SlideShare a Scribd company logo
1 of 32
As damas
do
laboratorio.
María José Casado Ruiz de Lóizaga.
-Lucía Gil
Suárez. Nº 11
2ºA
-Dept.: FCeT
ÍNDICE
• 1.- Introdución
• 2.- A autora
• 3.- Hipatia de Alexandría
• 4.- Émilie de Breteuil, marquesa de Châtelet
• 5.- Mary Somerville
• 6.- Ada Byron, condesa de Lovelace
• 7.- Sonia Kovalevskaya
• 8.- Marie Curie
• 9.- Lise Meitner
• 10.- Rosalind Franklin
• 11.- Comentario persoal
• 12.- Fontes de información
1. Introdución
Son moitas as mulleres, aínda hoxe descoñecidas, que desenvolveron un
papel relevante na ciencia, e a referencia destas mulleres data de hai uns
catro mil anos. Na maioría foron mulleres invisíbles, descoñecidas.
Estamos nun momento no que a muller científica deixou de ser unha
rareza. É tempo de dar a coñecer os seus logros científicos. A
autora, María José Casado Ruiz de Lóizaga , recolleu algunhas destas
mulleres para relatarnos as súas vidas, logros científicos que non chegaron
a a ser recoñecidos na meirande das ocasións.
Esta selección de mulleres abarca desde o século IV ata o XX.
Así, poderemos coñecer como eran as súas vidas en tempos remotos nos
que difícilmente poderíamos imaxinar que houbese habido mulleres que
destacasen nas ciencias. Independientemente do apoio e formación que
puideron ter estas mulleres, todas elas foron loitadoras, apaixoadas polas
ciencias, destacaron nun mundo masculino, aínda que en moitos casos se
tratara de tapar a súa contribución.
Temos que agradecer a María José Casado este libro que dun modo
ameno pero riguroso, nos presenta a vida destas mulleres científicas ao
longo da historia cuxas contribucións foron excepcionais e merecen o
recoñecemento que sen dúbida, este libro axudou a conseguir.
2. A autora
• María José Casado Ruiz de
Lóizaga, nada en Vitoria, é
licenciada en Ciencias da
Información e Historia Moderna e
Contemporánea. É subdirectora da
revista "Moi Interesante" e
colaboradora de diversos medios
de comunicación.
É especialista en temas de
divulgación científica e historia da
ciencia, leva varios anos publicando
artigos e dando conferencias sobre
as mulleres silenciadas no campo
da ciencia destacando tanto o seu
esforzo persoal como as dificulta-
des para prosperar no seu traballo
científico.
3. Hipatia de Alexandría (370-415)
• Alexandría era unha cidade que amaba o diálogo e a polémica. A cidade
recollera a herencia de Grecia e puxera os cimentos da ciencia antiga. Aquí
Euclides elaborou a primeira xeometría e Tolomeo a astronomía. Outros
alexandrinos de cuna ou adopción foron Arquímedes, Dionisio Thrax…
So un lugar coma éste pudo facer posible a aparición dunha muller tan
excepcional como Hipatia, sabia da Antigüidade que liderou a
intelectualidade do seu tempo e investigou no campo das
matemáticas, astronomía, filosofía e outras ciencias.
• Aínda que Hipatia foi unha muller moi famosa na súa época, en Occidente
a súa figura desapareceu case por completo até que escritores da
Ilustración a sacaron á luz. Descubir á verdadeira Hipatia non foi tarefa
doada para os seus biógrafos, xa que apenas existen documentos que
falen dela e a súa morte é o único que deixaron ben documentado varios
autores.
Nin sequera existen xa, ao menos baixo o seu nome, as
obras que sabemos que ela escribiu, aínda que se cree
que existen escritos seus baixo a firma doutros autores.
A Hipatia tocoulle vivir nos anos convulsos próximos á fin
do Imperio Romano, pero esto non apagou o seu interese
por aprender nin a súa vocación. Cando xa era unha
científica preparada, Hipatia convertiuse en axudante do seu pai. O
misterio do universo e dos astros, entre os que estaba a Terra, era unha
das grandes paixóns de Hipatia, e a astronomía, unha das súas áreas de
coñecemento favoritas.
• Damascio chega a mencionar algúns libros que se deben a Hipatia. É autora
do comentario de Diofanto, e tamén escribiu un traballo titulado O cánon
astronómico, comentando a obra de Tolomeo, e un Comentario sobre as
Crónicas de Apolonio. Tamén se lle atribúen comentarios ás obras de
Arquímedes A dimensión do círculo e A esfera e o cilindro.
Durante vinte anos Hipatia exerce como profesora de filosofía, matemáticas e
astronomía. Cando morre Teón é considerada como a máxima autoridade
intelectual da cidade. É valorada como científica e como filósofa. Ensina a
membros de familias ilustres da cidade, a
gobernantes, estranxeiros, eruditos, políticos… Todos os homes tiñan gran
admiración por ela debido á súa enorme dignidade e virtude, afirmaba
Sócrates Escolástico.
Unha serie de circunstancias xúntanse no espacio e no tempo e permiten
que aflore alguén tan excepcional como Hipatia, a primeira científica
importante documentada da antigüidade. Unha familia ilustre e
respetada, un pai intelectual na cima do prestixio profesional e de
mentalidade aberta e os seus dotes personais fixérona quen foi.
Muller filósofa e científica ilustre, víctima da envidia de Cirilo, fixo que
chegara ata nós gran parte do saber matemático e científico da
Antigüidade.
4. Émilie de Breteuil, marquesa de
Châtelet (1706-1749)
Muller singular, científica máis interesante do Século das Luces en Francia,
adornábase cos lazos e xoias do seu mundo Barroco. A súa pasión polo
coñecemento fíxoa disfrutas entre a frivolidade de París e Versalles.
Aos doce anos sabía latín, grego, alemán e italiano e sabía fragmentos de
Virgilio de memoria. Practicaba os deportes de moda, cantaba ópera,
tocaba instrumentos… Adoitaba ler con pasión os libros de filosofía
natural, como daquela chamaban ás matemáticas e á física.
Aos dazanove anos, o 20 de xuño de 1725, Émilie casou
nun matrimonio de conveniencia co gobernador de
Borgoña, Florent Claude, o que era unha práctica habitual.
• Na primavera de 1733 Émilie entrou en contacto con Voltaire, escritor
brillante e con moito éxito social que se alineaba nas correntes do
racionalismo inglés. Admiraba a Locke e a Newton. Voltaire era un
pensador ilustrado de espíritu independente e racionalista que facía
fronte aos poderes establecidos.
Émilie viviu nun tempo apaixoante, o Século
das Luces, que levará a dúas grandes revolu-
cións, a política (Revolución Francesa) e a
Revolución Industrial. Ela leva en sí mesma
o espíritu da Ilustración, amor pola razón e
o estudio, a búsqueda da felicidade e a im-
portancia que ten o exercicio espiritual.
Investigou asuntos de física e química, cos que competiu con todos os
científicos do seu tempo. Os seus escritos son un comezo na Ilustración
e ela en sí mesma é unha muller adiantada no seu tempo.
5. Mary Somerville (1780-1872)
• Mary creceu e pasou a súa infancia en Burntisland, unha cidade pequena
no estuario de Forth, en Edimburgo, case sempre en ausencia do seu pai e
xunto á súa nai, unha muller amable educada á antiga usanza pero que
adoitaba mostrar unha gran valentía.
Os seus pais non tiñan unha grande cultura. Mary, ós dez anos non sabía
escribir nin ler con soltura e tiña dificultades para memorizar. Debido a
esto os seus pais decidiron internala nunha escola de Musselburgh, e foi
alí onde comezou a súa formación.
Foi o seu profesor de debuxo quen avivóu en el ao interese polas
matemáticas. Foi lendo os libros de Euclides e nese reto non lle faltaron
barreiras nin intolerancia ó seu redor.
Mary Somerville foi unha das grandes científicas do seu tempo pese á súa
formación autodidacta, e para algúns ilustres contemporáneos foi a muller
máis extraordinaria de Europa. Eran tempos nos que Inglaterra e Escocia
estaban abertas de par en par á ciencia e ás reformas, e os intelectuais
máis avanzados querían modernizar as matemáticas e facer accesible o
saber. Ela foi quen de difundir eses coñecementos e puxo ó alcance dun
público os últimos descubrimentos científicos da época, expoñéndoos con
claridade e precisión, completados coas súas propias conclusións e
comentarios.
A súa primeira publicación tratou sobre as
propiedades magnéticas dos raios ultravio-
letas e foi seguida de obras de astronomía e
matemática, xeografía física, ciencia
molecular e microscopía.
Mary enfocou a realidade e os obxectos
científicos desde perspectivas moi variadas.
Muller polifacética, puido compatibilizar a
súa labor científica coa de nai e esposa.
A capacidade de relación e simpatía de Mary lle proporcionaron contactos
co mundo científico que a situaron no centro dos acontecementos da ciencia
do seu tempo.
O Somerville College de Oxford, de onde sairán moitas mulleres de aavanzada
educación, mantén vivo o recordo desta científica que sentiu tamén a
necesidade da educación das mulleres. Ela contribuíu a modernizar a
astronomía e outras ciencias e a facela máis accesible aos estudiosos. Coa
súa autobiografía, Mary legounos o regalo da visión da súa propia visión da
vida tal e coma ela quixo que se lle recordara.
6. Ada Byron, Condesa de
Lovelace (1815-1852)
Ada Lovelace é recordada principalmente por escribir unha descrición da
antiga máquina analítica de Charles Babbage, e por desenvolver
instrucións para facer cálculos nunha versión inicial do computador.
Nas súas notas, Ada Augusta di que a «máquina analítica» só podía dar
información dispoñible que xa era coñecida: viu claramente que non podía
orixinar coñecemento.
O seu traballo foi esquecido por moitos
anos, atribuíndolle exclusivamente un papel
de transcriptora das notas de Babbage. Este
mesmo caracterizou o seu aporte ao chamala
o seu intérprete aínda que recentes
investigacións mostran a originalidad do seu
punto de vista sobre as instrucións necesarias
para o funcionamento da «máquina
analítica»
Hoxe en día recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en describir
unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de
Babbage, pero recoñecéndoselle a plena autoría e originalidad das súas
aportes. Ada Byron é a nai da programación informática.
Ada Lovelace publicou en 1843 unha serie de influyentes notas sobre o
ordenador de Babbage, a súa «máquina analítica» que nunca chegou a
construírse, aínda que non as asinou coas súas iniciais por medo a ser
censurada por ser muller.
Ada Byron chamouse a si mesma unha analista, un concepto realmente
moderno para a época.
• Suxeriu o uso de tarxetas perforadas como método de entrada de
información e instrucións á máquina analítica. Ademais introduciu unha
notación para escribir programa, principalmete baseada no dominio que
Ada tiña sobre o texto de Luigi Menabrea de 1842, que comentou
personalmente completándoo con anotacións que son máis extensas que o
texto. É reseñable ademais o seu mención sobre a existencia de ceros ou
estado neutro nas tarxetas perforadas sendo que as tarxetas
representaban para a máquina de Babbage números decimales e non
binarios (8 perforaciones equivalerían a 8 unidades).
7. Sonia Kovalevskaya
Sonia Kovalévskaya foi unha matemática
rusa do século XIX, que para poder
estudar na universidade tivo que saír
fóra de Rusia, pedir permisos especiais
para asistir a clase e solicitar clases
particulares a ilustres matemáticos.
Logo de obter o doctorado en
Matemáticas, malia que ningunha
universidade en Europa admitía a unha
muller como profesora, conseguiu selo
na entón recentemente creada
Universidade de Estocolmo.
• As súas investigacións céntranse na Análise Matemática. O seu nome
pasou á historia polo Teorema de Cauchy-Kovaleskaya. O seu
especialización, polo que na súa época foi coñecida en toda Europa, era a
teoría de funcións abelianas.
• O seu traballo sobre os aneis de Saturno representa a súa achega á
matemática aplicada. O seu maior éxito matemático foi a súa investigación
sobre a rotación dun sólido ao redor dun punto fixo polo que obtivo o
Premio Bordin da Academia de Ciencias de Parides. O seu traballo
póstumo, unha simplificación dun Teorema de Bruns.
• O seu libro autobiográfico Recordos da infancia un relato que nos narra as
vivencias e os sentimentos do seu niñez, ademais de describir os
problemas da sociedade rusa, foi traducido ao sueco. Cando Sonia
morreu, a súa amiga Anne escribiu a súa biografía. A súa novela póstuma
Beira Barantsova, que contaba a historia dunha nova mártir
revolucionaria, foi publicada en Suecia (1892) polos seus amigos a partir
dos seus manuscritos non revisados e en Rusia (1906) co título "Unha
nihilista".
A súa dedicación simultánea ás investigacións matemáticas e á literatura
causou un certo desconcerto en moitas das persoas da súa ao redor.
Nunha carta escrita por Sonia comentaba que non era nada estraño, xa
que tanto o poeta como o matemático deben ser capaces de profundar na
realidade e desta forma ver o que os demais non ven. Ademais a
Matemática, para ela, era a ciencia que esixía máis imaxinación.
8. Marie Curie (1867-1934)
Marie Sklodowska naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia. Era a
quinta filla dun profesor de ensinos medios e unha pianista e cantante.
Naquel tempo, a maior parte de Polonia estaba ocupada por
Rusia, que, tras varias revoltas nacionalistas sufocadas
violentamente, impuxera a súa lingua e os seus costumes. Xunto coa súa
irmá Helena, Marie asistía a clases clandestinas ofrecidas nun pensionado
nas que se ensinaba a cultura polaca.
• Marie e Pierre estudaron as follas radiactivas, en particular o uranio en
forma de pechblenda, que tiña a curiosa propiedade de ser máis radiactiva
que o uranio que se extraía dela. A explicación lóxica foi supoñer que a
pechblenda contiña anacos dalgún elemento moito máis radiactivo que o
uranio.
Tamén descobren que o torio podía producir radiactividad. Tras varios
anos de traballo constante, a través da concentración de varias clases de
pechblenda, illaron dous novos elementos químicos. O primeiro, en 1898,
foi nomeado como polonio en referencia ao seu país nativo.
Foi a primeira muller que obtivo tal galardón.
Recibiron por el 15.000 dólares Pouco
despois, en 1904, Pierre consolidouse como
profesor titular na Facultade. A fama lles
abrumou e concentráronse nos seus
traballos. No mesmo ano tiveron á súa
segunda filla, Ève, tras sufrir Marie un aborto,
probablemente producido pola
radiactividade.
• Durante a Primeira Guerra Mundial Curie propuxo o uso da radiografía
móbil para o tratamento de soldados feridos. En 1921 visitou os Estados
Unidos, onde foi recibida triunfalmente. O motivo da viaxe era recaudar
fondos para a investigación. Nos seus últimos anos foi asediada por moitos
físicos e productores de cosméticos, que usaron material radiactivo sen
precaucións.
• Na primavera de 1934, Curie, logo de quedarse cega, morreu o 4 de xullo
de 1934 preto de Passy (Alta Saboya, Francia), por mor dunha anemia
aplásica, probablemente debida ás radiacións ás que estivo exposta nos
seus traballos, e cuxos nocivos efectos eran aínda descoñecidos. Foi
enterrada xunto ao seu marido no cemiterio de Sceaux, poucos
quilómetros ao sur de Parides.
9. Lise Meitner (1878-1968)
Física austriaca que se doctorou en
Viena. En 1912, estableceuse en
Berlín, onde foi axudante de Max Plank
e mediu a lonxitude de onda dos raios
gamma. En 1917, foi profesora de física
na universidade de Berlín. É soado por
descubrir o protactinio en 1918, xunto
con Otto Hahn, e polas investigacións
que dirixiu en Copenhague, xunto con
Otto Frisch, sobre as transmutaciones
de elementos e especialmente sobre a
fisión do uranio (1939). Ademais foi a
segunda muller que obtivo un
doctorado en Física pola Universidade
de Viena.
• Cando Adolf Hitler chegou ao poder en 1933, Meitner foi directora do
Instituto de Química. Malia que estaba protegida pola súa nacionalidade
austriaca, todos os demais xudeus científicos, entre eles o seu sobrino
Otto Frisch, Fritz Haber, Leó Szilárd e moitas outras personalidades, foron
despedidos ou obrigados a dimitir dos seus cargos, a súa resposta foi non
dicir nada e enterrar a si mesma o seu traballo.
No seu primeiro traballo en Berlín en 1907, foi obrigada a traballar nun
taller no sótano, xa que o laboratorio supervisor non puido soportar ver a
unha muller no traballo todos os días xunto aos homes do laboratorio.
Noutra ocasión, os editores dunha enciclopedia desexaron consultar
achega dun artigo e foron moito menos entusiastas cando o profesor
Meitner resultou ser unha muller.
Como un pode imaxinar, é moi difícil para
persoas socialmente conservadoras encaixar
o éxito dunha muller, o mundo da ciencia de
alto nivel era moi pechado. No seu día foi
quizais a única muller nun aula de 100
homes.
10. Rosalind Franklin (1920-1958)
• Rosalind Elsie Franklin (25 de xullo de
1920 en Kensington, Londres- 16 de
abril de 1958 Chelsea, Londres) foi
unha biofísica e cristalógrafa inglesa
autora de importantes contribucións á
comprensión das estruturas do
ADN, os virus, o carbón e o grafito. A
Franklin recórdana principalmente
pola chamada Fotografa 51, a imaxe
do ADN obtida mediante difracción de
raios X, que serviu como fundamento
para a hipótese da estrutura dobre
helicoidal do ADN na publicación do
artigo de James Watson e Francis Crick
de 1953.
• En 1951, regresou a Inglaterra para traballar como investigadora asociada
no laboratorio de John Randall no King's College de Londres. Rosalind
Franklin, unha muller de personalidade forte, mantivo aquí unha relación
complexa con Maurice Wilkins, quen mostrou sen o seu permiso as súas
imaxes de difracción de raios X do ADN a James Watson e Francis Crick.
Ningunha outra inspiración foi tan forte como esta para a publicación por
eles, en 1953, da estrutura do ADN, tal como eles mesmos recoñeceron.
• Franklin morreu prematuramente, de cancro de ovario, en 1958 en
Londres. Con toda probabilidade, esta enfermidade foi causada polas
repetidas exposicións á radiación durante as súas investigacións.
As condicións que como muller tivo que
soportar en Cambridge e certas palabras
despectivas de James Watson, fan
aparecer como un agravio a concesión
do Premio Nobel de Fisiología ou
Medicina só a Watson, Crick e Wilkins
en 1962, cando en realidade xa se
produciu o seu falecemento. Os seus
compañeiros, incluso
Watson, expresaron repetidas veces o
seu respecto persoal e intelectual por
ela. En calquera caso, Rosalind Franklin
merece o lugar que chegou a ocupar
como icono do avance das mulleres na
ciencia.
11. Comentario persoal
• Estamos nun momento, nunha época, na que a muller científica deixou de
ser unha rareza, deixou de ser invisible e está acadando as posicións
directivas e de poder que teñen os seus compañeiros masculinos. Este
libro marcou o momento de dar a coñecer algúns dos logros científicos
dalgunhas mulleres que foron auténticas pioneiras da ciencia ao longo da
civilización.
• Neste pequeño traballo intentei recoller e relatar brevemente os sucesos
máis destacables das súas vidas, os acontecementos que as fixeron sufrir
ou que diminuíron momentaneamente a súa importancia.
• Independientemente da formación que puideran ter estas mulleres, todas
elas foron loitadoras,, apaixoadas polas ciencias que destacaron nun
mundo sumido no machismo. Todo esto as honra enormemente e por elo
deben ter ese recoñecemento do que careceron durante a súa vida
12. Fontes de información
• 1. Las damas del laboratorio , María José Casado Ruíz de Lóizaga. Ed.
Debate
• 2. http://www.sdsc.edu/ScienceWomen/franklin.html
• 3. http://www.ojocientifico.com/2009/07/05/las-10-mujeres-cientificas-
mas-importantes-de-la-historia
• 4. http://www.google.es/search?hl=es&gs_rn=12&gs_ri=psy-
ab&pq=rosalind+franklin&cp=10&gs_id=18&xhr=t&q=mujeres+cientificas
&bav=on.2,or.r_qf.&biw=1366&bih=621&um=1&ie=UTF-
8&tbm=isch&source=og&sa=N&tab=wi&ei=NwuEUYrOCoTYOb7xgdgJ
As damas do laboratorio

More Related Content

Viewers also liked (11)

Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina
Libros de psicoloxía recomendados... por Iris MolinaLibros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina
Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina
 
As mulleres na filosofía
As mulleres na filosofíaAs mulleres na filosofía
As mulleres na filosofía
 
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena TorranoMarie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
 
Que é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividadeQue é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividade
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Arquímedes
ArquímedesArquímedes
Arquímedes
 
Lo que Einstein le contó a su barbero por Ínigo Isequilla
Lo que Einstein le contó a su barbero por Ínigo IsequillaLo que Einstein le contó a su barbero por Ínigo Isequilla
Lo que Einstein le contó a su barbero por Ínigo Isequilla
 
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
 
Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont
 
A clave secreta del universo por Marta navares
A clave secreta del universo por  Marta navaresA clave secreta del universo por  Marta navares
A clave secreta del universo por Marta navares
 
"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego
"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego
"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego
 

Similar to As damas do laboratorio

Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Dives Gallaecia
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticascarxibai
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROdarosblanco
 
Mullerse mat3
Mullerse mat3Mullerse mat3
Mullerse mat3paralaia
 
Presentación Susana
Presentación  SusanaPresentación  Susana
Presentación SusanaAdelaT
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschelguestc31c94
 
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino PlLetras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Plxmlores
 
A ILUSTRACIÓN 1
A ILUSTRACIÓN 1 A ILUSTRACIÓN 1
A ILUSTRACIÓN 1 Cid22
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. rcms9
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chavequendadeira
 
Thomas Alva Edison, onomástica
Thomas Alva Edison, onomásticaThomas Alva Edison, onomástica
Thomas Alva Edison, onomásticaiesasorey
 
Racionalismo & Descartes
Racionalismo & DescartesRacionalismo & Descartes
Racionalismo & DescartesManumotoclub
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1conchiciencias
 
Actividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnosActividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnosjuanapardo
 

Similar to As damas do laboratorio (20)

Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os TemposBeatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
 
Mullerse mat3
Mullerse mat3Mullerse mat3
Mullerse mat3
 
Presentación Susana
Presentación  SusanaPresentación  Susana
Presentación Susana
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschel
 
Hipatia
HipatiaHipatia
Hipatia
 
Mulleres de ciencia
Mulleres de cienciaMulleres de ciencia
Mulleres de ciencia
 
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino PlLetras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
 
A ILUSTRACIÓN 1
A ILUSTRACIÓN 1 A ILUSTRACIÓN 1
A ILUSTRACIÓN 1
 
A revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVIIA revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVII
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chave
 
Thomas Alva Edison, onomástica
Thomas Alva Edison, onomásticaThomas Alva Edison, onomástica
Thomas Alva Edison, onomástica
 
A muller na relixión
A muller na relixiónA muller na relixión
A muller na relixión
 
Descartes
DescartesDescartes
Descartes
 
Racionalismo & Descartes
Racionalismo & DescartesRacionalismo & Descartes
Racionalismo & Descartes
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1
 
Actividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnosActividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnos
 

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense (20)

Utopias e distopias
Utopias e distopiasUtopias e distopias
Utopias e distopias
 
A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.
 
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
 
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e AlbaÉticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.
 
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
 
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
 
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
 
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moralAndrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
El lenguaje de la vida
El lenguaje de la vidaEl lenguaje de la vida
El lenguaje de la vida
 
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa MéndezEl caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
 
Vivir illados? por Nerea Niet
Vivir illados? por Nerea NietVivir illados? por Nerea Niet
Vivir illados? por Nerea Niet
 
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea NietoÉtica para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
 

As damas do laboratorio

  • 1. As damas do laboratorio. María José Casado Ruiz de Lóizaga. -Lucía Gil Suárez. Nº 11 2ºA -Dept.: FCeT
  • 2. ÍNDICE • 1.- Introdución • 2.- A autora • 3.- Hipatia de Alexandría • 4.- Émilie de Breteuil, marquesa de Châtelet • 5.- Mary Somerville • 6.- Ada Byron, condesa de Lovelace • 7.- Sonia Kovalevskaya • 8.- Marie Curie • 9.- Lise Meitner • 10.- Rosalind Franklin • 11.- Comentario persoal • 12.- Fontes de información
  • 3. 1. Introdución Son moitas as mulleres, aínda hoxe descoñecidas, que desenvolveron un papel relevante na ciencia, e a referencia destas mulleres data de hai uns catro mil anos. Na maioría foron mulleres invisíbles, descoñecidas. Estamos nun momento no que a muller científica deixou de ser unha rareza. É tempo de dar a coñecer os seus logros científicos. A autora, María José Casado Ruiz de Lóizaga , recolleu algunhas destas mulleres para relatarnos as súas vidas, logros científicos que non chegaron a a ser recoñecidos na meirande das ocasións.
  • 4. Esta selección de mulleres abarca desde o século IV ata o XX. Así, poderemos coñecer como eran as súas vidas en tempos remotos nos que difícilmente poderíamos imaxinar que houbese habido mulleres que destacasen nas ciencias. Independientemente do apoio e formación que puideron ter estas mulleres, todas elas foron loitadoras, apaixoadas polas ciencias, destacaron nun mundo masculino, aínda que en moitos casos se tratara de tapar a súa contribución. Temos que agradecer a María José Casado este libro que dun modo ameno pero riguroso, nos presenta a vida destas mulleres científicas ao longo da historia cuxas contribucións foron excepcionais e merecen o recoñecemento que sen dúbida, este libro axudou a conseguir.
  • 5. 2. A autora • María José Casado Ruiz de Lóizaga, nada en Vitoria, é licenciada en Ciencias da Información e Historia Moderna e Contemporánea. É subdirectora da revista "Moi Interesante" e colaboradora de diversos medios de comunicación. É especialista en temas de divulgación científica e historia da ciencia, leva varios anos publicando artigos e dando conferencias sobre as mulleres silenciadas no campo da ciencia destacando tanto o seu esforzo persoal como as dificulta- des para prosperar no seu traballo científico.
  • 6. 3. Hipatia de Alexandría (370-415) • Alexandría era unha cidade que amaba o diálogo e a polémica. A cidade recollera a herencia de Grecia e puxera os cimentos da ciencia antiga. Aquí Euclides elaborou a primeira xeometría e Tolomeo a astronomía. Outros alexandrinos de cuna ou adopción foron Arquímedes, Dionisio Thrax… So un lugar coma éste pudo facer posible a aparición dunha muller tan excepcional como Hipatia, sabia da Antigüidade que liderou a intelectualidade do seu tempo e investigou no campo das matemáticas, astronomía, filosofía e outras ciencias.
  • 7. • Aínda que Hipatia foi unha muller moi famosa na súa época, en Occidente a súa figura desapareceu case por completo até que escritores da Ilustración a sacaron á luz. Descubir á verdadeira Hipatia non foi tarefa doada para os seus biógrafos, xa que apenas existen documentos que falen dela e a súa morte é o único que deixaron ben documentado varios autores. Nin sequera existen xa, ao menos baixo o seu nome, as obras que sabemos que ela escribiu, aínda que se cree que existen escritos seus baixo a firma doutros autores. A Hipatia tocoulle vivir nos anos convulsos próximos á fin do Imperio Romano, pero esto non apagou o seu interese por aprender nin a súa vocación. Cando xa era unha científica preparada, Hipatia convertiuse en axudante do seu pai. O misterio do universo e dos astros, entre os que estaba a Terra, era unha das grandes paixóns de Hipatia, e a astronomía, unha das súas áreas de coñecemento favoritas.
  • 8. • Damascio chega a mencionar algúns libros que se deben a Hipatia. É autora do comentario de Diofanto, e tamén escribiu un traballo titulado O cánon astronómico, comentando a obra de Tolomeo, e un Comentario sobre as Crónicas de Apolonio. Tamén se lle atribúen comentarios ás obras de Arquímedes A dimensión do círculo e A esfera e o cilindro. Durante vinte anos Hipatia exerce como profesora de filosofía, matemáticas e astronomía. Cando morre Teón é considerada como a máxima autoridade intelectual da cidade. É valorada como científica e como filósofa. Ensina a membros de familias ilustres da cidade, a gobernantes, estranxeiros, eruditos, políticos… Todos os homes tiñan gran admiración por ela debido á súa enorme dignidade e virtude, afirmaba Sócrates Escolástico.
  • 9. Unha serie de circunstancias xúntanse no espacio e no tempo e permiten que aflore alguén tan excepcional como Hipatia, a primeira científica importante documentada da antigüidade. Unha familia ilustre e respetada, un pai intelectual na cima do prestixio profesional e de mentalidade aberta e os seus dotes personais fixérona quen foi. Muller filósofa e científica ilustre, víctima da envidia de Cirilo, fixo que chegara ata nós gran parte do saber matemático e científico da Antigüidade.
  • 10. 4. Émilie de Breteuil, marquesa de Châtelet (1706-1749) Muller singular, científica máis interesante do Século das Luces en Francia, adornábase cos lazos e xoias do seu mundo Barroco. A súa pasión polo coñecemento fíxoa disfrutas entre a frivolidade de París e Versalles. Aos doce anos sabía latín, grego, alemán e italiano e sabía fragmentos de Virgilio de memoria. Practicaba os deportes de moda, cantaba ópera, tocaba instrumentos… Adoitaba ler con pasión os libros de filosofía natural, como daquela chamaban ás matemáticas e á física. Aos dazanove anos, o 20 de xuño de 1725, Émilie casou nun matrimonio de conveniencia co gobernador de Borgoña, Florent Claude, o que era unha práctica habitual.
  • 11. • Na primavera de 1733 Émilie entrou en contacto con Voltaire, escritor brillante e con moito éxito social que se alineaba nas correntes do racionalismo inglés. Admiraba a Locke e a Newton. Voltaire era un pensador ilustrado de espíritu independente e racionalista que facía fronte aos poderes establecidos. Émilie viviu nun tempo apaixoante, o Século das Luces, que levará a dúas grandes revolu- cións, a política (Revolución Francesa) e a Revolución Industrial. Ela leva en sí mesma o espíritu da Ilustración, amor pola razón e o estudio, a búsqueda da felicidade e a im- portancia que ten o exercicio espiritual. Investigou asuntos de física e química, cos que competiu con todos os científicos do seu tempo. Os seus escritos son un comezo na Ilustración e ela en sí mesma é unha muller adiantada no seu tempo.
  • 12. 5. Mary Somerville (1780-1872) • Mary creceu e pasou a súa infancia en Burntisland, unha cidade pequena no estuario de Forth, en Edimburgo, case sempre en ausencia do seu pai e xunto á súa nai, unha muller amable educada á antiga usanza pero que adoitaba mostrar unha gran valentía. Os seus pais non tiñan unha grande cultura. Mary, ós dez anos non sabía escribir nin ler con soltura e tiña dificultades para memorizar. Debido a esto os seus pais decidiron internala nunha escola de Musselburgh, e foi alí onde comezou a súa formación. Foi o seu profesor de debuxo quen avivóu en el ao interese polas matemáticas. Foi lendo os libros de Euclides e nese reto non lle faltaron barreiras nin intolerancia ó seu redor.
  • 13. Mary Somerville foi unha das grandes científicas do seu tempo pese á súa formación autodidacta, e para algúns ilustres contemporáneos foi a muller máis extraordinaria de Europa. Eran tempos nos que Inglaterra e Escocia estaban abertas de par en par á ciencia e ás reformas, e os intelectuais máis avanzados querían modernizar as matemáticas e facer accesible o saber. Ela foi quen de difundir eses coñecementos e puxo ó alcance dun público os últimos descubrimentos científicos da época, expoñéndoos con claridade e precisión, completados coas súas propias conclusións e comentarios. A súa primeira publicación tratou sobre as propiedades magnéticas dos raios ultravio- letas e foi seguida de obras de astronomía e matemática, xeografía física, ciencia molecular e microscopía. Mary enfocou a realidade e os obxectos científicos desde perspectivas moi variadas. Muller polifacética, puido compatibilizar a súa labor científica coa de nai e esposa.
  • 14. A capacidade de relación e simpatía de Mary lle proporcionaron contactos co mundo científico que a situaron no centro dos acontecementos da ciencia do seu tempo. O Somerville College de Oxford, de onde sairán moitas mulleres de aavanzada educación, mantén vivo o recordo desta científica que sentiu tamén a necesidade da educación das mulleres. Ela contribuíu a modernizar a astronomía e outras ciencias e a facela máis accesible aos estudiosos. Coa súa autobiografía, Mary legounos o regalo da visión da súa propia visión da vida tal e coma ela quixo que se lle recordara.
  • 15. 6. Ada Byron, Condesa de Lovelace (1815-1852) Ada Lovelace é recordada principalmente por escribir unha descrición da antiga máquina analítica de Charles Babbage, e por desenvolver instrucións para facer cálculos nunha versión inicial do computador. Nas súas notas, Ada Augusta di que a «máquina analítica» só podía dar información dispoñible que xa era coñecida: viu claramente que non podía orixinar coñecemento. O seu traballo foi esquecido por moitos anos, atribuíndolle exclusivamente un papel de transcriptora das notas de Babbage. Este mesmo caracterizou o seu aporte ao chamala o seu intérprete aínda que recentes investigacións mostran a originalidad do seu punto de vista sobre as instrucións necesarias para o funcionamento da «máquina analítica»
  • 16. Hoxe en día recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de Babbage, pero recoñecéndoselle a plena autoría e originalidad das súas aportes. Ada Byron é a nai da programación informática. Ada Lovelace publicou en 1843 unha serie de influyentes notas sobre o ordenador de Babbage, a súa «máquina analítica» que nunca chegou a construírse, aínda que non as asinou coas súas iniciais por medo a ser censurada por ser muller. Ada Byron chamouse a si mesma unha analista, un concepto realmente moderno para a época.
  • 17. • Suxeriu o uso de tarxetas perforadas como método de entrada de información e instrucións á máquina analítica. Ademais introduciu unha notación para escribir programa, principalmete baseada no dominio que Ada tiña sobre o texto de Luigi Menabrea de 1842, que comentou personalmente completándoo con anotacións que son máis extensas que o texto. É reseñable ademais o seu mención sobre a existencia de ceros ou estado neutro nas tarxetas perforadas sendo que as tarxetas representaban para a máquina de Babbage números decimales e non binarios (8 perforaciones equivalerían a 8 unidades).
  • 18. 7. Sonia Kovalevskaya Sonia Kovalévskaya foi unha matemática rusa do século XIX, que para poder estudar na universidade tivo que saír fóra de Rusia, pedir permisos especiais para asistir a clase e solicitar clases particulares a ilustres matemáticos. Logo de obter o doctorado en Matemáticas, malia que ningunha universidade en Europa admitía a unha muller como profesora, conseguiu selo na entón recentemente creada Universidade de Estocolmo.
  • 19. • As súas investigacións céntranse na Análise Matemática. O seu nome pasou á historia polo Teorema de Cauchy-Kovaleskaya. O seu especialización, polo que na súa época foi coñecida en toda Europa, era a teoría de funcións abelianas. • O seu traballo sobre os aneis de Saturno representa a súa achega á matemática aplicada. O seu maior éxito matemático foi a súa investigación sobre a rotación dun sólido ao redor dun punto fixo polo que obtivo o Premio Bordin da Academia de Ciencias de Parides. O seu traballo póstumo, unha simplificación dun Teorema de Bruns.
  • 20. • O seu libro autobiográfico Recordos da infancia un relato que nos narra as vivencias e os sentimentos do seu niñez, ademais de describir os problemas da sociedade rusa, foi traducido ao sueco. Cando Sonia morreu, a súa amiga Anne escribiu a súa biografía. A súa novela póstuma Beira Barantsova, que contaba a historia dunha nova mártir revolucionaria, foi publicada en Suecia (1892) polos seus amigos a partir dos seus manuscritos non revisados e en Rusia (1906) co título "Unha nihilista". A súa dedicación simultánea ás investigacións matemáticas e á literatura causou un certo desconcerto en moitas das persoas da súa ao redor. Nunha carta escrita por Sonia comentaba que non era nada estraño, xa que tanto o poeta como o matemático deben ser capaces de profundar na realidade e desta forma ver o que os demais non ven. Ademais a Matemática, para ela, era a ciencia que esixía máis imaxinación.
  • 21. 8. Marie Curie (1867-1934) Marie Sklodowska naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia. Era a quinta filla dun profesor de ensinos medios e unha pianista e cantante. Naquel tempo, a maior parte de Polonia estaba ocupada por Rusia, que, tras varias revoltas nacionalistas sufocadas violentamente, impuxera a súa lingua e os seus costumes. Xunto coa súa irmá Helena, Marie asistía a clases clandestinas ofrecidas nun pensionado nas que se ensinaba a cultura polaca.
  • 22. • Marie e Pierre estudaron as follas radiactivas, en particular o uranio en forma de pechblenda, que tiña a curiosa propiedade de ser máis radiactiva que o uranio que se extraía dela. A explicación lóxica foi supoñer que a pechblenda contiña anacos dalgún elemento moito máis radiactivo que o uranio. Tamén descobren que o torio podía producir radiactividad. Tras varios anos de traballo constante, a través da concentración de varias clases de pechblenda, illaron dous novos elementos químicos. O primeiro, en 1898, foi nomeado como polonio en referencia ao seu país nativo. Foi a primeira muller que obtivo tal galardón. Recibiron por el 15.000 dólares Pouco despois, en 1904, Pierre consolidouse como profesor titular na Facultade. A fama lles abrumou e concentráronse nos seus traballos. No mesmo ano tiveron á súa segunda filla, Ève, tras sufrir Marie un aborto, probablemente producido pola radiactividade.
  • 23. • Durante a Primeira Guerra Mundial Curie propuxo o uso da radiografía móbil para o tratamento de soldados feridos. En 1921 visitou os Estados Unidos, onde foi recibida triunfalmente. O motivo da viaxe era recaudar fondos para a investigación. Nos seus últimos anos foi asediada por moitos físicos e productores de cosméticos, que usaron material radiactivo sen precaucións. • Na primavera de 1934, Curie, logo de quedarse cega, morreu o 4 de xullo de 1934 preto de Passy (Alta Saboya, Francia), por mor dunha anemia aplásica, probablemente debida ás radiacións ás que estivo exposta nos seus traballos, e cuxos nocivos efectos eran aínda descoñecidos. Foi enterrada xunto ao seu marido no cemiterio de Sceaux, poucos quilómetros ao sur de Parides.
  • 24. 9. Lise Meitner (1878-1968) Física austriaca que se doctorou en Viena. En 1912, estableceuse en Berlín, onde foi axudante de Max Plank e mediu a lonxitude de onda dos raios gamma. En 1917, foi profesora de física na universidade de Berlín. É soado por descubrir o protactinio en 1918, xunto con Otto Hahn, e polas investigacións que dirixiu en Copenhague, xunto con Otto Frisch, sobre as transmutaciones de elementos e especialmente sobre a fisión do uranio (1939). Ademais foi a segunda muller que obtivo un doctorado en Física pola Universidade de Viena.
  • 25. • Cando Adolf Hitler chegou ao poder en 1933, Meitner foi directora do Instituto de Química. Malia que estaba protegida pola súa nacionalidade austriaca, todos os demais xudeus científicos, entre eles o seu sobrino Otto Frisch, Fritz Haber, Leó Szilárd e moitas outras personalidades, foron despedidos ou obrigados a dimitir dos seus cargos, a súa resposta foi non dicir nada e enterrar a si mesma o seu traballo. No seu primeiro traballo en Berlín en 1907, foi obrigada a traballar nun taller no sótano, xa que o laboratorio supervisor non puido soportar ver a unha muller no traballo todos os días xunto aos homes do laboratorio. Noutra ocasión, os editores dunha enciclopedia desexaron consultar achega dun artigo e foron moito menos entusiastas cando o profesor Meitner resultou ser unha muller. Como un pode imaxinar, é moi difícil para persoas socialmente conservadoras encaixar o éxito dunha muller, o mundo da ciencia de alto nivel era moi pechado. No seu día foi quizais a única muller nun aula de 100 homes.
  • 26. 10. Rosalind Franklin (1920-1958) • Rosalind Elsie Franklin (25 de xullo de 1920 en Kensington, Londres- 16 de abril de 1958 Chelsea, Londres) foi unha biofísica e cristalógrafa inglesa autora de importantes contribucións á comprensión das estruturas do ADN, os virus, o carbón e o grafito. A Franklin recórdana principalmente pola chamada Fotografa 51, a imaxe do ADN obtida mediante difracción de raios X, que serviu como fundamento para a hipótese da estrutura dobre helicoidal do ADN na publicación do artigo de James Watson e Francis Crick de 1953.
  • 27. • En 1951, regresou a Inglaterra para traballar como investigadora asociada no laboratorio de John Randall no King's College de Londres. Rosalind Franklin, unha muller de personalidade forte, mantivo aquí unha relación complexa con Maurice Wilkins, quen mostrou sen o seu permiso as súas imaxes de difracción de raios X do ADN a James Watson e Francis Crick. Ningunha outra inspiración foi tan forte como esta para a publicación por eles, en 1953, da estrutura do ADN, tal como eles mesmos recoñeceron.
  • 28. • Franklin morreu prematuramente, de cancro de ovario, en 1958 en Londres. Con toda probabilidade, esta enfermidade foi causada polas repetidas exposicións á radiación durante as súas investigacións. As condicións que como muller tivo que soportar en Cambridge e certas palabras despectivas de James Watson, fan aparecer como un agravio a concesión do Premio Nobel de Fisiología ou Medicina só a Watson, Crick e Wilkins en 1962, cando en realidade xa se produciu o seu falecemento. Os seus compañeiros, incluso Watson, expresaron repetidas veces o seu respecto persoal e intelectual por ela. En calquera caso, Rosalind Franklin merece o lugar que chegou a ocupar como icono do avance das mulleres na ciencia.
  • 29. 11. Comentario persoal • Estamos nun momento, nunha época, na que a muller científica deixou de ser unha rareza, deixou de ser invisible e está acadando as posicións directivas e de poder que teñen os seus compañeiros masculinos. Este libro marcou o momento de dar a coñecer algúns dos logros científicos dalgunhas mulleres que foron auténticas pioneiras da ciencia ao longo da civilización.
  • 30. • Neste pequeño traballo intentei recoller e relatar brevemente os sucesos máis destacables das súas vidas, os acontecementos que as fixeron sufrir ou que diminuíron momentaneamente a súa importancia. • Independientemente da formación que puideran ter estas mulleres, todas elas foron loitadoras,, apaixoadas polas ciencias que destacaron nun mundo sumido no machismo. Todo esto as honra enormemente e por elo deben ter ese recoñecemento do que careceron durante a súa vida
  • 31. 12. Fontes de información • 1. Las damas del laboratorio , María José Casado Ruíz de Lóizaga. Ed. Debate • 2. http://www.sdsc.edu/ScienceWomen/franklin.html • 3. http://www.ojocientifico.com/2009/07/05/las-10-mujeres-cientificas- mas-importantes-de-la-historia • 4. http://www.google.es/search?hl=es&gs_rn=12&gs_ri=psy- ab&pq=rosalind+franklin&cp=10&gs_id=18&xhr=t&q=mujeres+cientificas &bav=on.2,or.r_qf.&biw=1366&bih=621&um=1&ie=UTF- 8&tbm=isch&source=og&sa=N&tab=wi&ei=NwuEUYrOCoTYOb7xgdgJ