SlideShare a Scribd company logo
www.ccooxustiza.com 
1 Edición 1034 www.ccooxustiza.com 7 de outubro de 2014 
Mesa sectorial: CCOO non avala cheques en branco 
O pasado xoves día 2 de outubro tivo lugar unha Mesa Sectorial na que figuraban na orde do día a RPT da Nova oficina Fiscal e os Servizos Común Xerais, anticipo da Nova oficina Xudicial. 
Nada cambiaba respecto á anterior mesa, que tivo lugar en xuño. Daquela, as organizacións sindicais, por unanimidade, reclamaban da Dirección Xeral unha negociación real, xa que ningunha das alegacións á Nova oficina fiscal foron recollidas e o texto foi publicado tal e como se nos presentou dende o principio. O mesmo acontecía cos Servizos comúns xerais: a administración preséntanos un texto que é un marco xeral, para que deamos o visto e pracet e fagamos alegacións a unha normativa que non desenvolve unha relación de postos de traballo, que non ten dotación económica e que vai provocar un cambio substancial nas nosas condicións de traballo, estando en xogo tanto os aspectos retributivos, como a mobilidade funcional e incluso orgánica e que, ese decreto de servizos
www.ccooxustiza.com 
2 
comúns xerais non especifica, deixa oculto para unha negociación posterior, unha vez que sexa xa imposible darlle a volta a ese decreto. 
CCOO sempre estará na negociación que poda desenvolver un servizo público máis eficaz, unha xustiza áxil e eficiente, pero o que non estamos dispostos é a asinar cheques en branco, a negociar cunha administración que xoga coas cartas marcadas, tal e como aconteceu coa Nova oficina fiscal, que se presenta aos traballadores cun documento semigótico pero baleiro de contido e un proceso de acoplamento que xera máis dúbidas que certezas: 
- Non se recolleu nin unha das alegacións presentadas por ningunha organización sindical 
- Introdúcense as libres designacións para persoal de fóra da administración de xustiza, en total cinco prazas que supoñen de facto a destrución de cinco postos de traballo para os funcionarios de xustiza. No territorio Ministerio esas prazas, que rexeitamos de plano, están pechadas ao persoal de xustiza. 
- Non hai melloras retributivas, cando as RPT’s serven precisamente para adecuar e consolidar os complementos ás novas funcións. CCOO reivindicou a recuperación de todos os conceptos a niveis de 2010 (perda do IPC, desconto do 5%, desconto do CAT, desconto da extra) que era legalmente viable e que serviría de precedente para as RPT’s da NOX 
- Elimínase a posibilidade de facer gardas para os xestores; tras meses reclamando que non pode haber merma retributiva, a Dirección Xeral di agora que aqueles que podan percibir menos retribucións que antes da NOF abriráselles esa posibilidade, en función do que consinta o superior xerárquico: é dicir, unha chapuza á discreción do fiscal de turno. CCOO reivindica as gardas para todos nas mesmas condicións que antes desta NOF 
- Non hai incremento de persoal: contra o que ven anunciando nos medios a DXX, a consolidación non é un incremento cando son reforzos de larga duración, de máis de dez anos nalgún dos casos, é simplemente un cambio de denominación para unha figura paralegal que estaba asentada nas fiscalías. Eses 22 reforzos convertidos en prazas consolidadas están aínda moi lonxe da ratio de 1 funcionario por fiscal que establece a Fiscalía Xeral do Estado e o propio Decreto, polo que de incremento
www.ccooxustiza.com 
3 
NADA, e máis, se o Código Procesual Penal sae adiante e os Fiscais asumen toda a instrución, ese hipotético incremento estará a anos luz das necesidades das Fiscalías 
Respecto aos Servizos comúns xerais na anterior mesa sectorial CCOO manifestou que era unha volta atrás. Parece que levamos oíndo falar da Nova Oficina Xudicial dende tempos inmemoriais, e que ven sendo unha manobra de distracción para tapar as miserias da Xustiza ante os medios de comunicación. En xuño, en mesa sectorial, CCOO reafirmouse nunha folla sindical de 2010, onde todas as organizacións sindicais negábanse a negociar un texto xenérico, sen dotación económica e demandaban a presenza do Conselleiro Rueda na mesma. Tanto CCOO como os outros catro sindicatos con representación na mesa sectorial ratificáronse na mesma e avalaron a súa vixencia: sen desenvolvemento no que respecta ás condicións laborais e medios económicos non hai negociación posible. 
Nesta mesa de negociación as condicións seguían a ser as mesmas: preséntasenos un texto que é un marco xenérico, que calquera podería avalar, senón fose porque coñecemos a mala praxe da administración, e dar o visto bo a este decreto suporía entrar a cegas nunha negociación que pode traer mobilidades forzosas, mermas retributivas e un empeoramento das condicións laborais: baste ver a Nova Oficina Xudicial como está no ámbito Ministerio: foi tal o desaguisado que a propia Administración viuse obrigada a nomear reforzos para arranxar o caos que ela mesma creou coa implantación da Nova Oficina Xudicial. 
Polo tanto CCOO considera a presentación de alegacións un trámite vacuo, en tanto non se informe de se vai haber dotación orzamentaria para a Nova oficina xudicial (nos orzamentos 2013, 42.000 € para toda Galicia!) , até que non se nos transmita un modelo de RPT e unha memoria económica, e en tanto non coñezamos cales son as intencións da administración nos aspectos de mobilidade, baixo que criterios e con qué retribucións. Pola DXX asegúrase que se crearán prazas coas que se veñen amortizando por concurso nos contenciosos, audiencias, etc, pero esa afirmación por si soa non sirve, sen documentos, cifras e datos, con todas as cartas boca arriba, non hai negociación, senón un xogo de trileros para enmascarar a imposición propagandística.
www.ccooxustiza.com 
4 
CCOO mantén a presión para o cobro da paga extra 
As manobras procesuais dilatorias da Xunta, supoñen unha simple aprazamento fraudulento no acatamento da execución das sentenzas. CCOO continuará a presión xudicial na reivindicación dos dereitos, de xeito que a Xunta terá difícil explicar á cidadanía o malgasto de cartos públicos na interposición absurda de recursos ante o Supremo. 
CCOO mantén a presión xudicial, nesta semana, nunha primeira quenda, presentaranse un centenar de reclamacións previas administrativas, que abren o prazo para a vía xudicial, co que agardamos en breve prazo ter máis de cen sentenzas favorables para o cobro da paga extra. Seguirá entón a Xunta de Galicia recorrendo e dilapidando os cartos achegados cos impostos de todos e todas? Acatará dunha vez as resolucións xudiciais que tanto demanda cumprir cando se trata de ratificar recortes de dereitos? Ou seguirán escudándose para non pagar Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza, en José María Barreiro, Director Xeral de Función Pública, este en Feijoo, Feijoo en Rajoy e Rajoy en Merkel? Haberá que demandar a Alemaña para cobrar a paga extraordinaria roubada en 2012?
www.ccooxustiza.com 
5 
A Xunta manterá os recursos para non devolver agora a extra aos funcionarios 
O director xeral de Función Pública subliña que están a actuar «dentro da máis estrita legalidade» 
La Voz de Galicia: O Goberno galego non ten previsto afrouxar no pulso que mantén cos funcionarios e empregados públicos pola supresión da paga extraordinaria de decembro do 2012 e onte confirmou a súa disposición a seguir recorrendo, sempre que sexa posible, os fallos xudiciais que a condenan a devolver a remuneración devengada. 
Esta é polo menos a información que o director xeral dá Función Pública, José María Barreiro, achegou onte á comisión institucional do Parlamento, onde subliñou que a Xunta está a actuar «dentro da máis estrita legalidade» coa súa decisión de presentarse en todos os preitos para preservar a «estabilidade orzamentaria», pois sen en algo insistiu Barreiro é que en existen «circunstancias excepcionais» para reducir nun período de crise o gasto en persoal da Administración. 
Barreiro respondeu deste xeito a unha pregunta da deputada do BNG Tereixa Paz, quen cifrou en 250 o número de sentenzas favorables a que os empregados públicos recuperen a súa paga extra, unha cuestión sobre a que tamén está chamado a pronunciarse o Tribunal Constitucional. Pero mentres o fallo do Constitucional non chega, Tereixa Paz cre que a Xunta debe «resolver esta situación» e empezar a abonar as pagas retidas, perspectiva que rexeitou de forma tallante o director xeral dá Función Pública. 
Os sindicatos cifran en 25 millóns o importe das devolucións que reclaman á Xunta pola parte da extra de decembro do 2012. Advirten que a esa cantidade, que correspondería ao importe devengado polos empregados antes da entrada en vigor da orde que retirou a paga, poderían sumarse outros 25 millóns por costas xudiciais, se o Goberno de Feijoo presenta recursos por cada empregado. As centrais preparan 400 demandas para intentar estender o criterio dos fallos xudiciais que recoñecen o dereito de traballadores a que se lles devolva a parte devengada desa extra. Aseguran que presentarán 400 máis se a Xunta insiste en esperar a que se pronuncie o Constitucional.
www.ccooxustiza.com 
6 
Concentración no acto de apertura do ano xudicial: 
RUEDA DIMISIÓN!! 
As centrais sindicais CCOO, UGT e CIG concentrámonos diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no día do acto de apertura do ano xudicial. Un ano xudicial que celebrarán cun viño español, xactándose do ben que marcha todo a costa dos salarios dos funcionarios e das súas condicións laborais. 
As grandes xerarquías políticas, xudiciais e militares deben ter medo a que lles contaxiemos a nosa rabia, xa que o desplegue policial foi totalmente desproporcionado e
www.ccooxustiza.com 
7 
intimidatorio, máis propio de réximes totalitaristas que dunha democracia que recoñece o dereito lexítimo de reunión e manifestación. 
A nosa intención era poñer de manifesto os recortes continuados en Xustiza durante os últimos anos, e facer entrega dunha carta coas nosas reivindicacións ao Conselleiro Rueda, pedindo non máis mentiras, a súa dimisión e a creación dunha Consellería específica de Xustiza, dado que a súa incompetencia é probada e manifesta. 
CARTA AO CONSELLEIRO RUEDA 
Ao Conselleiro de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela 
Os abaixo asinantes, delegados sindicais de CCOO, UGT e CiG, en representación dos máis de 2700 traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza, queren amosar a máis absoluta discrepancia coa xestión que está a facer o seu departamento con este servizo público nos últimos anos: 
- Infradotación de medios materiais e persoais: pese á pompa e boato coa que anuncia modernizacións e axilización nos procedementos, os que vivimos o día a día dos xulgados sabemos que a Xustiza está ao borde do colapso e o principal prexudicado é o cidadán, que non atopa satisfeito o seu dereito constitucional á tutela xudicial efectiva. Atrévense a falar da Nova oficina xudicial, cando orzamentariamente a dotan de tan só 42.000 € para toda Galicia, unha demostración palpable da súa hipocrisía 
- As infraestruturas, tamén publicitadas en visitas constantes a obras inacabadas, son insuficientes e mal conservadas. Exemplo palmario é a Fábrica de Tabacos, proxectada a súa posta en funcionamento para 2015 cando aínda non empezaron as obras. Os
www.ccooxustiza.com 
8 
Xulgados teñen problemas de espazo debido a súa neglixencia na implantación do expediente electrónico, que provoca unha acumulación de papel nos sotos dos edificios xudiciais, sen control sobre a protección de datos, conservación ou o deber de custodia 
- As condicións laborais dos funcionarios e funcionarias son nefastas, ata o punto de que retrocedemos varias décadas durante o seu mandado. Non só no aspecto retributivo, con supresión dunha paga extra en 2012, retirada do 4% da masa salarial en 2013 e 2014, conxelacións salariais,... senón tamén con aspectos que non supoñen aforro económico e si máis un ataque aos empregados públicos, na liña política de deterioro intencionado e desprestixio que favoreza futuras privatizacións: descontos nas nóminas por enfermar, incrementos na xornada laboral, perda de días de vacacións e de asuntos particulares, control case policial dos nosos movementos, etc. É dicir, colocar ao funcionario baixo a sospeita da lei de vagos e maleantes co fin de xustificar ante a sociedade os recortes 
- Os deseños prístinos da nova oficina fiscal e a oficina xudicial non nolos cremos: non hai dotación económica nin incremento de medios persoais e materiais, polo que consideramos que non é máis que un cambio nominativo que non vai arranxar ningún dos problemas estruturais da xustiza, e moito menos cando a súa implantación faise unilateralmente e sen consultar cos traballadores a través das organizacións sindicais, aplicando o rodillo e desprezando a boa fe negocial nas mesas sectoriais de xustiza 
Por todo isto, os abaixo asinantes, en representación de todo un colectivo, entregámoslle esta carta, como reprobación pola súa xestión, solicitándolle que polo ben da Administración de Xustiza presente a súa dimisión e que inste ao Presidente da Xunta a tomar as medidas oportunas para crear unha Consellería de Xustiza, con alguén á fronte que, ao menos, coñeza que representa a Xustiza como servizo público, a súa importancia para a cidadanía e para resolver os problemas acuciantes que esta crise xestionada a través de recorte tras recorte lles xerou.
www.ccooxustiza.com 
9 
Breves 
 Interinos: a resolución definitiva pola que se aproba a bolsa definitiva de interinos publicarase trala adxudicación definitiva do concurso de traslado, co fin de evitar distorsións nas bolsas 
 Oferta de emprego público: O Ministerio de Facenda inclúe a última hora Xustiza entre os sectores prioritarios nos que a taxa de reposición aumenta ao 50%. Se ben no Novas nº 1033 informábamos de que Xustiza non estaba entre os sectores nos que podería haber Oferta de emprego público, finalmente si foi incluída. A nosa afirmación non era baladí, estaba tomada dos datos da propia Moncloa, na Referencia publicada do Consello de Ministros do pasado venres, e da Mesa Xeral de Función Pública doxoves 25 de setembro, onde o Ministerio de Facenda non incluía Xustiza neses sectores prioritarios. Finalmente, Montoro rectifica e o artigo 21 da Ley de Orzamentos Xerais do Estado si inclúe Xustiza, polo que no ano 2015 é posible a unha Oferta de emprego público cunha taxa de reposición de ata o 50% das vacantes. Para CCOO sigue a ser totalmente insuficientes, xa que dende 2010 destruíronse 400.000 postos de traballo de empregados públicos. En Xustiza, na nosa comunidade, máis de 100 prazas foron amortizadas, as que, obviamente, non se inclúen nesa taxa de reposición e o colapso nos xulgados do social, mercantil e 1ª instancia pode considerarse xa estrutural e de difícil solución sen incrementos de medios persoais e materiais. 
CCOO quere recalcar algúns aspectos a ter en conta para que non se frustren as expectativas dos opositores e dos funcionarios que esperan reforzos nos seus xulgados: 
1.- O 50% é un tope máximo que non se pode sobrepasar, pero que non asegura a convocatoria e moito menos que se achegue a esa cifra 
2.- Esa taxa de reposición toma como referencia as vacantes producidas no 2014 por renuncia, xubilación, morte,... e non as vacantes globais, que nós calculamos nunhas
www.ccooxustiza.com 
10 
10.000. Neste punto é moi claro o artigo 21.3 da LPG, polo que a porcentaxe é enganosa, xa que non recolle as vacantes producidas dende o ano 2010, co que a reducción do cadro de persoal é evidente 
3.- O goberno pode decidir acumular toda a taxa nun só corpo, como aconteceu en anos anteriores, cando só convocou para o corpo de secretarios ou secretarios e xestión, pero non tramitación e auxilio. 
 Carriños de fiscalía: ao parecer, AMTEGA, unha entidade galega cun orzamento de 90 millóns de euros, está a preparar un visor informático para evitar os desprazamentos de pleitos dos xulgados ás fiscalías e viceversa. CCOO denunciou reiteradamente o tercermundismo da xustiza no traslado de expedientes e demanda que a solución sexa áxil e transparente, coa dotación económica que se vai empregar e con prazos marcados para coñecer o seu desenvolvemento 
 MUGEJU. Nesta semana comezamos a campaña nos centros de traballo das eleccións da MUGEJU, cos nosos candidatos Nicolau Santos e Juanma Amado avalados por CCOO, UGT e CIG. É imprescindible manter delegados na Mutualidade para evita recortes dun ente con superávit que queren dinamitar. 
 Concurso de traslado. Publicarase a finais de novembro a resolución definitiva segundo fontes do Ministerio que nos trasladan os compañeiros de Madrid 
 Consolidación prazas de reforzo en fiscalía: temos serias dúbidas de que a Administración teña a eficiencia suficiente para que estas prazas (22 de tramitación) entren no concurso xeral de 2015. CCOO presionará para que así sexa, e que se eviten dilacións innecesarias que prorroguen un ano máis a situación de prazas simuladas por medio de reforzos de longa duración 
 Calendario laboral: CCOO demanda a recuperación da semana reducida en Semana Santa, que representan sete horas e media que poden imputarse a unha bolsa de formación: xa que logo estamos saíndo da recesión é hora de recuperar os dereitos substraídos nas trincheiras, un a un.
www.ccooxustiza.com 
11 
. 
CCOO POR UNHA NOVA RESOLUCIÓN DE SUBSTITUCIÓNS!! 
A IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO! 
A QUENDA FEITA, QUENDA RETRIBUÍDA! 
NON MÁIS ATRIBUCIÓNS DE FUNCIÓNS ARBITRARIAS! 
NOVA REGULACIÓN DE COMISIÓNS DE SERVIZOS QUE PERMITA O ACCESO A PERSOAL DE FÓRA DA COMUNIDADE!!!
www.ccooxustiza.com 
12 
Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com 
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917 
Delegados/as: 
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com 
Ferrol Mati matildeav1@gmail.com 
Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com 
Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es 
Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com 
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com 
Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es

More Related Content

Viewers also liked

01 personal information 01
01 personal information 0101 personal information 01
01 personal information 01
Erika Oya
 
1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report
1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report
1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report
Stephanie Amedeo Marquez
 
Historia clínica bien hecha
Historia clínica bien hechaHistoria clínica bien hecha
Historia clínica bien hecha
annie1290
 
EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015
EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015
EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015
Epic Research Singapore
 
edad media
edad mediaedad media
edad media
Rolly huancahuari
 
Philosophy of Bullying PSY/105
Philosophy of Bullying PSY/105Philosophy of Bullying PSY/105
Philosophy of Bullying PSY/105
Rose Ezell
 

Viewers also liked (6)

01 personal information 01
01 personal information 0101 personal information 01
01 personal information 01
 
1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report
1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report
1829 20120126 Focused Visit Mandated - Team Report
 
Historia clínica bien hecha
Historia clínica bien hechaHistoria clínica bien hecha
Historia clínica bien hecha
 
EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015
EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015
EPIC RESEARCH SINGAPORE - Daily SGX Singapore report of 05 June 2015
 
edad media
edad mediaedad media
edad media
 
Philosophy of Bullying PSY/105
Philosophy of Bullying PSY/105Philosophy of Bullying PSY/105
Philosophy of Bullying PSY/105
 

Similar to Novas da xustiza nº1034 - CCOO

Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
CCOOXustiza
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.
CCOOXustiza
 
Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5comiteportos
 
Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nofCCOOXustiza
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
CCOOXustiza
 
Folla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorialFolla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorial
CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 

Similar to Novas da xustiza nº1034 - CCOO (20)

Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas 1023.
Novas 1023. Novas 1023.
Novas 1023.
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.
 
Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5
 
Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nof
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
 
Folla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorialFolla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorial
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 

More from CCOOXustiza

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
CCOOXustiza
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
CCOOXustiza
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
CCOOXustiza
 
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049
CCOOXustiza
 

More from CCOOXustiza (18)

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
 
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
 
Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049
 

Novas da xustiza nº1034 - CCOO

  • 1. www.ccooxustiza.com 1 Edición 1034 www.ccooxustiza.com 7 de outubro de 2014 Mesa sectorial: CCOO non avala cheques en branco O pasado xoves día 2 de outubro tivo lugar unha Mesa Sectorial na que figuraban na orde do día a RPT da Nova oficina Fiscal e os Servizos Común Xerais, anticipo da Nova oficina Xudicial. Nada cambiaba respecto á anterior mesa, que tivo lugar en xuño. Daquela, as organizacións sindicais, por unanimidade, reclamaban da Dirección Xeral unha negociación real, xa que ningunha das alegacións á Nova oficina fiscal foron recollidas e o texto foi publicado tal e como se nos presentou dende o principio. O mesmo acontecía cos Servizos comúns xerais: a administración preséntanos un texto que é un marco xeral, para que deamos o visto e pracet e fagamos alegacións a unha normativa que non desenvolve unha relación de postos de traballo, que non ten dotación económica e que vai provocar un cambio substancial nas nosas condicións de traballo, estando en xogo tanto os aspectos retributivos, como a mobilidade funcional e incluso orgánica e que, ese decreto de servizos
  • 2. www.ccooxustiza.com 2 comúns xerais non especifica, deixa oculto para unha negociación posterior, unha vez que sexa xa imposible darlle a volta a ese decreto. CCOO sempre estará na negociación que poda desenvolver un servizo público máis eficaz, unha xustiza áxil e eficiente, pero o que non estamos dispostos é a asinar cheques en branco, a negociar cunha administración que xoga coas cartas marcadas, tal e como aconteceu coa Nova oficina fiscal, que se presenta aos traballadores cun documento semigótico pero baleiro de contido e un proceso de acoplamento que xera máis dúbidas que certezas: - Non se recolleu nin unha das alegacións presentadas por ningunha organización sindical - Introdúcense as libres designacións para persoal de fóra da administración de xustiza, en total cinco prazas que supoñen de facto a destrución de cinco postos de traballo para os funcionarios de xustiza. No territorio Ministerio esas prazas, que rexeitamos de plano, están pechadas ao persoal de xustiza. - Non hai melloras retributivas, cando as RPT’s serven precisamente para adecuar e consolidar os complementos ás novas funcións. CCOO reivindicou a recuperación de todos os conceptos a niveis de 2010 (perda do IPC, desconto do 5%, desconto do CAT, desconto da extra) que era legalmente viable e que serviría de precedente para as RPT’s da NOX - Elimínase a posibilidade de facer gardas para os xestores; tras meses reclamando que non pode haber merma retributiva, a Dirección Xeral di agora que aqueles que podan percibir menos retribucións que antes da NOF abriráselles esa posibilidade, en función do que consinta o superior xerárquico: é dicir, unha chapuza á discreción do fiscal de turno. CCOO reivindica as gardas para todos nas mesmas condicións que antes desta NOF - Non hai incremento de persoal: contra o que ven anunciando nos medios a DXX, a consolidación non é un incremento cando son reforzos de larga duración, de máis de dez anos nalgún dos casos, é simplemente un cambio de denominación para unha figura paralegal que estaba asentada nas fiscalías. Eses 22 reforzos convertidos en prazas consolidadas están aínda moi lonxe da ratio de 1 funcionario por fiscal que establece a Fiscalía Xeral do Estado e o propio Decreto, polo que de incremento
  • 3. www.ccooxustiza.com 3 NADA, e máis, se o Código Procesual Penal sae adiante e os Fiscais asumen toda a instrución, ese hipotético incremento estará a anos luz das necesidades das Fiscalías Respecto aos Servizos comúns xerais na anterior mesa sectorial CCOO manifestou que era unha volta atrás. Parece que levamos oíndo falar da Nova Oficina Xudicial dende tempos inmemoriais, e que ven sendo unha manobra de distracción para tapar as miserias da Xustiza ante os medios de comunicación. En xuño, en mesa sectorial, CCOO reafirmouse nunha folla sindical de 2010, onde todas as organizacións sindicais negábanse a negociar un texto xenérico, sen dotación económica e demandaban a presenza do Conselleiro Rueda na mesma. Tanto CCOO como os outros catro sindicatos con representación na mesa sectorial ratificáronse na mesma e avalaron a súa vixencia: sen desenvolvemento no que respecta ás condicións laborais e medios económicos non hai negociación posible. Nesta mesa de negociación as condicións seguían a ser as mesmas: preséntasenos un texto que é un marco xenérico, que calquera podería avalar, senón fose porque coñecemos a mala praxe da administración, e dar o visto bo a este decreto suporía entrar a cegas nunha negociación que pode traer mobilidades forzosas, mermas retributivas e un empeoramento das condicións laborais: baste ver a Nova Oficina Xudicial como está no ámbito Ministerio: foi tal o desaguisado que a propia Administración viuse obrigada a nomear reforzos para arranxar o caos que ela mesma creou coa implantación da Nova Oficina Xudicial. Polo tanto CCOO considera a presentación de alegacións un trámite vacuo, en tanto non se informe de se vai haber dotación orzamentaria para a Nova oficina xudicial (nos orzamentos 2013, 42.000 € para toda Galicia!) , até que non se nos transmita un modelo de RPT e unha memoria económica, e en tanto non coñezamos cales son as intencións da administración nos aspectos de mobilidade, baixo que criterios e con qué retribucións. Pola DXX asegúrase que se crearán prazas coas que se veñen amortizando por concurso nos contenciosos, audiencias, etc, pero esa afirmación por si soa non sirve, sen documentos, cifras e datos, con todas as cartas boca arriba, non hai negociación, senón un xogo de trileros para enmascarar a imposición propagandística.
  • 4. www.ccooxustiza.com 4 CCOO mantén a presión para o cobro da paga extra As manobras procesuais dilatorias da Xunta, supoñen unha simple aprazamento fraudulento no acatamento da execución das sentenzas. CCOO continuará a presión xudicial na reivindicación dos dereitos, de xeito que a Xunta terá difícil explicar á cidadanía o malgasto de cartos públicos na interposición absurda de recursos ante o Supremo. CCOO mantén a presión xudicial, nesta semana, nunha primeira quenda, presentaranse un centenar de reclamacións previas administrativas, que abren o prazo para a vía xudicial, co que agardamos en breve prazo ter máis de cen sentenzas favorables para o cobro da paga extra. Seguirá entón a Xunta de Galicia recorrendo e dilapidando os cartos achegados cos impostos de todos e todas? Acatará dunha vez as resolucións xudiciais que tanto demanda cumprir cando se trata de ratificar recortes de dereitos? Ou seguirán escudándose para non pagar Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza, en José María Barreiro, Director Xeral de Función Pública, este en Feijoo, Feijoo en Rajoy e Rajoy en Merkel? Haberá que demandar a Alemaña para cobrar a paga extraordinaria roubada en 2012?
  • 5. www.ccooxustiza.com 5 A Xunta manterá os recursos para non devolver agora a extra aos funcionarios O director xeral de Función Pública subliña que están a actuar «dentro da máis estrita legalidade» La Voz de Galicia: O Goberno galego non ten previsto afrouxar no pulso que mantén cos funcionarios e empregados públicos pola supresión da paga extraordinaria de decembro do 2012 e onte confirmou a súa disposición a seguir recorrendo, sempre que sexa posible, os fallos xudiciais que a condenan a devolver a remuneración devengada. Esta é polo menos a información que o director xeral dá Función Pública, José María Barreiro, achegou onte á comisión institucional do Parlamento, onde subliñou que a Xunta está a actuar «dentro da máis estrita legalidade» coa súa decisión de presentarse en todos os preitos para preservar a «estabilidade orzamentaria», pois sen en algo insistiu Barreiro é que en existen «circunstancias excepcionais» para reducir nun período de crise o gasto en persoal da Administración. Barreiro respondeu deste xeito a unha pregunta da deputada do BNG Tereixa Paz, quen cifrou en 250 o número de sentenzas favorables a que os empregados públicos recuperen a súa paga extra, unha cuestión sobre a que tamén está chamado a pronunciarse o Tribunal Constitucional. Pero mentres o fallo do Constitucional non chega, Tereixa Paz cre que a Xunta debe «resolver esta situación» e empezar a abonar as pagas retidas, perspectiva que rexeitou de forma tallante o director xeral dá Función Pública. Os sindicatos cifran en 25 millóns o importe das devolucións que reclaman á Xunta pola parte da extra de decembro do 2012. Advirten que a esa cantidade, que correspondería ao importe devengado polos empregados antes da entrada en vigor da orde que retirou a paga, poderían sumarse outros 25 millóns por costas xudiciais, se o Goberno de Feijoo presenta recursos por cada empregado. As centrais preparan 400 demandas para intentar estender o criterio dos fallos xudiciais que recoñecen o dereito de traballadores a que se lles devolva a parte devengada desa extra. Aseguran que presentarán 400 máis se a Xunta insiste en esperar a que se pronuncie o Constitucional.
  • 6. www.ccooxustiza.com 6 Concentración no acto de apertura do ano xudicial: RUEDA DIMISIÓN!! As centrais sindicais CCOO, UGT e CIG concentrámonos diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no día do acto de apertura do ano xudicial. Un ano xudicial que celebrarán cun viño español, xactándose do ben que marcha todo a costa dos salarios dos funcionarios e das súas condicións laborais. As grandes xerarquías políticas, xudiciais e militares deben ter medo a que lles contaxiemos a nosa rabia, xa que o desplegue policial foi totalmente desproporcionado e
  • 7. www.ccooxustiza.com 7 intimidatorio, máis propio de réximes totalitaristas que dunha democracia que recoñece o dereito lexítimo de reunión e manifestación. A nosa intención era poñer de manifesto os recortes continuados en Xustiza durante os últimos anos, e facer entrega dunha carta coas nosas reivindicacións ao Conselleiro Rueda, pedindo non máis mentiras, a súa dimisión e a creación dunha Consellería específica de Xustiza, dado que a súa incompetencia é probada e manifesta. CARTA AO CONSELLEIRO RUEDA Ao Conselleiro de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela Os abaixo asinantes, delegados sindicais de CCOO, UGT e CiG, en representación dos máis de 2700 traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza, queren amosar a máis absoluta discrepancia coa xestión que está a facer o seu departamento con este servizo público nos últimos anos: - Infradotación de medios materiais e persoais: pese á pompa e boato coa que anuncia modernizacións e axilización nos procedementos, os que vivimos o día a día dos xulgados sabemos que a Xustiza está ao borde do colapso e o principal prexudicado é o cidadán, que non atopa satisfeito o seu dereito constitucional á tutela xudicial efectiva. Atrévense a falar da Nova oficina xudicial, cando orzamentariamente a dotan de tan só 42.000 € para toda Galicia, unha demostración palpable da súa hipocrisía - As infraestruturas, tamén publicitadas en visitas constantes a obras inacabadas, son insuficientes e mal conservadas. Exemplo palmario é a Fábrica de Tabacos, proxectada a súa posta en funcionamento para 2015 cando aínda non empezaron as obras. Os
  • 8. www.ccooxustiza.com 8 Xulgados teñen problemas de espazo debido a súa neglixencia na implantación do expediente electrónico, que provoca unha acumulación de papel nos sotos dos edificios xudiciais, sen control sobre a protección de datos, conservación ou o deber de custodia - As condicións laborais dos funcionarios e funcionarias son nefastas, ata o punto de que retrocedemos varias décadas durante o seu mandado. Non só no aspecto retributivo, con supresión dunha paga extra en 2012, retirada do 4% da masa salarial en 2013 e 2014, conxelacións salariais,... senón tamén con aspectos que non supoñen aforro económico e si máis un ataque aos empregados públicos, na liña política de deterioro intencionado e desprestixio que favoreza futuras privatizacións: descontos nas nóminas por enfermar, incrementos na xornada laboral, perda de días de vacacións e de asuntos particulares, control case policial dos nosos movementos, etc. É dicir, colocar ao funcionario baixo a sospeita da lei de vagos e maleantes co fin de xustificar ante a sociedade os recortes - Os deseños prístinos da nova oficina fiscal e a oficina xudicial non nolos cremos: non hai dotación económica nin incremento de medios persoais e materiais, polo que consideramos que non é máis que un cambio nominativo que non vai arranxar ningún dos problemas estruturais da xustiza, e moito menos cando a súa implantación faise unilateralmente e sen consultar cos traballadores a través das organizacións sindicais, aplicando o rodillo e desprezando a boa fe negocial nas mesas sectoriais de xustiza Por todo isto, os abaixo asinantes, en representación de todo un colectivo, entregámoslle esta carta, como reprobación pola súa xestión, solicitándolle que polo ben da Administración de Xustiza presente a súa dimisión e que inste ao Presidente da Xunta a tomar as medidas oportunas para crear unha Consellería de Xustiza, con alguén á fronte que, ao menos, coñeza que representa a Xustiza como servizo público, a súa importancia para a cidadanía e para resolver os problemas acuciantes que esta crise xestionada a través de recorte tras recorte lles xerou.
  • 9. www.ccooxustiza.com 9 Breves  Interinos: a resolución definitiva pola que se aproba a bolsa definitiva de interinos publicarase trala adxudicación definitiva do concurso de traslado, co fin de evitar distorsións nas bolsas  Oferta de emprego público: O Ministerio de Facenda inclúe a última hora Xustiza entre os sectores prioritarios nos que a taxa de reposición aumenta ao 50%. Se ben no Novas nº 1033 informábamos de que Xustiza non estaba entre os sectores nos que podería haber Oferta de emprego público, finalmente si foi incluída. A nosa afirmación non era baladí, estaba tomada dos datos da propia Moncloa, na Referencia publicada do Consello de Ministros do pasado venres, e da Mesa Xeral de Función Pública doxoves 25 de setembro, onde o Ministerio de Facenda non incluía Xustiza neses sectores prioritarios. Finalmente, Montoro rectifica e o artigo 21 da Ley de Orzamentos Xerais do Estado si inclúe Xustiza, polo que no ano 2015 é posible a unha Oferta de emprego público cunha taxa de reposición de ata o 50% das vacantes. Para CCOO sigue a ser totalmente insuficientes, xa que dende 2010 destruíronse 400.000 postos de traballo de empregados públicos. En Xustiza, na nosa comunidade, máis de 100 prazas foron amortizadas, as que, obviamente, non se inclúen nesa taxa de reposición e o colapso nos xulgados do social, mercantil e 1ª instancia pode considerarse xa estrutural e de difícil solución sen incrementos de medios persoais e materiais. CCOO quere recalcar algúns aspectos a ter en conta para que non se frustren as expectativas dos opositores e dos funcionarios que esperan reforzos nos seus xulgados: 1.- O 50% é un tope máximo que non se pode sobrepasar, pero que non asegura a convocatoria e moito menos que se achegue a esa cifra 2.- Esa taxa de reposición toma como referencia as vacantes producidas no 2014 por renuncia, xubilación, morte,... e non as vacantes globais, que nós calculamos nunhas
  • 10. www.ccooxustiza.com 10 10.000. Neste punto é moi claro o artigo 21.3 da LPG, polo que a porcentaxe é enganosa, xa que non recolle as vacantes producidas dende o ano 2010, co que a reducción do cadro de persoal é evidente 3.- O goberno pode decidir acumular toda a taxa nun só corpo, como aconteceu en anos anteriores, cando só convocou para o corpo de secretarios ou secretarios e xestión, pero non tramitación e auxilio.  Carriños de fiscalía: ao parecer, AMTEGA, unha entidade galega cun orzamento de 90 millóns de euros, está a preparar un visor informático para evitar os desprazamentos de pleitos dos xulgados ás fiscalías e viceversa. CCOO denunciou reiteradamente o tercermundismo da xustiza no traslado de expedientes e demanda que a solución sexa áxil e transparente, coa dotación económica que se vai empregar e con prazos marcados para coñecer o seu desenvolvemento  MUGEJU. Nesta semana comezamos a campaña nos centros de traballo das eleccións da MUGEJU, cos nosos candidatos Nicolau Santos e Juanma Amado avalados por CCOO, UGT e CIG. É imprescindible manter delegados na Mutualidade para evita recortes dun ente con superávit que queren dinamitar.  Concurso de traslado. Publicarase a finais de novembro a resolución definitiva segundo fontes do Ministerio que nos trasladan os compañeiros de Madrid  Consolidación prazas de reforzo en fiscalía: temos serias dúbidas de que a Administración teña a eficiencia suficiente para que estas prazas (22 de tramitación) entren no concurso xeral de 2015. CCOO presionará para que así sexa, e que se eviten dilacións innecesarias que prorroguen un ano máis a situación de prazas simuladas por medio de reforzos de longa duración  Calendario laboral: CCOO demanda a recuperación da semana reducida en Semana Santa, que representan sete horas e media que poden imputarse a unha bolsa de formación: xa que logo estamos saíndo da recesión é hora de recuperar os dereitos substraídos nas trincheiras, un a un.
  • 11. www.ccooxustiza.com 11 . CCOO POR UNHA NOVA RESOLUCIÓN DE SUBSTITUCIÓNS!! A IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO! A QUENDA FEITA, QUENDA RETRIBUÍDA! NON MÁIS ATRIBUCIÓNS DE FUNCIÓNS ARBITRARIAS! NOVA REGULACIÓN DE COMISIÓNS DE SERVIZOS QUE PERMITA O ACCESO A PERSOAL DE FÓRA DA COMUNIDADE!!!
  • 12. www.ccooxustiza.com 12 Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com Tfno do Sector de Xustiza: 619282917 Delegados/as: Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com Ferrol Mati matildeav1@gmail.com Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es