SER UNMESMOSER UNMESMO
A construción do serA construción do ser
humano. Motivación,humano. Motivación,
personalidade epersonalidade e
afectividadeafectividade
A MOTIVACIÓNA MOTIVACIÓN
 Necesidade ou o desexo que activa e dirixe
o noso comportamento, orientando a nosa
conduta á consecución dun logro.
 Factores que interveñen na motivación:
 Necesidades: primarias (supervivencia) e secundarias
(adquiridas: amor, amizade...)
 Emocións: reaccións fisiolóxicas ante un estímulo
novo. Inconscientes, irracionais e moi intensas.
 Emocións de fondo, resultado da combinación de reaccións
reguladores sinxelas (procesos homeostáticos básicos,
comportamentos de dor e pracer e apetitos).
 Emocións primarias ou básicas: identificables nas reaccións
corporais. son seis: medo, ira, noxo, sorpresa, tristeza e felicidade.
 Emocións sociais, afectan ás relacións cos outros individuos e
inclúen a simpatía, a turbación, a vergonza, o orgullo, os celos, a
envexa, a gratitude, a admiración, a indignación e o desdén.
 Pensamentos: Procesamento racional da
información: argumentos, imaxes, recordos...
 Sentimentos: toma de conciencia do que estamos
sentindo, son procesos mentais adquiridos pola
experiencias vividas
As principais teorías sobre a
motivación son:
• A teoría dos instintos
A teoría homeostática
• A teoría da excitación.
• A teoría das
necesidades
TEORÍAS DA MOTIVACIÓNTEORÍAS DA MOTIVACIÓN
Teoría homeostática (Clark Hull): a conduta
busca eliminar o desequilibrio que nos impulsa a
satisfacer unha necesidade fisiolóxica ou adquirida
por razóns externas ao individuo.
Cálculo do impulso: sEr = sHr x D x K.
Teoría dos instintos (Mc Dougall e Freud):
a conduta esta controlada polos instintos
biolóxicos que permiten a supervivencia dos
individuos
Teorías homeostáticas
Teoría da redución do impulso: o
individuo pode reducir a tensión de
forma voluntaria
Teoría do Campo Dinámico (Lewin):
a conduta é o resultado dunha
totalidade de elementos dinámica
Teoría do incentivo (Skiner): da
moita importancia aos incentivos
Teorías emocionais: as
emociónsdesencadean os comportamentos
necesarios para restablecer o equilibrio.
Teoría Psicanálitica:Explica a conduta a
partir das tendencias primarias como o sexo e a
agresión.
TEORÍAS DA MOTIVACIÓNTEORÍAS DA MOTIVACIÓN
Teorías cognitivas (Atkinson e Weiner): a forma en que reaccionamos aos
acontecementos responde á forma en como os interpretamos, de xeito que a nosa
conduta tenta eliminar a disonancia entre as nosas crenzas e os acontecementos
Teoría do logro de Atkinson : alcanzar metas e
superar tarefas difíciles é um necesidade dos seres
humanos.
Se as expectativas e o valor emocional do incentivo
son positivos, se produce a conduta que leva á
consecución. Se son negativos conducirán á evitación.
Inflúen tres factores:
1.A forza do impulso: disposición xeral do individuo a loitar pola
satisfacción, que terá dúas dimensións: motivación do logro (éxito)
ou evitación do fracaso.
2.As expectativas: anticipación cognitiva que o individuo fai sobre
as súas posibilidades, tamén pode ter dimensión de éxito ou de
fracaso.
3.O valor do incentivo: a atracción que ten ou non a meta. Pode ser
positiva: atracción, ou negativa: aversión
Teoría da atribución de Weiner:
Afonda na forma en que xeramos
expectativas:
•as persoas tentan explicar os seus éxitos e
fracasos atribuíndoos a distintas causas:
capacidade, esforzo, sorte, dificultade da tarefa.
•As causas ás que se atribúe o éxito poden ser de
dous tipos, internas (controlables) e externas
(incontrolables).
TEORÍAS DA MOTIVACIÓNTEORÍAS DA MOTIVACIÓN
TEORÍAS HUMANISTAS (Maslow e Rogers): Defenden que a personalidade e
cpmdita de cada individuo é singular e diferente á de calquera outro e que se caracteriza
pola busca da súa propia identidade e a súa autorrealización.
Teoría das necesidades de Maslow :centra a
motivación da conduta nas necesidades establecendo
unha xerarquía
Dúas teses básicas:
1.Un ser humano tende a satisfacer as necesidades primarias (máis baixas
na pirámide) antes que buscar as de nivel máis alto.
2.As necesidades humanas poden representarse en forma de pirámide,
onde as necesidades de autorrealización ocupan a cúspide e representan
o obxectivo final de calquera acción humana.
As necesidades identificadas por Maslow son:
As necesidades fisiolóxicas: de orixe biolóxica, teñen que ver coa supervivencia e inclúen por exemplo a necesidade de
comida, bebida, auga e refuxio.
As necesidades de seguridade: orientan a conduta á busca de orde, estabilidade e protección, o que inclúe seguridade
física, recursos, saúde, propiedade ou ingresos.
As necesidades sociais poñen de manifesto a necesidade dos outros que teñen os seres humanos: amor, afecto e
pertenza a un grupo.
As necesidades de desenvolvemento do ego ou recoñecemento da propia personalidade: a autoestima, o
recoñecemento social ou o logro particular.
• A necesidade de status, fama, reputación ou recoñecemento, que dependerán do medio externo.
• A necesidade de autoestima, que inclúe confianza, sensación de competencia, independencia e liberdade.
A necesidade de autorealización: inclinación a cumprir o potencial persoal a través dunha actividade específica :
cognitiva (desexo de coñecemento), estética (aspiración á beleza) ou de autotrascendencia (atopar unha causa máis
aló das propias necesidades
AA FUSTRACIÓNFUSTRACIÓN
 É unha experiencia emocional desagradable
que supón a desaparición da recompensa
(tanto externa ou logro, como interna ou
pracer) e produce tristura, decepción e rabia.
(desaxuste emocional)
 Causas da fustración:
 Insuficiencias físicas ou psicolóxicas: non ser quen de
satisfacer a necesidade por incapacidade ou falta de
habilidade.
 Obstáculos físicos ou sociais: non se dan as condicións
externas para satisfacer a necesidade.
 Demoras na consecución do obxectivo: que a
satisfacción da necesidade se atrase ou non exista o
obxecto que a satisface.
 A fustración produce conflitos. Tipos:
 De achegamento. A atracción que se dá cara a dous obxectivos que
se exclúen mutuamente.
 De evitación. Na que dúas situacións se presentan como igualmente
indesexables e producen o mesmo grao de aversión.
 De achegamento-evitación. Cando o desexo e a aversión que
produce unha situación teñen a mesma forza.
 Dobre conflito de aproximación-evitación. Aquí o suxeito se atopa
entre dous obxectivos que teñen a mesma valencia positiva ou
negativa (producen ambos a mesma aversión e desexo).
Respostas á fustración:
Conscientes:
•A agresividade.
•A fuxida ou evitación.
•O logro indirecto ou substitución.
•Aceptación.
Inconscientes:
•A represión.
•A fixación ou regresión.
•A proxección e racionalización.
Neurose.
Motivación e consecución de logros no ámbitoMotivación e consecución de logros no ámbito
laboral e educativolaboral e educativo
 As teorías da motivación teñen aplicación naqueles ámbitos nos que é preciso
modificar as condutas do individuo para conseguir unha maior efectividade.
 Moi importantes no mundo laboral e educativo.
 No ámbito laboral, a psicoloxía organizacional tenta identificar os distintos factores que inflúen na
motivación para o logro ou consecución de obxectivos. pode:
 Facer unha distribución de tarefas máis eficiente. Por exemplo, as persoas que amosan unha elevada
motivación para o logro, precisarán tarefas que supoñan retos moderados.
 Tamén poden establecerse as formas en que se atenden as diferentes necesidades dos traballadores e o
xeito en que esa satisfacción pode repercutir na produtividade.
 Revisar as motivacións extrínsecas (incentivos) que inflúen na modificación da conduta dos
traballadores.
 Establecer a organización da empresa en función do estilo de mando ou liderado dos traballadores, co
obxecto de que contribúa a mellorar a xestión da empresa.
 No ámbito educativo axuda a establecer as formas de maximizar a autorrealización dos estudantes
investigando nas motivacións do individuo e a xerarquía das súas necesidades. Dese xeito poderemos intervir:
 Na detección das carencias en relación coas necesidades primarias esenciais para o correcto
desenvolvemento da personalidade e das necesidades de autorrealización.
 Na proposta de tarefas en función do perfil motivacional do alumnado, tanto no caso de alumnado con
expectativas de logro como de fracaso, co fin de evitar o fracaso escolar ou de ser quen de recuperarse
da frustración que este supón.
 No control dos procesos de agresividade dentro das institucións educativas.
 No deseño do proceso educativo do alumnado en función das súas necesidades de autorrealización.
AA PERSONALIDADEPERSONALIDADE
 É a estrutura dinámica que posúe un
individuo e que constitúe aquela forma de ser
que nos fai únicos. É un conxunto de
características psicolóxicas, condutuais,
emocionais e sociais que se desenvolven a
partir da interacción entre factores ambientais
e biolóxicos.
 A personalidade ten dous compoñentes:
 O temperamento é produto da herdanza
xenética, como a cor dos ollos, e determina
certas características da cognición, do
comportamento ou da percepción das
emocións: propensión á tristura ou á alegría;
propensión ao nerviosismo ou á calma; á
timidez ou á extraversión
 O carácter é modificable; está constituído
polos coñecementos e todos aqueles hábitos
(educativos e relacionais) aprendidos a través
do medio, como as normas sociais ou a
lingua.
As principais teorías sobre a
personalidade son:
• modelo psicodinámico
• modelo cognitivo
modelo humanista.
TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍAS DA PERSONALIDADE
As teorías psicodinámicas: afirman que a personalidade, e xa que logo a
conduta dunha persoa, é o resultado das forzas psicolóxicas que actúan no
individuo, boa parte delas inconscientes.
 Teses fundamentais:
 A parte máis importante da vida psíquica é
inconsciente.
 Existen procesos mentais paralelos e diferentes
(conscientes e inconscientes) que producen
procesos e sentimentos conflitivos.
 Os patróns da personalidade comezan a formarse
xa desde as experiencias máis temperás e estas
teñen un forte impacto no seu desenvolvemento.
 O desenvolvemento da personalidade implica
aprender a regular os sentimentos sexuais e
agresivos, así como conseguir a independencia ou
autonomía.
 As representacións mentais que temos de nós
mesmos e dos demais tenden a influír nas
interaccións con outras persoas.
TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍAS DA PERSONALIDADE
As teorías psicodinámicas
 Psicanálise (Freud)
 O aparato psiquico humano está constituído por:
 O consciente, ou Ego, fai referencia a aquilo do que o
ser humano se dá conta: sensación físicas, emocións,
recordos ou pensamento. A súa función é percibir e
rexistrar o que ocorre arredor da persoa.
 O inconsciente é todo aquilo que é inaccesible para a
persoa, unha parte moi primitiva do ser humano oculta
no fondo da mente.
 O preconsciente está constituído por funcións
psíquicas e materiais que están dispoñibles e poden
chegar a ser conscientes, pero que son de difícil acceso á
causa da forma en como se manifesta nos individuos
(mediante os soños, as fantasías e os recordos).
Freud distingue etapas na
formación da personalidade en
relación a evolución da represión
das pulsións básicas e que
determinan o desenvolvemento
psicosexual das persoas.
A excesiva sexualización foi moi
criticada por Jung e Erikson
TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍAS DA PERSONALIDADE
As teorías psicodinámicas
 Psicanálise (Jung)
 O inconsciente que
inclúe unha enerxía
psiquíca que supera a
mera enerxía sexual
proposta por Freud.
 Admite a existencia de
arquetipos primitivos
latentes mediante a
herdanza que podem
expresarse no
temperamento das
persoas.
 Achega unha teoría dos
psiquetipos baseados
na contraposición
introvertido-
extravertido, acional-
sentimental e
perceptivo-intuitivo.
TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍAS DA PERSONALIDADE
As teorías psicodinámicas
 Psicanálise (Erikson)
 O humano baseada prolongase até a morte.
 Este desenvolvemento ten oito etapas que buscan a adaptación ao ambiente e a eliminación do
conflito para que o ser humano acade os seus obxectivos.
Outros autores como Erich From fai recaer o peso da construción da
personalidade dun individuo no equilibrio que é quen de manter entre a busca da liberdade e o medo a
ela. Así haberá personalidades biófilas (buscan a liberdade e a felicidade) ou necrófilas (agresivas e
violentas, familias simbióticas (que poden absorber ao indivuo) ou afastadas (que xeran fustración) .
TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍAS DA PERSONALIDADE
Teorías cognitivas da personalidade: súa forma de comprender a
aprendizaxe e os procesos implicados proporcionan pautas para entender a
formación da personalidade que depende destes procesos
 Teses fundamentais:
 As sucesivas etapas mentais do individuo e a súa
superación inciden na formación da personalidade.
 A personalidade de cada individuo vén determinada
polas aprendizaxes que leve a cabo ao longo da
vida, os procesos psicolóxicos internos e
individuais, e o ambiente que proporcionou os
modelos de aprendizaxe e a información.
 A autoregulación, controlar o próprio
comportamento é a pedra angular da personalidade
humana
TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍAS DA PERSONALIDADE
Teorías humanistas: non estuda o seu desenvolvemento da personalidade
para tratar os trastornos que poidan suceder nin para modificar a conduta dos
individuos. Só quere comprender ao individuo e axudarlle a autoxestionarse.
 Modelo Gestalt:
 A personalidade crease a través da integración dos
fenómenos mediante r tres factores:
 A historia de vida ou acontecementos vividos pola
persoa: aprendizaxes, relacións familiares, situación
histórica, logros persoais, fracasos, ideas...
 A satisfacción de necesidades que o organismo
reclama para garantir a súa supervivencia e benestar.
 O autoconcepto, que consiste na forma en que cada
persoa se ve a si mesma.
 O individuo elabora tres dimensións do Eu que
establecen relacións dinámicas entre sí:
 Eu falso, ou o que o individuo concibe como
contrario ao que el é.
 Eu real, ou o que o individuo asume como propio,
aínda que as calidades que se atribúa non sexan
verdadeiras.
 Eu ideal, ou o que a persoa busca ser, os seus ideais.
A teoría da personalidade de Maslow toma
como base a teoría da Gestalt e aplica a teoría
das necesidades e a súa situación na pirámide
como base para a busca do equilibrio e a
saúde persoal.
Rogers afirma que o ser humano conforma a
súa personalidade actualizando o seu Eu
Ideal en base ás súas experiencias. A clave
para ter unha personalidade será a
construción dun Eu Ideal (o que a persoa
tende a ser) acorde co Eu real e adquirible
para o individuo, evitando así o nivel de
frustración.
Métodos de avaliación da personalidade eMétodos de avaliación da personalidade e
as súas limitaciónsas súas limitacións
 Avaliar a personalidade non consiste en
buscar a mellor conduta do individuo, senón a
conduta máis típica dese individuo, a conduta
que o define habitualmente.
 Dous métodos:
 O enfoque clínico usa probas proxectivas, historias
clínicas e entrevistas como forma de abordaxe. É un
enfoque cualitativo. Probas: Test de Roscharch e o Test
de apercepción temática (TAT).
 O enfoque psicométrico usa cuestionarios cuantitativos
que remiten a criterios estandarizados para a súa
avaliación. Proporcionan información acerca de moitos
aspectos da personalidade como valores, necesidade,
intereses, autoestima e a forma en que os individuos
afrontan diferentes situacións. Probas: MMPI (Minnesota
multiphasic personality inventory) formado por dez
subescalas que miden rangos de personalidade e mostran
as tendencias patolóxicas como depresión, paranoia ou
histeria; o cuestionario de CATELL, 16 PF-5, que mide
até 16 trazos primarios da personalidade; o cuestionario
BIG FIVE (BFQ) usado en educación
Ningún instrumento ofrece unha imaxe real e
total da complexidade estrutural e funcional
da personalidade humana en acción. Os
instrumentos simplemente proporcionan
datos que deben ser usados con precaución e
de forma non reducionista, aínda que poden
ser bos indicadores de trastornos ou de formas
de abordar cambios de conduta ou
adxudicación de tarefas.
Identidade e autoestimaIdentidade e autoestima
 A personalidade é unha función dinámica que tem como eixo central o
autoconcepto (capacidade da persoa para coñecerse ben a si mesma).
 O autoconcepto ou identidade persoal xérase ao longo da nosa vida.
 A identidade é a resposta ás cuestións «quen son?» ou «que quero ser?» e
depende claramente do coñecemento, pero tamén das nosas expectativas e do
coñecemento das propias capacidades.
 Unha identidade forte sempre está asociada á nosa capacidade de avaliarnos a
nós mesmos.
 A autoestima é a avaliación que facemos do conxunto das nosas
percepcións, pensamentos e tendencias de comportamento, pero tamén das
nosas características corporais ou do noso carácter.
 A autoestima afecta á nosa forma de estar e actuar no mundo ou de
relacionarnos cos demais e é unha das fontes máis importantes na formación
da personalidade.
A EMOCIÓN E OS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS Os afectos son o conxunto das emocións, sentimentos e paixóns, teñen algunhas
características comúns:
 Son subxectivos, é dicir, vívense de forma persoal e non poden transferirse aos demais. De feito,
mesmo é complicado expresalos ou comunicalos. Xeralmente comunicamos este tipo de vivencia
con xestos corporais como a risa ou o pranto.
 Son bipolares, é dicir, móvense entre dous polos opostos como a alegría ou a tristura, a atracción
ou a aversión...
 Conforman o estado de ánimo dun individuo, que viría ser como a estrutura xeral de todos os
afectos dun individuo.
 Determinan as relacións interpersoais e a personalidade.
PAIXÓNS
Estados pouco duradeiros, pero moi
intensos e independentes da vontade.
Non son facilmente controlables
racionalmente
A EMOCIÓN E OS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS
EMOCIÓN
un estado afectivo que é acompañado de certas
alteracións corporais que comunican aos demais a
situación da persoa:
Medo: asociada a sensacións de perigo, inseguridade e
incerteza.
Sorpresa: asociada a sensacións de asombro e desconcerto.
Aversión: asociada a sensacións de desgusto, rexeitamento e
noxo.
Ira: asociada a sensacións de rabia, enfado, resentimento e
irritabilidade.
Alegría: asociada a sensacións de diversión, euforia, contento,
benestar e seguridade.
Tristura: asociada a sensacións de pena, mágoa, malestar e
pesimismo.
SENTIMENTO
estado permanente que non vai
acompañado de manifestacións físicas e
que é o resultado dunha emoción
constante. Son sempre bipolares. Poden
ser
Vitais: tristura, aburrimento...
Individuais: egoísmo, altruísmo..
Sociais: sentimentos estéticos, espirituais
Emocións
Veñen determinadas polos seguintes factores
a) xenéticos. A expresión das emocións vén
determinada xeneticamente na nosa especie.
 En todos as culturas existen os mesmos sinais
emocionais: apertar os dentes coa ira, arrepiárense
os pelos co medo ou rir de alegría, son reaccións
comúns a todos os individuos da especie.
 Algunhas anomalías xenéticas son as causas de
déficits emocionais como, por exemplo, no caso
do autismo.
b) Educativos. Segundo a educación reforce ou
reprima unhas ou outras, o individuo tenderá a repetir
no futuro esas pautas.
 Freud falaba neste sentido de familias afastadas
(que reprimen as emocións e os afectos) e familias
simbióticas (que as fomentan).
c) Culturais. As pautas culturais reprimen condutas
que se consideran inadecuadas ou e fixan que
emocións poden mostrar ou non en público.
 Desempeña un papel máis importante ao
establecer os papeis afectivos que deben xogar
homes e mulleres e as formas adecuadas de
expresar os sentimentos que debe ter cada sexo.
A EMOCIÓN E OS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS
Herdanza e aprendizaxeHerdanza e aprendizaxe
Unha parte importante da afectividade
está relacionada coa construción da
sexualidade nos seres humanos. a
sexualidade humana non está tan
determinada como a sexualidade animal,
senón que se constitúe ao longo do
crecemento da persoa nunha relación
dinámica entre procesos biolóxicos,
interacción co ambiente e formación do
carácter e dos afectos.
 As emocións cumpren tres funcións esenciais:
 a adaptación do ser humano ao seu ambiente
 a motivación para a acción
 función social de comunicación: son a base dos afectos e, xa que logo, da
interacción humana.
 Os seres humanos comunicamos as nosas emocións a través das respostas motoras
producidas polo noso organismo: xestos faciais, posición corporal e movemento do
corpo.
 A través deles manifestamos emocións básicas e complexas, e unha cantidade de
información que acompaña en moitas ocasións as mensaxes orais, e que constitúen un
medio de comunicación máis profundo e aínda pouco estudado.
A EMOCIÓN E OS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS
Comunicación emocionalComunicación emocional
http://www.divulgaciondinamica.es/blog/la-pnl-programacion-neurolinguistica/
PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS
Modelos de estudio e tratamentoModelos de estudio e tratamento
Modelo biomédico: Describe os trastornos
mentais da mesma forma en que se fai con
calquera outra enfermidade física, buscando
as causas biolóxicas subxacentes.
 Distingue entre signo (obxectivo) e síntoma
(subxectivo).
 Tratamento farmacolóxico
modelo cognitivo-condutivo: a conduta
psicopatolóxica consiste basicamente nun
hábito non adaptativo xerado a través dunha
mala aprendizaxe e da asociación con certos
estímulos. e no seu contorno.
A conduta é o síntoma
Tratamento conductual. Nova aprendizaxe.
PSICOPATOLOXÍA: disciplina que analiza os trastornos mentais e do comportamento
que non poden ser explicados polo desenvolvemento típico do individuo.
 un trastorno psicolóxico consiste nun estado psíquico ou nunha conduta que
ocasione malestar, discapacidade ou un impedimento para realizar unha vida normal.
 Tres modelos de tratamento:
Modelo biopsicosocial: Entende o
trastorno mental como o resultado de
factores orgánicos ou biolóxicos,
psicolóxicos ou aprendidos, e dos sucesos
vitais que repercuten no individuo por medio
do estrés.
 Tratamento combinado: farmacolóxico +
conductual e social-familiar.
PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS
TerapiasTerapias
 Criterios para clasificar trastornos (anormalidade dunha conduta):
 estatístico (tomando como normal o comportamento máis recorrente nunha determinada sociedade ou
época),
 biolóxico (tomando como anormal aquel comportamento que estea asociado a algunha deficiencia ou
alteración estrutural ou funcional do organismo)
 social (tomando como normal o que se identifica claramente nunha época como tal)
 subxectivo (aceptando como anormal o comportamento ou deficiencia que leva aparellado un sufrimento
para a persoa a nivel subxectivo).
PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS
TrastornosTrastornos
Sistemas de clasificación de
psicopatolóxias:
•CIE-10, (Organización Mundial da Saúde,
organismo dependente da ONU).
•DSM, elaborada pola Asociación Psiquiátrica
americana, que recolle as principais enfermidades
mentais cos seus síntomas. É o máis aceptado entre
os especialistas.
Tipos xerais de trastornos
•Neuroses: afectan ás percepcións do suxeito sobre si mesmo e á
súa relación co contorno familiar ou social, pero non o afastan
da realidade.
•Psicoses: provocan a desconexión coa realidade e graves
bloqueos afectivos. Aparecen alucinacións, delirios ou
alteracións afectivas graves (ahedonía ou incapacidade para ter
sentimentos gozosos, tendencias autodestrutivas etc).
 A persoa presenta condutas asociadas a necesidades biolóxicas que manteñen patróns
anómalos ou claramente disfuncionais e problemáticos.
PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS
Trastornos relacionados coas necesidadesTrastornos relacionados coas necesidades
biolóxicas. As adicciónsbiolóxicas. As adiccións
Disfuncións sexuais: Como parafilias,
alteracións do desexo, condutas peligrosas...
Trastornos Alimentarios: Anorexia,
Bulimia, Purgas.
Trastornos do sono: Insomnio, terrores
nocturnos, cambios no ciclo do sono ou
sonambulismo.
Trastornos asociados á drogadicción:
adiccións, a intoxicación ou a síndrome de
abstinencia
https://www.mundosorprendente.info/16-ilustraciones-que-muestran-como-se-verian-las-enfermedades-ment
 Involucran todos os aspectos da vida do individuo, cognitivos, condutivos e somáticos,
pois as emocións relacionan estes tres aspectos. Denomínanse tamén trastornos do estado
de ánimo porque esta condición pode causar dificultades de pensamento ou alteracións
nos sentimentos e nas relacións persoais.
PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS
Trastornos relacionados coas emociónsTrastornos relacionados coas emocións
Fobias: están producidas polo medo a un
estímulo, situación ou obxecto que xera ansiedade
excesiva.
Ansiedade: a persoa experimenta unha
preocupación excesiva e irracional que interfire coa
concentración e a capacidade de enfocarse nas
tarefas. (ataques de pánico, estrés post-traumático)
Depresión: caracterizada por unha excesiva
tristura e estado depresivo durante a maior parte
do día, a dificultade para obter pracer de case
ningunha actividade, insomnio, perda de enerxía,
baixa autoestima, dificultade para concentrase e,
nos casos máis graves, pensamentos suicidas Trastorno Bipolar: alteracións do estado de
ánimo extremos, alternándose episodios maníacos
(de euforia excesiva e grande axitación) con
períodos depresivos.
 supoñen unha anomalía nas pautas normais de crecemento e desenvolvemento psíquico
dun neno, tanto na súa conduta como nas súas capacidades ou habilidades.
PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS
Trastornos do desenvolvemento evolutivoTrastornos do desenvolvemento evolutivo
Trastornos do vínculo: xerados pola ruptura ou a
non formación do vínculo afectivo entre o neno e
as persoas que o rodean e coidan na primeira
infancia.
Mutismo selectivo: problema de inhibición da
fala aínda que a persoa teña capacidade de falar. O
individuo inhibe selectivamente a súa resposta
verbal en determinadas situacións ou restrínxea a
persoas de confianza. Pode iniciarse como
consecuencia dunha timidez extrema ou como
resultado de situacións estresantes, pero é
altamente incapacitante para o neno pois impide a
relación social e escolar.
Deficit de atención: caracterízase por niveis
baixos de atención, impulsividade e
sobreactividade inapropiados para a idade do neno.
Asócianse á dificultade para seguir as regras,
distracción e baixo rendemento.
O trastorno pode ser de dous tipos diferentes: con
hiperactividade ou sen ela. No primeiro caso vai
asociado ademais a inquietude, necesidade de
movemento continuo, impaciencia e
impetuosidade.
Trastornos do espectro autista: dana a
capacidade dunha persoa para comunicarse e
relacionarse con outros e vén asociado con rutinas
e comportamentos repetitivos.
 Perturbación xeral de todas as funcións psíquicas da persoa. Están afectadas ás emocións, ás capacidades
cognitivas e motivacionais do suxeito e tamén á súa capacidade de relación social. O comportamento do
suxeito está comprometido e sostense no tempo porque vai asociado á totalidade do seu aparato psíquico.
As causas están relacionadas con factores emocionais e afectivos e non en factores ambientais ou externos
ao propio individuo. 3 tipos:
PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS
Trastornos da personalidadeTrastornos da personalidade
Trastornos emocionais ou dramáticos: As súas
características son o comportamento impulsivo, a
emotividade excesiva e a violación da norma social:
•Trastorno antisocial: perda da importancia das normas
•Trastorno límite da personalidade: Caos emocional
•Trastorno narcisista da personalidade: busca da
aprobación social e esaxeración da propia importancia, ao
tempo que se esquece aos demais.
Trastornos excéntricos ou raros: o patrón da
personalidade está dominado pola actividade
cognoscitiva:
•Personalidade paranoide: centrada na sospeita ou a
desconfianza xeneralizada
•Personalidade esquizoide: centrada no illamento
Trastornos ansiosos: caracterizan
pola existencia de temores anormais e
a necesidade excesiva de control:
•Trastorno de dependencia: implica
comportamentos de submisión e temor á
separación
•Trastorno obsesivo compulsivo:
obsesión pola orde, o perfeccionismo e o
control mental e interpersoal
Para rematarPara rematar
Test factorial da personalidade en liña.
https://www.123test.es/personalidad/

Unidade5: Ser un mesmo

  • 1.
    SER UNMESMOSER UNMESMO Aconstrución do serA construción do ser humano. Motivación,humano. Motivación, personalidade epersonalidade e afectividadeafectividade
  • 2.
    A MOTIVACIÓNA MOTIVACIÓN Necesidade ou o desexo que activa e dirixe o noso comportamento, orientando a nosa conduta á consecución dun logro.  Factores que interveñen na motivación:  Necesidades: primarias (supervivencia) e secundarias (adquiridas: amor, amizade...)  Emocións: reaccións fisiolóxicas ante un estímulo novo. Inconscientes, irracionais e moi intensas.  Emocións de fondo, resultado da combinación de reaccións reguladores sinxelas (procesos homeostáticos básicos, comportamentos de dor e pracer e apetitos).  Emocións primarias ou básicas: identificables nas reaccións corporais. son seis: medo, ira, noxo, sorpresa, tristeza e felicidade.  Emocións sociais, afectan ás relacións cos outros individuos e inclúen a simpatía, a turbación, a vergonza, o orgullo, os celos, a envexa, a gratitude, a admiración, a indignación e o desdén.  Pensamentos: Procesamento racional da información: argumentos, imaxes, recordos...  Sentimentos: toma de conciencia do que estamos sentindo, son procesos mentais adquiridos pola experiencias vividas As principais teorías sobre a motivación son: • A teoría dos instintos A teoría homeostática • A teoría da excitación. • A teoría das necesidades
  • 3.
    TEORÍAS DA MOTIVACIÓNTEORÍASDA MOTIVACIÓN Teoría homeostática (Clark Hull): a conduta busca eliminar o desequilibrio que nos impulsa a satisfacer unha necesidade fisiolóxica ou adquirida por razóns externas ao individuo. Cálculo do impulso: sEr = sHr x D x K. Teoría dos instintos (Mc Dougall e Freud): a conduta esta controlada polos instintos biolóxicos que permiten a supervivencia dos individuos Teorías homeostáticas Teoría da redución do impulso: o individuo pode reducir a tensión de forma voluntaria Teoría do Campo Dinámico (Lewin): a conduta é o resultado dunha totalidade de elementos dinámica Teoría do incentivo (Skiner): da moita importancia aos incentivos Teorías emocionais: as emociónsdesencadean os comportamentos necesarios para restablecer o equilibrio. Teoría Psicanálitica:Explica a conduta a partir das tendencias primarias como o sexo e a agresión.
  • 4.
    TEORÍAS DA MOTIVACIÓNTEORÍASDA MOTIVACIÓN Teorías cognitivas (Atkinson e Weiner): a forma en que reaccionamos aos acontecementos responde á forma en como os interpretamos, de xeito que a nosa conduta tenta eliminar a disonancia entre as nosas crenzas e os acontecementos Teoría do logro de Atkinson : alcanzar metas e superar tarefas difíciles é um necesidade dos seres humanos. Se as expectativas e o valor emocional do incentivo son positivos, se produce a conduta que leva á consecución. Se son negativos conducirán á evitación. Inflúen tres factores: 1.A forza do impulso: disposición xeral do individuo a loitar pola satisfacción, que terá dúas dimensións: motivación do logro (éxito) ou evitación do fracaso. 2.As expectativas: anticipación cognitiva que o individuo fai sobre as súas posibilidades, tamén pode ter dimensión de éxito ou de fracaso. 3.O valor do incentivo: a atracción que ten ou non a meta. Pode ser positiva: atracción, ou negativa: aversión Teoría da atribución de Weiner: Afonda na forma en que xeramos expectativas: •as persoas tentan explicar os seus éxitos e fracasos atribuíndoos a distintas causas: capacidade, esforzo, sorte, dificultade da tarefa. •As causas ás que se atribúe o éxito poden ser de dous tipos, internas (controlables) e externas (incontrolables).
  • 5.
    TEORÍAS DA MOTIVACIÓNTEORÍASDA MOTIVACIÓN TEORÍAS HUMANISTAS (Maslow e Rogers): Defenden que a personalidade e cpmdita de cada individuo é singular e diferente á de calquera outro e que se caracteriza pola busca da súa propia identidade e a súa autorrealización. Teoría das necesidades de Maslow :centra a motivación da conduta nas necesidades establecendo unha xerarquía Dúas teses básicas: 1.Un ser humano tende a satisfacer as necesidades primarias (máis baixas na pirámide) antes que buscar as de nivel máis alto. 2.As necesidades humanas poden representarse en forma de pirámide, onde as necesidades de autorrealización ocupan a cúspide e representan o obxectivo final de calquera acción humana. As necesidades identificadas por Maslow son: As necesidades fisiolóxicas: de orixe biolóxica, teñen que ver coa supervivencia e inclúen por exemplo a necesidade de comida, bebida, auga e refuxio. As necesidades de seguridade: orientan a conduta á busca de orde, estabilidade e protección, o que inclúe seguridade física, recursos, saúde, propiedade ou ingresos. As necesidades sociais poñen de manifesto a necesidade dos outros que teñen os seres humanos: amor, afecto e pertenza a un grupo. As necesidades de desenvolvemento do ego ou recoñecemento da propia personalidade: a autoestima, o recoñecemento social ou o logro particular. • A necesidade de status, fama, reputación ou recoñecemento, que dependerán do medio externo. • A necesidade de autoestima, que inclúe confianza, sensación de competencia, independencia e liberdade. A necesidade de autorealización: inclinación a cumprir o potencial persoal a través dunha actividade específica : cognitiva (desexo de coñecemento), estética (aspiración á beleza) ou de autotrascendencia (atopar unha causa máis aló das propias necesidades
  • 6.
    AA FUSTRACIÓNFUSTRACIÓN  Éunha experiencia emocional desagradable que supón a desaparición da recompensa (tanto externa ou logro, como interna ou pracer) e produce tristura, decepción e rabia. (desaxuste emocional)  Causas da fustración:  Insuficiencias físicas ou psicolóxicas: non ser quen de satisfacer a necesidade por incapacidade ou falta de habilidade.  Obstáculos físicos ou sociais: non se dan as condicións externas para satisfacer a necesidade.  Demoras na consecución do obxectivo: que a satisfacción da necesidade se atrase ou non exista o obxecto que a satisface.  A fustración produce conflitos. Tipos:  De achegamento. A atracción que se dá cara a dous obxectivos que se exclúen mutuamente.  De evitación. Na que dúas situacións se presentan como igualmente indesexables e producen o mesmo grao de aversión.  De achegamento-evitación. Cando o desexo e a aversión que produce unha situación teñen a mesma forza.  Dobre conflito de aproximación-evitación. Aquí o suxeito se atopa entre dous obxectivos que teñen a mesma valencia positiva ou negativa (producen ambos a mesma aversión e desexo). Respostas á fustración: Conscientes: •A agresividade. •A fuxida ou evitación. •O logro indirecto ou substitución. •Aceptación. Inconscientes: •A represión. •A fixación ou regresión. •A proxección e racionalización. Neurose.
  • 7.
    Motivación e consecuciónde logros no ámbitoMotivación e consecución de logros no ámbito laboral e educativolaboral e educativo  As teorías da motivación teñen aplicación naqueles ámbitos nos que é preciso modificar as condutas do individuo para conseguir unha maior efectividade.  Moi importantes no mundo laboral e educativo.  No ámbito laboral, a psicoloxía organizacional tenta identificar os distintos factores que inflúen na motivación para o logro ou consecución de obxectivos. pode:  Facer unha distribución de tarefas máis eficiente. Por exemplo, as persoas que amosan unha elevada motivación para o logro, precisarán tarefas que supoñan retos moderados.  Tamén poden establecerse as formas en que se atenden as diferentes necesidades dos traballadores e o xeito en que esa satisfacción pode repercutir na produtividade.  Revisar as motivacións extrínsecas (incentivos) que inflúen na modificación da conduta dos traballadores.  Establecer a organización da empresa en función do estilo de mando ou liderado dos traballadores, co obxecto de que contribúa a mellorar a xestión da empresa.  No ámbito educativo axuda a establecer as formas de maximizar a autorrealización dos estudantes investigando nas motivacións do individuo e a xerarquía das súas necesidades. Dese xeito poderemos intervir:  Na detección das carencias en relación coas necesidades primarias esenciais para o correcto desenvolvemento da personalidade e das necesidades de autorrealización.  Na proposta de tarefas en función do perfil motivacional do alumnado, tanto no caso de alumnado con expectativas de logro como de fracaso, co fin de evitar o fracaso escolar ou de ser quen de recuperarse da frustración que este supón.  No control dos procesos de agresividade dentro das institucións educativas.  No deseño do proceso educativo do alumnado en función das súas necesidades de autorrealización.
  • 8.
    AA PERSONALIDADEPERSONALIDADE  Éa estrutura dinámica que posúe un individuo e que constitúe aquela forma de ser que nos fai únicos. É un conxunto de características psicolóxicas, condutuais, emocionais e sociais que se desenvolven a partir da interacción entre factores ambientais e biolóxicos.  A personalidade ten dous compoñentes:  O temperamento é produto da herdanza xenética, como a cor dos ollos, e determina certas características da cognición, do comportamento ou da percepción das emocións: propensión á tristura ou á alegría; propensión ao nerviosismo ou á calma; á timidez ou á extraversión  O carácter é modificable; está constituído polos coñecementos e todos aqueles hábitos (educativos e relacionais) aprendidos a través do medio, como as normas sociais ou a lingua. As principais teorías sobre a personalidade son: • modelo psicodinámico • modelo cognitivo modelo humanista.
  • 9.
    TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍASDA PERSONALIDADE As teorías psicodinámicas: afirman que a personalidade, e xa que logo a conduta dunha persoa, é o resultado das forzas psicolóxicas que actúan no individuo, boa parte delas inconscientes.  Teses fundamentais:  A parte máis importante da vida psíquica é inconsciente.  Existen procesos mentais paralelos e diferentes (conscientes e inconscientes) que producen procesos e sentimentos conflitivos.  Os patróns da personalidade comezan a formarse xa desde as experiencias máis temperás e estas teñen un forte impacto no seu desenvolvemento.  O desenvolvemento da personalidade implica aprender a regular os sentimentos sexuais e agresivos, así como conseguir a independencia ou autonomía.  As representacións mentais que temos de nós mesmos e dos demais tenden a influír nas interaccións con outras persoas.
  • 10.
    TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍASDA PERSONALIDADE As teorías psicodinámicas  Psicanálise (Freud)  O aparato psiquico humano está constituído por:  O consciente, ou Ego, fai referencia a aquilo do que o ser humano se dá conta: sensación físicas, emocións, recordos ou pensamento. A súa función é percibir e rexistrar o que ocorre arredor da persoa.  O inconsciente é todo aquilo que é inaccesible para a persoa, unha parte moi primitiva do ser humano oculta no fondo da mente.  O preconsciente está constituído por funcións psíquicas e materiais que están dispoñibles e poden chegar a ser conscientes, pero que son de difícil acceso á causa da forma en como se manifesta nos individuos (mediante os soños, as fantasías e os recordos). Freud distingue etapas na formación da personalidade en relación a evolución da represión das pulsións básicas e que determinan o desenvolvemento psicosexual das persoas. A excesiva sexualización foi moi criticada por Jung e Erikson
  • 11.
    TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍASDA PERSONALIDADE As teorías psicodinámicas  Psicanálise (Jung)  O inconsciente que inclúe unha enerxía psiquíca que supera a mera enerxía sexual proposta por Freud.  Admite a existencia de arquetipos primitivos latentes mediante a herdanza que podem expresarse no temperamento das persoas.  Achega unha teoría dos psiquetipos baseados na contraposición introvertido- extravertido, acional- sentimental e perceptivo-intuitivo.
  • 12.
    TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍASDA PERSONALIDADE As teorías psicodinámicas  Psicanálise (Erikson)  O humano baseada prolongase até a morte.  Este desenvolvemento ten oito etapas que buscan a adaptación ao ambiente e a eliminación do conflito para que o ser humano acade os seus obxectivos. Outros autores como Erich From fai recaer o peso da construción da personalidade dun individuo no equilibrio que é quen de manter entre a busca da liberdade e o medo a ela. Así haberá personalidades biófilas (buscan a liberdade e a felicidade) ou necrófilas (agresivas e violentas, familias simbióticas (que poden absorber ao indivuo) ou afastadas (que xeran fustración) .
  • 13.
    TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍASDA PERSONALIDADE Teorías cognitivas da personalidade: súa forma de comprender a aprendizaxe e os procesos implicados proporcionan pautas para entender a formación da personalidade que depende destes procesos  Teses fundamentais:  As sucesivas etapas mentais do individuo e a súa superación inciden na formación da personalidade.  A personalidade de cada individuo vén determinada polas aprendizaxes que leve a cabo ao longo da vida, os procesos psicolóxicos internos e individuais, e o ambiente que proporcionou os modelos de aprendizaxe e a información.  A autoregulación, controlar o próprio comportamento é a pedra angular da personalidade humana
  • 14.
    TEORÍAS DA PERSONALIDADETEORÍASDA PERSONALIDADE Teorías humanistas: non estuda o seu desenvolvemento da personalidade para tratar os trastornos que poidan suceder nin para modificar a conduta dos individuos. Só quere comprender ao individuo e axudarlle a autoxestionarse.  Modelo Gestalt:  A personalidade crease a través da integración dos fenómenos mediante r tres factores:  A historia de vida ou acontecementos vividos pola persoa: aprendizaxes, relacións familiares, situación histórica, logros persoais, fracasos, ideas...  A satisfacción de necesidades que o organismo reclama para garantir a súa supervivencia e benestar.  O autoconcepto, que consiste na forma en que cada persoa se ve a si mesma.  O individuo elabora tres dimensións do Eu que establecen relacións dinámicas entre sí:  Eu falso, ou o que o individuo concibe como contrario ao que el é.  Eu real, ou o que o individuo asume como propio, aínda que as calidades que se atribúa non sexan verdadeiras.  Eu ideal, ou o que a persoa busca ser, os seus ideais. A teoría da personalidade de Maslow toma como base a teoría da Gestalt e aplica a teoría das necesidades e a súa situación na pirámide como base para a busca do equilibrio e a saúde persoal. Rogers afirma que o ser humano conforma a súa personalidade actualizando o seu Eu Ideal en base ás súas experiencias. A clave para ter unha personalidade será a construción dun Eu Ideal (o que a persoa tende a ser) acorde co Eu real e adquirible para o individuo, evitando así o nivel de frustración.
  • 15.
    Métodos de avaliaciónda personalidade eMétodos de avaliación da personalidade e as súas limitaciónsas súas limitacións  Avaliar a personalidade non consiste en buscar a mellor conduta do individuo, senón a conduta máis típica dese individuo, a conduta que o define habitualmente.  Dous métodos:  O enfoque clínico usa probas proxectivas, historias clínicas e entrevistas como forma de abordaxe. É un enfoque cualitativo. Probas: Test de Roscharch e o Test de apercepción temática (TAT).  O enfoque psicométrico usa cuestionarios cuantitativos que remiten a criterios estandarizados para a súa avaliación. Proporcionan información acerca de moitos aspectos da personalidade como valores, necesidade, intereses, autoestima e a forma en que os individuos afrontan diferentes situacións. Probas: MMPI (Minnesota multiphasic personality inventory) formado por dez subescalas que miden rangos de personalidade e mostran as tendencias patolóxicas como depresión, paranoia ou histeria; o cuestionario de CATELL, 16 PF-5, que mide até 16 trazos primarios da personalidade; o cuestionario BIG FIVE (BFQ) usado en educación Ningún instrumento ofrece unha imaxe real e total da complexidade estrutural e funcional da personalidade humana en acción. Os instrumentos simplemente proporcionan datos que deben ser usados con precaución e de forma non reducionista, aínda que poden ser bos indicadores de trastornos ou de formas de abordar cambios de conduta ou adxudicación de tarefas.
  • 16.
    Identidade e autoestimaIdentidadee autoestima  A personalidade é unha función dinámica que tem como eixo central o autoconcepto (capacidade da persoa para coñecerse ben a si mesma).  O autoconcepto ou identidade persoal xérase ao longo da nosa vida.  A identidade é a resposta ás cuestións «quen son?» ou «que quero ser?» e depende claramente do coñecemento, pero tamén das nosas expectativas e do coñecemento das propias capacidades.  Unha identidade forte sempre está asociada á nosa capacidade de avaliarnos a nós mesmos.  A autoestima é a avaliación que facemos do conxunto das nosas percepcións, pensamentos e tendencias de comportamento, pero tamén das nosas características corporais ou do noso carácter.  A autoestima afecta á nosa forma de estar e actuar no mundo ou de relacionarnos cos demais e é unha das fontes máis importantes na formación da personalidade.
  • 17.
    A EMOCIÓN EOS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS Os afectos son o conxunto das emocións, sentimentos e paixóns, teñen algunhas características comúns:  Son subxectivos, é dicir, vívense de forma persoal e non poden transferirse aos demais. De feito, mesmo é complicado expresalos ou comunicalos. Xeralmente comunicamos este tipo de vivencia con xestos corporais como a risa ou o pranto.  Son bipolares, é dicir, móvense entre dous polos opostos como a alegría ou a tristura, a atracción ou a aversión...  Conforman o estado de ánimo dun individuo, que viría ser como a estrutura xeral de todos os afectos dun individuo.  Determinan as relacións interpersoais e a personalidade. PAIXÓNS Estados pouco duradeiros, pero moi intensos e independentes da vontade. Non son facilmente controlables racionalmente
  • 18.
    A EMOCIÓN EOS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS EMOCIÓN un estado afectivo que é acompañado de certas alteracións corporais que comunican aos demais a situación da persoa: Medo: asociada a sensacións de perigo, inseguridade e incerteza. Sorpresa: asociada a sensacións de asombro e desconcerto. Aversión: asociada a sensacións de desgusto, rexeitamento e noxo. Ira: asociada a sensacións de rabia, enfado, resentimento e irritabilidade. Alegría: asociada a sensacións de diversión, euforia, contento, benestar e seguridade. Tristura: asociada a sensacións de pena, mágoa, malestar e pesimismo. SENTIMENTO estado permanente que non vai acompañado de manifestacións físicas e que é o resultado dunha emoción constante. Son sempre bipolares. Poden ser Vitais: tristura, aburrimento... Individuais: egoísmo, altruísmo.. Sociais: sentimentos estéticos, espirituais
  • 19.
    Emocións Veñen determinadas polosseguintes factores a) xenéticos. A expresión das emocións vén determinada xeneticamente na nosa especie.  En todos as culturas existen os mesmos sinais emocionais: apertar os dentes coa ira, arrepiárense os pelos co medo ou rir de alegría, son reaccións comúns a todos os individuos da especie.  Algunhas anomalías xenéticas son as causas de déficits emocionais como, por exemplo, no caso do autismo. b) Educativos. Segundo a educación reforce ou reprima unhas ou outras, o individuo tenderá a repetir no futuro esas pautas.  Freud falaba neste sentido de familias afastadas (que reprimen as emocións e os afectos) e familias simbióticas (que as fomentan). c) Culturais. As pautas culturais reprimen condutas que se consideran inadecuadas ou e fixan que emocións poden mostrar ou non en público.  Desempeña un papel máis importante ao establecer os papeis afectivos que deben xogar homes e mulleres e as formas adecuadas de expresar os sentimentos que debe ter cada sexo. A EMOCIÓN E OS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS Herdanza e aprendizaxeHerdanza e aprendizaxe Unha parte importante da afectividade está relacionada coa construción da sexualidade nos seres humanos. a sexualidade humana non está tan determinada como a sexualidade animal, senón que se constitúe ao longo do crecemento da persoa nunha relación dinámica entre procesos biolóxicos, interacción co ambiente e formación do carácter e dos afectos.
  • 20.
     As emociónscumpren tres funcións esenciais:  a adaptación do ser humano ao seu ambiente  a motivación para a acción  función social de comunicación: son a base dos afectos e, xa que logo, da interacción humana.  Os seres humanos comunicamos as nosas emocións a través das respostas motoras producidas polo noso organismo: xestos faciais, posición corporal e movemento do corpo.  A través deles manifestamos emocións básicas e complexas, e unha cantidade de información que acompaña en moitas ocasións as mensaxes orais, e que constitúen un medio de comunicación máis profundo e aínda pouco estudado. A EMOCIÓN E OS AFECTOSA EMOCIÓN E OS AFECTOS Comunicación emocionalComunicación emocional http://www.divulgaciondinamica.es/blog/la-pnl-programacion-neurolinguistica/
  • 21.
    PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS Modelos de estudioe tratamentoModelos de estudio e tratamento Modelo biomédico: Describe os trastornos mentais da mesma forma en que se fai con calquera outra enfermidade física, buscando as causas biolóxicas subxacentes.  Distingue entre signo (obxectivo) e síntoma (subxectivo).  Tratamento farmacolóxico modelo cognitivo-condutivo: a conduta psicopatolóxica consiste basicamente nun hábito non adaptativo xerado a través dunha mala aprendizaxe e da asociación con certos estímulos. e no seu contorno. A conduta é o síntoma Tratamento conductual. Nova aprendizaxe. PSICOPATOLOXÍA: disciplina que analiza os trastornos mentais e do comportamento que non poden ser explicados polo desenvolvemento típico do individuo.  un trastorno psicolóxico consiste nun estado psíquico ou nunha conduta que ocasione malestar, discapacidade ou un impedimento para realizar unha vida normal.  Tres modelos de tratamento: Modelo biopsicosocial: Entende o trastorno mental como o resultado de factores orgánicos ou biolóxicos, psicolóxicos ou aprendidos, e dos sucesos vitais que repercuten no individuo por medio do estrés.  Tratamento combinado: farmacolóxico + conductual e social-familiar.
  • 22.
  • 23.
     Criterios paraclasificar trastornos (anormalidade dunha conduta):  estatístico (tomando como normal o comportamento máis recorrente nunha determinada sociedade ou época),  biolóxico (tomando como anormal aquel comportamento que estea asociado a algunha deficiencia ou alteración estrutural ou funcional do organismo)  social (tomando como normal o que se identifica claramente nunha época como tal)  subxectivo (aceptando como anormal o comportamento ou deficiencia que leva aparellado un sufrimento para a persoa a nivel subxectivo). PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS TrastornosTrastornos Sistemas de clasificación de psicopatolóxias: •CIE-10, (Organización Mundial da Saúde, organismo dependente da ONU). •DSM, elaborada pola Asociación Psiquiátrica americana, que recolle as principais enfermidades mentais cos seus síntomas. É o máis aceptado entre os especialistas. Tipos xerais de trastornos •Neuroses: afectan ás percepcións do suxeito sobre si mesmo e á súa relación co contorno familiar ou social, pero non o afastan da realidade. •Psicoses: provocan a desconexión coa realidade e graves bloqueos afectivos. Aparecen alucinacións, delirios ou alteracións afectivas graves (ahedonía ou incapacidade para ter sentimentos gozosos, tendencias autodestrutivas etc).
  • 24.
     A persoapresenta condutas asociadas a necesidades biolóxicas que manteñen patróns anómalos ou claramente disfuncionais e problemáticos. PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS Trastornos relacionados coas necesidadesTrastornos relacionados coas necesidades biolóxicas. As adicciónsbiolóxicas. As adiccións Disfuncións sexuais: Como parafilias, alteracións do desexo, condutas peligrosas... Trastornos Alimentarios: Anorexia, Bulimia, Purgas. Trastornos do sono: Insomnio, terrores nocturnos, cambios no ciclo do sono ou sonambulismo. Trastornos asociados á drogadicción: adiccións, a intoxicación ou a síndrome de abstinencia https://www.mundosorprendente.info/16-ilustraciones-que-muestran-como-se-verian-las-enfermedades-ment
  • 25.
     Involucran todosos aspectos da vida do individuo, cognitivos, condutivos e somáticos, pois as emocións relacionan estes tres aspectos. Denomínanse tamén trastornos do estado de ánimo porque esta condición pode causar dificultades de pensamento ou alteracións nos sentimentos e nas relacións persoais. PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS Trastornos relacionados coas emociónsTrastornos relacionados coas emocións Fobias: están producidas polo medo a un estímulo, situación ou obxecto que xera ansiedade excesiva. Ansiedade: a persoa experimenta unha preocupación excesiva e irracional que interfire coa concentración e a capacidade de enfocarse nas tarefas. (ataques de pánico, estrés post-traumático) Depresión: caracterizada por unha excesiva tristura e estado depresivo durante a maior parte do día, a dificultade para obter pracer de case ningunha actividade, insomnio, perda de enerxía, baixa autoestima, dificultade para concentrase e, nos casos máis graves, pensamentos suicidas Trastorno Bipolar: alteracións do estado de ánimo extremos, alternándose episodios maníacos (de euforia excesiva e grande axitación) con períodos depresivos.
  • 26.
     supoñen unhaanomalía nas pautas normais de crecemento e desenvolvemento psíquico dun neno, tanto na súa conduta como nas súas capacidades ou habilidades. PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS Trastornos do desenvolvemento evolutivoTrastornos do desenvolvemento evolutivo Trastornos do vínculo: xerados pola ruptura ou a non formación do vínculo afectivo entre o neno e as persoas que o rodean e coidan na primeira infancia. Mutismo selectivo: problema de inhibición da fala aínda que a persoa teña capacidade de falar. O individuo inhibe selectivamente a súa resposta verbal en determinadas situacións ou restrínxea a persoas de confianza. Pode iniciarse como consecuencia dunha timidez extrema ou como resultado de situacións estresantes, pero é altamente incapacitante para o neno pois impide a relación social e escolar. Deficit de atención: caracterízase por niveis baixos de atención, impulsividade e sobreactividade inapropiados para a idade do neno. Asócianse á dificultade para seguir as regras, distracción e baixo rendemento. O trastorno pode ser de dous tipos diferentes: con hiperactividade ou sen ela. No primeiro caso vai asociado ademais a inquietude, necesidade de movemento continuo, impaciencia e impetuosidade. Trastornos do espectro autista: dana a capacidade dunha persoa para comunicarse e relacionarse con outros e vén asociado con rutinas e comportamentos repetitivos.
  • 27.
     Perturbación xeralde todas as funcións psíquicas da persoa. Están afectadas ás emocións, ás capacidades cognitivas e motivacionais do suxeito e tamén á súa capacidade de relación social. O comportamento do suxeito está comprometido e sostense no tempo porque vai asociado á totalidade do seu aparato psíquico. As causas están relacionadas con factores emocionais e afectivos e non en factores ambientais ou externos ao propio individuo. 3 tipos: PSICOPATOLOXÍASPSICOPATOLOXÍAS Trastornos da personalidadeTrastornos da personalidade Trastornos emocionais ou dramáticos: As súas características son o comportamento impulsivo, a emotividade excesiva e a violación da norma social: •Trastorno antisocial: perda da importancia das normas •Trastorno límite da personalidade: Caos emocional •Trastorno narcisista da personalidade: busca da aprobación social e esaxeración da propia importancia, ao tempo que se esquece aos demais. Trastornos excéntricos ou raros: o patrón da personalidade está dominado pola actividade cognoscitiva: •Personalidade paranoide: centrada na sospeita ou a desconfianza xeneralizada •Personalidade esquizoide: centrada no illamento Trastornos ansiosos: caracterizan pola existencia de temores anormais e a necesidade excesiva de control: •Trastorno de dependencia: implica comportamentos de submisión e temor á separación •Trastorno obsesivo compulsivo: obsesión pola orde, o perfeccionismo e o control mental e interpersoal
  • 28.
    Para rematarPara rematar Testfactorial da personalidade en liña. https://www.123test.es/personalidad/