SlideShare a Scribd company logo
1 of 32
Inés Fernández Buján
AS MULLERES NA FILOSOFÍA
Elena López Enríquez
2ºBACH.A
“O g u e r r e i r o a m a o p e r i g o e o x o g o -
d i N i e t z s c h e -, e p o r i s o a m a a
m u l l e r , que é o x o g o máis p e r i g o s o ”. O
h o m e q u e a m a o p e r i g o e o x o g o v e
s e n d e s a g r a d o q u e a m u l l e r s e t o r n e
a m a z o n a s e c o n s e r v a a e s p e r a n z a d e
s o m e t e l a : o q u e o s e u corazón e s i x e é q u e
e s a l o i t a s i g a s e n d o u n x o g o p a r a
e l , u n h a v e z q u e a m u l l e r
c o m p r o m e t e r a n e l a o s e u d e s t i n o ; a
v e r d a d e i r a v i t o r i a d o h o m e ,
l i b e r a d o r o u conquistador, é q u e a m u l l e r o
recoñeza l i b r e m e n t e c o m o o s e u d e s t i n o
Ó longo da historia, a situación da muller con respecto á filosofía non
é distinta da que ocupa noutros aspectos como a cultura, a ciencia, a
política, a música ou a técnica. A muller sempre estivo sometida a
sistemas de opresión doméstica da natureza paternalista.
Nesta obra, a autora pretende analizar dous aspectos importantes;
por unha banda, a opinión dos filósofos sobre as mulleres e pola
outra, o pensamento das mulleres sobre a opinión dos filósofos acerca
delas.
Pero tamén quere fomentar a crítica dos estereotipos de xénero
reflictidos en tódalas materias e transmitidos polas institucións sociais.
Propón coñecer e valorar as achegas das filósofas ó longo da Historia
da Filosofía e reivindica a importancia dos estudos de xénero para
comprender a nosa cultura. A continua loita pola igualdade entre homes
e mulleres ten valido a pena e aínda que quedan anacos de “machismo”
ten axudado a lograr que os homes teñan unha mellor perspectiva de sí
mesmos e da muller.
1.Introducción.
2.Filosofía antiga.
En Grecia só era cidadán grego con plenos dereitos o varón
libre descendente de cidadáns. Estaban excluídos do dereito de
cidadanía os estranxeiros, os escravos e as mulleres.
O status das mulleres asemellábase ó dos escravos, pois non
podían votar nin ter un emprego público, nin herdar nin ter
posesións. Apenas saían da casa, só para visitar a casa doutra
muller, e nos casos de vodas, funerais ou festivais relixiosos.
A muller só tiña competencia no seu fogar criando os
fillos, cociñando, lavando e tecendo as roupas da familia, coa
axuda ás veces das escravas femininas. A súa educación estaba
orientada a ser unha boa esposa. Dende o seu nacemento ata a
súa morte a muller vivía baixo o control do home
(pai, irmáns, esposo e mesmo fillos).
Por outra banda, todos temían ó exército de
Esparta, pois os soldados entrenáranse en severos
campamentos militares dende moi pequenos. Pero os
espartanos asegurábanse de que as súas mulleres
fosen fortes e saudables para poder ter fillos varóns
e fortes para o exército. Por iso as xoves medraban ó
aire libre, aprendendo a correr, loitar e lanzar o
disco e a xabalina igual que os varóns; e mesmo
levaban saias curtas que lles daban liberdade de
movemento para facer exercizo. Estos vestidos
resultarían escandalosos en Atenas.
Filósofas da antigua
Grecia
A historia das mulleres é a de persoas silenciadas e
sometidas ó poder dos homes, por isto a súa obra estivo
sometida ó esquecemento e á censura, pero aínda así na
Antiga Grecia destacaron filósofas, poetas, ou científicas das
que apenas se conserva a obra, pero que compre destacar:
Hipatía de Alexandría
Foi a filósofa grega máis coñecida, ademáis
dunha grande matemática e astrónoma.
Estudou a Aristóteles e Platón e tentou aplicar
o razoamento matemático ao concepto
neoplatónico de “Un”. Era pagá e competía
coa sabedoría das autoridades relixiosas, o que
lle levou a ser brutalmente asasinada por un grupo
de fanáticos relixiosos que se supón estaban dirixidos
por Cirilo, o patriarca de Alexandría.
Aspasia de Mileto
Foi amante ou posiblemente esposa de Pericles de quen din
que ela lle escribía moitos dos seus discursos. Era unha
muller culta e experta en retórica e erótica, que
participaba nas reunións de Pericles, que a trataba como
unha igual, e discutía de política cos invitados e mesmo lles
ensinaba a escribir discursos. A súa conduta, pouco común
para unha muller, fixo ganarlle a fama de hetaria (muller
libre, non ligada a un varón en particular, que participaba
nas reunións dos varóns como bailarina, música, modelo ou
acompañante).
Safo de Lesbos
Tiña unha escola para mozas e
acadou grande sona coa súa
fermosa poesía lírica que contaba
a vida e os sentimentos da muller
na antiga Grecia.
O concepto do feminismo
en Platón.
Para Platón a muller afástase do seu papel tradicional de
esposa e nai e sae da reclusión doméstica para participar
en asuntos públicos. A distribución sexual do traballo é
irracional porque as capacidades físicas e intelectuais
están uniformemente distribuidas entre os sexos.
Platón divide a sociedade en tres clases: os produtores ou
clase traballadora, os defensores (compáraos con cans
guardiáns) e os gobernantes-filósofos, escollidos de
entre os mellores guardiáns. As mulleres e fillos dos
gardiáns deben ser bens comúns, pois débese abolir a
propiedade privada das dúas clases dominantes. A
reprodución é un acoplamento temporal que se reduce ó
momento da concepción e compete por igual a ambos
As mulleres posúen as mesmas capacidades que os homes
e por iso deben participar da mesma educación e
ocupacións que os gardiáns. Rexeita o concepto de
“natureza feminina” pois aínda que ten menos forza,
isto non repercute na cualidade da súa natureza. Polo
tanto, xa que as diferenzas non son xenéricas senón de
carácter individual, cada individuo debe realizar a
tarefa que lle é propia por natureza, é dicir, debe
O concepto do feminino
en Aristóteles
O concepto social e político de Aristóteles determina a
súa forma de comprender a natureza, pois a política e
a ética serían o fundamento da física, e non ó revés.
Para Aristóteles só hai un modelo sexual, o masculino,
resultando macho ou femia en función dunha diferenza
cuantitativa e non cualitativa; a muller é un varón
incompleto ou defectuoso, e polo tanto, inferior.
Pola propia natureza, o macho é superior e debe
mandar, mentres que a femia é inferior e debe
obedecer. Defende a inferioridade das mulleres, tanto
política como socialmente de submisión ó varón, como
algo habitual debido á súa propia natureza. Para el o
“natural” supón que a muller é un ser impuro, pois
carece do elemento básico, a alma. No proceso de
reprodución o home aporta o seme, é dicir, a semente,
A muller é un instrumento que precisa do principio
activo masculino na reprodución e só serve para
transmitir as propiedades que ela non pode posuir;
por iso a propia natureza incapacítaa para realizar
calquera actividade racional ou política. Os varóns
adultos gregos son os únicos que poden levar unha
vida política ou pública, mentres que o resto
(mulleres, fillos e escravos) e mais as
propiedades, forman parte do ámbito
privado, económico ou doméstico. O traballo
produtivo dos escravos e reprodutivo das mulleres
manteñen a vida e permiten que o varón libre poida
adicarse ó ocio e a vivir ben.
3.Filosofía medieval
A educación cortesá preparaba ás damas para que brillaran
en sociedade polo que aprendían a ler e
escribir, coser, debuxar, cantar e tocar instrumentos... Ás
mulleres burguesas formábanas para ser boas esposas e
nais. Tiña moita importancia a instrucción na fe cristiá e nos
deberes relixiosos. A principal virtude da muller era a
castidade, e debía evitarse calquera actividade intelectual.
Só no ámbito doméstico ou no convento estaba protexida a
muller.
Nesta época a cultura relixiosa era en moitos casos a única
vía de acceso á cultura ou á filosofía, por iso moitas
mulleres vestían os hábitos para chegar á vida intelectual e
mesmo para fuxir dun matrimonio imposto.
Filósofas na Idade
Media
Heloísa do Paráclito
Chegou a ser abadesa do convento do Paráclito, que foi
fundado polo seu esposo e filósofo Pedro
Abelardo, onde se retirou despois da dramática fin da
súa relación de amor co seu mestre Abelardo. As cartas
entre eles, dende os respectivos conventos, están
repletas de referencias filosóficas e doutrinais. Ela
defende o concepto de matrimonio como limitación para
adicarse á filosofía. Outros temas da súa obra son o
espíritu de amor cortés e a amizade como paixón pura e
absoluta.
Hildegarda de Bingen
Viviu case toda a súa vida no mosteiro beneditino de
Maguncia, do que chegou a ser abadesa. Converteuse nunha
autoridade pública debido ás súas visións proféticas que
plasmou en numerosos libros. Escribiu tamén textos de
bioloxía, botánica, astronomía, medicina e música e foi
autorizada polo Papa para escribir obras teolóxicas. Na súa
filosofía, vencellada á teoloxía, empregaba o modo
metafórico, poético e intuitivo no canto da argumentación
racional, para chegar á verdade. Tiña a capacidade de
traducir os conceptos abstractos da filosofía da época á
O concepto do
feminino
en Tomé de Aquino
Tomé de Aquino tamén tratou amplamente nas súas obras o
tema da muller, así como das relacións e da moral no
matrimonio. El basea a inferioridade da muller en dicir que:
é un macho defectuoso; na creación dun novo ser só aporta o
ventre que nutre a semente masculina; ten menor capacidade
de discernimento e de raciocinio que o home; é a orixe do
pecado; foi creada a partir e para o home, para axudarlle
na procreación; precisa do home para ser gobernada e
debe estar sometida á autoridade do esposo.
Este plantexamento misóxino que
está baseado tanto na relixión
como na filosofía, compite coa
defensa da excelencia feminina que
fai Cristina de Pizán, quen exalta as
virtudes e cualidades da muller.
Cristina de Pizán
Debido a que o seu pai, astrólogo e médico famoso,
prestou os seus servizos na corte do Rei Carlos V
de Francia, Cristina de Pizán, orixinal de Venecia,
recibiu unha educación moi completa. Sendo nai
de tres fillos, enviuvou cando tiña vintecinco e
por mor do agravamento da súa situación económica
así como por vocación, comezou a escribir cunha
obra prolífica, na que plasmaba, ás veces en
primeira persoa, a situación de subordinación
e opresión que sofre a muller na sociedade.
A súa obra máis destacable é “A cidade das mulleres”.
4.Filosofía moderna
Mentres que na idade media tanto o medio de instruírse coma
Os contidos educativos eran basicamente de carácter relixioso, a
partit do Renacemento vaise educar ás mulleres para ser nais, e
esta nova proposición vailles abrir novas posibilidades que elas
saberán explotar nos séculos posteriores.
Xa a partit do século XVII estendeuse a alfabetización popular e
creáronse en Francia institucións educativas femininas inspiradas
nos principios pedagóxicos de Fenelón.
No Renacemento non hai un cambio drástico en canto á situación
social e educativa das mulleres das clases populares, pero
sí das de clases altas. As rapazas, como futuras nais, debían
adquirir coñecementos e habilidades para transmitirlle ós
seus fillos varóns, para as fillas limitábanse coñecementos
do ámbito doméstico.
A partires do século XVII estendeuse en Francia a alfabetización
popular. A proliferación dos “salóns”, animados por
mulleres da alta sociedade, levou á tradición das boas
maneiras, do refinamento nos costumes, da conversación
enxeñosa e do aprendizaxe da cortesía. Este cambio da
posición social das mulleres cambiou tamén a actitude dos
Ilustración e
Revolución Francesa
Destacaron mulleres como a
Marquesa de Rambouillet, Madeleine
de Scudéry que puxo de moda o
Preciosismo, como movemento
cultural que engloba un modelo de
comportamento e unha corrente
literaria e ideolóxica, Madame
Lambert, Madame de La
Fayette, Isabel de Bohemia, a
Marquesa de Châtelet, Madame de
Staël ou Josefa de Amar y Borbón.
As mulleres da época non só
protagonizaron os sucesos
revolucionarios (toma da
Bastilla, marcha sobre Versalles, o
comezo da Revolución
Pero o movemento feminista xurdido na Revolución,
co peche dos clubs e asociacións populares, tivo unha
tráxica fin, que foi xustificada pola prensa como “por
transgredir as leis da natureza que as destinaba a ser
esposas e nais e pretenderon ser homes de Estado”.
O concepto feminino
en Rousseau
A filosofía política (que toma apariencia de pedagoxía) ocúpase unha
vez máis das mulleres e do espazo privado; a familia e a muller
debe ocupar o ámbito doméstico que é preciso para que o resto da
vida laboral e política funcionen. O modelo de muller maternal e
doméstica adicada ó labor reprodutivo non é ningún destino
natural, real ou histórico, senón o resultado dunha construción
ideolóxica. O obxectivo da educación é preservar a diferenza sexual
e asegurar a felicidade do varón para poder adicarse á vida
pública. A inferioridade da muller é o efecto natural da súa
debilidade física e mental.
A filosofía de Rousseau está entre a
defensa apaixonada da razón e dos
dereitos individuais do século XVIII e
o romanticismo do século XIX. A súa
misoxinia está máis relacionada co
prerromanticismo.
Mary Wollstonecraft
Nos seus primeiros ensaios amosa a súa preocupación
pola educación das mulleres. A dificultade da
reinserción social e laboral das mulleres é debida á súa
instrucción deficitaria. O único xeito de acadar a
equiparación de dereitos e a igualdade de oportunidades
entre homes e mulleres basearíase nunha educación
igualitaria en escolas mixtas que permitirá ás mulleres
acceder a actividades remuneradas, sen recorrer ó
matrimonio.
A súa obra “Vindicación dos dereitos da muller” é a obra
fundacional
do pensamento feminista.
Filosofía
contemporánea
No século XIX aparece o feminismo como movemento social
de carácter internacional e ocupará un lugar destacado a
carón dos socialismos e o anarquismo. Estes movementos
naceron en resposta ós problemas sociais que xerou a
revolución industrial, o capitalismo e as novas democracias
liberais. O feminismo tiña dúas tendencias básicas, o
feminismo liberal ou sufraxista e os feminismos socialista e
anarquista.
Filósofas
contemporáneas
Edith Stein
Stein interésase tamén pola relación entre feminidade e
relixión. Consideraba que o movemento feminista alemán
tiña acadado plenamente os seus obxectivos coa Constitución
de Weimar e que o que se requiriía a partir de entón era
defender eses logros e transmitir ás xeracións futuras a
memoria histórica das loitas feministas.
María Zambrano
Para ela, a filosofía non era cuestión só de conceptos
senón de símbolos que deben abordar os problemas
esenciais da transcendencia e os grandes misterios da
vida humana.
A súa defensa do dualismo alma ( feminina) – intelecto
(masculino), fai que lle asigne á palabra feminina unha
misión salvadora.
Algunhas obras de Zambrano
foron Filosofía e poesía,
Persoa e democracia, Os
beatos ou A agonía en Europa.
O concepto do feminino
en Nietzsche
Sabemos que Nietzsche explica a dinámica moral, histórica,
Política ou filosófica coa división valorativa entre fortes e
débiles, potencia individual fronte a instinto de rabaño, vida
ascendente e decadente, forzas activas e reactivas, vontade d
epoder afirmativa ou negativa…
En moitos lugares da súa obra fai coincidir esta ontoloxía
dual co masculino- feminino.
Dentro dos tópicos da misoxinia romántica, Nietzsche di
tamén que a muller é máis perfecta( máis incluso que o
home) cando ama, e ademais gusta de ser tomada e
posuída, mentres que o amor do varón é sempre vontade de
posesión, de apropiación, de poder; por iso o seu amor acaba
cando acaba a posesión, aínda que nunca se posúe de todo a
unha muller.
As mulleres sométense de bo grado aos varóns, seres
profundos e con vontade, e ás convencións morais, pero a
verdadeira moral non é propia do rabaño, senón de
espíritus libres. Segundo el,as mulleres prefiren a
felicidade antes que a liberdade.
Simone de Beauvoir
“Qué é a muller?” – O “eterno feminino” non é máis que un
mito ao través do cal os homes fixan ás mulleres na
conduta estereotipada que eles mesmos lle impuxeron.
Beauvoir recolle e radicaliza a crítica ilustrada de
Wollstonecraft e, ao dicir que a muller é unha construcción
social e cultural, un papel que se aprende por medio da
educación diferencial, o que hoxe chamariamos “xénero”, e
que, polo tanto non se nace, non hai ningún fundamento
biolóxico(o “sexo”, sobre o que se poidan adxudicar ás
mulleres prescricións diferenciais.
Segundo Beauvoir, o varón constituíuse en amo no momento en que é
capaz de arriscar e plo tanto transcender a vida e a animalidade
grazas á caza e á guerra, mentres que a muller se constitúe en
escrava no momento en que queda vinculada á reproducción da
vida
No meu blog
www.comochoconto-
filosofia.blogspot.com
atoparás información sobre mulleres
filósofas e demais persoeiros da

More Related Content

Viewers also liked (7)

Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina
Libros de psicoloxía recomendados... por Iris MolinaLibros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina
Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Que é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividadeQue é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividade
 
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
 
Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont
 
A clave secreta del universo por Marta navares
A clave secreta del universo por  Marta navaresA clave secreta del universo por  Marta navares
A clave secreta del universo por Marta navares
 
"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego
"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego
"El científico curioso" de Francisco Mora por Iván Gallego
 

Similar to As mulleres na filosofía

Mulleres na Historia da Ciencia
Mulleres na Historia da CienciaMulleres na Historia da Ciencia
Mulleres na Historia da CienciaCharambaina
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosóficoAfrica Lopez
 
A sociedade grega II
A sociedade grega IIA sociedade grega II
A sociedade grega IIhonomastico
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroZoel Otero Riveiro
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroNerea_nm
 
El papel de la mujer en el franquismo
El papel de la mujer en el franquismoEl papel de la mujer en el franquismo
El papel de la mujer en el franquismosagipe
 
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Dives Gallaecia
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
As mulleres na filosofía (2º bach)
As mulleres na filosofía (2º bach)As mulleres na filosofía (2º bach)
As mulleres na filosofía (2º bach)educacionenigualdade
 

Similar to As mulleres na filosofía (20)

A muller na relixión
A muller na relixiónA muller na relixión
A muller na relixión
 
Mulleres na Historia da Ciencia
Mulleres na Historia da CienciaMulleres na Historia da Ciencia
Mulleres na Historia da Ciencia
 
O papel da muller
O papel da mullerO papel da muller
O papel da muller
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosófico
 
As mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arteAs mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arte
 
As mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arteAs mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arte
 
A sociedade grega II
A sociedade grega IIA sociedade grega II
A sociedade grega II
 
Dona de sí
Dona de síDona de sí
Dona de sí
 
A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xénero
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xénero
 
Muller ao longo da Historia
Muller ao longo da HistoriaMuller ao longo da Historia
Muller ao longo da Historia
 
El papel de la mujer en el franquismo
El papel de la mujer en el franquismoEl papel de la mujer en el franquismo
El papel de la mujer en el franquismo
 
Hipatia
HipatiaHipatia
Hipatia
 
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede RodríguezEl mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
 
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
As mulleres na filosofía (2º bach)
As mulleres na filosofía (2º bach)As mulleres na filosofía (2º bach)
As mulleres na filosofía (2º bach)
 

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense (20)

Utopias e distopias
Utopias e distopiasUtopias e distopias
Utopias e distopias
 
A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.
 
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
 
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e AlbaÉticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.
 
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
 
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
 
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
 
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moralAndrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
El lenguaje de la vida
El lenguaje de la vidaEl lenguaje de la vida
El lenguaje de la vida
 
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa MéndezEl caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
 
Vivir illados? por Nerea Niet
Vivir illados? por Nerea NietVivir illados? por Nerea Niet
Vivir illados? por Nerea Niet
 
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea NietoÉtica para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
 

As mulleres na filosofía

  • 1. Inés Fernández Buján AS MULLERES NA FILOSOFÍA Elena López Enríquez 2ºBACH.A
  • 2. “O g u e r r e i r o a m a o p e r i g o e o x o g o - d i N i e t z s c h e -, e p o r i s o a m a a m u l l e r , que é o x o g o máis p e r i g o s o ”. O h o m e q u e a m a o p e r i g o e o x o g o v e s e n d e s a g r a d o q u e a m u l l e r s e t o r n e a m a z o n a s e c o n s e r v a a e s p e r a n z a d e s o m e t e l a : o q u e o s e u corazón e s i x e é q u e e s a l o i t a s i g a s e n d o u n x o g o p a r a e l , u n h a v e z q u e a m u l l e r c o m p r o m e t e r a n e l a o s e u d e s t i n o ; a v e r d a d e i r a v i t o r i a d o h o m e , l i b e r a d o r o u conquistador, é q u e a m u l l e r o recoñeza l i b r e m e n t e c o m o o s e u d e s t i n o
  • 3. Ó longo da historia, a situación da muller con respecto á filosofía non é distinta da que ocupa noutros aspectos como a cultura, a ciencia, a política, a música ou a técnica. A muller sempre estivo sometida a sistemas de opresión doméstica da natureza paternalista. Nesta obra, a autora pretende analizar dous aspectos importantes; por unha banda, a opinión dos filósofos sobre as mulleres e pola outra, o pensamento das mulleres sobre a opinión dos filósofos acerca delas. Pero tamén quere fomentar a crítica dos estereotipos de xénero reflictidos en tódalas materias e transmitidos polas institucións sociais. Propón coñecer e valorar as achegas das filósofas ó longo da Historia da Filosofía e reivindica a importancia dos estudos de xénero para comprender a nosa cultura. A continua loita pola igualdade entre homes e mulleres ten valido a pena e aínda que quedan anacos de “machismo” ten axudado a lograr que os homes teñan unha mellor perspectiva de sí mesmos e da muller. 1.Introducción.
  • 4. 2.Filosofía antiga. En Grecia só era cidadán grego con plenos dereitos o varón libre descendente de cidadáns. Estaban excluídos do dereito de cidadanía os estranxeiros, os escravos e as mulleres. O status das mulleres asemellábase ó dos escravos, pois non podían votar nin ter un emprego público, nin herdar nin ter posesións. Apenas saían da casa, só para visitar a casa doutra muller, e nos casos de vodas, funerais ou festivais relixiosos. A muller só tiña competencia no seu fogar criando os fillos, cociñando, lavando e tecendo as roupas da familia, coa axuda ás veces das escravas femininas. A súa educación estaba orientada a ser unha boa esposa. Dende o seu nacemento ata a súa morte a muller vivía baixo o control do home (pai, irmáns, esposo e mesmo fillos).
  • 5. Por outra banda, todos temían ó exército de Esparta, pois os soldados entrenáranse en severos campamentos militares dende moi pequenos. Pero os espartanos asegurábanse de que as súas mulleres fosen fortes e saudables para poder ter fillos varóns e fortes para o exército. Por iso as xoves medraban ó aire libre, aprendendo a correr, loitar e lanzar o disco e a xabalina igual que os varóns; e mesmo levaban saias curtas que lles daban liberdade de movemento para facer exercizo. Estos vestidos resultarían escandalosos en Atenas.
  • 6. Filósofas da antigua Grecia A historia das mulleres é a de persoas silenciadas e sometidas ó poder dos homes, por isto a súa obra estivo sometida ó esquecemento e á censura, pero aínda así na Antiga Grecia destacaron filósofas, poetas, ou científicas das que apenas se conserva a obra, pero que compre destacar: Hipatía de Alexandría Foi a filósofa grega máis coñecida, ademáis dunha grande matemática e astrónoma. Estudou a Aristóteles e Platón e tentou aplicar o razoamento matemático ao concepto neoplatónico de “Un”. Era pagá e competía coa sabedoría das autoridades relixiosas, o que lle levou a ser brutalmente asasinada por un grupo de fanáticos relixiosos que se supón estaban dirixidos por Cirilo, o patriarca de Alexandría.
  • 7. Aspasia de Mileto Foi amante ou posiblemente esposa de Pericles de quen din que ela lle escribía moitos dos seus discursos. Era unha muller culta e experta en retórica e erótica, que participaba nas reunións de Pericles, que a trataba como unha igual, e discutía de política cos invitados e mesmo lles ensinaba a escribir discursos. A súa conduta, pouco común para unha muller, fixo ganarlle a fama de hetaria (muller libre, non ligada a un varón en particular, que participaba nas reunións dos varóns como bailarina, música, modelo ou acompañante). Safo de Lesbos Tiña unha escola para mozas e acadou grande sona coa súa fermosa poesía lírica que contaba a vida e os sentimentos da muller na antiga Grecia.
  • 8. O concepto do feminismo en Platón. Para Platón a muller afástase do seu papel tradicional de esposa e nai e sae da reclusión doméstica para participar en asuntos públicos. A distribución sexual do traballo é irracional porque as capacidades físicas e intelectuais están uniformemente distribuidas entre os sexos. Platón divide a sociedade en tres clases: os produtores ou clase traballadora, os defensores (compáraos con cans guardiáns) e os gobernantes-filósofos, escollidos de entre os mellores guardiáns. As mulleres e fillos dos gardiáns deben ser bens comúns, pois débese abolir a propiedade privada das dúas clases dominantes. A reprodución é un acoplamento temporal que se reduce ó momento da concepción e compete por igual a ambos
  • 9. As mulleres posúen as mesmas capacidades que os homes e por iso deben participar da mesma educación e ocupacións que os gardiáns. Rexeita o concepto de “natureza feminina” pois aínda que ten menos forza, isto non repercute na cualidade da súa natureza. Polo tanto, xa que as diferenzas non son xenéricas senón de carácter individual, cada individuo debe realizar a tarefa que lle é propia por natureza, é dicir, debe
  • 10. O concepto do feminino en Aristóteles O concepto social e político de Aristóteles determina a súa forma de comprender a natureza, pois a política e a ética serían o fundamento da física, e non ó revés. Para Aristóteles só hai un modelo sexual, o masculino, resultando macho ou femia en función dunha diferenza cuantitativa e non cualitativa; a muller é un varón incompleto ou defectuoso, e polo tanto, inferior. Pola propia natureza, o macho é superior e debe mandar, mentres que a femia é inferior e debe obedecer. Defende a inferioridade das mulleres, tanto política como socialmente de submisión ó varón, como algo habitual debido á súa propia natureza. Para el o “natural” supón que a muller é un ser impuro, pois carece do elemento básico, a alma. No proceso de reprodución o home aporta o seme, é dicir, a semente,
  • 11. A muller é un instrumento que precisa do principio activo masculino na reprodución e só serve para transmitir as propiedades que ela non pode posuir; por iso a propia natureza incapacítaa para realizar calquera actividade racional ou política. Os varóns adultos gregos son os únicos que poden levar unha vida política ou pública, mentres que o resto (mulleres, fillos e escravos) e mais as propiedades, forman parte do ámbito privado, económico ou doméstico. O traballo produtivo dos escravos e reprodutivo das mulleres manteñen a vida e permiten que o varón libre poida adicarse ó ocio e a vivir ben.
  • 13. A educación cortesá preparaba ás damas para que brillaran en sociedade polo que aprendían a ler e escribir, coser, debuxar, cantar e tocar instrumentos... Ás mulleres burguesas formábanas para ser boas esposas e nais. Tiña moita importancia a instrucción na fe cristiá e nos deberes relixiosos. A principal virtude da muller era a castidade, e debía evitarse calquera actividade intelectual. Só no ámbito doméstico ou no convento estaba protexida a muller. Nesta época a cultura relixiosa era en moitos casos a única vía de acceso á cultura ou á filosofía, por iso moitas mulleres vestían os hábitos para chegar á vida intelectual e mesmo para fuxir dun matrimonio imposto.
  • 14. Filósofas na Idade Media Heloísa do Paráclito Chegou a ser abadesa do convento do Paráclito, que foi fundado polo seu esposo e filósofo Pedro Abelardo, onde se retirou despois da dramática fin da súa relación de amor co seu mestre Abelardo. As cartas entre eles, dende os respectivos conventos, están repletas de referencias filosóficas e doutrinais. Ela defende o concepto de matrimonio como limitación para adicarse á filosofía. Outros temas da súa obra son o espíritu de amor cortés e a amizade como paixón pura e absoluta.
  • 15. Hildegarda de Bingen Viviu case toda a súa vida no mosteiro beneditino de Maguncia, do que chegou a ser abadesa. Converteuse nunha autoridade pública debido ás súas visións proféticas que plasmou en numerosos libros. Escribiu tamén textos de bioloxía, botánica, astronomía, medicina e música e foi autorizada polo Papa para escribir obras teolóxicas. Na súa filosofía, vencellada á teoloxía, empregaba o modo metafórico, poético e intuitivo no canto da argumentación racional, para chegar á verdade. Tiña a capacidade de traducir os conceptos abstractos da filosofía da época á
  • 16. O concepto do feminino en Tomé de Aquino Tomé de Aquino tamén tratou amplamente nas súas obras o tema da muller, así como das relacións e da moral no matrimonio. El basea a inferioridade da muller en dicir que: é un macho defectuoso; na creación dun novo ser só aporta o ventre que nutre a semente masculina; ten menor capacidade de discernimento e de raciocinio que o home; é a orixe do pecado; foi creada a partir e para o home, para axudarlle na procreación; precisa do home para ser gobernada e debe estar sometida á autoridade do esposo. Este plantexamento misóxino que está baseado tanto na relixión como na filosofía, compite coa defensa da excelencia feminina que fai Cristina de Pizán, quen exalta as virtudes e cualidades da muller.
  • 17. Cristina de Pizán Debido a que o seu pai, astrólogo e médico famoso, prestou os seus servizos na corte do Rei Carlos V de Francia, Cristina de Pizán, orixinal de Venecia, recibiu unha educación moi completa. Sendo nai de tres fillos, enviuvou cando tiña vintecinco e por mor do agravamento da súa situación económica así como por vocación, comezou a escribir cunha obra prolífica, na que plasmaba, ás veces en primeira persoa, a situación de subordinación e opresión que sofre a muller na sociedade. A súa obra máis destacable é “A cidade das mulleres”.
  • 18. 4.Filosofía moderna Mentres que na idade media tanto o medio de instruírse coma Os contidos educativos eran basicamente de carácter relixioso, a partit do Renacemento vaise educar ás mulleres para ser nais, e esta nova proposición vailles abrir novas posibilidades que elas saberán explotar nos séculos posteriores. Xa a partit do século XVII estendeuse a alfabetización popular e creáronse en Francia institucións educativas femininas inspiradas nos principios pedagóxicos de Fenelón.
  • 19. No Renacemento non hai un cambio drástico en canto á situación social e educativa das mulleres das clases populares, pero sí das de clases altas. As rapazas, como futuras nais, debían adquirir coñecementos e habilidades para transmitirlle ós seus fillos varóns, para as fillas limitábanse coñecementos do ámbito doméstico. A partires do século XVII estendeuse en Francia a alfabetización popular. A proliferación dos “salóns”, animados por mulleres da alta sociedade, levou á tradición das boas maneiras, do refinamento nos costumes, da conversación enxeñosa e do aprendizaxe da cortesía. Este cambio da posición social das mulleres cambiou tamén a actitude dos
  • 20. Ilustración e Revolución Francesa Destacaron mulleres como a Marquesa de Rambouillet, Madeleine de Scudéry que puxo de moda o Preciosismo, como movemento cultural que engloba un modelo de comportamento e unha corrente literaria e ideolóxica, Madame Lambert, Madame de La Fayette, Isabel de Bohemia, a Marquesa de Châtelet, Madame de Staël ou Josefa de Amar y Borbón. As mulleres da época non só protagonizaron os sucesos revolucionarios (toma da Bastilla, marcha sobre Versalles, o comezo da Revolución
  • 21. Pero o movemento feminista xurdido na Revolución, co peche dos clubs e asociacións populares, tivo unha tráxica fin, que foi xustificada pola prensa como “por transgredir as leis da natureza que as destinaba a ser esposas e nais e pretenderon ser homes de Estado”.
  • 22. O concepto feminino en Rousseau A filosofía política (que toma apariencia de pedagoxía) ocúpase unha vez máis das mulleres e do espazo privado; a familia e a muller debe ocupar o ámbito doméstico que é preciso para que o resto da vida laboral e política funcionen. O modelo de muller maternal e doméstica adicada ó labor reprodutivo non é ningún destino natural, real ou histórico, senón o resultado dunha construción ideolóxica. O obxectivo da educación é preservar a diferenza sexual e asegurar a felicidade do varón para poder adicarse á vida pública. A inferioridade da muller é o efecto natural da súa debilidade física e mental. A filosofía de Rousseau está entre a defensa apaixonada da razón e dos dereitos individuais do século XVIII e o romanticismo do século XIX. A súa misoxinia está máis relacionada co prerromanticismo.
  • 23. Mary Wollstonecraft Nos seus primeiros ensaios amosa a súa preocupación pola educación das mulleres. A dificultade da reinserción social e laboral das mulleres é debida á súa instrucción deficitaria. O único xeito de acadar a equiparación de dereitos e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres basearíase nunha educación igualitaria en escolas mixtas que permitirá ás mulleres acceder a actividades remuneradas, sen recorrer ó matrimonio. A súa obra “Vindicación dos dereitos da muller” é a obra fundacional do pensamento feminista.
  • 24. Filosofía contemporánea No século XIX aparece o feminismo como movemento social de carácter internacional e ocupará un lugar destacado a carón dos socialismos e o anarquismo. Estes movementos naceron en resposta ós problemas sociais que xerou a revolución industrial, o capitalismo e as novas democracias liberais. O feminismo tiña dúas tendencias básicas, o feminismo liberal ou sufraxista e os feminismos socialista e anarquista.
  • 25. Filósofas contemporáneas Edith Stein Stein interésase tamén pola relación entre feminidade e relixión. Consideraba que o movemento feminista alemán tiña acadado plenamente os seus obxectivos coa Constitución de Weimar e que o que se requiriía a partir de entón era defender eses logros e transmitir ás xeracións futuras a memoria histórica das loitas feministas.
  • 26. María Zambrano Para ela, a filosofía non era cuestión só de conceptos senón de símbolos que deben abordar os problemas esenciais da transcendencia e os grandes misterios da vida humana. A súa defensa do dualismo alma ( feminina) – intelecto (masculino), fai que lle asigne á palabra feminina unha misión salvadora. Algunhas obras de Zambrano foron Filosofía e poesía, Persoa e democracia, Os beatos ou A agonía en Europa.
  • 27. O concepto do feminino en Nietzsche Sabemos que Nietzsche explica a dinámica moral, histórica, Política ou filosófica coa división valorativa entre fortes e débiles, potencia individual fronte a instinto de rabaño, vida ascendente e decadente, forzas activas e reactivas, vontade d epoder afirmativa ou negativa… En moitos lugares da súa obra fai coincidir esta ontoloxía dual co masculino- feminino.
  • 28. Dentro dos tópicos da misoxinia romántica, Nietzsche di tamén que a muller é máis perfecta( máis incluso que o home) cando ama, e ademais gusta de ser tomada e posuída, mentres que o amor do varón é sempre vontade de posesión, de apropiación, de poder; por iso o seu amor acaba cando acaba a posesión, aínda que nunca se posúe de todo a unha muller. As mulleres sométense de bo grado aos varóns, seres profundos e con vontade, e ás convencións morais, pero a verdadeira moral non é propia do rabaño, senón de espíritus libres. Segundo el,as mulleres prefiren a felicidade antes que a liberdade.
  • 29. Simone de Beauvoir “Qué é a muller?” – O “eterno feminino” non é máis que un mito ao través do cal os homes fixan ás mulleres na conduta estereotipada que eles mesmos lle impuxeron. Beauvoir recolle e radicaliza a crítica ilustrada de Wollstonecraft e, ao dicir que a muller é unha construcción social e cultural, un papel que se aprende por medio da educación diferencial, o que hoxe chamariamos “xénero”, e que, polo tanto non se nace, non hai ningún fundamento biolóxico(o “sexo”, sobre o que se poidan adxudicar ás mulleres prescricións diferenciais.
  • 30. Segundo Beauvoir, o varón constituíuse en amo no momento en que é capaz de arriscar e plo tanto transcender a vida e a animalidade grazas á caza e á guerra, mentres que a muller se constitúe en escrava no momento en que queda vinculada á reproducción da vida
  • 31.
  • 32. No meu blog www.comochoconto- filosofia.blogspot.com atoparás información sobre mulleres filósofas e demais persoeiros da