SlideShare a Scribd company logo
1 of 25
Día da Muller
8 de marzo de 2018
Nas seguintes diapositivas recollemos
as biografías dalgunhas
pensadoras: filósofas,
ensaístas e intelectuais
para visibilizalas.
Este traballo foi realizado
colaborativamente polas bibliotecas
escolares dos tres institutos estradenses
PENSADORAS:FILÓSOFAS E ENSAÍSTAS
Seguramente vos preguntaredes por que este ano
escollemos mulleres pensadoras, e recordaredes que
en cursos anteriores as protagonistas foron científicas,
matemáticas, exploradoras, artistas.
No cartel proposto este curso pola Asesoría de
Bibliotecas escolares, co lema “Aprender a pensar na
BE”, recóllense diferentes exemplos de aprendizaxe a
partir de experiencias de diálogo, debate, charla,
lección, experimentación, escoita activa…: é dicir, todos
e cada un dos sentidos son precisos para para
desenvolver a capacidade cognitiva.
Se consultamos libros de texto para facernos unha idea
superficial da historia da filosofía, podemos concluír
que as mulleres non pensaron, xa que están ausentes
deles. Por iso quixemos visibilizar as mulleres dedicadas
ao pensamento. Moitas delas centráronse na escrita de
ensaios, outras deixaron unha pegada só oral.
Hoxe, moitas mulleres están a desenvolver as súas
reflexións sobre a socioloxía, a ética, a filosofía e outras
facetas do coñecemento, son recoñecidas e influentes
pensadoras que nos axudan a entender o tempo en
que vivimos.
Pensadoras
Orixe da data do 8 de marzo
O 28 de febreiro de 1909 celebrouse por primeira vez en Estados
Unidos o Día Nacional da Muller.
A Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas reunida en
Copenhague en agosto do 1910 proclamou o Día da Muller, a proposta
de Luise Zietz e Clara Zetkin. O seu obxectivo era promover a igualdade
de dereitos, entre eles o sufraxio para as mulleres.
Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague, o Día
Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 19 de marzo de
1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Aos mitins asistiron máis
dun milleiro de persoas, que esixiron para as mulleres o dereito de
voto e o de ocuparen cargos públicos, ademais do dereito ao traballo,
á formación profesional e á non discriminación laboral.
A celebración desta data ampliouse despois do incendio do 25 de
marzo de 1911 na fábrica téxtil Triangle Shirwaist, ubicada no barrio
de Manhattan (Nova York) . O incendio comezou ás 16:40 horas da
tarde: 146 mulleres morreron e 71 resultaron feridas. A maioría das
traballadoras eran mulleres entre 16 e 23 anos, emigrantes da Europa
do Leste, Italia ou de orixe xudea.
Hipatia de Alexandría (s. V)
Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século
V. O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso
matemático e astrónomo; foi un sabio que non
gardou os coñecementos para si e os seus discípulos,
integrando á súa propia filla (caso insólito no século
IV).
Hipatia é a primeira matemática da que se ten
coñecemento razoable, seguro e detallado. Escribiu
sobre xeometría, álxebra e astronomía, mellorou o
deseño dos primitivos astrolabios (instrumentos
para determinar as posición das estrelas sobre a
bóveda celeste) e inventou un densímetro (un
instrumento de medición que serve para determinar
a densidade relativa dos líquidos sen necesidade de
calcular antes a súa masa e volume).
Membro e líder da escola neoplatónica de
Alexandría, a casa de Hipatia foi lugar de ensino
onde ían estudantes de todas as partes do mundo
coñecido, atraídos pola súa fama.
Hildegarda de Bingen (1098-1179)
Hildegard von Bingen (Alemaña, 1098-1179) foi
unha polifacética abadesa, física, filósofa,
naturalista, compositora, poetisa e lingüista do
medievo. Brillou con luz propia durante a súa
época e hoxe en día está considerada unha das
mulleres máis influíntes da Baixa Idade Media,
comprometida coa reforma da Igrexa.
As súas obras místicas máis coñecidas,
Scivias, Liber vite meritorum e Liber divinorum
operum, poden consultarse no Códice de
Wiesbaden, coñecido en alemán como
«Riesencodex» (Códice xigante). Trátase dun
manuscrito medieval do século XII que contén
os principais traballos da santa.
Herrada de Landsberg (1130-1195)
Herrada de Landsberg naceu en 1130 no castelo de
Landsberg, en Francia, nunha familia nobre
alsaciana. Moi nova tomou os hábitos e recibiu a
mellor educación posible na época para unha muller.
Ingresou na abadía de Hohenburg nos montes
Vosgos, da que foi abadesa durante 28 anos, ata o
día da súa morte en 1195.
Dirixiu a escrita do libro Hortus Deliciarum (O xardín
das delicias), compendio que aborda todas as
ciencias coñecidas no momento e con 336
ilustracións, algunhas delas representacións
simbólicas de temas teolóxicos, filosóficos e
literarios.
O manuscrito conservouse na abadía ata a
Revolución Francesa, cando foi levado ao museo de
Estrasburgo; o orixinal perdeuse, pero antes fixérase
unha copia.
Oliva Sabuco de Nantes Barrera naceu en 1562 , na localidade
albateteña de Alcaraz. Pertencía a unha familia acomodada, e
tivo a posibilidade de aprender medicina, botánica e ciencias
naturais da man de seu pai, que era boticario e procurador.
En 1587 publica unha obra enciclopédica: Nueva filosofía de la
naturaleza del hombre, no conocida ni alcanzada de los
grandes filósofos antiguos; la cual mejora la vida y la salud
humana, na que aborda temas tan modernos como a medicina
psicosomática.
Como pensadora foi tamén unha adiantada ao seu tempo, ao
tratar cuestións tan modernas como a liberdade do individuo,
a dignidade humana ou o pacifismo.
A súa obra viuse escurecida e mesmo plaxiada por homes
dunha maneira vil, e a pesar de que foi recoñecida polos seus
coetáneos, as súas ideas foron apropiadas por outros e séculos
despois chegou a negárselle o seu talento. Pero hoxe en día
estase a recoñecer a esta muller como unha importantísima
pensadora, filósofa, humanista e doutora. Foi, sen dúbida,
unha adiantada no seu tempo, e só a súa condición de muller
impediu que estivese na lista dos grandes pensadores da
historia.
Oliva Sabuco (1562-1622)
Olympe de Gouges (1748-1791)
Olympe de Gouges, seudónimo de Marie Gouze,
naceu en Montauban, Francia, en 1748.
En 1770, xa viúva, trasladouse a París para mellorar a
educación do seu fillo, e alí comeza a escribir. N’A
escravitude dos negros, representada pola Comedia
Francesa dende 1785, defendía a abolición do
escravismo.
Fundou numerosas sociedades, coma o “club des
tricoteuses” (‘club das calcetadoras’).
Foi escritora, dramaturga, panfletista e filósofa
política. Revolucionaria e feminista, unha das súas
principais obras foi Declaración dos Dereitos da
muller e da cidadá en 1791.
Propuña a anulación do matrimonio e a substitución
por un contrato anual renovable, ademais de
legalizar os nenos nados fóra del. Entusiasta
defensora da Revolución Francesa e dos xirondinos,
foi xulgada sumariamente e condenada á guillotina
en 1793 en París.
Mary Wollstonecraft (1759-1797)
Mary Wollstonecraft naceu en Londres, o 27 de abril de
1759. A súa foi unha infancia difícil, xa que o seu pai era
un home violento e gastador, que dilapidou toda a súa
fortuna. Por iso Mary, dende moi noviña, tivo que
preocuparse por sacar da miseria a súa familia.
Esta muller está considerada pioneira na longa
tradición do feminismo anglosaxón, a partir da
publicación en 1792 da súa obra Vindicación dos
dereitos da muller, que iniciaba os camiños do
feminismo do século XIX e defendía xa algúns puntos do
movemento feminista vixentes no XXI: a igualdade
entre sexos, a independencia económica das mulleres e
a necesidade da súa participación política e da súa
representación parlamentariana.
Para Wollstonecraft, a clave para superar a
subordinación feminina era o acceso á educación. As
novas mulleres educadas non só alcanzarían un plano
de igualdade con respecto aos homes, senón que
poderían desenvolver a súa independencia económica
accedendo a actividades remuneradas.
Madame de Staël (1766-1817)
Anne-Louise Germaine Necker naceu en 1766 en París, filla do
financeiro político Jacques Necker, ministro de finanzas de Luis
XVI. Creceu no salón literario da súa nai, Suzanne Curchod, onde
acudían os intelectuais ilustrados. A nai, quen a educou,
consideraba que sen exercitar a intelixencia, esta volvíase
perezosa.
En 1786 casou co barón Eric Magnus de Staël-Holstein, do que se
separou en 1800, e cambiou o seu nome a Germaine de Staël.
Defendeu a Revolución Francesa, e a partir de 1792 defendeu
unha monarquía constitucional, polo que Napoleón Bonaparte
(quen a consideraba unha opositora) a desterrou. Viviu en Suíza e
Inglaterra.
Madame de Staël foi novelista, filósofa e anfitrioa dun salón
literario frecuentado polos intelectuais do Romanticismo,
movemento que ela expandiu por Europa. É recoñecida como un
dos referentes da muller europea moderna e do feminismo.
Escribiu un texto en defensa da raíña María Antonieta no que
expón que foi guillotinada pola súa condición de muller, e acusada
pola misoxinia imperante.
Na súa novela Delphine defende a liberdade de elección
sentimental frente aos convencionalismos sociais. Publicou tamén
Corinne. Morreu no 1817 en París, cidade á que retornara tras a
morte de Napoleón.
Concepción Arenal (1820 -1893)
Naceu en Ferrol (A Coruña). O seu pai, Ángel Arenal
Cuesta, militar liberal, foi castigado por oporse ao
absolutismo de Fernando VII. Cando morreu en prisión
en 1829, a nai marchou coas fillas á casa da avoa
materna en Cantabria, e logo a Madrid.
Disfrazouse de home para acudir ás clases na Facultade
de Dereito na Universidade Central de Madrid.
En 1872 fundou a Constructora Benéfica, adicada a
construír casas baratas para obreiros. Colaborou coa
Institución Libre de Enseñanza. En 1868 recibiu o título
de visitadora de cárceres de mulleres, e propuxo
importantes reformas no trato, vestimenta, comida e
educación destas.
Entre outras obras, escribiu A beneficencia, a filantropía
e a caridade (1890) e A muller do porvir (1869), obra
feminista na que critica as teorías que defenden a
inferioridade da muller por razóns biolóxicas. En Estado
actual da muller en España (1895) analiza a situación
femenina na relixión, o traballo, a educación e a opinión
pública.
Morreu en 1893 en Vigo.
Podes ver a serie de RTVE adicada a ela.
Emilia Pardo Bazán (1851-1921)
Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña, cidade que sempre aparece nas
súas novelas baixo o nome de Marineda. Foi unha muller brillante,
preparada e pioneira no seu tempo. As posibilidades económicas da súa
familia permitíronlle recibir unha educación que soubo aprovechar ata
convertirse en novelista, poeta, periodista, traductora, crítica literaria,
editora, catedrática universitaria, conferenciante… e ser a introductora do
naturalismo francés en España. Pero case nada diso lle reportou o
recoñecemento que merecía, polo contrario: críticas, insultos machistas e
discriminación ata polos seus propios compañeros escritores, que lle
negaron ata tres veces o ingreso na Real Academia Española (RAE) a pesar
dos seus méritos.
Emilia defendeu a instrucción e os dereitos das mulleres. Foi a primeira
catedrática de Literatura na Universidade Central de Madrid, a primera
presidenta da sección de Literatura Ateneo e a primeira correspondente
de prensa no estranxeiro, en Roma e en París.
Foi, por tanto unha muller independente e excepcional na España da súa
época e precursora das ideas feministas e na defensa dos dereitos das
mulleres.
Rosa Luxembourg ( 1871-1919)
A teórica marxista Rosa Luxemburgo, nacida o 5 de marzo de 1871 en
Polonia —dominada nese momento pola Rusia zarista—, é unha das
figuras máis importantes na historia do marxismo, que representou o
feminismo como poucas mulleres.
Tomou parte na frustrada revolución de 1919 en Berlín. A revolta foi
sofocada coa intervención do exército e a actuación dos 'corpos libres'
(grupos de paramilitares reclutados polo goberno entre os combatentes
recién desmovilizados de la Primera Guerra Mundial), en colaboración co
sector maioritario do partido socialdemócrata. Ao su término, centos de
persoas, entre elas Rosa Luxemburgo, foron encarceladas, torturadas e
asasinadas por estes grupos.
Luxemburgo é recoñecida como unha das grandes revolucionarias do
século XX e unha das fundadoras do socialismo democrático. É
un símbolo da loita obreira e o pensamento socialista europeo.
«Quen é feminista e non é de esquerdas, carece de estratexia. Quen é
de esquerdas e non é feminista, carece de profundidade", esta é unha
das afirmacións máis recordadas da autora de libros tales como O voto
feminino e a loita de clases (1912).
Clara Campoamor (1888-1972)
Clara Campoamor Rodríguez naceu en Madrid o 12 de
febreiro de 1888. Con trece anos quedou orfa de pai, polo
que tivo que deixar os seus estudos e poñerse a traballar.
Aos 21 anos aprobou unhas oposicións e, traballando como
profesora de taquigrafía e como secretaria en diversos
xornais, puido aforrar para estudar o bacharelato. Tres anos
despois xa era licenciada en Dereito. Foi das primeiras
mulleres en exercer de avogada e en tramitar os primeiros
divorcios.
Durante os seus anos de estudo e traballo, Clara foi
formando os seus ideais feministas e republicanos, e
comezou a colaborar con asociacións de defensa da
emancipación da muller.
En 1931, na II República, modificouse a lei electoral e
permitiuse ás mulleres seren elixidas ao Parlamento. Clara
Campoamor foi unha das tres que conseguiu un escano.
Desde alí loitou por conseguir o voto feminino, opoñéndose
ás que defendían que iso supoñería o triunfo das dereitas.
Tras a Guerra Civil española, tivo que exiliarse en Francia,
onde morreu o 30 de abril de 1972. Os seus restos foron
despois trasladados a Donosti.
Hannah Arendt (1906-1975)
• Alba
Naceu como Johanna Arendt en Linden-Limmer (cerca de
Hannover, en Alemaña) nunha familia xudea. Criouse en
Königsberg, estudou na universidade de Marburgo, e logo rematou
filosofía e teoloxía en Berlín, onde foi alumna de Jaspers e de
Heidegger. Licenciouse en Humanidades aos 22 anos e foi profesora
en diversas universidades, pero o ascenso do nazismo en 1933
obrigouna a emigrar por varios países (foi retida despois de agochar
xudeos na súa casa) ata asentarse en Nova York; nacionalizouse
estadounidense en 1951. Morreu en 1975 no seu despacho en Nova
York.
Hannah Arendt foi defensora da causa sionista (que reivindicaba os
dereitos dos xudeus que tradicionalmente foron perseguidos ou
viron limitadas as súas liberdades, e reclamaba unha patria, unha
terra para crear o estado xudeu). Traballou na Conferencia de
Relacións Xudeas, na Organización para a Reconstrución da Cultura
Xudea e na editorial Shocken. En 1948 protesta polas disputas entre
árabes e xudeus en terras de Palestina e Israel. Escribiu numerosos
artigos xornalísticos e foi reporteira de The New Yorker; algúns
destes escritos xornalísticos foron logo ampliados e publicados
como libro. Foi autora de, entre outras, as seguintes obras: A
condición humana (1958), A banalidade do mal (1963) ou Homes en
tempos de escuridade (1968), un conxunto de biografías.
Arendt desenvolveu unha filosofía de carácter político, sobre todo
na obra As orixes do totalitarismo (1951), que serviu para explicar o
estalinismo como política totalitarista; por isto foi criticada polos
movementos políticos de esquerdas. O feminismo actual considéraa
un referente básico.
Podes ver un tráiler da película Hanna Arendt nesta ligazón.
Simone de Beauvoir ( 1908-1986)
Naceu en París. Foi novelista, filósofa existencialista e feminista.
Ademais de novelas, escribiu ensaios, biografías e monográficos
sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento
enmárcase dentro do existencialismo.
Beauvoir na súa obra O segundo sexo concreta unha serie de
fórmulas para lograr a igualdade de xénero: educación igualitaria
para nenos e nenas, formación do mesmo rango para mulleres e
homes, independencia económica similar etc.
Problema ético e problema político son dúas caras da mesma
moeda. En toda a obra de Beauvoir, maniféstase unha actitude
crítica ante a inxustiza e unha firme intolerancia ante a
intolerancia, que marcará un talante no que se combina o
compromiso político coa defensa da liberdade e a loita contra todo
tipo de inxustizas.
Simone Weil (1909-1943)
Naceu en 1909 en París (Francia), de familia
xudea e laica. Cando tiña 19 anos foi alumna do
filósofo Alain-Émile-Augute Chartier na Escola
Normal Superior. De 1931 a 1934 impartiu clase
en Secundaria pero, polo seu desexo de coñecer
as loitas e condicións de vida dos obreiros,
traballou nas fábricas de coches Renault (1934-
1935). En 1936 participou na Guerra Civil
española con grupos anarquistas: sufriu un
accidente que a obrigou a regresar a Francia.
En 1937 viaxou a Italia e, ao descubrir o
cristianismo, fíxose católica: por iso escribiu
moitos textos místicos. En 1942 trasládase a
Nova York, escapando do nazismo. Viaxa a
Londres, onde participa nas actividades de
“Francia Libre” resumindo informes nas oficinas.
En 1943 enferma de tuberculose, négase a comer
e, finalmente, morre en 1943 en Ashford (Kent,
Inglaterra).
Foi filósofa en ontolóxica e política.
Publicou: Ciencia e percepción en Descartes
(1930), Reflexións sobre as causas da liberdade e
da opresión social (1934), A condición obreira
(1934) e Opresión e liberdade (1955) a súa última
obra foi Arraigo (1942-1943).
Hildegart Rodríguez Carballeira
(1914-1933)
Hildegart foi unha das persoas máis activas no movemento pola
reforma sexual e a euxenesia na España do seu tempo. Estivo
conectada coa vangarda europea no tema, mesmo mantivo
correspondencia con Havelock Ellis, de quen era tradutora. Cando se
funda a Liga Española pola Reforma Sexual presidida polo
doutor Gregorio Marañón, ela foi escollida secretaria. Publicou
moitos textos, entre eles a monografía La Revolución Sexual que
vendeu 8.000 exemplares só en Madrid na semana da súa
publicación. Obras:
• Educación sexual, Gráfica Socialista, Madrid 1931;
• La rebeldía sexual de la juventud. Madrid: Javier Morata 1931;
• Profilaxis Anticoncepcional, Valencia 1931;
• ¿Se equivocó Marx?, Madrid, Edición Novela Proletaria, 1932;
• ¿Quo vadis, burguesía?, Madrid, Edición Novela Proletaria, 1932;
• El problema sexual tratado por una mujer española. Madrid, Ediciones Morata,
• Métodos para evitar el embarazo. (Maternidad voluntaria). Zaragoza, Guara, 1978.
Iris Murdoch (1919-1999)
Iris Murdoch naceu en Dublín (Irlanda), pero era moi
pequena cando se a súa familia se trasladou a Londres, de aí
que se considere como unha das máis importantes
narradoras e ensaístas inglesas.
En Londres estudou en diversas escolas progresistas, ata
que, aos 19 anos, se matriculou en Oxford para estudar
literatura clásica, historia antiga, linguas clásicas e
modernas, e filosofía. Tamén estudou filosofía como
posgraduada en Cambridge, onde tivo como mestre a
Ludwig Wittgenstein. En 1948 empezou a traballar como
profesora e en 1954 escribiu a súa primeira novela, Baixo a
rede (considerada pola revista Time como unha das 100
mellores novelas da literatura inglesa do XX).
Antes desa exitosa obra xa publicara ensaios sobre filosofía,
incluíndo o primeiro estudo escrito en inglés sobre Jean-Paul
Sartre.
Iris Murdoch publicou vinte e cinco novelas máis, algunhas
das cales foron galardoadas con importantes premios, como
o James Tait Black Memorial ou o Booker.
Jane Goodall (1934-)
Jane Goodall naceu o 3 de abril de 1934 en Londres e criouse
nunha casa familiar no sur de Inglaterra, rodeada de animais. Aos
23 anos viaxou por primeira vez a África, a Kenia e a Tanzania,
para investigar os chimpancés salvaxes da zona. Este traballo, que
en principio ía durar seis meses, leva xa 58 anos.
Os resultados das súas investigacións de campo revolucionaron a
comunidade científica e fascinaron o mundo enteiro, a través de
documentais do National Geographic, entre outros.
Con más de 26 libros publicados, innumerables artigos científicos,
e máis de 20 producións para cine ou televisión, o seu traballo foi
fundamental para difundir coñecementos sobre os chimpancés e
outras especies, así como para xerar empatía cara a eles e
afianzar a súa protección e a do seu ecosistema. Ademais, os seus
estudos convídannos a reflexionar sobre a nosa propia especie e
a promover un estilo de vida sostible nas nosas sociedades.
Ao longo da súa vida recibiu máis de 100 premios internacionais,
entre eles o Príncipe de Asturias , a Lexión de Honor de Francia, o
Benjamin Franklin, ou a Medalla de Ouro da Unesco.
Julia Kristeva (1941-)
Nace en Silven (Bulgaria) en 1941. O seu pai, de
formación católica, e a nai, bióloga xudea,
fomentaron nela o coñecemento de linguas.
Estuda lingüística na Universidade de Sofía e, a partir
de 1965, amplía os seus estudos de Antropoloxía e
Psicoanálise na Universidade de París e na École
Practique des Hautes Études. Alí colaborou nas
revistas Critique e Tel Quel.
Destaca como filósofa, teórica da literatura,
psicoanalista e escritora. Escribiu os tres tomos de O
xenio feminino. A vida, a loucura, as palabras (1.
Hanna Arendt, 2. Melanie Klein e 3. Colette), así
como Sol negro, depresión e melancolía (1991).
Actualmente é profesora de Lingüística e
Psicoanálise na Universidade de París VII (onde dirixe
cursos de doutoramento) e ensina Semiótica na
Universidade de Columbia e na Universidade estatal
de Nova York.
Victoria Camps (1941-)
Victoria Camps naceu en Barcelona, en 1942. Nesa
universidade doutorouse en Filosofía e alí exerceu como
profesora, como catedrática de ética e de filosofía do
dereito moral e político, e como vicerreitora.
O seu labor como autora abrangue un grande número de
obras, nas que reflicte as súas ideas sobre as democracias
e o estado de benestar, o papel dos medios de
comunicación na sociedade e, máis recentemente, sobre
asuntos relacionados coa bioética.
Entre os títulos que conforman a súa extensa obra
filosófica e ensaística cabe destacar A imaxinación ética
(1983), Ética, retórica, política (1988), L'interés comú
(1990), Virtudes públicas (1990, Premio Espasa de Ensaio),
Paradoxos do individualismo (1993), Os valores da
educación (1994), O malestar da vida pública (1996), Ética
e sociedade (1997), O século das mulleres (1998), Unha
vida de calidade: reflexións sobre bioética (2001),
Introdución á filosofía política (2001)
Adela Cortina (1947-)
Naceu en Valencia, España, en 1947. Estudou Filosofía
e Letras na Universidade de Valencia. En 1968
ingresou no Departamento de Metafísica, e no ano
1986 obtivo a cátedra de Filosofía Moral.
Foi profesora visitante nas Universidades de Notre
Dame e de Cambridge. Actualmente é directora da
Fundación Etnor (Ética dos Negocios e Organizacións
Empresariais) e catedrática de Ética e Filosofía política
na Universidade de Valencia, sendo a primeira muller
que ingresou na Academia de Ciencias Morais dende a
súa fundación en 1857. Tamén escribe artígos en
varios xornais como El Mundo ou El País. Recibiu o
Honoris causa en oito universidades españolas e
estranxeiras.
Os seus libros máis destacados son: Ética mínima
(1986), Ética sin moral (1990), Ética aplicada y
democracia radical (1993), Ciudadanos del mundo
(1997), Por una ética del consumo (2002), Ética de la
razón cordial (2007), Las fronteras de la persona
(2009), Justicia cordial (2010), Neuroética y
neuropolítica (2011) e Para que sirve realmente la
ética (2013), Aporofobia, el rechazo al pobre: un
desafío para la sociedad democrática (2017).
Naomi Klein (1970-)
Naceu en Montreal (Canadá), onde emigraron os seus
pais, activistas xudeus, por oporse á guerra de Vietnam.
Klein era unha rapaza consumista, pero o infarto da súa
nai obriga á familia a organizarse e a Naomi a abandonar
un ano os estudos; cando regresa á universidade de
Toronto (1989) prodúcese a masacre de Montreal (na
Escuela Politécnica matan a varias mulleres estudantes
de inxeniería).
Naomi Klein é periodista, escritora e activista vencellada
ao movemento antiglobalización, o estudo das
consecuencias do capitalismo, as guerras, o poder dos
mercados, o cambio climático... É contraria á ocupación
de Palestina e partidaria do movemento Occupy Wall
Street. O xornal New Yorker considéraa a máis influínte
figura da esquerda americana desde Noam Chomsky.
Estas son algunhas das súas obras: No Logo: o poder das
marcas (2001), A doctrina do shock: o auxe do
capitalismo do desastre (2007) [sobre a que
Winterbottom dirixiu a película documental The Shock
Doctrine], Esto cámbiao todo. O capitalismo contra o
clima (2014), Dicir non non basta (2017).
No Logo critica as marcas de luxo que producen en
condicións inhumanas no sudeste asiático.
PODES CONTINUAR… o noso traballo
porque por falla de tempo moitas pensadoras non figuran nesta proposta, estes son os seus nomes:
Filósofas
Aspasia de Mileto (V a. C.)
Asclepixenia (V a. C.)
Edesia (V a. C.)
Hiparquia de Maronea (IV a. C)
Hildegarda de Bingen (1098-1179)
Isabel de Bohemia (1618-1680)
Lady Conway (1631-1679)
Margareth Cavendish (Margaret Lucas) (1623-1673)
Catharine Trotter (1679-1749)
Harriet Taylor Mill (1807-1858)
Margaret Fuller (1810-1850)
Lou Andreas-Salomé (1861-1937)
Edith Stein (1891-1942)
Susanne Langer (1895-1985)
María Zambrano (1904-1991)
Mary Midgley (1919)
Mary Warnock (1924)
Argelia Mercedes Laya López (1926-1997)
Zumrud Gulu-zade (1932)
Celia Amorós (1944)
Patricia Churchland (1943)
Susan Haack (1945)
Sylviane Agacinski (1945)
Martha Nussbaum (1947)
Amelia Valcárcel (1950)
Chantal Maillard (1951)
Pensadoras
Teano de Crotona (s. VI a.C.)
Marie le Sacs de Gornay (1565-1645)
Bettina von Arnim (1785-1859)
María Montessori
Amita Sen
Karen Armstrong
Hariet Martineau
Jane Adams
Mary Douglas
Susan Sontag
Arundati Roy
Margaret Mead
Elisabeth Kubler-Ross
Rita Levi-Montalcini
Marina Garcés
Clara Zetkinde…
Fai
visibles
as
mulleres

More Related Content

Similar to Pensadoras - Día da muller traballadora 2018

Similar to Pensadoras - Día da muller traballadora 2018 (20)

Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Mulleres 4 5
Mulleres 4 5Mulleres 4 5
Mulleres 4 5
 
A ilustración
A ilustraciónA ilustración
A ilustración
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Lu,an,alv
Lu,an,alvLu,an,alv
Lu,an,alv
 
Mulleres 3 5
Mulleres 3 5Mulleres 3 5
Mulleres 3 5
 
A muller na relixión
A muller na relixiónA muller na relixión
A muller na relixión
 
Concepción Arenal Ponte
Concepción Arenal PonteConcepción Arenal Ponte
Concepción Arenal Ponte
 
risco
riscorisco
risco
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacion
 
Respostas xoves
Respostas xovesRespostas xoves
Respostas xoves
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Mulleres pioneiras 2
Mulleres pioneiras 2Mulleres pioneiras 2
Mulleres pioneiras 2
 
Investigadoras en defensa da igualdade
Investigadoras en defensa da igualdadeInvestigadoras en defensa da igualdade
Investigadoras en defensa da igualdade
 
As mellores biografías. Guía de lectura
As mellores biografías. Guía de lecturaAs mellores biografías. Guía de lectura
As mellores biografías. Guía de lectura
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXIA MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
 

More from Dives Gallaecia

Latin lingua flexiva.2.0_4eso
Latin lingua flexiva.2.0_4esoLatin lingua flexiva.2.0_4eso
Latin lingua flexiva.2.0_4esoDives Gallaecia
 
Alfabeto latino 1.6_4eso
Alfabeto latino 1.6_4esoAlfabeto latino 1.6_4eso
Alfabeto latino 1.6_4esoDives Gallaecia
 
Alfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_esoAlfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_esoDives Gallaecia
 
Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0
Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0
Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0Dives Gallaecia
 
Flexion pronominal latina_1.3
Flexion pronominal latina_1.3Flexion pronominal latina_1.3
Flexion pronominal latina_1.3Dives Gallaecia
 
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)Dives Gallaecia
 
Flexion nominal latina_1.2
Flexion nominal latina_1.2Flexion nominal latina_1.2
Flexion nominal latina_1.2Dives Gallaecia
 
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Dives Gallaecia
 
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)Dives Gallaecia
 
Presentacion urbanismo cidade_de_roma
Presentacion urbanismo cidade_de_romaPresentacion urbanismo cidade_de_roma
Presentacion urbanismo cidade_de_romaDives Gallaecia
 
Sociedade e política na República romana
Sociedade e política na República romanaSociedade e política na República romana
Sociedade e política na República romanaDives Gallaecia
 
Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012
Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012
Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012Dives Gallaecia
 
Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)
Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)
Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)Dives Gallaecia
 
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Dives Gallaecia
 

More from Dives Gallaecia (20)

Latin lingua flexiva.2.0_4eso
Latin lingua flexiva.2.0_4esoLatin lingua flexiva.2.0_4eso
Latin lingua flexiva.2.0_4eso
 
Alfabeto latino 1.6_4eso
Alfabeto latino 1.6_4esoAlfabeto latino 1.6_4eso
Alfabeto latino 1.6_4eso
 
Indoeuropeos 1.6
Indoeuropeos 1.6Indoeuropeos 1.6
Indoeuropeos 1.6
 
Alfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_esoAlfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_eso
 
Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0
Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0
Indoeuropeos 4º de ESO v. 1.0
 
Flexion pronominal latina_1.3
Flexion pronominal latina_1.3Flexion pronominal latina_1.3
Flexion pronominal latina_1.3
 
Organizacion monarquia
Organizacion monarquiaOrganizacion monarquia
Organizacion monarquia
 
Lendas antiga roma
Lendas antiga romaLendas antiga roma
Lendas antiga roma
 
Alfabeto latino 1.6
Alfabeto latino 1.6Alfabeto latino 1.6
Alfabeto latino 1.6
 
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
 
Flexion nominal latina_1.2
Flexion nominal latina_1.2Flexion nominal latina_1.2
Flexion nominal latina_1.2
 
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
 
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
 
Romanae Viae (2014)
Romanae Viae (2014)Romanae Viae (2014)
Romanae Viae (2014)
 
O asno e a lira
O asno e a liraO asno e a lira
O asno e a lira
 
Presentacion urbanismo cidade_de_roma
Presentacion urbanismo cidade_de_romaPresentacion urbanismo cidade_de_roma
Presentacion urbanismo cidade_de_roma
 
Sociedade e política na República romana
Sociedade e política na República romanaSociedade e política na República romana
Sociedade e política na República romana
 
Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012
Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012
Primeiros tempos republica. v.2.0 - 2012
 
Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)
Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)
Regras evolución fonetica do latín ao galego e castelán (v1.4_xan_2013)
 
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
 

Pensadoras - Día da muller traballadora 2018

  • 1. Día da Muller 8 de marzo de 2018 Nas seguintes diapositivas recollemos as biografías dalgunhas pensadoras: filósofas, ensaístas e intelectuais para visibilizalas. Este traballo foi realizado colaborativamente polas bibliotecas escolares dos tres institutos estradenses
  • 2. PENSADORAS:FILÓSOFAS E ENSAÍSTAS Seguramente vos preguntaredes por que este ano escollemos mulleres pensadoras, e recordaredes que en cursos anteriores as protagonistas foron científicas, matemáticas, exploradoras, artistas. No cartel proposto este curso pola Asesoría de Bibliotecas escolares, co lema “Aprender a pensar na BE”, recóllense diferentes exemplos de aprendizaxe a partir de experiencias de diálogo, debate, charla, lección, experimentación, escoita activa…: é dicir, todos e cada un dos sentidos son precisos para para desenvolver a capacidade cognitiva. Se consultamos libros de texto para facernos unha idea superficial da historia da filosofía, podemos concluír que as mulleres non pensaron, xa que están ausentes deles. Por iso quixemos visibilizar as mulleres dedicadas ao pensamento. Moitas delas centráronse na escrita de ensaios, outras deixaron unha pegada só oral. Hoxe, moitas mulleres están a desenvolver as súas reflexións sobre a socioloxía, a ética, a filosofía e outras facetas do coñecemento, son recoñecidas e influentes pensadoras que nos axudan a entender o tempo en que vivimos.
  • 3. Pensadoras Orixe da data do 8 de marzo O 28 de febreiro de 1909 celebrouse por primeira vez en Estados Unidos o Día Nacional da Muller. A Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas reunida en Copenhague en agosto do 1910 proclamou o Día da Muller, a proposta de Luise Zietz e Clara Zetkin. O seu obxectivo era promover a igualdade de dereitos, entre eles o sufraxio para as mulleres. Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Aos mitins asistiron máis dun milleiro de persoas, que esixiron para as mulleres o dereito de voto e o de ocuparen cargos públicos, ademais do dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral. A celebración desta data ampliouse despois do incendio do 25 de marzo de 1911 na fábrica téxtil Triangle Shirwaist, ubicada no barrio de Manhattan (Nova York) . O incendio comezou ás 16:40 horas da tarde: 146 mulleres morreron e 71 resultaron feridas. A maioría das traballadoras eran mulleres entre 16 e 23 anos, emigrantes da Europa do Leste, Italia ou de orixe xudea.
  • 4. Hipatia de Alexandría (s. V) Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século V. O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo; foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando á súa propia filla (caso insólito no século IV). Hipatia é a primeira matemática da que se ten coñecemento razoable, seguro e detallado. Escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía, mellorou o deseño dos primitivos astrolabios (instrumentos para determinar as posición das estrelas sobre a bóveda celeste) e inventou un densímetro (un instrumento de medición que serve para determinar a densidade relativa dos líquidos sen necesidade de calcular antes a súa masa e volume). Membro e líder da escola neoplatónica de Alexandría, a casa de Hipatia foi lugar de ensino onde ían estudantes de todas as partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama.
  • 5. Hildegarda de Bingen (1098-1179) Hildegard von Bingen (Alemaña, 1098-1179) foi unha polifacética abadesa, física, filósofa, naturalista, compositora, poetisa e lingüista do medievo. Brillou con luz propia durante a súa época e hoxe en día está considerada unha das mulleres máis influíntes da Baixa Idade Media, comprometida coa reforma da Igrexa. As súas obras místicas máis coñecidas, Scivias, Liber vite meritorum e Liber divinorum operum, poden consultarse no Códice de Wiesbaden, coñecido en alemán como «Riesencodex» (Códice xigante). Trátase dun manuscrito medieval do século XII que contén os principais traballos da santa.
  • 6. Herrada de Landsberg (1130-1195) Herrada de Landsberg naceu en 1130 no castelo de Landsberg, en Francia, nunha familia nobre alsaciana. Moi nova tomou os hábitos e recibiu a mellor educación posible na época para unha muller. Ingresou na abadía de Hohenburg nos montes Vosgos, da que foi abadesa durante 28 anos, ata o día da súa morte en 1195. Dirixiu a escrita do libro Hortus Deliciarum (O xardín das delicias), compendio que aborda todas as ciencias coñecidas no momento e con 336 ilustracións, algunhas delas representacións simbólicas de temas teolóxicos, filosóficos e literarios. O manuscrito conservouse na abadía ata a Revolución Francesa, cando foi levado ao museo de Estrasburgo; o orixinal perdeuse, pero antes fixérase unha copia.
  • 7. Oliva Sabuco de Nantes Barrera naceu en 1562 , na localidade albateteña de Alcaraz. Pertencía a unha familia acomodada, e tivo a posibilidade de aprender medicina, botánica e ciencias naturais da man de seu pai, que era boticario e procurador. En 1587 publica unha obra enciclopédica: Nueva filosofía de la naturaleza del hombre, no conocida ni alcanzada de los grandes filósofos antiguos; la cual mejora la vida y la salud humana, na que aborda temas tan modernos como a medicina psicosomática. Como pensadora foi tamén unha adiantada ao seu tempo, ao tratar cuestións tan modernas como a liberdade do individuo, a dignidade humana ou o pacifismo. A súa obra viuse escurecida e mesmo plaxiada por homes dunha maneira vil, e a pesar de que foi recoñecida polos seus coetáneos, as súas ideas foron apropiadas por outros e séculos despois chegou a negárselle o seu talento. Pero hoxe en día estase a recoñecer a esta muller como unha importantísima pensadora, filósofa, humanista e doutora. Foi, sen dúbida, unha adiantada no seu tempo, e só a súa condición de muller impediu que estivese na lista dos grandes pensadores da historia. Oliva Sabuco (1562-1622)
  • 8. Olympe de Gouges (1748-1791) Olympe de Gouges, seudónimo de Marie Gouze, naceu en Montauban, Francia, en 1748. En 1770, xa viúva, trasladouse a París para mellorar a educación do seu fillo, e alí comeza a escribir. N’A escravitude dos negros, representada pola Comedia Francesa dende 1785, defendía a abolición do escravismo. Fundou numerosas sociedades, coma o “club des tricoteuses” (‘club das calcetadoras’). Foi escritora, dramaturga, panfletista e filósofa política. Revolucionaria e feminista, unha das súas principais obras foi Declaración dos Dereitos da muller e da cidadá en 1791. Propuña a anulación do matrimonio e a substitución por un contrato anual renovable, ademais de legalizar os nenos nados fóra del. Entusiasta defensora da Revolución Francesa e dos xirondinos, foi xulgada sumariamente e condenada á guillotina en 1793 en París.
  • 9. Mary Wollstonecraft (1759-1797) Mary Wollstonecraft naceu en Londres, o 27 de abril de 1759. A súa foi unha infancia difícil, xa que o seu pai era un home violento e gastador, que dilapidou toda a súa fortuna. Por iso Mary, dende moi noviña, tivo que preocuparse por sacar da miseria a súa familia. Esta muller está considerada pioneira na longa tradición do feminismo anglosaxón, a partir da publicación en 1792 da súa obra Vindicación dos dereitos da muller, que iniciaba os camiños do feminismo do século XIX e defendía xa algúns puntos do movemento feminista vixentes no XXI: a igualdade entre sexos, a independencia económica das mulleres e a necesidade da súa participación política e da súa representación parlamentariana. Para Wollstonecraft, a clave para superar a subordinación feminina era o acceso á educación. As novas mulleres educadas non só alcanzarían un plano de igualdade con respecto aos homes, senón que poderían desenvolver a súa independencia económica accedendo a actividades remuneradas.
  • 10. Madame de Staël (1766-1817) Anne-Louise Germaine Necker naceu en 1766 en París, filla do financeiro político Jacques Necker, ministro de finanzas de Luis XVI. Creceu no salón literario da súa nai, Suzanne Curchod, onde acudían os intelectuais ilustrados. A nai, quen a educou, consideraba que sen exercitar a intelixencia, esta volvíase perezosa. En 1786 casou co barón Eric Magnus de Staël-Holstein, do que se separou en 1800, e cambiou o seu nome a Germaine de Staël. Defendeu a Revolución Francesa, e a partir de 1792 defendeu unha monarquía constitucional, polo que Napoleón Bonaparte (quen a consideraba unha opositora) a desterrou. Viviu en Suíza e Inglaterra. Madame de Staël foi novelista, filósofa e anfitrioa dun salón literario frecuentado polos intelectuais do Romanticismo, movemento que ela expandiu por Europa. É recoñecida como un dos referentes da muller europea moderna e do feminismo. Escribiu un texto en defensa da raíña María Antonieta no que expón que foi guillotinada pola súa condición de muller, e acusada pola misoxinia imperante. Na súa novela Delphine defende a liberdade de elección sentimental frente aos convencionalismos sociais. Publicou tamén Corinne. Morreu no 1817 en París, cidade á que retornara tras a morte de Napoleón.
  • 11. Concepción Arenal (1820 -1893) Naceu en Ferrol (A Coruña). O seu pai, Ángel Arenal Cuesta, militar liberal, foi castigado por oporse ao absolutismo de Fernando VII. Cando morreu en prisión en 1829, a nai marchou coas fillas á casa da avoa materna en Cantabria, e logo a Madrid. Disfrazouse de home para acudir ás clases na Facultade de Dereito na Universidade Central de Madrid. En 1872 fundou a Constructora Benéfica, adicada a construír casas baratas para obreiros. Colaborou coa Institución Libre de Enseñanza. En 1868 recibiu o título de visitadora de cárceres de mulleres, e propuxo importantes reformas no trato, vestimenta, comida e educación destas. Entre outras obras, escribiu A beneficencia, a filantropía e a caridade (1890) e A muller do porvir (1869), obra feminista na que critica as teorías que defenden a inferioridade da muller por razóns biolóxicas. En Estado actual da muller en España (1895) analiza a situación femenina na relixión, o traballo, a educación e a opinión pública. Morreu en 1893 en Vigo. Podes ver a serie de RTVE adicada a ela.
  • 12. Emilia Pardo Bazán (1851-1921) Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña, cidade que sempre aparece nas súas novelas baixo o nome de Marineda. Foi unha muller brillante, preparada e pioneira no seu tempo. As posibilidades económicas da súa familia permitíronlle recibir unha educación que soubo aprovechar ata convertirse en novelista, poeta, periodista, traductora, crítica literaria, editora, catedrática universitaria, conferenciante… e ser a introductora do naturalismo francés en España. Pero case nada diso lle reportou o recoñecemento que merecía, polo contrario: críticas, insultos machistas e discriminación ata polos seus propios compañeros escritores, que lle negaron ata tres veces o ingreso na Real Academia Española (RAE) a pesar dos seus méritos. Emilia defendeu a instrucción e os dereitos das mulleres. Foi a primeira catedrática de Literatura na Universidade Central de Madrid, a primera presidenta da sección de Literatura Ateneo e a primeira correspondente de prensa no estranxeiro, en Roma e en París. Foi, por tanto unha muller independente e excepcional na España da súa época e precursora das ideas feministas e na defensa dos dereitos das mulleres.
  • 13. Rosa Luxembourg ( 1871-1919) A teórica marxista Rosa Luxemburgo, nacida o 5 de marzo de 1871 en Polonia —dominada nese momento pola Rusia zarista—, é unha das figuras máis importantes na historia do marxismo, que representou o feminismo como poucas mulleres. Tomou parte na frustrada revolución de 1919 en Berlín. A revolta foi sofocada coa intervención do exército e a actuación dos 'corpos libres' (grupos de paramilitares reclutados polo goberno entre os combatentes recién desmovilizados de la Primera Guerra Mundial), en colaboración co sector maioritario do partido socialdemócrata. Ao su término, centos de persoas, entre elas Rosa Luxemburgo, foron encarceladas, torturadas e asasinadas por estes grupos. Luxemburgo é recoñecida como unha das grandes revolucionarias do século XX e unha das fundadoras do socialismo democrático. É un símbolo da loita obreira e o pensamento socialista europeo. «Quen é feminista e non é de esquerdas, carece de estratexia. Quen é de esquerdas e non é feminista, carece de profundidade", esta é unha das afirmacións máis recordadas da autora de libros tales como O voto feminino e a loita de clases (1912).
  • 14. Clara Campoamor (1888-1972) Clara Campoamor Rodríguez naceu en Madrid o 12 de febreiro de 1888. Con trece anos quedou orfa de pai, polo que tivo que deixar os seus estudos e poñerse a traballar. Aos 21 anos aprobou unhas oposicións e, traballando como profesora de taquigrafía e como secretaria en diversos xornais, puido aforrar para estudar o bacharelato. Tres anos despois xa era licenciada en Dereito. Foi das primeiras mulleres en exercer de avogada e en tramitar os primeiros divorcios. Durante os seus anos de estudo e traballo, Clara foi formando os seus ideais feministas e republicanos, e comezou a colaborar con asociacións de defensa da emancipación da muller. En 1931, na II República, modificouse a lei electoral e permitiuse ás mulleres seren elixidas ao Parlamento. Clara Campoamor foi unha das tres que conseguiu un escano. Desde alí loitou por conseguir o voto feminino, opoñéndose ás que defendían que iso supoñería o triunfo das dereitas. Tras a Guerra Civil española, tivo que exiliarse en Francia, onde morreu o 30 de abril de 1972. Os seus restos foron despois trasladados a Donosti.
  • 15. Hannah Arendt (1906-1975) • Alba Naceu como Johanna Arendt en Linden-Limmer (cerca de Hannover, en Alemaña) nunha familia xudea. Criouse en Königsberg, estudou na universidade de Marburgo, e logo rematou filosofía e teoloxía en Berlín, onde foi alumna de Jaspers e de Heidegger. Licenciouse en Humanidades aos 22 anos e foi profesora en diversas universidades, pero o ascenso do nazismo en 1933 obrigouna a emigrar por varios países (foi retida despois de agochar xudeos na súa casa) ata asentarse en Nova York; nacionalizouse estadounidense en 1951. Morreu en 1975 no seu despacho en Nova York. Hannah Arendt foi defensora da causa sionista (que reivindicaba os dereitos dos xudeus que tradicionalmente foron perseguidos ou viron limitadas as súas liberdades, e reclamaba unha patria, unha terra para crear o estado xudeu). Traballou na Conferencia de Relacións Xudeas, na Organización para a Reconstrución da Cultura Xudea e na editorial Shocken. En 1948 protesta polas disputas entre árabes e xudeus en terras de Palestina e Israel. Escribiu numerosos artigos xornalísticos e foi reporteira de The New Yorker; algúns destes escritos xornalísticos foron logo ampliados e publicados como libro. Foi autora de, entre outras, as seguintes obras: A condición humana (1958), A banalidade do mal (1963) ou Homes en tempos de escuridade (1968), un conxunto de biografías. Arendt desenvolveu unha filosofía de carácter político, sobre todo na obra As orixes do totalitarismo (1951), que serviu para explicar o estalinismo como política totalitarista; por isto foi criticada polos movementos políticos de esquerdas. O feminismo actual considéraa un referente básico. Podes ver un tráiler da película Hanna Arendt nesta ligazón.
  • 16. Simone de Beauvoir ( 1908-1986) Naceu en París. Foi novelista, filósofa existencialista e feminista. Ademais de novelas, escribiu ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento enmárcase dentro do existencialismo. Beauvoir na súa obra O segundo sexo concreta unha serie de fórmulas para lograr a igualdade de xénero: educación igualitaria para nenos e nenas, formación do mesmo rango para mulleres e homes, independencia económica similar etc. Problema ético e problema político son dúas caras da mesma moeda. En toda a obra de Beauvoir, maniféstase unha actitude crítica ante a inxustiza e unha firme intolerancia ante a intolerancia, que marcará un talante no que se combina o compromiso político coa defensa da liberdade e a loita contra todo tipo de inxustizas.
  • 17. Simone Weil (1909-1943) Naceu en 1909 en París (Francia), de familia xudea e laica. Cando tiña 19 anos foi alumna do filósofo Alain-Émile-Augute Chartier na Escola Normal Superior. De 1931 a 1934 impartiu clase en Secundaria pero, polo seu desexo de coñecer as loitas e condicións de vida dos obreiros, traballou nas fábricas de coches Renault (1934- 1935). En 1936 participou na Guerra Civil española con grupos anarquistas: sufriu un accidente que a obrigou a regresar a Francia. En 1937 viaxou a Italia e, ao descubrir o cristianismo, fíxose católica: por iso escribiu moitos textos místicos. En 1942 trasládase a Nova York, escapando do nazismo. Viaxa a Londres, onde participa nas actividades de “Francia Libre” resumindo informes nas oficinas. En 1943 enferma de tuberculose, négase a comer e, finalmente, morre en 1943 en Ashford (Kent, Inglaterra). Foi filósofa en ontolóxica e política. Publicou: Ciencia e percepción en Descartes (1930), Reflexións sobre as causas da liberdade e da opresión social (1934), A condición obreira (1934) e Opresión e liberdade (1955) a súa última obra foi Arraigo (1942-1943).
  • 18. Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1933) Hildegart foi unha das persoas máis activas no movemento pola reforma sexual e a euxenesia na España do seu tempo. Estivo conectada coa vangarda europea no tema, mesmo mantivo correspondencia con Havelock Ellis, de quen era tradutora. Cando se funda a Liga Española pola Reforma Sexual presidida polo doutor Gregorio Marañón, ela foi escollida secretaria. Publicou moitos textos, entre eles a monografía La Revolución Sexual que vendeu 8.000 exemplares só en Madrid na semana da súa publicación. Obras: • Educación sexual, Gráfica Socialista, Madrid 1931; • La rebeldía sexual de la juventud. Madrid: Javier Morata 1931; • Profilaxis Anticoncepcional, Valencia 1931; • ¿Se equivocó Marx?, Madrid, Edición Novela Proletaria, 1932; • ¿Quo vadis, burguesía?, Madrid, Edición Novela Proletaria, 1932; • El problema sexual tratado por una mujer española. Madrid, Ediciones Morata, • Métodos para evitar el embarazo. (Maternidad voluntaria). Zaragoza, Guara, 1978.
  • 19. Iris Murdoch (1919-1999) Iris Murdoch naceu en Dublín (Irlanda), pero era moi pequena cando se a súa familia se trasladou a Londres, de aí que se considere como unha das máis importantes narradoras e ensaístas inglesas. En Londres estudou en diversas escolas progresistas, ata que, aos 19 anos, se matriculou en Oxford para estudar literatura clásica, historia antiga, linguas clásicas e modernas, e filosofía. Tamén estudou filosofía como posgraduada en Cambridge, onde tivo como mestre a Ludwig Wittgenstein. En 1948 empezou a traballar como profesora e en 1954 escribiu a súa primeira novela, Baixo a rede (considerada pola revista Time como unha das 100 mellores novelas da literatura inglesa do XX). Antes desa exitosa obra xa publicara ensaios sobre filosofía, incluíndo o primeiro estudo escrito en inglés sobre Jean-Paul Sartre. Iris Murdoch publicou vinte e cinco novelas máis, algunhas das cales foron galardoadas con importantes premios, como o James Tait Black Memorial ou o Booker.
  • 20. Jane Goodall (1934-) Jane Goodall naceu o 3 de abril de 1934 en Londres e criouse nunha casa familiar no sur de Inglaterra, rodeada de animais. Aos 23 anos viaxou por primeira vez a África, a Kenia e a Tanzania, para investigar os chimpancés salvaxes da zona. Este traballo, que en principio ía durar seis meses, leva xa 58 anos. Os resultados das súas investigacións de campo revolucionaron a comunidade científica e fascinaron o mundo enteiro, a través de documentais do National Geographic, entre outros. Con más de 26 libros publicados, innumerables artigos científicos, e máis de 20 producións para cine ou televisión, o seu traballo foi fundamental para difundir coñecementos sobre os chimpancés e outras especies, así como para xerar empatía cara a eles e afianzar a súa protección e a do seu ecosistema. Ademais, os seus estudos convídannos a reflexionar sobre a nosa propia especie e a promover un estilo de vida sostible nas nosas sociedades. Ao longo da súa vida recibiu máis de 100 premios internacionais, entre eles o Príncipe de Asturias , a Lexión de Honor de Francia, o Benjamin Franklin, ou a Medalla de Ouro da Unesco.
  • 21. Julia Kristeva (1941-) Nace en Silven (Bulgaria) en 1941. O seu pai, de formación católica, e a nai, bióloga xudea, fomentaron nela o coñecemento de linguas. Estuda lingüística na Universidade de Sofía e, a partir de 1965, amplía os seus estudos de Antropoloxía e Psicoanálise na Universidade de París e na École Practique des Hautes Études. Alí colaborou nas revistas Critique e Tel Quel. Destaca como filósofa, teórica da literatura, psicoanalista e escritora. Escribiu os tres tomos de O xenio feminino. A vida, a loucura, as palabras (1. Hanna Arendt, 2. Melanie Klein e 3. Colette), así como Sol negro, depresión e melancolía (1991). Actualmente é profesora de Lingüística e Psicoanálise na Universidade de París VII (onde dirixe cursos de doutoramento) e ensina Semiótica na Universidade de Columbia e na Universidade estatal de Nova York.
  • 22. Victoria Camps (1941-) Victoria Camps naceu en Barcelona, en 1942. Nesa universidade doutorouse en Filosofía e alí exerceu como profesora, como catedrática de ética e de filosofía do dereito moral e político, e como vicerreitora. O seu labor como autora abrangue un grande número de obras, nas que reflicte as súas ideas sobre as democracias e o estado de benestar, o papel dos medios de comunicación na sociedade e, máis recentemente, sobre asuntos relacionados coa bioética. Entre os títulos que conforman a súa extensa obra filosófica e ensaística cabe destacar A imaxinación ética (1983), Ética, retórica, política (1988), L'interés comú (1990), Virtudes públicas (1990, Premio Espasa de Ensaio), Paradoxos do individualismo (1993), Os valores da educación (1994), O malestar da vida pública (1996), Ética e sociedade (1997), O século das mulleres (1998), Unha vida de calidade: reflexións sobre bioética (2001), Introdución á filosofía política (2001)
  • 23. Adela Cortina (1947-) Naceu en Valencia, España, en 1947. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Valencia. En 1968 ingresou no Departamento de Metafísica, e no ano 1986 obtivo a cátedra de Filosofía Moral. Foi profesora visitante nas Universidades de Notre Dame e de Cambridge. Actualmente é directora da Fundación Etnor (Ética dos Negocios e Organizacións Empresariais) e catedrática de Ética e Filosofía política na Universidade de Valencia, sendo a primeira muller que ingresou na Academia de Ciencias Morais dende a súa fundación en 1857. Tamén escribe artígos en varios xornais como El Mundo ou El País. Recibiu o Honoris causa en oito universidades españolas e estranxeiras. Os seus libros máis destacados son: Ética mínima (1986), Ética sin moral (1990), Ética aplicada y democracia radical (1993), Ciudadanos del mundo (1997), Por una ética del consumo (2002), Ética de la razón cordial (2007), Las fronteras de la persona (2009), Justicia cordial (2010), Neuroética y neuropolítica (2011) e Para que sirve realmente la ética (2013), Aporofobia, el rechazo al pobre: un desafío para la sociedad democrática (2017).
  • 24. Naomi Klein (1970-) Naceu en Montreal (Canadá), onde emigraron os seus pais, activistas xudeus, por oporse á guerra de Vietnam. Klein era unha rapaza consumista, pero o infarto da súa nai obriga á familia a organizarse e a Naomi a abandonar un ano os estudos; cando regresa á universidade de Toronto (1989) prodúcese a masacre de Montreal (na Escuela Politécnica matan a varias mulleres estudantes de inxeniería). Naomi Klein é periodista, escritora e activista vencellada ao movemento antiglobalización, o estudo das consecuencias do capitalismo, as guerras, o poder dos mercados, o cambio climático... É contraria á ocupación de Palestina e partidaria do movemento Occupy Wall Street. O xornal New Yorker considéraa a máis influínte figura da esquerda americana desde Noam Chomsky. Estas son algunhas das súas obras: No Logo: o poder das marcas (2001), A doctrina do shock: o auxe do capitalismo do desastre (2007) [sobre a que Winterbottom dirixiu a película documental The Shock Doctrine], Esto cámbiao todo. O capitalismo contra o clima (2014), Dicir non non basta (2017). No Logo critica as marcas de luxo que producen en condicións inhumanas no sudeste asiático.
  • 25. PODES CONTINUAR… o noso traballo porque por falla de tempo moitas pensadoras non figuran nesta proposta, estes son os seus nomes: Filósofas Aspasia de Mileto (V a. C.) Asclepixenia (V a. C.) Edesia (V a. C.) Hiparquia de Maronea (IV a. C) Hildegarda de Bingen (1098-1179) Isabel de Bohemia (1618-1680) Lady Conway (1631-1679) Margareth Cavendish (Margaret Lucas) (1623-1673) Catharine Trotter (1679-1749) Harriet Taylor Mill (1807-1858) Margaret Fuller (1810-1850) Lou Andreas-Salomé (1861-1937) Edith Stein (1891-1942) Susanne Langer (1895-1985) María Zambrano (1904-1991) Mary Midgley (1919) Mary Warnock (1924) Argelia Mercedes Laya López (1926-1997) Zumrud Gulu-zade (1932) Celia Amorós (1944) Patricia Churchland (1943) Susan Haack (1945) Sylviane Agacinski (1945) Martha Nussbaum (1947) Amelia Valcárcel (1950) Chantal Maillard (1951) Pensadoras Teano de Crotona (s. VI a.C.) Marie le Sacs de Gornay (1565-1645) Bettina von Arnim (1785-1859) María Montessori Amita Sen Karen Armstrong Hariet Martineau Jane Adams Mary Douglas Susan Sontag Arundati Roy Margaret Mead Elisabeth Kubler-Ross Rita Levi-Montalcini Marina Garcés Clara Zetkinde… Fai visibles as mulleres