O magosto:
O magosto :



A palabra magosto, ademais doutros significados directamente relacionados,
designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia,
organizada en torno á recollida das castañas. O magosto realizábase
tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense,
por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, san Martiño. Na
actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de
outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por
excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos
elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco
adoitan faltar as sardiñas asadas.


                                      Orixes
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai
vir do latín magnus ustus, gran fogueira, dentro dos cultos ígneos que, como a
noite de San Xoán, marcaban o paso das estacións [1]; outros, de magnus, que
significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta mag,
campo. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun gran boneco ou
espantallo feito entramando ponlas e que simbolicamente presidía a festa e
finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de
castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se
fai nalgunhas outras fisterras atlánticas.



                              Refráns , cantigas ...

Cantigas:
      Acabáronse as vendimias/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/
      catro castañas asadas.
      Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ no hai ruín viño .
      Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto,/ non chas quero,
      non chas quero,/ que me cheiran ó chamosco.
Refráns:
      As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
      Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
      Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
      Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara.
      Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
      Polo san Martiño, castañas e viño.

Imaxén de unhas castañas asadas

Magosto

  • 1.
  • 2.
    O magosto : Apalabra magosto, ademais doutros significados directamente relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas. Orixes Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín magnus ustus, gran fogueira, dentro dos cultos ígneos que, como a noite de San Xoán, marcaban o paso das estacións [1]; outros, de magnus, que significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta mag, campo. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun gran boneco ou espantallo feito entramando ponlas e que simbolicamente presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras atlánticas. Refráns , cantigas ... Cantigas: Acabáronse as vendimias/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas. Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ no hai ruín viño . Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto,/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran ó chamosco. Refráns: As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro. Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño. Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño. Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara. Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas. Polo san Martiño, castañas e viño. Imaxén de unhas castañas asadas