Tema 10
A prosa de fins do XX e comezos do XXI.
Temas e autores dos 80 e dos 90.
Prosistas e tendencias actuais máis
relevantes.
2020 – 2021
Susana Vázquez
SUSANA VÁZQUEZ 1
A narrativa galega das últimas décadas ten que ver co proceso de democratización das
institucións, coa consecución do estatus de oficialidade para o galego e co seu posterior proceso de
normalización en todos os ámbitos de uso. Os anos 70 foi un período de mudanzas que crean grandes
expectativas a nivel social. Os últimos anos de vida do ditador e a posterior recuperación da liberdade
permiten un incremento do activismo político que se traslada tamén á literatura a través dunha
temática de compromiso social.
Durante a Transición, a pesar de que perviven inercias represivas e se agudiza o conflito
lingüístico. Na década dos 80 houbo un aumento exponencial do número de obras publicado,favorecido
pola introdución do galego no ensino, que abre unha demanda potencial de lectores novos con
expectativas radicalmente distintas ao lector dos anos setenta
(universitario, ideoloxizado...), o que explica a aparición dunha boa
literatura infantil e xuvenil e tamén a orientación temática dunha parte
considerábel da literatura. Aumentan as publicacións en galego e as
editoriais (Edicións do Cerne, Xerais) así como os premios literarios. A
cultura galega mostra unha especial preocupaciónpor recuperar a memoria perdida, de aí o esforzopor
parte das editoriais de reeditar textos clásicos (Cabanillas, Castelao, Otero...) Por outra parte seguen aí
autores comoNeira Vilas, Cunqueiro ou Fole, marcando tendencias.
Os novos autores evolúen dende o compromiso realista a fórmulas máis complexas e
experimentais e utilizarán aliteratura para reflexionarsobre a identidade colectivadopaís oudenunciar
a súas eivas históricas.
Nesta etapa prodúcese unha eclosión do xénero narrativo que vai supoñer un avance na
normalización cultural e na reflexión acerca do propio país galego. A narrativa pasa a ser a modalidade
por excelenciapara retratar a novasociedade. Con todo,o que predomina éo relato breve;non debemos
esquecer que na Galiza somos un país de contos. Moitos dos autores deciden dedicarse a isto de forma
profesional, nunha reivindicación da lingua e do sector. Esta pluralidade de autoras e autores reflíctese
tamén nunha grande pluralidade de estilos e temáticas; mesmo se desenvolven subxéneros populares
coma o relato policial, a novela de ciencia ficción,a histórica, a experimental... A narrativa galega, máis
unha vez,incorpórase aos modelos, ás técnicas e ás tendencias universais.
Podemosestablecertresetapas:
• De 1975 a 1980: persistencia de modelos anteriores e primeiros síntomas de renovación.
• Década dos 80: eclosión dos trazos enunciados arriba.
• Dende os 90 á actualidade: espallamento da nova situación e primeiro balance dos logros
conseguidos e por conseguir.
SUSANA VÁZQUEZ 2
1. A narrativaposfranquista:de1975a1980.
Esta narrativa adaptarase á nova situación social e cultural e reflectirá a historia recente,
fundamentalmente a Guerra Civile a posguerra. Convivenautores consagrados, comoAlvaroCunqueiro,
obras editadas na diáspora, e o experimentalismo da NovaNarrativa Galega.
É unha etapa de ensaio, en que se intenta construír unha novela galega popular ou de “quiosco”
e téntase renovar o xénero temática e formalmente. Predomina a novela de iniciación, en que un adulto
tenta recuperar o paraíso perdido da nenez.
Seguen a aparecer obras que seguen modelos narrativos anteriores:
Antóneosinocentes (1976)deFerrín e CaraaTimes Square (1980) de Camilo
Gonsar, que presentan características da Nova Narrativa: Aqueles anos do
Moncho (1977) de Neira Vilas sitúase na narrativa social.
Carlos Casares publica Xoguetes para un tempo prohibido (1975),
obra que combina características da Nova Narrativa con trazos da narrativa
tradicional. Os escuros soños de Clío (1979) son relatos baseados en feitos
históricos. Ilustrísima 1 (1980) supón un xiro cara á recuperación de
argumentos sólidos, personaxes ben definidos e recreación de pasaxes da
historia contemporánea. Os temas das súas obras céntranse nos conflitos
sociais e no estudo da alma humana. As súas obras caracterízanse por
desenvolverse en ambientes urbanos. Partende sucesos aparentemente reais
engádense elementos fantásticos. Hai nelas unha constante presenza do Mal,
orixinado pola mentira, a calumnia, etc. Tamén é salientábel a abundancia de
personaxes do clero. E sobre todo, caracterízase polo emprego do humor, a
ironía e a parodia.
Na segunda metade dos 70 aparecen as primeiras tentativas de explorar fórmulas que logo han
resultar exitosas nas décadas seguintes. Tal é o caso da novela histórica ou da chamada “novela de
quiosco”, co western A morte de Frank González de X. Fernández Ferreiro. Ao mesmo tempo, Anxo Rei
Ballesteros publica Dosanxosedosmortos, onde propón unha ruptura formal. Nesta describe un espazo
urbano contemporáneo e reflicte a realidade social do momento. É unha novela experimental
caracterizada pola pluralidade de voces que narra as vivencias dunha xeración de universitarios
composteláns abafados no desengano vital e a faltade expectativas.
1 Escucha ILUSTRÍSIMA, CARLOS CASARES - iVoox Para escoitar Ilustrísima de Casares.
SUSANA VÁZQUEZ 3
2. A narrativados80.
Osanos 80supoñen a consolidacióndanarrativa galega coapublicacióndun importante número
de obras cada ano. Van aparecer diferentes tendencias e liñas temáticas. Osautores procurano mercado
do gran público. Hai unha importante presenza da literatura xuvenil. A vitalidade da narrativa desta
época non foi allea ao desenvolvemento político nin á creación dun tecido editorial cada vez máis
estable. A fundacióndas editoriais Xerais e Sotelo Blanco,así comoa creacióndos premios Blanco Amor
e Xeraisforonfactoresde peso para introducircriterios comerciaispor primeira vezna literatura galega.
Hai un mercado estable para o libro galego fundamentado no ámbito escolar e a produción aumenta
aceleradamente.
Nestes anos téntase a consolidación da novela e a experimentación e ampliación das súas
fronteiras. Cómpre dividir a producciónen varios bloques para o seu estudio:
2.1. A liña memorialista / intimista.
Xavier Alcalá en A nosa cinza (1980) leva adiante as “memorias dun neno burgués” seguindo o
modelo denarrativa tradicional‐realista e incorporandotécnicas comoado contrapuntoouo flash‐back.
Logo publicou Fábula(1981).
X.M.Martínez Oca. Instaladas na memoria dopasado infantil e xuvenil,no retorno nostálxico aos
paraísos perdidos, aparecen Un ano e un día (1980) e A fuxida (1980). En Beiramar (1983) entrelaza o
realismo social coanovela de corte míticoe ton alegórico. Despois de explorar a narración de aventuras
con As florestas do Mañuema (1988) publicou Náufragos en terra (1995), relatos de carácter intimista
centrados na incomunicación na sociedade actual.
O éxito coa obra Beiramar (Premio Blanco Amor), unha novela digamos que abondo comprometida
cunha realidade conflitiva da época, a reconversión industrial… E xa achamos o compromiso do
escritor, ou non?
Non teño moi claro eso do compromiso. O meu compromiso era coa lingua galega e aí atopábame co
problema de que aquela xente a quen quería chegar era analfabeta no seu idioma propio. Por esa razón
escollera anteriormente o camiño do teatro, por parecerme case o único medio de chegar ós destinatarios
que eu buscaba. Fun finalista do “Premio Abrente” de Ribadavia en dúas ocasións, pero cando vin posta en
escena a miña obra O cazador de perdices levei tal decepción que renunciei a continuar por aquel lado.
Decididamente o teatro non era o meu.
SUSANA VÁZQUEZ 4
2.2. A novela histórica (e de ficciónhistórica)
A novela histórica presenta a miúdo un ton alegórico no que aboia a
(re)construción do pasado. A obra que marcou esta tendencia foi O triángulo
inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes, cuxo argumento se sitúa entre o
imaxinario e o propiamente histórico. Foi recibida pola crítica (1982) como unha
narrativa renovadora que, non obstante, se alicerzaba sobre as mellores tradicións,
literarias e culturais: os relatos de navegantes, as crónicas medievais, os episodios
liberais oua fabulación cunqueiriá. Logo publicouO enxovaldanoiva eAcidadedos
césares.
Alfredo Conde (Allariz, 1945) deu ao prelo Xa vai o griffon no vento (1984), novela
que nun ton alegórico mestura tempos e espazos distantes na Compostela
renacentista e na Provenza dos nosos días. Durante o reinado de Filipe II de
Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novoInquisidor, coa misión
de rematar co contrabando de libros prohibidos. Na década do 1980, un escritor en crise dá clases de
Literatura en Aix-en-Provence,Francia,buscando algunha idea para unha nova novela. Ambas historias,
aparentemente distantes, van coincidir a través da figura mítica e esquiva do Griffon,unha criatura con
capacidade de vivirno tempo e no espazo que queira. Con esta novela inaugura unha etapa renovadora
na súa prosa. Antes publicara Breixo eMemoriadeNoa.EnSempre me matan e O difícil queématar trata
as complexidades do mundo da emigración.
2.3. O relato policial.
Carlos R. Reigosa. Crime en Compostela supón o punto de partida para a eclosión do relato
policial, de grande éxito tanto polo número de obras como pola aceptación dos lectores. Continuaría
logo con O misterio do barco perdido. Combinando fórmulas da “narrativa negra” coas da “novela de
inquérito”, deu ao prelo Narcos (1991).
2.4. A narrativa experimental.
Oprincipal cultivadordeste tipo de narrativa guiada polo vangardismo e a ruptura coatradición,
composta por textos fragmentarios que reflicten o caos que rexe a sociedade, é Suso de Toro. Quizáis a
obra que marca este anovamento sexa Polaroid (1986) caracterízase pola fragmentación e a
desintegración discursiva. O monólogo interior e as secuencias dialogadas adquiren decisiva
importancia. Acudindo ao ton coloquial, con frecuentes referencias á linguaxe audiovisual, expresa as
contradicións e conflitosda sociedade do noso tempo. Polaroid presentaba o mundo urbano da década
dos oitenta, pero non o centro, senón a periferia. A cidade de Polaroid eran os barrios afectados pola
reconversión brutal do neocapitalismo, o mundo urbano e proletario das novas cidades galegas da
SUSANA VÁZQUEZ 5
década dos oitenta cos seus parados, emigrantes retornados de Europa,
campesiños de orixe instalados agora na cidade, a nova delincuencia
relacionada coa droga… Os barrios periféricos e os seus problemas da
década dos oitenta entraron na literatura galega.
Aínda que incluído dentro do xénero da narrativa Polaroid, dun
xeito posmoderno, rompe co xénero canónico do relato, pois aparecen
desde parodias de manifestos ata anacos en ton de caricatura. Todos estes
textos urbanos producen no lector, como xa dixemos, a impresión dun
protagonista colectivo, que é o devandito suburbio. Moitas veces, botando
man da técnica obxectiva, temos a impresión de que o autor gravou retallos de conversas urbanas que
pon diante de nós. A lingua, con cheísmo ou cun feixe de castelanismos, resulta acaída para este mundo
do suburbio, pois é a lingua galega do suburbio, apartada tanto do estándar comoda falapropia do agro.
Velaí como a incorrecciónlingüística se converteen acerto estético.
3. A narrativados90.
Nos anos 90 e inicios do século XXI consolídase tanto o relato curto como algúns subxéneros
anteriores (relato policial, novela histórica, novela de iniciación/ memorialística...) e aparecen outras
modalidades (crónica, “diarios”...) que procuran un punto de encontro entre a narrativa literaria e o
xornalismo. A presenza de moitas narradoras abre o debate arredor da “narrativa de xénero”. A
aparición e difusión das novas tecnoloxías trae consigo novos experimentos narrativos e atopámonos
cunha gran diversidade de rexistros estilístico, desde fórmulas barroquizantes ata exercicios de
deconstrución e fragmentación. Algúns autores que se dedicaban á poesía ou a escribir relatos, pásanse
á narrativa:Darío XoánCabana, Manuel Rivas, etc.Tamén continúan publicandoautores xa consagrados,
comoVíctor F. Freixanes, Carlos Casares ou Méndez Ferrín.
Un dos feitos máis relevantes é a tendencia á diversificación xenérica. Proliferan xéneros
iniciados nos 80 e aparecen outros novos.
3.1. A novela negra.
Podemosclasificalaen 4grupos: as que se acollenaomodelo dafilmografía estadounidense (Ambulancia
de Suso de Toro), as que se adaptan ao modelo cultural do país ( As tres bandas de Xosé Miranda), as
claramente vangardistas (Non hai misericordia de Xelís de Toro) e as que, aínda que presentan
elementos referidos á realidade de Galicia, non poden ser consideradas pertencentes á ”literatura
popular” (Tránsito dosgramáticos deMarilar Aleixandre).
SUSANA VÁZQUEZ 6
3.2. A ficciónfuturista. Iniciouna Ramón Caride con Soños eléctricos.Non é a primeira novela de Ficción
científica escrita en galego, pero é o libro que, segundo a crítica literaria especializada, consolidou o
xénero na Galiza, sendo unha das máis significativas. A novela insírese na ficción científica social.
Combina diferentes técnicas e puntos de vista narrativos. Posúe unha estrutura narrativa complexa,
tanto no formal, co uso decote de prolepses (flash-forward) e analepses (flash-back) como no
argumental. A acción sitúase nun futuro post-apocalíptico coñecido como A Era Nova. A Terra fica
transformada nun xigantesco deserto radioactivo,namentres que a humanidade viveen cidades-estado
subterráneas protexidas por cúpulas e organizadas nunha Confederación. A sociedade resultante está
rixidamente estratificada, cun sistema estamental que anulou a mobilidade do actual sistema de clases.
Os estamentos privilexiados reprodúcense de xeito tradicional, biolóxico, e o resto mediante clonación.
3.3. A novela de terror. Un dos xéneros que máis triunfou, xunto coamodalidade policial:A bibliotecada
iguanade XoséMiranda.
3.4. A nova novela histórica. Tómanse episodios do pasado como pretexto para tratar aspectos
psicolóxicos ou existenciais. Tamén cobra importancia a novela de aventuras: Morning star de Xosé
Miranda.
3.4.1. A narrativa histórica contemporánea. Centrada no conflitoentre vida rural
e urbana. Destaca Manuel Rivas, considerado unha das voces a renovar a
literatura, con Un millón de vacas. Todas as historias narran o choque entre a
Galiza tradicional e a moderna provocado pola incomprensión entre ambos
mundos. O título reflicte a concepción da vaca coma animal totémico na cultura
galega. Nas historias que nos presenta vemos xa o estatus privilexiado que
outorga aos nenos, aos anciáns, aos minusválidos, capaces de descubrir un
mundo poucocomún. EnOscomedoresdepatacas,mudaavacapolas
patacas. A estrutura volta confrontaro mundo rural e o da cidade; a
aldea como refuxio do mal, das drogas. Temos que destacar tamén a
colecciónderelatos Quemequeres,amor?(levadaaocinemacotítulo
de a lingua das bolboretas) coa que gañou o premio nacional da
literatura en 1996 e que supuxo un grande éxito,mesmo foitraducidaao búlgaro e aoturco,entre outras
linguas. O lapisdo carpinteiro (tamén levada ao cinema) novela ambientada nos cárceres franquistas e
baseada nun factoreal.
3.4.2. A narrativa fantástica e marabillosa. O factor fantástico úsase para percibir a realidade como
frustrante: Galván en Saor de Darío Xoán Cabanas. O señor Galván, príncipe das terras do norte,
SUSANA VÁZQUEZ 7
compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e,
como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos
aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Sitúase nas terras de Saor
(Roás, Cospeito) que mostran lugares reais e mesmo personaxes coñecidos por todas
e todos nós, comoo caso do mago Antón. Novela de humor e de amor, de aventuras e
de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben
coñece. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben
medida para que non apague a historia senón que a potencie e eleve.
3.5. A narrativa experimental. Tendencia á fragmentación, códigos doutros xéneros ou artes, varias
vocesrelatan a historia: Destaca Xurxo Borrazás , Ser ounon ser.
4. Narradores actuais.
A actualidade presenta un panorama variado en canto a temas, formas e público. Seguen
publicando novelistas das décadas anteriores e xorden novas voces,comoRosa Aneiros con Resistencia.
5. Narrativa infantil e xuvenil.
Experimentou grande auxe nos últimos anos, pola consolidación do galego
nas aulas e o labor dos docentes no fomento da lectura. Agustín Fernández Paz con
Trece anos de Branca, Cartas de inverno, Aire negro, Corredores de sombras, entre
moitas outras. Aquí podedes escoller awquela que vós teñades lido para falar un
pouco dela. É autor de máis de cincuenta títulos. Os seus libros, escritos en galego,
tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera.
Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano,búlgaro, inglés, chinés,
árabe francés e italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios, tanto no ámbito galego coma no
español (Merlín, Lazarillo, Edebé Xuvenil, O Barco de Vapor, Protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas,
Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas…). Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do
ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia; no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de LIX do ano, que concede a Asociación de
Escritores en Lingua Galega. O seu libro O único que quedaé o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional
de Literatura Infantil y Juvenil que concedeo Ministerio de Cultura de España. Outras obras súas foran
finalistas deste mesmo premio en anos anteriores.
Neste enlace podedes ouvir un dos seus libros lido por un dos seus grandes amigos: (55) Omeu
nome é Skywalker,de Agustín Fernández Paz - YouTube

A prosa de fins do século XX

  • 1.
    Tema 10 A prosade fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. 2020 – 2021 Susana Vázquez
  • 2.
    SUSANA VÁZQUEZ 1 Anarrativa galega das últimas décadas ten que ver co proceso de democratización das institucións, coa consecución do estatus de oficialidade para o galego e co seu posterior proceso de normalización en todos os ámbitos de uso. Os anos 70 foi un período de mudanzas que crean grandes expectativas a nivel social. Os últimos anos de vida do ditador e a posterior recuperación da liberdade permiten un incremento do activismo político que se traslada tamén á literatura a través dunha temática de compromiso social. Durante a Transición, a pesar de que perviven inercias represivas e se agudiza o conflito lingüístico. Na década dos 80 houbo un aumento exponencial do número de obras publicado,favorecido pola introdución do galego no ensino, que abre unha demanda potencial de lectores novos con expectativas radicalmente distintas ao lector dos anos setenta (universitario, ideoloxizado...), o que explica a aparición dunha boa literatura infantil e xuvenil e tamén a orientación temática dunha parte considerábel da literatura. Aumentan as publicacións en galego e as editoriais (Edicións do Cerne, Xerais) así como os premios literarios. A cultura galega mostra unha especial preocupaciónpor recuperar a memoria perdida, de aí o esforzopor parte das editoriais de reeditar textos clásicos (Cabanillas, Castelao, Otero...) Por outra parte seguen aí autores comoNeira Vilas, Cunqueiro ou Fole, marcando tendencias. Os novos autores evolúen dende o compromiso realista a fórmulas máis complexas e experimentais e utilizarán aliteratura para reflexionarsobre a identidade colectivadopaís oudenunciar a súas eivas históricas. Nesta etapa prodúcese unha eclosión do xénero narrativo que vai supoñer un avance na normalización cultural e na reflexión acerca do propio país galego. A narrativa pasa a ser a modalidade por excelenciapara retratar a novasociedade. Con todo,o que predomina éo relato breve;non debemos esquecer que na Galiza somos un país de contos. Moitos dos autores deciden dedicarse a isto de forma profesional, nunha reivindicación da lingua e do sector. Esta pluralidade de autoras e autores reflíctese tamén nunha grande pluralidade de estilos e temáticas; mesmo se desenvolven subxéneros populares coma o relato policial, a novela de ciencia ficción,a histórica, a experimental... A narrativa galega, máis unha vez,incorpórase aos modelos, ás técnicas e ás tendencias universais. Podemosestablecertresetapas: • De 1975 a 1980: persistencia de modelos anteriores e primeiros síntomas de renovación. • Década dos 80: eclosión dos trazos enunciados arriba. • Dende os 90 á actualidade: espallamento da nova situación e primeiro balance dos logros conseguidos e por conseguir.
  • 3.
    SUSANA VÁZQUEZ 2 1.A narrativaposfranquista:de1975a1980. Esta narrativa adaptarase á nova situación social e cultural e reflectirá a historia recente, fundamentalmente a Guerra Civile a posguerra. Convivenautores consagrados, comoAlvaroCunqueiro, obras editadas na diáspora, e o experimentalismo da NovaNarrativa Galega. É unha etapa de ensaio, en que se intenta construír unha novela galega popular ou de “quiosco” e téntase renovar o xénero temática e formalmente. Predomina a novela de iniciación, en que un adulto tenta recuperar o paraíso perdido da nenez. Seguen a aparecer obras que seguen modelos narrativos anteriores: Antóneosinocentes (1976)deFerrín e CaraaTimes Square (1980) de Camilo Gonsar, que presentan características da Nova Narrativa: Aqueles anos do Moncho (1977) de Neira Vilas sitúase na narrativa social. Carlos Casares publica Xoguetes para un tempo prohibido (1975), obra que combina características da Nova Narrativa con trazos da narrativa tradicional. Os escuros soños de Clío (1979) son relatos baseados en feitos históricos. Ilustrísima 1 (1980) supón un xiro cara á recuperación de argumentos sólidos, personaxes ben definidos e recreación de pasaxes da historia contemporánea. Os temas das súas obras céntranse nos conflitos sociais e no estudo da alma humana. As súas obras caracterízanse por desenvolverse en ambientes urbanos. Partende sucesos aparentemente reais engádense elementos fantásticos. Hai nelas unha constante presenza do Mal, orixinado pola mentira, a calumnia, etc. Tamén é salientábel a abundancia de personaxes do clero. E sobre todo, caracterízase polo emprego do humor, a ironía e a parodia. Na segunda metade dos 70 aparecen as primeiras tentativas de explorar fórmulas que logo han resultar exitosas nas décadas seguintes. Tal é o caso da novela histórica ou da chamada “novela de quiosco”, co western A morte de Frank González de X. Fernández Ferreiro. Ao mesmo tempo, Anxo Rei Ballesteros publica Dosanxosedosmortos, onde propón unha ruptura formal. Nesta describe un espazo urbano contemporáneo e reflicte a realidade social do momento. É unha novela experimental caracterizada pola pluralidade de voces que narra as vivencias dunha xeración de universitarios composteláns abafados no desengano vital e a faltade expectativas. 1 Escucha ILUSTRÍSIMA, CARLOS CASARES - iVoox Para escoitar Ilustrísima de Casares.
  • 4.
    SUSANA VÁZQUEZ 3 2.A narrativados80. Osanos 80supoñen a consolidacióndanarrativa galega coapublicacióndun importante número de obras cada ano. Van aparecer diferentes tendencias e liñas temáticas. Osautores procurano mercado do gran público. Hai unha importante presenza da literatura xuvenil. A vitalidade da narrativa desta época non foi allea ao desenvolvemento político nin á creación dun tecido editorial cada vez máis estable. A fundacióndas editoriais Xerais e Sotelo Blanco,así comoa creacióndos premios Blanco Amor e Xeraisforonfactoresde peso para introducircriterios comerciaispor primeira vezna literatura galega. Hai un mercado estable para o libro galego fundamentado no ámbito escolar e a produción aumenta aceleradamente. Nestes anos téntase a consolidación da novela e a experimentación e ampliación das súas fronteiras. Cómpre dividir a producciónen varios bloques para o seu estudio: 2.1. A liña memorialista / intimista. Xavier Alcalá en A nosa cinza (1980) leva adiante as “memorias dun neno burgués” seguindo o modelo denarrativa tradicional‐realista e incorporandotécnicas comoado contrapuntoouo flash‐back. Logo publicou Fábula(1981). X.M.Martínez Oca. Instaladas na memoria dopasado infantil e xuvenil,no retorno nostálxico aos paraísos perdidos, aparecen Un ano e un día (1980) e A fuxida (1980). En Beiramar (1983) entrelaza o realismo social coanovela de corte míticoe ton alegórico. Despois de explorar a narración de aventuras con As florestas do Mañuema (1988) publicou Náufragos en terra (1995), relatos de carácter intimista centrados na incomunicación na sociedade actual. O éxito coa obra Beiramar (Premio Blanco Amor), unha novela digamos que abondo comprometida cunha realidade conflitiva da época, a reconversión industrial… E xa achamos o compromiso do escritor, ou non? Non teño moi claro eso do compromiso. O meu compromiso era coa lingua galega e aí atopábame co problema de que aquela xente a quen quería chegar era analfabeta no seu idioma propio. Por esa razón escollera anteriormente o camiño do teatro, por parecerme case o único medio de chegar ós destinatarios que eu buscaba. Fun finalista do “Premio Abrente” de Ribadavia en dúas ocasións, pero cando vin posta en escena a miña obra O cazador de perdices levei tal decepción que renunciei a continuar por aquel lado. Decididamente o teatro non era o meu.
  • 5.
    SUSANA VÁZQUEZ 4 2.2.A novela histórica (e de ficciónhistórica) A novela histórica presenta a miúdo un ton alegórico no que aboia a (re)construción do pasado. A obra que marcou esta tendencia foi O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes, cuxo argumento se sitúa entre o imaxinario e o propiamente histórico. Foi recibida pola crítica (1982) como unha narrativa renovadora que, non obstante, se alicerzaba sobre as mellores tradicións, literarias e culturais: os relatos de navegantes, as crónicas medievais, os episodios liberais oua fabulación cunqueiriá. Logo publicouO enxovaldanoiva eAcidadedos césares. Alfredo Conde (Allariz, 1945) deu ao prelo Xa vai o griffon no vento (1984), novela que nun ton alegórico mestura tempos e espazos distantes na Compostela renacentista e na Provenza dos nosos días. Durante o reinado de Filipe II de Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novoInquisidor, coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos. Na década do 1980, un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix-en-Provence,Francia,buscando algunha idea para unha nova novela. Ambas historias, aparentemente distantes, van coincidir a través da figura mítica e esquiva do Griffon,unha criatura con capacidade de vivirno tempo e no espazo que queira. Con esta novela inaugura unha etapa renovadora na súa prosa. Antes publicara Breixo eMemoriadeNoa.EnSempre me matan e O difícil queématar trata as complexidades do mundo da emigración. 2.3. O relato policial. Carlos R. Reigosa. Crime en Compostela supón o punto de partida para a eclosión do relato policial, de grande éxito tanto polo número de obras como pola aceptación dos lectores. Continuaría logo con O misterio do barco perdido. Combinando fórmulas da “narrativa negra” coas da “novela de inquérito”, deu ao prelo Narcos (1991). 2.4. A narrativa experimental. Oprincipal cultivadordeste tipo de narrativa guiada polo vangardismo e a ruptura coatradición, composta por textos fragmentarios que reflicten o caos que rexe a sociedade, é Suso de Toro. Quizáis a obra que marca este anovamento sexa Polaroid (1986) caracterízase pola fragmentación e a desintegración discursiva. O monólogo interior e as secuencias dialogadas adquiren decisiva importancia. Acudindo ao ton coloquial, con frecuentes referencias á linguaxe audiovisual, expresa as contradicións e conflitosda sociedade do noso tempo. Polaroid presentaba o mundo urbano da década dos oitenta, pero non o centro, senón a periferia. A cidade de Polaroid eran os barrios afectados pola reconversión brutal do neocapitalismo, o mundo urbano e proletario das novas cidades galegas da
  • 6.
    SUSANA VÁZQUEZ 5 décadados oitenta cos seus parados, emigrantes retornados de Europa, campesiños de orixe instalados agora na cidade, a nova delincuencia relacionada coa droga… Os barrios periféricos e os seus problemas da década dos oitenta entraron na literatura galega. Aínda que incluído dentro do xénero da narrativa Polaroid, dun xeito posmoderno, rompe co xénero canónico do relato, pois aparecen desde parodias de manifestos ata anacos en ton de caricatura. Todos estes textos urbanos producen no lector, como xa dixemos, a impresión dun protagonista colectivo, que é o devandito suburbio. Moitas veces, botando man da técnica obxectiva, temos a impresión de que o autor gravou retallos de conversas urbanas que pon diante de nós. A lingua, con cheísmo ou cun feixe de castelanismos, resulta acaída para este mundo do suburbio, pois é a lingua galega do suburbio, apartada tanto do estándar comoda falapropia do agro. Velaí como a incorrecciónlingüística se converteen acerto estético. 3. A narrativados90. Nos anos 90 e inicios do século XXI consolídase tanto o relato curto como algúns subxéneros anteriores (relato policial, novela histórica, novela de iniciación/ memorialística...) e aparecen outras modalidades (crónica, “diarios”...) que procuran un punto de encontro entre a narrativa literaria e o xornalismo. A presenza de moitas narradoras abre o debate arredor da “narrativa de xénero”. A aparición e difusión das novas tecnoloxías trae consigo novos experimentos narrativos e atopámonos cunha gran diversidade de rexistros estilístico, desde fórmulas barroquizantes ata exercicios de deconstrución e fragmentación. Algúns autores que se dedicaban á poesía ou a escribir relatos, pásanse á narrativa:Darío XoánCabana, Manuel Rivas, etc.Tamén continúan publicandoautores xa consagrados, comoVíctor F. Freixanes, Carlos Casares ou Méndez Ferrín. Un dos feitos máis relevantes é a tendencia á diversificación xenérica. Proliferan xéneros iniciados nos 80 e aparecen outros novos. 3.1. A novela negra. Podemosclasificalaen 4grupos: as que se acollenaomodelo dafilmografía estadounidense (Ambulancia de Suso de Toro), as que se adaptan ao modelo cultural do país ( As tres bandas de Xosé Miranda), as claramente vangardistas (Non hai misericordia de Xelís de Toro) e as que, aínda que presentan elementos referidos á realidade de Galicia, non poden ser consideradas pertencentes á ”literatura popular” (Tránsito dosgramáticos deMarilar Aleixandre).
  • 7.
    SUSANA VÁZQUEZ 6 3.2.A ficciónfuturista. Iniciouna Ramón Caride con Soños eléctricos.Non é a primeira novela de Ficción científica escrita en galego, pero é o libro que, segundo a crítica literaria especializada, consolidou o xénero na Galiza, sendo unha das máis significativas. A novela insírese na ficción científica social. Combina diferentes técnicas e puntos de vista narrativos. Posúe unha estrutura narrativa complexa, tanto no formal, co uso decote de prolepses (flash-forward) e analepses (flash-back) como no argumental. A acción sitúase nun futuro post-apocalíptico coñecido como A Era Nova. A Terra fica transformada nun xigantesco deserto radioactivo,namentres que a humanidade viveen cidades-estado subterráneas protexidas por cúpulas e organizadas nunha Confederación. A sociedade resultante está rixidamente estratificada, cun sistema estamental que anulou a mobilidade do actual sistema de clases. Os estamentos privilexiados reprodúcense de xeito tradicional, biolóxico, e o resto mediante clonación. 3.3. A novela de terror. Un dos xéneros que máis triunfou, xunto coamodalidade policial:A bibliotecada iguanade XoséMiranda. 3.4. A nova novela histórica. Tómanse episodios do pasado como pretexto para tratar aspectos psicolóxicos ou existenciais. Tamén cobra importancia a novela de aventuras: Morning star de Xosé Miranda. 3.4.1. A narrativa histórica contemporánea. Centrada no conflitoentre vida rural e urbana. Destaca Manuel Rivas, considerado unha das voces a renovar a literatura, con Un millón de vacas. Todas as historias narran o choque entre a Galiza tradicional e a moderna provocado pola incomprensión entre ambos mundos. O título reflicte a concepción da vaca coma animal totémico na cultura galega. Nas historias que nos presenta vemos xa o estatus privilexiado que outorga aos nenos, aos anciáns, aos minusválidos, capaces de descubrir un mundo poucocomún. EnOscomedoresdepatacas,mudaavacapolas patacas. A estrutura volta confrontaro mundo rural e o da cidade; a aldea como refuxio do mal, das drogas. Temos que destacar tamén a colecciónderelatos Quemequeres,amor?(levadaaocinemacotítulo de a lingua das bolboretas) coa que gañou o premio nacional da literatura en 1996 e que supuxo un grande éxito,mesmo foitraducidaao búlgaro e aoturco,entre outras linguas. O lapisdo carpinteiro (tamén levada ao cinema) novela ambientada nos cárceres franquistas e baseada nun factoreal. 3.4.2. A narrativa fantástica e marabillosa. O factor fantástico úsase para percibir a realidade como frustrante: Galván en Saor de Darío Xoán Cabanas. O señor Galván, príncipe das terras do norte,
  • 8.
    SUSANA VÁZQUEZ 7 compañeirode Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Sitúase nas terras de Saor (Roás, Cospeito) que mostran lugares reais e mesmo personaxes coñecidos por todas e todos nós, comoo caso do mago Antón. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e eleve. 3.5. A narrativa experimental. Tendencia á fragmentación, códigos doutros xéneros ou artes, varias vocesrelatan a historia: Destaca Xurxo Borrazás , Ser ounon ser. 4. Narradores actuais. A actualidade presenta un panorama variado en canto a temas, formas e público. Seguen publicando novelistas das décadas anteriores e xorden novas voces,comoRosa Aneiros con Resistencia. 5. Narrativa infantil e xuvenil. Experimentou grande auxe nos últimos anos, pola consolidación do galego nas aulas e o labor dos docentes no fomento da lectura. Agustín Fernández Paz con Trece anos de Branca, Cartas de inverno, Aire negro, Corredores de sombras, entre moitas outras. Aquí podedes escoller awquela que vós teñades lido para falar un pouco dela. É autor de máis de cincuenta títulos. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano,búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios, tanto no ámbito galego coma no español (Merlín, Lazarillo, Edebé Xuvenil, O Barco de Vapor, Protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas…). Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia; no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de LIX do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu libro O único que quedaé o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil que concedeo Ministerio de Cultura de España. Outras obras súas foran finalistas deste mesmo premio en anos anteriores. Neste enlace podedes ouvir un dos seus libros lido por un dos seus grandes amigos: (55) Omeu nome é Skywalker,de Agustín Fernández Paz - YouTube