SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
OSSOUTOS
           Puertas
          de
          DeGalicia
amilias
OSSOUTOS
 Puertas
de
DeGalicia
Unidade didáctica dirixida a familias
moitos soutos son cultivos de castineiros
Parece ser que foron os romanos que chegaron a estas terras os que nos acostu-
maron a cultivar os castiñeiros. Desde aquela, os labores de poda, enxerto e roza
do sotobosque fixeron que os castiñeiros colleran forza e gañasen terreo a outras
árbores que estaban antes ca eles. Sabedes a que árbores nos referimos?




                                     Fagus sylvatica




    Quercus suber
                                                                 Quercus robur




  Alnus glutinosa                 Quercus pyrenaica     Fraxinus angustifolia



 Cerquiño           Sobreira   Ameneiro      Carballo     Faia            Freixo

Enriba tedes as follas dalgunhas destas árbores cos seus nomes científicos e
máis abaixo os nomes comúns. Retámosvos a que as emparelledes e busquedes
arredor vosa a ver se sodes quen de identificar cada árbore. Non ha de ser
difícil! Seguro que algunha xa a coñeciades... Pero lembrade que no outono
algunhas mudan de cor e caen...
as follas do castineiro caen no outono
Ao ser unha árbore de folla caduca, o castiñeiro perde as follas entre o
comezo do outono e a primavera. Faino para prepararse para o inverno, cando
as cousas se lle poñen máis difíciles: hai menos horas de luz, fai máis frío...
Entón decide tirar coas follas, quitándolle antes os nutrintes que conteñen,
porque lle resulta máis custoso mantelas na árbore que non telas. Así agarda en
repouso invernal ata que chegue a primavera e a situación mude.
Polo tanto, o final do verán é a mellor época para nos aproveitar das múltiples
posibilidades que nos ofrecen as follas do castiñeiro. Unha delas é esta que vos
propoñemos: un pucho de follas de castiñeiro para tornar as últimas raiolas do
sol! Xa o facían os nosos avós, así que debe ser efectivo... Seguro que entre todos
dades argallado un para cada un!

Collede unha presada de follas das     1)
que inda teñen cor verde (1).
Xuntade tamén unha manchadiña          2)
de faísca de piñeiro, tamén verde
(2). Hannos servir de agullas e fío
para “coser” o gorro.
Agora xuntade as follas poñéndoas      3)
sobre unha superficie plana coas
puntas unidas coma se fose unha
estrela (3). Dependendo do
tamaño das cabezas, deberemos
xuntar máis ou menos follas.
Unimos as follas polo dereito aca-     4)
balgando unhas enriba das outras
ata formar un casquete esférico.
Nese momento cosémolas coas
faíscas (4).
Para rematar, cosemos ao cas-          5)
quete outras follas en horizontal a
modo de remate (5). E xa tendes
o gorro preparado para andar ao
sol o tempo que gustedes...
hai mais animais que nos nos soutos
Nos buratos que se forman no tronco dos castiñeiros vellos moitos animais crían,
abríganse ou gardan o alimento. Polo chan dos soutos camiñan, saltan, arras-
téxanse ou nadan nalgunha poza outros moitos animais. Por se non os coñecedes
todos, propoñémosvos que resolvas esta encrucillada.

                                                               É unha especie ameazada!
   Garda a comida
   nos buratos dos
   troncos vellos                                                                         Fai o niño nos
                                                     P                                    buratos dos
                                                                                          troncos vellos
                                                     E



                              A Xunta de Galicia         Pode poñer
                                vén de declarala         os ovos nas
                                      Vulnerable     F   pozas de rego


                     R                             R R       B                                              L
                                                     M
En Galicia só
a atopamos
nesta zona
                                                     G                              N         Refúxianse
                                                                                              nos buratos
                                                                                              dos troncos
                              P


                                   R                                                 M
          Podemos atopalas
          nas pozas de rego
os soutos forman parte da aldea
Nunha economía agraria tradicional, os soutos teñen un papel fundamental,
xunto coa horta e a cabana gandeira. A poucos metros das casas, a xente do rural
abastécese de castañas, madeira, leña, produtos hortícolas frescos, fariña para
facer pan e carne. É un modelo de sociedade certamente autoxestionada, non cres?
Malia os tempos mudar o noso modo de vida, moitas aldeas, coma estas do sureste
de Ourense, conservan inda a estrutura que lles permitiu sobrevivir. Se vos fixades,
arredor vosa seguramente poidades identificar as unidades que se amosan nesta
imaxe. Veña, inténtadeo!



SOUTO
CASAS
HORTA
GANDO



É por iso que as castañas e os soutos foron introducíndose na nosa cultura case
dende que existimos como pobo. Unha mostra disto é a cantidade de ditos, refráns,
cantigas, adiviñas... que existen na nosa tradición oral arredor da castaña. Ti
coñeces algún? A ver se es quen de resolver estas adiviñas que che amosamos!
               Alta estou,                   Alto estou,
               ladrón vexo vir,              barbas de ouro teño
               e do meu cacholiño            e se me río
               non hei de saír.              perdo canto teño.

               Altos pais,                   Ben cocida,
               capeludas nais,               ben asada,
               fillos tirafoles,             ben no pote,
               adiviña se é que podes.       fermentada
(Aconsellámosvos que, de non dar coa solución, consultedes a algunha persoa do
lugar, sobre todo os de máis idade)
as castanas sabenche ben
Antigamente a castaña era un dos puntais básicos da alimentación en toda
Europa. Coa chegada da pataca e do millo ficou nun segundo plano, mais seguen
a ser innegables as súas propiedades nutritivas e o seu sabor esquisito. De
feito, a castaña é un dos froitos secos que menos calorías ten e, pola contra,
aporta un alto contido en nutrintes coma o potasio e é unha fonte importante de
proteínas e hidratos de carbono.
Estas propiedades apenas varían segundo o tipo de castaña de que se trate, mais hai
xente que se decanta por unha ou outra polo seu sabor. Nesta zona hai moitas varie-
dades de castañas, algunhas con nomes ben peculiares. Para que vos vaiades fami-
liarizando con eles, propoñémosvos que localicedes as variedades da columna da
esquerda nesta sopa de letras.

RAPADO
AMARELANTE              A   F A   LN   AF AV ABL F AA            ASD     A   E
INXERTO                 T   P T   AP   PTTTRAPADO                TKR     T   A
FAMOSA                  Q   Q G   GQ   N Q A Q MH Q MG Q         QQD     K   Q
LONGAL                  B   L L   NL   FL LE TNAL ER             AMA     A   A
PIÑEIRA                 A   A A   LA   BA AT AA DF AA            BA E    A   A
                        T   L T   AT   S E E T HA PMF O          TTM     T   T
                        P   O Q   GQ   N Q K Q Q I Q O MQ        NQQ     M   O
                        B   N L   NL   LL LOTNAOAR               L MB    A   A
                        V   A V   OT   NEVNI VVSVV               PV V    I   V
                        C   N N   LN   NTI TEI HANN              BN N    E   N
                        A   A A   LK   AL F AGA L F AA           AUA     A   C
                        T   S T   KT   T F I TPB MA D O          TTI     S   T
                        Q   WQ    HQ   NCWSQB QMGQ               LQQ     Q   P
                        L   L L   ML   L L L OTN AOAF            AMA     D   A
                        V   V V   OT   RE X NI V VS V V          VDV     V   C
                        N   D N   LD   NP I ÑE I RA NN           CDC     N   N
E para rematar, o aconsellable é facerse cunhas castañas dalgún produtor ou pro-
dutora local e entre todos preparar unha receita saborosa. Nós propoñémosvos
esta que está considerada unha delicatessen, o marron glacé, mais hai outras
moitas igual de sabedeiras.
Ides precisar:
1/2 Kg de castañas
1/2 Kg de azúcar
Unha vaina de vainilla
Facede un pequeno corte nas castañas e poñédeas nunha pota con auga quente ao
lume durante 10 minutos. Quitádelles a pel máis fina e deixádeas cocer ata que
estean brandiñas.
Mentres tanto, preparade un almibre con 3/4 litros de auga, o azúcar e a vainilla
nunha pota a lume medio durante 15 minutos. Despois engadide as castañas e cocé-
deas nesa auga 15 minutos máis a lume baixo. Sacádeas da pota e deixádesas
repousar un día enteiro.
Ao outro día, colocádeas nunha bandexa e metédeas no forno 20 minutos a 125ºC.
Sacádeas, deixádeas enfriar e xa podedes comelas.
Bo proveito!
se queredes ver algún dos soutos mellor
conservados de Galicia, podedes atopalos
         en Puertas de Galicia
           www.puertasdegalicia.com
           Teléfono visitas guiadas:
               698 16 63 64
Deseño, maquetación e elaboración de contidos:

             Habitaq, S.L.
Ud familias
Ud familias

More Related Content

Similar to Ud familias

A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadesA Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadescigformacion
 
Cousas das Cousas VI (adiviñas de palabras)
Cousas das Cousas VI  (adiviñas de palabras)Cousas das Cousas VI  (adiviñas de palabras)
Cousas das Cousas VI (adiviñas de palabras)MonContos
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Bibliotecadicoruna
 
Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
 Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinasceipabanqueiro
 
Conecemento medio 2 Primaria B.pdf
Conecemento medio 2 Primaria B.pdfConecemento medio 2 Primaria B.pdf
Conecemento medio 2 Primaria B.pdfmaeseolivares
 

Similar to Ud familias (11)

A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadesA Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
 
O magosto
O magostoO magosto
O magosto
 
Ud 4a8 anos
Ud 4a8 anosUd 4a8 anos
Ud 4a8 anos
 
Tríptico 1º pr
Tríptico 1º prTríptico 1º pr
Tríptico 1º pr
 
O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador ud
 
Cousas das Cousas VI (adiviñas de palabras)
Cousas das Cousas VI  (adiviñas de palabras)Cousas das Cousas VI  (adiviñas de palabras)
Cousas das Cousas VI (adiviñas de palabras)
 
Ud 8a12 anos
Ud 8a12 anosUd 8a12 anos
Ud 8a12 anos
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
 
Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
 Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
 
Conecemento medio 2 Primaria B.pdf
Conecemento medio 2 Primaria B.pdfConecemento medio 2 Primaria B.pdf
Conecemento medio 2 Primaria B.pdf
 
Boletin 6º 2017
Boletin 6º 2017Boletin 6º 2017
Boletin 6º 2017
 

More from Puertas de Galicia

More from Puertas de Galicia (14)

Promoción feira viño Monterrei 2013
Promoción feira viño Monterrei 2013Promoción feira viño Monterrei 2013
Promoción feira viño Monterrei 2013
 
Feira Pemento Oímbra
Feira Pemento OímbraFeira Pemento Oímbra
Feira Pemento Oímbra
 
Enoturismo verín monterrei
Enoturismo verín monterreiEnoturismo verín monterrei
Enoturismo verín monterrei
 
Guía Turística Puertas de Galicia
Guía Turística Puertas de GaliciaGuía Turística Puertas de Galicia
Guía Turística Puertas de Galicia
 
Votaciones concurso taza
Votaciones concurso tazaVotaciones concurso taza
Votaciones concurso taza
 
Guía turística
Guía turísticaGuía turística
Guía turística
 
Programa feira castaña_cogumelo_rios2012_a3_baixa_calidade
Programa feira castaña_cogumelo_rios2012_a3_baixa_calidadePrograma feira castaña_cogumelo_rios2012_a3_baixa_calidade
Programa feira castaña_cogumelo_rios2012_a3_baixa_calidade
 
Guia natural
Guia naturalGuia natural
Guia natural
 
Guia olimpiada gastronomica
Guia olimpiada gastronomicaGuia olimpiada gastronomica
Guia olimpiada gastronomica
 
Ofertas especiales carnaval 2012
Ofertas especiales carnaval 2012Ofertas especiales carnaval 2012
Ofertas especiales carnaval 2012
 
Calendario entroido 2012
Calendario entroido 2012Calendario entroido 2012
Calendario entroido 2012
 
Rutas en automovil
Rutas en automovilRutas en automovil
Rutas en automovil
 
Gastronomía de Entroido
Gastronomía de EntroidoGastronomía de Entroido
Gastronomía de Entroido
 
Escapadas carnavales
Escapadas carnavalesEscapadas carnavales
Escapadas carnavales
 

Ud familias

  • 1. OSSOUTOS Puertas de DeGalicia amilias
  • 3. moitos soutos son cultivos de castineiros Parece ser que foron os romanos que chegaron a estas terras os que nos acostu- maron a cultivar os castiñeiros. Desde aquela, os labores de poda, enxerto e roza do sotobosque fixeron que os castiñeiros colleran forza e gañasen terreo a outras árbores que estaban antes ca eles. Sabedes a que árbores nos referimos? Fagus sylvatica Quercus suber Quercus robur Alnus glutinosa Quercus pyrenaica Fraxinus angustifolia Cerquiño Sobreira Ameneiro Carballo Faia Freixo Enriba tedes as follas dalgunhas destas árbores cos seus nomes científicos e máis abaixo os nomes comúns. Retámosvos a que as emparelledes e busquedes arredor vosa a ver se sodes quen de identificar cada árbore. Non ha de ser difícil! Seguro que algunha xa a coñeciades... Pero lembrade que no outono algunhas mudan de cor e caen...
  • 4. as follas do castineiro caen no outono Ao ser unha árbore de folla caduca, o castiñeiro perde as follas entre o comezo do outono e a primavera. Faino para prepararse para o inverno, cando as cousas se lle poñen máis difíciles: hai menos horas de luz, fai máis frío... Entón decide tirar coas follas, quitándolle antes os nutrintes que conteñen, porque lle resulta máis custoso mantelas na árbore que non telas. Así agarda en repouso invernal ata que chegue a primavera e a situación mude. Polo tanto, o final do verán é a mellor época para nos aproveitar das múltiples posibilidades que nos ofrecen as follas do castiñeiro. Unha delas é esta que vos propoñemos: un pucho de follas de castiñeiro para tornar as últimas raiolas do sol! Xa o facían os nosos avós, así que debe ser efectivo... Seguro que entre todos dades argallado un para cada un! Collede unha presada de follas das 1) que inda teñen cor verde (1). Xuntade tamén unha manchadiña 2) de faísca de piñeiro, tamén verde (2). Hannos servir de agullas e fío para “coser” o gorro. Agora xuntade as follas poñéndoas 3) sobre unha superficie plana coas puntas unidas coma se fose unha estrela (3). Dependendo do tamaño das cabezas, deberemos xuntar máis ou menos follas. Unimos as follas polo dereito aca- 4) balgando unhas enriba das outras ata formar un casquete esférico. Nese momento cosémolas coas faíscas (4). Para rematar, cosemos ao cas- 5) quete outras follas en horizontal a modo de remate (5). E xa tendes o gorro preparado para andar ao sol o tempo que gustedes...
  • 5. hai mais animais que nos nos soutos Nos buratos que se forman no tronco dos castiñeiros vellos moitos animais crían, abríganse ou gardan o alimento. Polo chan dos soutos camiñan, saltan, arras- téxanse ou nadan nalgunha poza outros moitos animais. Por se non os coñecedes todos, propoñémosvos que resolvas esta encrucillada. É unha especie ameazada! Garda a comida nos buratos dos troncos vellos Fai o niño nos P buratos dos troncos vellos E A Xunta de Galicia Pode poñer vén de declarala os ovos nas Vulnerable F pozas de rego R R R B L M En Galicia só a atopamos nesta zona G N Refúxianse nos buratos dos troncos P R M Podemos atopalas nas pozas de rego
  • 6. os soutos forman parte da aldea Nunha economía agraria tradicional, os soutos teñen un papel fundamental, xunto coa horta e a cabana gandeira. A poucos metros das casas, a xente do rural abastécese de castañas, madeira, leña, produtos hortícolas frescos, fariña para facer pan e carne. É un modelo de sociedade certamente autoxestionada, non cres? Malia os tempos mudar o noso modo de vida, moitas aldeas, coma estas do sureste de Ourense, conservan inda a estrutura que lles permitiu sobrevivir. Se vos fixades, arredor vosa seguramente poidades identificar as unidades que se amosan nesta imaxe. Veña, inténtadeo! SOUTO CASAS HORTA GANDO É por iso que as castañas e os soutos foron introducíndose na nosa cultura case dende que existimos como pobo. Unha mostra disto é a cantidade de ditos, refráns, cantigas, adiviñas... que existen na nosa tradición oral arredor da castaña. Ti coñeces algún? A ver se es quen de resolver estas adiviñas que che amosamos! Alta estou, Alto estou, ladrón vexo vir, barbas de ouro teño e do meu cacholiño e se me río non hei de saír. perdo canto teño. Altos pais, Ben cocida, capeludas nais, ben asada, fillos tirafoles, ben no pote, adiviña se é que podes. fermentada (Aconsellámosvos que, de non dar coa solución, consultedes a algunha persoa do lugar, sobre todo os de máis idade)
  • 7. as castanas sabenche ben Antigamente a castaña era un dos puntais básicos da alimentación en toda Europa. Coa chegada da pataca e do millo ficou nun segundo plano, mais seguen a ser innegables as súas propiedades nutritivas e o seu sabor esquisito. De feito, a castaña é un dos froitos secos que menos calorías ten e, pola contra, aporta un alto contido en nutrintes coma o potasio e é unha fonte importante de proteínas e hidratos de carbono. Estas propiedades apenas varían segundo o tipo de castaña de que se trate, mais hai xente que se decanta por unha ou outra polo seu sabor. Nesta zona hai moitas varie- dades de castañas, algunhas con nomes ben peculiares. Para que vos vaiades fami- liarizando con eles, propoñémosvos que localicedes as variedades da columna da esquerda nesta sopa de letras. RAPADO AMARELANTE A F A LN AF AV ABL F AA ASD A E INXERTO T P T AP PTTTRAPADO TKR T A FAMOSA Q Q G GQ N Q A Q MH Q MG Q QQD K Q LONGAL B L L NL FL LE TNAL ER AMA A A PIÑEIRA A A A LA BA AT AA DF AA BA E A A T L T AT S E E T HA PMF O TTM T T P O Q GQ N Q K Q Q I Q O MQ NQQ M O B N L NL LL LOTNAOAR L MB A A V A V OT NEVNI VVSVV PV V I V C N N LN NTI TEI HANN BN N E N A A A LK AL F AGA L F AA AUA A C T S T KT T F I TPB MA D O TTI S T Q WQ HQ NCWSQB QMGQ LQQ Q P L L L ML L L L OTN AOAF AMA D A V V V OT RE X NI V VS V V VDV V C N D N LD NP I ÑE I RA NN CDC N N
  • 8. E para rematar, o aconsellable é facerse cunhas castañas dalgún produtor ou pro- dutora local e entre todos preparar unha receita saborosa. Nós propoñémosvos esta que está considerada unha delicatessen, o marron glacé, mais hai outras moitas igual de sabedeiras. Ides precisar: 1/2 Kg de castañas 1/2 Kg de azúcar Unha vaina de vainilla Facede un pequeno corte nas castañas e poñédeas nunha pota con auga quente ao lume durante 10 minutos. Quitádelles a pel máis fina e deixádeas cocer ata que estean brandiñas. Mentres tanto, preparade un almibre con 3/4 litros de auga, o azúcar e a vainilla nunha pota a lume medio durante 15 minutos. Despois engadide as castañas e cocé- deas nesa auga 15 minutos máis a lume baixo. Sacádeas da pota e deixádesas repousar un día enteiro. Ao outro día, colocádeas nunha bandexa e metédeas no forno 20 minutos a 125ºC. Sacádeas, deixádeas enfriar e xa podedes comelas. Bo proveito!
  • 9. se queredes ver algún dos soutos mellor conservados de Galicia, podedes atopalos en Puertas de Galicia www.puertasdegalicia.com Teléfono visitas guiadas: 698 16 63 64
  • 10. Deseño, maquetación e elaboración de contidos: Habitaq, S.L.