SlideShare a Scribd company logo
www.ccooxustiza.com
1
Edición 1058 www.ccooxustiza.com 28 de xullo de 2015
Convocatoria do concurso
específico de postos de
traballo singularizados nas
Oficinas Fiscais de Galicia.
No BOE de hoxe 28 de xullo, convócase concurso específico de postos
singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.
Segundo as bases da convocatoria deste concurso específico, no seu
apartado primeiro. 1, establécese literalmente:
"Primeira.
Requisitos e condicións de participación.
1. De acordo co disposto no artigo segundo da Lei orgánica 1/2009, do 3 de
novembro, ao tratarse dun proceso de acoplamento, poderá participar
exclusivamente, e por unha soa vez, o persoal funcionario do corpo de
xestión procesual e administrativa para os postos de coordinador/a da
oficina fiscal, e do corpo de xestión e tramitación procesual e administrativa
no caso dos postos de responsable de estatística, rexistro e calidade.
www.ccooxustiza.com
2
O persoal funcionario participante deberá encontrarse na situación de
servizo activo con destino definitivo, ou en calquera outra situación que
comporte reserva de posto de traballo, no corpo ou corpos de adscrición da
praza solicitada, no municipio onde deben desempeñarse os postos de
traballo ofertados"
E respecto ao prazo de presentación de instancias e a valoración da fase
de concurso e a súa puntuación, as bases establecen:
"O prazo de presentación será de dez días naturais, contados dende o día
seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Diario Oficial de
Galicia".
Fases do concurso e puntuación.
1. O concurso rexerase polo baremo e puntuacións establecidos no anexo
III desta resolución.
2. O concurso constará de dúas fases:
a) Primeira fase: De comprobación e valoración dos méritos xerais.
b) Segunda fase: De valoración de aptitudes concretas a través de
coñecementos, experiencia, titulacións académicas e aqueles outros
elementos que garantan a adecuación da persoa aspirante para o
desempeño do posto, excluídos os valorados na primeira fase. A valoración
dos méritos específicos deberá efectuarse mediante a puntuación obtida
tras aplicar a media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da
comisión de valoración, debendo desbotarse para estes efectos a máxima e
a mínima concedidas, ou no seu caso, unha das que aparezan repetidas
como tales. "
Para ver a convocatoria no BOE preme aquí.
Para ver a convocatoria no DOG preme aquí.
www.ccooxustiza.com
3
Publicación da resolución do
concurso de traslados dos
Corpos Especiais.
Publicado no BOE resolución concurso de traslado de postos xenéricos dos
corpos especiais do INT e CF (Facultativos, TEL e Axudantes de
Laboratorio)
Publicouse no BOE de 27 de xullo, resolución do concurso de traslado de
corpos especiais do INT e CF.
Orde JUS/1505/2015, de 1 de xullo, pola que se resolve o concurso de
corpos especiais no Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses.
Os interesados dispoñen de:
"O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días
naturais se non implica cambio de localidade do funcionario; oito días se
implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma e vinte días
se implica cambio de Comunidade Autónoma, a excepción da Comunidade
Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade
de Ceuta e Cidade de Melilla en que o prazo será dun mes tanto se o posto
de traballo é de orixe como de destino.Cando o adxudicatario da praza
obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo o prazo será
de vinte días.
Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo dende as situacións
de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público,
excedencia voluntaria por interese particular, excedencia voluntaria por
agrupación familiar ou suspensión de funcións, o prazo de toma de
posesión deberá computarse dende a devandita publicación. O cómputo
dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas,
incluídos os de vacacións, que fosen concedidos aos interesados. "
www.ccooxustiza.com
4
BOE 22.07.15 publicada a
reforma da LOPJ.
Publicada no BOE do 22 de xullo, a reforma da LOPJ sen ningún tipo de
consenso, caendo en saco roto, unha vez máis, o compromiso do Ministro
de Xustiza de negociación e diálogo anunciado días despois da súa toma
de posesión.
A reforma da LOPJ introduce a aplicación de desconto en nómina durante a
ausencia do traballo por enfermidade ou accidente que non dean lugar a
incapacidade temporal (é dicir aplicarase un desconto en nómina dende o
primeiro día de ausencia por enfermidade aínda que esta non leve consigo
a baixa) o que para CCOO é, ademais de abusivo e inxusto, unha volta de
rosca máis nas xa deterioradas condicións laborais e salariais das e os
traballadores da Administración de Xustiza.
Ademais, para CCOO é un escándalo a medida introducida a última hora
cunha emenda do PP no Senado, pola cal o Goberno se reserva o
nomeamento "a dedo" de todos os secretarios xudiciais do Tribunal
Supremo
Lei Orgánica 7/2015 de 21de xullo pola que se modifica a Lei Orgánica do
Poder Xudicial
Como vén denunciado CCOO, esta reforma non foi nin negociada nin
acordada cos representantes das e os traballadores, pois é imposible levar
a cabo un verdadeiro proceso de negociación en apenas dúas reunións que
fundamentalmente serviron para presentar decenas de emendas tanto por
CCOO, coma polo resto de organizacións sindicais, pero sen intención por
parte da Administración para discutir e debater sobre as mesmas, por iso o
Ministerio de Xustiza non pode esperar unha resposta positiva ao contido da
reforma da LOPJ.
www.ccooxustiza.com
5
Entre os aspectos que esta reforma modifica, ou introduce, e que para
CCOO representan un retroceso nas condicións laborais do persoal que
presta servizos na Administración de Xustiza e unha grave deterioración na
prestación do servizo público, destacamos:
Introdúcese a aplicación de desconto en nómina durante a ausencia
do traballo por enfermidade ou accidente que non dean lugar a
incapacidade temporal, é dicir aplicarase un desconto en nómina
dende o primeiro día de ausencia por enfermidade aínda que esta non
leve consigo a baixa.
Poderá establecerse por Real Decreto (ata agora facíase por Lei) que
os Xulgados de Violencia sobre a Muller estendan a súa xurisdición a
dous ou máis partidos xudiciais dentro da mesma provincia.
O Consello Xeral do Poder Xudicial poderá acordar que un ou varios
Xulgados da mesma provincia e da mesma orde xurisdicional poidan
asumir o coñecemento de determinadas clases ou materias de
asuntos, e no seu caso das correspondentes execucións. É dicir, que
un xulgado concreto poderá asumir todos os asuntos, por exemplo en
materia de familia, de varios partidos xudiciais dunha mesma
provincia.
Respecto aos procesos selectivos, mentres para o corpo de
secretarios xudiciais (que pasarán a denominarse corpo de letrados
da Administración de Xustiza) na convocatoria ordinaria do proceso
selectivo as prazas convocadas que non se cubran pola quenda de
promoción interna acrecentarán á quenda libre, para o resto dos
corpos -xerais e especiais- as prazas convocadas que non se cubran
pola quenda de promoción interna en ningún caso poderán acrecentar
as convocadas pola quenda libre.
Ademais redúcese drasticamente, para todos os corpos, a porcentaxe
de prazas reservadas para ofertar pola quenda de promoción interna,
que pasa a ser do 30%.
As suplencias dos letrados da Administración de Xustiza por
ausencia, suspensión, enfermidade ou vacante, recaerá noutra persoa
do mesmo corpo quedando, polo tanto, as substitucións por
funcionarios/ás pertencentes ao corpo de xestión procesual de xeito
residual, ou reducíndoas na práctica á nada.
www.ccooxustiza.com
6
Introdúcese unha nova función para os corpos de xestión procesual e
tramitación procesual ("realizar cantas funcións poidan asumir en orde
á protección e apoio ás vítimas, así como o apoio a actuacións de
xustiza restaurativa e de solución extraprocesual")
Establécese de novo para os corpos xerais a incompatibilidade de "O
desempeño de todo tipo de asesoramento xurídico sexa retribuído ou
non".
O persoal interino poderá ser cesado no seu posto de traballo pola
comisión por falta grave ou moi grave.
Introduciuse a última hora, e pola porta de atrás, que todos os
letrados da Administración de Xustiza (actuais secretarios xudiciais)
do Tribunal Supremo serán nomeados mediante o sistema de libre
designación.
Ademais o director do Gabinete Técnico do Tribunal Supremo será
nomeado polo Pleno do CGPJ a proposta vinculante do Presidente do
TS.
A lei entrará en vigor o próximo día 1 de outubro.
Para CCOO esta reforma tiña que ter sido un instrumento para incorporar á
LOPJ aspectos imprescindibles que levamos moito tempo demandando
para a mellora das condicións de traballo do persoal da Administración de
Xustiza, non obstante, a falta de negociación, suspendida de xeito repentino
polo director xeral de Xustiza, impediu esta posibilidade.
Pola contra esta reforma, imposta polo Goberno e polo Ministerio de
Xustiza, empeorase as xa deterioradas condicións laborais e salariais das e
os traballadores da Administración de Xustiza porque, entre outras
cuestións, as modificacións introducidas afectarán á carga de traballo que
soportarán os xulgados que acollan unha circunscrición territorial máis
ampla; outra vez castiga ao traballador/a que se poña enfermo e ademais,
incidirá negativamente no servizo público, como no caso da extensión da
xurisdición dos xulgado de Violencia sobre a Muller ao ámbito provincial,
que levará consigo unha deterioración na atención ás vítimas da violencia
de xénero e supón un retroceso para os dereitos das mulleres maltratadas.
www.ccooxustiza.com
7
Convocatoria da bolsa de
interinos de Extremadura.
De conformidade co disposto no artigo 4 da Orde JUS/2996/2005, do 12 de
xullo, sobre selección, proposta e nomeamento de funcionarios interinos
para cubir prazas vacantes de funcionarios dos Corpos ao servizo da
Administración de Xustiza (BOE do 16 de xullo) queda aberto o prazo de
presentación de solicitudes de inclusión nas bolsas de traballo dos Corpos
de Médicos Forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación
Procesual e Auxilio Xudicial.
O prazo de presentación de instancias será do 21 de xullo ao 12
de agosto de 2015, ambos os dous inclusive.
Nota: no caso de pertencer a algunha das bolsas vixentes na actualidade,
se o aspirante así o desexa, pode optar por permanecer na mesma bolsa
coa mesma puntuación sen necesidade de achegar documentación
algunha, tan só a instancia.
Publicamos os documentos, que tamén se poden descargar da web do
Ministerio e da Xerencia.
Convocatoria de constitución de bolsas de traballo de funcionarios interinos
ao servizo da Administración de Xustiza. Bases (PDF. 158 KB)
Anexo I. Solicitude bolsa de traballo persoal interino en Extremadura (PDF.
90 KB)
www.ccooxustiza.com
8
Orde que declara inhábil agosto
para probas selectivas 2014
Secretarios Xudiciais.
Publicouse no BOE do 27 de xullo:
Orde que declara inhábil o mes de agosto para os efectos de prazos para
as probas selectivas 2014 de acceso ao corpo de Secretarios Xudiciais.
Para ver o BOE preme aquí.
Publicada Lei Orgánica 8/2015,
de 22 de xullo, de modificación
do sistema de protección á
infancia e á adolescencia.
O pasado día 23 de xullo, publicouse no BOE, a Lei Orgánica 8/2015, do
22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á
adolescencia.
Para velo BOE preme aquí.
www.ccooxustiza.com
9
Resolución de 22.7.15 modificando
resolución de 28.12.12 de jornada y
horario personal Administración General
del Estado
Se ha publicado en el BOE de 24 de julio de 2015 , resolución de 22 de
julio de 2015, de la Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, por
la que se modifica la de 28 de diciembre de 2012, por la que se dictan
instrucciones sobre jornada y horarios de trabajo del personal al servicio de
la Administración General del Estado y sus organismos públicos.
Resolución 22 de julio de 2015 de la Secretaría de Estado modifica
resolución 28 diciembre 2012 jornada y horario personal de AGE
CCOO cuestiona la voluntad del
Gobierno de querer negociar la restitución
de los derechos de las y los empleados
públicos.
El pasado viernes 24 de julio, como ya hemos informado, se publicó en el
BOE la "Resolución de 22 de julio de 2015, de la Secretaría de Estado de
Administraciones Públicas, por la que se modifica la de 28 de diciembre de
2012, por la que se dictan instrucciones sobre jornada y horarios de trabajo
del personal al servicio de la Administración General del Estado y sus
organismos públicos."
En dicha resolución, se incorpora, con varios años de retraso, la
www.ccooxustiza.com
10
Directiva europea 2003/88/CE relativa a aspectos de la ordenación del
tiempo de trabajo,en los términos expresados por la Jurisprudencia del
Tribunal de Justicia de la Unión Europea.
Dicha directiva obliga a que se determine en norma española con nitidez
que los períodos de incapacidad temporal (o riesgo durante la lactancia,
riesgo durante el embarazo, permisos de paternidad o maternidad, ....),
cuando coinciden con períodos de vacaciones, permiten disfrutar éstas en
fecha distinta, y la resolución se ve obligada a establecer que se podrán
disfrutar siempre que no hayan transcurrido más de 18 meses a partir del
final del año en que se hayan originado.
Esos años de retraso en la traslación de dicha directiva a todas las
Administraciones Públicas españolas, han permitido, a la Administración
Central, y a varias Administraciones autonómicas, incumplir
sistemáticamente durante años la jurisprudencia europea, e impedir que
muchas justa y legítimas reclamaciones de trabajadores y trabajadoras de
las AAPP hayan sido estimadas por los Tribunales de Justicia españoles, al
alegar algunos de ellos, que dicha directiva no estaba trasladada al
ordenamiento jurídico español.
Lo que para CCOO ha sido durante estos años, una forma habitual de
actuar del Gobierno español, contra los derechos y las condiciones de
trabajo de las y los empleados públicos.
Además, para CCOO la publicación de esta norma sin haber esperado a
alcanzar un avance en las negociaciones en esta materia (pues son muchas
las reclamaciones que también en materia de jornada y horario han sido
realizadas por CCOO), que se habían restablecido con el Gobierno, tras
meses y meses sin reuniones por exclusiva responsabilidad del ejecutivo
español, demuestra de nuevo a las claras la verdadera intención del
Gobierno: realizar un paripé de negociación, con el único intento de
convertir la negociación en un mero espectáculo
propagandístico electoral.
Adjuntamos la nota informativa sobre esta cuestión de los compañeros del
Sector de la Administración del Estado.
www.ccooxustiza.com
11
Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados/as:
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com
Sonia ccoosoniaxustizacoruna@gmail.com
Ferrol : Ana Abel ccooanabelxustiza@ gmail.com
Santiago: Pablo pablonieves@gmail.com
Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es
Ourense: Sonia soniaxustizaccoo@gmail.com
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com
Sector Xustiza Galicia

More Related Content

What's hot

1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015
infobueu
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
CCOOXustiza
 
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNRECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
AndreaEB4
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
CCOOXustiza
 

What's hot (9)

1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNRECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
 
Novas 1023.
Novas 1023. Novas 1023.
Novas 1023.
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
 
Novas 1029
Novas 1029Novas 1029
Novas 1029
 
Sergas
SergasSergas
Sergas
 

Similar to Novas da xustiza 1058

Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
CCOOXustiza
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
CCOOXustiza
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
CCOOXustiza
 
Resolución permisos e licencias
Resolución permisos e licenciasResolución permisos e licencias
Resolución permisos e licencias26021966
 
Plataforma peixe fresco
Plataforma peixe frescoPlataforma peixe fresco
Plataforma peixe frescooscargaliza
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
CCOOXustiza
 
Bases animador socio cultural
Bases animador socio culturalBases animador socio cultural
Bases animador socio culturalodesvanmarita
 
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%Gardapeiraos Máximus
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042
CCOOXustiza
 
Bases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localBases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localomixboiro
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaOscar Feijoo
 
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)oscargaliza
 
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICOXUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
Area de Orientación Laboral USC
 
Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017
Cgt Correos A Coruña
 
35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga
infobueu
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73

Similar to Novas da xustiza 1058 (20)

Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Resolución permisos e licencias
Resolución permisos e licenciasResolución permisos e licencias
Resolución permisos e licencias
 
Plataforma peixe fresco
Plataforma peixe frescoPlataforma peixe fresco
Plataforma peixe fresco
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Bases animador socio cultural
Bases animador socio culturalBases animador socio cultural
Bases animador socio cultural
 
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042
 
Bases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localBases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia local
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
 
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
 
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICOXUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
 
Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017
 
35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 

More from CCOOXustiza

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
CCOOXustiza
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
CCOOXustiza
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
CCOOXustiza
 
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1048
Novas da xustiza nº 1048Novas da xustiza nº 1048
Novas da xustiza nº 1048
CCOOXustiza
 

More from CCOOXustiza (19)

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
 
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
 
Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049
 
Novas da xustiza nº 1048
Novas da xustiza nº 1048Novas da xustiza nº 1048
Novas da xustiza nº 1048
 

Novas da xustiza 1058

  • 1. www.ccooxustiza.com 1 Edición 1058 www.ccooxustiza.com 28 de xullo de 2015 Convocatoria do concurso específico de postos de traballo singularizados nas Oficinas Fiscais de Galicia. No BOE de hoxe 28 de xullo, convócase concurso específico de postos singularizados nas oficinas fiscais de Galicia. Segundo as bases da convocatoria deste concurso específico, no seu apartado primeiro. 1, establécese literalmente: "Primeira. Requisitos e condicións de participación. 1. De acordo co disposto no artigo segundo da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, ao tratarse dun proceso de acoplamento, poderá participar exclusivamente, e por unha soa vez, o persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa para os postos de coordinador/a da oficina fiscal, e do corpo de xestión e tramitación procesual e administrativa no caso dos postos de responsable de estatística, rexistro e calidade.
  • 2. www.ccooxustiza.com 2 O persoal funcionario participante deberá encontrarse na situación de servizo activo con destino definitivo, ou en calquera outra situación que comporte reserva de posto de traballo, no corpo ou corpos de adscrición da praza solicitada, no municipio onde deben desempeñarse os postos de traballo ofertados" E respecto ao prazo de presentación de instancias e a valoración da fase de concurso e a súa puntuación, as bases establecen: "O prazo de presentación será de dez días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Diario Oficial de Galicia". Fases do concurso e puntuación. 1. O concurso rexerase polo baremo e puntuacións establecidos no anexo III desta resolución. 2. O concurso constará de dúas fases: a) Primeira fase: De comprobación e valoración dos méritos xerais. b) Segunda fase: De valoración de aptitudes concretas a través de coñecementos, experiencia, titulacións académicas e aqueles outros elementos que garantan a adecuación da persoa aspirante para o desempeño do posto, excluídos os valorados na primeira fase. A valoración dos méritos específicos deberá efectuarse mediante a puntuación obtida tras aplicar a media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión de valoración, debendo desbotarse para estes efectos a máxima e a mínima concedidas, ou no seu caso, unha das que aparezan repetidas como tales. " Para ver a convocatoria no BOE preme aquí. Para ver a convocatoria no DOG preme aquí.
  • 3. www.ccooxustiza.com 3 Publicación da resolución do concurso de traslados dos Corpos Especiais. Publicado no BOE resolución concurso de traslado de postos xenéricos dos corpos especiais do INT e CF (Facultativos, TEL e Axudantes de Laboratorio) Publicouse no BOE de 27 de xullo, resolución do concurso de traslado de corpos especiais do INT e CF. Orde JUS/1505/2015, de 1 de xullo, pola que se resolve o concurso de corpos especiais no Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses. Os interesados dispoñen de: "O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días naturais se non implica cambio de localidade do funcionario; oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma e vinte días se implica cambio de Comunidade Autónoma, a excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla en que o prazo será dun mes tanto se o posto de traballo é de orixe como de destino.Cando o adxudicatario da praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo o prazo será de vinte días. Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo dende as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, excedencia voluntaria por interese particular, excedencia voluntaria por agrupación familiar ou suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión deberá computarse dende a devandita publicación. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que fosen concedidos aos interesados. "
  • 4. www.ccooxustiza.com 4 BOE 22.07.15 publicada a reforma da LOPJ. Publicada no BOE do 22 de xullo, a reforma da LOPJ sen ningún tipo de consenso, caendo en saco roto, unha vez máis, o compromiso do Ministro de Xustiza de negociación e diálogo anunciado días despois da súa toma de posesión. A reforma da LOPJ introduce a aplicación de desconto en nómina durante a ausencia do traballo por enfermidade ou accidente que non dean lugar a incapacidade temporal (é dicir aplicarase un desconto en nómina dende o primeiro día de ausencia por enfermidade aínda que esta non leve consigo a baixa) o que para CCOO é, ademais de abusivo e inxusto, unha volta de rosca máis nas xa deterioradas condicións laborais e salariais das e os traballadores da Administración de Xustiza. Ademais, para CCOO é un escándalo a medida introducida a última hora cunha emenda do PP no Senado, pola cal o Goberno se reserva o nomeamento "a dedo" de todos os secretarios xudiciais do Tribunal Supremo Lei Orgánica 7/2015 de 21de xullo pola que se modifica a Lei Orgánica do Poder Xudicial Como vén denunciado CCOO, esta reforma non foi nin negociada nin acordada cos representantes das e os traballadores, pois é imposible levar a cabo un verdadeiro proceso de negociación en apenas dúas reunións que fundamentalmente serviron para presentar decenas de emendas tanto por CCOO, coma polo resto de organizacións sindicais, pero sen intención por parte da Administración para discutir e debater sobre as mesmas, por iso o Ministerio de Xustiza non pode esperar unha resposta positiva ao contido da reforma da LOPJ.
  • 5. www.ccooxustiza.com 5 Entre os aspectos que esta reforma modifica, ou introduce, e que para CCOO representan un retroceso nas condicións laborais do persoal que presta servizos na Administración de Xustiza e unha grave deterioración na prestación do servizo público, destacamos: Introdúcese a aplicación de desconto en nómina durante a ausencia do traballo por enfermidade ou accidente que non dean lugar a incapacidade temporal, é dicir aplicarase un desconto en nómina dende o primeiro día de ausencia por enfermidade aínda que esta non leve consigo a baixa. Poderá establecerse por Real Decreto (ata agora facíase por Lei) que os Xulgados de Violencia sobre a Muller estendan a súa xurisdición a dous ou máis partidos xudiciais dentro da mesma provincia. O Consello Xeral do Poder Xudicial poderá acordar que un ou varios Xulgados da mesma provincia e da mesma orde xurisdicional poidan asumir o coñecemento de determinadas clases ou materias de asuntos, e no seu caso das correspondentes execucións. É dicir, que un xulgado concreto poderá asumir todos os asuntos, por exemplo en materia de familia, de varios partidos xudiciais dunha mesma provincia. Respecto aos procesos selectivos, mentres para o corpo de secretarios xudiciais (que pasarán a denominarse corpo de letrados da Administración de Xustiza) na convocatoria ordinaria do proceso selectivo as prazas convocadas que non se cubran pola quenda de promoción interna acrecentarán á quenda libre, para o resto dos corpos -xerais e especiais- as prazas convocadas que non se cubran pola quenda de promoción interna en ningún caso poderán acrecentar as convocadas pola quenda libre. Ademais redúcese drasticamente, para todos os corpos, a porcentaxe de prazas reservadas para ofertar pola quenda de promoción interna, que pasa a ser do 30%. As suplencias dos letrados da Administración de Xustiza por ausencia, suspensión, enfermidade ou vacante, recaerá noutra persoa do mesmo corpo quedando, polo tanto, as substitucións por funcionarios/ás pertencentes ao corpo de xestión procesual de xeito residual, ou reducíndoas na práctica á nada.
  • 6. www.ccooxustiza.com 6 Introdúcese unha nova función para os corpos de xestión procesual e tramitación procesual ("realizar cantas funcións poidan asumir en orde á protección e apoio ás vítimas, así como o apoio a actuacións de xustiza restaurativa e de solución extraprocesual") Establécese de novo para os corpos xerais a incompatibilidade de "O desempeño de todo tipo de asesoramento xurídico sexa retribuído ou non". O persoal interino poderá ser cesado no seu posto de traballo pola comisión por falta grave ou moi grave. Introduciuse a última hora, e pola porta de atrás, que todos os letrados da Administración de Xustiza (actuais secretarios xudiciais) do Tribunal Supremo serán nomeados mediante o sistema de libre designación. Ademais o director do Gabinete Técnico do Tribunal Supremo será nomeado polo Pleno do CGPJ a proposta vinculante do Presidente do TS. A lei entrará en vigor o próximo día 1 de outubro. Para CCOO esta reforma tiña que ter sido un instrumento para incorporar á LOPJ aspectos imprescindibles que levamos moito tempo demandando para a mellora das condicións de traballo do persoal da Administración de Xustiza, non obstante, a falta de negociación, suspendida de xeito repentino polo director xeral de Xustiza, impediu esta posibilidade. Pola contra esta reforma, imposta polo Goberno e polo Ministerio de Xustiza, empeorase as xa deterioradas condicións laborais e salariais das e os traballadores da Administración de Xustiza porque, entre outras cuestións, as modificacións introducidas afectarán á carga de traballo que soportarán os xulgados que acollan unha circunscrición territorial máis ampla; outra vez castiga ao traballador/a que se poña enfermo e ademais, incidirá negativamente no servizo público, como no caso da extensión da xurisdición dos xulgado de Violencia sobre a Muller ao ámbito provincial, que levará consigo unha deterioración na atención ás vítimas da violencia de xénero e supón un retroceso para os dereitos das mulleres maltratadas.
  • 7. www.ccooxustiza.com 7 Convocatoria da bolsa de interinos de Extremadura. De conformidade co disposto no artigo 4 da Orde JUS/2996/2005, do 12 de xullo, sobre selección, proposta e nomeamento de funcionarios interinos para cubir prazas vacantes de funcionarios dos Corpos ao servizo da Administración de Xustiza (BOE do 16 de xullo) queda aberto o prazo de presentación de solicitudes de inclusión nas bolsas de traballo dos Corpos de Médicos Forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial. O prazo de presentación de instancias será do 21 de xullo ao 12 de agosto de 2015, ambos os dous inclusive. Nota: no caso de pertencer a algunha das bolsas vixentes na actualidade, se o aspirante así o desexa, pode optar por permanecer na mesma bolsa coa mesma puntuación sen necesidade de achegar documentación algunha, tan só a instancia. Publicamos os documentos, que tamén se poden descargar da web do Ministerio e da Xerencia. Convocatoria de constitución de bolsas de traballo de funcionarios interinos ao servizo da Administración de Xustiza. Bases (PDF. 158 KB) Anexo I. Solicitude bolsa de traballo persoal interino en Extremadura (PDF. 90 KB)
  • 8. www.ccooxustiza.com 8 Orde que declara inhábil agosto para probas selectivas 2014 Secretarios Xudiciais. Publicouse no BOE do 27 de xullo: Orde que declara inhábil o mes de agosto para os efectos de prazos para as probas selectivas 2014 de acceso ao corpo de Secretarios Xudiciais. Para ver o BOE preme aquí. Publicada Lei Orgánica 8/2015, de 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia. O pasado día 23 de xullo, publicouse no BOE, a Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia. Para velo BOE preme aquí.
  • 9. www.ccooxustiza.com 9 Resolución de 22.7.15 modificando resolución de 28.12.12 de jornada y horario personal Administración General del Estado Se ha publicado en el BOE de 24 de julio de 2015 , resolución de 22 de julio de 2015, de la Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, por la que se modifica la de 28 de diciembre de 2012, por la que se dictan instrucciones sobre jornada y horarios de trabajo del personal al servicio de la Administración General del Estado y sus organismos públicos. Resolución 22 de julio de 2015 de la Secretaría de Estado modifica resolución 28 diciembre 2012 jornada y horario personal de AGE CCOO cuestiona la voluntad del Gobierno de querer negociar la restitución de los derechos de las y los empleados públicos. El pasado viernes 24 de julio, como ya hemos informado, se publicó en el BOE la "Resolución de 22 de julio de 2015, de la Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, por la que se modifica la de 28 de diciembre de 2012, por la que se dictan instrucciones sobre jornada y horarios de trabajo del personal al servicio de la Administración General del Estado y sus organismos públicos." En dicha resolución, se incorpora, con varios años de retraso, la
  • 10. www.ccooxustiza.com 10 Directiva europea 2003/88/CE relativa a aspectos de la ordenación del tiempo de trabajo,en los términos expresados por la Jurisprudencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea. Dicha directiva obliga a que se determine en norma española con nitidez que los períodos de incapacidad temporal (o riesgo durante la lactancia, riesgo durante el embarazo, permisos de paternidad o maternidad, ....), cuando coinciden con períodos de vacaciones, permiten disfrutar éstas en fecha distinta, y la resolución se ve obligada a establecer que se podrán disfrutar siempre que no hayan transcurrido más de 18 meses a partir del final del año en que se hayan originado. Esos años de retraso en la traslación de dicha directiva a todas las Administraciones Públicas españolas, han permitido, a la Administración Central, y a varias Administraciones autonómicas, incumplir sistemáticamente durante años la jurisprudencia europea, e impedir que muchas justa y legítimas reclamaciones de trabajadores y trabajadoras de las AAPP hayan sido estimadas por los Tribunales de Justicia españoles, al alegar algunos de ellos, que dicha directiva no estaba trasladada al ordenamiento jurídico español. Lo que para CCOO ha sido durante estos años, una forma habitual de actuar del Gobierno español, contra los derechos y las condiciones de trabajo de las y los empleados públicos. Además, para CCOO la publicación de esta norma sin haber esperado a alcanzar un avance en las negociaciones en esta materia (pues son muchas las reclamaciones que también en materia de jornada y horario han sido realizadas por CCOO), que se habían restablecido con el Gobierno, tras meses y meses sin reuniones por exclusiva responsabilidad del ejecutivo español, demuestra de nuevo a las claras la verdadera intención del Gobierno: realizar un paripé de negociación, con el único intento de convertir la negociación en un mero espectáculo propagandístico electoral. Adjuntamos la nota informativa sobre esta cuestión de los compañeros del Sector de la Administración del Estado.
  • 11. www.ccooxustiza.com 11 Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com Tfno do Sector de Xustiza: 619282917 Delegados/as: Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com Sonia ccoosoniaxustizacoruna@gmail.com Ferrol : Ana Abel ccooanabelxustiza@ gmail.com Santiago: Pablo pablonieves@gmail.com Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es Ourense: Sonia soniaxustizaccoo@gmail.com Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com Sector Xustiza Galicia