AS CANTIGAS DESANTA MARÍA INTRODUCIÓN TRANSMISIÓN FONTES AUTORÍA ESTRUTURA TEMAS MÉTRICA AFONSO X NA REDE
2.
Conxunto de 427 cantigas en honor á Virxe María conservados en catro códices da corte de Afonso X. Códice: conxunto de cantigas medievais que conforma un libro , con miniaturas e música. Nacen como obra de propaganda do rei Sabio e como afán de reafirmarse no seu prestixio fronte á igrexa de Compostela. O emprego do galego débese a que esta era a lingua propia da lírica. O rei comezou a compilalas en 1257 e realizáronse os códices entre 1270 e 1283. A súa concepción débese á moda europea de coleccionar milagres marianos, en auxe dende o X I. INTRODUCIÓN
3.
TRANSMISIÓN Códice TO ou de Toledo Contén 128 cantigas con notación musical no refrán da primeira cobra e adornadas as letras capitais pero non ten miniaturas. - Consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid. Códice E ou dos músicos Contén 417 cantigas, con notación musical e con 40 miniaturas. Escrito por unha soa man, a do escriba Johanes Gundisolvi. - Depositado na Biblioteca do Escorial. Códice T ou códice rico Contén 193 cantigas con notación musical e fantásticas miniaturas, 6 por cantiga, que relatan de maneira gráfica o que nos di o texto. As cantigas 2 a 25 van acompañadas de textos en prosa no pé de páxina que explican o milagre. -Depositado na Biblioteca do Escorial. Códice F ou de Florencia Contén 104 cantigas pero está inacabado e só 48 cantigas teñen miniaturas e non hai notación musical. Conservado na Biblioteca Nacional de Florencia.
4.
FONTES Os milagresque se relatan nas cantigas proceden de diferentes fontes: Lendarios da Idade Media escritos en latín pero de procedencia francesa ou alemá. Coleccións de milagres escritos no século XIII noutras linguas romances Milagres sucedidos en santuarios marianos do estranxeiro e peninsulares, transmitidos oralmente. Recordos do rei Afonso ou dos seus colaboradores Relatos orais
5.
AUTORÍA Aínda quese atribúe a autoría das cantigas marianas a Afonso X, con seguridade estas composicións son obra dun grande equipo de traballo. “ El Rey faze un libro, non porque él escriba con sus manos, mas porque compone las razones del, e las emienda […] e muestra la manera de cómo se deben fazer, desí escribilas qui él manda, pero dezimos por esta razón que el Reyfaze el libro.” General Estoria. Na obra interviñeron como máximo 6 trobadores. Só hai 10 cantigas escritas de puño e letra do rei , porque nelas narra acontecementos biográficos en 1ª persoa con frases como “ eu fiz, eu fige ”, etc. e noutros casos di “ ordenei que se escrebera ”. O artífice da maior parte dos textos foi o clérigo e trobador compostelán Airas Nunes .
6.
ESTRUTURA A estruturaxeral déixanos ver un valor simbólico dos números: cada 10 cantigas, 9 son de milagre e a décima é unha cantiga lírica. Poema introdutorio : o rei indica a intención da obra e preséntase con todo o poder real e como servo da Virxe. Prólogo : fala da actividade trobadoresca que se aclimata para cantar á Virxe Cantigas líricas : a número 100, 200, etc. Cantigas narrativas , que relatan os milagres, todas as demais. As cantigas 401 e 402 son unha especie de epílogo polo seu contido. Na primeira delas explícasenos a historia compositiva das cantigas. Unha estrutura baseada no número 5 déixanos ver que as cantigas número 5, 15, 25… son máis amplas cás demais e levan dobre páxina de miniaturas.
7.
Desenvolven unha temáticamoi variada, pero en xeral glosan a magnificación da Virxe María e a indulxencia con que intercede diante de Deus para favorecer os seus devotos. TEMAS AS CANTIGAS LÍRICAS (loor) imitan as cantigas de amor profanas. Parecen un himno e están cheas de expresións tópicas de devoción á Virxe. Entre os motivos que abordan: Oposición amor mundano – amor divino Oposición entre Eva (pecado) – María (salvación) Glosa do significado das letras do nome da Virxe Loor dos dons maternais e do poder de intercesión ante Deus. Exaltación da súa figura como auxilio e socorro dos aflixidos , etc.
8.
AS CANTIGAS NATRRATIVAS teñen unha finalidade didáctica e contan milagres atribuídos a calquera advocación da Nosa Señora Presentan unha estrutura segundo o esquema seguinte: - introdución - presentación dun personaxe que peca e solicita a axuda da Virxe - intervención salvadora - louvanza da súa figura por parte dos pecadores As cantigas narrativas inícianse cun refrán de carácter lírico que logo se irá repetindo ao final de cada unha das cobras. Estas cantigas de asunto variado son un cadro vivo de costumes e tipos humanos que representan a sociedade da época con realismo
9.
OUTRAS CANTIGAS forman un grupo heteroxéneo: - Dous prólogos en verso e ao final - As cinco “Festas de Santa María” - As cinco “Festas do Noso Señor” - O “Cantar dos Sete Pesares que viu Santa María do seu Fillo” - Unha “ Maia” , cantar de saúdo á primavera. - Unha “ Petiçon ” final.
10.
Case todas as cantigas son de refrán , pero cunha estrutura diferente á lírca profana. O tipo de estrofa máis empregada é o zéjel , composto por un estribillo inicial (AA), tres versos nonorrimos (bbb) e un verso final ou de volta en rima co refrán (a). Sobre este esquema temos diversas variantes: Aabbbba, AAAbbaa, etc. Podemos ver outras estrofas, como a balada ou o rondel. A lonxitude dos versos vai dende os de catro sílabas ata os de dezasete sílabas. É frecuente o encabalgamento. MÉTRICA
11.
O rei AfonsoX, fillo de Fernando III e de Beatriz de Suabia, naceu en Toledo en 1221 e faleceu en Sevilla en 1284. É probable que se criase en Galicia, na Fortaleza de Maceda, Ourense, onde aprendeu o idioma galego. Ocupou o trono dende 1252 e o seu reinado viuse envolto en frecuentes liortas, mesmo civís, que ensombreceron o seu labor político. Foi home de grandes preocupacións culturais, poeta, historiador, creador da historiografía peninsular e promotor de todo tipo de iniciativas científicas e literarias A súa participación nas cantigas marianas foi moi directa e mesmo cren algúns estudosos que foi autor da maioría dos poemas, pois a obra mantén grande unidade. Afonso X é autor doutros 25 textos: poemas burlescos, unha tenzón e cantigas de amor. AFONSO X