Liberalismo e Nacionalismo
2.- A Revolución Francesa
 A Revolución Francesa foi un proceso social e político que se
desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais
consecuencias foron a abolición da Monarquía Absoluta e o
nacemento da República, eliminando as bases económicas e sociais
do Antigo Réxime.
 Foi unha das revolucións máis importantes da Historia pois cambiou
en gran parte o curso desta: ábrese unha etapa de transformacións
políticas e sociais, e con ela dáse inicio ao ciclo revolucionario
burgués (1820, 1830, 1848), sendo a orixe das democracias actuais.
2.1 As causas da Revolución
1. Difusión das ideas da Ilustración (Voltaire, Rousseau,
Montesquieu):
1. Soberanía nacional
2. Separación de poderes
3. A igualdade ante a lei, rexeitando a sociedade estamental
2. Grandes desigualdades da sociedade estamental:
1. A emerxente burguesía reclamaba a súa participación no poder político
2. Enorme abismo en canto á situación económica: A pobreza extrema das
clases populares fronte ao luxo excesivo da Corte rexia.
3. Anos de malas colleitas, que encareceron o prezo dos alimentos,
provocando un fondo malestar social.
4. Crise financeira do Estado, que levou a propoñer unha reforma
fiscal na que tamén os estamentos privilexiados pagasen impostos.
2.2 O estalido da Revolución Francesa
• O Rei Luís XVI convocou os Estados Xerais (a reunión dos representantes
dos tres estamentos), pois só nos Estados Xerais se poderían aprobar
novos impostos.
• Nos Estados Xerais cada estamento tiña un voto, polo que os privilexiados
estaban seguros de que a reforma fiscal non sairía adiante. O Terceiro
Estado reclama o voto por persoa, para evitar o veto dos privilexiados, en
base ao poder da maioría.
Cando llo negan, os
representantes do Terceiro Estado
reúnense na Sala do Xogo da
Pelota, constituíndose como
Asemblea Nacional e xurando
non disolverse ata aprobar unha
Constitución para toda a nación.
A Asemblea Nacional recibe o apoio do pobo
de París, que toma ao asalto a Bastilla,
símbolo do Absolutismo (14 xullo 1789) e
polo resto de Francia propágase unha
revolta antiseñorial (Le grand peur, O gran
medo), incendiando castelos e os arquivos
señoriais, reclamando o reparto da terra.
A Asemblea Nacional Constituínte abolición o
sistema do Antigo Réxime mediante:
• A aprobación da Declaración de Dereitos
do Home e do Cidadán.
 Todos os homes son cidadáns libres
e iguais ante a lei.
 Establece o principio da soberanía
nacional.
• A Constitución Civil do Clero.
 Implicou a separación da Igrexa e
do Estado.
• Aprobación da Constitución (1791).
2.3 A Asemblea Lexislativa (1791-1792)
A Constitución de 1791 tiña un carácter bastante moderado:
• Define Francia como unha monarquía constitucional, rexida polo principio de soberanía
nacional.
• Baseada na división de poderes:
 O executivo seguía en mans do rei.
 O lexislativo, en mans da Asemblea Nacional.
 O xudicial, nos tribunais de xustiza.
• Establece o sufraxio censatario.
Logo de aprobarse a Constitución, elixiuse unha Asemblea Nacional Lexislativa,
composta por diversos grupos ideolóxicos:
• Moderados monárquicos constitucionalistas.
• Xirondinos (burgueses moderados), aínda que republicanos, foron moderando a súa
postura e aceptan unha monarquía constitucional. Reclaman o sufraxio censatario.
• Xacobinos (burguesía radical republicana), partidarios da República, reclaman o sufraxio
universal masculino.
• Contrarrevolucionarios, que querían a restauración da Monarquía Absoluta.
• Problemas internos: Malestar entre os sectores máis humildes da
poboación polo alto prezo dos alimentos, e oposición dos
contrarrevolucionarios, que alentaban unha intervención estranxeira,
para restaurar a Monarquía Absoluta.
• Problemas externos: A Asemblea declara a guerra a Austria por
considerala o foco da contrarrevolución.
• A Fuxida: a familia real tentou fuxir de Francia para buscar axuda nos
exércitos austríacos e restaurar a situación, aínda que foron
capturados. Isto supuxo a caída en desprestixio da Coroa e a
radicalización da Revolución, xa que se proclamou a República.
3.- A I República Francesa (1792-1799)
• Aboliuse a monarquía, proclamouse a I República Francesa e elíxese unha nova
Asemblea: a Convención.
• Convención Xirondina (1792 – 1793)
• Posturas moderadas.
• Xuízo e execución de Luís XVI, acusado de traizón.
• A execución da familia real provocou unha Coalición europea contra a
Francia revolucionaria. Os primeiros compases da guerra foron
desastrosos.
• Ademais, a fame e a falta de abastecementos e o perigo de invasión
estranxeira propiciou insurreccións dos campesiños.
• Debido á debilidade da Convención e ás numerosas ameazas que
axexaban a Francia, creouse o Comité de Salvación Pública como
principal órgano de goberno, pronto controlado polos xacobinos, que
radicalizaron a Revolución.
3.1 A Convención (1792-1794)
• Convención Xacobina (1793 – 1794)
Os radicais xacobinos co apoio dos sans-culottes (membros das clases sociais
máis baixas), e liderados por Robespeirre, arrestan, xulgan e executan a
líderes xirondinos, acusados de contrarrevolucionarios: iníciase o Terror,
para acabar cos inimigos da Revolución.
• Promulgación dunha nova Constitución de 1793, que establece:
• A Soberanía popular
• O Sufraxio universal masculino.
• Outras medidas:
Reorganización do exército e novas levas(recrutamento obrigatorio da poboación para
servir no exército), logrando cambiar as tornas da guerra contra as potencias
europeas
• Redistribución da propiedade agraria
• Obrigatoriedade e gratuidade da educación primaria
• Xullo (Termidor) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía
moderada, ante a radicalización dos xacobinos, da un golpe de Estado,
executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da
Revolución.
• Termidor (Xullo) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada,
ante a radicalización dos xacobinos, executa a Roberspierre e aos seus partidarios
e toma de novo o control da Revolución.
• Aprobación dunha nova Constitución de 1795, de carácter moderado, que
establece:
• O Sufraxio censatario.
• O poder executivo, no Directorio, órgano colexiado composto por cinco
“directores”.
• O poder lexislativo, dividido en dúas cámaras: o Consello dos Anciáns e o
Consello dos Cincocentos.
• Problemas: revoltas radicais (lideradas polos xacobinos, como a “Conspiración dos
iguais”) e dos contrarrevolucionarios, que foron reprimidas: é o Terror Branco.
• Éxitos militares fronte a Coalición europea co consecuente aumento do prestixio
do Exército.
• Ante as tensións sociais e os problemas económicos, e aínda en guerra contra a
Coalición europea, a burguesía conservadora ve con bos ollos un goberno dos
militares, que aporte estabilidade:
• 18 de Brumario (9 de novembro) de 1799.- Golpe de Estado de Napoleón,
derrocando o Directorio e establecendo o Consulado, sendo el mesmo cónsul
xunto con Sièyes e Ducos.
3.2 O Directorio (1795-1799)
Napoleón Bonaparte
• 1799 Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro)
Derrocou ao Directorio
Xunto con Sièyes e Ducos formou o Consulado
• 1802 Primeiro Cónsul e Cónsul Vitalicio
• 1804 Emperador
4.1 O Goberno de Napoleón
O Consulado (1799-1804)
• Napoleón buscou restaurar a orde e crear
un novo réxime político. Reformas:
• Políticas, co fin de reconciliar aos franceses
despois de anos de loita interna:
• Autorizou aos exiliados a regresar
a súa patria.
• Fixo as paces coa Igrexa católica
(Concordato coa Igrexa – 1801),
recoñecendo ao Catolicismo como
relixión oficial.
• Promulgou o CÓDIGO CIVIL (1804),
sancionando a igualdade dos
cidadáns ante a lei.
• Centralización administrativa de Francia,
divida en departamentos provinciais
gobernados por un prefecto.
• Reorganizou e unificou o sistema
educativo (rede de liceos)
O Imperio: 1804-1814-1815
• Desenrolou unha política
expansionista: Quería converterse en
Emperador de toda Europa,
invadindo países e colocando como
gobernantes aos seus familiares.
• O resto de nacións formaron
sucesivas Alianzas para enfrontarse a
Francia.
• En 1804 Napoleón Bonaparte fíxose
coroar Emperador de Francia polo
papa Pío VII nunha cerimonia na
catedral de Notre-Dame en París.
4.2 As Guerras Napoleónicas
• 1805 Vitoria en Austerlitz (vs. rusos e austríacos). Disolución do Imperio Alemán.
• 1806 Bloqueo continental a Gran Bretaña, tentando cerrarlle os portos
comerciais europeos mediante o illamento económico.
• 1808 Inicio da Guerra da Independencia española.
• 1812 Inicio da catastrófica campaña contra Rusia. Fracaso vs. a política de “terra
queimada” dos rusos e ante o “Xeneral Inverno”.
• 1813 Derrota en Leipzig fronte á coalición europea.
• 1814 Abdicación de Napoleón e desterro á illa de Elba.
• 1815 Regreso de Napoleón: o Imperio dos Cen Días.
Derrota definitiva en Waterloo vs. ingleses e prusianos
Desterro en Santa Helena
Consecuencias das Guerras Napoleónicas:
• Modificación do mapa europeo, creándose novos estados e substituído noutros
os monarcas tradicionais por familiares de Napoleón.
• Difusión dos ideais da Revolución Francesa.
• Desenvolvemento de sentimentos nacionais contra o dominio francés nos
territorios conquistados.
4.3 A Restauración (1815-1830)
O Congreso de Viena (1815) foi un encontro internacional das potencias vencedoras
de Napoleón (Austria, Rusia, Prusia e Reino Unido) impulsado polo chanceler austríaco
Metternich, co obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de
Napoleón e voltar á situación política anterior á Revolución Francesa.
A reunión tivo como base 5 grandes principios:
• Restauración do Absolutismo monárquico.
• Lexitimismo monárquico, é dicir, devolveuse o trono ás monarquías tradicionais.
Así, en Francia restaurouse a dinastía dos Borbóns, con Luís XVIII.
• Equilibrio internacional: pretendíase que non houbese unha potencia
hexemónica (dominante)
• Intervencionismo. As potencias constitúen a Santa Alianza, co dereito de intervir
militarmente nos territorios en que houbese revoltas contrarias á Restauración.
• Sistema de Congresos. As potencias celebrarán congresos para tratar e resolver
as cuestións problemática en Política Internacional.
Exemplo da aplicación destes principios foron os congresos que decidiron a intervención
militar das potencias da Alianza para derrotar os levantamentos liberais de 1820 en Nápoles
e España.
Malia as medidas que se concertaron para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime, non se
puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
A Europa da Restauración
5.3 As vagas revolucionarias
Malia as medidas que se concertaron no Congreso de Viena para manter a raia os inimigos
do Antigo Réxime e as intervencións militares contra as revoltas liberais de 1820, non se
puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
• Revolucións de 1820:
 Revolución liberal en Nápoles (sufocada polas potencias do Congreso de Viena)
 Trienio liberal en España (1820-1823) (sufocado polos “Cen mil fillos de San
Luís” enviados pola Santa Alianza)
 Inicio da insurrección de carácter nacionalista dos gregos contra o dominio
turco otomán (conseguen a independencia en 1830 axudados polas potencias
europeas)
• Revolucións de 1830:
 Revolución de Xullo en Francia. Deposición do rei absoluto Carlos X e
proclamación da monarquía parlamentaria de Luís Filipe de Orleáns.
 Levantamento de Bélxica contra o dominio holandés.
• Revolucións de 1848 (A Primavera dos Pobos):
 Revolución en Francia. Deposición de Luís Filipe de Orleáns e proclamación da
Segunda República. As medidas democráticas que se tomaron impulsaron unha
reacción conservadora e o presidente da República, sobriño de Napoleón,
proclamará o Segundo Imperio Francés, nomeándose Napoleón III en 1852.
 Na Confederación Xermánica os revolucionarios constitúen un Parlamento en
Frankfurt, elixido por sufraxio universal.
 No Imperio Austríaco houbo revoltas liberais cun carácter nacionalista, con
alzamentos en Hungría, Bohemia, Lombardía (Milán) e o Véneto (Venecia).
6.- A Europa das Nacións
6.2 A Unificación de Italia
Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de
Piemonte e Sardeña, os Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e
algúns territorios (Lombardía, Véneto) incorporados polo Imperio
Austríaco.
Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia.
Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro
ministro Cavour e o líder militar Garibaldi
Etapas:
1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria.
Anexión de Lombardía.
1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios.
Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu
conquistar o sur, o Reino das Dúas Sicilias.
1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia
1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia.
6.- A Europa das Nacións
6.3 A Unificación de Alemaña
Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade
entre os dos máis potentes: Austria e Prusia.
Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e
nacionalista da revolta de 1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt.
Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von
Bismarck, que levará a cabo unha política militarista.
Etapas:
1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca.
1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre
Austria os prusianos lideran o proceso unificador e forman a
Confederación de Alemaña do Norte.
1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón
III na batalla de Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou
Imperio alemán. Anexión de Alsacia e Lorena.
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

  • 1.
  • 2.
    2.- A RevoluciónFrancesa  A Revolución Francesa foi un proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais consecuencias foron a abolición da Monarquía Absoluta e o nacemento da República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime.  Foi unha das revolucións máis importantes da Historia pois cambiou en gran parte o curso desta: ábrese unha etapa de transformacións políticas e sociais, e con ela dáse inicio ao ciclo revolucionario burgués (1820, 1830, 1848), sendo a orixe das democracias actuais.
  • 3.
    2.1 As causasda Revolución 1. Difusión das ideas da Ilustración (Voltaire, Rousseau, Montesquieu): 1. Soberanía nacional 2. Separación de poderes 3. A igualdade ante a lei, rexeitando a sociedade estamental 2. Grandes desigualdades da sociedade estamental: 1. A emerxente burguesía reclamaba a súa participación no poder político 2. Enorme abismo en canto á situación económica: A pobreza extrema das clases populares fronte ao luxo excesivo da Corte rexia. 3. Anos de malas colleitas, que encareceron o prezo dos alimentos, provocando un fondo malestar social. 4. Crise financeira do Estado, que levou a propoñer unha reforma fiscal na que tamén os estamentos privilexiados pagasen impostos.
  • 4.
    2.2 O estalidoda Revolución Francesa • O Rei Luís XVI convocou os Estados Xerais (a reunión dos representantes dos tres estamentos), pois só nos Estados Xerais se poderían aprobar novos impostos. • Nos Estados Xerais cada estamento tiña un voto, polo que os privilexiados estaban seguros de que a reforma fiscal non sairía adiante. O Terceiro Estado reclama o voto por persoa, para evitar o veto dos privilexiados, en base ao poder da maioría. Cando llo negan, os representantes do Terceiro Estado reúnense na Sala do Xogo da Pelota, constituíndose como Asemblea Nacional e xurando non disolverse ata aprobar unha Constitución para toda a nación.
  • 5.
    A Asemblea Nacionalrecibe o apoio do pobo de París, que toma ao asalto a Bastilla, símbolo do Absolutismo (14 xullo 1789) e polo resto de Francia propágase unha revolta antiseñorial (Le grand peur, O gran medo), incendiando castelos e os arquivos señoriais, reclamando o reparto da terra.
  • 6.
    A Asemblea NacionalConstituínte abolición o sistema do Antigo Réxime mediante: • A aprobación da Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán.  Todos os homes son cidadáns libres e iguais ante a lei.  Establece o principio da soberanía nacional. • A Constitución Civil do Clero.  Implicou a separación da Igrexa e do Estado. • Aprobación da Constitución (1791).
  • 7.
    2.3 A AsembleaLexislativa (1791-1792) A Constitución de 1791 tiña un carácter bastante moderado: • Define Francia como unha monarquía constitucional, rexida polo principio de soberanía nacional. • Baseada na división de poderes:  O executivo seguía en mans do rei.  O lexislativo, en mans da Asemblea Nacional.  O xudicial, nos tribunais de xustiza. • Establece o sufraxio censatario. Logo de aprobarse a Constitución, elixiuse unha Asemblea Nacional Lexislativa, composta por diversos grupos ideolóxicos: • Moderados monárquicos constitucionalistas. • Xirondinos (burgueses moderados), aínda que republicanos, foron moderando a súa postura e aceptan unha monarquía constitucional. Reclaman o sufraxio censatario. • Xacobinos (burguesía radical republicana), partidarios da República, reclaman o sufraxio universal masculino. • Contrarrevolucionarios, que querían a restauración da Monarquía Absoluta.
  • 8.
    • Problemas internos:Malestar entre os sectores máis humildes da poboación polo alto prezo dos alimentos, e oposición dos contrarrevolucionarios, que alentaban unha intervención estranxeira, para restaurar a Monarquía Absoluta. • Problemas externos: A Asemblea declara a guerra a Austria por considerala o foco da contrarrevolución. • A Fuxida: a familia real tentou fuxir de Francia para buscar axuda nos exércitos austríacos e restaurar a situación, aínda que foron capturados. Isto supuxo a caída en desprestixio da Coroa e a radicalización da Revolución, xa que se proclamou a República.
  • 9.
    3.- A IRepública Francesa (1792-1799)
  • 10.
    • Aboliuse amonarquía, proclamouse a I República Francesa e elíxese unha nova Asemblea: a Convención. • Convención Xirondina (1792 – 1793) • Posturas moderadas. • Xuízo e execución de Luís XVI, acusado de traizón. • A execución da familia real provocou unha Coalición europea contra a Francia revolucionaria. Os primeiros compases da guerra foron desastrosos. • Ademais, a fame e a falta de abastecementos e o perigo de invasión estranxeira propiciou insurreccións dos campesiños. • Debido á debilidade da Convención e ás numerosas ameazas que axexaban a Francia, creouse o Comité de Salvación Pública como principal órgano de goberno, pronto controlado polos xacobinos, que radicalizaron a Revolución. 3.1 A Convención (1792-1794)
  • 11.
    • Convención Xacobina(1793 – 1794) Os radicais xacobinos co apoio dos sans-culottes (membros das clases sociais máis baixas), e liderados por Robespeirre, arrestan, xulgan e executan a líderes xirondinos, acusados de contrarrevolucionarios: iníciase o Terror, para acabar cos inimigos da Revolución. • Promulgación dunha nova Constitución de 1793, que establece: • A Soberanía popular • O Sufraxio universal masculino. • Outras medidas: Reorganización do exército e novas levas(recrutamento obrigatorio da poboación para servir no exército), logrando cambiar as tornas da guerra contra as potencias europeas • Redistribución da propiedade agraria • Obrigatoriedade e gratuidade da educación primaria • Xullo (Termidor) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, da un golpe de Estado, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución.
  • 12.
    • Termidor (Xullo)de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución. • Aprobación dunha nova Constitución de 1795, de carácter moderado, que establece: • O Sufraxio censatario. • O poder executivo, no Directorio, órgano colexiado composto por cinco “directores”. • O poder lexislativo, dividido en dúas cámaras: o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos. • Problemas: revoltas radicais (lideradas polos xacobinos, como a “Conspiración dos iguais”) e dos contrarrevolucionarios, que foron reprimidas: é o Terror Branco. • Éxitos militares fronte a Coalición europea co consecuente aumento do prestixio do Exército. • Ante as tensións sociais e os problemas económicos, e aínda en guerra contra a Coalición europea, a burguesía conservadora ve con bos ollos un goberno dos militares, que aporte estabilidade: • 18 de Brumario (9 de novembro) de 1799.- Golpe de Estado de Napoleón, derrocando o Directorio e establecendo o Consulado, sendo el mesmo cónsul xunto con Sièyes e Ducos. 3.2 O Directorio (1795-1799)
  • 14.
    Napoleón Bonaparte • 1799Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro) Derrocou ao Directorio Xunto con Sièyes e Ducos formou o Consulado • 1802 Primeiro Cónsul e Cónsul Vitalicio • 1804 Emperador
  • 15.
    4.1 O Gobernode Napoleón O Consulado (1799-1804) • Napoleón buscou restaurar a orde e crear un novo réxime político. Reformas: • Políticas, co fin de reconciliar aos franceses despois de anos de loita interna: • Autorizou aos exiliados a regresar a súa patria. • Fixo as paces coa Igrexa católica (Concordato coa Igrexa – 1801), recoñecendo ao Catolicismo como relixión oficial. • Promulgou o CÓDIGO CIVIL (1804), sancionando a igualdade dos cidadáns ante a lei. • Centralización administrativa de Francia, divida en departamentos provinciais gobernados por un prefecto. • Reorganizou e unificou o sistema educativo (rede de liceos)
  • 16.
    O Imperio: 1804-1814-1815 •Desenrolou unha política expansionista: Quería converterse en Emperador de toda Europa, invadindo países e colocando como gobernantes aos seus familiares. • O resto de nacións formaron sucesivas Alianzas para enfrontarse a Francia. • En 1804 Napoleón Bonaparte fíxose coroar Emperador de Francia polo papa Pío VII nunha cerimonia na catedral de Notre-Dame en París.
  • 18.
    4.2 As GuerrasNapoleónicas • 1805 Vitoria en Austerlitz (vs. rusos e austríacos). Disolución do Imperio Alemán. • 1806 Bloqueo continental a Gran Bretaña, tentando cerrarlle os portos comerciais europeos mediante o illamento económico. • 1808 Inicio da Guerra da Independencia española. • 1812 Inicio da catastrófica campaña contra Rusia. Fracaso vs. a política de “terra queimada” dos rusos e ante o “Xeneral Inverno”. • 1813 Derrota en Leipzig fronte á coalición europea. • 1814 Abdicación de Napoleón e desterro á illa de Elba. • 1815 Regreso de Napoleón: o Imperio dos Cen Días. Derrota definitiva en Waterloo vs. ingleses e prusianos Desterro en Santa Helena Consecuencias das Guerras Napoleónicas: • Modificación do mapa europeo, creándose novos estados e substituído noutros os monarcas tradicionais por familiares de Napoleón. • Difusión dos ideais da Revolución Francesa. • Desenvolvemento de sentimentos nacionais contra o dominio francés nos territorios conquistados.
  • 20.
    4.3 A Restauración(1815-1830) O Congreso de Viena (1815) foi un encontro internacional das potencias vencedoras de Napoleón (Austria, Rusia, Prusia e Reino Unido) impulsado polo chanceler austríaco Metternich, co obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón e voltar á situación política anterior á Revolución Francesa. A reunión tivo como base 5 grandes principios: • Restauración do Absolutismo monárquico. • Lexitimismo monárquico, é dicir, devolveuse o trono ás monarquías tradicionais. Así, en Francia restaurouse a dinastía dos Borbóns, con Luís XVIII. • Equilibrio internacional: pretendíase que non houbese unha potencia hexemónica (dominante) • Intervencionismo. As potencias constitúen a Santa Alianza, co dereito de intervir militarmente nos territorios en que houbese revoltas contrarias á Restauración. • Sistema de Congresos. As potencias celebrarán congresos para tratar e resolver as cuestións problemática en Política Internacional. Exemplo da aplicación destes principios foron os congresos que decidiron a intervención militar das potencias da Alianza para derrotar os levantamentos liberais de 1820 en Nápoles e España. Malia as medidas que se concertaron para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
  • 21.
    A Europa daRestauración
  • 22.
    5.3 As vagasrevolucionarias Malia as medidas que se concertaron no Congreso de Viena para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime e as intervencións militares contra as revoltas liberais de 1820, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848. • Revolucións de 1820:  Revolución liberal en Nápoles (sufocada polas potencias do Congreso de Viena)  Trienio liberal en España (1820-1823) (sufocado polos “Cen mil fillos de San Luís” enviados pola Santa Alianza)  Inicio da insurrección de carácter nacionalista dos gregos contra o dominio turco otomán (conseguen a independencia en 1830 axudados polas potencias europeas) • Revolucións de 1830:  Revolución de Xullo en Francia. Deposición do rei absoluto Carlos X e proclamación da monarquía parlamentaria de Luís Filipe de Orleáns.  Levantamento de Bélxica contra o dominio holandés. • Revolucións de 1848 (A Primavera dos Pobos):  Revolución en Francia. Deposición de Luís Filipe de Orleáns e proclamación da Segunda República. As medidas democráticas que se tomaron impulsaron unha reacción conservadora e o presidente da República, sobriño de Napoleón, proclamará o Segundo Imperio Francés, nomeándose Napoleón III en 1852.  Na Confederación Xermánica os revolucionarios constitúen un Parlamento en Frankfurt, elixido por sufraxio universal.  No Imperio Austríaco houbo revoltas liberais cun carácter nacionalista, con alzamentos en Hungría, Bohemia, Lombardía (Milán) e o Véneto (Venecia).
  • 24.
    6.- A Europadas Nacións 6.2 A Unificación de Italia Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de Piemonte e Sardeña, os Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e algúns territorios (Lombardía, Véneto) incorporados polo Imperio Austríaco. Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia. Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro Cavour e o líder militar Garibaldi Etapas: 1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria. Anexión de Lombardía. 1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios. Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu conquistar o sur, o Reino das Dúas Sicilias. 1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia 1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia.
  • 26.
    6.- A Europadas Nacións 6.3 A Unificación de Alemaña Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade entre os dos máis potentes: Austria e Prusia. Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e nacionalista da revolta de 1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt. Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von Bismarck, que levará a cabo unha política militarista. Etapas: 1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca. 1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre Austria os prusianos lideran o proceso unificador e forman a Confederación de Alemaña do Norte. 1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón III na batalla de Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou Imperio alemán. Anexión de Alsacia e Lorena.