A CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR 1. INTRODUCIÓN 2. ORIXES TRADICIÓN AUTÓCTONA SIRVENTÉS PROVENZAL 3. DEFINICIÓN 4. CAMPOS SÉMICOS 5. CLASIFICACIÓN TEMÁTICA SÁTIRA POLÍTICA SÁTIRA LITERARIA SÁTIRA SOCIAL, DE TIPOS E COSTUMES SÁTIRA OBSCENA 6. RECURSOS O EQUÍVOCO A IRONÍA
As composicións satíricas teñen un valor sociolóxico, histórico e lingüístico innegable. A través delas podemos comprender e interpretar os hábitos da sociedade da Idade Media. Podemos observar nos textos o carácter, os costumes, a psicoloxía e as crenzas que preocupaban á xente do Medievo.
Poesía autóctona de tradición oral  relacionada coa festa do Entroido, nas que se reflite o espírito carnavalesco que herdamos da civilización latina, e que expresan como o mundo se pon ao revés nesta festa pagá. O sirventés provenzal  era unha composición na cal os trobadores censuraban persoas, criticaban malos costumes, a política, etc. A súa finalidade era moral e social, fronte á sátira galega que o que quería era divertir.
Segundo a  Arte de Trovar  do CBN, as  cantigas de escarnio  son aquelas que se basean na equivocación, na utilización de palabras con dobre sentido. As  cantigas de maldicir , en cambio, empregan palabras directas. CANTIGAS SATÍRICAS CANTIGAS DE MALDICIR Sátira encuberta, indirecta Sátira clara e directa
Algúns son común aos da cantiga de amigo ou amor, aínda que para alteralos de forma irónica e negativa.  Pero temos campos propios: A  aldraxe : series léxicas como a afronta, o litixio e a rifa, o castigo, a irrisión… O  alimento : ridiculízase a miseria e a avaricia dalgúns tipos sociais como os infanzóns. A  polémica social  é un dos campos máis complexos e implica todos os sectores e grupos sociais. O  obsceno,  con léxico que fai referencia aos órganos sexuais e ás prácticas eróticas.
SÁTIRA POLÍTICA : trata os problemas políticos e militares que preocupan aos monarcas do século XIII. Ademais das sátiras persoais, podemos falar destes dous ciclos: a) A crítica aos cabaleiros que entregan os seus castelos a Afonso III o Boloñés na guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas de vasalaxe que os unía a Sancho II. b) A crítica de Afonso X  aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra de Granada (1264), censurando a súa covardía e deslealdade.
SÁTIRA LITERARIA :  burlas dirixidas a autores e á propia literatura.  Os  enfrontamentos eran unha especia de xogo de enxeño para demostrar as habilidades literarias e dar saída ás rivalidades. Hai tres ciclos: a)  Enfrontamentos entre xograres e  trobadores : burlas da falta de calidade artística ou o cambio de rol dos xograres. b)  Parodia do código do amor cortés e ridiculización dos seus motivos temáticos ou da linguaxe. c) Ciclo das “amas e tecedeiras”, nutrido por composicións que xurdiron logo de que o portugués Joán Soárez Coelho dedicara unha cantiga de amor a unha ama de cría.
SÁTIRA  SOCIAL, DE  TIPOS E COSTUMES.   Destacan as críticas á  avaricia , ás crenzas na astroloxía e  á   adiviñación , desde cortesáns a mercaderes: a)  Os infanzóns e cabaleiros pobres, ridiculizados polas súas pretensións  nobiliarias  e a miseria en que viven. b)  Os cregos, frades e  monxas aos  que se censura polos seus vicios  pouco cristiáns , en especial a gula e a luxuria.
SÁTIRA OBSCENA :  pola tendencia ao riso fácil, son comúns as referencias ao sexual e ao escatolóxico. Destacan neste ciclo as numerosas cantigas dedicadas ás soldadeiras.
 

Cantigas de escarnio[1]

  • 1.
    A CANTIGAS DEESCARNIO E MALDICIR 1. INTRODUCIÓN 2. ORIXES TRADICIÓN AUTÓCTONA SIRVENTÉS PROVENZAL 3. DEFINICIÓN 4. CAMPOS SÉMICOS 5. CLASIFICACIÓN TEMÁTICA SÁTIRA POLÍTICA SÁTIRA LITERARIA SÁTIRA SOCIAL, DE TIPOS E COSTUMES SÁTIRA OBSCENA 6. RECURSOS O EQUÍVOCO A IRONÍA
  • 2.
    As composicións satíricasteñen un valor sociolóxico, histórico e lingüístico innegable. A través delas podemos comprender e interpretar os hábitos da sociedade da Idade Media. Podemos observar nos textos o carácter, os costumes, a psicoloxía e as crenzas que preocupaban á xente do Medievo.
  • 3.
    Poesía autóctona detradición oral relacionada coa festa do Entroido, nas que se reflite o espírito carnavalesco que herdamos da civilización latina, e que expresan como o mundo se pon ao revés nesta festa pagá. O sirventés provenzal era unha composición na cal os trobadores censuraban persoas, criticaban malos costumes, a política, etc. A súa finalidade era moral e social, fronte á sátira galega que o que quería era divertir.
  • 4.
    Segundo a Arte de Trovar do CBN, as cantigas de escarnio son aquelas que se basean na equivocación, na utilización de palabras con dobre sentido. As cantigas de maldicir , en cambio, empregan palabras directas. CANTIGAS SATÍRICAS CANTIGAS DE MALDICIR Sátira encuberta, indirecta Sátira clara e directa
  • 5.
    Algúns son comúnaos da cantiga de amigo ou amor, aínda que para alteralos de forma irónica e negativa. Pero temos campos propios: A aldraxe : series léxicas como a afronta, o litixio e a rifa, o castigo, a irrisión… O alimento : ridiculízase a miseria e a avaricia dalgúns tipos sociais como os infanzóns. A polémica social é un dos campos máis complexos e implica todos os sectores e grupos sociais. O obsceno, con léxico que fai referencia aos órganos sexuais e ás prácticas eróticas.
  • 6.
    SÁTIRA POLÍTICA :trata os problemas políticos e militares que preocupan aos monarcas do século XIII. Ademais das sátiras persoais, podemos falar destes dous ciclos: a) A crítica aos cabaleiros que entregan os seus castelos a Afonso III o Boloñés na guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas de vasalaxe que os unía a Sancho II. b) A crítica de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra de Granada (1264), censurando a súa covardía e deslealdade.
  • 7.
    SÁTIRA LITERARIA : burlas dirixidas a autores e á propia literatura. Os enfrontamentos eran unha especia de xogo de enxeño para demostrar as habilidades literarias e dar saída ás rivalidades. Hai tres ciclos: a) Enfrontamentos entre xograres e trobadores : burlas da falta de calidade artística ou o cambio de rol dos xograres. b) Parodia do código do amor cortés e ridiculización dos seus motivos temáticos ou da linguaxe. c) Ciclo das “amas e tecedeiras”, nutrido por composicións que xurdiron logo de que o portugués Joán Soárez Coelho dedicara unha cantiga de amor a unha ama de cría.
  • 8.
    SÁTIRA SOCIAL,DE TIPOS E COSTUMES. Destacan as críticas á avaricia , ás crenzas na astroloxía e á adiviñación , desde cortesáns a mercaderes: a) Os infanzóns e cabaleiros pobres, ridiculizados polas súas pretensións nobiliarias e a miseria en que viven. b) Os cregos, frades e monxas aos que se censura polos seus vicios pouco cristiáns , en especial a gula e a luxuria.
  • 9.
    SÁTIRA OBSCENA : pola tendencia ao riso fácil, son comúns as referencias ao sexual e ao escatolóxico. Destacan neste ciclo as numerosas cantigas dedicadas ás soldadeiras.
  • 10.