O CEREBRO UNHAFERRAMENTA EVOLUTIVA O cerebro humano pesa aproximadamente 1300-1500 gramos. A súa superficie (a cortiza cerebral), extendida, cubriría unha superficie de 1800-2300 centímetros cuadrados. No seu interior hai uns 22,000 millóns de neuronas.
4.
A asimetría docerebro especialización de cada unha das rexións cerebrais para distintas funcións: hemisferio esquerdo Relaciónase coa capacidade analítica: control do aparato fonador e funcións lingüísticas manexo lóxico da información control do tempo planificación, execución e toma de decisións tamén á memoria a longo prazo pensamento hipotético dedutivo. O hemisferio dereito se relaciona coa capacidade intuitiva: elabora e procesa a información (sons, imaxes, olores ou sensacións) Integra nun todo. Dirixe as habilidades visuais, artísticas e musicais A especialización determina: uso dominante da man dereita (rexida polo hemisferio esquerdo) o cruce dos hemicampos visuais de ambos os ollos. Supón unha diferenza no modo de interpretar información permite a creatividade e a invención.
6.
O CEREBRO UNHAFERRAMENTA EVOLUTIVA ÁREAS DA CORTIZA CEREBRAL
7.
PERO, CÓMO REPRESENTAMOSO MUNDO NA NOSA MENTE?: O que facemos é detectar a enerxía física do ambiente que nos rodea e codificala en sinais de tipo nervoso . Este proceso denóminase: SENSACIÓN. A sensación é o proceso cerebral primario procedente dos nosos sentidos principais, é dicir : VISTA, TACTO, OLFATO, GUSTO OÍDO.
8.
CÓMO FUNCIONA ASENSACIÓN? A SENSACIÓN COMEZA CANDO UN ESTÍMULO (enerxía) afecta un terminal nervoso nos órganos dos sentidos e transforma a enerxía en menxases nervosos (transducción sensorial) Umbral absoluto: hai unha estimulación mínima necesaria para detectar un estímulo específico . Por debaixo deste umbral o estímulo non é detectado. O Umbral non é o mesmo para todo o mundo, inflúe nel a experiencia, expectativas, fatiga e capacidade sensorial.. Exemplo: Cando esperamos que chegue algúen á casa escoitamos con máis claridade os pasos ou o ruído do ascensor, que cando non o esperamos e baixa o nivel de atención. Os estímulos subliminais son aqueles que captamos sen decatarnos por debaixo do umbral absoluto A adaptación sensorial: disminución da sensibilidade como consecuencia dunha estimulación constante. Exemplo cando cheiras moito tempo un perfume, xa non o sintes.
9.
A VISTA Atransducción sensorial permite converter a enerxía luminosa en imaxes. QUÉ É A ENERXÍA LUMINOSA? información electromagnética que o noso sistema visual interpreta como cor. O espectro electromagnético é máis amplo do que o noso sistema visual nos permite percibir. Cada especie é sensible a diferentes rangos do espectro. As características físicas da luz que definen a nosa experiencia visual son a lonxitude e a amplitude de onda. cor intensidade
10.
A VISTA Aluz entra no ollo a través da córnea, posteriormente pasa á pupila, o iris encargase de regular a cantidade de luz que ingresa. Detrás da pupila está o cristalino que se encarga de enfocar os raios de luz sobre la superficie sensible a la luz, invirtiendo a súa curvatura no proceso de acomodación. A superficie interior sensible á luz sobre que se proxectan os raios é a retina.
11.
A VISTA Unhavez chegaron os raios á retina atravesan a primeira capa ata chegar aos bastóns e os conos (células receptoras encargadas de convertir a enerxía luminosa en sinais nerviosas mediante cambios químicos). os conos : están agrupados aoredor da fóvea. Permiten la percepción de los colores, pero precisan moita iluminación. (3 tipos de receptores da cor:vermello, verde e azul) os bastóns : situados na periferia da retina permiten detectar o negro, o blanco e o gris. Son esenciais na visión periférica e con pouca luz.
12.
A VISTA As sinais nervosas activan as células bipolares que, a a súa vez activan as células ganglionais . Os axóns da rede de células ganglionares configuran o nervio óptico, que encarga de transportar a información al cerebro.
13.
A AUDICIÓN Comona visión, as propiedades das ondas acústicas son as que estimulan o noso sistema auditivo. Lonxitude de onda: distancia entre o vértice dunha onda ata o vértice da sequinte onda. Implicada na tonalidade. Amplitude de onda: a distancia existente entre o vértice e a súa base. Implicada na intensidade.
14.
A AUDICIÓN Oouvido é o órgano encargado de permitir a audición, convirte as ondas sonoras en actividade neuronal. O ouvido externo canaliza as ondas auditivas a través do conducto auditivo externo ata o tímpano. O oído transmite as vibracións causadas polo tímpano (a través do martelo, bigorna e estribo) ata cóclea (situada no ouvido interno ). As vibracións na cóclea provocan unha serie de ondas na membrana basilar onde a súas células ciliadas desencadean impulsos na fibras contiguas que converxen para formar o nervo auditivo . Desde onde se enviaran as mensaxes nervosas á cortiza auditiva situada no lóbulo temporal .
15.
A AUDICIÓN CÓMODETECTAMOS A DISPARIDADE DE TONS?: Teoría do lugar de Helmholtz: relaciona o ton co lugar da membrana da cóclea na que se produce a estimulación. Teoría da frecuencia: o ritmo dos impulsos nervosos que viaxan polo nervo acústico corresponde a frecuencia dun ton. CÓMO LOCALIZAMOS DE ÓNDE PROVÉN UN SON?: As ondas sonoras golpean un ouvido antes que ao outro e con máis intensidade. O noso cerebro interpreta esa información e usaa para ubicar a orixe do son. http://tresdimension.es/
16.
O GUSTO Éun sentido químico . Funciona a través dunha serie de receptores específicos para que se rexeneran cada dúas ou tres semanas Inclúe catro sensacións básicas: doce, acédo, salgado, amargo. (da súa interacción xurden outros gustos) O envellecemento e o abuso de sustancias producen dexeneración das papilas gustativas. O sentido do gusto interacciona con outros sentidos (vista e olfato). Non recoñecemos o sabor dalgúns elementos (proteinas ou grasas) pero podemos sentir aversión por eles a través do olfato.
17.
O ULIDO Éun sentido químico . Cinco millóns de células receptoras parecen identificar os olores de forma individual. As moléculas (transportadas no ar) chegan á nosas células receptoras (5 millones) situadas na parte superior da cavidade nasal percibimos o ulido. O sentido olfativo está vinculado ao recordo de experiencias Hai unha conexión directa entre a cortiza sensorial olfativa e o cerebro límbico (asociados coa memoria e a emoción).
18.
O TACTO O órgano encargado de captar os estímulos táctiles é a pel, que recubre a totalidade do noso corpo: fundamental na construcción dos mapas corporais. O sentido do tacto é a mestura resultante de, como mínimo, catro sentidos epidérmicos distintos: presión, calor, frío e dor . só se coñecen os relacionados coa presión. As variacións nestes sentidos producen nalgúns casos dor. É unha función dos sentidos e do cerebro ¿Por qué sentimos dor? Teoría da porta de control de Melzack y Wall (1965, 1983): A médula espinal conten “portas” nervosas que bloquean os sinais de dor ou permiten que cheguen ao cerebro. A “porta” abrese pola actividade dos sinais de dor que ascenden polas fibras nervosas curtas A “porta” pechase grazas á actividade das fibras nervosas máis longas ou pola información que provén do cerebro.
19.
PERCEPCIÓN Os datosdos sentidos recóllense nas diferentes cortizas sensoriais. Datos do sentido externo: producto dos obxectos exteriores Datos do sentido interno: producto dos estados do noso corpo (sentido cinestetico, estado das visceras…): MAPA CORPORAL. SENSACIÓN: datos que surden na cortiza sensorial a partir dos estímulos recibidos polos órganos dos sentidos. É un proceso inconsciente. PERCEPCIÓN: organización e interpretación dos datos dos sentidos para producir coñecemento. É un proceso consciente. Inclúe na interpretación as experiencias y as expectativas (estados previos do corpo) Non se poden separar sensación e percepción. Mesturánse nun proceso continuo.
20.
TEORÍA DA GESTALTCÓMO ORGANIZA A NOSA MENTE AS PERCEPCIÓNS? A TEORÍA DA GESTAL: Considera que o ser humano, recibe as sensacións e organizaas nunha “gestalt” (conxunto ou forma). Afirma que a percepción do conxunto (gestalt) supera a suma das partes do mesmo. O principio que rexe a percepción é a tendencia a reunir os estímulos en formas completas, este proceso inclúe o proceso de sensación e o de percepción. Describe os principios de organización que seguimos os humanos para organizar as sensacións en percepcións. A PERCEPCIÓN DA FORMA: Figura e fondo. Agrupación: Principio de proximidade. Principio de semellanza. Principio de continuidade. Principio de conexión. Principio de peche. A PERCEPCIÓN DA PROFUNDIDADE : a pista binocular. as pistas monoculares: Tamaño relativo. Interposición. Claridade relativa. Gradiente de textura. Altura relativa. Movemiento relativo. Perspectiva lineal. Luces e sombras. A CONSTANCIA PERCEPTIVA: as constancias da forma e o tamaño. a constancia da luminosidade. A PERCEPCIÓN DO MOVEMENTO: Fenómeno phi.
21.
A PERCEPCIÓN DAFORMA QUÉ FAI A NOSA MENTE PARA PERCIBIR E DIFERENCIAR FORMAS?: Figura e fondo: temos que percibir un estímulo en contrate cun fondo que o rodea- Pero podemos revertir a relación fondo-figura. ( isto proba a existencia de diferentes percepción de un mesmo estímulo ) Agrupación: Unha vez separada la figura del fondo, debemos organizar a figura en formas que teñan sentido. Principio de proximidade: Agrupamos as figuras que están máis próximas. Principio de semellanza: Agrupamos as figuras que son similares. Principio de continuidade: Percibimos mellor os trazos continuos que os discontinuos. Principio de conexión: Cando as manchas, líñas ou áreas son uniformes e están unidas, percibimolas coma se fosen unidades. Principio de peche: Tendemos a encher os espaczos para crear un obxecto completo e unido.
22.
PERCEPCIÓN DA PROFUNDIDADEQUÉ FAI A NOSA MENTE PARA CALCULAR A DISTANCIA AOS OBXECTOS? A retina capta imaxes en dúas dimensións que organizamos en percepcións tridimensional (permite calcular a distancia á que se atopan os obxectos) O experimento do precipicio visual (Gibson e Walk) demostrou que esta capacidade é, en parte, innata. PISTA BINOCULAR: serve para captar a profundidade (require os dous ollos) Disparidade retiniana : separación dos ollos 6 cm produce diferentes imaxes rexistradas que son unha pista sobre a distancia relativa dos obxectos. A converxencia : xurde a partir do xiro cara o interior que se produce ao mirar un obxecto cercano; o cerebro observa o ángulo de converxencia e a partir de aí pode calcular a distancia do obxecto percibido. PISTA MONOCULAR: (so un ollo) Tamaño relativo: Se supoñemos que dous obxectos teñen un tamaño similar, percibimos máis afastado o que produce a imaxe máis pequena. Interposición: Se un obxecto tapa parcialmente a outro, percibímolo como máis próximo. Claridade relativa: percibimos os obxectos borrosos como máis afastados que os obxectos claros. Gradiente textura: O cambio gradual dunha textura rugosa a unha textura fina, confunde as sinais aumentando as distancias. Altura relativa: Percibimos máis afastados os obxectos máis altos no campo de visión. Movemento relativo: Cuando nos movemos, puede parecer que os obxectos estáticos se moven. Perspectiva lineal: As líñas paralelas parecen converxer na distancia. Luces e sombras: Os obxectos próximos reflicten máis luz.
23.
PERCEPCIÓN DO MOVEMENTO- CÓMO LOGRA O NOSOS CEREBRO PERCIBIR O MOVEMENTO?: O cerebro calcula o movemento en función do suposto de que os obxectos que se afastan, diminuen de tamaño e os que se achegan, aumentan de tamaño. O cerebro interpreta como movemento continuo unha serie de imaxes que se presenten de manera continuada e a elevada velocidade ( movemento estroboscópico ). Cando pasamos a vista entre dous estímulos similares dunha forma rápida e continúa, vemos só un estímulo que se move dun lado ao outro. ( efecto phi )
24.
ILUSIÓNS PERCEPTIVAS Unhailusión xurde polo conflicto entre a información visual e sensorial que se resolve, por norma xeral, porque a mente humana acepta os datos visuais de forma prioritaria. (preponderancia visual) A preponderancia visual fainos máis as ilusións visuais. O noso sentido dominante visualiza algo que, en principio, non pode explicarse.
25.
INTERPRETACIÓN PERCEPTIVA APERCEPCIÓN, NON SÓ DEPENDE DAS LEIS DE PERCEPCIÓN Na percepciónn inflúen as experiencias previas que transmiten unha constancia perceptiva baseada en coñecementos anteriores e expectativas. Tamén inflúe a información contextual.