Contexto histórico. Panorama xeral Durante a maior parte do século XIX Galicia vai pasar por momentos de grave crise.
A emigración. 1 2 Castela Portugal América Os que emigran son mozos e homes, o que supón unha merma da potencial forza de traballo que existe no agro galego, co agravante das levas para os servizo militar e as guerras. Esta crise dá lugar a un dos fenómenos sociais máis relevantes da época contemporánea galega:
No agro, a  pervivencia dos foros , ralentiza o acceso á propiedade da terra e, xa que logo, impide a modernización.  Hai que lembrar que, en boa medida, o diñeiro procedente do aforro na emigración, irá parar á compra de terras.  A isto debemos unir os novos impostos do Estado, tan abusivos que axiña se coñeceron co nome de trabucos, aos que hai que engadir os dezmos que se pagaban á igrexa.
A falta dunha clase social dirixente.  A  nobreza  fora xa descabezada nos Séculos Escuros; a  fidalguía , en boa parte, caera na ociosidade e no absentismo; a  burguesía  existente é feble ou foránea.  As conserveiras irán parar a mans de industriais cataláns ou vascos; no comercio salientarán os maragatos. Ademais, a política do goberno central non favorece sectores nosos como o téxtil ou a curtición de peles. A falta de vías de comunicación perpetuará o país no atraso.
Defensa das linguas Reacción ás invasións napoleónicas Espírito do Romanticismo
Boa parte da  prensa  do momento, a nivel de cabeceiras, centra o seu interese nun necesario rexurdir de Galicia: El Iris de Galicia (1841), El Idólatra de Galicia (1841-42), La Situación de Galicia (1842-43), La Aurora de Galicia (1845), El Fomento de Galicia (1845)...
Ao longo do século, distínguense estas catro etapas na conformación da nosa literatura: 1) 1808-1837:  Literatura de circunstancias , motivada na súa maior parte por sucesos históricos ou políticos. 2 ) 1837-1863:  Precursores  do Rexurdimento. 3 ) 1863-1888:  Rexurdimento  pleno. 4) A partir de 1888: Depresión finisecular.
Literatura de circunstancias (1808-1837) Os primeiros textos en galego deste século publícanse en folletos ou na prensa.  Son mostra da preocupación existente: a) Por mor da invasión francesa (1808). A reacción contra os franceses plásmase en textos literarios que incitan o pobo a levantarse en armas. Destaca a composición  Proezas de Galicia , escrita en forma dialogada, de Xosé Fernández Neira. b) Tomando partido nos enfrontamentos ideolóxicos entre liberais e conservadores. Estes textos dialogados, vían luz na prensa durante os gobernos liberais, e trataban temas como a constitución de 1812, os impostos, as eleccións, a actitude da Igrexa nestas disputas, etc.
Tamén consideramos contemporáneas destas mostras, as composicións en galego ("Alborada" e "Égloga") do poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz, nas que predomina a inspiración romántica e a temática amorosa. Así mesmo, convén reseñar unha pequena peza teatral, titulada  A casamenteira , escrita en 1812 por Antonio Benito Fandiño e que trata sobre os os casamentos amañados. O asunto desta pequena peza teatral é a mediación dunha peculiar Celestina galega que coas súas artes persuasivas amaña os casamentos por interese ou trato. Se atendemos á data da escrita da obra, 1812, podíamos cualificar a peza coma o texto fundacional da literatura dramática galega contemporánea.
O Prerexurdimento (1833-1863)
O  provincialismo  é un movemento de identificación con Galicia, protagonizado por núcleos intelectuais e universitarios. O seu obxectivo principal é conseguir que sexa considerada unha  única "provincia" , a imaxe e semellanza do antigo Reino de Galicia. Curiosamente, o provincialismo xorde como reacción á división provincial feita polo Estado e que fragmentaba o territorio galego en catro provincias.  Tamén denunciaban, a nivel  económico , o trato discriminatorio que padecía Galicia, convertida nunha "verdadeira colonia da Corte".  O momento culminante do provincialismo dáse en 1846, coa participación no levantamento progresista de Antonio Solís e que rematará co fusilamento dos  mártires de Carral .
Galicia é unha provincia única é a primeira mostra de conciencia política galeguista -Non utilizaban o galego pero: -Reclaman o dereito a seren escolarizados en galego -E o recoñecemento da especificade lingüística 1861: Primeiros Xogos Florais con composicións en galego.
Terreo cultural estudo da historia de Galiza.  Verea Aguiar e Benito Vicetto. Primeiras gramáticas e dicionarios Poemas musicados Recuperación da literatura Mirás Saco e Arce Marcial Valladares Pintos Francisco Añón Alberte Camino Temática xeral dos precursores: Amor Nostalxia Paisaxe Preocupación  lingüística ,  cultural ,  social  e p olítica Costumismo
Xoán Manuel Pintos 1853 ;  A gaita gallega, tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega. ideoloxía normativización Igualdade romances Crítica castelanización Diglosia
Libro  misceláneo  de  intención patriótica  que se basea no  diálogo  entre un  gaiteiro galego  e un  tamborileiro castelán . Organízase en  sete “ foliadas”. Usa a  prosa  e o  verso . Usa o  galego , o  latín  e o  castelán . Contén relacións de  vocabulario  coa  etimoloxía latina , observacións  gramaticais  e  fonéticas . Toca  temas sociais, culturais e lingüísticos : desgaleguización da Administración e a Igrexa, situación diglósica...
Francisco Añón Home idealista, participou na revolta provincialista de 1846, feito polo que tivo que marchar a Portugal, Andalucía e Madrid. Participou nos  Xogos Florais  da  Coruña  en  1861 , nos que foi premiado pola composición  “ A Galicia”  e moitos dos seus  poemas en galego  foron publicados na  prensa da época  predominando dúas  temáticas : Amor bucólico  vencellado á  natureza . Galiza :  paisaxe idealizada  e  dignificación  do país.  71
Ao igual que os demais precursores, conta cunha obra en galego moi limitada (algo máis que unha ducia de poemas). Os máis coñecidos son "Nai chorosa" e "O desconsolo". No primeiro unha nai chora por un fillo; e, no segundo, un amante, lamenta a perda da namorada. Outros poemas seus teñen un alento folclórico, como "A foliada de San Xoán" ou "Repique", recréanse na paisaxe ("As fontiñas"), cantan unha cidade ("A Ferrol"), etc. Alberto Camino

Pre rexurdimento

  • 1.
  • 2.
    Contexto histórico. Panoramaxeral Durante a maior parte do século XIX Galicia vai pasar por momentos de grave crise.
  • 3.
    A emigración. 12 Castela Portugal América Os que emigran son mozos e homes, o que supón unha merma da potencial forza de traballo que existe no agro galego, co agravante das levas para os servizo militar e as guerras. Esta crise dá lugar a un dos fenómenos sociais máis relevantes da época contemporánea galega:
  • 4.
    No agro, a pervivencia dos foros , ralentiza o acceso á propiedade da terra e, xa que logo, impide a modernización. Hai que lembrar que, en boa medida, o diñeiro procedente do aforro na emigración, irá parar á compra de terras. A isto debemos unir os novos impostos do Estado, tan abusivos que axiña se coñeceron co nome de trabucos, aos que hai que engadir os dezmos que se pagaban á igrexa.
  • 5.
    A falta dunhaclase social dirixente. A nobreza fora xa descabezada nos Séculos Escuros; a fidalguía , en boa parte, caera na ociosidade e no absentismo; a burguesía existente é feble ou foránea. As conserveiras irán parar a mans de industriais cataláns ou vascos; no comercio salientarán os maragatos. Ademais, a política do goberno central non favorece sectores nosos como o téxtil ou a curtición de peles. A falta de vías de comunicación perpetuará o país no atraso.
  • 6.
    Defensa das linguasReacción ás invasións napoleónicas Espírito do Romanticismo
  • 7.
    Boa parte da prensa do momento, a nivel de cabeceiras, centra o seu interese nun necesario rexurdir de Galicia: El Iris de Galicia (1841), El Idólatra de Galicia (1841-42), La Situación de Galicia (1842-43), La Aurora de Galicia (1845), El Fomento de Galicia (1845)...
  • 8.
    Ao longo doséculo, distínguense estas catro etapas na conformación da nosa literatura: 1) 1808-1837: Literatura de circunstancias , motivada na súa maior parte por sucesos históricos ou políticos. 2 ) 1837-1863: Precursores do Rexurdimento. 3 ) 1863-1888: Rexurdimento pleno. 4) A partir de 1888: Depresión finisecular.
  • 9.
    Literatura de circunstancias(1808-1837) Os primeiros textos en galego deste século publícanse en folletos ou na prensa. Son mostra da preocupación existente: a) Por mor da invasión francesa (1808). A reacción contra os franceses plásmase en textos literarios que incitan o pobo a levantarse en armas. Destaca a composición Proezas de Galicia , escrita en forma dialogada, de Xosé Fernández Neira. b) Tomando partido nos enfrontamentos ideolóxicos entre liberais e conservadores. Estes textos dialogados, vían luz na prensa durante os gobernos liberais, e trataban temas como a constitución de 1812, os impostos, as eleccións, a actitude da Igrexa nestas disputas, etc.
  • 10.
    Tamén consideramos contemporáneasdestas mostras, as composicións en galego ("Alborada" e "Égloga") do poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz, nas que predomina a inspiración romántica e a temática amorosa. Así mesmo, convén reseñar unha pequena peza teatral, titulada A casamenteira , escrita en 1812 por Antonio Benito Fandiño e que trata sobre os os casamentos amañados. O asunto desta pequena peza teatral é a mediación dunha peculiar Celestina galega que coas súas artes persuasivas amaña os casamentos por interese ou trato. Se atendemos á data da escrita da obra, 1812, podíamos cualificar a peza coma o texto fundacional da literatura dramática galega contemporánea.
  • 11.
  • 12.
    O provincialismo é un movemento de identificación con Galicia, protagonizado por núcleos intelectuais e universitarios. O seu obxectivo principal é conseguir que sexa considerada unha única "provincia" , a imaxe e semellanza do antigo Reino de Galicia. Curiosamente, o provincialismo xorde como reacción á división provincial feita polo Estado e que fragmentaba o territorio galego en catro provincias. Tamén denunciaban, a nivel económico , o trato discriminatorio que padecía Galicia, convertida nunha "verdadeira colonia da Corte". O momento culminante do provincialismo dáse en 1846, coa participación no levantamento progresista de Antonio Solís e que rematará co fusilamento dos mártires de Carral .
  • 13.
    Galicia é unhaprovincia única é a primeira mostra de conciencia política galeguista -Non utilizaban o galego pero: -Reclaman o dereito a seren escolarizados en galego -E o recoñecemento da especificade lingüística 1861: Primeiros Xogos Florais con composicións en galego.
  • 14.
    Terreo cultural estudoda historia de Galiza. Verea Aguiar e Benito Vicetto. Primeiras gramáticas e dicionarios Poemas musicados Recuperación da literatura Mirás Saco e Arce Marcial Valladares Pintos Francisco Añón Alberte Camino Temática xeral dos precursores: Amor Nostalxia Paisaxe Preocupación lingüística , cultural , social e p olítica Costumismo
  • 15.
    Xoán Manuel Pintos1853 ; A gaita gallega, tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega. ideoloxía normativización Igualdade romances Crítica castelanización Diglosia
  • 16.
    Libro misceláneo de intención patriótica que se basea no diálogo entre un gaiteiro galego e un tamborileiro castelán . Organízase en sete “ foliadas”. Usa a prosa e o verso . Usa o galego , o latín e o castelán . Contén relacións de vocabulario coa etimoloxía latina , observacións gramaticais e fonéticas . Toca temas sociais, culturais e lingüísticos : desgaleguización da Administración e a Igrexa, situación diglósica...
  • 17.
    Francisco Añón Homeidealista, participou na revolta provincialista de 1846, feito polo que tivo que marchar a Portugal, Andalucía e Madrid. Participou nos Xogos Florais da Coruña en 1861 , nos que foi premiado pola composición “ A Galicia” e moitos dos seus poemas en galego foron publicados na prensa da época predominando dúas temáticas : Amor bucólico vencellado á natureza . Galiza : paisaxe idealizada e dignificación do país. 71
  • 18.
    Ao igual queos demais precursores, conta cunha obra en galego moi limitada (algo máis que unha ducia de poemas). Os máis coñecidos son "Nai chorosa" e "O desconsolo". No primeiro unha nai chora por un fillo; e, no segundo, un amante, lamenta a perda da namorada. Outros poemas seus teñen un alento folclórico, como "A foliada de San Xoán" ou "Repique", recréanse na paisaxe ("As fontiñas"), cantan unha cidade ("A Ferrol"), etc. Alberto Camino