www.ccooxustiza.com
1
Edición 1057 www.ccooxustiza.com17 de xullo de 2015
Próxima resolución provisional
do Concurso de traslados 2015.
Segundo informou o Ministerio de Xustiza en relación ao concurso de
traslados de data 20-5-2015, entre funcionarios dos Corpos/Escalas, de
Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, comunícase
que a resolución provisional deste está prevista para a última semana de
agosto, publicándose no BOE do 1 de setembro a Orde correspondente,
e concedéndose un prazo de alegacións ata o 20 de setembro.
Concurso específico da nova
oficina fiscal de Galicia.
O pasado día 13 de xullo, a Dirección Xeral comunicounos que o
28 de xullo está prevista a publicación de:
-Resolución da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convoca
concurso específico para a provisión de postos de traballo de
responsable de estatística, rexistro e calidade nas oficinas fiscais de
Galicia, co fin de que se proceda a súa publicación.
-Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca
concurso específico para a provisión de postos de traballo de
coordinador/a nas oficinas fiscais de Galicia.
2.
www.ccooxustiza.com
2
Para ver asresolucións preme nos seguintes enlaces:
-Resolución convoca concurso específico posto coordinador/a nas
oficinas fiscais Galicia.
-Resolución convoca concurso específico posto responsable
estatística, rexistro e calidade nas oficinas fiscais Galicia.
Publicada no BOE a Lei 19/2015 de
reforma administrativa no ámbito da
Administración de Xustiza e do
Rexistro Civil.
No BOE do pasado día 14 de xullo, publicouse a Lei 19/2015, do 13
de xullo, de medidas de reforma administrativa no ámbito da
Administración de Xustiza e do Rexistro Civil.
Lei 19/2015 do 13 de xullo de medidas de reforma administrativa no
ámbito da Administración de Xustiza e do Rexistro Civil
Como viñemos informando esta Lei inclúe as comunicacións dos
nacemento e defuncións dende os centros sanitarios.
A Lei entrará en vigor o 15 de outubro de 2015, salvo o apartado
dez do artigo segundo e o apartado 1 da disposición derrogatoria
única, que entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no
«Boletín Oficial do Estado».
3.
www.ccooxustiza.com
3
Unha vez publicadaa lei que derroga
a privatización do Rexistro Civil,
CCOO denuncia, que o Goberno
pretende atribuír competencias a
operadores privados pola porta de
atrás
. O pasado día 14 de xullo foi publicada no BOE a Lei 19/2015,
de medidas de reforma administrativa no ámbito da
Administración de Xustiza e do Rexistro Civil.
A Lei recolle a ampliación da entrada en vigor da Lei 20/2011 do
Rexistro Civil ata o 30 de xuño de 2017 e a derrogación das
disposicións adicionais da Lei 18/2014 que entregaban a xestión do
Rexistro Civil aos Rexistradores
CCOO REITERA QUE A DERROGACIÓN DA PRIVATIZACIÓN
DO REXISTRO CIVIL É UN ENORME ÉXITO DAS E OS
TRABALLADORES E DA CIDADANÍA, PERO DENUNCIA QUE O
GOBERNO PRETENDE ATRIBUÍR COMPETENCIAS A
OPERADORES PRIVADOS POLA PORTA DE ATRÁS.
CCOO traballa na elaboración dunha sólida proposta para que
o Rexistro Civil se manteña de forma definitiva como servizo
público, universal e gratuíto e xestionado polo persoal da
Administración de Xustiza. Por iso, a loita continúa.
Hoxe é un día que hai que celebrar: por fin, logramos coa presión, a
mobilización e as accións de miles de traballadores/ás, co apoio de
moitas organizacións sociais e cidadás, paralizar a privatización do
Rexistro Civil.
4.
www.ccooxustiza.com
4
Na lei 19/2015,publicada no BOE o 13 de xullo, derróganse as
disposicións adicionais que entregaban a xestión do Rexistro Civil
aos Rexistradores (Disposición derrogatoria única) e se amplía a
entrada en vigor da Lei 20/2011 do Rexistro Civil ata o 30 de xuño
de 2017 (Artigo segundo, apartado dez)
Todos os que loitamos contra esta privatización debemos sentirnos
felices por esta vitoria contra unha política escandalosa do
Goberno, que pretendeu durante tres anos entregar un servizo
público indispensable á xestión privada, a un grupo profesional de
elite, os Rexistradores, vulnerando os dereitos de millóns de
cidadáns/ás.
Non obstante esta enorme vitoria, CCOO denuncia que o PP vai
restando competencias aos Rexistros Civís para atribuílas a
operadores privados ou persoal alleo á Administración de
Xustiza, pois o PP e Ministerio de Xustiza seguen co seu proxecto
de ir suprimindo competencias aos Rexistros Civís como fixeron coa
Lei 25/2015 de concesión da nacionalidade española aos sefardís
orixinarios de España ou coa Lei 15/2015 de Xurisdición Voluntaria
e as que se atribúe a Notarios e Rexistradores a tramitación de
procedementos que ata agora eran competencia exclusiva da
Administración de Xustiza, e/ou do Rexistro Civil.
É significativo que esta lei 19/2015 atribúa a totalidade da
instrución dos expedientes de nacionalidade por residencia á
Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, que
obxectivamente carece de medios para este fin (e o Ministerio
sábeo e permite), o que para CCOO encerra a escura intención do
Ministerio de Xustiza de atribuír este trámite a outros "operadores".
De aí que este procedemento estea suxeito a unha taxa de 100
euros, contradicindo todo o afirmado sobre a gratuidade do
Rexistro Civil.
5.
www.ccooxustiza.com
5
Por iso aloita continúa, e así CCOO está traballando
intensamente para a elaboración dunha sólida proposta, que
vai trasladar ao Ministerio de Xustiza, para que de forma
definitiva o Rexistro Civil continúe sendo universal, público e
gratuíto e servido polo persoal da Administración de Xustiza.
Lei 19/2015 do 13 de xullo de medidas de reforma administrativa no
ámbito da Administración de Xustiza e do Rexistro Civil
Modificación IRPF do goberno
publicado no BOE do 11 de xullo.
O Goberno aproba e publica no BOE, con claros fins electorais, o
Real Decreto-Lei 9/2015 que adianta a xullo de 2015 a leve
minoración no IRPF que ía entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2016.
O Goberno engana intencionadamente á cidadanía, pois a
modificación do IRPF tan só representará unha rebaixa de 5 euros
mensuais para un salario de 15.000 euros/ano, e de 13 para 25.000
euros/ano.
CCOO esixe ao Goberno que restitúa xa os dereitos roubados ás e
os empregados públicos e á cidadanía, e que deixe a propaganda
para os actos internos de partido.
O Real Decreto-Lei, polo que o Goberno adianta a xullo de 2015 a
lixeira minoración do IRPF, foi publicado no BOE do sábado 11 de
xullo.
6.
www.ccooxustiza.com
6
O consello deministros aprobou o venres 10 de xullo o "Real
Decreto-lei 9/2015 de medidas urxentes para reducir a carga
tributaria soportada polos contribuíntes do IRPF e outras medidas
de carácter económico". Dito Real Decreto-lei foi publicado no BOE
o sábado 11 de xullo (Achegamos enlace ao devandito BOE).
Real Decreto-lei 9/2015, de modificación do IRPF (BOE do 11 de
xullo)
Este Real Decreto-Lei é exclusivamente un acto de propaganda
electoral do Goberno, pois os seus resultados para a inmensa
maioría dos traballadores/ás son insignificantes. Este é o aforro que
vai representar para as rendas de traballo, con exemplos de rendas
baixas, medias e altas:
Ingresos
anuais (€)
Retención
ata 11 xullo
2015 (%)
Retención
dende 12
xullo 2015
(%)
Aforro
total (€)
Aforro
mensual
(€)
15.000 8 7,6 30 5
20.000 12,3 11,7 56 9
25.000 14,8 14,1 79 13
30.000 17,1 16,5 103 17
35.000 18,8 18,1 126 21
50.000 24 22,9 255 42
70.000 28,9 27,6 455 76
100.000 34,3 32,8 755 126
200.000 40,7 38,9 1.755 292
500.000 44,5 42,6 4.755 792
1.000.000 45,7 43,8 9.755 1.626
Fonte: Consello Xeral de Economistas
7.
www.ccooxustiza.com
7
É de novosignificativo e demostrativo que intereses defende o
Goberno, que para unha persoa que percibe o salario medio que se
cobra en España (15.000 €/año, segundo todos os datos
estatísticos, mesmo os oficiais), o aforro con este RDL sexa de 5
euros/mes, mentres que para persoas con altos ingresos
(xeralmente grandes executivos da banca e do sector financeiro,
sector que recibiu axudas millonarias do Estado, con impostos dos
cidadáns) alcance 1.626 euros ao mes.
CCOO require ao Goberno a cesar na súa actitude, a deixar de
facer xestos fatuos e propagandísticos, que só teñen clara
intencións electoralistas, e comezar de inmediato a devolver todos
os dereitos laborais e salariais subtraídos ás e os empregados
públicos dende o ano 2010, que recupere o investimento necesario
para o correcto funcionamento de todos os servizos públicos
(Ensino, Sanidade, Servizos Sociais, Pensiones....), que devolva ao
conxunto das e os cidadáns os dereitos que lles foron roubados en
todos estes anos.
¡ ¡ POLA DEVOLUCIÓN DE TODOS OS DEREITOS SUBTRAÍDOS
ÁS E OS EMPREGADOS PÚBLICOS DENDE 2010!!!
Oposición Secretarios Xudiciais,
quenda libre. Aprobados 1º exercicio
e data do segundo.
Publicouse o pasado día 10 de xullo, na páxina web do Ministerio
de Xustiza:
Acordo do Tribunal n.º Un polo que se publica a relación de
aspirantes que aprobaron o primeiro exercicio de oposición por
quenda libre e se anuncia o comezo do segundo exercicio, de
carácter oral, que dará comezo o próximo día 7 de setembro de
2015.
Acordo do 9 de xullo. Aprobados 1º exercicio ( PDF 12 KB)
Anexo do 9 de xullo. Aprobados 1º (PDF 117 KB)
8.
www.ccooxustiza.com
8
CCOO insta áDirección Xeral de
Xustiza a cobertura dunha praza de
xestión no Xulgado de Paz de
Barbadas (Ourense) polo sistema de
substitucións entre titulares.
O pasado día 15 de xullo, CCOO presentou un escrito ante a
Dirección Xeral de Xustiza expoñendo o seguinte:
1.- Que a praza do corpo de xestión procesual e administrativa do
Xulgado de Paz de Barbadas, Ourense, está ocupada por persoal
interino ao estar o seu titular en comisión de servizos.
2.- Onte, día 14 de xullo, o devandito titular foi nomeado xefe
territorial de Presidencia, Administración Pública e Xustiza,
implicando un cambio de situación xurídica.
POLO QUE DENDE CCOO SOLICITAMOS :
Que se proceda á cobertura do devandito posto por
substitución entre titulares de conformidade co disposto:
-No art.º 21.1 da Orde de 28 de novembro de 2013 sobre selección
e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos
corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
-E no punto primeiro da Resolución do 7 de maio de 2008 seguindo
o trámite previsto no punto sexto da devandita Resolución da
Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións
entre funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza en
Galicia.
9.
www.ccooxustiza.com
9
Polo que solicitamosque a devandita praza sexa cuberta por un
titular polo sistema regulado de substitucións actual, xa que a
ausencia do titular na devandita praza no Xulgado de Barbadas, vai
ser por un período de longa duración.
CCOO esixe a devolución de dereitos
e condicións de traballo para as
empregadas e empregados públicos
Na mesa xeral de negociación da Administración Xeral do Estado
celebrada onte, 16 de xullo, o Goberno non ofrece ningunha medida
concreta salvo boas palabras e a convocatoria da mesa xeral das
AAPP para o día 30 de xullo, só un día antes de que o Goberno
aprobe os presupostos xerais do Estado para 2016
O Goberno volveu repetir a burda estratexia, que a ninguén engana,
de convocar reunións cuxo contido é transcendente, pero elude de
forma intencionada a negociación, e deixa para o último día a
presentación das súas propostas sen tempo material xa.
O ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal
Montoro, nunha comparecencia onte no Senado, volve dicir que
está a negociar cos sindicatos das Administracións Públicas "para
os efectos de devolver días de libre disposición, a paga subtraída
en 2012 en prazos" e o que denominou "como escenarios de
crecente retribución para o futuro", intensificando a demagoxia e
propaganda gobernamental.
10.
www.ccooxustiza.com
10
Noutra reunión, caseá mesma hora, na Mesa de negociación da
Administración Xeneral do Estado, o secretario de Estado Antonio
Beteta, ante as esixencias de CCOO e os demais sindicatos,
sinalou "que non van poñer cifras enriba da mesa ata que non
coñezan as propostas reivindicativas que se lles efectúen". O
Goberno non trasladou hoxe ningunha medida concreta.
CCOO, primeiro sindicato das Administracións Públicas, leva meses
trasladando ao Goberno as reclamacións de recuperación de todos
os dereitos subtraídos e hoxe volveu esixir ao ministro de Facenda
e AAPP o fin da conxelación salarial, a devolución dos recortes
salariais, a recuperación da paga extraordinaria, a restitución dos
días de libre disposición e antigüidade, medidas de conciliación da
vida laboral e familiar, tamén a restitución dos recortes por
Incapacidade Temporal, ademais de medidas concretas de
emprego e sostemento da Administración Xeral do Estado, coa
conseguinte desaparición en todos os ámbitos da limitación
establecida na taxa de reposición.
O secretario de Estado Beteta anunciou a convocatoria da Mesa
xeral de negociación as Administracións Públicas para o 30 de
xullo, volvendo repetir a vergonzosa estratexia deste Goberno de
convocar reunións transcendentes, para dar a aparencia de boa
disposición, pero sen tempo material para negociar, demostrando
con feitos a súa nula intención de repoñer todos os dereitos
roubados, para reducilos a pequenas dádivas de propaganda
electoral.
CCOO volveu reiterar o Goberno na reunión que os dereitos non
son negociables e que deben devolverse todos e cada un deles, e a
necesidade de abrir un espazo efectivo, de negociación real, con
interlocutores válidos, no que o Goberno plasme no concreto as
grandilocuentes manifestacións de negociación, convertendo en
feitos ese aparente bo talante.
11.
www.ccooxustiza.com
11
O Goberno tena pelota no seu tellado, para cumprir coas súas
mediáticas proclamas, restituíndo os dereitos, retribucións e
condicións laborais que arrebatou ás persoas traballadoras das
Administracións Públicas.
CCOO non permitirá que se use as empregadas e empregados
públicos de forma instrumental para os intereses electoralistas do
Goberno.
¡ É HORA DE ESIXIR A DEVOLUCIÓN DE TODOS OS DEREITOS
QUE NOS ROUBARON, SEN CONTRAPARTIDAS!!
¡ OS DEREITOS DAS E OS EMPREGADOS PÚBLICOS NON SON
AMORTIZABLES!!
¡ ABONDA DE PROPAGANDA ELECTORAL, NON VALEN
XESTOS SÓ FEITOS!!
12.
www.ccooxustiza.com
12
Correo de contacto:sectorxustizaccoo@gmail.com
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados/as:
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com
Sonia ccoosoniaxustizacoruna@gmail.com
Ferrol : Ana Abel ccooanabelxustiza@ gmail.com
Santiago: Pablo pablonieves@gmail.com
Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es
Ourense: Sonia soniaxustizaccoo@gmail.com
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com
Sector Xustiza Galicia