SlideShare a Scribd company logo
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
TABLA DE CONTIDO
2. HISTORIA DA FILOSOFÍA................................................................................................................................................... 1
2.2) INTRODUCIÓN.................................................................................................................................................................. 1
2. 3) OBXECTIVOS.................................................................................................................................................................... 3
2. 4) CONTIDOS......................................................................................................................................................................... 3
Contidos conceptuais.............................................................................................................................................................. 3
Contidos actitudinais.............................................................................................................................................................. 5
Contidos procedementais...................................................................................................................................................... 5
2. 5) CRITERIOS DE AVALIACIÓN.................................................................................................................................. 5
2. 6) MÍNIMOS ESIXIBLES ................................................................................................................................................... 6
2. 7) TEMPORALIZACIÓN/SECUENCIACIÓN........................................................................................................... 7
2. 8) ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN................................................................................................................... 7
2. 9) CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN....................................................................................... 8
Criterios de cualificación ...................................................................................................................................................... 8
Instrumentos de avaliación................................................................................................................................................... 9
Criterios de promoción.......................................................................................................................................................... 9
2.10) METODOLOXÍA DIDÁCTICA................................................................................................................................10
2. HISTORIA DA FILOSOFÍA
2.2) INTRODUCIÓN
Consonte as directrices establecidas Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a
ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG, nº 120 do luns,
23 de xuño de 2008) e as directrices emanadas da CIUG, establecemos os diferentes contidos desta
materia de Historia da Filosofía.
Recollemos os aspectos introdutorios do mencionado Decreto referidos a esta materia.A materia de
historia da filosofía retoma a reflexión iniciada polo alumnado coa filosofía e cidadanía, dotándoa dun
carácter sistemático e diacrónico. A estreita relación entre estas materias do bacharelato debe
manifestarse, tanto na organización docente dos contidos como na actividade reflexiva desenvolvida
por cada estudante, que deberá retomar os conceptos e procedementos iniciados no curso anterior e
afondar neles. O que a historia da filosofía lle achega ao alumnado é unha construción diacrónica dos
principais momentos e autores do pensamento filosófico que servirá, por unha banda, como exemplo
de solución a problemas filosóficos e, pola outra, como condicionantes pasados de conceptos e
problemas vixentes no día de hoxe.
Hai certos problemas constantes ao longo da historia da filosofía, como a relación entre realidade e
aparencia, coñecemento e opinión, o individuo e a sociedade, o problema da liberdade e
autorrealización humana, a orixe dos valores morais, a lexitimidade do poder político ou o dominio
técnico da natureza.
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
A reflexión filosófica segue abordando eses problemas na actualidade baixo formulacións como o
papel dos medios de comunicación na sociedade, o estatuto da realidade virtual, a relación entre mente
e cerebro, entre ciencia e interese, a confrontación entre felicidade e xustiza, positivismo e
iusnaturalismo, multiculturalismo e interculturalismo, liberalismo e comunitarismo, a desigualdade de
xénero, a nova organización do traballo, a bioética, etc. A historia da filosofía formúlase como un
retorno da presentación actual deses problemas, xa anticipados en filosofía e cidadanía, ás
formulacións máis relevantes que adquiriron no pasado e que lles serven de punto de partida. Esta
materia faille patente ao alumnado, polo tanto, o carácter aberto e progresivo da investigación
filosófica.
Os contidos da historia da filosofía están secuenciados en catro grandes etapas históricas: antiga,
medieval e renacentista, moderna e contemporánea. En cada unha delas serán abordados unha serie de
autores e correntes especialmente significativas, seleccionando os temas máis importantes na súa obra
de cara a ter unha visión completa da historia da filosofía.
A temporalización por períodos obedece á necesidade de contextualizar a cada autor e cada tema nun
momento histórico determinado, cuns condicionantes sociais, económicos, políticos e culturais que lle
dan sentido e serven de medida da súa relevancia. O coñecemento da filosofía vai, pois, da man do
coñecemento da sociedade e da historia. As ideas filosoficamente relevantes non son opinións casuais,
senón que aparecen para formular claramente e dar algún tipo de solución aos problemas teóricos e
prácticos que se lles presentaron a seres humanos concretos.
Esta contextualización por períodos non vai en detrimento da unidade que percorre toda a historia da
filosofía, pois ao tempo que cada autor é interlocutor do seu contexto, realiza tamén un diálogo con
outros autores pasados e futuros que se enfrontaron a problemas similares e en relación cos cales
manifesta a súa débeda ou a súa crítica. A obra escrita dos distintos filósofos cobra unha importancia
fundamental, pois é a fonte para coñecer o seu pensamento e tamén para trazar a liña que relacione uns
autores con outros. O traballo con textos cobra, polo tanto, unha grande importancia nesta materia.
A importancia dos textos, con todo, non debe desviarnos da finalidade prioritaria, que non é un
coñecemento exhaustivo dalgúns autores, senón un percorrido introdutorio e completo que vaia dos
gregos ata os nosos días e que sirva ao alumnado, non só para coñecer formas de pensar presentes na
historia polo seu valor intrínseco, senón tamén para avaliar a influencia destas na xestación do noso
presente e para exercitar a reflexión crítica. A práctica da análise das opinións dos distintos autores en
relación co seu contexto e comparándoos uns con outros fornece ao alumnado dun sentido crítico que
lle permite, non só constatar a historicidade de certas crenzas e valores, senón tamén cuestionar ou
fundamentar con criterio as crenzas e valores presentes na actualidade, tanto no seu contorno próximo
coma nos medios de comunicación. A historia da filosofía pretende, deste modo, contribuír ao
progreso na comprensión da realidade e na orientación da acción individual e colectiva.
A materia preséntase en cinco bloques. O primeiro é de contidos comúns. O segundo, Filosofía antiga,
pretende ofrecer unha comprensión global da orixe do pensamento filosófico, así como a súa
evolución na antiga Grecia. Prestaráselle unha atención especial a Platón e Aristóteles, xa que
achegaron gran cantidade de conceptos e formularon moitos dos problemas que serán retomados no
pensamento posterior. O terceiro bloque, Filosofía medieval e renacentista, detense no estudo do
encontro entre a herdanza da filosofía grega e a nova doutrina achegada polo cristianismo, así como
dos problemas derivados da necesidade de harmonizalas. Séguese coas achegas do período
renacentista, que serven de transición á filosofía moderna: o xurdimento da ciencia tal como é
entendida hoxe e a reflexión política centrada no Estado como realidade emerxente. O cuarto bloque,
Filosofía moderna, toma como tema central deste período o novo concepto de racionalidade que xorde
nos séculos XVI e XVII, enfocado na figura do suxeito de coñecemento e de acción autónoma. As
correntes filosóficas do racionalismo e do
empirismo son tratadas en contraposición, analizando as súas propostas epistemolóxicas e de
fundamentación da moral e da convivencia. Finalmente, a figura de Kant como síntese e cumio da
filosofía moderna nas súas pretensións teóricas e prácticas. Como quinto bloque, Filosofía
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
contemporánea, trátanse nun principio as propostas dos dous grandes pensadores do século XIX, que
fan unha crítica, desde perspectivas diferentes, das achegas do pensamento moderno, para
seguidamente achegar unha visión panorámica das correntes do século XX e das súas propostas e
intentos de solución para os problemas do presente. Finalmente, realízase unha mención á filosofía
realizada en España neste período.
2. 3) OBXECTIVOS
Tal como se indica no Decreto referenciado ao comezo desta programación, os obxectivos que
pretendemos alcanzar e as capacidades son as seguintes:
1. Coñecer os períodos da historia da filosofía e os seus representantes fundamentais.
2. Recoñecer as cuestións que ocuparon permanentemente a filosofía ao longo da súa historia e
relacionalas con temas traballados en filosofía e cidadanía, utilizando con propiedade os conceptos
adquiridos.
3. Comprender a vinculación entre o pensamento dos distintos autores e outras manifestacións da
actividade humana do seu contexto histórico: socioeconómicas, políticas, científicas e artísticas.
4. Elaborar exposicións orais e composicións escritas acerca de temas determinados con claridade,
corrección, plenitude e autonomía, exercitando na medida do posible unha reflexión persoal.
5. Comentar textos filosóficos analizando con rigor os seus conceptos e teses e comparándoos coa
postura defendida noutros textos de diferente autoría acerca dos mesmos temas.
6. Desenvolver o hábito de ponderar con criterio opinións contrapostas a partir do contraste entre
teorías e correntes filosóficas que se sucederon na historia.
7. Constatar a posición de cada representante dunha corrente filosófica sobre a diferenza de xénero e
valorala á luz das crenzas e prácticas do seu contexto histórico.
8. Debater temas de actualidade en relación cos contidos da materia, fundamentando racionalmente a
propia postura, recoñecendo as achegas doutras persoas e illando os prexuízos infundados.
9. Valorar o coñecemento do pasado como unha achega continua de elementos que contribúen á
comprensión do presente e á planificación do porvir.
10. Apreciar a lectura como medio de enriquecemento persoal e desenvolver un hábito inquisitivo e
analítico en relación coa información recibida na vida cotiá.
2. 4) CONTIDOS
A selección de contidos conceptuais, procedementais e actitudinais corresponde tanto á caracterización
desta materia coma aos seus obxectivos xerais. Os contidos conceptuais preséntanse divididos en DEZ
unidades didácticas, que recollen os contidos mínimos do Decreto de referencia, agrupados en
CATRO NÚCLEOS TEMÁTICOS.
A selección de contidos terá en conta os seguintes eixes:
1 A busca de información a partir de fontes diversas e integración desta seguindo criterios temáticos
ou metodolóxicos.
2 A análise e comentario de textos filosóficos, identificando as súas ideas e relacionándoas coa teoría
da persoa autora.
3 A presenza das autoras e autores nas diferentes etapas.
4 As exposicións orais e composicións escritas acerca do pensamento de distintas autorías, utilizando
con propiedade o vocabulario técnico adquirido e incorporando as propias reflexións de xeito
fundamentado.
5 A participación en debates, expoñendo razoadamente o pensamento propio.
Contidos conceptuais
Os propostos pola CIUGA para as probas de selectividade 2015-16
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
Contidos actitudinais
 Análise crítico das diversas ideoloxías e teorías políticas e éticas.
 Valoración do papel que xogou a razón no desenvolvemento do pensamento moderno
 Sensibilización respecto da historicidade das teorías e conceptos filosóficos.
 Capacidade para valorar as distintas achegas dos diferentes pensadores modernos.
 Toma de conciencia dos grandes problemas sobre os que reflexionan os seres humanos nesta época
histórica.
 Curiosidade polos temas tratados e as tarefas propostas.
 Interese pola lectura e análise de textos seleccionados dos autores modernos.
Contidos procedementais
 Desenvolvemento da capacidade analítica e de comparación entre as diversas correntes gnoseolóxicas,
vendo semellanzas e diferenzas en cada problema.
 No comentario de texto, afondar na análise dos principios ou supostos do autor implicitamente presentes
para xustifica-las súas afirmacións.
 Adquisición da técnica da valoración persoal dos textos.
 Obtención de información relacionada cos temas tratados.
 Análise dos conceptos máis importantes dos autores modernos.
 Lectura dalgunha obra ou texto seleccionado dos principais autores modernos estudiados.
 Establecemento de debates.
 Composición filosófica breve, por exemplo, sobre a importancia das matemáticas na constitución da
ciencia moderna.
 Elaboración de esquemas ou mapas conceptuais, que entrelacen os principais contidos dos autores
estudados.
2. 5) CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Que a orde e a situación cronolóxica dos períodos, problemas, autoras e autores que
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
se estudan, sexa correcta e se identifiquen as súas características distintivas e establecendo as
relacións correspondentes.
2. Que se relacionen os problemas filosóficos estudados coas principais condicións socioculturais en
que aparecen e a que pretenderon dar resposta.
3. Que a exposición por escrito dunha teoría filosófica individual, dunha escola ou
período de forma completa, sexa clara e coherente.
4. Que a análise dos textos filosóficos identifique a súa estrutura, teses e argumentos, explicando
os seus conceptos no marco do pensamento correspondente.
5. Que se identifiquen os supostos implícitos das teorías e textos filosóficos e se analize a consistencia
dos seus argumentos e a vixencia das súas achegas na actualidade.
6. Utilizar comprensivamente un vocabulario técnico específico en todas as actividades
realizadas.
7. A corrrecta presentación do exercicio e a ausencia de faltas gramaticais e/ou ortográficas.
2. 6) MÍNIMOS ESIXIBLES
De entre os propostos pola CIUGAe en función da distribución das fichas curriculares para as probas
de selectividade 2015-16, o alumno deberá demostrar a súa competencia no desenvolvemento de
cando menos os seguintes contidos:
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
2. 7) TEMPORALIZACIÓN/SECUENCIACIÓN
A orde e a secuenciación dos temas vén determinado pola súa complexidade e extensión
e pola limitación do número de horas lectivas de cada trimestre, e particularmente o
terceiro trimestre no 2º curso de bacharelato. O tratamento temático previsto é o seguinte:
– Primeiro trimestre: Fichas curriculares 1, 2 e 3
– Segundo trimestre: Fichas curriculares 4, 5,
– Terceiro trimestre: Fichas curriculares 6, 7
2. 8) ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN
O alumnado que non obteña de media un cinco poderá presentarse a un exame final extraordinario de
toda a materia do curso.
No caso de que non se obteña a media final dun cinco por unha única avaliación suspensa, poderá
optar por presentarse unicamente a recuperación desa avaliación.
O exame final extraordinario de maio e setembro será unha proba tipo similar ás propostas na proba
oficial de selectividade, terá unha duración de 1 hora e 30 min. O modelo será o
Modelo de exame
Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
 Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
 Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da
exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO
Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de
experiencia e de tempo. En cambio a ética xorde do costume, por iso o seu nome varía un pouco do de costume. Deste feito resulta evidente que
ningunha das virtudes éticas se dá en nós por natureza, pois nada do que existe por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que
por natureza vai para abaixo, non se afaría a ir para arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas veces para arriba, nin o
lume se afaría a ir para abaixo, nin ningunha outra cousa que é de certa natureza podería afacerse a ter outra distinta. Así é que as virtudes non se
producen por natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e perfeccionalas mediante o costume. Ademais,
de todo o que está na nosa natureza, primeiro acadamos as capacidades e logo desenvolvemos as actividades (isto é evidente no tocante ós
sentidos; non adquirimos os sentidos por ver moitas veces ou oír moitas veces, senón o contrario: usámolos porque os temos, non os temos
porque os usamos). En cambio, as virtudes adquirímolas porque antes as exercitamos, como ocorre coas demais artes. Pois o que hai que facer
despois de aprendelo, aprendémolo facéndoo. Por exemplo, facémonos construtores construíndo e citaristas tocando a cítara. Así, tamén,
practicando a xustiza facémonos xustos, moderados practicando a moderación e fortes practicando a fortaleza. Proba disto é o que sucede nas
cidades. Os lexisladores fan bos ós cidadáns ensinándolles certos costumes, e esa é a vontade de todo lexislador; os que non o fan ben equivócanse
e niso se distingue un bo réxime dun mal réxime. ARISTÓTELES, Etíca a Nicómaco, libro II, 1103a14
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de 0 a 2,5 puntos)
 Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
 Cuestión contextual: O tránsito cara á época helenística.
II ) Cuestión de comprensión: (avaliación:de 0 a 6 puntos)
 Lea atentamente o texto e a partir del responda á seguinte cuestión temática: A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté.
III) Coñecemento específico: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
A cualificación dos diferentes apartados da composición será como segue:
Recuperación de pendentes
Os alumnos coa materia de 1º pendente disporán de unha hora de titoría mensual e poderán seguir o
curso a través da aula virtual:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=225
Exames de pendentes
As probas para pendentes de FILOSOFÍA I versarán sobre o programa de mínimos de 1º de
Bacharelato LOE, que se distribuirán en dúas partes, con dúas probas que terán lugar de acordo co
calendario de exames propostos pola Dirección do centro.
Na proba de febreiro os alumnos optarán por realizar unha proba correspondente a toda a materia ou só
á metade dos temas, segundo acordo individual establecido en reunión co Xefe do Departamento que
se realizará no primeiro trimestre. A proba de maio realizarase sobre a totalidade da materia ou sobre a
segunda metade para os que tivesen aprobada a parte correspondente a febreiro.
A proba constará dun cuestionario, unha composición breve e a definición de 2 termos, escollidos
sobre os mínimos esixibles, na programación de 2014 2015 segundo o modelo aplicado durante o
curso realizado polos alumnos.
2. 9) CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN
Criterios de cualificación
O alumnado demostrará a súa competencia na materia mediante:
A. A realización de 2 exames trimestrais dos contidos curriculares que, coa finalidade de adaptarse
ao horario do Centro é da extensión horaria da aula dividirán os contidos en dúas partes:
a. EXAME 1: unha composición filosófica que abordará as cuestións contextuais propostas nas fichas
currículares do trimestre e a contextualización histórica dun autor (25% da cualificación: ata 2 puntos
na avaliación trimestral) Duración do exame (50 min)
b. EXAME 2: unha composición filosófica que abordará un texto dun autores traballados no trimestre e
desenvolverá unha das cuestións de comprensión das fichas curriculares e as relacións do autor con
outros filosofos ou correntes da historia da Filosofía. (75% da cualificación: Ata 6 puntos na
avaliación trimestral) Duración do exame (50 min)
As puntuacións dos dous exames sumaránse (ata un máximo de 8 puntos) para avaliación dos dous
exames teranse en conta, entre outros, os seguintes aspectos:
 Coñecemento do contexto social, político e filosófico do autor do texto e o problema filosófico
proposto.
 Comprensión e explicación do texto.
 Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza)
con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.
 Comentario persoal.
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
 Desenvolvemento da temática do autor do texto.
 Madurez persoal: orixinalidade, capacidade crítica, rigor conceptual, coherencia expositiva.
 Valorarase a precisión e a claridade de exposición así como todo o que poida contribuír a mostrar
contidos de tipo actitudinal e procedimental.
 Serán obxecto de penalización especial as faltas ortográficas e gramaticais, en especial os escritos que
presenten anacolutos e faltas de expresión graves. Esta penalización poderá ser de ata 3 puntos.
AVALIACIÓN Nº
Instrumentos PONDERACIÓN
EXAMES EXAME 1 20%
EXAME 2 60%
CUESTIONARIOS AULA
VIRTUAL
(a cualificación dividiráse entre o
número de cuestionarios realizados por
trimestre
10%
ACTITUDE NA AULA Asistencia 2,5%
Comportamento 2,5%
Participación e atención 2,5%
Recuperación de dificultades 2,5%
TOTAL 100%
B. Cuestionarios e actividades propostas na aula virtual da materia poderá ponderar ata un 10%. 1
punto na avaliación trimestral
C. Actitude cara a materia e participación na aula e nas actividades do departamento poderá ponderar
ata 10% da cualificación 1 punto na avaliación trimestral
D. Traballos opcionais voluntarios: A elaboración de traballos opcionais poderá engadir ate 2 puntos á
cualificación final da materia en función da realización do traballo, a súa completude e a súa validez.
Os traballos deberán ser orixinais, con licencia creative commons e pactados coa profesora
previamente.
Instrumentos de avaliación
2 Exames modelo composición por trimestre.
Cuestionarios de escolla múltiple:
Na aula virtual da Materia. Terán penalización de ½ cada unha das cuestións erradas no cuestionario
de opción múltiple.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=47
Caderno do profesor: para recoller a actitude, comportamento, asistencia e seguimento da materia e a
presentación de traballos voluntarios ou de recuperación da materia. Para cualificar este apartado
teránse en conta os seguintes indicadores:
a) Asistencia continuada e xusficación fehaciente de faltas (comprobadas a través da aplicación
informática Xade) (0,25 puntos)
b) Comportamento e falta de apercibimentos orais ou escritos (0,25 puntos)
c) Participación axeitada na aula (0,25 puntos)
d) Intención de recuperación do traballo e superación das dificultades atopadas na avaliación a través dos
traballos propostos (0,25 puntos)
Criterios de promoción
 Proba escrita modelo composición: 80%
 Cuestionarios e actividades propostas na aula virtual da materia: ata un 10%
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=47
 Actitude e participación na aula e nas actividades do departamento ata un 10% da cualificación
HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ]
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA.
2015/16
A cualificación final da materia será a media aritmética dos resultados correspondentes á terceira
avaliación cos das avaliacións precedentes. No caso de que o alumno/a non acade a puntuación de 5,
terá dereito a un exame extraordinario de recuperación da materia que versará sobre os contidos
mínimos da materia.
2.10) METODOLOXÍA DIDÁCTICA
As orientacións metodolóxicas propostas apuntan á potenciación e consolidación de certas
competencias promovidas xa en etapas educativas anteriores. De acordo con este criterio, as
metodoloxías concretas empregadas polos profesores nesta materia deberán orientarse a:
• Espertar a curiosidade e interese do alumnado polos problemas suscitados noutras etapas históricas
mediante a planificación de contextos e estratexias de aprendizaxe que o acheguen ao seu contexto
vivencial, establecendo similitudes con problemas actuais.
• Propiciar a autonomía na busca e procesamento da información pertinente para os temas tratados.
• Promover a lectura e análise de textos filosóficos e a elaboración de comentarios sobre eles que
inclúan reflexións críticas argumentadas.
• Propoñer a planificación e elaboración, por parte das alumnas e dos alumnos, de composicións
escritas e de exposicións orais en relación cos temas tratados onde integren información procedente de
distintas fontes.
• Mellorar as estratexias de procura de información, xestión e creación de coñecemento a través da
Rede.
• Formular as diversas actividades con diferente grao de complexidade en función dos recursos
cognitivos necesarios para realizalas, coa dobre finalidade de atender á diversidade dentro da aula e
permitir unha autoavaliación axeitada e unha motivación progresiva cara a niveis de maior
complexidade.
A composición filosófica, cos seus múltiples enfoques posibles, convértese así non só nun exercicio
privilexiado para esta materia, senón nun contido procedimental básico. As sínteses conceptuais e o
estudio do ámbito histórico e cultural deben complementa-la lectura dos textos. Promoverase nos
alumnos e nas alumnas a capacidade de determinar cales son as súas propias necesidades de
información, tanto xeral coma específica e como satisfacelas acudindo a obras de consulta. O uso
sistemático de fontes bibliográficas de información habituaraos aos mecanismos básicos do traballo
intelectual. Finalmente, o exercicio da composición fomentará a capacidade de determinar enfoques
propios a temas tradicionais, xunto coa capacidade de establecer relacións e de argumentar,
habilidades todas elas necesarias para acada-la madurez intelectual.
O profesorado do Departamento impartirá as clases, suxeitándose aos contidos, que acabamos de
sinalar nos apartados anteriores. Cada unidade consta dos seguintes elementos:
- Unha selección de textos filosóficos
- Unha explicación teórica por parte do profesor
- Cuestionarios de contidos a realizar na aula virtual
- Exercitación da técnica de lectura e comprensión de textos
- Exercitación da expresión escrita e oral en base ao vocabulario técnico e a precisión conceptual que
requira cada teoría filosófica.
Todos estes aspectos desenvolveranse cunha metodoloxía activa, que logre a participación
de todo o alumnado.
A materia terá un seguimento tanto a través da clase presencial como da aula virtual:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=47

More Related Content

What's hot

ColeccióN 1
ColeccióN 1ColeccióN 1
ColeccióN 1
Ismael Vide González
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Métodos filosóficos
Métodos filosóficosMétodos filosóficos
Métodos filosóficos
NoeliaBoquete
 
Aristóteles (384-322 a. C.)
Aristóteles (384-322 a. C.)Aristóteles (384-322 a. C.)
Aristóteles (384-322 a. C.)nieveslopez
 
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente PresocráticaTema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
Eva Garea
 
5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obra5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obraAfrica Lopez
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensiónAfrica Lopez
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
Eva Garea
 

What's hot (14)

ColeccióN 1
ColeccióN 1ColeccióN 1
ColeccióN 1
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
A filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historiaA filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historia
 
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os TemposBeatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
 
Métodos filosóficos
Métodos filosóficosMétodos filosóficos
Métodos filosóficos
 
Aristóteles (384-322 a. C.)
Aristóteles (384-322 a. C.)Aristóteles (384-322 a. C.)
Aristóteles (384-322 a. C.)
 
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente PresocráticaTema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
Tema 1:A Orixe do Cosmos na Corrente Presocrática
 
Platon
PlatonPlaton
Platon
 
11 hegel e o idealismo alemá
11 hegel e o idealismo alemá11 hegel e o idealismo alemá
11 hegel e o idealismo alemá
 
Platón web
Platón webPlatón web
Platón web
 
Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11
 
5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obra5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obra
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensión
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 

Viewers also liked

Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exame
Eva Garea
 
Avaliación
AvaliaciónAvaliación
Avaliación
Eva Garea
 
Avaliación II
Avaliación IIAvaliación II
Avaliación II
Eva Garea
 
Budismo
BudismoBudismo
Budismo
filosofiaames
 
Avaliaciónesp
AvaliaciónespAvaliaciónesp
Avaliaciónesp
Eva Garea
 
Avaliación i iesp
Avaliación i iespAvaliación i iesp
Avaliación i iesp
Eva Garea
 
Islam
IslamIslam
Hinduismo
HinduismoHinduismo
Hinduismo
filosofiaames
 
Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016
Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016
Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016
JessWongHuiJuan1
 
Cristianismo
CristianismoCristianismo
Cristianismo
filosofiaames
 
Filonexos2016
Filonexos2016Filonexos2016
Filonexos2016
Eva Garea
 
Allport la naturaleza del prejuicio
Allport   la naturaleza del prejuicioAllport   la naturaleza del prejuicio
Allport la naturaleza del prejuicio
Eva Garea
 
El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid
El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid
El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid
Ecologistas en Accion
 
Danza y filosofia
Danza y filosofiaDanza y filosofia
Danza y filosofia
Eva Garea
 
Web Design Proposal Quick Response to Client
Web Design Proposal Quick Response to ClientWeb Design Proposal Quick Response to Client
Web Design Proposal Quick Response to Client
Web Design Company in Islamabad Pakistan-Web Matrix
 
Feliz Navidad en el frente 1914-2014
Feliz Navidad en el frente 1914-2014Feliz Navidad en el frente 1914-2014
Feliz Navidad en el frente 1914-2014
Mario
 
Crisis del 29 y actual
Crisis del 29 y actualCrisis del 29 y actual
Crisis del 29 y actual
Pedro Oña
 
Security on Budget - Cyber Security Community - eCommerce Security
Security on Budget - Cyber Security Community - eCommerce SecuritySecurity on Budget - Cyber Security Community - eCommerce Security
Security on Budget - Cyber Security Community - eCommerce Security
Antonio Andre
 
동적할당
동적할당동적할당
동적할당
. Ruvendix
 

Viewers also liked (19)

Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exame
 
Avaliación
AvaliaciónAvaliación
Avaliación
 
Avaliación II
Avaliación IIAvaliación II
Avaliación II
 
Budismo
BudismoBudismo
Budismo
 
Avaliaciónesp
AvaliaciónespAvaliaciónesp
Avaliaciónesp
 
Avaliación i iesp
Avaliación i iespAvaliación i iesp
Avaliación i iesp
 
Islam
IslamIslam
Islam
 
Hinduismo
HinduismoHinduismo
Hinduismo
 
Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016
Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016
Cooking oil in kitchen_Article featured in Sin Chew Daily 30 July 2016
 
Cristianismo
CristianismoCristianismo
Cristianismo
 
Filonexos2016
Filonexos2016Filonexos2016
Filonexos2016
 
Allport la naturaleza del prejuicio
Allport   la naturaleza del prejuicioAllport   la naturaleza del prejuicio
Allport la naturaleza del prejuicio
 
El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid
El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid
El proceso de participación en el PIMUVA de Valladolid
 
Danza y filosofia
Danza y filosofiaDanza y filosofia
Danza y filosofia
 
Web Design Proposal Quick Response to Client
Web Design Proposal Quick Response to ClientWeb Design Proposal Quick Response to Client
Web Design Proposal Quick Response to Client
 
Feliz Navidad en el frente 1914-2014
Feliz Navidad en el frente 1914-2014Feliz Navidad en el frente 1914-2014
Feliz Navidad en el frente 1914-2014
 
Crisis del 29 y actual
Crisis del 29 y actualCrisis del 29 y actual
Crisis del 29 y actual
 
Security on Budget - Cyber Security Community - eCommerce Security
Security on Budget - Cyber Security Community - eCommerce SecuritySecurity on Budget - Cyber Security Community - eCommerce Security
Security on Budget - Cyber Security Community - eCommerce Security
 
동적할당
동적할당동적할당
동적할당
 

Similar to Programación Historia da Filosofía

Memoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoMemoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix Decodificado
Eva Garea
 
Pau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofiaPau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofia
Filosofia Ies A Pinguela
 
Como constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de Galicia
Como constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de GaliciaComo constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de Galicia
Como constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de Galicia
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
PROGRAMACIÓN GREGO I
PROGRAMACIÓN GREGO IPROGRAMACIÓN GREGO I
Pau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofiaPau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofia
Filosofia Ies A Pinguela
 
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 GaliciaHistoria da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicianieveslopez
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
Eva Garea
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
"Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor...
"Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor..."Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor...
"Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor...
Jurjo Torres Santomé
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
O Humanismo.
O Humanismo.O Humanismo.
O Humanismo.
José Ramón
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
premiogd
 
Epadidactica
EpadidacticaEpadidactica
Epadidactica
petiska1961
 
Candidatura
CandidaturaCandidatura
Candidatura
Candidatura Do Povo
 

Similar to Programación Historia da Filosofía (20)

Memoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoMemoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix Decodificado
 
Pau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofiaPau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofia
 
Como constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de Galicia
Como constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de GaliciaComo constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de Galicia
Como constrúe a historiografía o seu obxecto: os irmandiños de Galicia
 
PROGRAMACIÓN GREGO I
PROGRAMACIÓN GREGO IPROGRAMACIÓN GREGO I
PROGRAMACIÓN GREGO I
 
Pau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofiaPau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofia
 
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 GaliciaHistoria da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
Historia da Filosofía Currículo 2009 2010 Galicia
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
PROGRAMACIÓN LATÍN II
PROGRAMACIÓN LATÍN IIPROGRAMACIÓN LATÍN II
PROGRAMACIÓN LATÍN II
 
Programación de Latín II (2010-2011)
Programación de Latín II (2010-2011)Programación de Latín II (2010-2011)
Programación de Latín II (2010-2011)
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
"Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor...
"Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor..."Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor...
"Xustiza curricular e sociedades informacionais e do coñecimento" - Jurjo Tor...
 
PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO
PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESOPROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO
PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
O Humanismo.
O Humanismo.O Humanismo.
O Humanismo.
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
Epadidactica
EpadidacticaEpadidactica
Epadidactica
 
Candidatura
CandidaturaCandidatura
Candidatura
 

More from Eva Garea

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
Eva Garea
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
Eva Garea
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
Eva Garea
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
Eva Garea
 
O eu
O euO eu
O eu
Eva Garea
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
Eva Garea
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
Eva Garea
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
Eva Garea
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
Eva Garea
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
Eva Garea
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Eva Garea
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
Eva Garea
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
Eva Garea
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
Eva Garea
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
Eva Garea
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
Eva Garea
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
Eva Garea
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
Eva Garea
 
John locke
John locke John locke
John locke
Eva Garea
 

More from Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
 
John locke
John locke John locke
John locke
 

Programación Historia da Filosofía

  • 1. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 TABLA DE CONTIDO 2. HISTORIA DA FILOSOFÍA................................................................................................................................................... 1 2.2) INTRODUCIÓN.................................................................................................................................................................. 1 2. 3) OBXECTIVOS.................................................................................................................................................................... 3 2. 4) CONTIDOS......................................................................................................................................................................... 3 Contidos conceptuais.............................................................................................................................................................. 3 Contidos actitudinais.............................................................................................................................................................. 5 Contidos procedementais...................................................................................................................................................... 5 2. 5) CRITERIOS DE AVALIACIÓN.................................................................................................................................. 5 2. 6) MÍNIMOS ESIXIBLES ................................................................................................................................................... 6 2. 7) TEMPORALIZACIÓN/SECUENCIACIÓN........................................................................................................... 7 2. 8) ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN................................................................................................................... 7 2. 9) CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN....................................................................................... 8 Criterios de cualificación ...................................................................................................................................................... 8 Instrumentos de avaliación................................................................................................................................................... 9 Criterios de promoción.......................................................................................................................................................... 9 2.10) METODOLOXÍA DIDÁCTICA................................................................................................................................10 2. HISTORIA DA FILOSOFÍA 2.2) INTRODUCIÓN Consonte as directrices establecidas Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG, nº 120 do luns, 23 de xuño de 2008) e as directrices emanadas da CIUG, establecemos os diferentes contidos desta materia de Historia da Filosofía. Recollemos os aspectos introdutorios do mencionado Decreto referidos a esta materia.A materia de historia da filosofía retoma a reflexión iniciada polo alumnado coa filosofía e cidadanía, dotándoa dun carácter sistemático e diacrónico. A estreita relación entre estas materias do bacharelato debe manifestarse, tanto na organización docente dos contidos como na actividade reflexiva desenvolvida por cada estudante, que deberá retomar os conceptos e procedementos iniciados no curso anterior e afondar neles. O que a historia da filosofía lle achega ao alumnado é unha construción diacrónica dos principais momentos e autores do pensamento filosófico que servirá, por unha banda, como exemplo de solución a problemas filosóficos e, pola outra, como condicionantes pasados de conceptos e problemas vixentes no día de hoxe. Hai certos problemas constantes ao longo da historia da filosofía, como a relación entre realidade e aparencia, coñecemento e opinión, o individuo e a sociedade, o problema da liberdade e autorrealización humana, a orixe dos valores morais, a lexitimidade do poder político ou o dominio técnico da natureza.
  • 2. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 A reflexión filosófica segue abordando eses problemas na actualidade baixo formulacións como o papel dos medios de comunicación na sociedade, o estatuto da realidade virtual, a relación entre mente e cerebro, entre ciencia e interese, a confrontación entre felicidade e xustiza, positivismo e iusnaturalismo, multiculturalismo e interculturalismo, liberalismo e comunitarismo, a desigualdade de xénero, a nova organización do traballo, a bioética, etc. A historia da filosofía formúlase como un retorno da presentación actual deses problemas, xa anticipados en filosofía e cidadanía, ás formulacións máis relevantes que adquiriron no pasado e que lles serven de punto de partida. Esta materia faille patente ao alumnado, polo tanto, o carácter aberto e progresivo da investigación filosófica. Os contidos da historia da filosofía están secuenciados en catro grandes etapas históricas: antiga, medieval e renacentista, moderna e contemporánea. En cada unha delas serán abordados unha serie de autores e correntes especialmente significativas, seleccionando os temas máis importantes na súa obra de cara a ter unha visión completa da historia da filosofía. A temporalización por períodos obedece á necesidade de contextualizar a cada autor e cada tema nun momento histórico determinado, cuns condicionantes sociais, económicos, políticos e culturais que lle dan sentido e serven de medida da súa relevancia. O coñecemento da filosofía vai, pois, da man do coñecemento da sociedade e da historia. As ideas filosoficamente relevantes non son opinións casuais, senón que aparecen para formular claramente e dar algún tipo de solución aos problemas teóricos e prácticos que se lles presentaron a seres humanos concretos. Esta contextualización por períodos non vai en detrimento da unidade que percorre toda a historia da filosofía, pois ao tempo que cada autor é interlocutor do seu contexto, realiza tamén un diálogo con outros autores pasados e futuros que se enfrontaron a problemas similares e en relación cos cales manifesta a súa débeda ou a súa crítica. A obra escrita dos distintos filósofos cobra unha importancia fundamental, pois é a fonte para coñecer o seu pensamento e tamén para trazar a liña que relacione uns autores con outros. O traballo con textos cobra, polo tanto, unha grande importancia nesta materia. A importancia dos textos, con todo, non debe desviarnos da finalidade prioritaria, que non é un coñecemento exhaustivo dalgúns autores, senón un percorrido introdutorio e completo que vaia dos gregos ata os nosos días e que sirva ao alumnado, non só para coñecer formas de pensar presentes na historia polo seu valor intrínseco, senón tamén para avaliar a influencia destas na xestación do noso presente e para exercitar a reflexión crítica. A práctica da análise das opinións dos distintos autores en relación co seu contexto e comparándoos uns con outros fornece ao alumnado dun sentido crítico que lle permite, non só constatar a historicidade de certas crenzas e valores, senón tamén cuestionar ou fundamentar con criterio as crenzas e valores presentes na actualidade, tanto no seu contorno próximo coma nos medios de comunicación. A historia da filosofía pretende, deste modo, contribuír ao progreso na comprensión da realidade e na orientación da acción individual e colectiva. A materia preséntase en cinco bloques. O primeiro é de contidos comúns. O segundo, Filosofía antiga, pretende ofrecer unha comprensión global da orixe do pensamento filosófico, así como a súa evolución na antiga Grecia. Prestaráselle unha atención especial a Platón e Aristóteles, xa que achegaron gran cantidade de conceptos e formularon moitos dos problemas que serán retomados no pensamento posterior. O terceiro bloque, Filosofía medieval e renacentista, detense no estudo do encontro entre a herdanza da filosofía grega e a nova doutrina achegada polo cristianismo, así como dos problemas derivados da necesidade de harmonizalas. Séguese coas achegas do período renacentista, que serven de transición á filosofía moderna: o xurdimento da ciencia tal como é entendida hoxe e a reflexión política centrada no Estado como realidade emerxente. O cuarto bloque, Filosofía moderna, toma como tema central deste período o novo concepto de racionalidade que xorde nos séculos XVI e XVII, enfocado na figura do suxeito de coñecemento e de acción autónoma. As correntes filosóficas do racionalismo e do empirismo son tratadas en contraposición, analizando as súas propostas epistemolóxicas e de fundamentación da moral e da convivencia. Finalmente, a figura de Kant como síntese e cumio da filosofía moderna nas súas pretensións teóricas e prácticas. Como quinto bloque, Filosofía
  • 3. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 contemporánea, trátanse nun principio as propostas dos dous grandes pensadores do século XIX, que fan unha crítica, desde perspectivas diferentes, das achegas do pensamento moderno, para seguidamente achegar unha visión panorámica das correntes do século XX e das súas propostas e intentos de solución para os problemas do presente. Finalmente, realízase unha mención á filosofía realizada en España neste período. 2. 3) OBXECTIVOS Tal como se indica no Decreto referenciado ao comezo desta programación, os obxectivos que pretendemos alcanzar e as capacidades son as seguintes: 1. Coñecer os períodos da historia da filosofía e os seus representantes fundamentais. 2. Recoñecer as cuestións que ocuparon permanentemente a filosofía ao longo da súa historia e relacionalas con temas traballados en filosofía e cidadanía, utilizando con propiedade os conceptos adquiridos. 3. Comprender a vinculación entre o pensamento dos distintos autores e outras manifestacións da actividade humana do seu contexto histórico: socioeconómicas, políticas, científicas e artísticas. 4. Elaborar exposicións orais e composicións escritas acerca de temas determinados con claridade, corrección, plenitude e autonomía, exercitando na medida do posible unha reflexión persoal. 5. Comentar textos filosóficos analizando con rigor os seus conceptos e teses e comparándoos coa postura defendida noutros textos de diferente autoría acerca dos mesmos temas. 6. Desenvolver o hábito de ponderar con criterio opinións contrapostas a partir do contraste entre teorías e correntes filosóficas que se sucederon na historia. 7. Constatar a posición de cada representante dunha corrente filosófica sobre a diferenza de xénero e valorala á luz das crenzas e prácticas do seu contexto histórico. 8. Debater temas de actualidade en relación cos contidos da materia, fundamentando racionalmente a propia postura, recoñecendo as achegas doutras persoas e illando os prexuízos infundados. 9. Valorar o coñecemento do pasado como unha achega continua de elementos que contribúen á comprensión do presente e á planificación do porvir. 10. Apreciar a lectura como medio de enriquecemento persoal e desenvolver un hábito inquisitivo e analítico en relación coa información recibida na vida cotiá. 2. 4) CONTIDOS A selección de contidos conceptuais, procedementais e actitudinais corresponde tanto á caracterización desta materia coma aos seus obxectivos xerais. Os contidos conceptuais preséntanse divididos en DEZ unidades didácticas, que recollen os contidos mínimos do Decreto de referencia, agrupados en CATRO NÚCLEOS TEMÁTICOS. A selección de contidos terá en conta os seguintes eixes: 1 A busca de información a partir de fontes diversas e integración desta seguindo criterios temáticos ou metodolóxicos. 2 A análise e comentario de textos filosóficos, identificando as súas ideas e relacionándoas coa teoría da persoa autora. 3 A presenza das autoras e autores nas diferentes etapas. 4 As exposicións orais e composicións escritas acerca do pensamento de distintas autorías, utilizando con propiedade o vocabulario técnico adquirido e incorporando as propias reflexións de xeito fundamentado. 5 A participación en debates, expoñendo razoadamente o pensamento propio. Contidos conceptuais Os propostos pola CIUGA para as probas de selectividade 2015-16
  • 4. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16
  • 5. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 Contidos actitudinais  Análise crítico das diversas ideoloxías e teorías políticas e éticas.  Valoración do papel que xogou a razón no desenvolvemento do pensamento moderno  Sensibilización respecto da historicidade das teorías e conceptos filosóficos.  Capacidade para valorar as distintas achegas dos diferentes pensadores modernos.  Toma de conciencia dos grandes problemas sobre os que reflexionan os seres humanos nesta época histórica.  Curiosidade polos temas tratados e as tarefas propostas.  Interese pola lectura e análise de textos seleccionados dos autores modernos. Contidos procedementais  Desenvolvemento da capacidade analítica e de comparación entre as diversas correntes gnoseolóxicas, vendo semellanzas e diferenzas en cada problema.  No comentario de texto, afondar na análise dos principios ou supostos do autor implicitamente presentes para xustifica-las súas afirmacións.  Adquisición da técnica da valoración persoal dos textos.  Obtención de información relacionada cos temas tratados.  Análise dos conceptos máis importantes dos autores modernos.  Lectura dalgunha obra ou texto seleccionado dos principais autores modernos estudiados.  Establecemento de debates.  Composición filosófica breve, por exemplo, sobre a importancia das matemáticas na constitución da ciencia moderna.  Elaboración de esquemas ou mapas conceptuais, que entrelacen os principais contidos dos autores estudados. 2. 5) CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Que a orde e a situación cronolóxica dos períodos, problemas, autoras e autores que
  • 6. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 se estudan, sexa correcta e se identifiquen as súas características distintivas e establecendo as relacións correspondentes. 2. Que se relacionen os problemas filosóficos estudados coas principais condicións socioculturais en que aparecen e a que pretenderon dar resposta. 3. Que a exposición por escrito dunha teoría filosófica individual, dunha escola ou período de forma completa, sexa clara e coherente. 4. Que a análise dos textos filosóficos identifique a súa estrutura, teses e argumentos, explicando os seus conceptos no marco do pensamento correspondente. 5. Que se identifiquen os supostos implícitos das teorías e textos filosóficos e se analize a consistencia dos seus argumentos e a vixencia das súas achegas na actualidade. 6. Utilizar comprensivamente un vocabulario técnico específico en todas as actividades realizadas. 7. A corrrecta presentación do exercicio e a ausencia de faltas gramaticais e/ou ortográficas. 2. 6) MÍNIMOS ESIXIBLES De entre os propostos pola CIUGAe en función da distribución das fichas curriculares para as probas de selectividade 2015-16, o alumno deberá demostrar a súa competencia no desenvolvemento de cando menos os seguintes contidos:
  • 7. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 2. 7) TEMPORALIZACIÓN/SECUENCIACIÓN A orde e a secuenciación dos temas vén determinado pola súa complexidade e extensión e pola limitación do número de horas lectivas de cada trimestre, e particularmente o terceiro trimestre no 2º curso de bacharelato. O tratamento temático previsto é o seguinte: – Primeiro trimestre: Fichas curriculares 1, 2 e 3 – Segundo trimestre: Fichas curriculares 4, 5, – Terceiro trimestre: Fichas curriculares 6, 7 2. 8) ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN O alumnado que non obteña de media un cinco poderá presentarse a un exame final extraordinario de toda a materia do curso. No caso de que non se obteña a media final dun cinco por unha única avaliación suspensa, poderá optar por presentarse unicamente a recuperación desa avaliación. O exame final extraordinario de maio e setembro será unha proba tipo similar ás propostas na proba oficial de selectividade, terá unha duración de 1 hora e 30 min. O modelo será o Modelo de exame Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.  Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.  Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica. TEXTO Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de experiencia e de tempo. En cambio a ética xorde do costume, por iso o seu nome varía un pouco do de costume. Deste feito resulta evidente que ningunha das virtudes éticas se dá en nós por natureza, pois nada do que existe por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que por natureza vai para abaixo, non se afaría a ir para arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas veces para arriba, nin o lume se afaría a ir para abaixo, nin ningunha outra cousa que é de certa natureza podería afacerse a ter outra distinta. Así é que as virtudes non se producen por natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e perfeccionalas mediante o costume. Ademais, de todo o que está na nosa natureza, primeiro acadamos as capacidades e logo desenvolvemos as actividades (isto é evidente no tocante ós sentidos; non adquirimos os sentidos por ver moitas veces ou oír moitas veces, senón o contrario: usámolos porque os temos, non os temos porque os usamos). En cambio, as virtudes adquirímolas porque antes as exercitamos, como ocorre coas demais artes. Pois o que hai que facer despois de aprendelo, aprendémolo facéndoo. Por exemplo, facémonos construtores construíndo e citaristas tocando a cítara. Así, tamén, practicando a xustiza facémonos xustos, moderados practicando a moderación e fortes practicando a fortaleza. Proba disto é o que sucede nas cidades. Os lexisladores fan bos ós cidadáns ensinándolles certos costumes, e esa é a vontade de todo lexislador; os que non o fan ben equivócanse e niso se distingue un bo réxime dun mal réxime. ARISTÓTELES, Etíca a Nicómaco, libro II, 1103a14 CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de 0 a 2,5 puntos)  Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.  Cuestión contextual: O tránsito cara á época helenística. II ) Cuestión de comprensión: (avaliación:de 0 a 6 puntos)  Lea atentamente o texto e a partir del responda á seguinte cuestión temática: A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté. III) Coñecemento específico: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
  • 8. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 A cualificación dos diferentes apartados da composición será como segue: Recuperación de pendentes Os alumnos coa materia de 1º pendente disporán de unha hora de titoría mensual e poderán seguir o curso a través da aula virtual: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=225 Exames de pendentes As probas para pendentes de FILOSOFÍA I versarán sobre o programa de mínimos de 1º de Bacharelato LOE, que se distribuirán en dúas partes, con dúas probas que terán lugar de acordo co calendario de exames propostos pola Dirección do centro. Na proba de febreiro os alumnos optarán por realizar unha proba correspondente a toda a materia ou só á metade dos temas, segundo acordo individual establecido en reunión co Xefe do Departamento que se realizará no primeiro trimestre. A proba de maio realizarase sobre a totalidade da materia ou sobre a segunda metade para os que tivesen aprobada a parte correspondente a febreiro. A proba constará dun cuestionario, unha composición breve e a definición de 2 termos, escollidos sobre os mínimos esixibles, na programación de 2014 2015 segundo o modelo aplicado durante o curso realizado polos alumnos. 2. 9) CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN Criterios de cualificación O alumnado demostrará a súa competencia na materia mediante: A. A realización de 2 exames trimestrais dos contidos curriculares que, coa finalidade de adaptarse ao horario do Centro é da extensión horaria da aula dividirán os contidos en dúas partes: a. EXAME 1: unha composición filosófica que abordará as cuestións contextuais propostas nas fichas currículares do trimestre e a contextualización histórica dun autor (25% da cualificación: ata 2 puntos na avaliación trimestral) Duración do exame (50 min) b. EXAME 2: unha composición filosófica que abordará un texto dun autores traballados no trimestre e desenvolverá unha das cuestións de comprensión das fichas curriculares e as relacións do autor con outros filosofos ou correntes da historia da Filosofía. (75% da cualificación: Ata 6 puntos na avaliación trimestral) Duración do exame (50 min) As puntuacións dos dous exames sumaránse (ata un máximo de 8 puntos) para avaliación dos dous exames teranse en conta, entre outros, os seguintes aspectos:  Coñecemento do contexto social, político e filosófico do autor do texto e o problema filosófico proposto.  Comprensión e explicación do texto.  Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.  Comentario persoal.
  • 9. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16  Desenvolvemento da temática do autor do texto.  Madurez persoal: orixinalidade, capacidade crítica, rigor conceptual, coherencia expositiva.  Valorarase a precisión e a claridade de exposición así como todo o que poida contribuír a mostrar contidos de tipo actitudinal e procedimental.  Serán obxecto de penalización especial as faltas ortográficas e gramaticais, en especial os escritos que presenten anacolutos e faltas de expresión graves. Esta penalización poderá ser de ata 3 puntos. AVALIACIÓN Nº Instrumentos PONDERACIÓN EXAMES EXAME 1 20% EXAME 2 60% CUESTIONARIOS AULA VIRTUAL (a cualificación dividiráse entre o número de cuestionarios realizados por trimestre 10% ACTITUDE NA AULA Asistencia 2,5% Comportamento 2,5% Participación e atención 2,5% Recuperación de dificultades 2,5% TOTAL 100% B. Cuestionarios e actividades propostas na aula virtual da materia poderá ponderar ata un 10%. 1 punto na avaliación trimestral C. Actitude cara a materia e participación na aula e nas actividades do departamento poderá ponderar ata 10% da cualificación 1 punto na avaliación trimestral D. Traballos opcionais voluntarios: A elaboración de traballos opcionais poderá engadir ate 2 puntos á cualificación final da materia en función da realización do traballo, a súa completude e a súa validez. Os traballos deberán ser orixinais, con licencia creative commons e pactados coa profesora previamente. Instrumentos de avaliación 2 Exames modelo composición por trimestre. Cuestionarios de escolla múltiple: Na aula virtual da Materia. Terán penalización de ½ cada unha das cuestións erradas no cuestionario de opción múltiple. http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=47 Caderno do profesor: para recoller a actitude, comportamento, asistencia e seguimento da materia e a presentación de traballos voluntarios ou de recuperación da materia. Para cualificar este apartado teránse en conta os seguintes indicadores: a) Asistencia continuada e xusficación fehaciente de faltas (comprobadas a través da aplicación informática Xade) (0,25 puntos) b) Comportamento e falta de apercibimentos orais ou escritos (0,25 puntos) c) Participación axeitada na aula (0,25 puntos) d) Intención de recuperación do traballo e superación das dificultades atopadas na avaliación a través dos traballos propostos (0,25 puntos) Criterios de promoción  Proba escrita modelo composición: 80%  Cuestionarios e actividades propostas na aula virtual da materia: ata un 10% http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=47  Actitude e participación na aula e nas actividades do departamento ata un 10% da cualificación
  • 10. HISTORIA DA FILOSOFÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA[ ] DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. 2015/16 A cualificación final da materia será a media aritmética dos resultados correspondentes á terceira avaliación cos das avaliacións precedentes. No caso de que o alumno/a non acade a puntuación de 5, terá dereito a un exame extraordinario de recuperación da materia que versará sobre os contidos mínimos da materia. 2.10) METODOLOXÍA DIDÁCTICA As orientacións metodolóxicas propostas apuntan á potenciación e consolidación de certas competencias promovidas xa en etapas educativas anteriores. De acordo con este criterio, as metodoloxías concretas empregadas polos profesores nesta materia deberán orientarse a: • Espertar a curiosidade e interese do alumnado polos problemas suscitados noutras etapas históricas mediante a planificación de contextos e estratexias de aprendizaxe que o acheguen ao seu contexto vivencial, establecendo similitudes con problemas actuais. • Propiciar a autonomía na busca e procesamento da información pertinente para os temas tratados. • Promover a lectura e análise de textos filosóficos e a elaboración de comentarios sobre eles que inclúan reflexións críticas argumentadas. • Propoñer a planificación e elaboración, por parte das alumnas e dos alumnos, de composicións escritas e de exposicións orais en relación cos temas tratados onde integren información procedente de distintas fontes. • Mellorar as estratexias de procura de información, xestión e creación de coñecemento a través da Rede. • Formular as diversas actividades con diferente grao de complexidade en función dos recursos cognitivos necesarios para realizalas, coa dobre finalidade de atender á diversidade dentro da aula e permitir unha autoavaliación axeitada e unha motivación progresiva cara a niveis de maior complexidade. A composición filosófica, cos seus múltiples enfoques posibles, convértese así non só nun exercicio privilexiado para esta materia, senón nun contido procedimental básico. As sínteses conceptuais e o estudio do ámbito histórico e cultural deben complementa-la lectura dos textos. Promoverase nos alumnos e nas alumnas a capacidade de determinar cales son as súas propias necesidades de información, tanto xeral coma específica e como satisfacelas acudindo a obras de consulta. O uso sistemático de fontes bibliográficas de información habituaraos aos mecanismos básicos do traballo intelectual. Finalmente, o exercicio da composición fomentará a capacidade de determinar enfoques propios a temas tradicionais, xunto coa capacidade de establecer relacións e de argumentar, habilidades todas elas necesarias para acada-la madurez intelectual. O profesorado do Departamento impartirá as clases, suxeitándose aos contidos, que acabamos de sinalar nos apartados anteriores. Cada unidade consta dos seguintes elementos: - Unha selección de textos filosóficos - Unha explicación teórica por parte do profesor - Cuestionarios de contidos a realizar na aula virtual - Exercitación da técnica de lectura e comprensión de textos - Exercitación da expresión escrita e oral en base ao vocabulario técnico e a precisión conceptual que requira cada teoría filosófica. Todos estes aspectos desenvolveranse cunha metodoloxía activa, que logre a participación de todo o alumnado. A materia terá un seguimento tanto a través da clase presencial como da aula virtual: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=47