Presentación sobre o cinema alemán dos anos 20 empregada no obradoiro "A idade de ouro do cinema silente" do programa de lecer de primavera do Fórum Metropolitano.
Presentación sobre o cinema alemán dos anos 20 empregada no obradoiro "A idade de ouro do cinema silente" do programa de lecer de primavera do Fórum Metropolitano.
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 4 de abril de 2024.
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade" impartida o 14 de decembro de 2023 no local da A. C. Alexandre Bóveda.
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 4 de abril de 2024.
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade" impartida o 14 de decembro de 2023 no local da A. C. Alexandre Bóveda.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 9 de novembro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 2. Mudar de vida", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 5 de outubro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema - [1] Os verdes anos", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 7 de setembro de 2023.
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
Presentación empregada na charla "O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal" impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de xuño de 2023.
Presentación empregada no relatorio "Rosalía nas pantallas", impartido na Coruña (A. C. Alexandre Bóveda, 13 de febreiro), Vilalba (Instituto de Estudos Chairegos, 24 e 25 de febreiro) e Padrón (Casa de Rosalía, 19 de abril).
Presentación empregada na palestra sobre a actriz e directora Kinuyo Tanaka, impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de marzo de 2023.
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de febreiro de 2023.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de decembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o mércores 2 de novembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Hollywood ❤️ URSS", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 6 de outubro de 2022.
2. Fases da produción dun filme
Desenvolvemento: prepárase un “tratamento” (resumo de 2030 páxinas do
relato, personaxes, etc), adquírense os dereitos da obra na que se inspira (se é
necesario), escríbese o guión. Elabórase un orzamento inicial do filme e unha
previsión de financiamento. Preséntase o proxecto a axudas públicas, televisións,
axencias de ventas e distribución, pitchings, etc.
Preprodución: conxunto de preparativos necesarios para a rodaxe, unha vez
que o proxecto está en marcha (acadou financiamento). Selecciónase todo o
equipo técnico e artístico necesario para o filme, búscanse as localizacións
precisas, prepáranse os decorados e o vestiario, etc.
Produción: obtención das imaxes “en bruto” do filme.
Postprodución: montaxe das imaxes e sons, integración dos efectos visuais e
sonoros, banda sonora, axustes de cor (etalonaxe), etc.
Distribución: o filme rematado preséntase en festivais de cinema, estréase en
salas comerciais e comercialízase no mercado da exhibición doméstica (TV,
plataformas dixitais, DVD/Bluray). Créase material promocional, de prensa, etc.
3. O produtor planifica e coordina a produción dun filme en todas as súas fases
(incluída, claro, a busca de financiamento). A medida que medra a complexidade
do proxecto, faise necesario diversificar as tarefas.
4. Produtor executivo: segundo as regras
do Producers Guild of America (PGA),
para que unha persoa reciba crédito
como tal debe asegurar unha parte do
financiamento do filme ( 25%) e/ou ≥
facilitar a súa escritura, tipicamente
adquirindo os dereitos do material no
que se basea. En xeral, os produtores
executivos participan no financiamento
ou serven para atraer investidores e
poden tamén supervisar ou asesorar
noutras áreas, mais non participan na
produción propiamente dita.
O número de “produtores executivos” nos filmes
foi medrando nas últimas décadas: se nos 90 un
filme de Hollywood típico tiña dous produtores
executivos, en 2013 a media eran 4,4.
O actor Brad Pitt é produtor executivo, entre outros
filmes, de Moonlight (Barry Jenkins, 2016). Tarell Alvin
McCraney, autor da obra de teatro na que se basea,
tamén aparece acreditado como produtor executivo.
5. Produtor: acredítanse como “produced by” as persoas máis importantes na
produción dun filme. Segundo as regras do Producers Guild of America, iso
implica que esa persoa traballou na concepción orixinal da produción, escolleu
guionista, asegurou os dereitos necesarios e o financiamento inicial e supervisou
o proceso de desenvolvemento; e/ou escolleu o equipo creativo principal
(director, director de fotografía, director de produción, deseñador de produción,
elenco), aprobou guión de rodaxe, plan de rodaxe e orzamento durante a pre
produción; e/ou supervisou o traballo diario da rodaxe, ofreceu asistencia
continua ao principal equipo creativo (sexa no propio lugar de rodaxe ou a
distancia) e exerceu como intermediario cos investidores e distribuidores do
filme durante a produción; e/ou exerceu como consultor directo durante a post
produción do filme (co equipo de montaxe, son e efectos) e participa activamente
na estratexia de promoción e distribución no mercado local e estranxeiro.
> Para saber máis: http://www.producersguild.org/?page=coc_tmp
7. Coprodutor / line producer: segundo a PGA, é a persoa que ten
responsabilidade principal na loxística da produción, dende a preprodución até
completar o filme. Todos os xefes de departamento informan ao CoProdutor /
line producer, que á súa vez informa directamente ás persoas acreditadas co
sintagma produced by.
Produtor asociado (associate producer): executa algunhas funcións que nel
delega algunha das persoas acreditadas baixo o sintagma produced by. “This does
not include persons whose primary function is as an assistant”.
Supervisor ou xefe de produción (production supervisor / manager):
informa ao coprodutor / line producer, ten responsabilidade na loxística da
produción.
Coordinador de produción (production coordinator): informa ás persoas con
crédito produced by, coprodutor / line producer e supervisor ou xefe de
produción. Interactúa con varios departamentos e facilita as necesidades de
produción, entre elas (mais non só) a contratación de equipamentos e persoas,
seguros, viaxes e dietas, etc.
>Categorías definidas para a produción, posprodución e produción de efectos visuais. Máis
información: http://www.producersguild.org/?page=coc_tmp_2
11. Plan B Entertainment Inc é unha produtora fundada en novembro de 2001 por
Brad Pitt, Brad Grey e Jennifer Aniston. En 2005 Brad Pitt converteuse no único
propietario, logo do seu divorcio de Jennifer Aniston e da designación de Brad
Grey como director executivo (CEO) de Paramount Pictures. A súa sede está en
Beverly Hills, California. Na actualidade Brad Pitt é o director executivo da
compañía, da que é presidenta Dede Gardner. En 2013 ela e Brad Pitt nomearon a
Jeremy Kleiner copresidente.
Entre as películas producidas por Plan B están The Departed (Martin Scorsese,
2006), The Assassination of Jesse James by the Coward Robert Ford (Andrew
Dominik, 2007), The Tree of Life (Terrence Malick, 2011), Moneyball (Bennett
Miller, 2011), World War Z (Marc Foster, 2013), 12 Years a Slave (Steve McQueen,
2013), Selma (Ava DuVernay, 2014), The Big Short (Adam McKay, 2015), Voyage
of Time (Terrence Malick, 2016) e Moonlight (Barry Jenkins, 2016).
13. O escritor Tarell Alvin McCraney escribiu en 2003 unha peza
teatral autobiográfica, In Moonlight Black Boys Look Blue. A obra
non se representou.
Logo de facer varias curtas, a primeira longametraxe de Barry
Jenkins foi Medicine for Melancholy (2008), que fixo con 15000
$ que lle prestou un amigo. O filme exhibiuse en festivais
importantes (South by Southwest, Toronto, Viennale), recibiu
boas críticas e obtivo tres candidaturas aos Independent Spirit
Awards. Despois deste éxito inicial, Barry Jenkins escribiu varios
guións, ningún dos cales chegou a bo porto.
En 2013 a produtora Adele Romanski, esposa do director de
fotografía James Laxton, animou ao cineasta a emprender un
novo filme canto antes. Tiveron coñecemento da obra de
McCraney e Jenkins decidiuse a traballar sobre ela despois de
diversas conversas co escritor. Nesa altura nace a idea de
estruturar o filme en tres segmentos. Jenkins e McCraney son os
dous de Miami, teñen idade parecida e comparten elementos do
relato (por exemplo, unha nai drogadicta).
No Festival de Telluride de 2013 a produtora Plan B amosou
interese polo proxecto, ao cal se sumou. Despois entrou A24,
que por primeira vez participaba na produción ademais de
facerse cargo da distribución.
14. Barry e Adele chegaron a Miami en agosto de 2015 e empezaron
oficialmente cos preparativos a mediados de setembro. A rodaxe
comezou un mes despois na mesma zona (Liberty Square, en
Liberty City) onde McCraney e Jenkins viviran na infancia e
mocidade.
Os tres actores que representan ao personaxe principal Chiron
non se viron na rodaxe, por expreso desexo do director para evitar
que se imitasen os uns aos outros. Naomie Harris fixo todas as
súas escenas en tres xornadas, aproveitando ocos na promoción
de Spectre. Mahershala Ali voaba a Miami nas fins de semana,
pois durante a semana rodaba en NY a serie Luke Cage. O tempo
total de rodaxe foi de vinte e cinco días, máis catro de
preparativos.
O director de fotografía foi James Laxton. Tomaron a decisión de
evitar unha aparencia naturalista, “documental”, e optaron polo
formato panorámico (cámara dixital Arri Alexa). Da montaxe
encargáronse Nat Sanders (capítulos 1 e 2) e Joi McMillon
(capítulo 3). Laxton, Romanski, Jenkins, Sanders e McMillon
coñécense dende hai quince anos, da escola de cinema de Florida.
A música é de Nicholas Britell.
17. The Craft of ‘Moonlight’: How a $1.5 Million Indie Landed Eight
Oscar Nominations
Chris O'Falt / Indiewire
http://www.indiewire.com/2017/02/moonlightoscarnominationsindiefilmbest
picture1201779770/