Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Montañas xeoloxía

27 views

Published on

Tipos de montaña
Formas de releve
Modelado das montañas
Montañas de Galiza

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Montañas xeoloxía

  1. 1. As montañas son elevacións naturais do terreo. Xeralmente aparecen agrupadas en macizos, cordilleiras ou serras.
  2. 2. AS FORMAS DO RELEVE MODELADO DAS MONTAÑAS AS MONTAÑAS GALEGAS
  3. 3. SERRA cume pé aba montaña VAL FORMAS DO RELEVE
  4. 4. AS MONTAÑAS MÁIS ALTAS EVEREST (Asia, 8.848 m) ACONCAGUA (Sudamérica, 6960 m) EL’BRUS (Europa, 5.642 m) WILHEIM (Oceanía, 4.848 m) VINSON MASSIF (Antártida, 5.140 m) PENA TREVINCA (Galicia, 2.124 m) MCKINLEY (Norteamérica, 6.194 m) KILIMANJARO (África, 5.895 m) As 10 montañas máis altas do mundo atópanse no Himalaia
  5. 5. CORDILLEIRA: sucesión de serras unidas entre sí. Dorsal Galega
  6. 6. PRINCIPAIS CORDILLEIRAS DO MUNDO HIMALAIA (3.800 km) ANDES (7.200 km) ROCHOSAS (4.800 km) MONTES TRANSANTÁRTICOS (3.500 km) DIVISORIA AUSTRALIANA (3.600 km)
  7. 7. SERRA, CORDAL, CADEA: aliñación de montañas. Serra dos Ancares
  8. 8. MACIZO: agrupación de montañas sen aliñación definida. Macizo Central ourensán.
  9. 9. Monte illado. Monte Louro
  10. 10. MODELADO DAS MONTAÑAS Forzas esóxenas: erosión da auga, do xeo, do aire. Desde o momento en que nace unha montaña a erosión comeza a desgastala. Canto máis antiga é unha montaña máis baixa e redondeada é a súa silueta. Forzas endóxenas: movementos das placas e do magma: pregues, fallas, afundimentos-levantamentos. Cumes achairados da serra de Fial das Corzas no Macizo Central ourensán.
  11. 11. DE PREGUES Fórmanse cando a codia terrestre se dobra polo empuxe das placas. TIPOS DE MONTAÑAS SEGUNDO A ORIXE VOLCÁNICAS por acumulación de magma que ascende á superficie e forma un cono. DE BÓVEDA O magma do interior presiona e eleva as capas da superficie. DE FALLAS Cando as forzas de empuxe dobran e rompen a codia terrestre e unha parte queda elevada.
  12. 12. As oroxenias son os procesos de formación das montañas debidos a actividade interna do planeta, que provoca o desprazamento en superficie das placas litosféricas, nas que se atopa dividida a superficie da Terra. Os choques entre placas producen a compresión e o pregamento de sedimentos acumulados nos fondos mariños próximos a bordos continentais, que emerxen sobre o mar, converténdose en montañas. A elevación de temperatura pola fricción entre as placas fai que se formen magmas que poden saír á superficie (volcás) ou arrefriar no interior. FORMACIÓN DAS MONTAÑAS POR EMPUXE DAS PLACAS
  13. 13. RELEVE TERRESTRE E FONDOS OCEÁNICOS
  14. 14. Montañas volcánicas Cotopaxi (Ecuador)
  15. 15. Montañas de pregues Pena Redonda. Quiroga
  16. 16. Montañas de fallas O Morrazo
  17. 17. Montañas de bóveda, ou cúpula A Rocalva (Serra do Gerês, Portugal)
  18. 18. PRICIPAIS PERÍODOS NA FORMACIÓN DAS MONTAÑAS ÉPOCA EXEMPLOS CALEDONIANO hai 400 millóns de anos Escocia (Caledonia) HERCÍNICO hai 270 millóns de anos Montes Urais Apalaches ALPINO hai 35 millóns de anos Alpes, Himalaia Formacións hercínicas en Europa
  19. 19. O territorio galego é unha sucesión interminable de lombas, montañas e grandes serras separadas por millerios de ríos e regatos e algunha que outra chaira ou depresión. AS MONTAÑAS GALEGAS DORSAL MACIZO CENTRAL SERRAS ORIENTAIS
  20. 20. A altitude media de Galiza é de 508 m. 2/3 da superficie galega está por debaixo dos 600 m. As cotas máis altas están en Pena Trevinca, con 2.124 m. Pena Trevinca
  21. 21. RELEVE GALEGO
  22. 22. REPRESENTACIÓN EN PERFIL DO RELEVE GALEGO
  23. 23. Máis da metade do territorio galego ten pendentes superiores ao 20%, e a pendente media é do 21,5 %. O Courel
  24. 24. A topografía galega é a dun territorio moi envellecido e profundamente modificado desde a súa orixe por procesos erosivos, que actuaron durante longos períodos en tempo xeolóxico, e que alternaron con algúns episodios de reactivación tectónica que rexuveneceron parcialmente este relevo. Serra do Eixe
  25. 25. ORIXE E EVOLUCIÓN DA MONTAÑA GALEGA ETAPA OROXÉNICA 360 a 250 millóns de anos Colisión entre os bloques continentais de Laurasia, (a actual Norteamérica, Groenlandia e o norte e centro de Europa), e Gondwana (África, Sudamérica, Australia e a Antártida), o que deu lugar ao peche do Océano Medio Europeo, e comprimiu e elevou os sedimentos do seu fondo ata crear a Cadea Hercínica. Fórmouse Panxea II. Evolución dos continentes durante o Paleozoico. O punto sinala a localización aproximada de Galiza.
  26. 26. -O rozamento entre as placas provocou a fusión do magma e a formación de granitos e rochas metamórficas. -Distensión que dará lugar a numerosas fracturas, fundamentalmente con orientación NE – SO e NO – SE. ETAPA OROXÉNICA 360 a 250 millóns de anos O pregue deitado de Leixazós e Campodola (O Courel), é un exemplo emblemático da Oroxenia Hercínica no que se pode apreciar perfectamente a estratificación característica dos materiais sedimentarios.
  27. 27. Vista xeral do pregue de Campodola
  28. 28. Detalle do gneis “ollo de sapo”. O ollo de sapo é a máis característica das rochas metamórficas galegas. Está formado por cristais de seixo e feldespatos dentro dunha matriz de filitas. ETAPA OROXÉNICA 360 a 250 millóns de anos
  29. 29. -Intenso proceso erosivo que deixou a maior parte do territorio convertido nunha extensa superficie arrasada, na que afloraron as rochas cristalinas plutónicas e metamórficas que estaban en zonas profundas. ETAPA DE ARRASAMENTO Mesozoico-Cenozoico (230 – 65 millóns de anos) Evolución dun macizo granítico.
  30. 30. ETAPA DE ARRASAMENTO Mesozoico-Cenozoico (230 – 65 millóns de anos) Macizo Granítico no Monte Pindo. A desaparición, por efecto da erosión, dos materiais que cubrían as masas graníticas que se formaron no interior da codia terrestre deixounos ao descuberto en forma de grandes bloques, penedos, bolos...
  31. 31. Faro de Budiño
  32. 32. -Inicio da fragmentación da Panxea II e apertura do Océano Atlántico que delimitará a marxe atlántica de Galiza. Aparecen novas fracturas con orientación N-S. Máis tarde prodúcese a apertura do Golfo de Biscaia que delimita a marxe continental cantábrica. ETAPA DE ARRASAMENTO Mesozoico-Cenozoico (230 – 65 millóns de anos) A apertura do Océano Atlántico e Golfo de Biscaia definiron os bordos continentais de Galiza.
  33. 33. ETAPA DE REACTIVACIÓN ALPINA Inicios do Terciario (65 – 2 millóns de anos) -Prodúces un achegamento da placa africana cara Europa e a creación dunha zona de subdución na costa cantábrica o que reactiva as fracturas formadas en épocas anteriores e orixina a elevación dunha serie de bloques. -A erosión das zonas elevadas encheu de sedimentos as zonas afundidas (Meirama, As Pontes, Maceda, Monforte, Xinzo). A Limia
  34. 34. ETAPA DE REACTIVACIÓN ALPINA Inicios do Terciario (65 – 2 millóns de anos) -As fracturas de orientación NE-SO deron lugar a formación de foxas tectónicas que ao ser anegadas convertéronse nas Rías Baixas. Os brazos de terra que os separan están constituídos polos piares tectónicos. As fracturas de orientación NO-SE propiciaron a formación das rías medias. As de orientación N-S orixinaron as rías do norte, ou a depresión meridiana, situada entre as localidades de Tui e Carballo. Os piares tectónicos resultantes destas fracturas configuran moitas das serras que forman a dorsal galega.
  35. 35. ETAPA DE REACTIVACIÓN ALPINA Inicios do Terciario (65 – 2 millóns de anos) As zonas elevadas reciben o nome de horst ou piar tectónico, mentres que as zonas afundidas denomínanse graben ou foxa tectónica -Reactivación do relevo e formación de foxas tectonicas.
  36. 36. ETAPA DE REACTIVACIÓN ALPINA Inicios do Terciario (65 – 2 millóns de anos) A Depresión Meridiana na zona de Porriño vista desde o monte Aloia.
  37. 37. ETAPA DE REACTIVACIÓN ALPINA Inicios do Terciario (65 – 2 millóns de anos) A Depresión Meridiana no val do Sar
  38. 38. ETAPA DE REACTIVACIÓN ALPINA Inicios do Terciario (65 – 2 millóns de anos) A Depresión Meridiana na zona de Padrón e a ría de Arousa
  39. 39. Ría de Noia. No primeiro plano o Tremuzo e ao fondo a Serra da Barbanza.
  40. 40. ETAPA CUATERNARIA (2 millóns de anos ata a actualidade) -No Pleistoceno (1 millón - 18.000 anos): intensa actividade glaciar. Existen numerosas pegadas desta actividade que se reflicten nas particulares formas de relevo modeladas polo xeo (circos glaciares, vales con forma de U, umbrais, ombreiras), rochas pulidas e os depósitos típicos (morrenas, depósitos glacio-lacustres, sedimentos glaciares…). As zonas máis claramente modeladas polo glaciarismo son as serras dos Ancares, O Courel, Queixa, Segundeira, O Xurés e o Macizo de Trevinca. Rochas erosionadas polo xeo
  41. 41. Val glaciar de Piornedo, nos Ancares
  42. 42. Circo glaciar de Tres Bispos. os Ancares.
  43. 43. Morenas frontal e lateral nos Ancares
  44. 44. Val glaciar e circo de Cenza. Macizo Central.
  45. 45. Morrena de Chagoazoso. Macizo Central.
  46. 46. Circo glacir do Corvo de Cabalo nas nacentes do Cenza. Macizo Central.
  47. 47. Morrenas en Mormentelos. Macizo Central.
  48. 48. Circo glaciar do Figueiro (O Invernadeiro). Macizo Central.
  49. 49. Cico glaciar en Prado (Requeixo). Macizo Central. Half Dome
  50. 50. Circo glaciar de Lamas, nas cabeceiras do río San Miguel (Requeixo). Macizo Central.
  51. 51. Morrenas de Requeixo. Macizo Central.
  52. 52. Val glaciar nas cabeceiras do Tera. Trevinca.
  53. 53. Val glaciar nas cabeceiras do Xares. Trevinca.
  54. 54. Lagoa de orixe glaciar. Lucenza. O Courel.
  55. 55. Lagoas de orixe glaciar. Trevinca. A Serpe Ocelo
  56. 56. Val glaciar de Vilameá. O Xurés.
  57. 57. ETAPA CUATERNARIA (2 millóns de anos ata a actualidade) -Hai 18.000-11.000 anos : procesos periglaciares (conxelación e desxeo). Pedregal de Irimia. Serra de Meira
  58. 58. Val glaciar de Vilameá. O Xurés.
  59. 59. Val glaciar de Vilameá. O Xurés.
  60. 60. A morfoloxía das montañas varía en función da idade, do tipo de rochas e da súa disposición, das condicións climáticas e meteorolóxicas e da acción dos seres vivos, especialmento do ser humano.
  61. 61. As rochas graníticas conforman paisaxes de penedos, bolos, castelos..
  62. 62. O Pindo A Toxiza
  63. 63. As lousas e xistos producen formas suaves. Fial das Corzas. Macizo Central.
  64. 64. As rochas calcárias producen formas irregulares nas que abondan as covas, os cavorcos e os saíntes. Pena Falcoeira. Enciña da Lastra
  65. 65. Penedos de Oulego. Enciña da Lastra
  66. 66. As cuarcitas sobresaen do terrero pola súa dureza. Penas Apañadas. A Fonsagrada.
  67. 67. Serra de Meira
  68. 68. Pico Sacro
  69. 69. Os estratos inclinados ou verticais producen formas angulosas nas que a erosión actúa de forma intensa. Serra de Cereixido. Quiroga.
  70. 70. Lousas no Courel
  71. 71. A Torca. O Courel. A mestura de rochas de distinta resistencia fai que as máis febles se desgasten e as duras permanezan na paisaxe en forma de cristas.
  72. 72. Rochas rotas polos cambios de temperatura. A auga metése nas gretas e ao conxelarse actúa de cuña que perte as rochas. Lousas na Serra de Fial das Corzas
  73. 73. Granitos no Maluro (Serra do Eixe)
  74. 74. Pena Trevinca
  75. 75. Traballo da auga nas abas das montañas. O Courel
  76. 76. Pena Negra e Trevinca
  77. 77. A vexetación axuda a suxeitar o terreo e impide a erosión
  78. 78. As persoas modifican a fisonomía das montañas coa agricultura, a silvicultura, a minería, a construción de infraestruturas, os incendios... Louseiras en Casaio. Trevinca.
  79. 79. Agricultura de montaña. Os Ancares.
  80. 80. Os incendios deixan o solo ao descuberto e facilitan a erosión. Montes de Lóuzara. O Courel.
  81. 81. A Gudiña
  82. 82. Incendio. Os Ancares
  83. 83. Serra do Candán
  84. 84. Repoboación despois dun incendio. Carballido.
  85. 85. Louseiras no Courel
  86. 86. Canteira de Granito. O Porriño.
  87. 87. Estrada na Faladoira
  88. 88. MONTAXE e FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta. TEXTOS: Adela Leiro, Victor Caamaño, Isaac Pontanilla. DEBUXOS: Mon Daporta xuño 2010

×