.
• Nalgúns casos triunfaron (Pamplona, Sevilla, Valladolid,
Burgos, Zaragoza, Mallorca...) pero noutros as forzas
republicanas lograron dominar aos rebeldes (Barcelona,
Madrid, Valencia, Oviedo...)
• En Galicia a sublevación militar iniciouse o día 20. Tras
breves enfrontamentos coas forzas leais na Coruña, Vigo
e Ferrol, os sublevados fixéronse co control do territorio.
Xullo 1936
Dragon Rapide
neste modelo de avión
viaxou Franco desde Canaraias a
Marrocos para coordinar o
levantamento das rropas rebledes
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
A indecisión do Goberno republicano
• Ante as confusas noticias da sublevación militar o
presidente do Goberno, Casares Quiroga, ademais de
emitir unha mensaxe tranquilizadora á poboación,
decretou o cesamento dos sublevados e a disolución dos
corpos militares que os apoiasen ou estivesen baixo o
seu mando.
• Pero estas medias tiveron un efecto negativo para os
republicanos, porque moitos soldados abandonaron os
cuarteis que estaban baixo mandos indecisos, deste
modo, a República quedou cun exército moi reducido.
• As forzas sociais de esquerda pedían armas para facer
fronte aos militares rebeldes, o presidente non quixo
entregar armas ao pobo convencido de que as forzas
obreiras, co pretexto de apoiar ao Goberno, non tardarían
en suplantalo, incapaz de controlar a situación, dimitiu.
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
A indecisión do Goberno republicano
• Na madrugada do día 19 Azaña formou un
gabinete de conciliación presidido por Diego
Martínez Barrio, que fracasou no seu intento de
negociación cos militares rebeldes, e tamén
dimitíu.
• Azaña nomeou, o mesmo día 19, a Xosé Giral
presidente do Goberno contando co apoio das
forzas da Fronte popular e resolto a afrontar a
sublevación, decidiu entregar armas ás
organizacións proletarias, aínda co risco de que
estas impuxesen a revolución.
Mitin da líder do PCE Dolores Ibárruri (La
Pasionaria) nas Ventas
Madrid. Solicitando
armas para o pobo
Manifestación na Gran Vía de Madrid
en respaldo á República
Manifestación no Cantón da Coruña
en respaldo á República (18-7-1936)
Toma do cuartel da
Montaña por milicianos
Madrid
Toma do cuartel da
Montaña por milicianos
Madrid
Milicianas nas rúas de
Barcelona
Saída de milicianos para
o frente de Aragón
en Barcelona
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
Razóns da sublevación
• Razóns diametralmente opostas:
• Sublevados: foi definida como un Alzamento
Nacional de apoio espontáneo, popular e
cívicomilitar, protagonizado polos sectores
defensores da relixión, a unidade da patria e a
propiedade privada.
• Goberno da república e as forzas da Fronte
Popular que o apoiaban, a acción dos militares
non era máis que unha rebelión contra a orde
legalmente establecida e contra as reformas que
se reiniciaran a partir de febreiro de 1936.
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
Configuración de bandos
• As forzas políticas, económicas e sociais tiveron que
posicionarse a favor dun dos bandos en conflito desde o
inicio da guerra. En liñas xerais estes foron os apoios:
• A favor da República estiveron a maioría dos xenerais do
exército de Terra, a mariñeiría (que se amotinou contra
os xefes golpistas e fíxose co control de gran parte dos
navíos), a aviación, a Garda de Asalto, as masas obreiras
urbanas das cidades industriais, os xornaleiros do sur da
Península e a pequena burguesía urbana.
• A favor dos sublevados estiveron: oficiais intermedios do
exército de Terra, a Garda Civil (agás en Barcelona), as
masas católicas e conservadoras (CEDA, monárquicos,
carlistas, falanxistas), os pequenos e medianos
propietarios agrícolas.
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
Configuración de bandos
• Entre os apoios aos sublevados destacou o da
Igrexa; o episcopado español cualificou o
movemento militar como unha cruzada contra o
comunismo en defensa da fe católica, da tradición e
da orde social.
• Bispos, clérigos acompañaban nas cerimonias
públicas os militares rebeldes, e daban a súa
bendición ás tropas sublevadas.
• Nunca fixeron críticas en público sobre a represión
exercida polos insurrectos, pero condenaron
duramente a represión das forzas de esquerda
(incluso o Papa Pío XI considerou ós sublevados
como heroes cristiáns fronte os bárbaros e salvaxes
republicanos.
A xerarquía eclesiástica
española considerou o golpe de
Estado como unha Santa Cruzada
Propaganda
sindical contra
a intervención da Igrexa
Católica
en favor dos rebeldes
Guerra Civil
A sublevación militar e a formación de bandos
Trazos xerais da Guerra Civil
• Tradicionalmente considérase a Guerra Civil como
un claro antecedente da 2ª Guerra Mundial, non só
polas súas implicacións políticas, senón tamén polos
trazos que caracterizan a contenda.
• O conflito español pode ser considerado como:
1. Unha guerra ideolóxica: fascismo e democracia.
Civilización cristiá e comunismo.
2. Unha guerra que implicou a toda a poboación, xa
que participaron todos os sectores da sociedade.
3. Unha guerra de combate social e de loita de clases.
4. Unha guerra de mestura de formas de combate
arcaicas con outras modernas.
Batalla do Ebro
1938
Guerra Civil
Internacionalización do conflito
• Tanto os gobernos como a poboación internacional
tomaron posición.
• Os dous bandos pediron axuda e material bélico.
• Goberno da República, a Francia.
• Franco e Mola a Hitler e Mussolini.
• Tratando de evitar que a guerra española se
convertese nun conflito internacional, a proposta de
Gran Bretaña e Francia, acordaron en Londres non
tomar parte no conflito e constituír un Comité de non
intervención (1-8-1936).
• Estes acordos implicaban a prohibición de enviar
homes e armas a ningún dos bandos.
Guerra Civil
Internacionalización do conflito
• Italia e Alemaña non cumpriron o pactado e
prestaron, desde o primeiro momento, axuda aos
militares sublevados (non de forma oficial, senón
enviada a través de empresas privadas).
• Ante esta situación o Comité de Non Intervención,
declarouse incompetente para obrigar ao
cumprimento do pactado; Estados Unidos decidiu
non intervir de forma oficial, pero non impediu a
saída de armas e de petróleo para un e outro bando,
sempre que os subministradores fosen empresas
privadas, e favoreceu, a axuda de voluntarios.
Cartel
Países que apoian ás tropas
sublevadas á República
Guerra Civil
Internacionalización do conflito
• Axudas ao bando nacional. As potencias fascistas
interviñeron no conflito apoiando os sublevados por
unha mestura de motivos ideolóxicos e políticos.
• Alemaña prestou un importante apoio en efectivos
militares que foi clave nos primeiros días de guerra
(barcos e avións para o paso das tropas de África á
Península). A Lexión Cóndor foi decisiva para o
bombardeo de posicións republicanas (Durango,
Guernica, Madrid, Granollers, Barcelona...). A
cambio desta axuda, Franco comprometeuse a
asinar un acordo económico prioritario con Alemaña.
España pagaría ao final da guerra mediante
concesións de explotación das materias primas
esencialmente minerais.
Arriba: León. Despedida
Das tropas alemás da
Lexión Cóndor. Dereita: cartel
contra a intervención italiana.
Guerra Civil
Internacionalización do conflito
• Italia apoiou con material bélico tamén desde os
inicios. Contar con España significaba controlar
estratexicamente o Mediterráneo. De Italia veu un
grupo de voluntarios fascistas os Camisas Negras,
que foron retirados de España, pola presión
internacional, en 1938.
• Portugal prestou axuda aos sublevados, pero moito
menor que os países anteriores. O Goberno ditatorial
de Salazar, moi afín ao de Franco, a pesar de
pertencer ao Comité de non Intervención), prestou
constante axuda ao bando nacional, facilitando o
paso de armas e víveres, ademais, de enviar 10.000
homes (Viriatos).
Esquerda:
Aviación
alemá.
Dereita:
Corpo
voluntario
portugués:
Viriatos
Esquerda:
soldados
italianos na
batalla de
Guadalajara
Guerra Civil
Internacionalización do conflito
• Axudas do bando republicano. A República contou
co tímido apoio das democracias occidentais e da
URSS pero, en conxunto foi unha axuda desigual e
descontinua.
• Francia: descontinua. Medo ante o posible triunfo de
posturas revolucionarias na República, que podían
poñer en perigo importantes investimentos franceses
en España. En principio a Fronte Popular de León
Blum axudou á República pero tras a adhesión de
Francia á Non Intervención, a axuda pasou a ter un
carácter particular (recrutamento voluntario,
contrabando de armas). A fronteira foi pechada e
non se abriu ata marzo de 1939.
Guerra Civil
Internacionalización do conflito
• Gran Bretaña teme a internacionalización do conflito e a
radicalización social. O goberno conservador de Chamberlain tratou
de illar o conflito español. Velou polo cumprimento do Comité de non
intervención, aínda que sabía que nin Italia nin Älemaña cumprían o
pactado.
• México tiña un goberno afín á República e o seu presidente Lázaro
Cárdenas, ordenou axuda de armas. Foi bastante testimonial.
Finalizada a guerra acolleu a moitos republicanos.
• URSS de Stalin, foi inicialmente prudente. O triunfo republicano e a
sovietización do país podía ser mal visto polas potencias occidentais,
situación que non beneficiaba á diplomacia soviética, que pretendía
illar inicialmente a Alemaña. Os troskistas acusaron a Stalin de
abandonar a idea de revolución mundial pedían o apoio da URSS. O
estímulo definitivo para a intervención viña pola constatación da
axuda alemá e italiana aos sublevados. Mandou armas e
especialistas, así como a acollida masiva de nenos de familias
republicanas (os nenos da guerra) que quedaron desamparados.
Tanque Soviético
T 26. Apoio
armamentístico á
República
O presidente de México
Lázaro Cárdenas
recibindo a nenos
exiliados españois
Guerra Civil
Internacionalización do conflito
• Brigadas internacionais: formacións militares formadas por
voluntarios que viñeron integrarse nas filas republicanas. As
organizacións obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo.
Chegaron a partir de outubro de 1936, procedentes de moitos
países.
• O número total resulta moi difícil de calcular. Os analistas oscilan
entre 40.000 e 60.000 ao longo da guerra, aínda que non
superaron os 18.000 ao mesmo tempo. Tiveron un papel
destacado na defensa de Madrid como no fortalecemento da
moral do bando republicano.
• O desgaste da guerra e a presión do Comité de Non Intervención
forzaron a retirada que foi organizada polo Goberno de Negrín e a
Sociedade de Nacións mediante unha Comisión Internacional que
regulou a súa marcha en outubro de 1938.
• En 1996 viñeron a España 300 brigadistas supervivintes e foille
concedida a nacionalidade española nun acto no parlamento
española en recoñecemento ao seu servizo.
Bandeira republicana
co símbolo das
Brigadas Internacionais
Fotografías das Brigadas
Internacionais
Guerra Civil
Evolución da guerra
• Nin rebeldes nin leais ao Goberno republicano foron capaces
de dominar por completo o territorio.
• España quedou dividida en dous bandos.
• Os sublevados controlan Galicia, Castela-León, Álava,
Navarra, o oeste de Aragón incluída as capitais provinciais,
Cáceres, as cidades de Oviedo, Sevilla, Córdoba, Granada,
Cádiz, Baleares (menos Menorca)., Canarias e o protectorado
español de Marrocos.
• En xeral, trátanse de zonas agrarias de pequenos propietarios,
votantes tradicionais de candidaturas de dereitas e católicas.
• Baixo a autoridade da República permaneceron Madrid,
Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badaxoz, gran
parte de Andalucía, Asturias-Santander-Guipúscoa e Biscaia.
• Basicamente zonas industriais, mineiras e gran parte das
zonas de agricultura latifundista.
Xullo 1936
Guerra Civil
Evolución da guerra
• Guerra de columnas (xullo-outubro de 1936) Tras os
primeiros momentos de confusión e unha vez determinado
o fracaso ou triunfo da sublevación nas distintas cidades
españolas, cada bando puxo en marcha a súa propia
resposta para reducir ao contrario.
• Bando republicano, onde o exército estaba desarticulado,
sen un mando único. Organizáronse diversas columnas
formadas por milicianos que partiron cara ás zonas
dominadas polos rebeldes. Desde Barcelona os milicianos
partiron cara Zaragoza (destacando a columna dirixida polo
líder anarquista Durruti; desde Madrid dirixíronse á serra do
Guadarrama e en Andalucía tentaron recuperar Córdoba.
Pero estas accións amosaron a incapacidade dos milicianos
para derrotar o rebelde, debido ao escaso armamento
dispoñible, á falta de preparación militar e á escasa
disciplina e coordinación no mando.
Guerra Civil
Evolución da guerra
• Bando sublevado mantívose a estratexia inicial de tomar
Madrid. Desde o norte varias columnas ao mando de Mola
chegaron ata os pasos de Guadarrama, onde foron detidos
pero, ao mesmo tempo consolidaron o seu dominio da zona
vasca coa conquista de Irún e Donostia. Desde o sur, o
exército de África, dirixido por Franco conseguíu atravesar o
Estreito grazas a posta en marcha dunha ponte aérea ata
Sevilla facilitada por avións alemáns e italianos. Desde
Sevilla as forzas da Lexión e dos Regulares, organizadas
en varias columnas, avanzaron por Extremadura para
enlazar coas forzas do norte. Destacou a resistencia que
opuxeron os milicianos en Badaxoz e que foi seguida, tras a
súa conquista, dunha sanguenta represión realizada polos
lexionarios. Camiño de Madrid, as tropas de Franco
desviáronse cara Toledo para axudar a Moscardó que
resistía no Alcázar.
Marzo 1937
Lexionarios subindo ao avión
para atravesar o Estreito cara a
Península
16-VIII-1936
Masacre de Badajoz
Toma do Alcázar
de Toledo
Guerra Civil
Evolución da guerra
• A loita por Madrid (novembro 1936-marzo 1937). Para os
sublevados a conquista de Madrid era clave. Permitiría o
rápido control de España. A comezos de novembro de 1936
a cidade foi cercada e, ante a situación de perigo, o
Goberno republicano trasladouse a Valencia, quedando en
Madrid unha Xunta de Defensa presidida por Xosé Miaja.
Os ataques frontais e as manobras envolventes (batalla da
estrada da Coruña, Xarama e Guadalajara), realizadas por
Franco non conseguiron dominar a capital.
• As tropas e milicias republicanas, dirixidas por Miaja e Rojo
(Xefe do Estado Maior), contando co apoio das Brigadas
Nacionais, resistiron e realizaron distintas contraofensivas
que puxeron de manifesto a crecente coordinación e
transformación dos milicianos nun verdadeiro exército
popular. No sur, o bando nacional conquistou Málaga o que
le permitiu consolidar as súas posicións no oeste andaluz.
Madrid 1936
Puente de los Franceses
Puente de los franceses versión ska. Boikot
El Quinto Regimiento
Bombardeo
sobre a
Gran Vía
Refuxiados
no metro de
Madrid. 1936
Embalando
cadros do
Museo do
Prado
A Cibeles
Guerra Civil
A Cidade
Universitaria
Campo de
Batalla
Vicente Rojo e José Miaja
Coordinan a defensa de Madrid das tropas
republicanas
Batalla do
Xarama
Batalla do
Guadalajara
Fuxida de Málaga
ante a toma da
cidade polas tropas
rebeldes (1937)
Guerra Civil
Evolución da guerra
• A campaña do norte e contraofensivas republicanas (abril-
outubro 1937). Ante o fracaso de Madrid, Franco considerou
que a guerra ía ser longa. Decidiu concretar todos os seus
esforzos na conquista do norte (Asturias, Santander e Bilbao),
o seu dominio daríalle o control dunha zona industrial e
mineira rica, densamente poboada que podía alterar o
equilibrio do conflito no seu favor. O avance viuse facilitado
polo apoio aéreo e os bombardeos da Lexión Condor,
numerosas vilas foron destruídas, destacando Guernica.
• As tropas de Franco entraron en Bilbao (xuño 1937), meses
despois Santander e Asturias. En outubro de 1937
desapareceu a fronte norte. O bando rebelde concentra os
seus recursos en Aragón e Cataluña.
• Os republicanos responderon nas frontes de Madríd (Brunete
en xullo) e Aragón (Belchite agosto-setembro). Permitiron
avances republicanos pero sen grandes consecuencias.
1937
Bombardeo de
Guernica pola
Lexión Cóndor
1937
Bombardeo de
Guernica pola
Lexión Cóndor
1937
Bombardeo de
Guernica pola
Lexión Cóndor
Maqueta do Pavillón España na
Exposición Internacional de París 1937.
O pavillón foi realizado polo arquitecto
catalán Josep Lluís Sert
Nese pavillón mostrouse por primeira
vez o Guernica de Picasso como
denuncia dos ataques da aviación
alemana a poboación civil na Guerra
Civil Española
Cartel de Miró
Nenos
vascos
exiliados a
Gran Bretaña
Nenos vascos
embarcados cara
o exilio
Entrada das tropas
franquistas en
Santander. Agosto
de 1937
Imaxe actual das ruínas de
Belchite (Zaragoza). Memoria
da Guerra Civil
Imaxe actual das ruínas de
Belchite (Zaragoza). Memoria
da Guerra Civil
Imaxe actual das ruínas de
Belchite (Zaragoza). Memoria
da Guerra Civil
Imaxe actual das ruínas de
Belchite (Zaragoza). Memoria
da Guerra Civil
Guerra Civil
Evolución da guerra
• As grandes ofensivas republicanas (novembro 1937-
novembro 1938) Fortalecemento na coordinación do mando e
mobilización de novas quintas (do biberón), equipamento
bélico (materias fundamentalmente da URSS), permitíu ás
forzas republicanas desenvolver, tras a caída da fonte norte,
dúas importantes ofensivas para frear o avance das tropas de
Franco cara o Mediterráneo.
• A primeira ofensiva foi Teruel (12-1937-2 1938); os éxitos
iniciais dos republicanos foron contidos polos rebeldes que
lograron unha vitoria que permitiu a Franco avanzar cara
Cataluña e o Mediterráneo, separando a zona republicana en
dúas partes. A pesar das contrariedades, os republicanos
realizaron un novo esforzo ofensivo: batalla do Ebro (xullo-
novembro 1938), unha das máis longas e duras da guerra, que
rematou co triunfo do bando rebelde.
Batalla de Teruel
Batalla de
Teruel
Batalla de Teruel
Loita casa por casa
Abril 1938
Si me quieres escribir
¡Ay Carmela!
¡Ay Carmela! Rosa León
Batalla del Ebro.
Ofensiva
republicana
Batalla del Ebro. Tropas
republicanas atravesando o río
Batalla del Ebro.
Franco nun punto de
observación
O galego Enrique Líster
dirixindo ás tropas
republicanas na Batalla
do Ebro
Os presidente da
República, Manuel Azaña
e do goberno, Juan
Negrín visitando o frente
Guerra Civil
Evolución da guerra
• A caída de Cataluña e a fin da guerra (decembro 38-abril 39)
Tras a vitoria do Ebro o exército de Franco abastecido con
material de Hitler e Mussolini, desencadeou unha forte ofensiva
sobre Cataluña que permitiu tomar Barcelona; ante o seu avance
miles de persoas e autoridades republicanas marcharon a
Francia. En febreiro de 1939 o Goberno de Franco era recoñecido
oficialmente por Francia e Inglaterra.
• Na zona republicana xurden fortes enfrontamentos entre os
partidarios de buscar unha solución negociada e os partidarios de
resistir a toda costa (agardando que se iniciase unha guerra
mundial). Nesta situación o 5 de marzo o coronel republicano
Segismundo Casado deu un golpe de Estado que acabou co
goberno de Negrín; formouse entón un Consello Nacional de
Defensa, presidido por Miaja, que fracasou no intento de lograr
unha paz honrosa sen represalias. O 28 de marzo Franco entra
en Madrid, mentres miles de persoas fuxían cara Alicante
intentando saír en barco. O 1 de abril de 1939 Franco asinou o
derradeiro parte de guerra.
Ofensiva
en Cataluña
Febreiro 1939
Xullo-novembro 1938
Ofensiva
en Cataluña
Niño de
ametralladoras
no Segre
Bombardeo de Barcelona
Tropas franquistas
ocupan Barcelona. 1939
Camiño do exilio
cara Francia
Camiño do exilio
cara Francia
Camiño do exilio
cara Francia
Camiño do exilio
cara Francia
Camiño do exilio
cara Francia
Campos de refuxiados
en Francia
Embarque de exiliados
en Alicante cara o exilio
Campos de refuxiados
en Francia
Defile de tropas
regulares en
Madrid
Celebración do
día da vitoria
19-5-1939
Celebración do
día da vitoria
19-5-1939
Guerra Civil
Evolución da guerra
Balance
• O saldo da guerra foi moi negativo: polo
menos 600.000 mortos, número elevado
de feridos e mutilados, destrución e danos
materiais cuantiosos especialmente nas
cidades e zonas industriais.
• Redución dos niveis de produción.
• O desenvolvemento económico frenado.
• Miles de españois exiliados.
• Instauración dun réxime ditatorial que
duraría case 40 anos.
Guerra Civil
Represión
• Moi elevada por parte dos dous bandos. No caso franquista foi
máis prolongada pois continuou na longa posguerra.
• Zona republicana, a desintegración das institucións do
Estado provocou actuación incontroladas. As masas e milicias
populares desenvolveron unha dura persecución de militares,
eclesiásticos, considerados como sospeitosos de pertencer ou
simpatizar co bando sublevado. Moitos foron detidos en
checas e moitos executados sen xuízo (entre eles Primo de
Rivera). Os fusilamentos do cárcere Modelo, as matanzas de
clérigos (12 bispos, uns 6.500 clérigos, 300 monxas) e as
execucións de Paracuellos del Jarama (miles de persoas)
constituíron os episodios máis sanguentos da represión
republicana.
• Nun intento de reconducir os castigos e a represión foron
cesados os Tribunais Populares para evitar os abusos pero as
execucións incontroladas continuaron, aínda que con menos
intensidade, despois dos meses iniciais da guerra.
Saqueo de
igrexas en
Barcelona
1939
Exhumación de
cadáveres en
Paracuelllos (Madrid)
1939
Exhumación de
cadáveres en
Paracuelllos (Madrid)
Melquíades Álvarez
Guerra Civil
Represión
• Zona Rebelde, desde o inicio da sublevación, os miliares
levaron a cabo unha represión sistemática e violenta de todas
as forzas opositoras, coa finalidade de crear un clima de terror
institucionalizado. Os primeiros en sufrir as consecuencias
foron as autoridades civís e militares que permaneceron fieis
ao Goberno republicano, así como aquelas persoas máis
vinculadas coa Fronte Popular que foron sistematicamente
executadas. Despois da ocupación do territorio procedíase á
depuración e execución, realizadas basicamente por membros
da Falanxe, de todos aqueles elementos considerados
perigosos. Os paseos e fusilamentos nocturnos, a aplicación
da lei de fugas aos detidos, os xuízos sumarísimos
multiplicáronse e xeneralizáronse. Finalizada a guerra, os
fusilamentos continuaron e moitos dos detidos foron
condenados a traballos forzados durante anos (miles destes
detidos redimiron penas co traballo en obras como a franquista
do Val dos Caídos).
Fusilamentos no Campo
da Rata (A Coruña).
Inmediacións da Torre
de Hércules
Monumento levantado
ás vítimas da represión
franquista durante
a Guerra Civil no
denominado Campo da Rata
Monumento levantado
ás vítimas da represión
franquista durante
a Guerra Civil no
na zona da Torre
Alexandre Bóveda foi unha
das múltiples vítimas da
represión na Guerra Civil en
Galicia
Guerra Civil
Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder
• A desorganización das institucións republicanas provocada
pola sublevación militar, xunto coa distribución de armas ao
pobo, orixinou unha importante diminución da autoridade e do
poder do Estado republicano. Nas cidades e nas vilas xurdiron
numerosos comités revolucionarios, controlados polas distintas
forzas políticas de esquerda, que se fixeron cargo do poder na
súa zona ou exerceron unha acción de tutela e vixilancia sobre
as autoridades republicanas establecidas. Durante tres anos
de guerra sucedéronse os seguintes gobernos:
• Goberno de Xosé Giral (19-7 a 4-9 1936) posterior as
dimisións de Casares Quiroga e Martínez Barrio, formado
unicamente por republicanos de esquerda. Non foi capaz de
facer fronte á fragmentación do poder do Estado, nin de evitar
as accións revolucionarias das organización obreiras
(ocupación de fábricas e terras, usurpación das funcións
represoras...).
Xosé Giral
Guerra Civil
Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder
• Goberno de Largo Caballero (5-9 1936 a 17-5 1937). O principal
obxectio era unificar os esforzos de todas as forzas políticas e
sociais para facer fronte á guerra e reconstruír o Estado republicano.
No seu goberno entraron republicanos de esquerda, socialistas,
comunistas e, desde novembro tamén anarquistas. Era a primeira
experiencia deste tipo de goberno nun país occidental.
• As principais tensións entre os partidos non desapareceron. Estas
tensións estaban provocadas por unha cuestión de prioridades: facer
a guerra e a revolución ao mesmo tempo? Primeiro gañar a guerra e
logo facer a revolución? Que tipo de república instauraría a
revolución? Uns: PCE e un sector do PSOE defendía que primeiro
había que acabar coa guerra como garantía de facer despois a
revolución, isto significaba centralización do mando, o respecto á
propiedade privada e a colaboración coas forzas republicanas.
Outros (CNT, FAI e POUM) defendían que se non se facía a
revolución era imposible gañar a guerra, o que significaba realizar
previamente a colectivización da terra e das fábricas.
Cartel coa
imaxe de
Largo
Caballero
Guerra Civil
Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder
• O Goberno de Largo Caballero reforzou a intervención
económica mediante a creación en outubro de 1936 dos Comités
Directivos, cos que pretendía iniciar o proceso de nacionalización
da Banca e controlar as oligarquías financeiras. O intento de
reorganizar a industria e o comercio tropezou con que os dous
Ministerios estaban dirixidos por anarquista que defendían que o
control da industria debía exercelo o Comité de Control e o
Consello de Fábrica. Os resultados económicos de xestión non
foron favorables e a República tivo que recorrer ás reservas de
ouro do Banco de España para facer fonte aos gastos de guerra.
• As tensións entre as forzas políticas e sindicais foron en aumento.
O enfrontamento máis forte orixinouse entre o PCE e POUM,
apoiados estes últimos pola CNT e a FAI. En maio de 1937 o
enfrontamento tivo carácter bélico nas rúas de Barcelona,
provocando unha fonda crise no Goberno e a dimisión de Largo
Caballero, que se negou a disolver o POUM, como lle esixía o
PCE.
Guerra Civil
Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder
• Goberno de Xoán Negrín (15-5 1937 a 5-3 1939). Estaba
apoiado fundamentalmente polo PCE que se converteran, grazas
a súa disciplina e control do exército, na principal forza de
esquerdas. O reforzamento da autoridade gobernamental e a
coordinación militar permitiu realizar as grandes ofensivas
republicanas de Teruel e do Ebro. Tentou negociar a finalización
do conflito mediante a elaboración dunha proposta (Os 13 puntos
de maio de 1938), pero a negativa de Franco a calquera
negociación obrigouno a defender unha política de resistencia e
morte.
• O Goberno de Negrín elaborou un plan económico e social para
coordinar a economía baixo a dirección dun Consello Nacional de
Economía. Algunhas medidas, establecidas eran garantir a
propiedade das terras para quen as traballase, establecer
melloras nas condicións de traballo das clases obreiras e urbanas
e rurais; dar a posibilidade de que obreiro agrícola ou campesiño
puidese escoller libremente entre o traballo colectivo ou individual
da terra.
Xoán Negrín
Os 13 puntos Negrín
Guerra Civil
Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder
• Tras a caída de Cataluña e o recoñecemento de
Francia e Gran Bretaña do réxime de Franco,
Azaña dimitíu como presidente da República (27-
2-1939).
• Rematada a guerra, xa desde o exilio, os
políticos republicanos mantiveron as institucións
da II República e a oposición ao franquismo. En
1977 o derradeiro presidente republicano,
Fernando Varela, aceptou o réxime democrático
e deu por finalizada, desde o punto de vista da
legalidade, a República.
Guerra Civil
Revolución social
• No bando republicano, as organizacións obreiras viron a
posibilidade de realizar a revolución social. Con distinta
intensidade e matices aplicáronse diversas medidas de
colectivización e planificación económica, especialmente en
Cataluña, Aragón e Andalucía.
• País Vasco, deterioro das autoridades. Establecemento dun
goberno de concentración vasco baixo a hexemonía do PNV.
• Cataluña a Generalitat perdeu o control efectivo. A CNT
converteuse na forza dominante. Créase o Comité de Milicia
Antifascista onde están representadas tódalas forzas de
esquerda. Unha vez rematada a sublevación iníciase a
planificación e colectivización das industrias e grandes
propiedades rústicas.
• Andalucía e Aragón colectivización de terras. Principalmente
dirixidas pola CNT. O PCE inicia a descolectivización posto que
isto suporía restar apoio á República dos pequenos e medianos
propietarios.
En Cataluña prodúcese
a colectivización das
empresas
Arriba debuxo dun
neno sobre a guerra
No bando republicano
xurdirán fortes
discrepancias ideolóxicas
Guerra Civil
España sublevada
Institucionalización do réxime
• E evolución militar e política na España rebelde non foi tan
complexa.
• Os militares sublevados crearon a Xunta de defensa Nacional
(24-7-1936) en Burgos, o primeiro órgano de mando dos
sublevados.
• Presidido polo xeneral Cabanelas (máis antigüidade) e formaban
parte os xenerais Saliquet, Ponte, Mola e Dávila e os coroneis
Montaner, Moreno Calderón. En agosto incorpóranse os xenerais
Franco, Gil Yueste, Queipo de Llano e Orgaz.
• O obxectivo fundamental era a coordinación militar das columnas
militares e civís nun mando único.
• A Xunta asumiu as funcións políticas e administrativas, poñendo
as bases do novo Estado fronte ao goberno republicano.
• Unha das primeiras medidas foi declarar fóra da lei todas as
forzas políticas e sociais que apoiaron á Fronte Popular (16-9-
1936).
Guerra Civil
España sublevada
Xefatura do Estado
• Varios factores favoreceron a Franco na concentración do poder:
• Morte de Sanjurjo (20-7-1936) en accidente aéreo en Lisboa
cando viña facerse cargo da insurrección.
• Éxito na xestión dos primeiros contactos con Italia e Alemaña
principalmente no paso das tropas polo Estreito.
• Éxitos militares na conquista de Badajoz, liberación do alcázar de
Toledo que lle permitiu chegar ás portas de Madrid.
• O encarceramento e fusilamento de Primo de Rivera (20-11-1936)
• A Xunta formula un mando único e é elixido Franco (1-10-1936).
• Creouse unha Xunta Técnica, constituída por militares e civís que
actuaba a modo de Goberno, organizada en comisións (Finanzas,
Xustiza, Industria, Comercio e Abastecemento, Agricultura,
Traballo, Ensino...). O cuñado de Franco, Serrano Suñer (membro
da Falanxe) converteuse no seu principal propagandista,
especialmente coas relacións co exterior.
• En xaneiro de 1938 estableceu o 1º goberno do novo Estado.
Carteis de C.
Sáenz de Tejada
Guerra Civil
España sublevada
Establecemento do partido único
• Franco convértese, ademais de xefe do Estado e
Xeneralísimo dos Exércitos, en xefe do
movemento político organizado a partir de FE-
JONS e Tradicionalistas (20-4-1937).
• O proceso non estivo exento de dificultades e
protestas; desde Falanxe, Hedilla (líder á morte
de Jose Antonio) opúxose, preocupado polas
orientacións ultraconservadoras. Os monárquicos
e tradicionalistas tamén rexeitaron a fusión,
porque a consideraban un golpe de Estado
totalitario.
• Ao final todas as forzas asumiron a unificación.
Carteis de C.
Sáenz de Tejada
Guerra Civil
España sublevada
Contrarrevolución
• Creación do Servizo Nacional de Reforma
Económica e Social da Terra encargado de realizar a
contrarreforma agraria.
• Supresión do réxime de concertos económicos de
Biscaia e Guipúscoa (manténdose en Navarra e
Álava).
• Centro da produción agrícola e industrial.
• Derrogación da lei de divorcio e matrimonio civil.
• Restablecemento da pena de morte.
• Censura previa na prensa.
• Reconstitución da Compañía de Xesús.
• Medidas no campo da educación que favoreceron a
Igrexa.
A memoria histórica
Cambio no nome das rúas coruñesas
BARRIO
ANTIGO NOME DA
VÍA
ACTUAL NOME DA
VÍA
QUEN ERA?, QUE FOI?
POR QUE
SE DÁ O
NOVO
NOME?
CIDADE ESCOLAR-LABAÑOU Arcadio Vilela Gárate Cultura
Membro das Milicia Armadas denominadas
Caballeros de La Coruña a quen os historiadores
atribúen "paseos" e diferentes actos de represión
contra simpatizantes da democracia republicana.
Por estar
situada no barrio
de Cidade
Escolar
CIDADE ESCOLAR-LABAÑOU Pepín Rivero Educación
Xornalista cubano favorable ao golpe militar de
Franco contra a 2ª República
Por estar
situada no barrio
de Cidade
Escolar
POLÍGONO DE ELVIÑA Salvador y Merino Ría do Burgo
Destacado dirixente falanxista na cidade da Coruña
durante a Guerra Civil e a posguerra.
Nome
xeográfico
relacionado coa
realidade da
nosa cidade.
POLÍGONO DE ELVIÑA Joaquín Planells Riera Avenida do Ferrocarril
Militar que participou no golpe de Estado de 1936.
Ministro de industria durante o franquismo.
Avenida no
lateral da
estación do tren.
SAGRADA FAMILIA-STA. MARGARIDA Castillo de Olite Os Tornos
Buque de guerra franquista afundido pola artillería
republicana en Cartaxena. Morreron 1.400
soldados que ían a bordo. Moitos deles galegos.
Nome orixinal
da zona.
SAGRADA FAMILIA-STA. MARGARIDA Sarxento Provisional Alberto Datas Panero
Rango militar creado por Franco no seu exército
durante a Guerra Civil.
Pintor coruñés
nado en 1935 e
falecido no
2007. Ten
importante obra
artística de forte
presenza
internacional.
RIAZOR Comandante Barja Riazor
En xullo de 1936, volve ao Exército e foi nomeado
xefe da Bandeira Lexionaria Galega que o 28 de
agosto saíu para a frente norte. Morreu na Batalla
de Teruel.
Situada perto da
praia.
ORZÁN Juan Canalejo Socorro
Xefe da falanxe en Galicia. Fusilado en Paracuellos
en novembro de 1936.
Referencia ao
antigo nome da
vía
PESCADERÍA Xeneral Mola Álvaro Cebreiro Cabecilla do golpe de Estado de 1936. Ilustrador galego
BARRIO ANTIGO NOME DA VÍA ACTUAL NOME DA VÍA QUEN ERA?, QUE FOI?
POR QUE
SE DÁ O
NOVO
NOME?
ATOCHAS-A TORRE Millán Astray Pza. das Atochas
Participa no golpe de Estado de 1936. Fundador da
Lexión.
Nome do barrio
CIDADE VELLA Cánovas Lacruz
Militar que iniciou o golpe de Estado de 1936 na
Coruña
Pendente de
cambio de
nome.
XOÁN FLÓREZ Cabo Santiago Gómez
Morto ao disparar un balazo contra o Goberno civil
da Coruña. Os primeiros días do golpe de Estado.
Pendente de
cambio de
nome.
XOÁN FLÓREZ Gómez Zamalloa Costa da Unión
Militar coruñés que xogou un papel destacado na
sublevación militar de 1936 en Andalucía.
Participou na División Azul.
Nome orixinal da
vía
CATRO CAMIÑOS Viaduto do Xeneralisimo
Título do ditador que gobernou España perto de 40
anos.
Pendente de
cambio de
nome.
XOÁN FLÓREZ División Azul Antón Vilar Ponte
Exército formado por soldados españois que
participou no frente ruso ao mando do exército
alemán durante a 2ª guerra mundial.
Antón Vilar
Ponte, deputado
na II República e
figura clave na
creación das
Irmandades da
Fala, que no
2016 cumpren o
seu centenario.
OS CASTROS Xeneral Sanjurjo Avda. de Oza Cabecilla do golpe de Estado de 1936.
Nome do antigo
concello limítrofe
coa Coruña e
que ocupaba
este espazo.
CASTRILLÓN Avda. e Pza. dos Caídos Avda. e Pza. da Concordia Representa só aos mortos do bando rebelde.
Reconciliación
nacional.
PESCADERÍA Alférez Provisional Avda. do Porto
Rango militar creado por Franco no seu exército
durante a Guerra Civil.
Situada ao lado
do porto
coruñés.
CIDADE XARDÍN Teniente Coronel Teijeiro Filantropía
Militar residente neste barrio organizador das
milicias armadas Caballeros de La Coruña que
participaron no cerco de Oviedo onde faleceu.
Amor polo ser
humano.

More Related Content

What's hot

Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaAgrela Elvixeo
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoAgrela Elvixeo
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaAgrela Elvixeo
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Agrela Elvixeo
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Agrela Elvixeo
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en Españarubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaAgrela Elvixeo
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoAgrela Elvixeo
 

What's hot (20)

Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II República
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Tema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réximeTema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réxime
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
 

Viewers also liked

Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VIOs retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VIAgrela Elvixeo
 
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberalUnidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberalAgrela Elvixeo
 
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de ElviñaXosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de ElviñaAgrela Elvixeo
 
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSIES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSAgrela Elvixeo
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaAgrela Elvixeo
 
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de OzaAgrela Elvixeo
 
Viños de Galiza. A vendima.
Viños de Galiza. A vendima.Viños de Galiza. A vendima.
Viños de Galiza. A vendima.Agrela Elvixeo
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaAgrela Elvixeo
 

Viewers also liked (9)

Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VIOs retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
 
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberalUnidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
 
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de ElviñaXosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
 
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
 
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSIES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
 
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
 
Viños de Galiza. A vendima.
Viños de Galiza. A vendima.Viños de Galiza. A vendima.
Viños de Galiza. A vendima.
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza
 

Similar to Unidade 8. A guerra civil española

Similar to Unidade 8. A guerra civil española (20)

Guerra Civil
Guerra CivilGuerra Civil
Guerra Civil
 
Tema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra CivilTema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra Civil
 
Unidade 9
Unidade 9Unidade 9
Unidade 9
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Fabio raris
Fabio rarisFabio raris
Fabio raris
 
TEMA 10
TEMA 10TEMA 10
TEMA 10
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 
Historia, tema 10
Historia, tema 10Historia, tema 10
Historia, tema 10
 
Resumo
ResumoResumo
Resumo
 
España e galicia de 1902 a 1939
España e galicia de 1902 a 1939España e galicia de 1902 a 1939
España e galicia de 1902 a 1939
 
España e Galiza.
España e Galiza.España e Galiza.
España e Galiza.
 
A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)
 
Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6
 
Presentación historia
Presentación historiaPresentación historia
Presentación historia
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Unidade 8. A guerra civil española

  • 2. Guerra Civil Introdución • Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en dous bandos que se calificaban a sí mesmos e aos contrarios como azuis, nacionais ou fascistas contra rojos, antiespañois e comunistas. • O Goberno da República conseguiu resistir durante case tres anos, pero, finalmente o triunfo foi para os militares sublevados.
  • 3. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos • O fracaso parcial do golpe de Estado deu lugar a un duro enfrontamento bélico. • Tras a sublevación militar de Melilla, as tropas da lexión dominaron rapidamente a situación en Marrocos. • Na madrugada do 18, Franco felicitiou aos sublevados, autonomeouse xefe das tropas de África. • Decretou o estado de guerra en Canarias e Marrocos e dirixiuse aos españois xustificando o alzamento militar.
  • 4. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos • Nos días 18 e 19, ao mesmo tempo que Franco se trasladaba desde Canarias (no avión Dragón Rapide pagado polo financeiro Juan March) cara a Tetuán para facerse cargo das tropas de África, en distintas cidades da Península os militares conxurados tentan facerse co poder. • Nalgúns casos triunfaron (Pamplona, Sevilla, Valladolid, Burgos, Zaragoza, Mallorca...) pero noutros as forzas republicanas lograron dominar aos rebeldes (Barcelona, Madrid, Valencia, Oviedo...) • En Galicia a sublevación militar iniciouse o día 20. Tras breves enfrontamentos coas forzas leais na Coruña, Vigo e Ferrol, os sublevados fixéronse co control do territorio.
  • 6. Dragon Rapide neste modelo de avión viaxou Franco desde Canaraias a Marrocos para coordinar o levantamento das rropas rebledes
  • 7. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos A indecisión do Goberno republicano • Ante as confusas noticias da sublevación militar o presidente do Goberno, Casares Quiroga, ademais de emitir unha mensaxe tranquilizadora á poboación, decretou o cesamento dos sublevados e a disolución dos corpos militares que os apoiasen ou estivesen baixo o seu mando. • Pero estas medias tiveron un efecto negativo para os republicanos, porque moitos soldados abandonaron os cuarteis que estaban baixo mandos indecisos, deste modo, a República quedou cun exército moi reducido. • As forzas sociais de esquerda pedían armas para facer fronte aos militares rebeldes, o presidente non quixo entregar armas ao pobo convencido de que as forzas obreiras, co pretexto de apoiar ao Goberno, non tardarían en suplantalo, incapaz de controlar a situación, dimitiu.
  • 8. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos A indecisión do Goberno republicano • Na madrugada do día 19 Azaña formou un gabinete de conciliación presidido por Diego Martínez Barrio, que fracasou no seu intento de negociación cos militares rebeldes, e tamén dimitíu. • Azaña nomeou, o mesmo día 19, a Xosé Giral presidente do Goberno contando co apoio das forzas da Fronte popular e resolto a afrontar a sublevación, decidiu entregar armas ás organizacións proletarias, aínda co risco de que estas impuxesen a revolución.
  • 9. Mitin da líder do PCE Dolores Ibárruri (La Pasionaria) nas Ventas Madrid. Solicitando armas para o pobo
  • 10. Manifestación na Gran Vía de Madrid en respaldo á República
  • 11. Manifestación no Cantón da Coruña en respaldo á República (18-7-1936)
  • 12. Toma do cuartel da Montaña por milicianos Madrid
  • 13. Toma do cuartel da Montaña por milicianos Madrid
  • 14. Milicianas nas rúas de Barcelona
  • 15. Saída de milicianos para o frente de Aragón en Barcelona
  • 16. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos Razóns da sublevación • Razóns diametralmente opostas: • Sublevados: foi definida como un Alzamento Nacional de apoio espontáneo, popular e cívicomilitar, protagonizado polos sectores defensores da relixión, a unidade da patria e a propiedade privada. • Goberno da república e as forzas da Fronte Popular que o apoiaban, a acción dos militares non era máis que unha rebelión contra a orde legalmente establecida e contra as reformas que se reiniciaran a partir de febreiro de 1936.
  • 17. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos Configuración de bandos • As forzas políticas, económicas e sociais tiveron que posicionarse a favor dun dos bandos en conflito desde o inicio da guerra. En liñas xerais estes foron os apoios: • A favor da República estiveron a maioría dos xenerais do exército de Terra, a mariñeiría (que se amotinou contra os xefes golpistas e fíxose co control de gran parte dos navíos), a aviación, a Garda de Asalto, as masas obreiras urbanas das cidades industriais, os xornaleiros do sur da Península e a pequena burguesía urbana. • A favor dos sublevados estiveron: oficiais intermedios do exército de Terra, a Garda Civil (agás en Barcelona), as masas católicas e conservadoras (CEDA, monárquicos, carlistas, falanxistas), os pequenos e medianos propietarios agrícolas.
  • 18. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos Configuración de bandos • Entre os apoios aos sublevados destacou o da Igrexa; o episcopado español cualificou o movemento militar como unha cruzada contra o comunismo en defensa da fe católica, da tradición e da orde social. • Bispos, clérigos acompañaban nas cerimonias públicas os militares rebeldes, e daban a súa bendición ás tropas sublevadas. • Nunca fixeron críticas en público sobre a represión exercida polos insurrectos, pero condenaron duramente a represión das forzas de esquerda (incluso o Papa Pío XI considerou ós sublevados como heroes cristiáns fronte os bárbaros e salvaxes republicanos.
  • 19. A xerarquía eclesiástica española considerou o golpe de Estado como unha Santa Cruzada
  • 20. Propaganda sindical contra a intervención da Igrexa Católica en favor dos rebeldes
  • 21. Guerra Civil A sublevación militar e a formación de bandos Trazos xerais da Guerra Civil • Tradicionalmente considérase a Guerra Civil como un claro antecedente da 2ª Guerra Mundial, non só polas súas implicacións políticas, senón tamén polos trazos que caracterizan a contenda. • O conflito español pode ser considerado como: 1. Unha guerra ideolóxica: fascismo e democracia. Civilización cristiá e comunismo. 2. Unha guerra que implicou a toda a poboación, xa que participaron todos os sectores da sociedade. 3. Unha guerra de combate social e de loita de clases. 4. Unha guerra de mestura de formas de combate arcaicas con outras modernas.
  • 23. Guerra Civil Internacionalización do conflito • Tanto os gobernos como a poboación internacional tomaron posición. • Os dous bandos pediron axuda e material bélico. • Goberno da República, a Francia. • Franco e Mola a Hitler e Mussolini. • Tratando de evitar que a guerra española se convertese nun conflito internacional, a proposta de Gran Bretaña e Francia, acordaron en Londres non tomar parte no conflito e constituír un Comité de non intervención (1-8-1936). • Estes acordos implicaban a prohibición de enviar homes e armas a ningún dos bandos.
  • 24. Guerra Civil Internacionalización do conflito • Italia e Alemaña non cumpriron o pactado e prestaron, desde o primeiro momento, axuda aos militares sublevados (non de forma oficial, senón enviada a través de empresas privadas). • Ante esta situación o Comité de Non Intervención, declarouse incompetente para obrigar ao cumprimento do pactado; Estados Unidos decidiu non intervir de forma oficial, pero non impediu a saída de armas e de petróleo para un e outro bando, sempre que os subministradores fosen empresas privadas, e favoreceu, a axuda de voluntarios.
  • 25. Cartel Países que apoian ás tropas sublevadas á República
  • 26. Guerra Civil Internacionalización do conflito • Axudas ao bando nacional. As potencias fascistas interviñeron no conflito apoiando os sublevados por unha mestura de motivos ideolóxicos e políticos. • Alemaña prestou un importante apoio en efectivos militares que foi clave nos primeiros días de guerra (barcos e avións para o paso das tropas de África á Península). A Lexión Cóndor foi decisiva para o bombardeo de posicións republicanas (Durango, Guernica, Madrid, Granollers, Barcelona...). A cambio desta axuda, Franco comprometeuse a asinar un acordo económico prioritario con Alemaña. España pagaría ao final da guerra mediante concesións de explotación das materias primas esencialmente minerais.
  • 27. Arriba: León. Despedida Das tropas alemás da Lexión Cóndor. Dereita: cartel contra a intervención italiana.
  • 28. Guerra Civil Internacionalización do conflito • Italia apoiou con material bélico tamén desde os inicios. Contar con España significaba controlar estratexicamente o Mediterráneo. De Italia veu un grupo de voluntarios fascistas os Camisas Negras, que foron retirados de España, pola presión internacional, en 1938. • Portugal prestou axuda aos sublevados, pero moito menor que os países anteriores. O Goberno ditatorial de Salazar, moi afín ao de Franco, a pesar de pertencer ao Comité de non Intervención), prestou constante axuda ao bando nacional, facilitando o paso de armas e víveres, ademais, de enviar 10.000 homes (Viriatos).
  • 30. Guerra Civil Internacionalización do conflito • Axudas do bando republicano. A República contou co tímido apoio das democracias occidentais e da URSS pero, en conxunto foi unha axuda desigual e descontinua. • Francia: descontinua. Medo ante o posible triunfo de posturas revolucionarias na República, que podían poñer en perigo importantes investimentos franceses en España. En principio a Fronte Popular de León Blum axudou á República pero tras a adhesión de Francia á Non Intervención, a axuda pasou a ter un carácter particular (recrutamento voluntario, contrabando de armas). A fronteira foi pechada e non se abriu ata marzo de 1939.
  • 31. Guerra Civil Internacionalización do conflito • Gran Bretaña teme a internacionalización do conflito e a radicalización social. O goberno conservador de Chamberlain tratou de illar o conflito español. Velou polo cumprimento do Comité de non intervención, aínda que sabía que nin Italia nin Älemaña cumprían o pactado. • México tiña un goberno afín á República e o seu presidente Lázaro Cárdenas, ordenou axuda de armas. Foi bastante testimonial. Finalizada a guerra acolleu a moitos republicanos. • URSS de Stalin, foi inicialmente prudente. O triunfo republicano e a sovietización do país podía ser mal visto polas potencias occidentais, situación que non beneficiaba á diplomacia soviética, que pretendía illar inicialmente a Alemaña. Os troskistas acusaron a Stalin de abandonar a idea de revolución mundial pedían o apoio da URSS. O estímulo definitivo para a intervención viña pola constatación da axuda alemá e italiana aos sublevados. Mandou armas e especialistas, así como a acollida masiva de nenos de familias republicanas (os nenos da guerra) que quedaron desamparados.
  • 32. Tanque Soviético T 26. Apoio armamentístico á República
  • 33. O presidente de México Lázaro Cárdenas recibindo a nenos exiliados españois
  • 34. Guerra Civil Internacionalización do conflito • Brigadas internacionais: formacións militares formadas por voluntarios que viñeron integrarse nas filas republicanas. As organizacións obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo. Chegaron a partir de outubro de 1936, procedentes de moitos países. • O número total resulta moi difícil de calcular. Os analistas oscilan entre 40.000 e 60.000 ao longo da guerra, aínda que non superaron os 18.000 ao mesmo tempo. Tiveron un papel destacado na defensa de Madrid como no fortalecemento da moral do bando republicano. • O desgaste da guerra e a presión do Comité de Non Intervención forzaron a retirada que foi organizada polo Goberno de Negrín e a Sociedade de Nacións mediante unha Comisión Internacional que regulou a súa marcha en outubro de 1938. • En 1996 viñeron a España 300 brigadistas supervivintes e foille concedida a nacionalidade española nun acto no parlamento española en recoñecemento ao seu servizo.
  • 35. Bandeira republicana co símbolo das Brigadas Internacionais
  • 37. Guerra Civil Evolución da guerra • Nin rebeldes nin leais ao Goberno republicano foron capaces de dominar por completo o territorio. • España quedou dividida en dous bandos. • Os sublevados controlan Galicia, Castela-León, Álava, Navarra, o oeste de Aragón incluída as capitais provinciais, Cáceres, as cidades de Oviedo, Sevilla, Córdoba, Granada, Cádiz, Baleares (menos Menorca)., Canarias e o protectorado español de Marrocos. • En xeral, trátanse de zonas agrarias de pequenos propietarios, votantes tradicionais de candidaturas de dereitas e católicas. • Baixo a autoridade da República permaneceron Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badaxoz, gran parte de Andalucía, Asturias-Santander-Guipúscoa e Biscaia. • Basicamente zonas industriais, mineiras e gran parte das zonas de agricultura latifundista.
  • 39. Guerra Civil Evolución da guerra • Guerra de columnas (xullo-outubro de 1936) Tras os primeiros momentos de confusión e unha vez determinado o fracaso ou triunfo da sublevación nas distintas cidades españolas, cada bando puxo en marcha a súa propia resposta para reducir ao contrario. • Bando republicano, onde o exército estaba desarticulado, sen un mando único. Organizáronse diversas columnas formadas por milicianos que partiron cara ás zonas dominadas polos rebeldes. Desde Barcelona os milicianos partiron cara Zaragoza (destacando a columna dirixida polo líder anarquista Durruti; desde Madrid dirixíronse á serra do Guadarrama e en Andalucía tentaron recuperar Córdoba. Pero estas accións amosaron a incapacidade dos milicianos para derrotar o rebelde, debido ao escaso armamento dispoñible, á falta de preparación militar e á escasa disciplina e coordinación no mando.
  • 40. Guerra Civil Evolución da guerra • Bando sublevado mantívose a estratexia inicial de tomar Madrid. Desde o norte varias columnas ao mando de Mola chegaron ata os pasos de Guadarrama, onde foron detidos pero, ao mesmo tempo consolidaron o seu dominio da zona vasca coa conquista de Irún e Donostia. Desde o sur, o exército de África, dirixido por Franco conseguíu atravesar o Estreito grazas a posta en marcha dunha ponte aérea ata Sevilla facilitada por avións alemáns e italianos. Desde Sevilla as forzas da Lexión e dos Regulares, organizadas en varias columnas, avanzaron por Extremadura para enlazar coas forzas do norte. Destacou a resistencia que opuxeron os milicianos en Badaxoz e que foi seguida, tras a súa conquista, dunha sanguenta represión realizada polos lexionarios. Camiño de Madrid, as tropas de Franco desviáronse cara Toledo para axudar a Moscardó que resistía no Alcázar.
  • 42. Lexionarios subindo ao avión para atravesar o Estreito cara a Península
  • 45. Guerra Civil Evolución da guerra • A loita por Madrid (novembro 1936-marzo 1937). Para os sublevados a conquista de Madrid era clave. Permitiría o rápido control de España. A comezos de novembro de 1936 a cidade foi cercada e, ante a situación de perigo, o Goberno republicano trasladouse a Valencia, quedando en Madrid unha Xunta de Defensa presidida por Xosé Miaja. Os ataques frontais e as manobras envolventes (batalla da estrada da Coruña, Xarama e Guadalajara), realizadas por Franco non conseguiron dominar a capital. • As tropas e milicias republicanas, dirixidas por Miaja e Rojo (Xefe do Estado Maior), contando co apoio das Brigadas Nacionais, resistiron e realizaron distintas contraofensivas que puxeron de manifesto a crecente coordinación e transformación dos milicianos nun verdadeiro exército popular. No sur, o bando nacional conquistou Málaga o que le permitiu consolidar as súas posicións no oeste andaluz.
  • 46. Madrid 1936 Puente de los Franceses Puente de los franceses versión ska. Boikot El Quinto Regimiento
  • 52. Vicente Rojo e José Miaja Coordinan a defensa de Madrid das tropas republicanas
  • 55. Fuxida de Málaga ante a toma da cidade polas tropas rebeldes (1937)
  • 56. Guerra Civil Evolución da guerra • A campaña do norte e contraofensivas republicanas (abril- outubro 1937). Ante o fracaso de Madrid, Franco considerou que a guerra ía ser longa. Decidiu concretar todos os seus esforzos na conquista do norte (Asturias, Santander e Bilbao), o seu dominio daríalle o control dunha zona industrial e mineira rica, densamente poboada que podía alterar o equilibrio do conflito no seu favor. O avance viuse facilitado polo apoio aéreo e os bombardeos da Lexión Condor, numerosas vilas foron destruídas, destacando Guernica. • As tropas de Franco entraron en Bilbao (xuño 1937), meses despois Santander e Asturias. En outubro de 1937 desapareceu a fronte norte. O bando rebelde concentra os seus recursos en Aragón e Cataluña. • Os republicanos responderon nas frontes de Madríd (Brunete en xullo) e Aragón (Belchite agosto-setembro). Permitiron avances republicanos pero sen grandes consecuencias.
  • 60. Maqueta do Pavillón España na Exposición Internacional de París 1937. O pavillón foi realizado polo arquitecto catalán Josep Lluís Sert
  • 61. Nese pavillón mostrouse por primeira vez o Guernica de Picasso como denuncia dos ataques da aviación alemana a poboación civil na Guerra Civil Española Cartel de Miró
  • 64. Entrada das tropas franquistas en Santander. Agosto de 1937
  • 65. Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria da Guerra Civil
  • 66. Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria da Guerra Civil
  • 67. Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria da Guerra Civil
  • 68. Imaxe actual das ruínas de Belchite (Zaragoza). Memoria da Guerra Civil
  • 69. Guerra Civil Evolución da guerra • As grandes ofensivas republicanas (novembro 1937- novembro 1938) Fortalecemento na coordinación do mando e mobilización de novas quintas (do biberón), equipamento bélico (materias fundamentalmente da URSS), permitíu ás forzas republicanas desenvolver, tras a caída da fonte norte, dúas importantes ofensivas para frear o avance das tropas de Franco cara o Mediterráneo. • A primeira ofensiva foi Teruel (12-1937-2 1938); os éxitos iniciais dos republicanos foron contidos polos rebeldes que lograron unha vitoria que permitiu a Franco avanzar cara Cataluña e o Mediterráneo, separando a zona republicana en dúas partes. A pesar das contrariedades, os republicanos realizaron un novo esforzo ofensivo: batalla do Ebro (xullo- novembro 1938), unha das máis longas e duras da guerra, que rematou co triunfo do bando rebelde.
  • 72. Batalla de Teruel Loita casa por casa
  • 74. Si me quieres escribir ¡Ay Carmela! ¡Ay Carmela! Rosa León
  • 76. Batalla del Ebro. Tropas republicanas atravesando o río
  • 77. Batalla del Ebro. Franco nun punto de observación
  • 78. O galego Enrique Líster dirixindo ás tropas republicanas na Batalla do Ebro
  • 79. Os presidente da República, Manuel Azaña e do goberno, Juan Negrín visitando o frente
  • 80. Guerra Civil Evolución da guerra • A caída de Cataluña e a fin da guerra (decembro 38-abril 39) Tras a vitoria do Ebro o exército de Franco abastecido con material de Hitler e Mussolini, desencadeou unha forte ofensiva sobre Cataluña que permitiu tomar Barcelona; ante o seu avance miles de persoas e autoridades republicanas marcharon a Francia. En febreiro de 1939 o Goberno de Franco era recoñecido oficialmente por Francia e Inglaterra. • Na zona republicana xurden fortes enfrontamentos entre os partidarios de buscar unha solución negociada e os partidarios de resistir a toda costa (agardando que se iniciase unha guerra mundial). Nesta situación o 5 de marzo o coronel republicano Segismundo Casado deu un golpe de Estado que acabou co goberno de Negrín; formouse entón un Consello Nacional de Defensa, presidido por Miaja, que fracasou no intento de lograr unha paz honrosa sen represalias. O 28 de marzo Franco entra en Madrid, mentres miles de persoas fuxían cara Alicante intentando saír en barco. O 1 de abril de 1939 Franco asinou o derradeiro parte de guerra.
  • 93. Embarque de exiliados en Alicante cara o exilio
  • 96. Celebración do día da vitoria 19-5-1939
  • 97. Celebración do día da vitoria 19-5-1939
  • 98. Guerra Civil Evolución da guerra Balance • O saldo da guerra foi moi negativo: polo menos 600.000 mortos, número elevado de feridos e mutilados, destrución e danos materiais cuantiosos especialmente nas cidades e zonas industriais. • Redución dos niveis de produción. • O desenvolvemento económico frenado. • Miles de españois exiliados. • Instauración dun réxime ditatorial que duraría case 40 anos.
  • 99. Guerra Civil Represión • Moi elevada por parte dos dous bandos. No caso franquista foi máis prolongada pois continuou na longa posguerra. • Zona republicana, a desintegración das institucións do Estado provocou actuación incontroladas. As masas e milicias populares desenvolveron unha dura persecución de militares, eclesiásticos, considerados como sospeitosos de pertencer ou simpatizar co bando sublevado. Moitos foron detidos en checas e moitos executados sen xuízo (entre eles Primo de Rivera). Os fusilamentos do cárcere Modelo, as matanzas de clérigos (12 bispos, uns 6.500 clérigos, 300 monxas) e as execucións de Paracuellos del Jarama (miles de persoas) constituíron os episodios máis sanguentos da represión republicana. • Nun intento de reconducir os castigos e a represión foron cesados os Tribunais Populares para evitar os abusos pero as execucións incontroladas continuaron, aínda que con menos intensidade, despois dos meses iniciais da guerra.
  • 102. 1939 Exhumación de cadáveres en Paracuelllos (Madrid) Melquíades Álvarez
  • 103. Guerra Civil Represión • Zona Rebelde, desde o inicio da sublevación, os miliares levaron a cabo unha represión sistemática e violenta de todas as forzas opositoras, coa finalidade de crear un clima de terror institucionalizado. Os primeiros en sufrir as consecuencias foron as autoridades civís e militares que permaneceron fieis ao Goberno republicano, así como aquelas persoas máis vinculadas coa Fronte Popular que foron sistematicamente executadas. Despois da ocupación do territorio procedíase á depuración e execución, realizadas basicamente por membros da Falanxe, de todos aqueles elementos considerados perigosos. Os paseos e fusilamentos nocturnos, a aplicación da lei de fugas aos detidos, os xuízos sumarísimos multiplicáronse e xeneralizáronse. Finalizada a guerra, os fusilamentos continuaron e moitos dos detidos foron condenados a traballos forzados durante anos (miles destes detidos redimiron penas co traballo en obras como a franquista do Val dos Caídos).
  • 104. Fusilamentos no Campo da Rata (A Coruña). Inmediacións da Torre de Hércules
  • 105. Monumento levantado ás vítimas da represión franquista durante a Guerra Civil no denominado Campo da Rata
  • 106. Monumento levantado ás vítimas da represión franquista durante a Guerra Civil no na zona da Torre
  • 107. Alexandre Bóveda foi unha das múltiples vítimas da represión na Guerra Civil en Galicia
  • 108.
  • 109. Guerra Civil Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder • A desorganización das institucións republicanas provocada pola sublevación militar, xunto coa distribución de armas ao pobo, orixinou unha importante diminución da autoridade e do poder do Estado republicano. Nas cidades e nas vilas xurdiron numerosos comités revolucionarios, controlados polas distintas forzas políticas de esquerda, que se fixeron cargo do poder na súa zona ou exerceron unha acción de tutela e vixilancia sobre as autoridades republicanas establecidas. Durante tres anos de guerra sucedéronse os seguintes gobernos: • Goberno de Xosé Giral (19-7 a 4-9 1936) posterior as dimisións de Casares Quiroga e Martínez Barrio, formado unicamente por republicanos de esquerda. Non foi capaz de facer fronte á fragmentación do poder do Estado, nin de evitar as accións revolucionarias das organización obreiras (ocupación de fábricas e terras, usurpación das funcións represoras...).
  • 111. Guerra Civil Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder • Goberno de Largo Caballero (5-9 1936 a 17-5 1937). O principal obxectio era unificar os esforzos de todas as forzas políticas e sociais para facer fronte á guerra e reconstruír o Estado republicano. No seu goberno entraron republicanos de esquerda, socialistas, comunistas e, desde novembro tamén anarquistas. Era a primeira experiencia deste tipo de goberno nun país occidental. • As principais tensións entre os partidos non desapareceron. Estas tensións estaban provocadas por unha cuestión de prioridades: facer a guerra e a revolución ao mesmo tempo? Primeiro gañar a guerra e logo facer a revolución? Que tipo de república instauraría a revolución? Uns: PCE e un sector do PSOE defendía que primeiro había que acabar coa guerra como garantía de facer despois a revolución, isto significaba centralización do mando, o respecto á propiedade privada e a colaboración coas forzas republicanas. Outros (CNT, FAI e POUM) defendían que se non se facía a revolución era imposible gañar a guerra, o que significaba realizar previamente a colectivización da terra e das fábricas.
  • 113. Guerra Civil Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder • O Goberno de Largo Caballero reforzou a intervención económica mediante a creación en outubro de 1936 dos Comités Directivos, cos que pretendía iniciar o proceso de nacionalización da Banca e controlar as oligarquías financeiras. O intento de reorganizar a industria e o comercio tropezou con que os dous Ministerios estaban dirixidos por anarquista que defendían que o control da industria debía exercelo o Comité de Control e o Consello de Fábrica. Os resultados económicos de xestión non foron favorables e a República tivo que recorrer ás reservas de ouro do Banco de España para facer fonte aos gastos de guerra. • As tensións entre as forzas políticas e sindicais foron en aumento. O enfrontamento máis forte orixinouse entre o PCE e POUM, apoiados estes últimos pola CNT e a FAI. En maio de 1937 o enfrontamento tivo carácter bélico nas rúas de Barcelona, provocando unha fonda crise no Goberno e a dimisión de Largo Caballero, que se negou a disolver o POUM, como lle esixía o PCE.
  • 114. Guerra Civil Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder • Goberno de Xoán Negrín (15-5 1937 a 5-3 1939). Estaba apoiado fundamentalmente polo PCE que se converteran, grazas a súa disciplina e control do exército, na principal forza de esquerdas. O reforzamento da autoridade gobernamental e a coordinación militar permitiu realizar as grandes ofensivas republicanas de Teruel e do Ebro. Tentou negociar a finalización do conflito mediante a elaboración dunha proposta (Os 13 puntos de maio de 1938), pero a negativa de Franco a calquera negociación obrigouno a defender unha política de resistencia e morte. • O Goberno de Negrín elaborou un plan económico e social para coordinar a economía baixo a dirección dun Consello Nacional de Economía. Algunhas medidas, establecidas eran garantir a propiedade das terras para quen as traballase, establecer melloras nas condicións de traballo das clases obreiras e urbanas e rurais; dar a posibilidade de que obreiro agrícola ou campesiño puidese escoller libremente entre o traballo colectivo ou individual da terra.
  • 116. Os 13 puntos Negrín
  • 117. Guerra Civil Os gobernos republicanos. A fragmentación do poder • Tras a caída de Cataluña e o recoñecemento de Francia e Gran Bretaña do réxime de Franco, Azaña dimitíu como presidente da República (27- 2-1939). • Rematada a guerra, xa desde o exilio, os políticos republicanos mantiveron as institucións da II República e a oposición ao franquismo. En 1977 o derradeiro presidente republicano, Fernando Varela, aceptou o réxime democrático e deu por finalizada, desde o punto de vista da legalidade, a República.
  • 118. Guerra Civil Revolución social • No bando republicano, as organizacións obreiras viron a posibilidade de realizar a revolución social. Con distinta intensidade e matices aplicáronse diversas medidas de colectivización e planificación económica, especialmente en Cataluña, Aragón e Andalucía. • País Vasco, deterioro das autoridades. Establecemento dun goberno de concentración vasco baixo a hexemonía do PNV. • Cataluña a Generalitat perdeu o control efectivo. A CNT converteuse na forza dominante. Créase o Comité de Milicia Antifascista onde están representadas tódalas forzas de esquerda. Unha vez rematada a sublevación iníciase a planificación e colectivización das industrias e grandes propiedades rústicas. • Andalucía e Aragón colectivización de terras. Principalmente dirixidas pola CNT. O PCE inicia a descolectivización posto que isto suporía restar apoio á República dos pequenos e medianos propietarios.
  • 119.
  • 120. En Cataluña prodúcese a colectivización das empresas
  • 121.
  • 122.
  • 123. Arriba debuxo dun neno sobre a guerra
  • 124. No bando republicano xurdirán fortes discrepancias ideolóxicas
  • 125. Guerra Civil España sublevada Institucionalización do réxime • E evolución militar e política na España rebelde non foi tan complexa. • Os militares sublevados crearon a Xunta de defensa Nacional (24-7-1936) en Burgos, o primeiro órgano de mando dos sublevados. • Presidido polo xeneral Cabanelas (máis antigüidade) e formaban parte os xenerais Saliquet, Ponte, Mola e Dávila e os coroneis Montaner, Moreno Calderón. En agosto incorpóranse os xenerais Franco, Gil Yueste, Queipo de Llano e Orgaz. • O obxectivo fundamental era a coordinación militar das columnas militares e civís nun mando único. • A Xunta asumiu as funcións políticas e administrativas, poñendo as bases do novo Estado fronte ao goberno republicano. • Unha das primeiras medidas foi declarar fóra da lei todas as forzas políticas e sociais que apoiaron á Fronte Popular (16-9- 1936).
  • 126.
  • 127. Guerra Civil España sublevada Xefatura do Estado • Varios factores favoreceron a Franco na concentración do poder: • Morte de Sanjurjo (20-7-1936) en accidente aéreo en Lisboa cando viña facerse cargo da insurrección. • Éxito na xestión dos primeiros contactos con Italia e Alemaña principalmente no paso das tropas polo Estreito. • Éxitos militares na conquista de Badajoz, liberación do alcázar de Toledo que lle permitiu chegar ás portas de Madrid. • O encarceramento e fusilamento de Primo de Rivera (20-11-1936) • A Xunta formula un mando único e é elixido Franco (1-10-1936). • Creouse unha Xunta Técnica, constituída por militares e civís que actuaba a modo de Goberno, organizada en comisións (Finanzas, Xustiza, Industria, Comercio e Abastecemento, Agricultura, Traballo, Ensino...). O cuñado de Franco, Serrano Suñer (membro da Falanxe) converteuse no seu principal propagandista, especialmente coas relacións co exterior. • En xaneiro de 1938 estableceu o 1º goberno do novo Estado.
  • 128. Carteis de C. Sáenz de Tejada
  • 129. Guerra Civil España sublevada Establecemento do partido único • Franco convértese, ademais de xefe do Estado e Xeneralísimo dos Exércitos, en xefe do movemento político organizado a partir de FE- JONS e Tradicionalistas (20-4-1937). • O proceso non estivo exento de dificultades e protestas; desde Falanxe, Hedilla (líder á morte de Jose Antonio) opúxose, preocupado polas orientacións ultraconservadoras. Os monárquicos e tradicionalistas tamén rexeitaron a fusión, porque a consideraban un golpe de Estado totalitario. • Ao final todas as forzas asumiron a unificación.
  • 130. Carteis de C. Sáenz de Tejada
  • 131. Guerra Civil España sublevada Contrarrevolución • Creación do Servizo Nacional de Reforma Económica e Social da Terra encargado de realizar a contrarreforma agraria. • Supresión do réxime de concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa (manténdose en Navarra e Álava). • Centro da produción agrícola e industrial. • Derrogación da lei de divorcio e matrimonio civil. • Restablecemento da pena de morte. • Censura previa na prensa. • Reconstitución da Compañía de Xesús. • Medidas no campo da educación que favoreceron a Igrexa.
  • 132. A memoria histórica Cambio no nome das rúas coruñesas
  • 133. BARRIO ANTIGO NOME DA VÍA ACTUAL NOME DA VÍA QUEN ERA?, QUE FOI? POR QUE SE DÁ O NOVO NOME? CIDADE ESCOLAR-LABAÑOU Arcadio Vilela Gárate Cultura Membro das Milicia Armadas denominadas Caballeros de La Coruña a quen os historiadores atribúen "paseos" e diferentes actos de represión contra simpatizantes da democracia republicana. Por estar situada no barrio de Cidade Escolar CIDADE ESCOLAR-LABAÑOU Pepín Rivero Educación Xornalista cubano favorable ao golpe militar de Franco contra a 2ª República Por estar situada no barrio de Cidade Escolar POLÍGONO DE ELVIÑA Salvador y Merino Ría do Burgo Destacado dirixente falanxista na cidade da Coruña durante a Guerra Civil e a posguerra. Nome xeográfico relacionado coa realidade da nosa cidade. POLÍGONO DE ELVIÑA Joaquín Planells Riera Avenida do Ferrocarril Militar que participou no golpe de Estado de 1936. Ministro de industria durante o franquismo. Avenida no lateral da estación do tren. SAGRADA FAMILIA-STA. MARGARIDA Castillo de Olite Os Tornos Buque de guerra franquista afundido pola artillería republicana en Cartaxena. Morreron 1.400 soldados que ían a bordo. Moitos deles galegos. Nome orixinal da zona. SAGRADA FAMILIA-STA. MARGARIDA Sarxento Provisional Alberto Datas Panero Rango militar creado por Franco no seu exército durante a Guerra Civil. Pintor coruñés nado en 1935 e falecido no 2007. Ten importante obra artística de forte presenza internacional. RIAZOR Comandante Barja Riazor En xullo de 1936, volve ao Exército e foi nomeado xefe da Bandeira Lexionaria Galega que o 28 de agosto saíu para a frente norte. Morreu na Batalla de Teruel. Situada perto da praia. ORZÁN Juan Canalejo Socorro Xefe da falanxe en Galicia. Fusilado en Paracuellos en novembro de 1936. Referencia ao antigo nome da vía PESCADERÍA Xeneral Mola Álvaro Cebreiro Cabecilla do golpe de Estado de 1936. Ilustrador galego
  • 134. BARRIO ANTIGO NOME DA VÍA ACTUAL NOME DA VÍA QUEN ERA?, QUE FOI? POR QUE SE DÁ O NOVO NOME? ATOCHAS-A TORRE Millán Astray Pza. das Atochas Participa no golpe de Estado de 1936. Fundador da Lexión. Nome do barrio CIDADE VELLA Cánovas Lacruz Militar que iniciou o golpe de Estado de 1936 na Coruña Pendente de cambio de nome. XOÁN FLÓREZ Cabo Santiago Gómez Morto ao disparar un balazo contra o Goberno civil da Coruña. Os primeiros días do golpe de Estado. Pendente de cambio de nome. XOÁN FLÓREZ Gómez Zamalloa Costa da Unión Militar coruñés que xogou un papel destacado na sublevación militar de 1936 en Andalucía. Participou na División Azul. Nome orixinal da vía CATRO CAMIÑOS Viaduto do Xeneralisimo Título do ditador que gobernou España perto de 40 anos. Pendente de cambio de nome. XOÁN FLÓREZ División Azul Antón Vilar Ponte Exército formado por soldados españois que participou no frente ruso ao mando do exército alemán durante a 2ª guerra mundial. Antón Vilar Ponte, deputado na II República e figura clave na creación das Irmandades da Fala, que no 2016 cumpren o seu centenario. OS CASTROS Xeneral Sanjurjo Avda. de Oza Cabecilla do golpe de Estado de 1936. Nome do antigo concello limítrofe coa Coruña e que ocupaba este espazo. CASTRILLÓN Avda. e Pza. dos Caídos Avda. e Pza. da Concordia Representa só aos mortos do bando rebelde. Reconciliación nacional. PESCADERÍA Alférez Provisional Avda. do Porto Rango militar creado por Franco no seu exército durante a Guerra Civil. Situada ao lado do porto coruñés. CIDADE XARDÍN Teniente Coronel Teijeiro Filantropía Militar residente neste barrio organizador das milicias armadas Caballeros de La Coruña que participaron no cerco de Oviedo onde faleceu. Amor polo ser humano.

Editor's Notes

  1. Cami
  2. Cami
  3. Cami
  4. Cami
  5. Cami
  6. Cami
  7. Cami
  8. Cami
  9. Cami
  10. Cami
  11. Cami
  12. Cami
  13. Cami
  14. Cami
  15. Cami
  16. Cami
  17. Cami
  18. Cami
  19. Cami
  20. Cami
  21. Cami
  22. Cami
  23. Cami
  24. Cami