Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

LIC Ortigueira-Mera

129 views

Published on

O espazo Ortigueira-Mera inclúe a parte interior da ría de Ortigueira, desde a punta do Castro da Moura (Cariño) ata punta do Tallo (Ortigueira), o curso do río Mera ata Soutochao e o rego de Soutochao (cos seus afluentes Pradovello e Canteira), e algunhas áreas de bosque das súas beiras.
CONCELLOS: Cariño, Ortigueira, Cerdido, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

LIC Ortigueira-Mera

  1. 1. ESPAZOS NATURAIS Ortigueira-Mera Ría Ortigueira-Ladrido
  2. 2. O espazo Ortigueira-Mera inclúe a parte interior da ría de Ortigueira, desde a punta do Castro da Moura (Cariño) ata punta do Tallo (Ortigueira), o curso do río Mera ata Soutochao e o rego de Soutochao (cos seus afluentes Pradovello e Canteira), e algunhas áreas de bosque das súas beiras. Vista parcial da ría de Ortigueira co esteiro do Baleo e a illa de San Vicente. No primeiro plano, á dereita o monte Masanteiro, en Cariño e a punta do Castro da Moura, límite oeste do espazo costeiro.
  3. 3. SITUACIÓN: Entre Cabo Ortegal e Estaca de Bares, no norte da provincia da Coruña (comarcas de Ortegal e Ferrol). Localidades de referencia: Santa Marta de Ortigueira, Cariño e Moeche. SUPERFICIE: 3.868 ha CONCELLOS: Cariño, Ortigueira, Cerdido, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas. VALORES NATURAIS: fondos mariños, esteiro, marismas, praias, dunas, bosques de ribeira, aves acuáticas e de bosque...
  4. 4. Praia de Morouzos e illa de San Vicente PROTECCIÓN -Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004. -Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014. -Zona de especial protección para as aves (ZEPA) “Ría de Ortigueira e Ladrido” (3.025 ha); 12 de xaneiro de 1990. Unnida á ZEPA “Espazo Mariño Punta Candieira, Ría de Ortigueira e Estaca de Bares” (771,52 Km2 ). -HUMIDAL DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL (Convenio Ramsar) “Rías de Ortigueira e Ladrido (2.920 ha). -HUMIDAL PROTEXIDO “Ría de Ortigueira e Ladrido” (3.025 ha). -A área correspóndese parcialmente coa IBA 006 Punta Candeeira-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares, incluída no INVENTARIO DE SEO/BIRDLIFE (1998).
  5. 5. ZEPA RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO: SUPERFICIE: 3.025 ha CONCELLOS: Cariño, Ortigueira
  6. 6. CLIMA Oceánico
  7. 7. XEOLOXÍA/RELEVO O espazo ten dúas áreas diferenciadas: a ría de Ortigueira, cos montes da Capelada na marxe esquerda, e o curso fluvial do río Mera, que está rodeado pola serra da Faladoira polo leste, os montes Vilalbesa e Marván, polo sur; e os cotos Fincova e Francoi polo oeste. As rochas son moi variadas: xistos, lousas, cuarcitas, granulitas... Esteiro do Mera e banda oeste da ría de Ortigueira, coa serra da capelada
  8. 8. RÍA DE ORTIGUEIRA É a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude. A parte Leste está ocupada por marismas e a Oeste por praias e cantís rochosos. A nivel xeolóxico é unha zona moi complexa onde converxen distintas formacións: a parte central e oriental comprende o dominio Ollo de Sapo, no Sur hai unha faixa de xistos, e a zona Oeste está ocupada pola unidade da Capelada (rochas ultrabásicas moi serpentinizadas, granulitas e ecloxitas). Nela desembocan varios ríos que proceden da Serra da Capelada (Lourido e Landoi) e das Serras septentrionais da Dorsal Galega (Mera e Baleo). Coa marea baixa fórmase unha ampla chaira intermareal. É unha ría de especial interese ecolóxico polas marismas que acollen a numerosas especies de aves acuáticas, sobre todo nos pasos de primavera e outono. Vista panorámica da ría de Ortigueira, desde Cariño ata a Estaca de Bares.
  9. 9. Illa de San Vicente e monte Picouto coa punta Carneiro. En primeiro plano as marismas e dunas da praia de Morouzos. Na illa de San Vicente houbo un convento de franciscanos que foi abandoado no século XVI.
  10. 10. Praia de Morouzos, formada por unha barra de area que pecha parcialmente o esteiro do río Baleo (Ría do Ladrido). Mide 850 m e ten un sistema dunar moi amplo.
  11. 11. Dunas na praia de Morouzos
  12. 12. Esteiro do Baleo e illa de San Vicente.
  13. 13. REDE FLUVIAL O ríos principais son o Mera e o Baleo que forman amplas marismas na ría de Ortigueira, e outros cursos menores: Lourido, Seixo, Casón e Maior. Vista da Ría de Ortigueira desde o Castelo do Casón. Á esquerda a enseada de Esteiro (río Seixo de Landoi) e á dereita o esteiro do Mera e Casón. Entre eles o Coto da Leixa
  14. 14. RÍO BALEO Nace na Serra da Penela (A Faladoira) e percorre o concello de Ortigueira ata desembocar na enseada do Ladrido (ría de Ortigueira). Na súa desembocadura atópase unha barra que forma a praia de Morouzos, cun importante sistema dunar. Frecha do Baleo, sobre a que está a praia de Morouzos
  15. 15. Esteiro do Baleo
  16. 16. Solpor na enseada do Ladrido, na desembocadura do Baleo
  17. 17. RÍO MAIOR Nace nas estribacións da Faladoira (Taboada) e desemboca na ría de Ortigueira. Na súa desembocadura consérvanse dous muíños de marea. O río Maior canalizado preto da desembocadura Muíño de marea no esteiro do Río Maior
  18. 18. RÍO MERA Nace no monte Caxado e recolle augas dos concellos de As Pontes, Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cun curso tortuoso por vales cada vez máis amplos ata a súa desembocadura na Ría de Ortigueira, despois de 29 km de percorrido. Recibe pola dereita o Pulgueira e pola esquerda o Soutochao, Pereiro, Casares Guitín e Vilariño. Ría de Ortigueira na desembocadura do Mera
  19. 19. Esteiro do Mera, coa Capelada ao fondo
  20. 20. O Mera en Ínsua, entre Ortigueira e As Somozas
  21. 21. O Mera nas Somozas
  22. 22. RÍO CASÓN Nace en Concepenido, na serra da Capelada e desemboca na enseda de Mera. No seu curto percorrido salva un grande desnivel con numerosos rápidos e pequenos saltos e fervenzas.
  23. 23. RÍO SEIXO DE LANDOI Nace na Serra de Capelada (Cedeira), drena, xunto co Lourido e Casón, o concello de Cariño e desemboca na enseada do Esteiro, da Ría de Ortigueira. O seu afluente principal é o Zarza. É un río de grande valor ecolóxico por acoller nas súas beiras varias especies de fentos en perigo de extinción. O curso alto está protexido no LIC “Costa Ártabra”, e o esteiro no LIC “Ortigueira-Mera”.
  24. 24. RÍO LOURIDO Nace na serra da Capelada (Vixía Herbeira) e, despois dun curto percorrido con moita pendente, desemboca na enseada de Caleiro en Cariño, na ría de Ortigueira. Río Lourido preto da desembocadura
  25. 25. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda -Esteiros -Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar -Lagoas costeiras -Grandes calas e baías pouco profundas -Arrecifes -Vexetación anual sobre argazos -Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas -Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas -Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi) -Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae) -Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae) -Dunas móbiles embrionarias -Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas) -Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises) -Depresións intradunales húmidas -Dunas con céspedes do Malcolmietalia
  26. 26. -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto- Nanojuncetea -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) --Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Covas non explotadas polo turismo -Furnas mariñas -Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
  27. 27. Seba (Zostera marina) FLORA A gran variedade de hábitats (mariños, costeiros, fluviais e de ribeira) da lugar a unha enorme diversidade de especies adaptadas a cada ambiente. Nas marismas hai seba, salicornia, herba das anduriñas, Spartina maritima, Suaeda maritima, Triglochin maritima, Glaux maritima, Pucinellia maritima, chantaxe de mar, acelga salgada, estrela das xunqueiras, verdoaga mariña, buño, santolina de auga, xuncos, esparganio e nas beiras pudia xesta (Cytisus commutatus subsp merinoi)...
  28. 28. Chantaxe do mar (Plantago maritima) Salicornia (Sarcocornia perennis)
  29. 29. Nas dunas podemos atopar Limonium binervosum, feo, amores pequenos, melga de mar, Ononis diffusa subsp. intermedia, correola de praia, paxariños amarelos, espigadilla do mar, carrascas de San Xoán, as orquídeas abelleira (Ophrys apifera) e neotia (Spiranthes aestivalis)... Orquídea abelleira (Ophrys apifera) Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)
  30. 30. Silene littorea
  31. 31. Alhelí (Malcomia littorea) Rabo de lebre (Lagurus ovatus), unha gramínea típica das dunas fixadas.
  32. 32. Nas beiras dos ríos consérvanse bosques de ribeira con ameneiro (Alnus glutinosa), salgueiro (Salix atrocinerea), sanguiño (Frangula alnus), freixo (Fraxinus excelsior), abeleira (Corylus avellana), pradairo (Acer pseudoplatanus) e algo máis alonxadas da auga carballeiras… No sotobosque, no curso do río e nas beiras da auga hai fentos, brións, pé de boi, anémona, raíña, silva, xilbarbeira, cáncaro, narcisos, espadanas, lirios, herba das almorranas … O Mera en Queiroga (As Somozas)
  33. 33. Anémone de bosque, flor do vento (Anemone nemorosa), florece en primavera nos bosques e prados húmidos.
  34. 34. Fento do cabeliño (Culcita macrocarpa) ESPECIES DE INTERESE Culcita macrocarpa Nanozostera noltii Narcissus bulbocodium Spiranthes aestivalis Ruscus aculeatus Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans
  35. 35. Fento (Woodwardia radicans ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Culcita macrocarpa Trichomanes speciosum Woodwardia radicans
  36. 36. Orquídea (Spiranthes aestivalis) CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Culcita macrocarpa Dryopteris aemula Dryopteris guanchica Fontinalis squamosa Hymenophyllum tunbrigense Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis Spiranthes aestivalis Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans
  37. 37. Pirlo curlibico (Calidris alpina) FAUNA A Ría de Ortigueira é un espazo de especial interese ecolóxico polas marismas que acollen a numerosas especies de aves acuáticas, como invernantes e, sobre todo, nos pasos de primavera e outono. A contorna do río Mera acolle especies de ribeira e dos bosques.
  38. 38. Lontras (Lutra lutra) ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Canis lupus Eptesicus serotinus Genetta genetta Lutra lutra Mustela putorius Nyctalus leisleri Pipistrellus pipistrellus Plecotus auritus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Mustela erminea
  39. 39. AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Acrocephalus scirpaceus Actitis hypoleucos Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alca torda Alcedo atthis Alectoris rufa Anas acuta Anas clypeata Anas crecca Anas penelope Anas platyrhynchos Anas strepera Anser albifrons Anser anser Anser brachyrhynchus Anser fabalis Anthus spinoletta Anthus trivialis ... Pato rabilongo (Anas acuta). Non cría en Galiza, pero é frecuente como invernante.
  40. 40. Apus apus Ardea cinerea Arenaria interpres Athene noctua Aythya ferina Aythya fuligula Aythya marila Branta bernicla Branta leucopsis Bubulcus ibis Burhinus oedicnemus Buteo buteo Calidris alba Calidris alpina Calidris canutus Calidris maritima Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cettia cetti Charadrius alexandrinus Charadrius hiaticula Chlidonias niger Píllara real (Calidris hiaticula). É máis frecuente nos pasos migratorios, pero inverna por todo o litoral.
  41. 41. Cinclus cinclus Circus aeruginosus Cisticola juncidis Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Cuculus canorus Cygnus cygnus Delichon urbica Dendrocopos major Egretta alba Egretta garzetta Emberiza cia Emberiza cirlus Emberiza citrinella Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Erithacus rubecula Falco peregrinus Falco subbuteo Falco tinnunculus Fulica atra Gallinago gallinago ... Garzota (Egretta garzetta)
  42. 42. Gabitas (Haematopus ostralegus) Gallinula chloropus Garrulus glandarius Gavia arctica Gavia immer Gavia stellata Haematopus ostralegus Himantopus himantopus Hippolais polyglotta Hirundo rustica Hydrobates pelagicus Larus argentatus Larus cachinnans Larus canus Larus fuscus Larus marinus Larus melanocephalus Larus ridibundus Limosa lapponica Limosa limosa Melanitta fusca Melanitta nigra Mergus merganser
  43. 43. Mazarico (Numenius arquata) Mergus serrator Milvus migrans Monticola solitarius Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Netta rufina Numenius arquata Numenius phaeopus Oenanthe oenanthe Oriolus oriolus Pandion haliaetus Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Phalacrocorax aristotelis Philomachus pugnax Phoenicurus ochruros Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Platalea leucorodia
  44. 44. Pluvialis apricaria Pluvialis squatarola Podiceps auritus Podiceps auritus Podiceps cristatus Podiceps nigricollis Porzana porzana Prunella modularis Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus Recurvirostra avosetta Regulus ignicapilla Saxicola torquata Sitta europaea Sterna albifrons Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sula bassana Sylvia atricapilla Sylvia borin Os mascatos (Sula bassana) son aves mariñas oceánicas que non se achegan á costa pero é posible observalas con prismáticos mergullándose para pescar
  45. 45. Sylvia communis Sylvia melanocephala Sylvia undata Tachybaptus ruficollis Tadorna tadorna Tringa erythropus Tringa nebularia Tringa ochropus Tringa totanus Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Upupa epops Uria aalge Vanellus vanellus Papuxa montesa (Sylvia undata)
  46. 46. Cobra de auga viperina (Natrix maura) RÉPTILES Anguis fragilis Caretta caretta Coronella austriaca Iberolacerta monticola Lacerta lepida Lacerta schreiberi Natrix maura Natrix natrix
  47. 47. ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla molleri Rana iberica Pelophillax perezi Rana temporaria Triturus helveticus Triturus marmoratus Ra patilonga (Rana Ibérica)
  48. 48. Salmón (Salmo salar) PEIXES Alosa alosa Alosa fallax Petromyzon marinus Salmo salar
  49. 49. INVERTEBRADOS Destaca a presenza de numerosos invertebrados mariños (algunhas especies de valor comercial): moluscos, crustáceos, ourizos, estrelas de mar... No río abondan os cabalos do demo, as chinches e escaravellos de auga... e no bosque de ribeira bolboretas. ESPECIES DE INTERESE Elona quimperiana Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus Margaritifera margaritifera Nucella lapillus Patella ulyssiponensis Cagón (Arenicola marina).As miñocas atopan no terreo areoso- lamacento dos esteiros o medio ideal para o seu desenvolvemento.
  50. 50. Cullereiros (Platalea leucorodia) ESPECIES DOS ANEXOS DA DIRECTIVA CEE MAMÍFEROS Lutra lutra Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros RÉPTILES Caretta caretta Lacerta monticola Lacerta schreiberi ANFIBIOS Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi PEIXES Alosa alosa Alosa fallax Petromyzon marinus Salmo salar INVERTEBRADOS Elona quimperiana Geomalacus maculosus Lucanus cervus Margaritifera margaritifera AVES Caprimulgus europaeus Chlidonias niger Circus aeruginosus Cygnus cygnus Egretta alba Egretta garzetta Falco peregrinus Gavia arctica Gavia immer Gavia stellata Himantopus himantopus Hydrobates pelagicus Larus melanocephalus Milvus migrans Pandion haliaetus Platalea leucorodia Pyrrhocorax pyrrhocorax Sterna albifrons Sterna sandvicensis Sylvia undata Uria aalge Tartaruga mariña común (Caretta caretta)
  51. 51. Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS MAMÍFEROS Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVES Burhinus oedicnemus Charadrius alexandrinus Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Haematopus ostralegus Himantopus himantopus Hydrobates pelagicus Phalacrocorax aristotelis RÉPTILES Caretta caretta Iberolacerta monticola ANFIBIOS Chioglossa lusitanica Hyla arborea Rana iberica Rana temporaria subsp. parvipalmata PEIXES Alosa alosa Petromyzon marinus INVERTEBRADOS Bolma rugosa Echinus esculentus Elona quimperiana Geomalacus maculosus Margaritifera margaritifera
  52. 52. Pilro común (Calidris alpina), a limícola máis numerosa como invernante. Acolle unha avifauna acuática variada e continxentes importantes de varias especies. É unha das zonas principais de Galiza polo seu total de acuáticas invernantes, e as súas concentracións de limícolas e anátidas sitúanse no segundo e terceiro posto. Os efectivos invernantes de asubiador (Anas penelope), gabita (Haematopus ostralegus), píldora cincenta (Pluvialis squatarola), pilro común (Calidris alpina), mazarico rubio (Limosa lapponica), mazarico real (Numenius arquata), bilurico patirrubio (Tringa totanus), e bilurico claro (T. nebularia), acadan importancia a escala estatal, mentres que outras 17 especies manteñen importancia a escala autonómica. A poboación de mazarico real é particularmente relevante, con concentracións invernais de 500-600 individuos, que poden chega á 800 aves en verán- outono, de maneira que esta zona é a segunda localidade para a especie en España. O núcleo de cullerete (Anas clypeata), tamén é importante aínda que actualmente se viu reducido. O papel da zona durante os pasos migratorios é moi notorio no ámbito cántabro- galaico, chegando a acoller 4000-5.000 limícolas con certa regularidade e efectivos especialmente destacables de pilro tridáctilo (C. alba), e mazarico rubio. Hai un pequeno núcleo reprodutor de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). A presenza de colimbos e de determinadas especies de mergullóns, anátidas e láridas pouco comúns no ámbito ibérico é tamén notable. ZEPA (Zona de especial protección para as aves) “Ría de Ortigueira e Ladrido”
  53. 53. Libeliña (Calopteryx virgo) Libeliñas copulando
  54. 54. ACTIVIDADES Pesca, marisqueo, lecer, agrodandaría... Área de lecer en Mera
  55. 55. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A contorna da ría de Ortigueira estivo poboada desde tempos moi antigos, do que dan testemuña algúns castros. As beiras do río Mera e a ría conservan elementos de interese cultural: muíños de río e de marea, pontes... Muíños de marea do esteiro do río Maior.
  56. 56. Arctotheca calendula PROBLEMAS Vertidos urbáns e industriais, recheos, presión urbanística, especies invasoras... Cotula coronopifolia Dúas plantas invasoras orixinarias de África do Sur
  57. 57. O Mera na área de lecer de Queiroga (As Somozas) PUNTOS DE INTERESE -Praias: Morouzos, Fornos, Os Cabalos. -Illa de San Vicente. -Muíños de marea de Ortigueira (Río Maior) -Muíños no río Maior e Mera -Áreas de lecer: Mera, Queiroga...
  58. 58. Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Lucía Leiro marzo 2017

×