O magosto :

A palabra ma gosto, ademais doutr os significados dir ectamente
r elacionados, designa unha celebr ación festiva e popular, tr adicional en
toda Galicia, or ganizada en tor no á r ecollida das castañas. O magosto
realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en
Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, san
Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda
quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono
por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros
produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.


Orixes
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai
vir do latín magnus ustus, gran fogueira, dentro dos cultos ígneos que, como a
noite de San Xoán, marcaban o paso das estacións [1]; outros, de magnus, que
significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta mag,
campo. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun gran boneco ou
espantallo feito entramando ponlas e que simbolicamente presidía a festa e
finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de
castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se
fai nalgunhas outras fisterras atlánticas.




Refráns , cantigas ...
Cantigas:
     Acabáronse as vendimias/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/
     catro castañas asadas.
     Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ no hai ruín viño.
     Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto,/ non chas quero,
     non chas quero,/ que me cheiran ó chamosco.
Refráns:
     As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
     Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
     Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
     Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara.
     Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
     Polo san Martiño, castañas e viño.
Imaxén de unhas castañas asadas

o magosto

  • 1.
    O magosto : Apalabra ma gosto, ademais doutr os significados dir ectamente r elacionados, designa unha celebr ación festiva e popular, tr adicional en toda Galicia, or ganizada en tor no á r ecollida das castañas. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas. Orixes Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín magnus ustus, gran fogueira, dentro dos cultos ígneos que, como a noite de San Xoán, marcaban o paso das estacións [1]; outros, de magnus, que significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta mag, campo. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun gran boneco ou espantallo feito entramando ponlas e que simbolicamente presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras atlánticas. Refráns , cantigas ... Cantigas: Acabáronse as vendimias/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas. Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ no hai ruín viño. Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto,/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran ó chamosco. Refráns: As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro. Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño. Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño. Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara. Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas. Polo san Martiño, castañas e viño.
  • 2.
    Imaxén de unhascastañas asadas