Elementos da función de relación: estímulo-receptor-coordinador-efector. örganos dos sentidos en Vertebrados e Invertebrados. Sistemas de coordinación: sistema nervioso e sistema endócrino.
Elementos da función de relación: estímulo-receptor-coordinador-efector. örganos dos sentidos en Vertebrados e Invertebrados. Sistemas de coordinación: sistema nervioso e sistema endócrino.
2. Que é?
O sistema nevioso é o encargado de recibir sinais, transformalas en
impulsos e transmitilas a través do corpo dos organismos. Este sistema
está moi ligado co endócrino, pois ambos actúan de forma coordinada na
resposta aos estímulos. Divídese en SN central e SN periférico.
Este sistema está formado básicamente por dous elementos básicos,
que son as neuronas e as células gliais.
Ademais, para que o SN realice as súas funcións son necesarios tres
elementos:
-Receptores: son células sensoriais que captan estímulos
-Circuítos neuronais: son os que elaboran respostas a eses estímulos
-Efectores: son as glándulas e músculos que executan as ordes da
resposta
3. Formado por...
1.Neuronas:
Segundo a función:
-Sensitivas: permiten a trasmisión da mensaxe desde os receptores ata os centros
nerviosos
-Motoras: levan as mensaxes dende os centros nerviosos ata os efectores
-Interneuronas: conectan os dous tipos de neuronas anteriores
Segundo a presencia ou ausencia de estímulo:
-Neurona en repouso: non hai estímulo. Maior cantidade de ions positivos no exterior que no
interior da membrana, polo que esta está polarizada.
-Neurona activada: hai estímulo. Maior cantidade de ions positivos no interior da membrana
que no exterior. Membrana despolarizada.
4. Formado por...
2.Células de neuroglía:
Microglía: recollen residuos celulares
Astrocitos: distintas funcións ( recoller residuos, regular
a concentración de ións, de neurotransmisores...)
Oligodendrocitos – Células de Schwann: son os que
recobren os axóns das neuronas
5. Transmisión de impulso nervioso:
Sinapse: estructuras especializadas que permiten que os
impulsos nerviosos se propaguen. Existen dous tipos:
● Sinapse eléctrica: as membranas das dúas neuronas están moi próximas e
entre elas atópase un elemento de unión (gap juntion) a través do que
pasan os ións dunha membrana á outra.
● Sinapse qumímica: establécese entre o axón dunha neurona e a dentrita da
seguinte. Consta de 3 elementos: botón sináptico (contén unhas vesículas
que á súa vez conteñen neurotransmisores), fendedura sináptica( espazo
que separa o botón e o elemento posináptico), elemento posináptico
(lugar da membrana onde están os receptores aos que se unen os
neurotransmirores)
6. División SN...
1.Sistema nervioso central
Éncefalo Médula espiñal
-Protexidos polo cranio e a columna vertebral
- Rodeados por 3 membranas as meninxes
(de fora a dentro: dúramáter, aracnoide e piamáter)
- Entre as duas últimas atópase o líquido encefalorraquídeo
que amortece os golpes
-No interior do encéfalo localízanse 4 cavidades ou ventículos
comunicados entre si que se prolongan ata o empéndima
7. División SN...
- Estrutura do cerebro:
·Parte interior do cererbo: Formada por axóns con mielina que
producen a materia blanca
·Codia cerebral: Posúe numerosos pregamentos que permiten
aumentar a extensión sen aumentar o volumen Circunvolucións
·Hemisferios: No cererbo existe un gran suco que divide o divide en
dúas mitades chamadas hemisferio dereito e hemisferio esquerdo. Tamén
existen outras fendeduras que se denominan fisuras ou sucos e permiten
distinguir catro rexións (en cada hemisferio): Lóbilo frontal, parietal, temporal e
occipital.
1.Sistema nervioso central
8. División SN...
-Estrutura e funcións da médula:
1.Sistema nervioso central
FUNCIÓNS FUNDAMENTAIS
Vía de comunicación Actos reflexos
Está formada por corpos neuronais: substancia gris
e por axóns mielínicos: substancia branca
situados en orden inversa a como están no cerebro,
a substancia gris no interior e a substancia branca rodeándoa
O estímulo recorre o camiño
mais rápido dende
o receptor ao efector
9. División SN:
Está formado polos nervios. Segundo cal sexa a función
destes, atopamos nervios sensitivos, motores e mixtos. Se
nos centramos no lugar do que proveñen, hai nervios
craniais e raquídeos.
O sistema nervioso periférico divídese en:
SN somático: é o responsable das accións voluntarias
SN vexetativo: é o responsable das accións involuntarias.
Á súa vez, o sistema nervioso vexetativo divídese en
simpático ( é importante para situacións de emerxencia, nas
que se require unha rápida achega de enerxia) e
parasimpático( é importante en situacións de repouso nas
que non fai falta moita enerxía)
10. SN invertebrados e vertebrados:
-Evolución
-SN dos invertebrados
O sistema nervioso faise progreisvamente
mais complexo a medida que avanzamos na
e evolutiva.
- Aumenta o número de células nerviosas.
- Prodúcese a cefalización, ou concentración de neuronas
no extremo anterior do animal.
- Aumenta o número de interneuronas e dos contactos entre
elas, as sinapses.
- As células nerviosas especialízanse para realizar distintas
funcións.
Celéntereos e equinodermos: os celentéreos teñen unha organización reticular.
Posúen unha serie de células interconectadas formando unha rede.
Os equinodermos posúen unha simetría radial,
que consiste nunha rede de células nerviosas entrelazadas de forma difusa
11. SN invertebrados e vertebrados:
Platihelmintos e nematodos: En ambos casos empezan a concentrarse neuronas no extremo
anterior do animal. A cabeza dun plathelminto contén ganglios cerebrais (grupos de células nerviosas
e órganos dos sentidos concentrados na cabeza). Esta incipiente cefalización está relacionada coa
capacidade de desprazarse cara adiante.
Anélidos, artrópodos e moluscos: o seu sistema nervioso presenta novos avances,
Os axóns unense en feixes formando nervios e aparece unha cadea
de pequenos ganglios perifericos, en posición central, que colaboran cos cerebrais
12. SN invertebrados e vetebrados:
-SN dos vertebrados
·Sistema nervioso organizado
SN central
SN periférico
·Diferenciación do encéfalo
-Diferenciación do encéfalo:
O sistema nervioso, situado en posición dorsal,
orixinase a partir do ectodermo que constitúe o tubo neural
Este tubo expándese e diferénciase: a parte interior orixina o encéfalo
en a parte posterior orixina a medula espiña
A medida que o encéfalo comeza a diferenciarse xorden tres protuberancias no extremo
anterior: encéfalo anterior ou prosencéfalo, encéfalo medio ou mensencéfalo e encéfalo
posterior ou rombencéfalo