SlideShare a Scribd company logo
GUÍA DO CURSO

AS TIC APLICADAS Á DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA
Índice
Descrición do curso...................................................................................................................... 3
Persoas titoras .............................................................................................................................. 3
Obxectivos .................................................................................................................................... 3
Competencias profesionais do profesorado .............................................................................. 4
Contidos ........................................................................................................................................ 6
Correlación das competencias básicas cos contidos do curso ............................................... 7
Metodoloxía .................................................................................................................................. 7
Seguimento e desenvolvemento do curso ................................................................................. 8
Comunicación coas persoas titoras.......................................................................................... 10
Avaliación .................................................................................................................................... 10
Aplicación práctica nas aulas .................................................................................................... 11
Requirimentos para seguir o curso ........................................................................................... 11
Descrición do curso
De que falamos cando falamos de ensinar filosofía no ensino medio? Neste curso
iniciaremos, na medida do posible, unha discusión sobre as necesidades da materia de
Filosofía, sobre os seus supostos didácticos e o papel da filosofía no currículo de
secundaria. Finalmente, unha valoración sobre o uso das ferramentas TIC para a posta
en práctica nas aulas.
Tentaremos solucionar os déficits de coñecementos, que cadaquén puidese ter, sobre as
diferentes ferramentas que haberá que utilizar nas tarefas propostas.
Porén, este non é o obxectivo prioritario do curso. Máis aló das ferramentas a utilizar
parécenos prioritario centrarnos nas dificultades que poidan aparecer cando iniciamos o
traballo na aula e abordalas, non só desde unha perspectiva práctica e solucionadora,
senón tamén desde outra teórica que inclúa unha análise dos seus fundamentos.

Persoas titoras

MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE.
Catedrático de Filosofía do
IES
Eduardo
Pondal.
Santiago de Compostela

EVA GAREA TRABA
Profesora de Filosofía no
IES de Ames.

RICARDO RODRÍGUEZ
DE RÁVENA.
Profesor de Filosofía
no
IES
Xulián
Magariños. Negreira

NEXOS.

Grupo
didáctica
Filosofía

de
da

www.nexosfilosofia.org

Obxectivos





Aprender a construír unha aula virtual para o ensino da Filosofía
Debater sobre os fundamentos do ensino da Filosofía á luz das novas teorías
da mente
Repensar a actividade na aula de Filosofía
Reflexionar sobre as achegas ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais das
TIC e as ferramentas 2.0


Coñecer algúns dos recursos existentes na web para o ensino da Filosofía e
aprender a catalogalos e arquivalos
 Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos
 Valorar a implantación dos proxectos de investigación na área de filosofía no
bacharelato e coñecer as principais liñas de traballo
 Elaborar cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica a
desenvolver no ensino secundario
Ao final do curso, o profesorado será capaz de elaborar e manter a súa aula virtual na que
poderá introducir elementos da aula tradicional e elementos TIC da súa elección. Entre
todos fixaremos as liñas xerais duna educación filosófica por capacidades ou
competencias, elaborando os indicadores para as diferenes dimensións.

Competencias profesionais do profesorado

A tendencia en diversos estudos e informes sobre a profesión docente en Europa,
desenvolvidos desde o ano 2000 por diferentes organismos (Comité mixto OIT/UNESCO,
Eurydice, OCDE, Comisión das Comunidades Europeas), é considerar que as
competencias que debe posuír un docente inclúen saberes ou coñecementos (saber),
habilidades e destrezas aplicadas (saber facer), valores, actitudes e compromisos
persoais (saber ser e estar). O docente ademais deberá ser capaz de usar eses saberes
de forma funcional e integrada en contextos variados para resolver retos profesionais.
Neste curso atenderemos fundamentalmente as seguintes competencias que, segundo o
marco europeo, compón o abano das competencias dun profesional do ensino:
Saber: 
Competencia científica ou epistemolóxica




Coñecemento das últimas novas no ámbito das teorías
da educación
Coñecemento de diferentes propostas metodolóxicas e
curriculares
Xestión do coñecemento e a información mediante
ferramentas dixitais

Saber facer: 
Competencia didáctica




Didácticas específicas da área de filosofía e ciencias
sociais (aprendendo a xustificar a elaboración de
materiais a través da metodoloxía TPACK)
Atención á diversidade (a través de distintas propostas
e modelos de traballo en aula)
Xestión da aula (en espazos virtuais: Moodle, Blog,



Portafolios)
Recursos e materiais (selección, catalogación e
arquivo)
Avaliación (comprensión de diferentes modelos en
contornos de traballo diversos e introdución a unha
avaliación por competencias)

Saber como: 
Competencia en traballo en equipo





Traballo cooperativo e colaboración entre pares
Preparación de proxectos educativos comúns
Coñecemento de técnicas de traballo en grupo
Toma de decisións

Competencia en innovación e mellora




Promover cambios nas prácticas educativas e nos
modelos profesionais
Introducir a investigación na docencia mediante da
avaliación de modelos e a investigación-acción
Propostas para realizar na aula con diferentes modelos
de traballo e ferramentas

Competencia comunicativa



Xestión da información e transparencia a través de
diferentes plataformas de exposición de contidos e
intercambio de información, e protocolos a seguir
Expresión e comunicación en contornos dixitais: foros
chats...

Competencia dixital (TIC)





Coñecemento das ferramentas tecnolóxicas básicas:
de creación e comunicación de contidos
Uso didáctico das ferramentas e contextos de
xustificación
Desenvolvemento profesional e xestión en contornos
virtuais
Aspectos actitudinais e éticos coa reflexión sobre o
uso e autoría dos materiais dixitais

Saber estar: 
Competencia relacional



Habilidades sociais a través da práctica en redes
virtuais
Xestión da participación do alumnado en contornos
virtuais de aprendizaxe
Contidos
Os contidos do curso están divididos en 6 módulos:
MODÚLO 1: PRIMEIROS PASOS
Iniciará ao docente no uso e xestión dunha aula virtual Moodle e no debate
sobre a incorporación das TIC á docencia e a súa posible xustificación nun
contorno TPACK. Ademais insistirá no coñecemento das principais licenzas
e a súa aplicación aos contidos dixitais educativos.

MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA A FILOSOFÍA
Iniciación ao coñecemento dalgúns dos recursos existentes na Web para o
ensino da Filosofía e a súa clasificación. Aprenderemos a clasificalos e
integralos na nosa aula virtual. Ademais reflexionaremos sobre as achegas
das TIC ao ensino da Filosofía e ás ciencias sociais en xeral.
MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS
Ao longo deste módulo debateremos sobre a dualidade razón/emoción na
aprendizaxe da
Filosofía á luz das neurociencias contemporáneas.
Aprenderemos a elaborar recursos multimedia sinxelos e os principios
dunha síntese multimedia eficaz.
MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0
Examinaremos o uso de diferentes platormas 2.0 na aula de filosofía e a
súa aplicación no contexto dunha aula Moodle e os seus principais usos
didácticos.

MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
Iniciación ao traballo por proxecctos e ao desenvolvmento de
investigacións co alumnado, que nos permitirán repensar a actividade na
aula de Filosofía. Coñeceremos tamén as principais estratexias de
investigación na rede.
MÓDULO 6: A COMPETENCIA FILOSÓFICA
Debateremos sobre o traballo por competencias, selección de indicadores e
sistemas de avaliación. Tentaremos distinguir as diferenzas entre as
competencias básicas e as complexas. Elaboraremos cooperativamente un
documento sobre a competencia filosófica e as dimensións a desenvolver
no bacharelato.

Correlación das competencias básicas cos contidos do curso
As competencias básicas definidas pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación, que se dan
por suposto no profesorado, son un pano de fondo no desenvolvemento deste curso.
Dedícase especialmente un dos módulos (6) a clarificar o concepto de competencia, e a
definir e valorar indicadores que permitirán seleccionar e dirixir os instrumentos de
avaliación do alumnado.

Metodoloxía
Este curso desenvólvese na súa totalidade a través da plataforma virtual Platega.
A metodoloxía que usaremos será mixta:
1. Por unha parte será participativa e de aprendizaxe colaborativa. Para iso,
será imprescindible a participación nos foros de debate, de forma que o
intercambio de opinións enriqueza a comprensión e as posibles modificacións nas
prácticas de aula dos participantes. Os debates e as diferentes posicións
relacionadas cos temas tratados serán centrais ao longo do curso e, xa que logo,
avaliables e xeradores de contidos.
Para colaborar nesta tarefa contaremos con 3 axudantes: Apocalíptico, Integrado e
Crítica. Os tres representarán diferentes perspectivas nos debates, sen que as súas
posicións teñan por que limitar a manifestación doutras diferentes.

2. Por outra banda servirá de adestramento en diferentes ferramentas e
plataformas. En cada un dos módulos existirá unha tarefa a desenvolver, aínda
que esta poderá levarse de formas diversas, en función das necesidades,
coñecementos ou preferencias dos participantes.
Seguimento e desenvolvemento do curso
O curso consta de 6 módulos que se irán abrindo de forma progresiva seguindo o
calendario presentado na temporalización do mesmo. Unha vez finalizado o intervalo
de datas de realización do módulo, este pecharase sen que poidan enviarse máis tarefas
ao mesmo.
Cada módulo contén:


Unha presentación temática que inclué os materiais multimedia
necesarios. Será recoñecible polo símbolo da esquerda.



O contido do módulo en PDF para a súa descarga (opcional).



Unha tarefa de participación no foro de discusión do módulo (agás
no módulo inicial e nos módulos 4 e 6).





Unha tarefa de traballo individual que se enviará para a súa
cualificación seguindo as instruccións.
Unha Wiki de grupo no módulo 6.

Ademais no módulo inicial e final os participantes terán que cubrir:


Unha consulta (módulo 1), non avaliable pero obrigatoria.



Unha enquisa (módulo final), non avaliable pero obrigatoria.

Durante toda a duración do curso estará aberto o foro de dúbidas, no módulo de
presentación, de forma que se poida usar para calquera dúbida técnica ou de traballo e
tamén como comunicación cos titores. Este non será un módulo de debate senón de
resolución de dúbidas, que poderán ser respondidas polos titores ou por calquera outro
dos participantes no curso.
Outras indicacións:
Nas presentacións temáticas:

Algunhas seccións están contraídas. Sinálanse cunha frecha interactiva :
ao premer nela despregase unha explicación opcional.


Ao longo da redacción aparecen diferentes elementos interactivos que axudan á
comprensión e lectura. Todos eles veñen sinalados coa
icona que corresponde:
CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO
Módulo Inicial (1 hora)
Nº

Actividade

Datas

1

Foro de presentacións

Do

ao

2

Enquisa

Do

ao

Módulo 1 (4 horas)
Nº

Actividade

Datas

3

Foro de reflexión

Do

ao

4

A miña aula virtual

Do

ao

Módulo 2 (5 horas)
Nº

Actividade

Datas

5

Foro: As TIC no ensino da Filosofía, vantaxes ou Do
inconvenientes

ao

6

Selección e organización de webs e recursos TIC

Do

ao

Módulo 3 (5 horas)
Nº

Actividade

Datas

7

Foro: Emoción ou razón no ensino?

Do

ao

8

Elaborando un recurso multimedia

Do

ao

Módulo 4 (3 horas)
Nº

Actividade

Datas

9

Construción dun blog ou dunha wiki

Do

ao

Módulo 5 (5 horas)
Nº

Actividade

Datas

10

Preparando unha investigación

Do

ao

11

Foro: Propostas de investigación no ensino medio

Do

ao

Módulo 6 (5 horas)
Nº

Actividade

Datas

12

Artigo sobre a competencia filosófica

Do

ao

14

Wiki: A competencia filosófica

Do

ao

Módulo Final (1 hora)
Nº

Actividade

Datas

15

Enquisa: A túa valoración do curso

Do

ao
Comunicación coas persoas titoras
Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras
cousas que se debe facer é presentarse á comunidade de aprendizaxe. Para iso
atoparáse en todos os cursos, no primeiro módulo, un Foro de presentación de
participantes.

Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao conxunto da comunidade de
aprendizaxe como aos titores e titoras do curso.
Existen varias opcións de comunicación co titor ou titora:


A través dos foros xerais, ou dos que existen en cada módulo. A comunicación que
se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler
todas as intervencións.



A través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido como
chat. As mensaxes enviadas por este medio son privadas.

Avaliación
A avaliación do curso terá en conta todas as tarefas do curso:
Cada unha das tarefas avaliarase sobre 10 puntos, así como cada artigo para o foro. Para
determinar a cualificación de cada tarefa establecerase cadansúa rúbrica de avaliación ou
lista de cotexo, que se inclúe con cada unha das tarefas individuais ou no foro.
Ademais avaliarase a participación activa a través das reflexións compartidas nos foros
sobre os contidos e tarefas presentados. Cada unha destas intervencións (sempre que
sexan relevantes) cualificarase con 1 punto, ata un máximo de 10 puntos.
Para superar satisfactoriamente o curso, será condición acadar 50 puntos sobre os 100
posibles. A puntuación conseguida amais deberá responder necesariamente a:

A participación en todos os foros do curso.

A superación de cando menos o 50% das tarefas

A participación na Wiki final.
Ao longo do curso iranse recordando todos estes criterios e prazos, e poderanse
flexibilizar as tarefas e/ou os prazos cando estivese motivado.
Todas as tarefas pódense volver reenviar no caso de que teñan sido cualificadas
negativamente. Este reenvío terá que facerse dentro do prazo acordado e suporá a
revisión da cualificación
Aplicación práctica nas aulas
Este curso pretende servir de ocasión para promover unha actitude favorable ao cambio
de metodoloxía didáctica do profesorado de filosofía, ao mesmo tempo que mellora as
súas competencias dixitais e profesionais. Por iso recomendamos a aplicación práctica da
formación adquirida. Suxerimos que, paralelamente ao curso, se experimente levando as
tarefas que se propón a situacións reais de aula, valorando as vantaxes que aportan ao
ensino e creando, pouco a pouco, unha estrutura TIC propia.

Requirimentos para seguir o curso







Ter un equipo de sobremesa ou portátil con acceso a internet para acceder a
PLATEGA.
Dispor dun navegador web actualizado, preferentemente Firefox
Lector de documentos PDF. Se non se dispón do programa pódese
descargar na páxina web http://get.adobe.com/es/reader/
Ferramenta de reprodución multimedia VLC.
Dispor de conta de correo “@edu.xunta.es”
Dispor dunha conta de correo “gmail”

More Related Content

Similar to Guía curso Didáctica da filosofía e TIC

Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Arturo Iglesias
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3
guest895d57
 
Mapas Conceptuais
Mapas ConceptuaisMapas Conceptuais
Mapas Conceptuais
nitilainho
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correaceiparua
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Accion_titorial
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
Román Landín
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simple
MANEIRO
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
Román Landín
 
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de AprendizajeProxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizajeproxectodesire
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoPeregrina Pintos Testa
 
Titoría Virtual
Titoría VirtualTitoría Virtual
Titoría Virtual
Diego Rodicio Álvarez
 
A competencia filosófica
A competencia filosóficaA competencia filosófica
A competencia filosófica
nexosfilosofia
 
Workshop - ODS Portal
Workshop - ODS PortalWorkshop - ODS Portal
Workshop - ODS Portal
opendiscoveryspace
 
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revésGuía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
CUFIE
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Accion_titorial
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Eduardo Rodríguez Machado
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1María Valbuena
 
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
2.  lexislación- os cambios da loe en primaria2.  lexislación- os cambios da loe en primaria
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
fpmoran
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01María Valbuena
 

Similar to Guía curso Didáctica da filosofía e TIC (20)

Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3
 
Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3
 
Mapas Conceptuais
Mapas ConceptuaisMapas Conceptuais
Mapas Conceptuais
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simple
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
 
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de AprendizajeProxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
 
Titoría Virtual
Titoría VirtualTitoría Virtual
Titoría Virtual
 
A competencia filosófica
A competencia filosóficaA competencia filosófica
A competencia filosófica
 
Workshop - ODS Portal
Workshop - ODS PortalWorkshop - ODS Portal
Workshop - ODS Portal
 
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revésGuía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
 
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
2.  lexislación- os cambios da loe en primaria2.  lexislación- os cambios da loe en primaria
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
 

Guía curso Didáctica da filosofía e TIC

  • 1. GUÍA DO CURSO AS TIC APLICADAS Á DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA
  • 2. Índice Descrición do curso...................................................................................................................... 3 Persoas titoras .............................................................................................................................. 3 Obxectivos .................................................................................................................................... 3 Competencias profesionais do profesorado .............................................................................. 4 Contidos ........................................................................................................................................ 6 Correlación das competencias básicas cos contidos do curso ............................................... 7 Metodoloxía .................................................................................................................................. 7 Seguimento e desenvolvemento do curso ................................................................................. 8 Comunicación coas persoas titoras.......................................................................................... 10 Avaliación .................................................................................................................................... 10 Aplicación práctica nas aulas .................................................................................................... 11 Requirimentos para seguir o curso ........................................................................................... 11
  • 3. Descrición do curso De que falamos cando falamos de ensinar filosofía no ensino medio? Neste curso iniciaremos, na medida do posible, unha discusión sobre as necesidades da materia de Filosofía, sobre os seus supostos didácticos e o papel da filosofía no currículo de secundaria. Finalmente, unha valoración sobre o uso das ferramentas TIC para a posta en práctica nas aulas. Tentaremos solucionar os déficits de coñecementos, que cadaquén puidese ter, sobre as diferentes ferramentas que haberá que utilizar nas tarefas propostas. Porén, este non é o obxectivo prioritario do curso. Máis aló das ferramentas a utilizar parécenos prioritario centrarnos nas dificultades que poidan aparecer cando iniciamos o traballo na aula e abordalas, non só desde unha perspectiva práctica e solucionadora, senón tamén desde outra teórica que inclúa unha análise dos seus fundamentos. Persoas titoras MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE. Catedrático de Filosofía do IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela EVA GAREA TRABA Profesora de Filosofía no IES de Ames. RICARDO RODRÍGUEZ DE RÁVENA. Profesor de Filosofía no IES Xulián Magariños. Negreira NEXOS. Grupo didáctica Filosofía de da www.nexosfilosofia.org Obxectivos     Aprender a construír unha aula virtual para o ensino da Filosofía Debater sobre os fundamentos do ensino da Filosofía á luz das novas teorías da mente Repensar a actividade na aula de Filosofía Reflexionar sobre as achegas ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais das TIC e as ferramentas 2.0
  • 4.  Coñecer algúns dos recursos existentes na web para o ensino da Filosofía e aprender a catalogalos e arquivalos  Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos  Valorar a implantación dos proxectos de investigación na área de filosofía no bacharelato e coñecer as principais liñas de traballo  Elaborar cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica a desenvolver no ensino secundario Ao final do curso, o profesorado será capaz de elaborar e manter a súa aula virtual na que poderá introducir elementos da aula tradicional e elementos TIC da súa elección. Entre todos fixaremos as liñas xerais duna educación filosófica por capacidades ou competencias, elaborando os indicadores para as diferenes dimensións. Competencias profesionais do profesorado A tendencia en diversos estudos e informes sobre a profesión docente en Europa, desenvolvidos desde o ano 2000 por diferentes organismos (Comité mixto OIT/UNESCO, Eurydice, OCDE, Comisión das Comunidades Europeas), é considerar que as competencias que debe posuír un docente inclúen saberes ou coñecementos (saber), habilidades e destrezas aplicadas (saber facer), valores, actitudes e compromisos persoais (saber ser e estar). O docente ademais deberá ser capaz de usar eses saberes de forma funcional e integrada en contextos variados para resolver retos profesionais. Neste curso atenderemos fundamentalmente as seguintes competencias que, segundo o marco europeo, compón o abano das competencias dun profesional do ensino: Saber:  Competencia científica ou epistemolóxica    Coñecemento das últimas novas no ámbito das teorías da educación Coñecemento de diferentes propostas metodolóxicas e curriculares Xestión do coñecemento e a información mediante ferramentas dixitais Saber facer:  Competencia didáctica    Didácticas específicas da área de filosofía e ciencias sociais (aprendendo a xustificar a elaboración de materiais a través da metodoloxía TPACK) Atención á diversidade (a través de distintas propostas e modelos de traballo en aula) Xestión da aula (en espazos virtuais: Moodle, Blog,
  • 5.   Portafolios) Recursos e materiais (selección, catalogación e arquivo) Avaliación (comprensión de diferentes modelos en contornos de traballo diversos e introdución a unha avaliación por competencias) Saber como:  Competencia en traballo en equipo     Traballo cooperativo e colaboración entre pares Preparación de proxectos educativos comúns Coñecemento de técnicas de traballo en grupo Toma de decisións Competencia en innovación e mellora    Promover cambios nas prácticas educativas e nos modelos profesionais Introducir a investigación na docencia mediante da avaliación de modelos e a investigación-acción Propostas para realizar na aula con diferentes modelos de traballo e ferramentas Competencia comunicativa   Xestión da información e transparencia a través de diferentes plataformas de exposición de contidos e intercambio de información, e protocolos a seguir Expresión e comunicación en contornos dixitais: foros chats... Competencia dixital (TIC)     Coñecemento das ferramentas tecnolóxicas básicas: de creación e comunicación de contidos Uso didáctico das ferramentas e contextos de xustificación Desenvolvemento profesional e xestión en contornos virtuais Aspectos actitudinais e éticos coa reflexión sobre o uso e autoría dos materiais dixitais Saber estar:  Competencia relacional   Habilidades sociais a través da práctica en redes virtuais Xestión da participación do alumnado en contornos virtuais de aprendizaxe
  • 6. Contidos Os contidos do curso están divididos en 6 módulos: MODÚLO 1: PRIMEIROS PASOS Iniciará ao docente no uso e xestión dunha aula virtual Moodle e no debate sobre a incorporación das TIC á docencia e a súa posible xustificación nun contorno TPACK. Ademais insistirá no coñecemento das principais licenzas e a súa aplicación aos contidos dixitais educativos. MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA A FILOSOFÍA Iniciación ao coñecemento dalgúns dos recursos existentes na Web para o ensino da Filosofía e a súa clasificación. Aprenderemos a clasificalos e integralos na nosa aula virtual. Ademais reflexionaremos sobre as achegas das TIC ao ensino da Filosofía e ás ciencias sociais en xeral. MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS Ao longo deste módulo debateremos sobre a dualidade razón/emoción na aprendizaxe da Filosofía á luz das neurociencias contemporáneas. Aprenderemos a elaborar recursos multimedia sinxelos e os principios dunha síntese multimedia eficaz. MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0 Examinaremos o uso de diferentes platormas 2.0 na aula de filosofía e a súa aplicación no contexto dunha aula Moodle e os seus principais usos didácticos. MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN Iniciación ao traballo por proxecctos e ao desenvolvmento de investigacións co alumnado, que nos permitirán repensar a actividade na aula de Filosofía. Coñeceremos tamén as principais estratexias de investigación na rede. MÓDULO 6: A COMPETENCIA FILOSÓFICA Debateremos sobre o traballo por competencias, selección de indicadores e sistemas de avaliación. Tentaremos distinguir as diferenzas entre as
  • 7. competencias básicas e as complexas. Elaboraremos cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica e as dimensións a desenvolver no bacharelato. Correlación das competencias básicas cos contidos do curso As competencias básicas definidas pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación, que se dan por suposto no profesorado, son un pano de fondo no desenvolvemento deste curso. Dedícase especialmente un dos módulos (6) a clarificar o concepto de competencia, e a definir e valorar indicadores que permitirán seleccionar e dirixir os instrumentos de avaliación do alumnado. Metodoloxía Este curso desenvólvese na súa totalidade a través da plataforma virtual Platega. A metodoloxía que usaremos será mixta: 1. Por unha parte será participativa e de aprendizaxe colaborativa. Para iso, será imprescindible a participación nos foros de debate, de forma que o intercambio de opinións enriqueza a comprensión e as posibles modificacións nas prácticas de aula dos participantes. Os debates e as diferentes posicións relacionadas cos temas tratados serán centrais ao longo do curso e, xa que logo, avaliables e xeradores de contidos. Para colaborar nesta tarefa contaremos con 3 axudantes: Apocalíptico, Integrado e Crítica. Os tres representarán diferentes perspectivas nos debates, sen que as súas posicións teñan por que limitar a manifestación doutras diferentes. 2. Por outra banda servirá de adestramento en diferentes ferramentas e plataformas. En cada un dos módulos existirá unha tarefa a desenvolver, aínda que esta poderá levarse de formas diversas, en función das necesidades, coñecementos ou preferencias dos participantes.
  • 8. Seguimento e desenvolvemento do curso O curso consta de 6 módulos que se irán abrindo de forma progresiva seguindo o calendario presentado na temporalización do mesmo. Unha vez finalizado o intervalo de datas de realización do módulo, este pecharase sen que poidan enviarse máis tarefas ao mesmo. Cada módulo contén:  Unha presentación temática que inclué os materiais multimedia necesarios. Será recoñecible polo símbolo da esquerda.  O contido do módulo en PDF para a súa descarga (opcional).  Unha tarefa de participación no foro de discusión do módulo (agás no módulo inicial e nos módulos 4 e 6).   Unha tarefa de traballo individual que se enviará para a súa cualificación seguindo as instruccións. Unha Wiki de grupo no módulo 6. Ademais no módulo inicial e final os participantes terán que cubrir:  Unha consulta (módulo 1), non avaliable pero obrigatoria.  Unha enquisa (módulo final), non avaliable pero obrigatoria. Durante toda a duración do curso estará aberto o foro de dúbidas, no módulo de presentación, de forma que se poida usar para calquera dúbida técnica ou de traballo e tamén como comunicación cos titores. Este non será un módulo de debate senón de resolución de dúbidas, que poderán ser respondidas polos titores ou por calquera outro dos participantes no curso. Outras indicacións: Nas presentacións temáticas:  Algunhas seccións están contraídas. Sinálanse cunha frecha interactiva : ao premer nela despregase unha explicación opcional.  Ao longo da redacción aparecen diferentes elementos interactivos que axudan á comprensión e lectura. Todos eles veñen sinalados coa icona que corresponde:
  • 9. CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO Módulo Inicial (1 hora) Nº Actividade Datas 1 Foro de presentacións Do ao 2 Enquisa Do ao Módulo 1 (4 horas) Nº Actividade Datas 3 Foro de reflexión Do ao 4 A miña aula virtual Do ao Módulo 2 (5 horas) Nº Actividade Datas 5 Foro: As TIC no ensino da Filosofía, vantaxes ou Do inconvenientes ao 6 Selección e organización de webs e recursos TIC Do ao Módulo 3 (5 horas) Nº Actividade Datas 7 Foro: Emoción ou razón no ensino? Do ao 8 Elaborando un recurso multimedia Do ao Módulo 4 (3 horas) Nº Actividade Datas 9 Construción dun blog ou dunha wiki Do ao Módulo 5 (5 horas) Nº Actividade Datas 10 Preparando unha investigación Do ao 11 Foro: Propostas de investigación no ensino medio Do ao Módulo 6 (5 horas) Nº Actividade Datas 12 Artigo sobre a competencia filosófica Do ao 14 Wiki: A competencia filosófica Do ao Módulo Final (1 hora) Nº Actividade Datas 15 Enquisa: A túa valoración do curso Do ao
  • 10. Comunicación coas persoas titoras Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras cousas que se debe facer é presentarse á comunidade de aprendizaxe. Para iso atoparáse en todos os cursos, no primeiro módulo, un Foro de presentación de participantes. Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao conxunto da comunidade de aprendizaxe como aos titores e titoras do curso. Existen varias opcións de comunicación co titor ou titora:  A través dos foros xerais, ou dos que existen en cada módulo. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler todas as intervencións.  A través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido como chat. As mensaxes enviadas por este medio son privadas. Avaliación A avaliación do curso terá en conta todas as tarefas do curso: Cada unha das tarefas avaliarase sobre 10 puntos, así como cada artigo para o foro. Para determinar a cualificación de cada tarefa establecerase cadansúa rúbrica de avaliación ou lista de cotexo, que se inclúe con cada unha das tarefas individuais ou no foro. Ademais avaliarase a participación activa a través das reflexións compartidas nos foros sobre os contidos e tarefas presentados. Cada unha destas intervencións (sempre que sexan relevantes) cualificarase con 1 punto, ata un máximo de 10 puntos. Para superar satisfactoriamente o curso, será condición acadar 50 puntos sobre os 100 posibles. A puntuación conseguida amais deberá responder necesariamente a:  A participación en todos os foros do curso.  A superación de cando menos o 50% das tarefas  A participación na Wiki final. Ao longo do curso iranse recordando todos estes criterios e prazos, e poderanse flexibilizar as tarefas e/ou os prazos cando estivese motivado. Todas as tarefas pódense volver reenviar no caso de que teñan sido cualificadas negativamente. Este reenvío terá que facerse dentro do prazo acordado e suporá a revisión da cualificación
  • 11. Aplicación práctica nas aulas Este curso pretende servir de ocasión para promover unha actitude favorable ao cambio de metodoloxía didáctica do profesorado de filosofía, ao mesmo tempo que mellora as súas competencias dixitais e profesionais. Por iso recomendamos a aplicación práctica da formación adquirida. Suxerimos que, paralelamente ao curso, se experimente levando as tarefas que se propón a situacións reais de aula, valorando as vantaxes que aportan ao ensino e creando, pouco a pouco, unha estrutura TIC propia. Requirimentos para seguir o curso       Ter un equipo de sobremesa ou portátil con acceso a internet para acceder a PLATEGA. Dispor dun navegador web actualizado, preferentemente Firefox Lector de documentos PDF. Se non se dispón do programa pódese descargar na páxina web http://get.adobe.com/es/reader/ Ferramenta de reprodución multimedia VLC. Dispor de conta de correo “@edu.xunta.es” Dispor dunha conta de correo “gmail”