SlideShare a Scribd company logo
 
Contexto histórico Existen unha serie de circunstancias de carácter político, social e económico que provocan este período de depresión: A acción desgaleguizadora da Igrexa, que practicamente tiña todo o ensino nas súas mans influencia da burocracia allea, xa for eclesiástica ou civil A guerra civil da segunda metade do século XIV, orixinada pola disputa polo trono de Castela entre Pedro "o Xusticieiro" e Henrique de Trastámara A derrota de Xoana "a  Beltranexa " no século XV na loita pola sucesión do trono de Castela que a enfrontou a Isabel.
 
Durante a Idade Moderna a produción literaria refuxiouse na tradición oral. A ausencia dunha clase social culta, de raíces galegas, condicionou a existencia de formas literarias semellantes ás que se produciron no resto de Europa seguindo os canons do Renacemento ou do Barroco.
A literatura de tradición popular ten unhas características moi diferentes da que se produce nos ámbitos cultos.  Códigos antiquísimos Segue códigos antiquísimos. Os seus temas coinciden en culturas moi distantes. Variábel O texto varía constantemente ó longo do tempo, porque a transmisión de boca en boca favorece as modificacións.  Voz O medio de transmisión é a palabra oral. O emisor retén a información na súa memoria. Oínte   A audición soe facerse para un grupo de xente. Os receptores perciben en directo os matices e as interpretacións que os emisores aportan á obra. Autor anónimo O pobo, no seu conxunto, é o autor da obra. P O P U L A R Códigos estéticos Segue os códigos estéticos de cada época: Renacemento, Barroco, Romanticismo Inalterábel O texto non adoita variar, coas excepcións das alteracións pola censura, o deterioro físico do soporte, etc. Libro É o medio máis usual de transmisión, aínda que tamén existen outros soportes: CDs, fitas, etc. Lector A recepción da obra adoita facerse de forma individual e mediante a lectura. Autor coñecido De acordo co xénero, temos  poeta ,  novelista  e  dramaturgo C U L T A CÓDIGO MENSAXE CANLE RECEPTOR EMISOR
literatura popular ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
O cancioneiro popular A canción ou cantiga popular é unha composición poética creada ou adaptada polas clases populares e transmitida oralmente a través do canto, e, en ocasións, tamén acompañada de baile. Este cancioneiro arrinca da Idade Media e non deixou de enriquecerse na Galicia dos séculos XVII e XVIII.  As cantigas populares refírense ós costumes sociais do mundo tradicional e transmiten os valores e actitudes dese mundo: a queixa da namorada pola ausencia ou infidelidade do amado, o amor á terra e á familia, os labores do campo, as festas e romarías... As cantigas de Nadal foron tan populares que durante os séculos XVI, XVII e XVIII era moi común en toda a Península cantar panxoliñas en galego.
Segundo a súa  temática  poden ser de varios tipos: Cantigas infantís : Cancións feitas para entreter aos máis pequenos. Pódense destacar os arrolos ou cantigas de berce, composicións monótonas e doces, de ritmo lento, usadas para adormecer os nenos. Cantigas de labor : cantigas compostas para pasar as horas durante os traballos do campo ou para celebrar o remate dalgunha actividade. Poden ser de varios tipos: cantar de arada, cantar de arrieiro, cantar de canteiros, cantar de sega, cantar de malla, cantar de fiadeira... Cantigas de festas : Eran cantigas compostas para seren cantadas nas festas máis importantes do ano. A este grupo pertencerían os xa comentados vilancicos, panxoliñas ou cantares de Aninovo, e cantos de Reis durante o Nadal. Doutras épocas do ano son as cantigas de Entroido, os Maios (cantos que realizaba un rapaz vestido con ramallos e flores - o Maio - e mais o resto da comitiva) e as cantigas de San Xoán. Cantigas de romaría e de santuario :  Fan referencia a romaxes e santuarios nos que se rende culto a santos avogosos ou representativos.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
A narrativa oral Dentro desta narrativa transmitida oralmente diferéncianse dous tipos de narracións:  as  lendas , de localización determinada e consideradas verídicas, e  os  contos , de localización indeterminada e presentados como imaxinarios.
As  lendas  divídense en tres grupos: Lendas etiolóxicas . Son narracións que explican a orixe ou as causas dalgún feito da realidade inmediata, coma o nome dun lugar ou dunha cousa, a orixe dun pobo, as características dunha planta, dun animal ou dun home ou a orixe de certos fenómenos astronómicos ou meteorolóxicos. Lendas haxiográficas . Son narracións que se refiren a feitos de Xesucristo, da Virxe ou dos Santos. Lendas históricas . Son narracións que explican feitos destacados do pasado histórico que espertaron admiración no pobo. Nestas narracións o feito histórico é reinterpretado pola imaxinación popular, que lle confire un ton fabuloso e embelecedor.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
O teatro tradicional Ademais do teatro relixioso sobre a Pascua, o Nadal, escenas bíblicas ou a vida dos santos, tamén existiron en Galicia varias formas teatrais profanas. A máis coñecida foi o  entremés , composición breve nun acto, de carácter xocoso-burlesco e de ambientación popular.
poesía popular Lingua e estilo  A lingua da poesía tradicional é moi suxestiva, o seu léxico é popular e a súa sintaxe moi sinxela. Os recursos estilísticos da poesía popular están relacionados coa memorización das cantigas. As estrofas son breves e están cheas de recursos mnemotécnicos tales coma a repetición, a antítese e o paralelismo.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Conservamos algúns poemas populares: —  " Pranto da Frouseira ". É unha pequena composición (32 versos), posibelmente de fins de século XV. Está directamente motivada polo asedio, traizón e posterior decapitación na praza maior de Mondoñedo (17 de Nadal de 1483) da figura mítica de Pardo de Cela. —  " Saqueo de Cangas polos turcos ". Relato en verso dos sucesos ocorridos nesta vila do Morrazo, a raíz da invasión de piratas turcos e a morte de máis de cen veciños da localidade.
Dentro da literatura de tradición oral tamén se inclúen os  refráns  e as  adiviñas . Os  refráns  son sentencias de carácter didáctico ou moral transmitidas oralmente de xeración en xeración. Con frecuencia constan de dúas partes: a primeira presenta a situación e a segunda saca as conclusións de tipo didáctico. As  adiviñas  son a definición ou descrición enxeñosa de algo coñecido no que se destacan notas ou características sobresalientes. Adoitan presentarse en estrofas de dous, tres ou catro versos, as veces rimados, e a súa lóxica aséntase na asociación de ideas.
As manifestacións literarias cultas Con todo, o abandono no terreo da literatura culta non foi total, pois temos algunhas mostras destacábeis.
Poesía Do século XVI e principios do XVII consérvanse tres sonetos de estilo renacentista: o  Soneto de Monterrei , escrito arredor de 1530, e os dous sonetos   Soneto con falda , de Gómez Tonel, e  Respice finem , de Vázquez de Neira, incluídos no libro  Relación de las Exequias de la Reina Doña Margarita de Austria  (1612). Do século XVII consérvanse as  Décimas ao Apóstolo Santiago  (1617), do crego Martín Torrado, que tiñan como finalidade combater a idea de declarar a Santa Teresa co-patroa de España ó lado do Apóstolo Santiago. De finais do XVII consérvanse nove romances de estilo barroco presentados ao concurso das  Festas Minervais  do ano 1697. Estas festas, convocadas para loar a figura do seu fundador Alonso de Fonseca, comezáronse a celebrar no ano 1536. 62
Teatro Consérvase o  Entremés famoso sobre a pesca no río Miño , de Gabriel Feixó de Araúxo (1691), pequena peza teatral escrita en galego e portugués sobre os problemas fronteirizos derivados das artes de pesca practicadas polos habitantes dun e doutro lado do Miño.
Prosa A única mostra conservada de prosa literaria é a  Relazón da carta xecutoria  de comezos do século XVI, na que se narra a morte do lendario mariscal Pardo de Cela. O día 17 decembro 1483, diante dunha multitude que esperaba o indulto para o seu Señor, o último defensor da soberanía do Reino de Galicia era decapitado na  Praza de Mondoñedo , rodando a súa cabeza ata a porta da Catedral ao tempo que gritaba:   - CREDO!, CREDO!, CREDO!      O corpo de Pero Pardo de Cela e do seu fillo foron feitos  desaparecer  para evitar a veneración dos heroes galegos, e o castelo da Frouxeira foi  destruído .  Constanza de Castro , filla do Marechal que loitou tamén pola soberanía do Reino de Galicia desde o castelo de Caldaloba, repousa no Convento de San Francisco de Viveiro, onde foi enterrada en odor de  santidade . 
O galego perdeu a oportunidade  de difundirse a través dun medio  de comunicación poderosísimo, a  imprenta .   O galego resistiu como lingua falada  polo conxunto do pobo,  pero seguiu perdendo oportunidades  históricas para actualizarse e arrequentarse.
A Literatura no século XVIII: os Ilustrados galegos
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
As ideas da Ilustración prenderon en Galicia en sectores minoritarios da sociedade. Se ben a Ilustración en Europa foi profundamente reformista e tivo como obxectivo substituír o Antigo Réxime (en Francia deuse principalmente o cambio máis radical coa Revolución burguesa de 1789), os ilustrados galegos, pola súa contra, non foron na súa maioría, opositores ó Antigo Réxime.  A súa vontade non era destruír o vello sistema político senón  racionalizar a economía  tradicional para conseguir un reparto máis xusto da riqueza e  evitar a miseria e a emigración  que xa empezaba a ser masiva. Para eles este cambio só podía chegar co  desenvolvemento da ciencia e da técnica . Confiaban na  razón humana  e na  educación  para resolver os problemas e presentaron numerosas propostas buscando o  progreso para Galicia .
Os ilustrados vanse salientar por reivindicar: —  a modernización da agricultura —  a industrialización do País e a necesidade de vías de comunicación —  a recuperación da nosa rica literatura popular —  o uso do galego no ensino, na Igrexa e na administración, denunciado o abuso da imposición do castelán.
"É bárbara crueldade" e "ignorancia inaudita" "que ensinen aos nenos galegos mediante a lingua castelá, que non saben, unha lingua antiga (o latín) que non deben saber, castigándoos se se lles escapa algunha voz ou frase galega"...
" Nacín  a noite dun 9 de marzo de 1695 en  Vilafranca  do Bierzo, facendo alí mansión meus pais por algún tempo"   Ao recibir seu pai, meses despois, unha nova oferta de traballo como Correo maior na vila de  Pontevedra , trasládase alí toda a familia e na "Boa Vila", como sempre a chamará Sarmiento, vai transcorrer a súa nenez que ao longo da súa vida terá sempre moi presente. " Aos 15 anos, a 3 de maio saín de Pontevedra para  Madrid  a vestir o santo hábito no Convento de S. Martín"   Os primeiros estudios lévano ao terreo da  Xeografía , da Cronoloxía e a Mitoloxía e xa no curso seguinte en Hylache (Navarra) atopámolo estudando durante tres anos  Artes e Filosofía , seguindo os pasos habituais dos estudos na orde bieita. En 1714 regresa ao Convento en Madrid. Entre curso e curso cando, outra das súas grandes paixóns emerxe con forza: os estudos de  filoloxía . Á vez de ser  copista  polígrafo duns 150 alfabetos de documentos antigos, irá aprendendo idiomas latín, grego, francés, italiano, caldeo, hebreo, árabe, etc...  "entón aínda non tiña eu barbas cando tentei facer un vocabulario etimolóxico das linguas latina, galega e castelá"  posiblemente para facer fronte as súas dúbidas lingüísticas que tiña como galego falante e polo que confesa recibira algunha burla dos seus compañeiros no convento.
"A principios de outubro saín de Madrid para o colexio de San Vicente de Salamanca a estudar Theoloxía".  Na época salmantina aparecerá matriculado co nome de Frei Martín Sarmiento que xa utilizará permanentemente. O nome de Martín adoptouno en honor do padrón do convento no que profesou, o de Sarmiento, segundo apelido materno.
A súa sona de erudito polígrafo vaise espallando pola Corte, especialmente por ser coñecido como o corrector do xa consagrado Padre Feixoo. " Quixo o Reverendísimo Feixoo que eu correxise os seus tomos, así o fixen ata a súa morte" .  E aínda vai ser máis coñecido e un home público porque  "a primeiros de marzo   de 1732 xa presentei todo o material dos meus dous tomos da Demostración Crítico-Apoloxética do Teatro Crítico de Feixoo."  É o único libro que publica en vida Martín Sarmiento fronte a reacción ao ideario ilustrado que defendían tanto o Padre Feixoo como Sarmiento. Concepcións tan modernas e inauditas na súa época como a de que a diferenza entre homes e mulleres non provén da natureza, como pensaban os seus coetáneos, senón da educación. Todo un alegato da  igualdade entre os dous sexos  en pleno século XVIII.
Sarmiento pode considerarse representante do vencellamento entre o pensamento reformador e certos sectores do clero na Galicia do século XVIII. Os seus estudos abranguen moitas ramas do saber. Foi un grande  defensor da lingua galega  e do seu emprego no  ensino ; estudou a  fauna e flora  de Galicia con criterios modernos, de análise e clasificación. A súa preocupación pola  economía  levouno a escribir sobre a situación do campo galego. Criticou duramente ós intermediarios, administradores, rendistas, comerciantes… “que comen, visten e triúnfan opiparamente, a costa do traballo e suor dos probres galegos”. Pensaba que debían darse axudas económicas aos agricultores para que non abandonasen a agricultura, porque esta era a base de toda a economía:  “Sen agricultura non pode haber fábricas, nin manufacturas, nin comercio sólido e estable”.
o Padre Sarmiento foi un auténtico sabio que, con verdadeira devoción, estudou variados aspectos da realidade galega. O relativo valor literario das súas obras, acrecéntase, sen embargo, pola relevante achega lexicográfica. Tal é o caso do seu  Coloquio de Perico e Marica   ou  Coloquio de 24 gallegos rústicos . Coloquio de los 24 rústicos . Esta obra é un conxunto de coplas de versos hexasílabos, nos que catro rapaces, empregados en Madrid, falan da morte de Filipe V e da subida ó trono de Fernando VI.
Outras figuras da Ilustración galega son o Padre Feixóo, Xosé Cornide Saavedra, Francisca Isla Losada, Diego Antonio Cernadas e Castro e Anselmo Feijóo Montenegro. Benito Xerónimo Feixoo e Montenegro É o autor do  Teatro crítico universal , ou  Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes , que se publicou entre 1726 e 1740. Nesta obra trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das  falsas crenzas e as supersticións , entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". É autor tamén das  Cartas eruditas y curiosas , publicadas entre 1742 e 1760.
Á morte de Henrique IV de Castela, a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de Isabel de Castela acusando á filla do rei  Xoana  de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva e alcumándoa  a  Beltranexa . A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira mais lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón.  Pardo de Cela  xunto coa súa familia política e o bispo Alonso I de Fonseca pola contra puxéronse de parte de Isabel e parece que o mariscal chegou a combater en Zamora. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a Pontevedra de 1476.
O mar tamén ten amores, o mar tamén ten muller, está casado coa area dálle bicos cando quer. Catro cousas hai no mundo que quitan o sentido: amar e non ser amado, querer e non ser querido
Vamos a rae-lo pan, ti levarás unha rosa e un caravel eu na man. O namorar vai nos ollos: eu non sei cal será meu… ¡será ben amar a todo!
PRANTO DA FROUSEIRA A min chaman toda Mira, señora do gran tesouro; por estrera crarecida xago neste Valedouro. Más tredor foi que un mour o vilaon que me vendeo, que de Lugo a Ribadeo todos me tiñan temor de min, a triste Frouseira, que por treiçón foi vendida, derribada na ribeira, ca jamais se veo vencida. Por treiçón tambén vindido Jesús nosso Redentor, e por aquestes tredores Pedro Pardo, meu señor, vinte e dous foran chamados os que vindido o han, non por fame de sustento de carne, viño nen pan, nen por outro minister que falezcan de bondad, senón por súa vilaicía, e mais por maa intençaon. Eles quedan por tredores e seu amo por leal, pos os Reis e a seua filla seuas terras mandan dar. A Deus darán conta delo, que llos queira perdoar, co que acabou a Frouseira e a vida do Mariscal. Anónimo (fins do séc. XV) 61
Polo camiño ehí ven un home; aínda ven lonxe, lonxe, lonxe [1] ... Eu non sei si anda ou si corre porque ven lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Fai moito tempo que nos deixou, alá pra lonxe, lonxe, lonxe. Anda na guerra polo Señor alá moi lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Viñeron os mouros arrenegados lá de moi lonxe, lonxe, lonxe. Todo levaron e nós fuxemos alá pra lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Aqueles homes eran us demos lá de moi lonxe, lonxe, lonxe. Todo levaron e nós fuxemos alá pra lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   O altariño do noso Dios que mora lonxe, lonxe, lonxe, quedou como a noitiña sin sol fuxido lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Entre penedos i entre touzas alá lonxe, lonxe, lonxe, levamos o Cristo coutras cousas alá pra lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   I os mouros arrenegados foron detrás lonxe, lonxe, i aqueles penedos rodeados (era moi lonxe, lonxe, lonxe).   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   ¡Probes de nós!, berraban todos alá moi lonxe, lonxe, lonxe, ¡válenos Cristo!, apelidaban, era moi lonxe, lonxe, lonxe.
SONETO DE MONTERREI Alá en Monterrei, en Val de Laça, a Violante vi, beira de un río, tan fermosa, en verdá, que quedei frío de ver alma inmortal en mortal maça. De un alto e lindo copo a seda laça a pastora sacaba fío a fío, cuando lle dise: Morro, corta o fío. — Vólveo, non cortarei, seguro pasa. — ¿E como pasarei, se eu acá quedo? Se pasar –respondí–, non vou seguro que este corpo, sen alma, morra cedo. — Con a miña, que levas, te aseguro — Que non morras, Pastor. — Pastora, hei medo; o quedar me parece máis seguro. Anónimo ( c. 1530) 61
Turbas corran as augas; poña luto  o aire denso, en melancolía tanta;  queime o fogo a terra, que sen planta  negue ó fortuno ano o seu tributo,  mentres a Porcia do Filipo Bruto  en os  ombros da fama sacrosanta  se ergue ó ceo, que a súa gloria canta  collendo en flor o xa maduro fruto.  Perdeu, marrando tan ditosa vida,  a humildá precio; a piedá templo  (que derrubou, ¡oh morte! a túa gadaña);  o mundo, Reina; o Rei, súa Margarida;  a Fe, colúa; a virtude, exemplo;  a pedra (cuio engaste foi), España.  Chore a nosa montaña,  do gando, leite e novidade espida,  semellando ás abellas no exemplo:  Que se a súa Margarida,  Reina, precio, colúa, pedra, templo,  perden Rei, Mundo, Fe, Virtude, España...,  ti, que tal perda viche,  ¡Oh, magoada Galicia!, ¿que perdiche?  Gómez Tonel  EXEQUIAS DA RAÍÑA MARGARIDA
Veinticinco personas Perucho dos Merolos, Maruxa das Rulas, Xepiño da Fonte, Minguiña do Rego. Antón de Domayo Mamed de Salcedo Albertos de Coyro Macias de Hermelo Martiño dos Cobres, Bartholo do Tesso, Bieito de Ardán, Bras de Montezelo, Roque de Beluso, Bastián do Castelo, Jhan de Figueirido, Mingos do Penedo. Lucia da Esculca, Thereixa do Cerro, Farruca da Braña, Marta dos Rexelos Andrea da Chouza, Thomasa d’Outeyro Catuxa do Mato, Mariña a do Cego. El poeta Marcos da Portela
Coloquio de 24 gallegos rústicos , por Frei Martín Sarmiento MARCOS DA PORTELA:  1.- No chan que en Morrazo chaman os galegos chán de Parafita, que chega hasta o cèo, 2.- que está nò camiño que vay á o Ribeyro dendes Pontevedra, a vila do reyno; 3.- a hum-há legoiña, camiño dereyto, fay conta que sigues o rumbo surlesto; 4.- se sube en relanzo por todo o vieyro, sin muita fadiga nem muito tormento. 5  agiña se chega ao chan que dixemos, e mais ê bem ancho todo o seu terreo. 6  Alí corren lebres, e cazan coellos os homes nas festas, despois van vendelos. 7  De alí, d’aquel chan, tan alto en extremo, se ve toda a vila cos seus arrodeos; 8  se ve o mar bravo, se ve o mar quedo, de Ons e do Tambo as ilhas ao lexos
Non poucas veces teño pensado en cal foi a causa de que en Galicia se introducise o uso ou abuso de escribir en castelán o que antes se escribía en galego. Non hai xénero de escritura, testamento, doazón, venda, contrato, foro, arrendo, merca, troco, partixas, etc., que eu non teña visto ou lido en Galicia en latín ou galego e sei que se poden cargar carros destes instrumentos que se conservan en Galicia. Non habendo pois precedido nin concilio nin cortes, nin consentimento uniforme dos galegos para actuar, outorgar, comerciar en lingua castelá, ¿quen o introduciu? A resposta está tan patente que Galicia chora e chorará sempre; non os galegos, senón os non galegos que ós principios do século XVI inundaron o Reino de Galicia, non para cultivar as súas terras, senón para facerse carne e sangue das mellores e para cargar cos máis pingües beneficios así eclesiásticos como civís. Eses foron os que por non saber a lingua galega nin por palabra nin por escrita, introduciron a monstruosidade de escribir en castelán para os que non saben senón o galego puro. Esta monstruosidade é máis evidente nos empregos eclesiásticos. Martín Sarmiento

More Related Content

What's hot

Literatura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa MedievalLiteratura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
Román Landín
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
Vinseiro
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
8397
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimentoguest7b8f3b
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
trafegandoronseis
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelatotrafegandoronseis
 
Literatura 1º evaluación 1º bach
Literatura 1º evaluación 1º bachLiteratura 1º evaluación 1º bach
Literatura 1º evaluación 1º bach
Eva Vi
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
xenevra
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
trafegandoronseis
 
Tema 43
Tema 43Tema 43
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
laurafernanlopez
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
Vinseiro
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
xoanseca
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
xenevra
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 

What's hot (20)

Literatura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa MedievalLiteratura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Cantiga de escarnio
Cantiga de escarnioCantiga de escarnio
Cantiga de escarnio
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
 
Literatura 1º evaluación 1º bach
Literatura 1º evaluación 1º bachLiteratura 1º evaluación 1º bach
Literatura 1º evaluación 1º bach
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
Tema 43
Tema 43Tema 43
Tema 43
 
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 19768. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 

Similar to séculos escuros

Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Historia da Música - Idade Media
Historia da Música -  Idade MediaHistoria da Música -  Idade Media
Historia da Música - Idade Media
ccssdidactica ddoval
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade MediasusanaNB
 
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxLiteratura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
MoniVL1
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
jandroxixi
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
alexinho97
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02anagagon
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02anagagon
 
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
AitorRivasRodrguez
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
Susana Ferreiro
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
trafegandoronseis
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
As cantigas de Santa María [Autoguardado].pdf
As cantigas de Santa María [Autoguardado].pdfAs cantigas de Santa María [Autoguardado].pdf
As cantigas de Santa María [Autoguardado].pdf
NereaMartnez11
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
AlbaBenRivas_1BAC-A
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
xenevra
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 

Similar to séculos escuros (20)

Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Historia da Música - Idade Media
Historia da Música -  Idade MediaHistoria da Música -  Idade Media
Historia da Música - Idade Media
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade Media
 
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxLiteratura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
 
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
1. A_lírica_medieval_presentación_completa.pdf
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
As cantigas de Santa María [Autoguardado].pdf
As cantigas de Santa María [Autoguardado].pdfAs cantigas de Santa María [Autoguardado].pdf
As cantigas de Santa María [Autoguardado].pdf
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
xenevra
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
xenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
xenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
xenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
xenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
xenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
xenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
xenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
xenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
xenevra
 
Carta
CartaCarta
Carta
xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
xenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
xenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 

séculos escuros

  • 1.  
  • 2. Contexto histórico Existen unha serie de circunstancias de carácter político, social e económico que provocan este período de depresión: A acción desgaleguizadora da Igrexa, que practicamente tiña todo o ensino nas súas mans influencia da burocracia allea, xa for eclesiástica ou civil A guerra civil da segunda metade do século XIV, orixinada pola disputa polo trono de Castela entre Pedro "o Xusticieiro" e Henrique de Trastámara A derrota de Xoana "a Beltranexa " no século XV na loita pola sucesión do trono de Castela que a enfrontou a Isabel.
  • 3.  
  • 4. Durante a Idade Moderna a produción literaria refuxiouse na tradición oral. A ausencia dunha clase social culta, de raíces galegas, condicionou a existencia de formas literarias semellantes ás que se produciron no resto de Europa seguindo os canons do Renacemento ou do Barroco.
  • 5. A literatura de tradición popular ten unhas características moi diferentes da que se produce nos ámbitos cultos. Códigos antiquísimos Segue códigos antiquísimos. Os seus temas coinciden en culturas moi distantes. Variábel O texto varía constantemente ó longo do tempo, porque a transmisión de boca en boca favorece as modificacións. Voz O medio de transmisión é a palabra oral. O emisor retén a información na súa memoria. Oínte A audición soe facerse para un grupo de xente. Os receptores perciben en directo os matices e as interpretacións que os emisores aportan á obra. Autor anónimo O pobo, no seu conxunto, é o autor da obra. P O P U L A R Códigos estéticos Segue os códigos estéticos de cada época: Renacemento, Barroco, Romanticismo Inalterábel O texto non adoita variar, coas excepcións das alteracións pola censura, o deterioro físico do soporte, etc. Libro É o medio máis usual de transmisión, aínda que tamén existen outros soportes: CDs, fitas, etc. Lector A recepción da obra adoita facerse de forma individual e mediante a lectura. Autor coñecido De acordo co xénero, temos poeta , novelista e dramaturgo C U L T A CÓDIGO MENSAXE CANLE RECEPTOR EMISOR
  • 6.
  • 7. O cancioneiro popular A canción ou cantiga popular é unha composición poética creada ou adaptada polas clases populares e transmitida oralmente a través do canto, e, en ocasións, tamén acompañada de baile. Este cancioneiro arrinca da Idade Media e non deixou de enriquecerse na Galicia dos séculos XVII e XVIII. As cantigas populares refírense ós costumes sociais do mundo tradicional e transmiten os valores e actitudes dese mundo: a queixa da namorada pola ausencia ou infidelidade do amado, o amor á terra e á familia, os labores do campo, as festas e romarías... As cantigas de Nadal foron tan populares que durante os séculos XVI, XVII e XVIII era moi común en toda a Península cantar panxoliñas en galego.
  • 8. Segundo a súa temática poden ser de varios tipos: Cantigas infantís : Cancións feitas para entreter aos máis pequenos. Pódense destacar os arrolos ou cantigas de berce, composicións monótonas e doces, de ritmo lento, usadas para adormecer os nenos. Cantigas de labor : cantigas compostas para pasar as horas durante os traballos do campo ou para celebrar o remate dalgunha actividade. Poden ser de varios tipos: cantar de arada, cantar de arrieiro, cantar de canteiros, cantar de sega, cantar de malla, cantar de fiadeira... Cantigas de festas : Eran cantigas compostas para seren cantadas nas festas máis importantes do ano. A este grupo pertencerían os xa comentados vilancicos, panxoliñas ou cantares de Aninovo, e cantos de Reis durante o Nadal. Doutras épocas do ano son as cantigas de Entroido, os Maios (cantos que realizaba un rapaz vestido con ramallos e flores - o Maio - e mais o resto da comitiva) e as cantigas de San Xoán. Cantigas de romaría e de santuario : Fan referencia a romaxes e santuarios nos que se rende culto a santos avogosos ou representativos.
  • 9.
  • 10. A narrativa oral Dentro desta narrativa transmitida oralmente diferéncianse dous tipos de narracións: as lendas , de localización determinada e consideradas verídicas, e os contos , de localización indeterminada e presentados como imaxinarios.
  • 11. As lendas divídense en tres grupos: Lendas etiolóxicas . Son narracións que explican a orixe ou as causas dalgún feito da realidade inmediata, coma o nome dun lugar ou dunha cousa, a orixe dun pobo, as características dunha planta, dun animal ou dun home ou a orixe de certos fenómenos astronómicos ou meteorolóxicos. Lendas haxiográficas . Son narracións que se refiren a feitos de Xesucristo, da Virxe ou dos Santos. Lendas históricas . Son narracións que explican feitos destacados do pasado histórico que espertaron admiración no pobo. Nestas narracións o feito histórico é reinterpretado pola imaxinación popular, que lle confire un ton fabuloso e embelecedor.
  • 12.
  • 13. O teatro tradicional Ademais do teatro relixioso sobre a Pascua, o Nadal, escenas bíblicas ou a vida dos santos, tamén existiron en Galicia varias formas teatrais profanas. A máis coñecida foi o entremés , composición breve nun acto, de carácter xocoso-burlesco e de ambientación popular.
  • 14. poesía popular Lingua e estilo A lingua da poesía tradicional é moi suxestiva, o seu léxico é popular e a súa sintaxe moi sinxela. Os recursos estilísticos da poesía popular están relacionados coa memorización das cantigas. As estrofas son breves e están cheas de recursos mnemotécnicos tales coma a repetición, a antítese e o paralelismo.
  • 15.
  • 16. Conservamos algúns poemas populares: — " Pranto da Frouseira ". É unha pequena composición (32 versos), posibelmente de fins de século XV. Está directamente motivada polo asedio, traizón e posterior decapitación na praza maior de Mondoñedo (17 de Nadal de 1483) da figura mítica de Pardo de Cela. — " Saqueo de Cangas polos turcos ". Relato en verso dos sucesos ocorridos nesta vila do Morrazo, a raíz da invasión de piratas turcos e a morte de máis de cen veciños da localidade.
  • 17. Dentro da literatura de tradición oral tamén se inclúen os refráns e as adiviñas . Os refráns son sentencias de carácter didáctico ou moral transmitidas oralmente de xeración en xeración. Con frecuencia constan de dúas partes: a primeira presenta a situación e a segunda saca as conclusións de tipo didáctico. As adiviñas son a definición ou descrición enxeñosa de algo coñecido no que se destacan notas ou características sobresalientes. Adoitan presentarse en estrofas de dous, tres ou catro versos, as veces rimados, e a súa lóxica aséntase na asociación de ideas.
  • 18. As manifestacións literarias cultas Con todo, o abandono no terreo da literatura culta non foi total, pois temos algunhas mostras destacábeis.
  • 19. Poesía Do século XVI e principios do XVII consérvanse tres sonetos de estilo renacentista: o Soneto de Monterrei , escrito arredor de 1530, e os dous sonetos Soneto con falda , de Gómez Tonel, e Respice finem , de Vázquez de Neira, incluídos no libro Relación de las Exequias de la Reina Doña Margarita de Austria (1612). Do século XVII consérvanse as Décimas ao Apóstolo Santiago (1617), do crego Martín Torrado, que tiñan como finalidade combater a idea de declarar a Santa Teresa co-patroa de España ó lado do Apóstolo Santiago. De finais do XVII consérvanse nove romances de estilo barroco presentados ao concurso das Festas Minervais do ano 1697. Estas festas, convocadas para loar a figura do seu fundador Alonso de Fonseca, comezáronse a celebrar no ano 1536. 62
  • 20. Teatro Consérvase o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño , de Gabriel Feixó de Araúxo (1691), pequena peza teatral escrita en galego e portugués sobre os problemas fronteirizos derivados das artes de pesca practicadas polos habitantes dun e doutro lado do Miño.
  • 21. Prosa A única mostra conservada de prosa literaria é a Relazón da carta xecutoria de comezos do século XVI, na que se narra a morte do lendario mariscal Pardo de Cela. O día 17 decembro 1483, diante dunha multitude que esperaba o indulto para o seu Señor, o último defensor da soberanía do Reino de Galicia era decapitado na Praza de Mondoñedo , rodando a súa cabeza ata a porta da Catedral ao tempo que gritaba:  - CREDO!, CREDO!, CREDO!   O corpo de Pero Pardo de Cela e do seu fillo foron feitos desaparecer para evitar a veneración dos heroes galegos, e o castelo da Frouxeira foi destruído . Constanza de Castro , filla do Marechal que loitou tamén pola soberanía do Reino de Galicia desde o castelo de Caldaloba, repousa no Convento de San Francisco de Viveiro, onde foi enterrada en odor de santidade . 
  • 22. O galego perdeu a oportunidade de difundirse a través dun medio de comunicación poderosísimo, a imprenta . O galego resistiu como lingua falada polo conxunto do pobo, pero seguiu perdendo oportunidades históricas para actualizarse e arrequentarse.
  • 23. A Literatura no século XVIII: os Ilustrados galegos
  • 24.
  • 25. As ideas da Ilustración prenderon en Galicia en sectores minoritarios da sociedade. Se ben a Ilustración en Europa foi profundamente reformista e tivo como obxectivo substituír o Antigo Réxime (en Francia deuse principalmente o cambio máis radical coa Revolución burguesa de 1789), os ilustrados galegos, pola súa contra, non foron na súa maioría, opositores ó Antigo Réxime. A súa vontade non era destruír o vello sistema político senón racionalizar a economía tradicional para conseguir un reparto máis xusto da riqueza e evitar a miseria e a emigración que xa empezaba a ser masiva. Para eles este cambio só podía chegar co desenvolvemento da ciencia e da técnica . Confiaban na razón humana e na educación para resolver os problemas e presentaron numerosas propostas buscando o progreso para Galicia .
  • 26. Os ilustrados vanse salientar por reivindicar: — a modernización da agricultura — a industrialización do País e a necesidade de vías de comunicación — a recuperación da nosa rica literatura popular — o uso do galego no ensino, na Igrexa e na administración, denunciado o abuso da imposición do castelán.
  • 27. "É bárbara crueldade" e "ignorancia inaudita" "que ensinen aos nenos galegos mediante a lingua castelá, que non saben, unha lingua antiga (o latín) que non deben saber, castigándoos se se lles escapa algunha voz ou frase galega"...
  • 28. " Nacín a noite dun 9 de marzo de 1695 en Vilafranca do Bierzo, facendo alí mansión meus pais por algún tempo" Ao recibir seu pai, meses despois, unha nova oferta de traballo como Correo maior na vila de Pontevedra , trasládase alí toda a familia e na "Boa Vila", como sempre a chamará Sarmiento, vai transcorrer a súa nenez que ao longo da súa vida terá sempre moi presente. " Aos 15 anos, a 3 de maio saín de Pontevedra para Madrid a vestir o santo hábito no Convento de S. Martín" Os primeiros estudios lévano ao terreo da Xeografía , da Cronoloxía e a Mitoloxía e xa no curso seguinte en Hylache (Navarra) atopámolo estudando durante tres anos Artes e Filosofía , seguindo os pasos habituais dos estudos na orde bieita. En 1714 regresa ao Convento en Madrid. Entre curso e curso cando, outra das súas grandes paixóns emerxe con forza: os estudos de filoloxía . Á vez de ser copista polígrafo duns 150 alfabetos de documentos antigos, irá aprendendo idiomas latín, grego, francés, italiano, caldeo, hebreo, árabe, etc... "entón aínda non tiña eu barbas cando tentei facer un vocabulario etimolóxico das linguas latina, galega e castelá" posiblemente para facer fronte as súas dúbidas lingüísticas que tiña como galego falante e polo que confesa recibira algunha burla dos seus compañeiros no convento.
  • 29. "A principios de outubro saín de Madrid para o colexio de San Vicente de Salamanca a estudar Theoloxía". Na época salmantina aparecerá matriculado co nome de Frei Martín Sarmiento que xa utilizará permanentemente. O nome de Martín adoptouno en honor do padrón do convento no que profesou, o de Sarmiento, segundo apelido materno.
  • 30. A súa sona de erudito polígrafo vaise espallando pola Corte, especialmente por ser coñecido como o corrector do xa consagrado Padre Feixoo. " Quixo o Reverendísimo Feixoo que eu correxise os seus tomos, así o fixen ata a súa morte" . E aínda vai ser máis coñecido e un home público porque "a primeiros de marzo de 1732 xa presentei todo o material dos meus dous tomos da Demostración Crítico-Apoloxética do Teatro Crítico de Feixoo." É o único libro que publica en vida Martín Sarmiento fronte a reacción ao ideario ilustrado que defendían tanto o Padre Feixoo como Sarmiento. Concepcións tan modernas e inauditas na súa época como a de que a diferenza entre homes e mulleres non provén da natureza, como pensaban os seus coetáneos, senón da educación. Todo un alegato da igualdade entre os dous sexos en pleno século XVIII.
  • 31. Sarmiento pode considerarse representante do vencellamento entre o pensamento reformador e certos sectores do clero na Galicia do século XVIII. Os seus estudos abranguen moitas ramas do saber. Foi un grande defensor da lingua galega e do seu emprego no ensino ; estudou a fauna e flora de Galicia con criterios modernos, de análise e clasificación. A súa preocupación pola economía levouno a escribir sobre a situación do campo galego. Criticou duramente ós intermediarios, administradores, rendistas, comerciantes… “que comen, visten e triúnfan opiparamente, a costa do traballo e suor dos probres galegos”. Pensaba que debían darse axudas económicas aos agricultores para que non abandonasen a agricultura, porque esta era a base de toda a economía: “Sen agricultura non pode haber fábricas, nin manufacturas, nin comercio sólido e estable”.
  • 32. o Padre Sarmiento foi un auténtico sabio que, con verdadeira devoción, estudou variados aspectos da realidade galega. O relativo valor literario das súas obras, acrecéntase, sen embargo, pola relevante achega lexicográfica. Tal é o caso do seu Coloquio de Perico e Marica ou Coloquio de 24 gallegos rústicos . Coloquio de los 24 rústicos . Esta obra é un conxunto de coplas de versos hexasílabos, nos que catro rapaces, empregados en Madrid, falan da morte de Filipe V e da subida ó trono de Fernando VI.
  • 33. Outras figuras da Ilustración galega son o Padre Feixóo, Xosé Cornide Saavedra, Francisca Isla Losada, Diego Antonio Cernadas e Castro e Anselmo Feijóo Montenegro. Benito Xerónimo Feixoo e Montenegro É o autor do Teatro crítico universal , ou Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes , que se publicou entre 1726 e 1740. Nesta obra trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións , entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". É autor tamén das Cartas eruditas y curiosas , publicadas entre 1742 e 1760.
  • 34. Á morte de Henrique IV de Castela, a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de Isabel de Castela acusando á filla do rei Xoana de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva e alcumándoa a Beltranexa . A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira mais lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón. Pardo de Cela xunto coa súa familia política e o bispo Alonso I de Fonseca pola contra puxéronse de parte de Isabel e parece que o mariscal chegou a combater en Zamora. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a Pontevedra de 1476.
  • 35. O mar tamén ten amores, o mar tamén ten muller, está casado coa area dálle bicos cando quer. Catro cousas hai no mundo que quitan o sentido: amar e non ser amado, querer e non ser querido
  • 36. Vamos a rae-lo pan, ti levarás unha rosa e un caravel eu na man. O namorar vai nos ollos: eu non sei cal será meu… ¡será ben amar a todo!
  • 37. PRANTO DA FROUSEIRA A min chaman toda Mira, señora do gran tesouro; por estrera crarecida xago neste Valedouro. Más tredor foi que un mour o vilaon que me vendeo, que de Lugo a Ribadeo todos me tiñan temor de min, a triste Frouseira, que por treiçón foi vendida, derribada na ribeira, ca jamais se veo vencida. Por treiçón tambén vindido Jesús nosso Redentor, e por aquestes tredores Pedro Pardo, meu señor, vinte e dous foran chamados os que vindido o han, non por fame de sustento de carne, viño nen pan, nen por outro minister que falezcan de bondad, senón por súa vilaicía, e mais por maa intençaon. Eles quedan por tredores e seu amo por leal, pos os Reis e a seua filla seuas terras mandan dar. A Deus darán conta delo, que llos queira perdoar, co que acabou a Frouseira e a vida do Mariscal. Anónimo (fins do séc. XV) 61
  • 38. Polo camiño ehí ven un home; aínda ven lonxe, lonxe, lonxe [1] ... Eu non sei si anda ou si corre porque ven lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Fai moito tempo que nos deixou, alá pra lonxe, lonxe, lonxe. Anda na guerra polo Señor alá moi lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Viñeron os mouros arrenegados lá de moi lonxe, lonxe, lonxe. Todo levaron e nós fuxemos alá pra lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Aqueles homes eran us demos lá de moi lonxe, lonxe, lonxe. Todo levaron e nós fuxemos alá pra lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   O altariño do noso Dios que mora lonxe, lonxe, lonxe, quedou como a noitiña sin sol fuxido lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   Entre penedos i entre touzas alá lonxe, lonxe, lonxe, levamos o Cristo coutras cousas alá pra lonxe, lonxe, lonxe.   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   I os mouros arrenegados foron detrás lonxe, lonxe, i aqueles penedos rodeados (era moi lonxe, lonxe, lonxe).   ¡Quen fora galgo quen fora páxaro quen fora vento!   ¡Probes de nós!, berraban todos alá moi lonxe, lonxe, lonxe, ¡válenos Cristo!, apelidaban, era moi lonxe, lonxe, lonxe.
  • 39. SONETO DE MONTERREI Alá en Monterrei, en Val de Laça, a Violante vi, beira de un río, tan fermosa, en verdá, que quedei frío de ver alma inmortal en mortal maça. De un alto e lindo copo a seda laça a pastora sacaba fío a fío, cuando lle dise: Morro, corta o fío. — Vólveo, non cortarei, seguro pasa. — ¿E como pasarei, se eu acá quedo? Se pasar –respondí–, non vou seguro que este corpo, sen alma, morra cedo. — Con a miña, que levas, te aseguro — Que non morras, Pastor. — Pastora, hei medo; o quedar me parece máis seguro. Anónimo ( c. 1530) 61
  • 40. Turbas corran as augas; poña luto o aire denso, en melancolía tanta; queime o fogo a terra, que sen planta negue ó fortuno ano o seu tributo, mentres a Porcia do Filipo Bruto en os ombros da fama sacrosanta se ergue ó ceo, que a súa gloria canta collendo en flor o xa maduro fruto. Perdeu, marrando tan ditosa vida, a humildá precio; a piedá templo (que derrubou, ¡oh morte! a túa gadaña); o mundo, Reina; o Rei, súa Margarida; a Fe, colúa; a virtude, exemplo; a pedra (cuio engaste foi), España. Chore a nosa montaña, do gando, leite e novidade espida, semellando ás abellas no exemplo: Que se a súa Margarida, Reina, precio, colúa, pedra, templo, perden Rei, Mundo, Fe, Virtude, España..., ti, que tal perda viche, ¡Oh, magoada Galicia!, ¿que perdiche? Gómez Tonel EXEQUIAS DA RAÍÑA MARGARIDA
  • 41. Veinticinco personas Perucho dos Merolos, Maruxa das Rulas, Xepiño da Fonte, Minguiña do Rego. Antón de Domayo Mamed de Salcedo Albertos de Coyro Macias de Hermelo Martiño dos Cobres, Bartholo do Tesso, Bieito de Ardán, Bras de Montezelo, Roque de Beluso, Bastián do Castelo, Jhan de Figueirido, Mingos do Penedo. Lucia da Esculca, Thereixa do Cerro, Farruca da Braña, Marta dos Rexelos Andrea da Chouza, Thomasa d’Outeyro Catuxa do Mato, Mariña a do Cego. El poeta Marcos da Portela
  • 42. Coloquio de 24 gallegos rústicos , por Frei Martín Sarmiento MARCOS DA PORTELA: 1.- No chan que en Morrazo chaman os galegos chán de Parafita, que chega hasta o cèo, 2.- que está nò camiño que vay á o Ribeyro dendes Pontevedra, a vila do reyno; 3.- a hum-há legoiña, camiño dereyto, fay conta que sigues o rumbo surlesto; 4.- se sube en relanzo por todo o vieyro, sin muita fadiga nem muito tormento. 5 agiña se chega ao chan que dixemos, e mais ê bem ancho todo o seu terreo. 6 Alí corren lebres, e cazan coellos os homes nas festas, despois van vendelos. 7 De alí, d’aquel chan, tan alto en extremo, se ve toda a vila cos seus arrodeos; 8 se ve o mar bravo, se ve o mar quedo, de Ons e do Tambo as ilhas ao lexos
  • 43. Non poucas veces teño pensado en cal foi a causa de que en Galicia se introducise o uso ou abuso de escribir en castelán o que antes se escribía en galego. Non hai xénero de escritura, testamento, doazón, venda, contrato, foro, arrendo, merca, troco, partixas, etc., que eu non teña visto ou lido en Galicia en latín ou galego e sei que se poden cargar carros destes instrumentos que se conservan en Galicia. Non habendo pois precedido nin concilio nin cortes, nin consentimento uniforme dos galegos para actuar, outorgar, comerciar en lingua castelá, ¿quen o introduciu? A resposta está tan patente que Galicia chora e chorará sempre; non os galegos, senón os non galegos que ós principios do século XVI inundaron o Reino de Galicia, non para cultivar as súas terras, senón para facerse carne e sangue das mellores e para cargar cos máis pingües beneficios así eclesiásticos como civís. Eses foron os que por non saber a lingua galega nin por palabra nin por escrita, introduciron a monstruosidade de escribir en castelán para os que non saben senón o galego puro. Esta monstruosidade é máis evidente nos empregos eclesiásticos. Martín Sarmiento