SlideShare a Scribd company logo
A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular,
tradicional en toda Galicia organizada en torno á recollida das castañas.
Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.

      O      magosto        realizábase
tradicionalmente o 1º de novembro,
día de Tódolos Santos, se ben en
Ourense, por maduraren máis tarde
as castañas, retrasouse ata o día
11, san Martiño. Na actualidade
celébrase     en     calquera      data
comprendida     entre     a     segunda
quincena de outubro e a primeira de
novembro, converténdose na festa
do    outono   por    excelencia,     e
incorpóranse    diversos     alimentos,
coma chourizos e outros produtos
elaborados nas matanzas do porco
coincidentes    con    estas     datas.
Tampouco adoitan faltar as sardiñas
asadas.

   O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto,
comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas.
      Facíase unha ou varias fogueiras con paus para conseguir brasas
dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro
amplo. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o
viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas.
Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas
brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na
cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban
lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban
a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos
cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de
carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo
consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade;
de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra.

      Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos
comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de grazas polos
froitos recolleitos, así coma de homenaxe aos castiñeiros e ás castañas.

      Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de
novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde
nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San
Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.

      Segundo crenzas antigas a castaña era como un
símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente outono,
castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos
magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma
liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as
almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que
cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos
mortos.

     Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero
segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida
facer mal.
Coma elemento básico e imprescindible do magosto

citaremos a castaña, nai e filla do castiñeiro.




                                   O segundo elemento é o lume, con todo o

                                   que simboliza, como representación do

                                   deus sol dador de vida e elemento

                                   purificador.



Outro elemento importante do magosto é o

viño, que non deixa de ser o sangue da terra.




                                       Pan de centeo e millo, empanadas,

                                       chourizos, patacas (que se adoitan

                                       asar no lume sen depenar), e

                                       augardente para a queimada (de novo

                                       outra purificación), son suficientes

                                       para este día de troula.



Ocupa un lugar eminente a leña,

outro froito da terra, para facer un

bo lume.
O castiñeiro, castanea sativa, vive en terreos profundos, ricos en
materia orgánica e pouco arxilosos.
      Constitúe en Galicia unha especie autóctona, sábese que antes da
chegada dos romanos, os poboadores das nosas terras moían as castañas e
utilizábanas como alimento.
      O seu cultivo promoveuse coa chegada dos romanos a Galicia, ano 139 a.
C., pero será durante a Idade Media, coa implantación de varios mosteiros,
cando se estenda a súa plantación.
      O seu froito, foi tan importante
que chegou a denominarse árbore do pan,
xa que en épocas de fame garantiu a
supervivencia de moita xente..
      A partir do s. XVII o consumo da
castaña foi substituído pola pataca
chegada de América.
       Hoxe, o castiñeiro está a piques
de desaparecer na nosa terra debido a dúas
pestes que o atacan: o chancro e a tinta, e
tamén á expansión dos piñeiros e
eucaliptos que fan os nosos montes presa
dos incendios.
      Na actualidade quedan reliquias do que antes foron os grandes soutos
nas terras de Samos, do Sil (Ribeira Sacra) e nos montes de Courel, Ancares,
Cebreiro e Queixa.
      A madeira do castiñeiro é moi apreciada para a construción e para
ebanistería, chegando a denominarse a caoba de Galicia, e o seu froito, a
castaña, ten múltiples usos na alimentación de persoas e animais, sendo tamén
un recurso natural moi importante na economía dalgunhas zonas de Galicia.
       Da flor do castiñeiro, a candea, as abellas extraen mel con propiedades
curativas en problemas de anemia por falta de ferro, acelera a circulación
sanguínea e tamén actúa de astrinxente en diarreas.
Tamén é moi común nos parques e
cidades galegas o castiñeiro das bruxas ou
das Indias (Aesculus hippocastanum),
árbore ornamental caducifolia de xénero
completamente diferente ao castiñeiro
bravo e froito non comestíbel. Dise na
cultura popular que o froito desta última
árbore ten propiedades máxicas contra o
mal de ollo.
A castaña críase en ourizos en grupos de
tres coma máximo.
     No outono as castañas empezan a pingar,
ábrense os ourizos e déixanas soltas caendo ao
chan. Despois os castiñeiros atoléiranse ou
sacódense cunha baloira ou pau longo e flexible
para chimpar os ourizos.

      As castañas pódense consumir de diferentes maneiras: crúas, cocidas
con leite, en potaxe, con fabas, asadas en tixolas…..
                                  Coas castañas pilongas, secadas ao fume,
                              mesturadas con sangue de porco, fariña de millo
                              e leite fanse as bólas, embutidos en tripa de
                              porco que se comen no inverno acompañando o
                              leite do almorzo.



Hoxe en día a castaña utilízase
en pastelería de diferentes
formas, salientando o “marrón
glacé”.


                             .




Principios nutritivos da castaña (100 gramos)
Hidratos de carbono 45 %
 Potasio 517 mg
Auga 49 %,
Fósforo 184 mg
Proteínas 3,4 %
Sodio 72 mg
Graxas 1,9 %
Magnesio 76 mg
Caraboleca: que non se criou. Que só ten casca.

Bullada: a que se saca do ourizo.

Degraída: a que cae por si soa do ourizo.

Martiñesa (do S. Martiño): a serodia, tardía.

Sanmigueliña (do S. Miguel): a temperá.




VARIEDADES SEGUNDO O TAMAÑO, A COR E O SABOR:

Abadá, agrela, branquiña, bicuda, brava, buxeira, cabezuda, chatadesa, galeza,

garrida, leinova, lemos, loura, luguesa, mansa, martesa, pagaíña, picón, rañuda,

riá, ribeira, verdella, vermella, senra.
As castañas sécanse de diferentes maneiras: nunhas partes sécanse
  ao sol; noutras en fornos, e nalgunhas cúranas ó fume das cociñas.




     Despois de secas, nunhas partes gardan a cáscara, e noutras
  móndanas e denúdanas non só da cáscara exterior, senón tamén da
  interior, deixándoas limpas, brancas e curadas.




     Para descascalas, nuns sitios enchen un saco húmido e despois
apaléano ata que lles saen as cáscaras interior e exterior, que se están ben
secas, hanlles saír con facilidade; noutros sitios poñen poucas castañas no
saco para collelo logo entre dous homes polos extremos, érgueno ó aire e
sacódeno con forza contra un banco que poñen no medio.
     Terminada esta primeira manobra pásase a limpalas usando unha criba, e
outros avéntanas coma o trigo, pero de calquera modo as castañas quedan
enteiramente separadas de cáscara na que están envoltas, e non falta máis
que darlle a última man para separar as danadas e feitas anacos das que están
enteiras, sas e en estado de conservarse.
“A castaña no agosto quere arder, e no setembro
beber.”
beber.”


“A castaña que está no
            veciño.”
camiño é do veciño.”


“As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.”
                       saben                mal.”


“Polo San Martiño, o peón
    camiño.”
no camiño.”
Temperá é a castaña que no setembro regaña.
Sempre un porco ruín ha atopar a mellor castaña.
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai
ruín viño.
A castaña e o besugo, no febreiro
     ten
non ten zugo.
Se chove na semana do San Mateo
non prepares canizo porque non
hai ourizos.
Ten pelexo coma a xente
e é moi boa para comer
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés.


Alto me vexo                     Eu nacín dentro dun berzo,
no meu capelexo                  cal é a cousa, cal é ela, ten tres
por unha risada                  capas de inverno: a primeira
             nada.
quedeime sen nada.               mete medo, a segunda é lustrosa
                                 e a terceira é amargosa?

Alto
Alto está
barbas ten                       Alta estou
ri e solta o que ten.            ladrón vexo vir
                                 do meu carapucho
                                 non podo fuxir.
No aire se cría
no aire se ten                   Alto Pimpín,
bota unha risada                 ruín cabaleiro;
e perde o que ten.               rómpelle a bolsa
                                 e cáelle o diñeiro.

Unha cousiña cousa
criada no monte
enxoita na casa
e cómese sen tasa.

Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
               non
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
que cousa cousiña son?
"As castañas son castañas, os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara, para min son dous feitizos"

"Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto;
probiño daquel que espera polo que está na man doutro"

"¡Dáseme tanto por ti, como si nunca te vira!
¡encólgate nun castaño coas pernas para riba!

“"A aldea de Palavea, de lonxe parece vila
ten corredoira na entrada, e un souto sin salida."”

"Acabáronse as vendimas ahí veñen as esfolladas
para comer coas nenas catro castañas asadas"


"Has de cantar que che ei de dar zonchos,
has de cantar que che ei de dar moitos;
has de cantar e has de cantar,
has de cantar que chos hei de dar."

" Teño un castiñeiro alto,
 no tronco ten mil enredos,
tampouco os enamorados
poden te-los ollos quedos."

"Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño mandil,
apáñochas co refaixo."
As árbores espidiñas,
Sen follas,
Sen folliñas.

Os   esqueletos de xeo amosan
Os   seus outonos,
Os   seus laios,
Os   seus soños.

Unha alfombra cobre o chan
Tapiz de follas caídas,
Que veñen e van.

Folliñas lixeiras e secas
Fatigadas de troular.
Folliñas que bailan co vento
Todos collidos da man.

                                   Ven onda nós o outono
                                   Dacabalo do aire;
                                   Nos camiños da fraga
                                   Os ourizos xa abren.
                                   Síntoo chegar contento
                                   Da eterna viaxe
                                   Enredando entre as follas
                                   Estreando friaxe

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais




Don carballo chora landras na amencida.
E don Outono baballa néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
Aplaude a don Castiñeiro
Con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira,
Como non se ten coa risa,
Cáenlle dentes de castaña.


                                 HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia
UNHA MAÑÁ, PITIÑO PISPÍN
SAÍU PASEAR.
DÍXOLLE A NUBE:
"PIN-PIRIN-PÍN, PITIÑO PISPÍN
COAS MIÑAS PINGAS HEITE MOLLAR".

DÍXOLLE O PITO:
"TEÑO PARAUGAS,
PARA AS TÚAS PINGAS:
¡PAN-PARAN -PÁN!"

GLORIA SÁNCHEZ."Rimas con letra".Xerais



                                                    Outono
                                                    ten sono,
                                                    non pode durmir.

                                                    Ponlle unha mantiña
                                                    que se queda axiña
                                                    sereno e feliz.
                                                    ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro
                                                    estacións".Árbore.



POLOS ALTOS
DO POUSADOIRO
ANDA UNHA NENA
CUN ZOSCADOIRO
PARA ZOSCARLLE
Ó VENTO NORDÉS,
PORQUE LLE PUXO
O PARAUGAS DO REVÉS
E MOLLOUNA TODIÑA
DA CABEZA ÓS PES.

XOÁN BABARRO "Ten,ten a miña casa ten..." Arbore.Galaxia



                                      OS ANANOS DO OUTONO PINTAN AS UVAS.

                                      OS RAPACES ASEXAN AS MAIS MADURAS.

                                      TAMÉN OS GORRIÓNS REVOAN ENTRE AS
                                      CEPAS DE DOUS EN DOUS.

                                      PURA VÁZQUEZ."O libro dos cen poemas".Espiral maior.
Castañas asadas
                           Asínanse as castañas, é dicir, fáiselle un pequeno corte por un
                           lado para que non estoupen e despois póñense a lume lento
                           sobre unha plancha quente, tendo coidado de revolvelas a miúdo.
                           Cando se lles quita a casca con facilidade e están brandas por
                           dentro xa se poden comer.

                           Tamén poden asarse no forno. Neste caso case non necesitan
                           revolverse. Teñen a vantaxe de que así non manchan nada as
                           mans.

                           Se se fan nas brasas ou dentro dun cilindro metálico sobre o
                           lume, estamos xa a voltas cun magosto.

Castañas con leite
Quítaselle-la pel grosa de fóra ás castañas e
cócense en abundante auga cun pouco sal. Cando
están xa cocidas, pero aínda quentes, libéranse da
segunda pel e vanse botando directamente no
pratoonde se van comer. Cando o comensal
considera que ten unha cantidade suficiente
vértelles o leite por enriba e xa as pode comer
antes de que se vaia todo o calor da castaña.

Castañas cocidas
   •   Castañas secas
   •   Lacón cocido
   •   Cachola
   •   Chourizos

As castañas cocidas serven para acompañar calquera
carne. Na nosa comarca tradicionalmente tómanse con
carne de porco salada e cocida (lacón, cachola), con
chourizos cocidos, etc. As castañas secas hai que
escaldalas en auga fervida para quitarlles os restos de
peles. Logo férvense até que estean brandas e xa se
poden comer ben acompañadas, como xa indicamos
anteriormente.
Consulta os seguintes enlaces:


http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto


http://www.arteixo.org/servicios/educa/2004/magosto.html


http://sites.google.com/site/bibliocole/tem%C3%A1ticos

http://www.slideshare.net/TeachersKHC/magosto-2535143


http://www.webdenorberto.com/recursos/magosto.htm


http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/webquest/soporte_derecha_w.php?id_acti
vidad=21&id_pagina=1


https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

http://www.ourense.com/el-magosto-refranes/




Aprende xogando con
http://centros.edu.xunta.es/ceipdeponzos/webcentro/actividades_lim/magosto/magosto.html

http://actividadeslim.nireblog.com/post/2010/10/11/outono-samain

http://limsrainhaaragonta.blogspot.com/2010/12/lim-do-magosto.html

http://dl.dropbox.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html

More Related Content

What's hot

El romance de la luna
El romance de la lunaEl romance de la luna
El romance de la luna
georgina
 
Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008
Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008
Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008
guillow
 

What's hot (20)

8 san juan de la cruz
8  san juan de la cruz8  san juan de la cruz
8 san juan de la cruz
 
Selección poesía Octavo 2014
Selección poesía Octavo 2014Selección poesía Octavo 2014
Selección poesía Octavo 2014
 
Literatura de la colonia
Literatura de la colonia Literatura de la colonia
Literatura de la colonia
 
El romance de la luna
El romance de la lunaEl romance de la luna
El romance de la luna
 
Fray luis de leon
Fray luis de leonFray luis de leon
Fray luis de leon
 
Luis de Gongora
Luis de GongoraLuis de Gongora
Luis de Gongora
 
Poema 7 - Pablo neruda
Poema 7 -  Pablo nerudaPoema 7 -  Pablo neruda
Poema 7 - Pablo neruda
 
Esquemas generales de literatura medieval
Esquemas generales de literatura medievalEsquemas generales de literatura medieval
Esquemas generales de literatura medieval
 
Breve historia de la literatura española
Breve historia de la literatura españolaBreve historia de la literatura española
Breve historia de la literatura española
 
El cantar del Mio Cid
El cantar del Mio CidEl cantar del Mio Cid
El cantar del Mio Cid
 
Lope de Vega
Lope de VegaLope de Vega
Lope de Vega
 
Garcilaso de la vega
Garcilaso de la vegaGarcilaso de la vega
Garcilaso de la vega
 
Poema 4
Poema 4Poema 4
Poema 4
 
Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008
Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008
Poesias De Ismael Enrique Arciniegas 2008
 
Análisis de altazor canto i y ii
Análisis de altazor canto i y iiAnálisis de altazor canto i y ii
Análisis de altazor canto i y ii
 
5.1 La Divina Comedia
5.1 La Divina Comedia5.1 La Divina Comedia
5.1 La Divina Comedia
 
Garcilaso de la vega
Garcilaso de la vegaGarcilaso de la vega
Garcilaso de la vega
 
UNIDAD 3. CASALS. SIGLO XV.pdf
UNIDAD 3. CASALS. SIGLO XV.pdfUNIDAD 3. CASALS. SIGLO XV.pdf
UNIDAD 3. CASALS. SIGLO XV.pdf
 
Curros enríquez (2)
Curros enríquez (2)Curros enríquez (2)
Curros enríquez (2)
 
Mary shelley
Mary shelleyMary shelley
Mary shelley
 

Similar to Magosto

o magosto
o magostoo magosto
o magosto
makeino
 
o magosto
o magostoo magosto
o magosto
makeino
 

Similar to Magosto (20)

Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza
 
O Magosto
O MagostoO Magosto
O Magosto
 
MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011
 
MAGOSTO
MAGOSTOMAGOSTO
MAGOSTO
 
A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"
 
A castaña
A castañaA castaña
A castaña
 
Power point a castaña
Power point a castañaPower point a castaña
Power point a castaña
 
A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"
 
A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"A nosa amiga "A Castaña"
A nosa amiga "A Castaña"
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Magosto2011
Magosto2011Magosto2011
Magosto2011
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 
o magosto
o magostoo magosto
o magosto
 
o magosto
o magostoo magosto
o magosto
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
 
As árbores na cultura popular
As árbores na cultura popularAs árbores na cultura popular
As árbores na cultura popular
 
Tempo de castañas2
Tempo de castañas2Tempo de castañas2
Tempo de castañas2
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
Os maios
Os maiosOs maios
Os maios
 

More from Chelo Alvarez Veira

More from Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 

Magosto

  • 1.
  • 2. A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas. O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
  • 3. É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe aos castiñeiros e ás castañas. Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas. Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal.
  • 4. Coma elemento básico e imprescindible do magosto citaremos a castaña, nai e filla do castiñeiro. O segundo elemento é o lume, con todo o que simboliza, como representación do deus sol dador de vida e elemento purificador. Outro elemento importante do magosto é o viño, que non deixa de ser o sangue da terra. Pan de centeo e millo, empanadas, chourizos, patacas (que se adoitan asar no lume sen depenar), e augardente para a queimada (de novo outra purificación), son suficientes para este día de troula. Ocupa un lugar eminente a leña, outro froito da terra, para facer un bo lume.
  • 5. O castiñeiro, castanea sativa, vive en terreos profundos, ricos en materia orgánica e pouco arxilosos. Constitúe en Galicia unha especie autóctona, sábese que antes da chegada dos romanos, os poboadores das nosas terras moían as castañas e utilizábanas como alimento. O seu cultivo promoveuse coa chegada dos romanos a Galicia, ano 139 a. C., pero será durante a Idade Media, coa implantación de varios mosteiros, cando se estenda a súa plantación. O seu froito, foi tan importante que chegou a denominarse árbore do pan, xa que en épocas de fame garantiu a supervivencia de moita xente.. A partir do s. XVII o consumo da castaña foi substituído pola pataca chegada de América. Hoxe, o castiñeiro está a piques de desaparecer na nosa terra debido a dúas pestes que o atacan: o chancro e a tinta, e tamén á expansión dos piñeiros e eucaliptos que fan os nosos montes presa dos incendios. Na actualidade quedan reliquias do que antes foron os grandes soutos nas terras de Samos, do Sil (Ribeira Sacra) e nos montes de Courel, Ancares, Cebreiro e Queixa. A madeira do castiñeiro é moi apreciada para a construción e para ebanistería, chegando a denominarse a caoba de Galicia, e o seu froito, a castaña, ten múltiples usos na alimentación de persoas e animais, sendo tamén un recurso natural moi importante na economía dalgunhas zonas de Galicia. Da flor do castiñeiro, a candea, as abellas extraen mel con propiedades curativas en problemas de anemia por falta de ferro, acelera a circulación sanguínea e tamén actúa de astrinxente en diarreas.
  • 6. Tamén é moi común nos parques e cidades galegas o castiñeiro das bruxas ou das Indias (Aesculus hippocastanum), árbore ornamental caducifolia de xénero completamente diferente ao castiñeiro bravo e froito non comestíbel. Dise na cultura popular que o froito desta última árbore ten propiedades máxicas contra o mal de ollo.
  • 7. A castaña críase en ourizos en grupos de tres coma máximo. No outono as castañas empezan a pingar, ábrense os ourizos e déixanas soltas caendo ao chan. Despois os castiñeiros atoléiranse ou sacódense cunha baloira ou pau longo e flexible para chimpar os ourizos. As castañas pódense consumir de diferentes maneiras: crúas, cocidas con leite, en potaxe, con fabas, asadas en tixolas….. Coas castañas pilongas, secadas ao fume, mesturadas con sangue de porco, fariña de millo e leite fanse as bólas, embutidos en tripa de porco que se comen no inverno acompañando o leite do almorzo. Hoxe en día a castaña utilízase en pastelería de diferentes formas, salientando o “marrón glacé”. . Principios nutritivos da castaña (100 gramos) Hidratos de carbono 45 % Potasio 517 mg Auga 49 %, Fósforo 184 mg Proteínas 3,4 % Sodio 72 mg Graxas 1,9 % Magnesio 76 mg
  • 8. Caraboleca: que non se criou. Que só ten casca. Bullada: a que se saca do ourizo. Degraída: a que cae por si soa do ourizo. Martiñesa (do S. Martiño): a serodia, tardía. Sanmigueliña (do S. Miguel): a temperá. VARIEDADES SEGUNDO O TAMAÑO, A COR E O SABOR: Abadá, agrela, branquiña, bicuda, brava, buxeira, cabezuda, chatadesa, galeza, garrida, leinova, lemos, loura, luguesa, mansa, martesa, pagaíña, picón, rañuda, riá, ribeira, verdella, vermella, senra.
  • 9. As castañas sécanse de diferentes maneiras: nunhas partes sécanse ao sol; noutras en fornos, e nalgunhas cúranas ó fume das cociñas. Despois de secas, nunhas partes gardan a cáscara, e noutras móndanas e denúdanas non só da cáscara exterior, senón tamén da interior, deixándoas limpas, brancas e curadas. Para descascalas, nuns sitios enchen un saco húmido e despois apaléano ata que lles saen as cáscaras interior e exterior, que se están ben secas, hanlles saír con facilidade; noutros sitios poñen poucas castañas no saco para collelo logo entre dous homes polos extremos, érgueno ó aire e sacódeno con forza contra un banco que poñen no medio. Terminada esta primeira manobra pásase a limpalas usando unha criba, e outros avéntanas coma o trigo, pero de calquera modo as castañas quedan enteiramente separadas de cáscara na que están envoltas, e non falta máis que darlle a última man para separar as danadas e feitas anacos das que están enteiras, sas e en estado de conservarse.
  • 10. “A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.” beber.” “A castaña que está no veciño.” camiño é do veciño.” “As castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.” saben mal.” “Polo San Martiño, o peón camiño.” no camiño.” Temperá é a castaña que no setembro regaña. Sempre un porco ruín ha atopar a mellor castaña. Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño. A castaña e o besugo, no febreiro ten non ten zugo. Se chove na semana do San Mateo non prepares canizo porque non hai ourizos.
  • 11. Ten pelexo coma a xente e é moi boa para comer chega polo mes de Santos e todo o ano a tés. Alto me vexo Eu nacín dentro dun berzo, no meu capelexo cal é a cousa, cal é ela, ten tres por unha risada capas de inverno: a primeira nada. quedeime sen nada. mete medo, a segunda é lustrosa e a terceira é amargosa? Alto Alto está barbas ten Alta estou ri e solta o que ten. ladrón vexo vir do meu carapucho non podo fuxir. No aire se cría no aire se ten Alto Pimpín, bota unha risada ruín cabaleiro; e perde o que ten. rómpelle a bolsa e cáelle o diñeiro. Unha cousiña cousa criada no monte enxoita na casa e cómese sen tasa. Son verde e non son limón, son moura e non son carbón, non son vermella e non son sangue, son branca e non son papel, que cousa cousiña son?
  • 12. "As castañas son castañas, os ourizos son ourizos; os ollos da túa cara, para min son dous feitizos" "Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto; probiño daquel que espera polo que está na man doutro" "¡Dáseme tanto por ti, como si nunca te vira! ¡encólgate nun castaño coas pernas para riba! “"A aldea de Palavea, de lonxe parece vila ten corredoira na entrada, e un souto sin salida."” "Acabáronse as vendimas ahí veñen as esfolladas para comer coas nenas catro castañas asadas" "Has de cantar que che ei de dar zonchos, has de cantar que che ei de dar moitos; has de cantar e has de cantar, has de cantar que chos hei de dar." " Teño un castiñeiro alto, no tronco ten mil enredos, tampouco os enamorados poden te-los ollos quedos." "Santo que estás no canizo bota castañas embaixo que anque non teño mandil, apáñochas co refaixo."
  • 13. As árbores espidiñas, Sen follas, Sen folliñas. Os esqueletos de xeo amosan Os seus outonos, Os seus laios, Os seus soños. Unha alfombra cobre o chan Tapiz de follas caídas, Que veñen e van. Folliñas lixeiras e secas Fatigadas de troular. Folliñas que bailan co vento Todos collidos da man. Ven onda nós o outono Dacabalo do aire; Nos camiños da fraga Os ourizos xa abren. Síntoo chegar contento Da eterna viaxe Enredando entre as follas Estreando friaxe ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais Don carballo chora landras na amencida. E don Outono baballa néboa fría. Don Labrego, de sombreiro, Aplaude a don Castiñeiro Con variña de abelaira. E don Ourizo da chaira, Como non se ten coa risa, Cáenlle dentes de castaña. HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia
  • 14. UNHA MAÑÁ, PITIÑO PISPÍN SAÍU PASEAR. DÍXOLLE A NUBE: "PIN-PIRIN-PÍN, PITIÑO PISPÍN COAS MIÑAS PINGAS HEITE MOLLAR". DÍXOLLE O PITO: "TEÑO PARAUGAS, PARA AS TÚAS PINGAS: ¡PAN-PARAN -PÁN!" GLORIA SÁNCHEZ."Rimas con letra".Xerais Outono ten sono, non pode durmir. Ponlle unha mantiña que se queda axiña sereno e feliz. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro estacións".Árbore. POLOS ALTOS DO POUSADOIRO ANDA UNHA NENA CUN ZOSCADOIRO PARA ZOSCARLLE Ó VENTO NORDÉS, PORQUE LLE PUXO O PARAUGAS DO REVÉS E MOLLOUNA TODIÑA DA CABEZA ÓS PES. XOÁN BABARRO "Ten,ten a miña casa ten..." Arbore.Galaxia OS ANANOS DO OUTONO PINTAN AS UVAS. OS RAPACES ASEXAN AS MAIS MADURAS. TAMÉN OS GORRIÓNS REVOAN ENTRE AS CEPAS DE DOUS EN DOUS. PURA VÁZQUEZ."O libro dos cen poemas".Espiral maior.
  • 15. Castañas asadas Asínanse as castañas, é dicir, fáiselle un pequeno corte por un lado para que non estoupen e despois póñense a lume lento sobre unha plancha quente, tendo coidado de revolvelas a miúdo. Cando se lles quita a casca con facilidade e están brandas por dentro xa se poden comer. Tamén poden asarse no forno. Neste caso case non necesitan revolverse. Teñen a vantaxe de que así non manchan nada as mans. Se se fan nas brasas ou dentro dun cilindro metálico sobre o lume, estamos xa a voltas cun magosto. Castañas con leite Quítaselle-la pel grosa de fóra ás castañas e cócense en abundante auga cun pouco sal. Cando están xa cocidas, pero aínda quentes, libéranse da segunda pel e vanse botando directamente no pratoonde se van comer. Cando o comensal considera que ten unha cantidade suficiente vértelles o leite por enriba e xa as pode comer antes de que se vaia todo o calor da castaña. Castañas cocidas • Castañas secas • Lacón cocido • Cachola • Chourizos As castañas cocidas serven para acompañar calquera carne. Na nosa comarca tradicionalmente tómanse con carne de porco salada e cocida (lacón, cachola), con chourizos cocidos, etc. As castañas secas hai que escaldalas en auga fervida para quitarlles os restos de peles. Logo férvense até que estean brandas e xa se poden comer ben acompañadas, como xa indicamos anteriormente.
  • 16. Consulta os seguintes enlaces: http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto http://www.arteixo.org/servicios/educa/2004/magosto.html http://sites.google.com/site/bibliocole/tem%C3%A1ticos http://www.slideshare.net/TeachersKHC/magosto-2535143 http://www.webdenorberto.com/recursos/magosto.htm http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/webquest/soporte_derecha_w.php?id_acti vidad=21&id_pagina=1 https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/ http://www.ourense.com/el-magosto-refranes/ Aprende xogando con http://centros.edu.xunta.es/ceipdeponzos/webcentro/actividades_lim/magosto/magosto.html http://actividadeslim.nireblog.com/post/2010/10/11/outono-samain http://limsrainhaaragonta.blogspot.com/2010/12/lim-do-magosto.html http://dl.dropbox.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html