Presentación sobre a celebración do Magosto en Galicia, a importancia da castaña na alimentación, a colleita, o castiñeiro e o seu valor, tanto ecolóxico como económico.
Guía natural desarrollada para la campaña "Os Soutos de Puertas de Galicia" que coincide con la temporada de castaña, recurso natural base de las Comarcas de Verín y Viana.
Solucionario da ximcana de Caión realizada no encontro IES Agra de Leborís (A Laracha) e IES Monelos (A Coruña) con alumnado de 1º ESO de ambolos dous centros. 6/5/2024
2. Castañas de Galicia
• A denominación Castaña de Galicia
resérvase aos froitos obtidos a partir
dos cultivares autóctonos galegos do
castiñeiro europeo (Castanea sativa,
Mill) destinados ao consumo humano e
comercializado en fresco ou
conxelado.
• Localización: o ámbito espacial da
indicación xeográfica protexida
comprende o territorio galego que se
atopa delimitado ao oeste pola Dorsal
Central Galega e pola Serra do Xistral
no norte.
4. • A zona de
cultivo e
recolección
abrangue:
• Provincia da
Coruña: a Terra
de Melide e os
concellos de
Arzúa e
Boimorto.
• Toda a
provincia de
Lugo (a
excepción da
Mariña)
• A totalidade da
provincia de
Ourense.
• Provincia de
Pontevedra:
comarcas do
Deza e de
Tabeirós-Terra
de Montes, os
concellos de
Cotobade, A
Lama e Campo
Lameiro e
Cuntis
5. Castañas de Galicia
• Características:
• Pericarpio fino, de cor marrón clara e
brillante.
• Epispermo (membrana) fino que
penetra lixeiramente na semente e que
se separa facilmente ao pelar a
castaña.
• Sabor doce e textura firme non
fariñenta.
• Humidade: unha vez colleitado, o
froito terá entre o 50 e 60% de
humidade.
8. O magosto
• Realizábase tradicionalmente o 1º de
novembro, día de Tódolos Santos, se ben en
Ourense, por maduraren máis tarde as
castañas atrasouse ata o día 11, san Mariño.
Na actualidade celébrase en calquera data
comprendida entre a segunda quincena de
outubro e a primeira de novembro,
converténdose na festa de outono por
excelencia, e incorpóranse diversos
alimentos, coma chourizos e outros produtos
elaborados nas matanzas do porco
coincidentes con estas datas.
9.
10. O magosto
• Celebrábase tradicionalmente nun
claro do mesmo souto, comezando a
primeira hora da tarde coa recollida de
leña e castañas. Facíase unha ou
varias fogueiras con paus e frouma
para conseguir brasas dabondo para
asar as castañas; outras veces era na
eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na
cociña da casa e os mozos na rúa. Era
costume que as mozas trouxeran as
castañas e os mozos o viño, noutros
casos os mozos achegaban todo e as
mozas ían convidadas.
11.
12. O magosto
• Aínda que había que picar (ou sinalar)
as castañas antes de botalas nas
brasas, non faltaba quen botaba
algunha enteira, para que estoupase na
cara de quen as andaba a remexer,
cousa que os participantes celebraban
lanzando aturuxos. Por fin, no remate
da festa, os máis rapaces xogaban a
tisnarse coas mans cheas de feluxe
mentres que mozos e adultos
cantaban, bailaban e saltaban a
fogueira.
14. O magosto
orixes
• Existen varias teorías para explicar a
etimoloxía da palabra. Hai quen a fai
vir do latín magnus ustus, gran
fogueira, dentro dos cultos do lume
que, como a noite de san Xoán,
marcaban o paso das estacións; outros,
de magnus, que signficaría ou ben
magno, grande ou ben mago, maxia; e
outros do celta mag, campo ou magon
(grande luz).
15.
16. O magosto
orixes
• En calquera caso existe coincidencia
en considerar os magostos como unha
festa de orixe pagá, relacionada coa
fecundidade e o folclore do lume que
marca o paso dos ciclos agrícolas, a
modo de simbolismo de peche do ciclo
solar. Como aconteceu con outras
festividades pagás, terminou sendo
cristianizada asociándoa ós Santos e
Defuntos ou a San Mariño de Tours.
17.
18. Refraneiro e cantigas
•As castñas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro
•Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño
•Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín
viño
•Fiate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á
cara
•Polo san Mariño, castañas e viño.
•Se o mes de agosto ben claro, bo magosto e bo nabo; se
vén nubrado poucas castañas e nabos furados.
•Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas/ para
comer coas mozas/ catro castañas asadas.
•Non chas quero, non chas quero/ castañas do teu
magosto/ non chas quero, non chas quero/ que me
cheiran ó chamosco.