A NOSA AMIGA 
A Castaña
 Nome da árbore: O Castiñeiro 
 Nome científico: Castanea Sativa 
 Hábitat: Climas temperados e húmidos. É polo tanto 
moi adecuado para o clima de Galicia. Hainos por toda 
a nosa terra, pero donde máis abundan é nas provincias 
de Lugo e Ourense
 Pouco se sabe da orixe do castiñeiro, pero o que parece claro 
é que foron os romanos os que o trouxeron á Galicia 
 O castiñeiro é unha árbore fóra de serie, forte. A súa madeira, 
dunha calidade excelente, emprégase en tonelería e 
cestería e tamén para a fabricación de pisos e mobles. 
 Florece entre maio e xuño e o seu froito, a castaña é moi 
apreciada no mundo 
 O castiñeiro case nunca se encontra só, senón formando 
parte dun bosque chamado SOUTO.
A Castaña 
 É un froito seco cunha composición similar aos 
cereais, xa que é moi rica en hidratos de carbono, 
é polo tanto un alimento moi enerxético, pero á vez 
pouco calórico porque ten pouca graxa (é o froito 
seco que menos ten). Son tamén ricas en 
vitaminas e minerais.
TIPOS DE CASTAÑAS 
 Hai moitos tipos de castañas. As máis coñecidas 
son: Amarelante, Negral, Famosa, Garrida, 
Presa, Luguesa, Longal, De Parede, Ventura e 
Xudía
GASTRONOMÍA 
 As castañas podemos comelas asadas, cocidas e ata crúas 
na súa época, é dicir, no outono; e as secas, todo o ano. 
 Cando se secan, pode facerse fariña coa que se elaboran 
unhas tartas riquísimas. 
 Como comida principal ou como postre. En conserva ou 
mermelada. Solas ou como guarnición…….. 
a castaña é xenial!!! 
Algúns pratos 
Polo con castañas Sopa
T 
Tiramisú Puré 
• 
Tarta de chocolate Pudding
Marrón Glassé Mermelada 
E por suposto… Asadas!!! 
Hummm… Que ricas!!
O MAGOSTO 
Orixe da palabra: Magnus Ustus (gran fogo) e tamén, Magum Ustum 
(fogo máxico). Trátase dunha festa que tradicionalmente se facía ao 
recoller o froito e servía como agradecemento pola colleita recibida. 
Soe facerse entre o 1 e o 15 de novembro e ten carácter comunitario. 
Consiste nunha gran fogueira donde se asan as castañas que logo 
comerán todos os asistentes. Ao rematar hai o costume de saltar as 
brasas e tinguir a cara coas cinzas sobrantes.
REFRÁNS, DITOS E ADIVIÑAS 
 A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber. 
 A castaña que está no camiño é do veciño. 
 As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal. 
 Temperá é a castaña que no setembro regaña. 
 Sempre un porco ruín ha atopar, a mellor castaña. 
 Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño. 
 A castaña e o besugo, no febreiro non ten zugo. 
 Se chove na semana do San Mateo non prepares canizo 
porque non hai ourizos
 Auga de castañas: dise do café frouxo. 
 Quedar en auga de castañas: algo que non tivo 
importancia. 
 Estalarlle a castaña na man: cando un cae na propia 
trampa. 
 Non estar para asar castañas: non ter ganas de festa. 
 Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun problema. 
 Darlle unha castaña: zurrarlle na cara. 
 ¡Toma castaña!:levar un chasco. 
 ¡Pegarse un castañazo!Pegarse un golpe forte. 
 Coller unha castaña. Emborracharse. 
 Estoupou como unha castaña: unha explosión 
seca. 
 ¡Manda castaña!Algo que non ten xustificación, 
que sorprende a un
 Ten pelexo coma a xente, 
e é moi boa para comer; 
chega polo mes de Santos 
e todo o ano a tés. 
 Alto me vexo 
no meu capelexo, 
por unha risada 
quedeime sen nada
 Alto está, 
barbas ten, 
ri e solta o que ten . 
 No aire se cría, 
no aire se ten; 
bota unha risada 
e perde o que ten.

A nosa amiga "A Castaña"

  • 1.
    A NOSA AMIGA A Castaña
  • 2.
     Nome daárbore: O Castiñeiro  Nome científico: Castanea Sativa  Hábitat: Climas temperados e húmidos. É polo tanto moi adecuado para o clima de Galicia. Hainos por toda a nosa terra, pero donde máis abundan é nas provincias de Lugo e Ourense
  • 3.
     Pouco sesabe da orixe do castiñeiro, pero o que parece claro é que foron os romanos os que o trouxeron á Galicia  O castiñeiro é unha árbore fóra de serie, forte. A súa madeira, dunha calidade excelente, emprégase en tonelería e cestería e tamén para a fabricación de pisos e mobles.  Florece entre maio e xuño e o seu froito, a castaña é moi apreciada no mundo  O castiñeiro case nunca se encontra só, senón formando parte dun bosque chamado SOUTO.
  • 4.
    A Castaña É un froito seco cunha composición similar aos cereais, xa que é moi rica en hidratos de carbono, é polo tanto un alimento moi enerxético, pero á vez pouco calórico porque ten pouca graxa (é o froito seco que menos ten). Son tamén ricas en vitaminas e minerais.
  • 5.
    TIPOS DE CASTAÑAS  Hai moitos tipos de castañas. As máis coñecidas son: Amarelante, Negral, Famosa, Garrida, Presa, Luguesa, Longal, De Parede, Ventura e Xudía
  • 6.
    GASTRONOMÍA  Ascastañas podemos comelas asadas, cocidas e ata crúas na súa época, é dicir, no outono; e as secas, todo o ano.  Cando se secan, pode facerse fariña coa que se elaboran unhas tartas riquísimas.  Como comida principal ou como postre. En conserva ou mermelada. Solas ou como guarnición…….. a castaña é xenial!!! Algúns pratos Polo con castañas Sopa
  • 7.
    T Tiramisú Puré • Tarta de chocolate Pudding
  • 8.
    Marrón Glassé Mermelada E por suposto… Asadas!!! Hummm… Que ricas!!
  • 9.
    O MAGOSTO Orixeda palabra: Magnus Ustus (gran fogo) e tamén, Magum Ustum (fogo máxico). Trátase dunha festa que tradicionalmente se facía ao recoller o froito e servía como agradecemento pola colleita recibida. Soe facerse entre o 1 e o 15 de novembro e ten carácter comunitario. Consiste nunha gran fogueira donde se asan as castañas que logo comerán todos os asistentes. Ao rematar hai o costume de saltar as brasas e tinguir a cara coas cinzas sobrantes.
  • 10.
    REFRÁNS, DITOS EADIVIÑAS  A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.  A castaña que está no camiño é do veciño.  As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.  Temperá é a castaña que no setembro regaña.  Sempre un porco ruín ha atopar, a mellor castaña.  Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.  A castaña e o besugo, no febreiro non ten zugo.  Se chove na semana do San Mateo non prepares canizo porque non hai ourizos
  • 11.
     Auga decastañas: dise do café frouxo.  Quedar en auga de castañas: algo que non tivo importancia.  Estalarlle a castaña na man: cando un cae na propia trampa.  Non estar para asar castañas: non ter ganas de festa.  Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun problema.  Darlle unha castaña: zurrarlle na cara.  ¡Toma castaña!:levar un chasco.  ¡Pegarse un castañazo!Pegarse un golpe forte.  Coller unha castaña. Emborracharse.  Estoupou como unha castaña: unha explosión seca.  ¡Manda castaña!Algo que non ten xustificación, que sorprende a un
  • 12.
     Ten pelexocoma a xente, e é moi boa para comer; chega polo mes de Santos e todo o ano a tés.  Alto me vexo no meu capelexo, por unha risada quedeime sen nada
  • 13.
     Alto está, barbas ten, ri e solta o que ten .  No aire se cría, no aire se ten; bota unha risada e perde o que ten.