SlideShare a Scribd company logo
A FILOSOFÍA NO CINE 
Matrix Decodificado 
IES. VIRXE DO MAR. NOIA 
ALICIA EVA GAREA TRABA 
SINOPSE: 
Estes materiais queren conseguir que o alumnado sexa capaz de introducirse na elaboración dun 
xuízo crítico elaborado de forma teórica, a partir da reflexión sobre a triloxía cinematográfica The 
Matrix, de xeito que adquiran algunhas das competencias básicas que establece o curriculum do 
Bacharelato: A formulación crítica de problemas filosóficos, a capacidade de lectura de textos 
fílmicos e a competencia na expresión escrita do pensamento. 
CAMPO DE TRABALLO 
O nivel e complexidade dos temas e os traballos require que sexan aplicados no contexto do 
Bacharelato. Así, o tema “o real” é indicado para traballar como introdución e/ou aplicación de 
coñecementos nos cursos de 1º e 2º de Bacharelato. O tema “relacións entre ser humano e 
tecnoloxía” está pensado para desenvolver en 1º de Bacharelato ou como complemento ás materias 
de Ciencias para o Mundo Contemporáneo e Filosofía da Ciencia e da tecnoloxía. 
Os temas “a liberdade” e “o ser humano” están pensados para introducir estes coñecementos 
vinculándoos á materia de Filosofía de 1º de Bacharelato.
ÍNDICE: 
1. PRESENTACIÓN 
2. GUÍA DIDÁCTICA 
a. Xustificación 
Aprender a aprender 
As secuencias cinematográficas como textos. 
Filosofía e ciencia ficción 
The Matrix 
b. Obxectivos 
c. Contidos 
d. Metodoloxía 
e. Temporalización 
f. Organización 
g. Actividades 
h. Plan de Avaliación 
1. A observación sistemática da vida da aula. 
2. O caderno de Traballo 
3. O traballo colaborativo 
4. A avaliación do alumnado 
3. OUTROS MATERIAIS 
1. PRESENTACIÓN 
A forma de achegar o alumnado aos problemas filosóficos a través do cine supón, xa de seu, unha 
forma lúdica de acadar unha competencia básica na formulación de problemas filosóficos. Sen 
embargo, un dos obstáculos fundamentais ven sendo adquirir a capacidade de superar esa fase lúdica 
para que o alumnado sexa quen de introducirse na elaboración dun xuízo crítico elaborado de forma 
teórica. 
Esta tarefa de abstracción e teorización dun problema filosófico levouse a cabo, na historia da 
ensinanza, xeralmente a través da explicación do profesor e do estudio dos textos históricos. 
Comezar vendo cine persegue, non só achegar os temas ao alumnado, actualizándoos, senón lograr 
involucrar os alumnos e alumnas no desenvolvemento do tema.
2. GUÍA DIDÁCTICA 
a. Xustificación 
Aprendendo a aprender 
Aprender vai máis aló de recompilar información, aprender implica acción, reflexión e 
interacción. Un alumno ou alumna só pode facerse preguntas acerca do mundo social que o 
rodea se primeiro toma conciencia dos esquemas, estruturas e ideas que ten acerca dese 
mundo e de que estas ideas teñen a súa orixe na propia experiencia. As ideas acerca do 
mundo que se constrúen a través da experiencia producen estruturas que dan aos suxeitos 
certo grao de certeza. Estas estruturas constitúen “modelos intuitivos” que, só no caso de se 
faceren explícitos, poden ser susceptibles de reflexión e/ou cambio. 
Por iso é tan importante provocar os contextos que obriguen o alumnado á reflexionar sobre 
esas concepcións, e o cine de ficción abunda en exposicións deste tipo. O noso intento é 
darlle aos alumnos e alumnas a posibilidade de xerar intuicións que poidan servir de base á 
reflexión posterior seguindo a trama dunha película, no que o debate filosófico se propón de 
fondo. 
Esta actividade é fundamentalmente unha investigación práctica na que o soporte básico 
serán as secuencias da película sobre as que se xera a discusión filosófica. Neste contexto 
tratamos de transmitir ao alumnado que: 
Cuestionarnos o coñecemento permanentemente facendo preguntas acerca de 
cuestións que poden parecer obvias é unha forma de avance intelectual. 
As preguntas non as formula quen non sabe, senón que se fan sempre desde 
coñecementos previos, que non sempre son conscientes. 
As preguntas poden ter distintas respostas, e un mesmo problema pode ser enfocado 
desde ópticas diversas. 
As preguntas xorden da reflexión sobre a nosa experiencia 
As secuencias cinematográficas como textos. 
O cine forma parte do noso imaxinario colectivo e, por iso, ofrece unha oportunidade case 
única para a análise das formas de representación do mundo no que vivimos. Resulta 
empiricamente evidente que as mensaxes dos medios de comunicación de masas constitúen 
hoxe o medio comunicativo no que medran as novas xeracións. Os rapaces e rapazas 
recoñecen hoxe as imaxes como o sistema de representación e transmisión de mensaxes máis 
directo e aceptado. Non se pode esquecer que o xeito de establecer comunicación co 
alumnado debe pasar polo uso dos medios de representación que lle son propios, así como 
recoñecer que a imaxe é un dos mellores vehículos para expresar os problemas reais da nosa 
sociedade e, sobre todo, o que mellor conecta coa sensibilidade das novas xeracións. 
Pero a capacidade ou competencia para comprender, interpretar e usar imaxes, require tanto 
comprender a mensaxe que levan consigo como xerar novos coñecementos. Hai imaxes que 
din ou pensan e outras que dan que dicir ou que pensar. Optamos por un uso do cine, non 
meramente instrumental, senón tamén crítico e conformador das nosas representacións: 
O cine nas aulas debe producir espazos e tempos escolares onde se xere a reflexión e 
a polémica.
Debe usarse como unha actividade de traballo e non como un accesorio para facer 
máis agradable a aprendizaxe. Os usos posibles que adquiren as escenas fílmicas neste 
traballo serán: 
Uso Proxectivo: que ofrezan a oportunidade dunha asociación de experiencia 
nos receptores. 
De Identificación: que favorezan a conexión coa realidade inmediata 
De Desequilibrio: que tenten proporcionar un efecto de sorpresa ou 
desconcerto que obrigue os receptores a cuestionar as ideas preestablecidas 
sobre o tema 
De Competencia: que tenten mostrar a pertinencia do tema e as novas dúbidas 
que se suscitan en relación co mesmo. 
O visionado dunha película debe completarse cun repaso das secuencias que se van utilizar 
para centrar o tema. Estas secuencias deben ter unha duración breve que equivale, en 
ocasións, ao tempo de lectura dun texto e o seu visionado pode reforzarse coa lectura do 
guión da escena. 
A natureza das actividades que se propoñen esixe que se deixe sentir a voz do alumnado, 
creando unha comunidade de diálogo que estimule a capacidade de elaborar respostas e 
repensar os problemas filosóficos básicos. 
Filosofía e ciencia ficción 
Basicamente, a filosofía, é o intento de dar resposta ás preguntas que se formula o ser 
humano, tales como “que é o universo”, “cal é a natureza da realidade”, “a posibilidade de 
acceso ao coñecemento”, “o sentido da vida”. Todas estas preguntas e moitas outras teñen 
cabida na especulación filosófica, co único límite da racionalidade e a exclusión de 
xustificacións dogmáticas. 
Os mundos narrativos teñen como fondo o mundo que asumimos como real e as súas leis 
deséñanse a partir da comprensión que temos do mundo real. Así, a narración de ficción 
constrúe mundos análogos ao universo real que permiten comprender mellor a estrutura da 
realidade e mesmo mostran aspectos desta que doutra forma permanecerían en penumbra. A 
ciencia ficción tense ocupado dos interrogantes metafísicos tratándoos cunha amplitude, 
liberdade e imaxinación que non pode permitirse a racionalidade filosófica. 
Na ficción, a verdade asoma a través da fábula, como unha metáfora da realidade, de forma 
que podemos propoñer cuestións que transcenden a propia realidade. Todo traballo de 
ficción instala o espectador dentro dun novo sistema de realidade, con novas posibilidades, 
como se fose un viaxeiro a un novo mundo. O mundo de ficción ten o seu propio sistema de 
coñecementos, crenzas, soños e alucinacións que actúa coma un mundo de segundo orde para 
o espectador o que lle permite crear novas forma de enfrontar o mundo real. 
Escritores como P. K. Dick ou Asimov deron lugar a obras (literarias e cinematográficas) 
nas que temas como “o sentido da vida humana” ou “a posibilidade de vivir nun mundo 
irreal” son o tema principal. Entre outros sirvan como exemplo: 
Dark City (1998) dirixida por Alex Proyas e Desafío Total. (1990) dirixida por Paul 
Verhoeven. Solaris (1972) dirixida por Andrei Tarkovsky. Fundamentalmente xiran ao
redor de como se pode establecer un criterio de certeza para os nosos contidos mentais e 
sobre o criterio de realidade 
Blade Runner. (1982) dirixida por Ridley Scott, I.A 2001 dirixida por Steven Spielberg. ou 
El Hobre Bicentenario 1999 dirixida por Chris Columbus. Fundamentalmente tratan sobre a 
definición do ser humano e o sentido da súa vida. 
The Matrix 
Escollemos para comezar este traballo sobre a Filosofía no cine a Triloxía Matrix porque 
asume toda a problemática anterior e inscríbese nas novas tendencias da Ciencia ficción. 
Nos derradeiros anos a Ciencia Ficción abandona a pretensión de anticipar inventos e 
descubrimentos e comeza a ocuparse do cosmos interior do home. Elixe como un dos seus 
temas as repercusións da ciencia na vida e no futuro do ser humano. Tendencias como o 
“ciberpunk” e a “New Wave” son unha consecuencia deste cambio de enfoque que 
transformou a Ciencia Ficción nunha literatura de ideas que pretende mostrar algúns dos 
problemas do mundo actual. Os avances tecnolóxicos e as consecuencias dun mundo 
dominado polo universo dixital fan de vehículo para o debate sobre as grandes cuestións que 
se propón o ser humano. 
A Triloxía Matrix proponnos un percorrido por estas cuestións entrelazándoas de forma que 
se poden seguir ao longo dos tres filmes a maior parte das teorías que sobre estas cuestións se 
elaboraron na historia da humanidade. 
Na Triloxía Matrix podemos ver a influencia das grandes relixións (Xudeo-cristianismo e 
Budismo), das Mitoloxías (Gregas, Exipcias e Asiáticas), das filosofías (Platonismo, 
Empirismo, Racionalismo...) e, por suposto das Tecnoloxías (Maquinas, Robots, 
Intelixencias Artificiais...). Deste xeito, Podemos ver a Triloxía como unha metáfora do 
percorrido que o ser Humano leva feito para respostar as cuestións fundamentais: que é o 
universo? quen somos? somos libres? onde imos? 
b. Obxectivos 
1. Que o alumnado aprenda a ver, máis aló, do guión argumental da película, un fondo 
simbólico de referencias culturais, que poidan servir para a súa aplicación noutros 
contextos. 
2.Que os alumnos e alumnas usen a película para situar algunhas das reflexións 
filosóficas máis relevantes dun xeito lúdico, pero ao mesmo tempo motivador. Que 
poidan ler unha película como se fose un texto a través do cal se poidan recoñecer as 
formas que os seres humanos tivemos de pensar historicamente os problemas básicos da 
filosofía (a definición do real, a relación do ser humano coa tecnoloxía, o problema da 
liberdade e a propia definición do ser humano) 
3. Que o alumnado poida introducirse no coñecemento dalgúns dos textos máis famosos 
da historia da filosofía dun xeito lúdico 
4. Que o alumnado poida producir a súa propia reflexión sobre os temas sinalados
c. Contidos 
O traballo que se propón inclúe os seguintes temas: 
O real: Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “que é real? . O traballo 
desenvólvese a partir de: 
a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded 
b) presentación en pps sobre o tema 
c) caderno de traballo para o alumno/a 
A liberdade: 
Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “somos libres? O traballo desenvólvese 
a partir de: 
a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions 
b) presentación en pps sobre o tema 
c) caderno de traballo para o alumno/a 
A Tecnoloxía: 
Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “o home ou a máquina? O traballo 
desenvólvese a partir de: 
a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions 
b) presentación en pps sobre o tema 
c) caderno de traballo para o alumno/a 
O Ser humano: 
Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “quen somos? O traballo desenvólvese 
a partir de: 
a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions 
b) presentación en pps sobre o tema 
c) caderno de traballo para o alumno/a 
Ademais no CD pódense atopar: 
The Matrix 
a)Explicación do filme 
b)Ficha de recollida de datos 
The Matrix Reloaded 
a)Explicación do filme 
b)Ficha de recollida de datos 
The Matrix Revolutións 
a)Explicación do filme 
b)Ficha de recollida de datos 
As fontes de Matrix
d. Metodoloxía 
Como queira que a película foi elixida porque propón un debate, non só pola súa temática, 
senón tamén polo seu xénero (ciencia ficción) ten que ser o debate o eixe rector de todo o 
proceso de realización do traballo. As técnicas de traballo colaborativo poden facer moito 
máis produtivo este debate ao organizar o traballo e facer que cada alumno ou alumna 
asuma un rol específico nel. A proposta de traballo que facemos está baseada nesta técnica, 
pero pode tamén levarse a cabo dun xeito menos formal. 
Comézase constituíndo os grupos de traballo. Para iso o profesor ou profesora deberá 
conformar 5 grupos de traballo de 5 alumnos cada un deles (25 alumnos dun aula tipo). É 
fundamental que a constitución dos grupos de faga escollendo unha distribución 
homoxénea dos mesmos. Para iso determinarase o nivel de desenvolvemento moral do 
alumnado e terase en conta as características sociolóxicas dos mesmos: 
-Non deberán coincidir no mesmo grupo os alumnos e alumnas co mellor 
desenvolvemento moral. Para evitar isto, e previamente ao inicio do traballo pode 
presentarse ao alumnado un dilema moral que demostre o seu grao de razoamento. 
-Deberán distribuírse con coidado os alumnos desprazados dentro da aula, 
mesturándoos con alumnos moi aceptados. 
-Debe distribuírse equitativamente o número de nenos e nenas. 
Os elementos dos grupos así formados terán máis oportunidades de formarse mutuamente. 
Na primeira reunión dos grupos constituídos terán que distribuírse as funcións e traballos. 
Todos os grupos realizarán o mesmo traballo e, todos eles, seleccionarán un experto en 
cada un dos temas a debater. Os roles e funcións poden distribuírse seguindo o seguinte 
documento: 
MATRIX E A LIBERDADE 
(EXEMPLO) 
CALENDARIO DE REUNIÓNS 
REUNIÓNS INTERGRUPAIS DE EXPERTOS: (a proposta do profesor) 
Deben servir para poñer en común os diversos aspectos que cada grupo pensa que se deben 
tratar no tema. É importante que un dos asistentes tome nota para que logo poida presentar ao 
seu grupo as diversas propostas. 
REUNIÓNS DE GRUPO (a proposta dos alumnos, pero deben coordinarse coas 
reunións de expertos) Teñen que servir para poñer en común as distintas fases do traballo e 
decidir cal vai ser a liña a seguir. Deberá tomarse nota das decisións que se tomen para que 
todo o mundo teña claro o modelo de traballo a seguir. O experto en cada tema deberá 
comezar explicando como debe abordarse o tema e logo o grupo suxerir propostas.
Fixarase un calendario de traballo que contemple as reunións e as datas de entrega. 
PLANTEXAMENTO E REPARTO DE TAREFAS………DATA: 
POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 1).…………...DATA: 
POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 2).…………...DATA: 
POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 3).…………...DATA: 
POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 4).…………...DATA: 
POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 5).…………...DATA: 
REVISIÓN DE TRABALLOS……………………………..DATA: 
DESPOIS DA REUNIÓN INTERGRUPAL……………….DATA: 
REVISIÓN XERAL DOS CONTIDOS.....………………...DATA: 
ELABORACIÓN DA PRESENTACIÓN………………….DATA: 
FINALIZACIÓN DO TRABALLO………………………...DATA: 
AS ELECCIÓNS DE NEO 1………………………….……DATA: 
AS ELECCIÓNS DE NEO 2………..……………………...DATA: 
AS ELECCIÓNS DE NEO 3 ……………………………...DATA: 
LIBERDADE OU DESTINO…..…………………………..DATA: 
LIBERDADE OU DETERMINISMO………..…………….DATA: 
Finalmente, cada grupo presentará o seu traballo e conclusións ante o resto dos grupos. 
e. Temporalización 
2º Bacharelato. O problema do Real. (este traballo está pensado para realizarse ao longo 
do curso académico tendo en conta que debe realizarse a medida que se van impartindo as 
clases de historia da filosofía. Non debe verse a segunda película antes de ter comezado a 
impartir a filosofía moderna e debe deixarse para final de curso a derradeira película da 
triloxía) 
1º Trimestre: 
Visionado The Matrix Duración: 136 min. 3 clases. 
Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta. 1 clase 
♣Traballo cos autores da Época Clásica. 
Elaboración das cuestións sobre The Matrix 3 clases. 
2º Trimestre: 
Visionado The Matrix Reloaded. Duración: 138 min. 3 clases 
Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta 1 clase 
♣Traballo cos autores da Época Moderna 
Elaboración das cuestións sobre The Matrix Rloaded 3 clases 
Presentación Power Point sobre o tema do Real 2 clases 
3º Trimestre: 
Elaboración do traballo final 
Presentación 1 clase por grupo
1º de Bacharelato: 
O problema do Ser humano: Quen somos?: 1º Trimestre: 
Este traballo está pensado para poder realizarse como reforzo das clases de filosofía e/ ou 
antropoloxía, para traballar o tema da definición do ser humano. Deberá traballarse 
conxuntamente cos temas: -O dobre proceso de evolución biolóxica e cultural: 
hominización e humanización. E -A dialéctica entre natureza e cultura e as diferentes 
concepcións do ser humano a que dá lugar. 
O problema da liberdade: Somos libres?: Este traballo está pensado para poder 
realizarse como reforzo das clases de filosofía e/ ou antropoloxía, para traballar o tema da 
liberdade. Deberá traballarse conxuntamente cos temas: -Os fundamentos da acción moral: 
liberdade e responsabilidade. E -O tránsito da heteronomía á autonomía moral. 
A tecnoloxía e o Ser humano: Homes ou máquinas?: traballo está pensado para poder 
realizarse como reforzo das clases de filosofía e/ ou ciencias para o mundo contemporáneo, 
para traballar o tema do uso e abuso da tecnoloxía polo ser humano. Deberá traballarse 
conxuntamente cos temas: -A revolución tecnolóxica da comunicación e tratamento da 
información. Repercusións na vida cotiá. E -A sociedade da información e as súas 
oportunidades e riscos. 
En calquera dos casos a temporalización deberá ser a seguinte: 
Visionado The Matrix Duración: 136 min. 3 clases. 
Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta. 1 clase 
Elaboración das cuestións sobre The Matrix 3 clases. 
Posta en común das cuestións (con discusión aberta) 1 clase 
Visionado The Matrix Reloaded. Duración: 138 min. 3 clases 
Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta 1 clase 
Elaboración das cuestións sobre The Matrix Rloaded 3 clases 
Posta en común das cuestións (con discusión aberta) 1 clase 
Visionado The Matrix Revolutions. Duración: 130 min. 3 clases 
Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta 1 clase 
Elaboración das cuestións sobre The Matrix Rloaded 3 clases 
Posta en común das cuestións (con discusión aberta) 1 clase 
Presentación Power Point sobre o tema do Ser humano 1 clase (a cargo do 
profesor) 
Elaboración do traballo final (fora da clase) e Presentación 1 clase por grupo
f. Organización 
1. Visionado das películas. (Preferentemente na aula de vídeo e a pantalla completa) 
2. Despois de cada unha das películas deberá realizarse o cuestionario correspondente a 
cada unha e a lectura dos textos que se aportan. Débese facer inmediatamente despois de 
ver as películas na propia aula de vídeo ou ben na aula ordinaria. Este traballo deberá 
facerse de forma individual. 
3. O profesor deberá explicar a película mediante os powerpoints correspondentes ao tema 
elixido. Deben volver a visualizarse as escenas a través dos vínculos para poder 
comprender as explicacións 
4. O alumnado realizará un traballo final de reflexión sobre a película e o tema, seguindo os 
guións de traballo que poderán imprimir desde o CD. Este traballo poderá realizarse 
seguindo a técnica do traballo colaborativo. Este traballo pode comezarse na clase e 
continuarse fóra dela e deberá rematar cunha exposición ao resto da clase sobre o tema 
proposto. 
g. Actividades 
Reflexión sobre secuencias audiovisuais: Recoñecer as analoxías que se establecen 
entre as secuencias e os textos propostos, así como entre as secuencias e os problemas 
presentados. Emitir novos xuízos sobre a secuencia propoñendo interpretacións 
alternativas. 
Lectura de textos filosóficos: Entre todos os obxectivos deste materiais é básico non 
esquecer o fundamental, capacitar o noso alumnado para traballar coa ferramenta de 
traballo intelectual máis potente que existe, a capacidade de entender as mensaxes 
escritas, de analizar, sintetizar e expoñer as ideas dun texto, porque só a partir da 
lectura dos pensamentos dos outros poderemos xestionar e potenciar a nosa propia 
forma de ver o mundo. 
Investigación na Rede sobre os temas propostos: Investigación guiada pola rede 
para a recompilación da información debe ir acompañada sempre da clasificación da 
información, o carácter das fontes a fiabilidade...etc 
Elaboración de materiais en diversos soportes: permita producir eles mesmos 
textos escritos, conceptualmente ben expostos, usando as ferramentas propias dun 
pensamento racional. Producir presentacións usando diferentes soportes dixitais (pps, 
movies, webs ou blogs). 
h. Plan de Avaliación 
A avaliación deste proxecto levouse a cabo mediante 4 mecanismos básicos: 
1. A observación sistemática da vida da aula. 
2. O caderno de Traballo 
3. O traballo colaborativo 
4. A avaliación do alumnado
1. A observación sistemática da vida da aula, valorando o grao de participación, o 
esforzo realizado, o interese e implicación nas tarefas diarias, os intercambios e 
intervencións orais, as exposicións de informacións específicas etc. 
TRABALLO NA AULA 
ESTUDIANTE____________________________________________________________ 
CUALIFICACIÓN 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 
Esforzo 
Implicacións nas 
tarefas diarias 
Intervencións orais 
oportunas 
Cooperación co 
grupo de clase 
Achegas persoais 
CUALIFICACIÓN MEDIA: 
Os resultados xerais que puidemos observar na aplicación destes materiais foi un elevado 
incremento nas intervencións orais e na cooperación co grupo de clase. En cambio o esforzo 
individual non se veu aumentado nin a implicación nas tarefas diarias. Na gráfica adxunta 
pódense observar as porcentaxes de cualificacións acadadas. 
TRABALLO NA AULA : O Problema do Real 
2º BACH 
70 estudiantes 
0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 
Esforzo Implicación Intervención Cooperación Achegas
2. O caderno de Traballo: nel aparecen reflectidas actividades propostas para cada tema. 
Debe valorarse, ademais do traballo, as achegas persoais do estudiante, a presentación do 
traballo a súa completude, etc. 
APELIDOS E NOME: 
CURSO: 
CUALIFICACIÓN DATA: 10 8 6 4 1 
Actividades: 1 2 3 4 5 6 7 
Están completas. 
Están razoadas as respostas. 
Está corrixido 
Aspectos xerais. 
Redacción do traballo. 
Ortografía. 
Aspecto xeral do traballo. 
Achegas persoais: 
Comentarios persoais sobre outros textos, imaxes…. 
Aplicacións a situación distintas das plantexadas 
Achegas de opinións persoais razoadas 
Presentación de materiais alternativos 
CUALIFICACIÓN GLOBAL 10 8 6 4 1 
Observacións: 
S: Sí. N: No 
Os resultados que puidemos observar respecto ao Caderno de Traballo foi un aumento 
significativo na capacidade de razoamento e na aplicación deste a situacións filosóficas 
significativas. En xeral, os cadernos completáronse con rapidez e foi significativa a ausencia 
de presentación de materiais alternativos.
Traballos colaborativos, elaborados a nivel grupal. Valóranse segundo a seguinte ficha 
TRABALLO COLABORATIVO GRUPAL 
TÍTULO___________________________________________ 
ESTUDIANTE____________________________________________________________ 
6 8 10 
Cooperación 
• Achega de algunha 
idea 
• Achega dalgunha idea 
• Achega de novos 
puntos de vista sobre o 
problema. 
• Achega dalgunha idea 
• Achega de novos puntos de vista 
sobre o problema. 
• Participación moi activa. 
• Vinculación estreita co grupo. 
Responsabilidade 
Individual 
• Elaboración da 
parte individual do 
traballo 
• Elaboración da parte 
individual do traballo 
Posta en común do 
traballo individual 
• Elaboración e 
aceptación de críticas. 
• Elaboración da parte individual 
do traballo Posta en común do 
traballo individual 
• Elaboración e aceptación de 
críticas. 
• Adaptación do traballo individual 
incorporando as achegas dos 
compañeiros. 
Dinámica de 
interacción 
• Seguindo as 
indicacións do 
profesor. 
• Seguindo as indicacións 
do profesor. 
• Segundo as necesidades 
de cada momento 
• Seguindo as indicacións do 
profesor. 
• Segundo as necesidades de cada 
momento 
• Aceptaron os cambios de 
situación, reformando o grupo. 
Resolución de 
conflictos 
• Escoita as opinións 
dos compañeiros 
• Escoita as opinións dos 
compañeiros 
• Aporta opinións 
argumentadas 
• Escoita as opinións dos 
compañeiros 
• Aporta opinións argumentadas 
• Chegan a un consenso 
Organización del 
espacio y el 
Tiempo 
• Presentan o 
traballo no prazo 
proposto polo 
profesor. 
• Presenta o traballo no 
prazo proposto. 
• Organizan o calendario 
e cumpren os seus 
prazos. 
• Presentan o traballo no prazo 
proposto. 
• Organizan o calendario e 
cumpren os seus prazos. 
• Cumpren coas reunións de 
traballo 
Criterios de 
organización del 
material 
• Presentan o 
material 
organizado 
• Presentan o material 
organizado. 
• Organizan o material 
segundo criterios 
lóxicos e coherentes. 
coherentes 
• Presentan o material organizado. 
• Organizan o material segundo 
criterios lóxicos e coherentes. 
coherentes 
• Establecen previamente os 
criterios lóxicos (cronolóxicos ou 
temáticos) en función do tema 
CUALIFICACIÓN 
MEDIA
4.- A avaliación dos materiais razoada, encamiñada a autorregular a propia aprendizaxe con 
responsabilidade e autonomía. Ademais de fomentar a autoestima do alumnado, pode aportar 
unha valiosa información sobre as expectativas de éxito ou fracaso. Compromete ademais, 
democraticamente, o alumnado na valoración da propia aprendizaxe e na toma de decisións. 
Esta avaliación é especialmente indicativa para a reformulación do traballo. Neste caso 
levouse a cabo coa seguinte enquisa: 
ENQUISA DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS 
APELIDOS E NOME: __________________________________ 
CURSO: 
Valora de 1 a 10 segundo o teu grao de conformidade co enunciado 
Sobre os contidos. 
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 
Son interesantes. 
Son adecuados. 
Son excesivos 
Influíron sobre a miña opinión respecto ao tema. 
Sobre os materiais: 
Comprendín os textos 
A película axudoume a entender os contidos 
Entendín mellor os textos despois de ver a película. 
A película foi axeitada para o tema 
Sobre a película: 
É un bo medio de achegarse á filosofía 
É excesivamente longa 
Non entendín nada 
Non gusto da ciencia-ficción 
Sobre as explicacións do profesor 
Axudáronme a entender os materiais 
Foron fáciles de entender 
Usa unha linguaxe moi técnica 
Foron suficientes 
Os resultados da enquisa que se levou a cabo entre o alumnado foi bastante irregular. Os 
mellores resultados obtivéronse entre o alumnado de 2º de Bacharelato, entre os que a
discusión deu moitos froitos, sobre todo despois de acadar uns coñecementos teóricos de 
historia da filosofía. A opinión maioritaria foi que a metáfora Matrix permitía comprender 
mellor a teoría Platónica e Cartesiana respecto da verdade. A comprensión dos elementos 
mitolóxicos implícitos na película axudaron tamén na comprensión dos textos da época 
clásica. 
A obxección máis xeralizada foi a relativa ao tempo dedicado á actividade, a extensión da 
película e os inconvintes de vela en etapas. O resultado da enquisa entre o alumnado de 2º 
de Bacharelato tivo as seguintes porcentaxes: 
ENQUISA DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS 
Sobre os contidos. 
Son interesantes. 
Son adecuados. 
Son excesivos 
Influíron sobre a miña opinión respecto ao tema. 
Sobre os materiais: 
Comprendín os textos 
A película axudoume a entender os contidos 
Entendín mellor despois de ver a película. 
A película foi axeitada para o tema 
Sobre a película: 
É un bo medio de achegarse á filosofía 
É excesivamente longa 
Non entendín nada 
Non gusto da ciencia-ficción 
Sobre as explicacións do profesor 
Axudáronme a entender os materiais 
Foron fáciles de entender 
Usa unha linguaxe moi técnica 
Foron suficientes 
3. OUTROS MATERIAIS: CD-ROM (versión completa para o profesorado) Inclúe un CD 
autoexecutable con todos os materiais necesarios para realizar estas actividades.

More Related Content

Similar to Memoria Matrix Decodificado

Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
Eva Garea
 
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)
Jurjo Torres Santomé
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
MANEIRO
 
Bacon-08-09-t2
Bacon-08-09-t2Bacon-08-09-t2
Bacon-08-09-t2
Filosofia Ies A Pinguela
 
Epadidactica
EpadidacticaEpadidactica
Epadidactica
petiska1961
 
Programación de Filosofia I
Programación de Filosofia IProgramación de Filosofia I
Programación de Filosofia I
Eva Garea
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
Jurjo Torres Santomé
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
Eva Garea
 
Ud 0 final juani
Ud 0 final juaniUd 0 final juani
Ud 0 final juanijuanapardo
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
satelite1
 
LGMEDIA - 1 - HIPERTEXTO
LGMEDIA - 1 - HIPERTEXTOLGMEDIA - 1 - HIPERTEXTO
LGMEDIA - 1 - HIPERTEXTOManuel Gago
 
Que es filosofia2
Que es filosofia2Que es filosofia2
Que es filosofia2Eva Garea
 
Programa didáctico da rede museística
Programa didáctico da rede museísticaPrograma didáctico da rede museística
Programa didáctico da rede museística
Encarna Lago
 
Filosofar a martelazos
Filosofar a martelazosFilosofar a martelazos
Filosofar a martelazos
eparib
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
José Luis González Arias
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
Eva Garea
 
Pau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofiaPau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofia
Filosofia Ies A Pinguela
 

Similar to Memoria Matrix Decodificado (20)

Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
 
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
Bacon-08-09-t2
Bacon-08-09-t2Bacon-08-09-t2
Bacon-08-09-t2
 
Epadidactica
EpadidacticaEpadidactica
Epadidactica
 
Programación de Filosofia I
Programación de Filosofia IProgramación de Filosofia I
Programación de Filosofia I
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
 
Ud 0 final juani
Ud 0 final juaniUd 0 final juani
Ud 0 final juani
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
LGMEDIA - 1 - HIPERTEXTO
LGMEDIA - 1 - HIPERTEXTOLGMEDIA - 1 - HIPERTEXTO
LGMEDIA - 1 - HIPERTEXTO
 
Que es filosofia2
Que es filosofia2Que es filosofia2
Que es filosofia2
 
Programa didáctico da rede museística
Programa didáctico da rede museísticaPrograma didáctico da rede museística
Programa didáctico da rede museística
 
Filosofar a martelazos
Filosofar a martelazosFilosofar a martelazos
Filosofar a martelazos
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
 
Unidade 4
Unidade 4Unidade 4
Unidade 4
 
Pau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofiaPau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofia
 

More from Eva Garea

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
Eva Garea
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
Eva Garea
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
Eva Garea
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
Eva Garea
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
Eva Garea
 
O eu
O euO eu
O eu
Eva Garea
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
Eva Garea
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
Eva Garea
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
Eva Garea
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
Eva Garea
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
Eva Garea
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Eva Garea
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
Eva Garea
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
Eva Garea
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
Eva Garea
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
Eva Garea
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
Eva Garea
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
Eva Garea
 
John locke
John locke John locke
John locke
Eva Garea
 

More from Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 
John locke
John locke John locke
John locke
 

Memoria Matrix Decodificado

  • 1. A FILOSOFÍA NO CINE Matrix Decodificado IES. VIRXE DO MAR. NOIA ALICIA EVA GAREA TRABA SINOPSE: Estes materiais queren conseguir que o alumnado sexa capaz de introducirse na elaboración dun xuízo crítico elaborado de forma teórica, a partir da reflexión sobre a triloxía cinematográfica The Matrix, de xeito que adquiran algunhas das competencias básicas que establece o curriculum do Bacharelato: A formulación crítica de problemas filosóficos, a capacidade de lectura de textos fílmicos e a competencia na expresión escrita do pensamento. CAMPO DE TRABALLO O nivel e complexidade dos temas e os traballos require que sexan aplicados no contexto do Bacharelato. Así, o tema “o real” é indicado para traballar como introdución e/ou aplicación de coñecementos nos cursos de 1º e 2º de Bacharelato. O tema “relacións entre ser humano e tecnoloxía” está pensado para desenvolver en 1º de Bacharelato ou como complemento ás materias de Ciencias para o Mundo Contemporáneo e Filosofía da Ciencia e da tecnoloxía. Os temas “a liberdade” e “o ser humano” están pensados para introducir estes coñecementos vinculándoos á materia de Filosofía de 1º de Bacharelato.
  • 2. ÍNDICE: 1. PRESENTACIÓN 2. GUÍA DIDÁCTICA a. Xustificación Aprender a aprender As secuencias cinematográficas como textos. Filosofía e ciencia ficción The Matrix b. Obxectivos c. Contidos d. Metodoloxía e. Temporalización f. Organización g. Actividades h. Plan de Avaliación 1. A observación sistemática da vida da aula. 2. O caderno de Traballo 3. O traballo colaborativo 4. A avaliación do alumnado 3. OUTROS MATERIAIS 1. PRESENTACIÓN A forma de achegar o alumnado aos problemas filosóficos a través do cine supón, xa de seu, unha forma lúdica de acadar unha competencia básica na formulación de problemas filosóficos. Sen embargo, un dos obstáculos fundamentais ven sendo adquirir a capacidade de superar esa fase lúdica para que o alumnado sexa quen de introducirse na elaboración dun xuízo crítico elaborado de forma teórica. Esta tarefa de abstracción e teorización dun problema filosófico levouse a cabo, na historia da ensinanza, xeralmente a través da explicación do profesor e do estudio dos textos históricos. Comezar vendo cine persegue, non só achegar os temas ao alumnado, actualizándoos, senón lograr involucrar os alumnos e alumnas no desenvolvemento do tema.
  • 3. 2. GUÍA DIDÁCTICA a. Xustificación Aprendendo a aprender Aprender vai máis aló de recompilar información, aprender implica acción, reflexión e interacción. Un alumno ou alumna só pode facerse preguntas acerca do mundo social que o rodea se primeiro toma conciencia dos esquemas, estruturas e ideas que ten acerca dese mundo e de que estas ideas teñen a súa orixe na propia experiencia. As ideas acerca do mundo que se constrúen a través da experiencia producen estruturas que dan aos suxeitos certo grao de certeza. Estas estruturas constitúen “modelos intuitivos” que, só no caso de se faceren explícitos, poden ser susceptibles de reflexión e/ou cambio. Por iso é tan importante provocar os contextos que obriguen o alumnado á reflexionar sobre esas concepcións, e o cine de ficción abunda en exposicións deste tipo. O noso intento é darlle aos alumnos e alumnas a posibilidade de xerar intuicións que poidan servir de base á reflexión posterior seguindo a trama dunha película, no que o debate filosófico se propón de fondo. Esta actividade é fundamentalmente unha investigación práctica na que o soporte básico serán as secuencias da película sobre as que se xera a discusión filosófica. Neste contexto tratamos de transmitir ao alumnado que: Cuestionarnos o coñecemento permanentemente facendo preguntas acerca de cuestións que poden parecer obvias é unha forma de avance intelectual. As preguntas non as formula quen non sabe, senón que se fan sempre desde coñecementos previos, que non sempre son conscientes. As preguntas poden ter distintas respostas, e un mesmo problema pode ser enfocado desde ópticas diversas. As preguntas xorden da reflexión sobre a nosa experiencia As secuencias cinematográficas como textos. O cine forma parte do noso imaxinario colectivo e, por iso, ofrece unha oportunidade case única para a análise das formas de representación do mundo no que vivimos. Resulta empiricamente evidente que as mensaxes dos medios de comunicación de masas constitúen hoxe o medio comunicativo no que medran as novas xeracións. Os rapaces e rapazas recoñecen hoxe as imaxes como o sistema de representación e transmisión de mensaxes máis directo e aceptado. Non se pode esquecer que o xeito de establecer comunicación co alumnado debe pasar polo uso dos medios de representación que lle son propios, así como recoñecer que a imaxe é un dos mellores vehículos para expresar os problemas reais da nosa sociedade e, sobre todo, o que mellor conecta coa sensibilidade das novas xeracións. Pero a capacidade ou competencia para comprender, interpretar e usar imaxes, require tanto comprender a mensaxe que levan consigo como xerar novos coñecementos. Hai imaxes que din ou pensan e outras que dan que dicir ou que pensar. Optamos por un uso do cine, non meramente instrumental, senón tamén crítico e conformador das nosas representacións: O cine nas aulas debe producir espazos e tempos escolares onde se xere a reflexión e a polémica.
  • 4. Debe usarse como unha actividade de traballo e non como un accesorio para facer máis agradable a aprendizaxe. Os usos posibles que adquiren as escenas fílmicas neste traballo serán: Uso Proxectivo: que ofrezan a oportunidade dunha asociación de experiencia nos receptores. De Identificación: que favorezan a conexión coa realidade inmediata De Desequilibrio: que tenten proporcionar un efecto de sorpresa ou desconcerto que obrigue os receptores a cuestionar as ideas preestablecidas sobre o tema De Competencia: que tenten mostrar a pertinencia do tema e as novas dúbidas que se suscitan en relación co mesmo. O visionado dunha película debe completarse cun repaso das secuencias que se van utilizar para centrar o tema. Estas secuencias deben ter unha duración breve que equivale, en ocasións, ao tempo de lectura dun texto e o seu visionado pode reforzarse coa lectura do guión da escena. A natureza das actividades que se propoñen esixe que se deixe sentir a voz do alumnado, creando unha comunidade de diálogo que estimule a capacidade de elaborar respostas e repensar os problemas filosóficos básicos. Filosofía e ciencia ficción Basicamente, a filosofía, é o intento de dar resposta ás preguntas que se formula o ser humano, tales como “que é o universo”, “cal é a natureza da realidade”, “a posibilidade de acceso ao coñecemento”, “o sentido da vida”. Todas estas preguntas e moitas outras teñen cabida na especulación filosófica, co único límite da racionalidade e a exclusión de xustificacións dogmáticas. Os mundos narrativos teñen como fondo o mundo que asumimos como real e as súas leis deséñanse a partir da comprensión que temos do mundo real. Así, a narración de ficción constrúe mundos análogos ao universo real que permiten comprender mellor a estrutura da realidade e mesmo mostran aspectos desta que doutra forma permanecerían en penumbra. A ciencia ficción tense ocupado dos interrogantes metafísicos tratándoos cunha amplitude, liberdade e imaxinación que non pode permitirse a racionalidade filosófica. Na ficción, a verdade asoma a través da fábula, como unha metáfora da realidade, de forma que podemos propoñer cuestións que transcenden a propia realidade. Todo traballo de ficción instala o espectador dentro dun novo sistema de realidade, con novas posibilidades, como se fose un viaxeiro a un novo mundo. O mundo de ficción ten o seu propio sistema de coñecementos, crenzas, soños e alucinacións que actúa coma un mundo de segundo orde para o espectador o que lle permite crear novas forma de enfrontar o mundo real. Escritores como P. K. Dick ou Asimov deron lugar a obras (literarias e cinematográficas) nas que temas como “o sentido da vida humana” ou “a posibilidade de vivir nun mundo irreal” son o tema principal. Entre outros sirvan como exemplo: Dark City (1998) dirixida por Alex Proyas e Desafío Total. (1990) dirixida por Paul Verhoeven. Solaris (1972) dirixida por Andrei Tarkovsky. Fundamentalmente xiran ao
  • 5. redor de como se pode establecer un criterio de certeza para os nosos contidos mentais e sobre o criterio de realidade Blade Runner. (1982) dirixida por Ridley Scott, I.A 2001 dirixida por Steven Spielberg. ou El Hobre Bicentenario 1999 dirixida por Chris Columbus. Fundamentalmente tratan sobre a definición do ser humano e o sentido da súa vida. The Matrix Escollemos para comezar este traballo sobre a Filosofía no cine a Triloxía Matrix porque asume toda a problemática anterior e inscríbese nas novas tendencias da Ciencia ficción. Nos derradeiros anos a Ciencia Ficción abandona a pretensión de anticipar inventos e descubrimentos e comeza a ocuparse do cosmos interior do home. Elixe como un dos seus temas as repercusións da ciencia na vida e no futuro do ser humano. Tendencias como o “ciberpunk” e a “New Wave” son unha consecuencia deste cambio de enfoque que transformou a Ciencia Ficción nunha literatura de ideas que pretende mostrar algúns dos problemas do mundo actual. Os avances tecnolóxicos e as consecuencias dun mundo dominado polo universo dixital fan de vehículo para o debate sobre as grandes cuestións que se propón o ser humano. A Triloxía Matrix proponnos un percorrido por estas cuestións entrelazándoas de forma que se poden seguir ao longo dos tres filmes a maior parte das teorías que sobre estas cuestións se elaboraron na historia da humanidade. Na Triloxía Matrix podemos ver a influencia das grandes relixións (Xudeo-cristianismo e Budismo), das Mitoloxías (Gregas, Exipcias e Asiáticas), das filosofías (Platonismo, Empirismo, Racionalismo...) e, por suposto das Tecnoloxías (Maquinas, Robots, Intelixencias Artificiais...). Deste xeito, Podemos ver a Triloxía como unha metáfora do percorrido que o ser Humano leva feito para respostar as cuestións fundamentais: que é o universo? quen somos? somos libres? onde imos? b. Obxectivos 1. Que o alumnado aprenda a ver, máis aló, do guión argumental da película, un fondo simbólico de referencias culturais, que poidan servir para a súa aplicación noutros contextos. 2.Que os alumnos e alumnas usen a película para situar algunhas das reflexións filosóficas máis relevantes dun xeito lúdico, pero ao mesmo tempo motivador. Que poidan ler unha película como se fose un texto a través do cal se poidan recoñecer as formas que os seres humanos tivemos de pensar historicamente os problemas básicos da filosofía (a definición do real, a relación do ser humano coa tecnoloxía, o problema da liberdade e a propia definición do ser humano) 3. Que o alumnado poida introducirse no coñecemento dalgúns dos textos máis famosos da historia da filosofía dun xeito lúdico 4. Que o alumnado poida producir a súa propia reflexión sobre os temas sinalados
  • 6. c. Contidos O traballo que se propón inclúe os seguintes temas: O real: Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “que é real? . O traballo desenvólvese a partir de: a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded b) presentación en pps sobre o tema c) caderno de traballo para o alumno/a A liberdade: Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “somos libres? O traballo desenvólvese a partir de: a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions b) presentación en pps sobre o tema c) caderno de traballo para o alumno/a A Tecnoloxía: Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “o home ou a máquina? O traballo desenvólvese a partir de: a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions b) presentación en pps sobre o tema c) caderno de traballo para o alumno/a O Ser humano: Unha proposta de traballo para respostar á cuestión “quen somos? O traballo desenvólvese a partir de: a) escenas das películas The Matrix e The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions b) presentación en pps sobre o tema c) caderno de traballo para o alumno/a Ademais no CD pódense atopar: The Matrix a)Explicación do filme b)Ficha de recollida de datos The Matrix Reloaded a)Explicación do filme b)Ficha de recollida de datos The Matrix Revolutións a)Explicación do filme b)Ficha de recollida de datos As fontes de Matrix
  • 7. d. Metodoloxía Como queira que a película foi elixida porque propón un debate, non só pola súa temática, senón tamén polo seu xénero (ciencia ficción) ten que ser o debate o eixe rector de todo o proceso de realización do traballo. As técnicas de traballo colaborativo poden facer moito máis produtivo este debate ao organizar o traballo e facer que cada alumno ou alumna asuma un rol específico nel. A proposta de traballo que facemos está baseada nesta técnica, pero pode tamén levarse a cabo dun xeito menos formal. Comézase constituíndo os grupos de traballo. Para iso o profesor ou profesora deberá conformar 5 grupos de traballo de 5 alumnos cada un deles (25 alumnos dun aula tipo). É fundamental que a constitución dos grupos de faga escollendo unha distribución homoxénea dos mesmos. Para iso determinarase o nivel de desenvolvemento moral do alumnado e terase en conta as características sociolóxicas dos mesmos: -Non deberán coincidir no mesmo grupo os alumnos e alumnas co mellor desenvolvemento moral. Para evitar isto, e previamente ao inicio do traballo pode presentarse ao alumnado un dilema moral que demostre o seu grao de razoamento. -Deberán distribuírse con coidado os alumnos desprazados dentro da aula, mesturándoos con alumnos moi aceptados. -Debe distribuírse equitativamente o número de nenos e nenas. Os elementos dos grupos así formados terán máis oportunidades de formarse mutuamente. Na primeira reunión dos grupos constituídos terán que distribuírse as funcións e traballos. Todos os grupos realizarán o mesmo traballo e, todos eles, seleccionarán un experto en cada un dos temas a debater. Os roles e funcións poden distribuírse seguindo o seguinte documento: MATRIX E A LIBERDADE (EXEMPLO) CALENDARIO DE REUNIÓNS REUNIÓNS INTERGRUPAIS DE EXPERTOS: (a proposta do profesor) Deben servir para poñer en común os diversos aspectos que cada grupo pensa que se deben tratar no tema. É importante que un dos asistentes tome nota para que logo poida presentar ao seu grupo as diversas propostas. REUNIÓNS DE GRUPO (a proposta dos alumnos, pero deben coordinarse coas reunións de expertos) Teñen que servir para poñer en común as distintas fases do traballo e decidir cal vai ser a liña a seguir. Deberá tomarse nota das decisións que se tomen para que todo o mundo teña claro o modelo de traballo a seguir. O experto en cada tema deberá comezar explicando como debe abordarse o tema e logo o grupo suxerir propostas.
  • 8. Fixarase un calendario de traballo que contemple as reunións e as datas de entrega. PLANTEXAMENTO E REPARTO DE TAREFAS………DATA: POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 1).…………...DATA: POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 2).…………...DATA: POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 3).…………...DATA: POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 4).…………...DATA: POSTA EN COMÚN PRELIMINAR (parte 5).…………...DATA: REVISIÓN DE TRABALLOS……………………………..DATA: DESPOIS DA REUNIÓN INTERGRUPAL……………….DATA: REVISIÓN XERAL DOS CONTIDOS.....………………...DATA: ELABORACIÓN DA PRESENTACIÓN………………….DATA: FINALIZACIÓN DO TRABALLO………………………...DATA: AS ELECCIÓNS DE NEO 1………………………….……DATA: AS ELECCIÓNS DE NEO 2………..……………………...DATA: AS ELECCIÓNS DE NEO 3 ……………………………...DATA: LIBERDADE OU DESTINO…..…………………………..DATA: LIBERDADE OU DETERMINISMO………..…………….DATA: Finalmente, cada grupo presentará o seu traballo e conclusións ante o resto dos grupos. e. Temporalización 2º Bacharelato. O problema do Real. (este traballo está pensado para realizarse ao longo do curso académico tendo en conta que debe realizarse a medida que se van impartindo as clases de historia da filosofía. Non debe verse a segunda película antes de ter comezado a impartir a filosofía moderna e debe deixarse para final de curso a derradeira película da triloxía) 1º Trimestre: Visionado The Matrix Duración: 136 min. 3 clases. Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta. 1 clase ♣Traballo cos autores da Época Clásica. Elaboración das cuestións sobre The Matrix 3 clases. 2º Trimestre: Visionado The Matrix Reloaded. Duración: 138 min. 3 clases Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta 1 clase ♣Traballo cos autores da Época Moderna Elaboración das cuestións sobre The Matrix Rloaded 3 clases Presentación Power Point sobre o tema do Real 2 clases 3º Trimestre: Elaboración do traballo final Presentación 1 clase por grupo
  • 9. 1º de Bacharelato: O problema do Ser humano: Quen somos?: 1º Trimestre: Este traballo está pensado para poder realizarse como reforzo das clases de filosofía e/ ou antropoloxía, para traballar o tema da definición do ser humano. Deberá traballarse conxuntamente cos temas: -O dobre proceso de evolución biolóxica e cultural: hominización e humanización. E -A dialéctica entre natureza e cultura e as diferentes concepcións do ser humano a que dá lugar. O problema da liberdade: Somos libres?: Este traballo está pensado para poder realizarse como reforzo das clases de filosofía e/ ou antropoloxía, para traballar o tema da liberdade. Deberá traballarse conxuntamente cos temas: -Os fundamentos da acción moral: liberdade e responsabilidade. E -O tránsito da heteronomía á autonomía moral. A tecnoloxía e o Ser humano: Homes ou máquinas?: traballo está pensado para poder realizarse como reforzo das clases de filosofía e/ ou ciencias para o mundo contemporáneo, para traballar o tema do uso e abuso da tecnoloxía polo ser humano. Deberá traballarse conxuntamente cos temas: -A revolución tecnolóxica da comunicación e tratamento da información. Repercusións na vida cotiá. E -A sociedade da información e as súas oportunidades e riscos. En calquera dos casos a temporalización deberá ser a seguinte: Visionado The Matrix Duración: 136 min. 3 clases. Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta. 1 clase Elaboración das cuestións sobre The Matrix 3 clases. Posta en común das cuestións (con discusión aberta) 1 clase Visionado The Matrix Reloaded. Duración: 138 min. 3 clases Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta 1 clase Elaboración das cuestións sobre The Matrix Rloaded 3 clases Posta en común das cuestións (con discusión aberta) 1 clase Visionado The Matrix Revolutions. Duración: 130 min. 3 clases Elaboración da Ficha do Filme e discusión aberta 1 clase Elaboración das cuestións sobre The Matrix Rloaded 3 clases Posta en común das cuestións (con discusión aberta) 1 clase Presentación Power Point sobre o tema do Ser humano 1 clase (a cargo do profesor) Elaboración do traballo final (fora da clase) e Presentación 1 clase por grupo
  • 10. f. Organización 1. Visionado das películas. (Preferentemente na aula de vídeo e a pantalla completa) 2. Despois de cada unha das películas deberá realizarse o cuestionario correspondente a cada unha e a lectura dos textos que se aportan. Débese facer inmediatamente despois de ver as películas na propia aula de vídeo ou ben na aula ordinaria. Este traballo deberá facerse de forma individual. 3. O profesor deberá explicar a película mediante os powerpoints correspondentes ao tema elixido. Deben volver a visualizarse as escenas a través dos vínculos para poder comprender as explicacións 4. O alumnado realizará un traballo final de reflexión sobre a película e o tema, seguindo os guións de traballo que poderán imprimir desde o CD. Este traballo poderá realizarse seguindo a técnica do traballo colaborativo. Este traballo pode comezarse na clase e continuarse fóra dela e deberá rematar cunha exposición ao resto da clase sobre o tema proposto. g. Actividades Reflexión sobre secuencias audiovisuais: Recoñecer as analoxías que se establecen entre as secuencias e os textos propostos, así como entre as secuencias e os problemas presentados. Emitir novos xuízos sobre a secuencia propoñendo interpretacións alternativas. Lectura de textos filosóficos: Entre todos os obxectivos deste materiais é básico non esquecer o fundamental, capacitar o noso alumnado para traballar coa ferramenta de traballo intelectual máis potente que existe, a capacidade de entender as mensaxes escritas, de analizar, sintetizar e expoñer as ideas dun texto, porque só a partir da lectura dos pensamentos dos outros poderemos xestionar e potenciar a nosa propia forma de ver o mundo. Investigación na Rede sobre os temas propostos: Investigación guiada pola rede para a recompilación da información debe ir acompañada sempre da clasificación da información, o carácter das fontes a fiabilidade...etc Elaboración de materiais en diversos soportes: permita producir eles mesmos textos escritos, conceptualmente ben expostos, usando as ferramentas propias dun pensamento racional. Producir presentacións usando diferentes soportes dixitais (pps, movies, webs ou blogs). h. Plan de Avaliación A avaliación deste proxecto levouse a cabo mediante 4 mecanismos básicos: 1. A observación sistemática da vida da aula. 2. O caderno de Traballo 3. O traballo colaborativo 4. A avaliación do alumnado
  • 11. 1. A observación sistemática da vida da aula, valorando o grao de participación, o esforzo realizado, o interese e implicación nas tarefas diarias, os intercambios e intervencións orais, as exposicións de informacións específicas etc. TRABALLO NA AULA ESTUDIANTE____________________________________________________________ CUALIFICACIÓN 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Esforzo Implicacións nas tarefas diarias Intervencións orais oportunas Cooperación co grupo de clase Achegas persoais CUALIFICACIÓN MEDIA: Os resultados xerais que puidemos observar na aplicación destes materiais foi un elevado incremento nas intervencións orais e na cooperación co grupo de clase. En cambio o esforzo individual non se veu aumentado nin a implicación nas tarefas diarias. Na gráfica adxunta pódense observar as porcentaxes de cualificacións acadadas. TRABALLO NA AULA : O Problema do Real 2º BACH 70 estudiantes 0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 0-5 6-7 8-10 Esforzo Implicación Intervención Cooperación Achegas
  • 12. 2. O caderno de Traballo: nel aparecen reflectidas actividades propostas para cada tema. Debe valorarse, ademais do traballo, as achegas persoais do estudiante, a presentación do traballo a súa completude, etc. APELIDOS E NOME: CURSO: CUALIFICACIÓN DATA: 10 8 6 4 1 Actividades: 1 2 3 4 5 6 7 Están completas. Están razoadas as respostas. Está corrixido Aspectos xerais. Redacción do traballo. Ortografía. Aspecto xeral do traballo. Achegas persoais: Comentarios persoais sobre outros textos, imaxes…. Aplicacións a situación distintas das plantexadas Achegas de opinións persoais razoadas Presentación de materiais alternativos CUALIFICACIÓN GLOBAL 10 8 6 4 1 Observacións: S: Sí. N: No Os resultados que puidemos observar respecto ao Caderno de Traballo foi un aumento significativo na capacidade de razoamento e na aplicación deste a situacións filosóficas significativas. En xeral, os cadernos completáronse con rapidez e foi significativa a ausencia de presentación de materiais alternativos.
  • 13. Traballos colaborativos, elaborados a nivel grupal. Valóranse segundo a seguinte ficha TRABALLO COLABORATIVO GRUPAL TÍTULO___________________________________________ ESTUDIANTE____________________________________________________________ 6 8 10 Cooperación • Achega de algunha idea • Achega dalgunha idea • Achega de novos puntos de vista sobre o problema. • Achega dalgunha idea • Achega de novos puntos de vista sobre o problema. • Participación moi activa. • Vinculación estreita co grupo. Responsabilidade Individual • Elaboración da parte individual do traballo • Elaboración da parte individual do traballo Posta en común do traballo individual • Elaboración e aceptación de críticas. • Elaboración da parte individual do traballo Posta en común do traballo individual • Elaboración e aceptación de críticas. • Adaptación do traballo individual incorporando as achegas dos compañeiros. Dinámica de interacción • Seguindo as indicacións do profesor. • Seguindo as indicacións do profesor. • Segundo as necesidades de cada momento • Seguindo as indicacións do profesor. • Segundo as necesidades de cada momento • Aceptaron os cambios de situación, reformando o grupo. Resolución de conflictos • Escoita as opinións dos compañeiros • Escoita as opinións dos compañeiros • Aporta opinións argumentadas • Escoita as opinións dos compañeiros • Aporta opinións argumentadas • Chegan a un consenso Organización del espacio y el Tiempo • Presentan o traballo no prazo proposto polo profesor. • Presenta o traballo no prazo proposto. • Organizan o calendario e cumpren os seus prazos. • Presentan o traballo no prazo proposto. • Organizan o calendario e cumpren os seus prazos. • Cumpren coas reunións de traballo Criterios de organización del material • Presentan o material organizado • Presentan o material organizado. • Organizan o material segundo criterios lóxicos e coherentes. coherentes • Presentan o material organizado. • Organizan o material segundo criterios lóxicos e coherentes. coherentes • Establecen previamente os criterios lóxicos (cronolóxicos ou temáticos) en función do tema CUALIFICACIÓN MEDIA
  • 14. 4.- A avaliación dos materiais razoada, encamiñada a autorregular a propia aprendizaxe con responsabilidade e autonomía. Ademais de fomentar a autoestima do alumnado, pode aportar unha valiosa información sobre as expectativas de éxito ou fracaso. Compromete ademais, democraticamente, o alumnado na valoración da propia aprendizaxe e na toma de decisións. Esta avaliación é especialmente indicativa para a reformulación do traballo. Neste caso levouse a cabo coa seguinte enquisa: ENQUISA DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS APELIDOS E NOME: __________________________________ CURSO: Valora de 1 a 10 segundo o teu grao de conformidade co enunciado Sobre os contidos. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Son interesantes. Son adecuados. Son excesivos Influíron sobre a miña opinión respecto ao tema. Sobre os materiais: Comprendín os textos A película axudoume a entender os contidos Entendín mellor os textos despois de ver a película. A película foi axeitada para o tema Sobre a película: É un bo medio de achegarse á filosofía É excesivamente longa Non entendín nada Non gusto da ciencia-ficción Sobre as explicacións do profesor Axudáronme a entender os materiais Foron fáciles de entender Usa unha linguaxe moi técnica Foron suficientes Os resultados da enquisa que se levou a cabo entre o alumnado foi bastante irregular. Os mellores resultados obtivéronse entre o alumnado de 2º de Bacharelato, entre os que a
  • 15. discusión deu moitos froitos, sobre todo despois de acadar uns coñecementos teóricos de historia da filosofía. A opinión maioritaria foi que a metáfora Matrix permitía comprender mellor a teoría Platónica e Cartesiana respecto da verdade. A comprensión dos elementos mitolóxicos implícitos na película axudaron tamén na comprensión dos textos da época clásica. A obxección máis xeralizada foi a relativa ao tempo dedicado á actividade, a extensión da película e os inconvintes de vela en etapas. O resultado da enquisa entre o alumnado de 2º de Bacharelato tivo as seguintes porcentaxes: ENQUISA DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS Sobre os contidos. Son interesantes. Son adecuados. Son excesivos Influíron sobre a miña opinión respecto ao tema. Sobre os materiais: Comprendín os textos A película axudoume a entender os contidos Entendín mellor despois de ver a película. A película foi axeitada para o tema Sobre a película: É un bo medio de achegarse á filosofía É excesivamente longa Non entendín nada Non gusto da ciencia-ficción Sobre as explicacións do profesor Axudáronme a entender os materiais Foron fáciles de entender Usa unha linguaxe moi técnica Foron suficientes 3. OUTROS MATERIAIS: CD-ROM (versión completa para o profesorado) Inclúe un CD autoexecutable con todos os materiais necesarios para realizar estas actividades.