SlideShare a Scribd company logo
1 of 211
Download to read offline
Tema 1
 Evolución histórica dos coñecementos
xeográficos.
 Obxecto dos estudos xeográficos
 Os procedementos xeográficos
 Pautas para o comentario de fontes
xeográficas
 Orixe do termo: geia- graphein
 Obxecto de estudo:
 os fenómenos físicos e naturais
 os fenómenos producidos polo home.
 Ata o século XIX a xeografía non se constitue
como ciencia independiente.
 Na Antigüidade
 En Grecia se desenvolve a cartografía,
técnicas de localización e proxección.
Eratóstenes calcula as dimensións da
terra(esférica) e Ptolomeo elabora un mapa
sobre o mundo coñecido.
 Na Idade Media imponse a ideoloxía relixiosa
e rexéitase a herdanza clásica.
 Nos séculos XIV e XV debido ás necesidades
da navegación, progresa a cartografía.
 Aparecen descricións da terra que conforman
guías para os viaxeiros (Codex
Calixtinus,Libro das Marabillas do Mundo de
Marco Polo).
 Na Idade Moderna Mercator, elaborou un
mapa mundi co sistema de proxección
cilíndrica.
 Felipe II encarga as Relacións Topográficas,
recollida de información de rexións e
lugares, mesturando descricións, etnografía,
datos históricos
 No século XIX Alexander von Humboldt e Karl
Ritter sentaron as bases da ciencia
xeográfica moderna, baseada na explicación
e a interrelación dos fenómenos xeográficos
 No século XIX a xeografía intituese como
ciencia grazas a:
 Revolución Industrial ….Imperialismo colonial
creación das sociedades xeográficas.
 Nacionalismos
 Peli: Las montañasde la luna»
 Xeografía física e humana
 Xeografía xeral
 Xeografia rexional
 Xeografía cuantitativa ou teórica.(Christaler)
 Xeografía humanista(xeografía da percepción,
dos espazos vividos)
 Xeografía radical
 ecoxeografía
 A localización do espazo xeográfico: a rede
xeográfica.
 A rede xeográfica: paralelos e meridianos
 Paralelos………………..latitude
 Meridianos……………..lonxitude
 A representación do espazo xeográfico: a
cartografía.
 Os mapas
 SISTEMAS DE PROXECCIÓN:
 Cilíndrica
 Cónica
 Polar ou acimutal
Mapa de Mercator 1569
 A escala
 Gráfica
 Númérica 1: 500.000
 A lenda
 topográficos
 Identificación, tipo de fonte, número de folla,
nome,edición, data, tipo de proxección.
 Coordenadas xeográficas, escala.
 Análise e interpretación
 Aspectos físicos: relevo, hidrografía,
vexetación.
 Aspectos humanos: Usos do solo(agrarios,
industriais, terciarios)
 Poboamento
 Toponimia
 Conclusión
coropletas
Anamórficos ou distorsionados
Isoliñas
Fluxos
De figuras
Diagramas
 Identificación
 Análise
 Fenómeno representado
 Espazo xeográfico
 Fonte
 Comentario
 Definición do fenómeno xeográfico
 Características da localización e distribución.
 Explicación de fenómenos xeográficos
 Comparación con outros territorios do contorno
 Conclusíon
 Tendencias futuras
 Lineal (eixo de coordenadas)
De barras
De sectores
 Identificación, tipo.
 Análise
 Fenómeno representado
 Espazo xeográfico e datas.
 Fonte
 Comentario
 Definición do fenómeno xeográfico
 Características da evolución ou distribución .
 Explicación (causas consecuencias).
 Comparación con outros territorios do contorno.
 Conclusíon
 Tendencias futuras
 Series numéricas que informan sobre o valor
dunha ou máis variables no tempo ou no
espazo.poden ser simples ou múltiples.
 Identificación, tipo(simples,múltiples).
 Análise
 Fenómeno representado
 Espazo xeográfico e datas.
 Fonte
 Comentario
 Definición do fenómeno xeográfico
 Características da evolución ou distribución .
 Explicación (causas, consecuencias).
 Comparación con outros territorios do contorno.
 Conclusíon
 Tendencias futuras
 Lectura comprensiva do texto
 Identificación, tipo de texto.
 Fenómeno ao que se refire
 Espazo xeográfico e datas.
 Fontes, autor
 Análise
 Ideas principais e secundarias
 Comentario
 Definición de termos
 Explicación (causas, consecuencias).
 Comparación con outros territorios do contorno.
 Conclusíon
 Tendencias futuras
 Identificación.(coordenadas..)
 Indicar nome dos puntos entre os que se
traza, máximas mínimas altitudes..
 Enumerar as distintas unidades de relevo que
se suceden no perfil.
 Analizar e comentar as características e as
causas de cada unha das unidades de relevo
facendo atendendo a:
-orixe e evolución
-rochedo
-formas de relevo:altitude, tipo de
relevo(estrutural ou produto da erosión)
formas máis características.
 Unidades morfoestructurais: tipos e evolución
xeolóxica
 O rochedo e os tipos de relevo
 O relevo peninsular, as grandes unidades
morfoestructurais:a Meseta, os bordos
montañosos da Meseta, as depresións exteriores
da Meseta, as cordilleiras exteriores da Meseta.
 relevo costeiro peninsular: as costas atlánticas e
as costas mediterráneas.
 relevo insular : arquipélago balear e arquipélago
canario.
 Tamaño: medio(505.987 Km2)
 Situación: H. Norte, zona temperada,Europa
 Comprende:
◦ Península(97,53% da sup)
◦ Arquipélago Balear
◦ Arquipélago Canario
◦ Cidades autónomas: Ceuta e Melilla
 Posición entre dous continentes (Europa e África) e
dúas masas de auga ( Atlántico e Mediterráneo)
diversidade natural desigualdade nos
recursos desequilibrios.
 O relevo e o conxunto de formas que
presenta a superficie terrestre (litosfera)
resultado dunha estrutura xeolóxica
orixinada polas forzas internas da Terra e
da modelaxe realizada polos axentes
externos (meteoros atmosféricos, seres
vivos..).
 Ciencia que o estuda: Xeomorfoloxía
 CARACTERÍSTICAS:
 Forma maciza: ancho e costas rectilíneas
menor influencia do mar no interior.
 Elevada altitude media: 660m (Meseta e
cordilleiras)
 Disposición periférica do relevo contrastes
climáticos interior//litoral
 Unidades morfoestructurais. Formas e a
disposición que adopta o relevo resultado
dos movementos tectónicos da terra.
 Erosión. Desgaste do relevo producido por a
acción de diversos axentes climáticos ou
atmosféricos e biolóxicos
 Sedimentación depósito sobre a codia
terrestre de materiais procedentes da
descomposición das rochas (detrítica) ou de
substancias de disolución
https://youtu.be/nuq1Ux42DQg
https://www.youtube.com/watch?v=vXHYwFf5R18
http://www.slideshare.net/isaacbuzo/conceptos-
geologia
 ZÓCOLOS : chairas ou mesetas formadas no
Paleozoico, como resultado do arrasamento
pola erosión das cordilleiras xurdidas na
Oroxénese herciniana.
 Están formados por rochas silíceas como
granito, cuarcita, lousa e xistos.
 Ocupan extensas áreas da metade occidental
da Península.
 MACIZOS ANTIGOS: Montañas formadas na
era terciaria polo novo levantamento dun
bloque dun zócolo a causa da oroxénese
alpina. Presentan formas redondeadas e
cumios aplanados pola acción da erosión.
 Na Península son macizos antigos o Sistema
Central e os Montes de Toledo o Macizo
Galaico e a parte occidental da Cordilleira
Cantábrica.
 CORDILLEIRAS DE PREGAMENTO: Son grandes
elevacións montañosas xurdidas na
oroxénese alpina da era terciaria a causa do
pregamento de materiais sedimentarios.
Presentan fortes pendentes e formas
escarpadas. Distínguense dous tipos:
 Cordilleiras intermedias, formadas polo
pregamento de materiais nos rebordos do
zócolo. Na península temos o Sistema Ibérico
e a parte oriental da Cordilleira Cantábrica.
 Cordilleiras alpinas, formadas polo
pregamento de materiais depositados nas
foxas mariñas (Pirenéos e Cordilleiras Béticas)
 CONCAS SEDIMENTARIAS ou depresións. Son
zonas afundidas, formadas no Terciario
enchidas con sedimentos, principalmente
calcarios e arxilosos.
 Concas formadas polo afundimento dun
bloque dun zócolo pola presión da oroxénese
alpina(Depresión do Douro, Texo e Guadiana)
 Depresións prealpinas, orixinadas pola
descompresión posterior ao levantamento
das cordilleiras, que provocou o seu
afundimento Depresión do Ebro e do
Guadalquivir.
Nombre Años Era
Postglacial Actual 8.000 Holoceno
Glacial Würm o Wiurm 80.000
Pleistoceno
Interglacial Riss-Wiurm 140.000
Glacial Riss 200.000
Interglacial Midel-Riss 390.000
Glacial Midel 580.000
Interglacial Giunz-Midel 750.000
Glacial Günz o Giunz 1,1 m.a.
Interglacial Donau-Giunz 1,4 m.a.
Glacial Donau 1,8 m.a.
Interglacial Biber-Donau 2 m.a.
Glacial Biber 2,5 m.a.
Glacial Oligoceno 37 m.a.
CenozoicoInterglacial Eoceno superior 40 m.a.
Glacial Paleógeno 80 m.a.
Interglacial Cretácico 144 m.a. Mesozoico
Glacial Permocarbonífera 295 m.a.
PaleozoicoGlacial Carbonífero inferior 350 m.a.
Glacial Ordovícico 440 m.a.
Glacial Precámbrico 700 m.a. Precámbrico
 Era Arcaica ou Precámbrico(hai 4000-600
millón de anos) Emerxe do mar unha banda
montañosa arqueada de Noroeste a sueste,
formada por lousas e gneis que comprende
case toda Galicia e puntos illados do Sistema
Central e dos Montes de Toledo.
 Logo foi arrasado pola erosión e cuberto
polos mares paleozóicos.
 Prodúcese a oroxénese Herciniana.Dos mares
que cubrían a Península, xurdiron as
cordilleiras hercinianas, formadas por
materiais silíceos como granito, lousa e
cuarcita.
 Ao oeste elévase o Macizo Hespérico.
 Ao nordés aparecen os macizos de
Aquitania,catalano-balear e do Ebro, e
aosureste o macizo bético- Rifeño. Todos
arrasados pola erosíón e convertidos en
zócolos
 Período de calma oroxénica, con predominio
de erosión e sedimentación.
 Prodúcense transgresións e regresións
mariñas no bordo oriental da meseta,
inclinada cara ao Mediterráneo, con
acumulación de sedimentos de materiais
fundamentalmente calcáreos, areniscas,
margas.
 Prodúcese a oroxénese alpina, que:
 Eleva as cordilleiras alpinas dos Pireneos e as
Cordilleiras Béticas, ao se pregaren os
materiais depositados nas fosas.
 Fórmanse as depresións prealpinas, paralelas
ás cordilleiras: a Depresión do Ebro e a
Depresión do Guadalquivir.
 Na Meseta
-Basculación cara ao Atlántico, vertendo
a este Océano a maioría dos ríos peninsulares.
-Formación dos rebordos montañosos
da Meseta:Cordilleira cantábrica,Sistema
Ibérico e Serra Morena.
 Fracturación do zócolo da Meseta, orixinando
unha estrutura xermánica, de:
Bloques levantados ou horst , que levantaron
o Macizo Galaico e aparte occidental da
Cordilleira Cantábrica, Sistema Central e
Montes de Toledo
Bloques afundidos ou graben que crearon
depresións interiores ou Concas
sedimentarias da Meseta: Depresión do
Douro, Texo e Guadiana.
Actividade volcánica en zonas como Olot-
Ampurdam, Campo de Calatrava e cabo de
Gata.
 Destaca nesta era os procesos de erosión a
glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.
 O glaciarismo afectou ás cordilleiras dos
Pireneos,Cordilleira Cantábrica, Sistema
Central,Sistema Ibérico e Serra Nevada.
 Glaciares de circo, acumulación de xeo na
cabeceira dos vales.
 Glaciares de val, son ríos de xelo procedentes
do exceso de espesor do xeo do circo, que
circulan val abaixo dándolle forma de U.
 Terrazas fluviais, antigos chans de inundación
abandonados polo posterior encaixamento
fluvial. Son froito das alternancias climáticas do
Cuaternario: nos períodos glaciais, ó atoparse a
auga xeada nas montañas, os ríos perderon
forza erosiva e depositaron aluvións no seu
leito. Nos períodos postglaciais, ó aumentar a
temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal
e a forza erosiva dos ríos, afondando o seu leito
e deixaron suspendidos ós lados os aluvións
acumulados anteriormente, constituíndose así as
terrazas. Na Península, as máis características
son as formadas polo Douro, o Texo, o
Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.
 Derivado da evolución xeolóxica da
Península, existen tres grandes áreas
diferenciadas polo tipo de rochedo:
 Área silícea.
 Área calcaria.
 Área arxilosa.
 Pola súa banda, a erosión creará , distintos
tipos de relevo ou de modelaxe:
 Granítico
 Cárstico
 arxiloso
 erosión diferencial.
 A ÁREA SILICEA .
 Está formada por rochas antigas de era
precámbrica e paleozoica. Localízase
maioritariamente no Oeste peninsular, parte da
Cordilleira Cantábrica, do Sistema Central,
Montes de Toledo e Serra Morena.
 Tamén en zonas do eixe dos Pireneos, sectores
do Sistema Ibérico , da Cordilleira Costeiro-
catalá e da cordilleira Penibética.
 A rocha predominante é o granito, rocha
magmática plutónica, cristalina e ríxida, que se
altera de diversas formas, dando lugar a
distintos tipos de relevo granítico:
 Pola acción química da auga que altera a rocha ,
descompoñendo os seus cristais e
transformándose en areas pardoamarelas.
 Por fractura ou diáclases, dando lugar a diversas
formas segundo a altitude:
 Nas áreas de alta montaña fórmanse cristas
agudas(agullas ou galaios) e de pedregais
(fragmentos de rochas).
 Nas zonas menos elevadas.
 Se as diáclases son paralelas á superficie, o
granito disgrégase lentamente e orixina unha
paisaxe e formas onduladas e redondeadas
chamadas domos.
 Se as diáclases son perpendiculares, fórmanse
bolas, que poden amontoarse formando
barrocais.
 As formas máis típicas son os tores(moreas de
bolas), e as rochas cabaleiras.
Escamación do granito
DOMOS
Pedra cabaleira
http://www.uclm.es/profesorado/egcardenas/granitos.pdf
TOR
CRISTAS
 AREA CALCARIA
 Formada por rochas da era secundaria
pregadas na era terciaria.
 Forma unha Z invertida estendéndose polos
Pireneos, Montes Vascos, sector oriental da
cordilleira Cantábrica, o Sistema ibérico,
parte da Cordilleira Costero-Catalá e a
cordilleira Subbética.
 A rocha predominante é a calcaria,rocha
dura que de disolve facilmente con auga. Da
lugar a o relevo cárstico,un relevo complexo
con diversas formacións:
 Lapiás ou lenares, sucos ou cavidades separadas por
tabiques máis ou menos agudos.
 Gargantas ou foces, vales estreitos e profundos
enmarcados en abruptas vertentes causados polos
ríos.
 Poljés,son depresións alongadas de fondo horizontal
enmarcadas por vertentes abruptas, percorridas por
correntes de auga, que desaparecen súbitamente por
sumidoiros.
 Dolinas ou torcas, grandes cavidades formadas nos
lugares onde a auga se estanca, poden ter formas
diversas e unirse a outras formando cavidades
denominadas uvalas.
 Covas, fórmanse ao infiltrarse a auga e circular
subterraneamente, escavando galerías, nelas adoitan
formarse estalactitas e estalagmitas. A auga infiltrada
pode vover á superficie a través de manantiais e
surxencias.
 Simas. Aberturas estreitas que comunican a
superficie coas galerías subterráneas.
Estalactita e estalagmita
Dolina
poljé
 AREA ARXILOSA
 Esta formada por rochas sedimentarias das
eras terciaria e cuaternaria.
 Localízase nas concas da Submeseta norte e
sur, nas depresións do Ebro e no
Guadalquivir, e nas áreas afundidas e chairas
costeiras.
 A rocha predominante é a arxila, de escasa
resistencia á erosión. Isto da lugar a un relevo
horizontal de dous tipos:
 Cando os ríos abren vales, orixinando as
campiñas, chairas suavemente onduladas.
 Nas zonas onde se alternan longos períodos
secos e calorosos con outros de chuvias
torrenciais, e non hai protección vexetal,
auga desgasta fortemente as vertentes
formando cárcavas ou sucos estreitos e
profundos separados po arestas. Isto orixina
unha paisaxe peculiar de badlands.
cárcavas
Chemineas de fadas (Madrid)
badlands
 En cada unha destas tres areas, e frecuente
atopar rochas de distinta orixe e resistencia. A
erosión actuará de xeito selectivo segundo os
materiais e a súa disposición en estratos.
 Cando os estratos son horizontais
alternándose materiais duros e brandos, os
ríos abren grandes plataformas chamadas
páramos ou mesas.
 Os páramos teñen un cume horizontal
correspondente ao estrato máis duro. Os
flancos, de materiais máis brandos,
erosiónanse máis rapidamente, reducíndose os
páramos e convertíndose en cerros testemuña,
outeiros de teito horizontal ou antecerros,
cando perden o teito de material duro.
 O espazo que separa os páramos vaise
ensanchando ao erosionarse os materiais
brandos, formando as campiñas.
 Este tipo de relevo observase nas concas
sedimentarias da Meseta e nas depresións do
Ebro e o Guadalquivir.
 Cando os estratos está suavemente inclinados
(relevo en costa), alternándose materiais duros e
brandos.
 No estrato duro inclinado distínguese un dorso
ou reverso, e unha fronte cunha cornixa de forte
pendente. Na parte branda unha parte inferior
cóncava. Tamén aparecen cerros testemuña e
antecerros polo retroceso das costas.
 Cando os estratos están pregados, e formados
igualmente por alternancia de materiais duros
e brandos orixínanse dous tipos de relevo:
 Relevo apalachense.Relevo montañoso
herciniano arrasado e aplanado pola erosión,
que experimenta un novo levantamento que
reactiva a erosión. Esta forma alternancia de
 cristas , serras longas paralelas de altitude
similar con materiais duros.
 vales, compostos por materiais brandos.
 Atópanse na parte occidental da cordilleira
Cantábrica, Montes de Toledo e Serra Morena
 Relevo xurásico
 Formase nas cordilleiras novas altérnanse
anticlinais (dobras convexas), e sinclinais (dobras
cóncavas).
 Nos anticlinais a erosión da auga crea cluses, vales
perpendiculares ao cumio; combes, vales paralelos
ao cumio.
 Cando a erosión arrasa o estrato duro dos
anticlinais, estes convértense en vales por debaixo
dos sinclinais, que quedan levantados (sinclinais
colgados).
 A posterior erosión doval anticlinal sacará á
superficie o sinclinal do estrato inferior (anticlinal
exhumado).
 Temos exemplos deste relevo no Sistema Ibérico,
parte oriental da Cordilleira cantábrica, nos
Pireneos e nas Cordilleiras Béticas.
 Chaira elevada a uns 600-800 m de altitude,
formada na era primaria pola erosión do
macizo Hespérico xurdido na oroxénese
herciniana. Posteriormente foi deformado
pola oroxénese alpina na era terciaria.
 Diferéncianse tres unidades:
 Antigo zócolo paleozoico
 As serras interiores
 As concas sedimentarias interiores
 ANTIGO ZÓCOLO PALEOZOICO Aflora no
oeste peninsular (penechairas zamorano-
salmantinas e estremeñas). A erosión deixou
ao descuberto materiais siliceos
primarios(granito, lousa e cuarcita).
 O relevo esta constituído por penechairas,
superficies de erosión suavemente onduladas.
As penechairas están accidentadas por
montes illa, relevos residuais constituídos por
rochas máis resistentes. Na zona de contacto
das penechairas coas concas sedimentarias,
os ríos crean profundas gargantas ao
encaixarse nos materiais duros.
 AS SERRAS INTERIORES
 Sistema central e Montes de Toledo.
 Fórmanse na era Terciaria a causa do
levantamento dalgúns bloques do zócolo da
Meseta como resultado da oroxénese alpina.
Teñen rochedo primario(granito lousa e gneis)
 Sistema central, divide a Meseta, as súas serras
máis destacadas son Somosierra, Guadarrama,
Gredos, Gata e Peña de Francia.
 Montes de Toledo. De menor altura, divide en
dous a submeseta sur, separando as concas do
Texo e do Guadiana. Destaca a Serra de
Guadalupe.
 AS CONCAS SEDIMENTARIAS INTERIORES
 Formadas na era terciaria polo afundimento
dos bloques da Meseta como resultado da
oroxénese alpina.
 Distinguimos a conca da Submeseta norte
percorrida polo río Douro.
 Submeseta sur dividida polos Montes de
Toledo e percorrida polo Texo e Guadiana.
 Estas concas formaron lagos que logo foron
enchéndose con materiais terciarios
brandos(arxilas, areas, xesos e margas) e
duros(calcarias) na parte superior. Como
resultado, formáronse un relevo de páramos,
campiñas e costas.
 Páramos. Superficies estructurais planas e
elevadas formadas polos estratos duros
calcáreos.
 As campiñas. Chairas baixas, suavemente
onduladas percorridas por ríos.Fórmanse
onde os páramos foron erosionados e
afloran os materiais mas brandos(arxilas,
margas). Nelas son frecuentes os cerros
testemuña ou outeiros. Destacan as
campiñas percorridas polo Douro, Texo e
Guadiana.
 As costas zonas inclinadas entre páramos e
campiñas
 Macizo galaico leonés
 A Cordilleira Cantábrica
 O Sistema Ibérico
 Serra Morena
 MACIZO GALAICO LEONÉS. Formouse na era
terciaria polo levantamento do ángulo
noroeste do zócolo da Meseta durante a
oroxénese alpina. O seu relevo presenta
montañas redondeadas de pouca altura
cortadas por multitude de fallas.
 As súas serras máis destacadas son a
Segundeira,Cabrera e os Ancares.
 A CORDILLEIRA CANTÁBRICA
 Macizo Asturiano, formado na era terciaria
polo levantamento da oroxénese alpina, con
materiais paleozoicos(lousas e cuarzitas). No
seu extremo afloran calcarias primarias que
constitúen os Picos de Europa coas maiores
altitudes como Peña Vieja e o Naranjo de
Bulnes.
 Montañas Cantábricas, formadas na era
terciaria polo pregamento de materiais
secundarios(calcarias) depositados polo mar
no bordo da Meseta. A distinta dureza creou
relevos xurásicos.
 O SISTEMA IBÉRICO.
 Cordilleira formada na era terciaria por
pregamento de materiais secundarios,
principalmente calcarios depositados polo
mar. Distínguense dous sectores:
 O terzo setentrional de dirección NO-SL,
coas maiores alturas da Serra da Demanda e
os Picos de Urbión e o Moncayo.
 O terzo meridional. Bifúrcase en dúas ramas
paralelas á foxa tectónica que percorre
Calatayud- Teruel con sedimentos terciarios:
 Rama interior ou castelá(Serra de Albarracín e
Serranía de Cuenca
 Rama exterior ou aragonesa( Serra do
Javalambre e Gudar)con materiais calcáreos.
 SERRA MORENA
 Non é propiamente unha cordilleira, senón un
brusco chanzo que separa a Meseta do val do
Guadalquivir. Parece que se trata dunha gran
flexión fracturada en moitos puntos. Formouse
na era terciaria polo empuxe das cordilleiras
béticas. O nome provén do rochedo Paleozóico
de cor escura e da súa vexetación.
 DEPRESIÓN DO EBRO . Paralela aos Pireneos
está pechada polo Sistema ibérico e as
Cordilleiras Costeiro Catalás, enchido con
materiais terciarios. Primeiro estivo ocupada
polo mar, pero logo transformouse nun lago
na era terciaria. Os seus materiais son
mariños e continentais. Nos bordos
conglomerados, mais grosos e no centro
margas xesos calcarias e sales.
 O seu relevo e froito da distinta dureza dos
materiais e a aridez, distínguense:
 Os somontes ou pe de monte pirenaico e
ibérico, con chairas levemente inclinadas,
entre as serras exteriores e o centro da
depresión, con materiais duros e
grosos(conglomerados)transportados polos
ríos desde as montañas, a súa erosión creou
mallos (torreóns rochosos por fractura
vertical) e foxas(depresións sobre materiais
máis brandos)
 No centro da depresión altérnanse estratos
horizontais de calcarias duras e brandos de
arxilas, margas e xesos. Resulta así un relevo
de mesas (zona cha elevada)sobre as
calcarias e badlands sobre os brandos.
 DEPRESIÓN DO GUADALQUIVIR
 Paralela ás cordilleiras béticas, primeiro estivo
aberta ao mar, logo converteuse nunha
albufeira, e máis tarde, por colmataxe,
converteuse en marismas pantanosas, zona
afundida enchida posteriormente con
materiais terciarios(calizas, margas arxilas).
 Predomina un relevo de campiñas nas zonas
arxilosas e mesas e cerros testemuños onde
hai calcarias.
 OS PIRENEOS
 OS MONTES VASCOS
 A CORDILLEIRA COSTEIRO- CATALÁ.
 AS CORDILLEIRAS BÉTICAS
 Formáronse na oroxénese alpina,polo
pregamento dos sedimentos secundarios
depositados nas foxas oceánicas béticas e
pirenaicas entre antigos macizos que actúan
como tope. Predominan os materiais
calcarios.
 O eixe ou zona axial, correspondente ao antigo
macizo herciniano que rexuveneceu na
oroxenese alpina. Formado por materiais
paleozoicos , con relevo abrupto, destacan os
picos de Aneto e Monte Perdido.
 O prepirineos , ao sur da zona axial, formáronse
na oroxénese alpina, por pregamento de
materiais secundarios depositados na foxa
pirenaica. Estrutúrase en dúas aliñacións
montañosas,paralelas ao eixe: serras exteriores e
interiores.
 A depresión media ,longa e estreita, por onde
discorre o Canal de Berdún, separa as serras
exteriores e as interiores prepirenaicas.
OS PIRENEOS
Monte Perdido
Con glaciar
Pico de Aneto
 OS MONTES VASCOS
 Supoñen unha prolongación do prepirineo.
Polo que predomina o rochedo calcario.Con
formas suaves e moderada altitude, coas
máximas elevacións son Aralar e Peña
Gorbéa.
 A CORDILLEIRA COSTEIRO- CATALÁ.
 E unha transformación da zona oriental dos
Pireneos. Está separada destes por fallas que
deron lugar a unha rexión volcánica con máis de
40 conos nos arredores de Olot.
 A cordilleira está dividida en dúas aliñacións:
 Ao norte a cordilleira litoral, paralela á costa
formada por materiais paleozoicos levantados na
oroxénese alpina(Altos de Garraf).
 A metade sur, cordilleira prelitoral , no interior,
está constituída por terreos calcáreos secundarios
e pregados na oroxénese alpina con maiores
elevacións(Montseny, Montserrat).
 Ambas están divididas por unha depresión ou
foxa tectónica, enchida con materiais terciarios e
cuaternarios(comarcas del Vallés e Penedés)
 A Cordilleira Penibética. Paralela á costa,
formouse na era terciara polo
rexuvenecemento do antigo Macizo Bético-
Rifeño. Contén materiais paleozoicos e
ostenta os cumes máis elevados da Península
en Serra Nevada: O Mulhacén(3482m) e a
Veleta (3392m)
AS CORDILLEIRAS BÉTICAS
 A Cordilleira Subbetica. No interior, formouse na
era terciaria por pregamento de materiais
mesozoicos (calizas, margas)ao achegarse a placa
ibérica e africana,estes materiais duros e brandos
ao se pregaren, orixinaron mantos de corremento e
cabalgamentos (materiais desprazados a gran
distancia do seu lugar de orixe). Destaca a Serra de
Grazalema e Cazorla.
 A Depresión intrabética. Enchida con materiais
terciarios,está ragmentada nas foxas de Rolda,
Antequera, Guadix e Baza
 ARQUIPÉLAGO BALEAR.
 Mallorca
 Presenta tres conxuntos:
 A serra Tramuntana, de rochedo calcáreo, forma
abrupta , ten a súa maior elevación no Puig
Maior(1445m)
 As serras de Llevant, non alcanzan os 500m.
 A depresión central ou Pla
 Eivissa e Formentera, unidas ata o Cuaternario,
teñen relevo montañoso calcario ao norte de
Eivissa, un macizo ao leste de Formenteira(La
Mola) e unha chaira no medio, que ocupa o sur
de Eivissa e case toda Formenteira.
 Menorca. Presenta dous conxuntos.
 A metade norte ten unha aliñación montañosa
paleozoica de baixa altura e formas suaves,
que enlaza coa Cordilleira costeiro-catalá.
 A metade sur, cha, de materiais calcáreaos
secundarios, separada da anterior por unha
falla.
 As costas son acantiladas nas zonas de relevo
montañoso, no resto alternan praias longas e
numerosas calas. Tamén hai algunha
albufeira como a de Alcudia.
 A área volcánica está integrada
fundamentalmente o arquipélago canario e
tamén algúns sectores de vulcanismo terciario
da Península Ibérica (Campo de Calatrava,
Campo de Olot, Cabo de Gata, Mar Menor).
 As illas Canarias, son de orixe volcánica,
formadas na era terciaria, cando a oroxénese
alpina rompeu o fondo do Atlántico , a través
desas fracturas, emerxeron grandes masas de
rochas volcánicas que deron lugar ás illas.
 Tipos de relevo:
 Conos volcánicos cúbicas abertas no cume.
Orixináronse polo amoreamento de materiais
volcánicos arredor da boca de emisión.
 Algúns son activos en Tenerife, La Palma e
Lanzarote.
 As caldeiras son grandes cráteres circulares,
orixinados pola explosión ou afundimento
dun volcán.
 Son famosas a caldeira de explosión de
Bandama (Gran Canaria) e a de afundimento
de “Las Cañadas” (Tenerife) ou a de Caldera de
Taburiente (A Palma).

Caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria)
Las Cañadas del Teide” (Tenerife)
As cañadas do Teide
Caldera de Taburiente (A Palma).
Os malpaíses son terreos abruptos
formados ao solidificarse
rapidamente as coadas de lava en
forma de ondas ou de bloques.
 Os diques ou muretes volcánicos e os roques
ou agullas volcánicas son condutos de emisión
de magma que se encheron de lava solidificada
e quedaron ao descuberto pola erosión
diferencial.
Os diques
fórmanse cando o conduto
é unha fisura horizontal.
Os roques ou agullas fórmanse
cando é a cheminea
vertical dun cono volcánico,
aínda que tamén poden estar
formados só por rochas máis
resistentes á erosión.
Roque Nublo, en Gran Canaria
 Os barrancos son vales estreitos, escarpados e de
curto percorrido, creados polo encaixamento dos
torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha
época de clima máis húmido que o actual, que
permitía a existencia de correntes de agua
capaces de provocar esta forte erosión.
 As costas son consecuencia das distintas
erupcións volcánicas.predominan os
acantilados e as praias.
 Os acantilados teñen entre 100 e 500m, e son
característicos dos macizos antigos como a
costa dos Xigantes en Tenerife.
 As praias nas illas occidentais, son franxas de
cantos debido á estreita plataforma litoral,;
nas illas orientais a maior anchura da
plataforma, permita praias de area.
 España ten 7.880 km de costa. A súa
configuración peninsular e os seus dous
arquipélagos favorecen a existencia dunha
gran variedade de formas costeiras, desde
acantilados abruptos ata praias de area fina.
 As costas peninsulares son
predominantemente rectilíneas, agas as
galegas,
Axentes erosivos coma a auga e o vento
levaron a cabo o labor posterior de
modelaxe das formas costeiras
definitivas.
 AS FORMAS DE RELEVO COSTEIRO
 Principais accidentes costeiros.
 Os cabos. Saíntes da costa que adéntranse no
mar.
 Os golfos. Profundos entrantes do mar na
costa.
 Acantilados. Costas que se recortan ante o
mar nunha forte pendente.A erosión crea
covas, arcos mariños e farallóns. Son
característicos os da costa cantábrica.
Arcos mariños
Acantilados
Farallóns
 Deltas. Saíntes costeiros formados polos
sedimentos que achega un río.
 Dunas. Montículos de area propios das costas
areentas, formados pola acumulación de area
transportada polo vento.
Dunas de Corrubedo
 As rasas.Plataformas de erosión mariña,
paralelas á costa e elevadas sobre o nivel do
mar. Predominan na costa Cantábrica
 As rías. Antigos vales fluviais afundidos no
mar no seu último tramo.
 Praias. Extensións chás e pouco pendentes na
costa formadas por areas, gravas,seixos e
restos de moluscos.
 Marismas. Zona baixa das baías que se
enchen con sedimentos do mar ou dun río
 Frechas litoráis. Barras de area que forman
unha prolongación da costa diante dunha
baía. Se a frecha chega a pechar o fronte da
baía chámase cordón litoral.
 Albufeiras. Lagos costeiros salgados
separados do mar por un cordón de area que
pecha a baía.
 Tombolos. Barras de area que unen illotes
rochosos á costa.
 AS COSTAS ATLÁNTICAS
 A costa cantábrica .Predominan os acantilados
e as rasas como as da Mariña lucense.
 Hai rías curtas como as do Nalón ou Nervión.
 Praias e tómbolos como os de Gijón e san
Sebastián.
 As rías galegas, resultado da invasión polo mar
de vales fluviais abertos nas numerosas fracturas
do Macizo Galaico no cuaternario
 Distínguense as Rías Altas(Ortigueira, Ferrol,
Betanzos..) Rías Baixas(Vigo,
Arousa,Pontevedra,Muros, Noia..)máis amplas e
profundas.
 AS COSTAS MEDITERRÁNEAS
 - Costa catalá: é un litoral moi heteroxéneo,
en que se aprecian acantilados como os da
Costa Brava, praias de pequeno tamaño, e
deltas como o do Llobregat ou o do Ebro.
 - Costa valenciana:destaca un gran golfo que
se estende desde o cabo da Nao ata o delta do
Ebro. Neste sector, onde abundan as grandes
praias, destaca a albufeira valenciana, os
tómbolos como o de Peñíscola.
 - Costa meridional ou sector bético, esténdese
entre o cabo de La Nao ata Xibraltar Trátase
dunha costa predominantemente acantilada
condicionada pola proximidade dos relevos
béticos que discorren paralelos a ela. Son
tamén características as praias, campos de
dunas e albufeiras como o Mar Menor. Desde o
Terciario, a costa bética suoriental rexistra un
progresivo levantamento, que provocou a
aparición de terrazas mariñas.
 Ocupa o extremo noroeste da Península,
cunha superficie de 24.434 km2. Bañada polo
Océano atlántico e o mar Cantábrico.
 Limita polo sur con Portugal servindo de
fronteira natural o Miño no seu tramo final e
no leste as cordilleiras orientais e
sudorientais marcan o límite co resto de
España.
 O seu relevo presenta formas montañosas
suaves de moderada altitude, pero con unha
grande diversidade.
 A FRANXA LITORAL. ten preto de 1.500 Km de
costa onde diferenciamos as rías, acantilados
na Costa da morte e na Capelada e a rasa
cantábrica.
 AS SERRAS .
 As serras Orientais.
 no estremo oriental un encadeamento de
serras nas que destacan: Os Ancares , O
Courel a Queixa e o Eixe, onde atopamos as
maiores alturas como Pena Trevinca (2.124m)
 Formadas durante a oroxénese alpina posúe
grande diversidade litolóxica , con lousas,
cuarzitas, calcáreas.
 A erosión de orixe glaciar e a erosión fluvial
do Miño, Navia, Eo e do Sil e aos procesos de
tipo glaciar e preglaciar, formaron unha
sucesión de vales e cumios.
 As serras setentrionais.
 Situadas ao sur do litoral cantábrico,
constitúen unha antiga superficie aplanada
que se elevou. Presenta as maiores
elevacións na serra do Xistral.
 As serras centro –occidentais ou Dorsal
Galega.
 Esténdense de norte a sur desde a serra da
Faladoira ata o faro de Avión.
 SUPERFICIES DE APLANAMENTO. Son
amplos sectores aplanados:
 Terra Chá no interior da provincia de Lugo
entre as serras orientais e a Dorsal galega
supón unha ampla superficie chá elevada a
uns 650 m.
 No litoral as chairas presentan dimensións
máis reducidas e están fragmentadas pola
rede fluvial(Bergantiños,Alto Xallas
Barbanza ou terras do Deza)
 DEPRESIÓNS INTERIORES.
 Desde As Pontes de García Rodríguez ata
Verín hai unha serie de pequenas depresións
formadas pola oroxénese do terciario e
cubertas con materiais sedimentarios de
orixe fluvial. Foxas miocénicas (Monforte,
Ourense,...).
 Depresión Meridiana (ou fosa Carballo-Tui)
 ANTICLINAL: estrutura pregada que proxecta a súa parte convexa cara ao
alto, en materiais plásticos.
 ALUVIÓN.- Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de
xeito transitorio ou permanentemente por unha corrente de auga.
Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos,
acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.
 BADLANDS: Formas de erosión sobre materiais sedimentarios (arxilas,
margas..) nun medio árido, fortemente erosionados pola actividade das
augas torrenciais, dando lugar a sucos estreitos e profundos separados por
crestas(carcavas).
 CURVA DE NIVEL: isopleta ou liña que une puntos de igual altitude sobre o
nivel do mar.
 CORDILLEIRA: Unidade morfoestrutural formada por un movemento
oroxénico que pregou os sedimentos depositados nunha foxa, ou fracturou
antigos relevos xa emerxidos.
 DELTA: forma de acumulación de aluvións na desembocadura dun río, debido
á perda de potencia deste ao diminuír a pendente e a velocidade no tramo
final do seu percorrido.
 EROSIÓN. Desgaste do relevo producido por a acción de diversos axentes
climáticos ou atmosféricos e biolóxicos
 EDAFOXÉNESE: Proceso de formación dun solo, cuxa velocidade depende de f
actores como o clima, a litoloxía, a xeomorfoloxía, a vexetación e o tempo tr
anscorrido. A actividade humana tamén pode afectar ao proceso.
 FALLA: Fractura de orixe tectónica, que se produce cando unha sección da
codia terrestre se somete a unha forza ,que sobrepasa o límite da súa
resistencia, fracturándose en bloques levantados(horst) e afundidos(graben).
 FOZ: , Modelado en forma de val de paredes verticais resultante da erosión
fluvial,frecuentemente sobre rochas calcáreas,son formas propias do
modelado cárstico. Tamen se pode chamar canón ou garganta.
 GLACIAR: Acumulación de xeo nas cabeceiras dos vales, onde se forma unh
a depresión denominada circo glaciario. O glaciar arrastra os materiais que
se acumulan nos seus laterais, formando morenas.
 LITOSFERA: é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas
placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha
capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola códea e unha
parte do manto superior terrestre.
 MARISMA: terreo que normalmente está un pouco por debaixo do nivel do
mar, que se inunda coas augas mariñas, coas dos ríos que desaugan alí, ou
con ambas á vez, e que posúe unha vexetación anfibia.
 MESETA: superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente
ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta
accidentes topográficos de importancia e os seus rebordos poden ser
montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular, resto do
antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola
erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os
seus sistemas interiores e os rebordos montañosos.
 MOREA: material que un glaciar arrinca, transporta e deposita.
 OROXENIA: É o proceso de formación de montañas. As dúas oroxenias máis
destacadas da historia xeolóxica da terra foron a oroxenia herciniana na er
a primaria e a oroxenia alpina na era terciaria.
 PÁRAMO: Estrutura de relevo tabular (horizontal) resultado da erosión
diferencial, sobre rochas de distinta dureza. Temos exemplos nos
páramos da Alcarria ou Valladolid.
 PENECHAIRA: Chaira suavemente ondulada, resultante da erosión dun antigo
relevo, formada por materiais antigos erosionados
 PREGA: deformación tectónica do terreo que se produce pola acción de forzas de
sentido contrario e que se traduce nunca ondulación dos estratos. É propio das
rochas sedimentarias plásticas.
 RÍA.- Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A
orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado
con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de
fracturas preexistentes.
 SOMONTANO (pe de monte): Terreo situado na ladeira dunha montaña,terras chas
ou lixeiramente inclinadas, situadas entre unha cordilleira e unha depresión,
constituídas por sedimentos grosos arrastrados polos ríos desde as montañas, por
exemplo os somontes pirenaico e ibérico da depresión do Ebro.
 SEDIMENTACIÓN depósito sobre a codia terrestre de materiais procedentes da
descomposición das rochas (detrítica) ou de substancias de disolución.
 TECTÓNICA DE PLACAS. Teoría que explicou a deriva continental e outros
fenómenos. A superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez
bloques ou placas ríxidas. Estas transportan os continentes e os solos oceánicos,
están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica.
 TÓMBOLO: barra areosa que conecta unha illa coa costa ou dúas illas entre si.
 TRANSGRESIÓN e REGRESIÓN MARIÑA: avance ou retroceso do nivel do mar sobre
o continente debido a diversas circunstancias (movementos isostáticos, eustáticos,
fusión de xeos e lenición global do clima etc.).Son movementos propios do
mesozoico e o cuaternario.
 ZÓCOLOS :chairas ou mesetas formadas no Paleozoico, como resultado do
arrasamento pola erosión das cordilleiras xurdidas na oroxénese desa mesma era
(Oroxénese herciniana)
Fontes:
 Xeografía para bacharalato. Anaya
 http://www.profesorenlinea.cl/geografiagral/GeologiaEpoca
sGeolog.htm
 http://www.portalciencia.net/enigmaglac.htm
 http://www.slideshare.net/sennumero/o-relevo-da-
pennsula-ibrica?qid=bf6a1fbf-4b42-4964-a923-
14a44c6d0901&v=qf1&b=&from_search=1
 http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-1-
diversidade-xeoloxica-e-morfoloxica/practicos/p3-mapa-
litoloxico/
 Este e un diccionario visual de xeografía física.
 http://contenidos.educarex.es/mci/2004/35/Diccionario/d
iccionariovisua.html
 http://www.slideshare.net/isaacbuzo/conceptos-geologia
 UNED http://es.slideshare.net/anaxipredo/geogra
fa-general-i-fsica-bloques-diagrama

More Related Content

What's hot (20)

Introdución á Xeografía
Introdución á XeografíaIntrodución á Xeografía
Introdución á Xeografía
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelatoVocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
 
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturaisEvolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
Litoloxía
LitoloxíaLitoloxía
Litoloxía
 
Relevo Peninsular
Relevo PeninsularRelevo Peninsular
Relevo Peninsular
 
Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
 
O relevo da Península Ibérica
O relevo da Península IbéricaO relevo da Península Ibérica
O relevo da Península Ibérica
 
O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)
 
Traballo grecia
Traballo greciaTraballo grecia
Traballo grecia
 
O medio físico en España
O medio físico en EspañaO medio físico en España
O medio físico en España
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico español
 
Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 
O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 
Dinámica externa
Dinámica externaDinámica externa
Dinámica externa
 

Similar to Tema 1 xeografïa 2º bach

Tema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placasTema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placasmontx189
 
UD 2 Tectónica de Placas
UD 2 Tectónica de Placas UD 2 Tectónica de Placas
UD 2 Tectónica de Placas faroluas
 
Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8alfresvi
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoirenetraba
 
Copia de tectonica placas
Copia de tectonica placasCopia de tectonica placas
Copia de tectonica placasNacho Valverde
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasmontx189
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraAgrela Elvixeo
 
Tectónica de placas
Tectónica de placasTectónica de placas
Tectónica de placasalfresvi
 
Tectonica placas cientifica
Tectonica placas cientificaTectonica placas cientifica
Tectonica placas cientificaNacho Valverd
 
02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre videoroberto
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacascolegiominmaculada
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacascolegiominmaculada
 
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da TerraUd10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da TerraCristina
 
A terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestreA terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestretojocop
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxíamonadela
 
O noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixidoO noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixidomperille
 

Similar to Tema 1 xeografïa 2º bach (20)

Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
 
Tema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placasTema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placas
 
Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
 
UD 2 Tectónica de Placas
UD 2 Tectónica de Placas UD 2 Tectónica de Placas
UD 2 Tectónica de Placas
 
Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
 
Copia de tectonica placas
Copia de tectonica placasCopia de tectonica placas
Copia de tectonica placas
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placas
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 
Tectónica de placas
Tectónica de placasTectónica de placas
Tectónica de placas
 
Tectonica placas cientifica
Tectonica placas cientificaTectonica placas cientifica
Tectonica placas cientifica
 
02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video
 
Tema 10 bio 4º
Tema 10 bio 4ºTema 10 bio 4º
Tema 10 bio 4º
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas
 
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da TerraUd10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
 
A terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestreA terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestre
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxía
 
Dinámica interna
Dinámica internaDinámica interna
Dinámica interna
 
O noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixidoO noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixido
 

More from velazquezturnesnieves

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenavelazquezturnesnieves
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónvelazquezturnesnieves
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalvelazquezturnesnieves
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreirovelazquezturnesnieves
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberalvelazquezturnesnieves
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosvelazquezturnesnieves
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españavelazquezturnesnieves
 

More from velazquezturnesnieves (20)

INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdfINTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plena
 
O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberal
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españa
 
Xeografía
XeografíaXeografía
Xeografía
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
Descolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundoDescolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundo
 
A guerra fria
A guerra friaA guerra fria
A guerra fria
 

Tema 1 xeografïa 2º bach

  • 2.  Evolución histórica dos coñecementos xeográficos.  Obxecto dos estudos xeográficos  Os procedementos xeográficos  Pautas para o comentario de fontes xeográficas
  • 3.  Orixe do termo: geia- graphein  Obxecto de estudo:  os fenómenos físicos e naturais  os fenómenos producidos polo home.  Ata o século XIX a xeografía non se constitue como ciencia independiente.
  • 4.  Na Antigüidade  En Grecia se desenvolve a cartografía, técnicas de localización e proxección. Eratóstenes calcula as dimensións da terra(esférica) e Ptolomeo elabora un mapa sobre o mundo coñecido.  Na Idade Media imponse a ideoloxía relixiosa e rexéitase a herdanza clásica.  Nos séculos XIV e XV debido ás necesidades da navegación, progresa a cartografía.  Aparecen descricións da terra que conforman guías para os viaxeiros (Codex Calixtinus,Libro das Marabillas do Mundo de Marco Polo).
  • 5.  Na Idade Moderna Mercator, elaborou un mapa mundi co sistema de proxección cilíndrica.  Felipe II encarga as Relacións Topográficas, recollida de información de rexións e lugares, mesturando descricións, etnografía, datos históricos  No século XIX Alexander von Humboldt e Karl Ritter sentaron as bases da ciencia xeográfica moderna, baseada na explicación e a interrelación dos fenómenos xeográficos
  • 6.  No século XIX a xeografía intituese como ciencia grazas a:  Revolución Industrial ….Imperialismo colonial creación das sociedades xeográficas.  Nacionalismos  Peli: Las montañasde la luna»
  • 7.  Xeografía física e humana  Xeografía xeral  Xeografia rexional  Xeografía cuantitativa ou teórica.(Christaler)  Xeografía humanista(xeografía da percepción, dos espazos vividos)  Xeografía radical  ecoxeografía
  • 8.  A localización do espazo xeográfico: a rede xeográfica.  A rede xeográfica: paralelos e meridianos  Paralelos………………..latitude  Meridianos……………..lonxitude
  • 9.
  • 10.  A representación do espazo xeográfico: a cartografía.  Os mapas  SISTEMAS DE PROXECCIÓN:  Cilíndrica  Cónica  Polar ou acimutal
  • 11.
  • 13.  A escala  Gráfica  Númérica 1: 500.000  A lenda
  • 15.  Identificación, tipo de fonte, número de folla, nome,edición, data, tipo de proxección.  Coordenadas xeográficas, escala.  Análise e interpretación  Aspectos físicos: relevo, hidrografía, vexetación.  Aspectos humanos: Usos do solo(agrarios, industriais, terciarios)  Poboamento  Toponimia  Conclusión
  • 22.  Identificación  Análise  Fenómeno representado  Espazo xeográfico  Fonte  Comentario  Definición do fenómeno xeográfico  Características da localización e distribución.  Explicación de fenómenos xeográficos  Comparación con outros territorios do contorno  Conclusíon  Tendencias futuras
  • 23.  Lineal (eixo de coordenadas)
  • 26.  Identificación, tipo.  Análise  Fenómeno representado  Espazo xeográfico e datas.  Fonte  Comentario  Definición do fenómeno xeográfico  Características da evolución ou distribución .  Explicación (causas consecuencias).  Comparación con outros territorios do contorno.  Conclusíon  Tendencias futuras
  • 27.  Series numéricas que informan sobre o valor dunha ou máis variables no tempo ou no espazo.poden ser simples ou múltiples.
  • 28.  Identificación, tipo(simples,múltiples).  Análise  Fenómeno representado  Espazo xeográfico e datas.  Fonte  Comentario  Definición do fenómeno xeográfico  Características da evolución ou distribución .  Explicación (causas, consecuencias).  Comparación con outros territorios do contorno.  Conclusíon  Tendencias futuras
  • 29.  Lectura comprensiva do texto  Identificación, tipo de texto.  Fenómeno ao que se refire  Espazo xeográfico e datas.  Fontes, autor  Análise  Ideas principais e secundarias  Comentario  Definición de termos  Explicación (causas, consecuencias).  Comparación con outros territorios do contorno.  Conclusíon  Tendencias futuras
  • 30.  Identificación.(coordenadas..)  Indicar nome dos puntos entre os que se traza, máximas mínimas altitudes..  Enumerar as distintas unidades de relevo que se suceden no perfil.  Analizar e comentar as características e as causas de cada unha das unidades de relevo facendo atendendo a: -orixe e evolución -rochedo -formas de relevo:altitude, tipo de relevo(estrutural ou produto da erosión) formas máis características.
  • 31.
  • 32.  Unidades morfoestructurais: tipos e evolución xeolóxica  O rochedo e os tipos de relevo  O relevo peninsular, as grandes unidades morfoestructurais:a Meseta, os bordos montañosos da Meseta, as depresións exteriores da Meseta, as cordilleiras exteriores da Meseta.  relevo costeiro peninsular: as costas atlánticas e as costas mediterráneas.  relevo insular : arquipélago balear e arquipélago canario.
  • 33.  Tamaño: medio(505.987 Km2)  Situación: H. Norte, zona temperada,Europa  Comprende: ◦ Península(97,53% da sup) ◦ Arquipélago Balear ◦ Arquipélago Canario ◦ Cidades autónomas: Ceuta e Melilla  Posición entre dous continentes (Europa e África) e dúas masas de auga ( Atlántico e Mediterráneo) diversidade natural desigualdade nos recursos desequilibrios.
  • 34.
  • 35.  O relevo e o conxunto de formas que presenta a superficie terrestre (litosfera) resultado dunha estrutura xeolóxica orixinada polas forzas internas da Terra e da modelaxe realizada polos axentes externos (meteoros atmosféricos, seres vivos..).  Ciencia que o estuda: Xeomorfoloxía
  • 36.  CARACTERÍSTICAS:  Forma maciza: ancho e costas rectilíneas menor influencia do mar no interior.  Elevada altitude media: 660m (Meseta e cordilleiras)  Disposición periférica do relevo contrastes climáticos interior//litoral
  • 37.  Unidades morfoestructurais. Formas e a disposición que adopta o relevo resultado dos movementos tectónicos da terra.  Erosión. Desgaste do relevo producido por a acción de diversos axentes climáticos ou atmosféricos e biolóxicos  Sedimentación depósito sobre a codia terrestre de materiais procedentes da descomposición das rochas (detrítica) ou de substancias de disolución
  • 38.
  • 39.
  • 41.
  • 42.
  • 43.
  • 45.
  • 46.
  • 47.  ZÓCOLOS : chairas ou mesetas formadas no Paleozoico, como resultado do arrasamento pola erosión das cordilleiras xurdidas na Oroxénese herciniana.  Están formados por rochas silíceas como granito, cuarcita, lousa e xistos.  Ocupan extensas áreas da metade occidental da Península.
  • 48.  MACIZOS ANTIGOS: Montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque dun zócolo a causa da oroxénese alpina. Presentan formas redondeadas e cumios aplanados pola acción da erosión.  Na Península son macizos antigos o Sistema Central e os Montes de Toledo o Macizo Galaico e a parte occidental da Cordilleira Cantábrica.
  • 49.  CORDILLEIRAS DE PREGAMENTO: Son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese alpina da era terciaria a causa do pregamento de materiais sedimentarios. Presentan fortes pendentes e formas escarpadas. Distínguense dous tipos:  Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais nos rebordos do zócolo. Na península temos o Sistema Ibérico e a parte oriental da Cordilleira Cantábrica.  Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados nas foxas mariñas (Pirenéos e Cordilleiras Béticas)
  • 50.
  • 51.  CONCAS SEDIMENTARIAS ou depresións. Son zonas afundidas, formadas no Terciario enchidas con sedimentos, principalmente calcarios e arxilosos.  Concas formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo pola presión da oroxénese alpina(Depresión do Douro, Texo e Guadiana)  Depresións prealpinas, orixinadas pola descompresión posterior ao levantamento das cordilleiras, que provocou o seu afundimento Depresión do Ebro e do Guadalquivir.
  • 52.
  • 53.
  • 54.
  • 55. Nombre Años Era Postglacial Actual 8.000 Holoceno Glacial Würm o Wiurm 80.000 Pleistoceno Interglacial Riss-Wiurm 140.000 Glacial Riss 200.000 Interglacial Midel-Riss 390.000 Glacial Midel 580.000 Interglacial Giunz-Midel 750.000 Glacial Günz o Giunz 1,1 m.a. Interglacial Donau-Giunz 1,4 m.a. Glacial Donau 1,8 m.a. Interglacial Biber-Donau 2 m.a. Glacial Biber 2,5 m.a. Glacial Oligoceno 37 m.a. CenozoicoInterglacial Eoceno superior 40 m.a. Glacial Paleógeno 80 m.a. Interglacial Cretácico 144 m.a. Mesozoico Glacial Permocarbonífera 295 m.a. PaleozoicoGlacial Carbonífero inferior 350 m.a. Glacial Ordovícico 440 m.a. Glacial Precámbrico 700 m.a. Precámbrico
  • 56.  Era Arcaica ou Precámbrico(hai 4000-600 millón de anos) Emerxe do mar unha banda montañosa arqueada de Noroeste a sueste, formada por lousas e gneis que comprende case toda Galicia e puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo.  Logo foi arrasado pola erosión e cuberto polos mares paleozóicos.
  • 57.  Prodúcese a oroxénese Herciniana.Dos mares que cubrían a Península, xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais silíceos como granito, lousa e cuarcita.  Ao oeste elévase o Macizo Hespérico.  Ao nordés aparecen os macizos de Aquitania,catalano-balear e do Ebro, e aosureste o macizo bético- Rifeño. Todos arrasados pola erosíón e convertidos en zócolos
  • 58.
  • 59.  Período de calma oroxénica, con predominio de erosión e sedimentación.  Prodúcense transgresións e regresións mariñas no bordo oriental da meseta, inclinada cara ao Mediterráneo, con acumulación de sedimentos de materiais fundamentalmente calcáreos, areniscas, margas.
  • 60.  Prodúcese a oroxénese alpina, que:  Eleva as cordilleiras alpinas dos Pireneos e as Cordilleiras Béticas, ao se pregaren os materiais depositados nas fosas.  Fórmanse as depresións prealpinas, paralelas ás cordilleiras: a Depresión do Ebro e a Depresión do Guadalquivir.  Na Meseta -Basculación cara ao Atlántico, vertendo a este Océano a maioría dos ríos peninsulares. -Formación dos rebordos montañosos da Meseta:Cordilleira cantábrica,Sistema Ibérico e Serra Morena.
  • 61.  Fracturación do zócolo da Meseta, orixinando unha estrutura xermánica, de: Bloques levantados ou horst , que levantaron o Macizo Galaico e aparte occidental da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central e Montes de Toledo Bloques afundidos ou graben que crearon depresións interiores ou Concas sedimentarias da Meseta: Depresión do Douro, Texo e Guadiana. Actividade volcánica en zonas como Olot- Ampurdam, Campo de Calatrava e cabo de Gata.
  • 62.
  • 63.  Destaca nesta era os procesos de erosión a glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.  O glaciarismo afectou ás cordilleiras dos Pireneos,Cordilleira Cantábrica, Sistema Central,Sistema Ibérico e Serra Nevada.  Glaciares de circo, acumulación de xeo na cabeceira dos vales.  Glaciares de val, son ríos de xelo procedentes do exceso de espesor do xeo do circo, que circulan val abaixo dándolle forma de U.
  • 64.
  • 65.
  • 66.
  • 67.
  • 68.  Terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. Son froito das alternancias climáticas do Cuaternario: nos períodos glaciais, ó atoparse a auga xeada nas montañas, os ríos perderon forza erosiva e depositaron aluvións no seu leito. Nos períodos postglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva dos ríos, afondando o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións acumulados anteriormente, constituíndose así as terrazas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.
  • 69.
  • 70.
  • 71.
  • 72.
  • 73.  Derivado da evolución xeolóxica da Península, existen tres grandes áreas diferenciadas polo tipo de rochedo:  Área silícea.  Área calcaria.  Área arxilosa.
  • 74.
  • 75.  Pola súa banda, a erosión creará , distintos tipos de relevo ou de modelaxe:  Granítico  Cárstico  arxiloso  erosión diferencial.
  • 76.  A ÁREA SILICEA .  Está formada por rochas antigas de era precámbrica e paleozoica. Localízase maioritariamente no Oeste peninsular, parte da Cordilleira Cantábrica, do Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena.  Tamén en zonas do eixe dos Pireneos, sectores do Sistema Ibérico , da Cordilleira Costeiro- catalá e da cordilleira Penibética.  A rocha predominante é o granito, rocha magmática plutónica, cristalina e ríxida, que se altera de diversas formas, dando lugar a distintos tipos de relevo granítico:
  • 77.
  • 78.
  • 79.  Pola acción química da auga que altera a rocha , descompoñendo os seus cristais e transformándose en areas pardoamarelas.  Por fractura ou diáclases, dando lugar a diversas formas segundo a altitude:  Nas áreas de alta montaña fórmanse cristas agudas(agullas ou galaios) e de pedregais (fragmentos de rochas).  Nas zonas menos elevadas.  Se as diáclases son paralelas á superficie, o granito disgrégase lentamente e orixina unha paisaxe e formas onduladas e redondeadas chamadas domos.  Se as diáclases son perpendiculares, fórmanse bolas, que poden amontoarse formando barrocais.  As formas máis típicas son os tores(moreas de bolas), e as rochas cabaleiras.
  • 80.
  • 82.
  • 83. DOMOS
  • 85. TOR
  • 87.
  • 88.
  • 89.  AREA CALCARIA  Formada por rochas da era secundaria pregadas na era terciaria.  Forma unha Z invertida estendéndose polos Pireneos, Montes Vascos, sector oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema ibérico, parte da Cordilleira Costero-Catalá e a cordilleira Subbética.  A rocha predominante é a calcaria,rocha dura que de disolve facilmente con auga. Da lugar a o relevo cárstico,un relevo complexo con diversas formacións:
  • 90.  Lapiás ou lenares, sucos ou cavidades separadas por tabiques máis ou menos agudos.  Gargantas ou foces, vales estreitos e profundos enmarcados en abruptas vertentes causados polos ríos.  Poljés,son depresións alongadas de fondo horizontal enmarcadas por vertentes abruptas, percorridas por correntes de auga, que desaparecen súbitamente por sumidoiros.  Dolinas ou torcas, grandes cavidades formadas nos lugares onde a auga se estanca, poden ter formas diversas e unirse a outras formando cavidades denominadas uvalas.  Covas, fórmanse ao infiltrarse a auga e circular subterraneamente, escavando galerías, nelas adoitan formarse estalactitas e estalagmitas. A auga infiltrada pode vover á superficie a través de manantiais e surxencias.  Simas. Aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas.
  • 91.
  • 92.
  • 95.  AREA ARXILOSA  Esta formada por rochas sedimentarias das eras terciaria e cuaternaria.  Localízase nas concas da Submeseta norte e sur, nas depresións do Ebro e no Guadalquivir, e nas áreas afundidas e chairas costeiras.  A rocha predominante é a arxila, de escasa resistencia á erosión. Isto da lugar a un relevo horizontal de dous tipos:
  • 96.  Cando os ríos abren vales, orixinando as campiñas, chairas suavemente onduladas.  Nas zonas onde se alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais, e non hai protección vexetal, auga desgasta fortemente as vertentes formando cárcavas ou sucos estreitos e profundos separados po arestas. Isto orixina unha paisaxe peculiar de badlands.
  • 98. Chemineas de fadas (Madrid)
  • 100.  En cada unha destas tres areas, e frecuente atopar rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión actuará de xeito selectivo segundo os materiais e a súa disposición en estratos.  Cando os estratos son horizontais alternándose materiais duros e brandos, os ríos abren grandes plataformas chamadas páramos ou mesas.  Os páramos teñen un cume horizontal correspondente ao estrato máis duro. Os flancos, de materiais máis brandos, erosiónanse máis rapidamente, reducíndose os páramos e convertíndose en cerros testemuña, outeiros de teito horizontal ou antecerros, cando perden o teito de material duro.
  • 101.
  • 102.
  • 103.
  • 104.
  • 105.
  • 106.  O espazo que separa os páramos vaise ensanchando ao erosionarse os materiais brandos, formando as campiñas.  Este tipo de relevo observase nas concas sedimentarias da Meseta e nas depresións do Ebro e o Guadalquivir.  Cando os estratos está suavemente inclinados (relevo en costa), alternándose materiais duros e brandos.  No estrato duro inclinado distínguese un dorso ou reverso, e unha fronte cunha cornixa de forte pendente. Na parte branda unha parte inferior cóncava. Tamén aparecen cerros testemuña e antecerros polo retroceso das costas.
  • 107.
  • 108.
  • 109.  Cando os estratos están pregados, e formados igualmente por alternancia de materiais duros e brandos orixínanse dous tipos de relevo:  Relevo apalachense.Relevo montañoso herciniano arrasado e aplanado pola erosión, que experimenta un novo levantamento que reactiva a erosión. Esta forma alternancia de  cristas , serras longas paralelas de altitude similar con materiais duros.  vales, compostos por materiais brandos.  Atópanse na parte occidental da cordilleira Cantábrica, Montes de Toledo e Serra Morena
  • 110.
  • 111.  Relevo xurásico  Formase nas cordilleiras novas altérnanse anticlinais (dobras convexas), e sinclinais (dobras cóncavas).  Nos anticlinais a erosión da auga crea cluses, vales perpendiculares ao cumio; combes, vales paralelos ao cumio.  Cando a erosión arrasa o estrato duro dos anticlinais, estes convértense en vales por debaixo dos sinclinais, que quedan levantados (sinclinais colgados).  A posterior erosión doval anticlinal sacará á superficie o sinclinal do estrato inferior (anticlinal exhumado).  Temos exemplos deste relevo no Sistema Ibérico, parte oriental da Cordilleira cantábrica, nos Pireneos e nas Cordilleiras Béticas.
  • 112.
  • 113.
  • 114.
  • 115.
  • 116.  Chaira elevada a uns 600-800 m de altitude, formada na era primaria pola erosión do macizo Hespérico xurdido na oroxénese herciniana. Posteriormente foi deformado pola oroxénese alpina na era terciaria.  Diferéncianse tres unidades:  Antigo zócolo paleozoico  As serras interiores  As concas sedimentarias interiores
  • 117.  ANTIGO ZÓCOLO PALEOZOICO Aflora no oeste peninsular (penechairas zamorano- salmantinas e estremeñas). A erosión deixou ao descuberto materiais siliceos primarios(granito, lousa e cuarcita).  O relevo esta constituído por penechairas, superficies de erosión suavemente onduladas. As penechairas están accidentadas por montes illa, relevos residuais constituídos por rochas máis resistentes. Na zona de contacto das penechairas coas concas sedimentarias, os ríos crean profundas gargantas ao encaixarse nos materiais duros.
  • 118.
  • 119.  AS SERRAS INTERIORES  Sistema central e Montes de Toledo.  Fórmanse na era Terciaria a causa do levantamento dalgúns bloques do zócolo da Meseta como resultado da oroxénese alpina. Teñen rochedo primario(granito lousa e gneis)  Sistema central, divide a Meseta, as súas serras máis destacadas son Somosierra, Guadarrama, Gredos, Gata e Peña de Francia.  Montes de Toledo. De menor altura, divide en dous a submeseta sur, separando as concas do Texo e do Guadiana. Destaca a Serra de Guadalupe.
  • 120.  AS CONCAS SEDIMENTARIAS INTERIORES  Formadas na era terciaria polo afundimento dos bloques da Meseta como resultado da oroxénese alpina.  Distinguimos a conca da Submeseta norte percorrida polo río Douro.  Submeseta sur dividida polos Montes de Toledo e percorrida polo Texo e Guadiana.  Estas concas formaron lagos que logo foron enchéndose con materiais terciarios brandos(arxilas, areas, xesos e margas) e duros(calcarias) na parte superior. Como resultado, formáronse un relevo de páramos, campiñas e costas.
  • 121.  Páramos. Superficies estructurais planas e elevadas formadas polos estratos duros calcáreos.  As campiñas. Chairas baixas, suavemente onduladas percorridas por ríos.Fórmanse onde os páramos foron erosionados e afloran os materiais mas brandos(arxilas, margas). Nelas son frecuentes os cerros testemuña ou outeiros. Destacan as campiñas percorridas polo Douro, Texo e Guadiana.  As costas zonas inclinadas entre páramos e campiñas
  • 122.  Macizo galaico leonés  A Cordilleira Cantábrica  O Sistema Ibérico  Serra Morena
  • 123.  MACIZO GALAICO LEONÉS. Formouse na era terciaria polo levantamento do ángulo noroeste do zócolo da Meseta durante a oroxénese alpina. O seu relevo presenta montañas redondeadas de pouca altura cortadas por multitude de fallas.  As súas serras máis destacadas son a Segundeira,Cabrera e os Ancares.
  • 124.  A CORDILLEIRA CANTÁBRICA  Macizo Asturiano, formado na era terciaria polo levantamento da oroxénese alpina, con materiais paleozoicos(lousas e cuarzitas). No seu extremo afloran calcarias primarias que constitúen os Picos de Europa coas maiores altitudes como Peña Vieja e o Naranjo de Bulnes.  Montañas Cantábricas, formadas na era terciaria polo pregamento de materiais secundarios(calcarias) depositados polo mar no bordo da Meseta. A distinta dureza creou relevos xurásicos.
  • 125.  O SISTEMA IBÉRICO.  Cordilleira formada na era terciaria por pregamento de materiais secundarios, principalmente calcarios depositados polo mar. Distínguense dous sectores:  O terzo setentrional de dirección NO-SL, coas maiores alturas da Serra da Demanda e os Picos de Urbión e o Moncayo.  O terzo meridional. Bifúrcase en dúas ramas paralelas á foxa tectónica que percorre Calatayud- Teruel con sedimentos terciarios:  Rama interior ou castelá(Serra de Albarracín e Serranía de Cuenca  Rama exterior ou aragonesa( Serra do Javalambre e Gudar)con materiais calcáreos.
  • 126.  SERRA MORENA  Non é propiamente unha cordilleira, senón un brusco chanzo que separa a Meseta do val do Guadalquivir. Parece que se trata dunha gran flexión fracturada en moitos puntos. Formouse na era terciaria polo empuxe das cordilleiras béticas. O nome provén do rochedo Paleozóico de cor escura e da súa vexetación.
  • 127.
  • 128.  DEPRESIÓN DO EBRO . Paralela aos Pireneos está pechada polo Sistema ibérico e as Cordilleiras Costeiro Catalás, enchido con materiais terciarios. Primeiro estivo ocupada polo mar, pero logo transformouse nun lago na era terciaria. Os seus materiais son mariños e continentais. Nos bordos conglomerados, mais grosos e no centro margas xesos calcarias e sales.  O seu relevo e froito da distinta dureza dos materiais e a aridez, distínguense:
  • 129.  Os somontes ou pe de monte pirenaico e ibérico, con chairas levemente inclinadas, entre as serras exteriores e o centro da depresión, con materiais duros e grosos(conglomerados)transportados polos ríos desde as montañas, a súa erosión creou mallos (torreóns rochosos por fractura vertical) e foxas(depresións sobre materiais máis brandos)  No centro da depresión altérnanse estratos horizontais de calcarias duras e brandos de arxilas, margas e xesos. Resulta así un relevo de mesas (zona cha elevada)sobre as calcarias e badlands sobre os brandos.
  • 130.
  • 131.
  • 132.  DEPRESIÓN DO GUADALQUIVIR  Paralela ás cordilleiras béticas, primeiro estivo aberta ao mar, logo converteuse nunha albufeira, e máis tarde, por colmataxe, converteuse en marismas pantanosas, zona afundida enchida posteriormente con materiais terciarios(calizas, margas arxilas).  Predomina un relevo de campiñas nas zonas arxilosas e mesas e cerros testemuños onde hai calcarias.
  • 133.
  • 134.
  • 135.  OS PIRENEOS  OS MONTES VASCOS  A CORDILLEIRA COSTEIRO- CATALÁ.  AS CORDILLEIRAS BÉTICAS  Formáronse na oroxénese alpina,polo pregamento dos sedimentos secundarios depositados nas foxas oceánicas béticas e pirenaicas entre antigos macizos que actúan como tope. Predominan os materiais calcarios.
  • 136.  O eixe ou zona axial, correspondente ao antigo macizo herciniano que rexuveneceu na oroxenese alpina. Formado por materiais paleozoicos , con relevo abrupto, destacan os picos de Aneto e Monte Perdido.  O prepirineos , ao sur da zona axial, formáronse na oroxénese alpina, por pregamento de materiais secundarios depositados na foxa pirenaica. Estrutúrase en dúas aliñacións montañosas,paralelas ao eixe: serras exteriores e interiores.  A depresión media ,longa e estreita, por onde discorre o Canal de Berdún, separa as serras exteriores e as interiores prepirenaicas. OS PIRENEOS
  • 137.
  • 139.
  • 140.
  • 141.  OS MONTES VASCOS  Supoñen unha prolongación do prepirineo. Polo que predomina o rochedo calcario.Con formas suaves e moderada altitude, coas máximas elevacións son Aralar e Peña Gorbéa.
  • 142.
  • 143.  A CORDILLEIRA COSTEIRO- CATALÁ.  E unha transformación da zona oriental dos Pireneos. Está separada destes por fallas que deron lugar a unha rexión volcánica con máis de 40 conos nos arredores de Olot.  A cordilleira está dividida en dúas aliñacións:  Ao norte a cordilleira litoral, paralela á costa formada por materiais paleozoicos levantados na oroxénese alpina(Altos de Garraf).  A metade sur, cordilleira prelitoral , no interior, está constituída por terreos calcáreos secundarios e pregados na oroxénese alpina con maiores elevacións(Montseny, Montserrat).  Ambas están divididas por unha depresión ou foxa tectónica, enchida con materiais terciarios e cuaternarios(comarcas del Vallés e Penedés)
  • 144.
  • 145.
  • 146.  A Cordilleira Penibética. Paralela á costa, formouse na era terciara polo rexuvenecemento do antigo Macizo Bético- Rifeño. Contén materiais paleozoicos e ostenta os cumes máis elevados da Península en Serra Nevada: O Mulhacén(3482m) e a Veleta (3392m) AS CORDILLEIRAS BÉTICAS
  • 147.
  • 148.  A Cordilleira Subbetica. No interior, formouse na era terciaria por pregamento de materiais mesozoicos (calizas, margas)ao achegarse a placa ibérica e africana,estes materiais duros e brandos ao se pregaren, orixinaron mantos de corremento e cabalgamentos (materiais desprazados a gran distancia do seu lugar de orixe). Destaca a Serra de Grazalema e Cazorla.  A Depresión intrabética. Enchida con materiais terciarios,está ragmentada nas foxas de Rolda, Antequera, Guadix e Baza
  • 149.  ARQUIPÉLAGO BALEAR.  Mallorca  Presenta tres conxuntos:  A serra Tramuntana, de rochedo calcáreo, forma abrupta , ten a súa maior elevación no Puig Maior(1445m)  As serras de Llevant, non alcanzan os 500m.  A depresión central ou Pla  Eivissa e Formentera, unidas ata o Cuaternario, teñen relevo montañoso calcario ao norte de Eivissa, un macizo ao leste de Formenteira(La Mola) e unha chaira no medio, que ocupa o sur de Eivissa e case toda Formenteira.
  • 150.
  • 151.  Menorca. Presenta dous conxuntos.  A metade norte ten unha aliñación montañosa paleozoica de baixa altura e formas suaves, que enlaza coa Cordilleira costeiro-catalá.  A metade sur, cha, de materiais calcáreaos secundarios, separada da anterior por unha falla.  As costas son acantiladas nas zonas de relevo montañoso, no resto alternan praias longas e numerosas calas. Tamén hai algunha albufeira como a de Alcudia.
  • 152.  A área volcánica está integrada fundamentalmente o arquipélago canario e tamén algúns sectores de vulcanismo terciario da Península Ibérica (Campo de Calatrava, Campo de Olot, Cabo de Gata, Mar Menor).
  • 153.
  • 154.
  • 155.
  • 156.  As illas Canarias, son de orixe volcánica, formadas na era terciaria, cando a oroxénese alpina rompeu o fondo do Atlántico , a través desas fracturas, emerxeron grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas.  Tipos de relevo:  Conos volcánicos cúbicas abertas no cume. Orixináronse polo amoreamento de materiais volcánicos arredor da boca de emisión.  Algúns son activos en Tenerife, La Palma e Lanzarote.
  • 157.
  • 158.  As caldeiras son grandes cráteres circulares, orixinados pola explosión ou afundimento dun volcán.  Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de afundimento de “Las Cañadas” (Tenerife) ou a de Caldera de Taburiente (A Palma). 
  • 159.
  • 160. Caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria)
  • 161. Las Cañadas del Teide” (Tenerife)
  • 162. As cañadas do Teide
  • 163. Caldera de Taburiente (A Palma).
  • 164. Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rapidamente as coadas de lava en forma de ondas ou de bloques.
  • 165.  Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou agullas volcánicas son condutos de emisión de magma que se encheron de lava solidificada e quedaron ao descuberto pola erosión diferencial. Os diques fórmanse cando o conduto é unha fisura horizontal.
  • 166. Os roques ou agullas fórmanse cando é a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén poden estar formados só por rochas máis resistentes á erosión. Roque Nublo, en Gran Canaria
  • 167.  Os barrancos son vales estreitos, escarpados e de curto percorrido, creados polo encaixamento dos torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha época de clima máis húmido que o actual, que permitía a existencia de correntes de agua capaces de provocar esta forte erosión.
  • 168.  As costas son consecuencia das distintas erupcións volcánicas.predominan os acantilados e as praias.  Os acantilados teñen entre 100 e 500m, e son característicos dos macizos antigos como a costa dos Xigantes en Tenerife.  As praias nas illas occidentais, son franxas de cantos debido á estreita plataforma litoral,; nas illas orientais a maior anchura da plataforma, permita praias de area.
  • 169.
  • 170.  España ten 7.880 km de costa. A súa configuración peninsular e os seus dous arquipélagos favorecen a existencia dunha gran variedade de formas costeiras, desde acantilados abruptos ata praias de area fina.  As costas peninsulares son predominantemente rectilíneas, agas as galegas,
  • 171. Axentes erosivos coma a auga e o vento levaron a cabo o labor posterior de modelaxe das formas costeiras definitivas.
  • 172.  AS FORMAS DE RELEVO COSTEIRO  Principais accidentes costeiros.  Os cabos. Saíntes da costa que adéntranse no mar.  Os golfos. Profundos entrantes do mar na costa.  Acantilados. Costas que se recortan ante o mar nunha forte pendente.A erosión crea covas, arcos mariños e farallóns. Son característicos os da costa cantábrica.
  • 173.
  • 176.  Deltas. Saíntes costeiros formados polos sedimentos que achega un río.
  • 177.  Dunas. Montículos de area propios das costas areentas, formados pola acumulación de area transportada polo vento. Dunas de Corrubedo
  • 178.  As rasas.Plataformas de erosión mariña, paralelas á costa e elevadas sobre o nivel do mar. Predominan na costa Cantábrica
  • 179.  As rías. Antigos vales fluviais afundidos no mar no seu último tramo.
  • 180.
  • 181.  Praias. Extensións chás e pouco pendentes na costa formadas por areas, gravas,seixos e restos de moluscos.  Marismas. Zona baixa das baías que se enchen con sedimentos do mar ou dun río
  • 182.  Frechas litoráis. Barras de area que forman unha prolongación da costa diante dunha baía. Se a frecha chega a pechar o fronte da baía chámase cordón litoral.
  • 183.  Albufeiras. Lagos costeiros salgados separados do mar por un cordón de area que pecha a baía.
  • 184.  Tombolos. Barras de area que unen illotes rochosos á costa.
  • 185.  AS COSTAS ATLÁNTICAS  A costa cantábrica .Predominan os acantilados e as rasas como as da Mariña lucense.  Hai rías curtas como as do Nalón ou Nervión.  Praias e tómbolos como os de Gijón e san Sebastián.
  • 186.
  • 187.
  • 188.
  • 189.  As rías galegas, resultado da invasión polo mar de vales fluviais abertos nas numerosas fracturas do Macizo Galaico no cuaternario  Distínguense as Rías Altas(Ortigueira, Ferrol, Betanzos..) Rías Baixas(Vigo, Arousa,Pontevedra,Muros, Noia..)máis amplas e profundas.
  • 190.
  • 191.
  • 192.
  • 193.
  • 194.
  • 195.
  • 196.
  • 197.  AS COSTAS MEDITERRÁNEAS  - Costa catalá: é un litoral moi heteroxéneo, en que se aprecian acantilados como os da Costa Brava, praias de pequeno tamaño, e deltas como o do Llobregat ou o do Ebro.  - Costa valenciana:destaca un gran golfo que se estende desde o cabo da Nao ata o delta do Ebro. Neste sector, onde abundan as grandes praias, destaca a albufeira valenciana, os tómbolos como o de Peñíscola.
  • 198.  - Costa meridional ou sector bético, esténdese entre o cabo de La Nao ata Xibraltar Trátase dunha costa predominantemente acantilada condicionada pola proximidade dos relevos béticos que discorren paralelos a ela. Son tamén características as praias, campos de dunas e albufeiras como o Mar Menor. Desde o Terciario, a costa bética suoriental rexistra un progresivo levantamento, que provocou a aparición de terrazas mariñas.
  • 199.  Ocupa o extremo noroeste da Península, cunha superficie de 24.434 km2. Bañada polo Océano atlántico e o mar Cantábrico.  Limita polo sur con Portugal servindo de fronteira natural o Miño no seu tramo final e no leste as cordilleiras orientais e sudorientais marcan o límite co resto de España.  O seu relevo presenta formas montañosas suaves de moderada altitude, pero con unha grande diversidade.
  • 200.
  • 201.  A FRANXA LITORAL. ten preto de 1.500 Km de costa onde diferenciamos as rías, acantilados na Costa da morte e na Capelada e a rasa cantábrica.  AS SERRAS .  As serras Orientais.  no estremo oriental un encadeamento de serras nas que destacan: Os Ancares , O Courel a Queixa e o Eixe, onde atopamos as maiores alturas como Pena Trevinca (2.124m)
  • 202.  Formadas durante a oroxénese alpina posúe grande diversidade litolóxica , con lousas, cuarzitas, calcáreas.  A erosión de orixe glaciar e a erosión fluvial do Miño, Navia, Eo e do Sil e aos procesos de tipo glaciar e preglaciar, formaron unha sucesión de vales e cumios.
  • 203.  As serras setentrionais.  Situadas ao sur do litoral cantábrico, constitúen unha antiga superficie aplanada que se elevou. Presenta as maiores elevacións na serra do Xistral.  As serras centro –occidentais ou Dorsal Galega.  Esténdense de norte a sur desde a serra da Faladoira ata o faro de Avión.
  • 204.  SUPERFICIES DE APLANAMENTO. Son amplos sectores aplanados:  Terra Chá no interior da provincia de Lugo entre as serras orientais e a Dorsal galega supón unha ampla superficie chá elevada a uns 650 m.  No litoral as chairas presentan dimensións máis reducidas e están fragmentadas pola rede fluvial(Bergantiños,Alto Xallas Barbanza ou terras do Deza)
  • 205.  DEPRESIÓNS INTERIORES.  Desde As Pontes de García Rodríguez ata Verín hai unha serie de pequenas depresións formadas pola oroxénese do terciario e cubertas con materiais sedimentarios de orixe fluvial. Foxas miocénicas (Monforte, Ourense,...).  Depresión Meridiana (ou fosa Carballo-Tui)
  • 206.
  • 207.
  • 208.  ANTICLINAL: estrutura pregada que proxecta a súa parte convexa cara ao alto, en materiais plásticos.  ALUVIÓN.- Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio ou permanentemente por unha corrente de auga. Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos, acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.  BADLANDS: Formas de erosión sobre materiais sedimentarios (arxilas, margas..) nun medio árido, fortemente erosionados pola actividade das augas torrenciais, dando lugar a sucos estreitos e profundos separados por crestas(carcavas).  CURVA DE NIVEL: isopleta ou liña que une puntos de igual altitude sobre o nivel do mar.  CORDILLEIRA: Unidade morfoestrutural formada por un movemento oroxénico que pregou os sedimentos depositados nunha foxa, ou fracturou antigos relevos xa emerxidos.  DELTA: forma de acumulación de aluvións na desembocadura dun río, debido á perda de potencia deste ao diminuír a pendente e a velocidade no tramo final do seu percorrido.  EROSIÓN. Desgaste do relevo producido por a acción de diversos axentes climáticos ou atmosféricos e biolóxicos  EDAFOXÉNESE: Proceso de formación dun solo, cuxa velocidade depende de f actores como o clima, a litoloxía, a xeomorfoloxía, a vexetación e o tempo tr anscorrido. A actividade humana tamén pode afectar ao proceso.  FALLA: Fractura de orixe tectónica, que se produce cando unha sección da codia terrestre se somete a unha forza ,que sobrepasa o límite da súa resistencia, fracturándose en bloques levantados(horst) e afundidos(graben).
  • 209.  FOZ: , Modelado en forma de val de paredes verticais resultante da erosión fluvial,frecuentemente sobre rochas calcáreas,son formas propias do modelado cárstico. Tamen se pode chamar canón ou garganta.  GLACIAR: Acumulación de xeo nas cabeceiras dos vales, onde se forma unh a depresión denominada circo glaciario. O glaciar arrastra os materiais que se acumulan nos seus laterais, formando morenas.  LITOSFERA: é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola códea e unha parte do manto superior terrestre.  MARISMA: terreo que normalmente está un pouco por debaixo do nivel do mar, que se inunda coas augas mariñas, coas dos ríos que desaugan alí, ou con ambas á vez, e que posúe unha vexetación anfibia.  MESETA: superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordos poden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordos montañosos.  MOREA: material que un glaciar arrinca, transporta e deposita.  OROXENIA: É o proceso de formación de montañas. As dúas oroxenias máis destacadas da historia xeolóxica da terra foron a oroxenia herciniana na er a primaria e a oroxenia alpina na era terciaria.  PÁRAMO: Estrutura de relevo tabular (horizontal) resultado da erosión diferencial, sobre rochas de distinta dureza. Temos exemplos nos páramos da Alcarria ou Valladolid.
  • 210.  PENECHAIRA: Chaira suavemente ondulada, resultante da erosión dun antigo relevo, formada por materiais antigos erosionados  PREGA: deformación tectónica do terreo que se produce pola acción de forzas de sentido contrario e que se traduce nunca ondulación dos estratos. É propio das rochas sedimentarias plásticas.  RÍA.- Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes.  SOMONTANO (pe de monte): Terreo situado na ladeira dunha montaña,terras chas ou lixeiramente inclinadas, situadas entre unha cordilleira e unha depresión, constituídas por sedimentos grosos arrastrados polos ríos desde as montañas, por exemplo os somontes pirenaico e ibérico da depresión do Ebro.  SEDIMENTACIÓN depósito sobre a codia terrestre de materiais procedentes da descomposición das rochas (detrítica) ou de substancias de disolución.  TECTÓNICA DE PLACAS. Teoría que explicou a deriva continental e outros fenómenos. A superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas. Estas transportan os continentes e os solos oceánicos, están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica.  TÓMBOLO: barra areosa que conecta unha illa coa costa ou dúas illas entre si.  TRANSGRESIÓN e REGRESIÓN MARIÑA: avance ou retroceso do nivel do mar sobre o continente debido a diversas circunstancias (movementos isostáticos, eustáticos, fusión de xeos e lenición global do clima etc.).Son movementos propios do mesozoico e o cuaternario.  ZÓCOLOS :chairas ou mesetas formadas no Paleozoico, como resultado do arrasamento pola erosión das cordilleiras xurdidas na oroxénese desa mesma era (Oroxénese herciniana)
  • 211. Fontes:  Xeografía para bacharalato. Anaya  http://www.profesorenlinea.cl/geografiagral/GeologiaEpoca sGeolog.htm  http://www.portalciencia.net/enigmaglac.htm  http://www.slideshare.net/sennumero/o-relevo-da- pennsula-ibrica?qid=bf6a1fbf-4b42-4964-a923- 14a44c6d0901&v=qf1&b=&from_search=1  http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-1- diversidade-xeoloxica-e-morfoloxica/practicos/p3-mapa- litoloxico/  Este e un diccionario visual de xeografía física.  http://contenidos.educarex.es/mci/2004/35/Diccionario/d iccionariovisua.html  http://www.slideshare.net/isaacbuzo/conceptos-geologia  UNED http://es.slideshare.net/anaxipredo/geogra fa-general-i-fsica-bloques-diagrama