SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
TROTULA DE SALERNO
                   ITALIA (¿ - 1097)




           A
                         Escola de Salerno foi a
                     primeira universidade de Europa.
                     Tanto na tradición popular coma nos
círculos científicos as “Mulleres Salernitae” (Damas de
Salerno), terían fama como médicas e estudiosas da
medicina, e entre elas destacaba Trotula.

    Escribiu varios tratados, entre eles “Passionibus
Mulierum” (“Das enfermidades das mulleres”), que foron
textos nas escolas de medicina ata o século XVI.

     As súas teorías médicas foron incriblemente
avanzadas, falando do control de natalidade e das causas
e tratamentos da infertilidade.

     Trotula foi apartada dos seus tratados de
erudición. Estes foron plaxiados, copiados e traducidos
a nome de outras persoas. Algunhas copias do século
XII atribuianllos ó seu marido; posteriormente quixeron
“transformala” nun home, masculinizando o seu nome e no
século XVI apareceron os tratados primeiro a nome dun
tal Eros e despois a nome dun tal Trotus.

                            http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#trot

                        http://www.fempress.cl/207/revista/nombres.html
JAMES MIRANDA STUART BARRY
                                INGLATERRA (1.795 – 1.865)


    Entre os séculos XVI e XVII, na sociedade occidental non se permitía o acceso á
educación para a muller.

     A doutora Barry disfrazouse de home para graduarse na Escola de Medicina en
Edimburgo. Foi cirurxiá militar e despois nomeada inspector xeral de hospitais canadenses.
Ela realizou a primeira cesárea con éxito en Inglaterra.

     Só despois da súa morte se descubriu a súa identidade, pero as autoridades seguían
afirmando que era un home.

    Non se sabe por que os seus documentos desapareceron misteriosamente.

                                                                  http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#jame
                                                          http://www.drscope.com/pac/gineobs/o3/o3_pag29.htm
MARÍA WINKELMAN
                      1670 – 1720



    Casou co seu profesor Gottfried Kirch, 31 anos
maior que ela e converteuse na súa axudante.

     Despois de varias publicacións, fixo as observacións
e os cálculos necesarios para confeccionar o calendario, e
en 1702 descubriu un cometa aínda que, contrariamente
á tradición establecida, este non recibiu o seu nome.

      Á morte do seu marido foille denegada a praza que
el tiña na Academia de Ciencias de Berlín.

     Ninguén podía cuestionar a súa competencia
profesional, pero non lle permitiron ocupar a praza de
astrónoma dando como argumento principal o de que
podía ser un exemplo ou precedente para outras
mulleres, tal e como consta nas actas da Academia.



                      Mujeres científicas de todos los tiempos. Nuria Solsona
MARY FAIRFAX SOMERVILLE
                       ESCOCIA (1780 – 1872)




     Descubriu o gusto pola arimética ós 13 anos nun colexio
de Edimburgo. Na súa casa non a deixaban estudiar porque
“era malo para as meniñas, que podían quedarse estériles”.

     Dedicaba moitas horas ó estudio ata que o seu pai a
descubriu prohibíndollo, para que se adicara a actividades
sociais e ás artes domésticas. Para continuar tivo que facelo
en segredo aprendendo os libros de memoria.

     Entre as súas obras temos Sobre a Conexión das
ciencias físicas (1.873), Xeografía física e Ciencia Molecular
e Microscópica (1.869).

     Quen tivo a sorte de coñecela non dubidou en chamala
“a raíña das ciencias do século XIX”.

                                http://cuhwww.upr.clu.edu/mate/museo/mujeres/mary.htm
       http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd97/Biografias/55_56-1-b-MSOMERVILLE.html
Sophie Germain
                 Francia (1776 – 1831)

     Criada durante os anos de turbulencia en Francia; os
seus pais opuxéronse a que estudiara matemáticas ata
que non tiveron opción e aceptaron. Non podía ir ás
clases porque non aceptaban mulleres, pero conseguía
apuntes dos profesores.

     Intercambiou os seus traballos con outros
científicos famosos, pero sempre ocultándose baixo o
pseudónimo de Monsieur Le Blanc.

                           A pesares da importancia da
                     súa contribución ó estudio da
                     elasticidade dos materiais (traballo
                     que remitiu á Academia das
                     Ciencias insistentemente ata que
                     foi aceptado á terceira vez),
                     Sophie non figura entre aqueles
                     científicos que teñen o seu nome
                     gravado na emblemática torre polos
seus traballos nese campo.
     Un olvido máis da historia da ciencia no referente
ós membros non masculinos.

                      http://cuhwww.upr.clu.edu/mate/museo/mujeres/sophie.htm
           Mujeres, manzanas y matemáticas. Entretejidas. Xaro Nomdedeu Moreno
CECILIA GRIERSON

ARXENTINA 1859 – 1934




    No ano 1878 marchou ó campo a loitar contra o

analfabetismo como profesora. En 1882 decidiu estudiar

medicina. Un impedimento legal impedía o ingreso de

mulleres na Facultade de Medicina pero, con insistencia,

conseguiu ser a primeira muller médica diplomada da

Universidade Nacional de Bos Aires.

    Con todo, tivo que esperar más de cinco anos para

que lle permitiran exercer a súa profesión. Cando

puido, traballou en hospitais públicos e dispensarios de

barrios marxinais.

                               http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#ceci

                     http://www.unq.edu.ar/iec/ameghino/biografias/grier.htm
                         http://www.medicos-municipales.org.ar/titu41199.htm
MILEVA MARIC
               YUGOSLAVIA (1875 -1948)


    Mileva foi a primeira esposa de Albert Einstein
¿autor? da teoría da relatividade.



                        En base ás cartas existentes
                   entre Mileva e Albert e ás
                   declaracións de outros científicos da
                   época, a Sociedade Americana de
                   Ciencia en 1990 chegou á conclusión
                   de que as ideas fundamentais e a
                   resolución dos problemas
matemáticos sobre a teoría proceden de Mileva.


     Ela era a base sobre a que Albert se levantaba, en
parte era famoso gracias a ela, pero Mileva pasou á
historia soamente como a muller que abandonou ó gran
científico Albert Einstein, poucos anos antes de cederlle
o Premio Nobel de Física.


                       http://www.cotidianomujer.org.uy/1997/Nobel25.htm
                             http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#mile
                                  http://www.teclata.es/index/1paper.htm
SOFÍA KOVALEVSKAIA
                  RUSIA 1850 – SUECIA 1891


O seu interese polas matemáticas comezou de nena dun xeito moi curioso: un dos cuartos da súa
casa foi empapelada con follas litografadas sobre cálculo diferencial e integral. Ela pasaba horas
e horas tratando de descifrar as fórmulas .
En Berlín non lle permitiron acceder á Universidade, estudiando pola súa conta con outros
matemáticos que a axudaban.

Cando consegue doutorarse, non hai ningún posto de traballo en Europa para unha doutora en
matemáticas. En Rusia só lle ofrecen traballo como mestra de aritmética para nenas nunha escola
primaria.

En 1889, dous anos antes de morrer, recoñécese o seu mérito obtendo unha cátedra e dándolle un
premio polo seu traballo Le probleme de la rotation de un corps solide autour de un point fixe.
Fotografía súa nun selo ruso
                                                          http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/
                                                          http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#sofi
                                                                     http://www.somatematica.com.br/
ELEANOR ORMEROD

      INGLATERRA (1828-1901)




      Estudia entomoloxía, publicando moitos informes e folletos, que distribuía de balde. Foi membro
honorario de moitas institucións, sendo a primeira muller que recibiu o doutoramento honoris causa pola
Universidade de Edimburgo en 1900.

       En 1898 foi recomendada para unha cátedra de entomoloxía económica, especialidade na que foi
pioneira pero, aínda que non había unha persoa idónea, rexeitárona por ser muller.

                                                   http://www.passporttoknowledge.com/storm/who/bios/women1.htm
                                                       http://www.cis.vt.edu/ws/SLprojects/danielle/entomology.html
JANE MARCET
                 INGLATERRA (1769-1858)
      Escribiu os libros científicos máis populares de principios
  do século XIX: Conversacións de Química, Conversacións de
         Botánica e Conversacións de Filosofía Natural.
          O primeiro foi publicado anonimamente en 1805,
 chegando a ter 16 edicións aínda que o nome da autora non se
        fai público ata a decimoterceira delas, en 1937.
          É un diálogo informal entre unha profesora e dúas
alumnas sobre descubrimentos e experimentos de Davy, Volta,
                          Lavoisier, etc.



        ELISABETHA HEVELIUS
                    POLONIA(1647-1693)

       Casada co astrónomo Hevelius, traballa con el e publica
numerosos traballos. En 1690 publica Prodomus astronomía, un
 catálogo de mil cincocentas sesenta e catro estrelas coa súa
 posición e magnitudes, antes de que se utilizara o telescopio
   para identificar a posición das estrelas. A publicación foi
anónima e custou anos de investigación poder dicir que foi ela a
                     autora deste tratado


                 Mujeres científicas de todos los tiempos Nuria Solsona
JOSELYN BELL
    No ano 1967 descubriu casualmente, cando aínda era estudiante de
  doutorado, os Púlsares , corpos celestes de pequenas dimensións e gran
           densidade que emiten radiación intermitentemente.

O seu proxecto de investigación, dirixido por Hewish, consistía no estudio do
  medio interestelar e contribuíu ó coñecemento das estrelas de neutróns.

A pesares de que foi ela quen o atopou, o Premio Nobel recibiuno o seu xefe,
     autor do primeiro artigo que anuncia o descubrimento. Co tempo a
    comunidade científica e astrónoma foi recoñecendo o seu mérito e a
                         inxustiza cometida con ela.


                               http://www.cotidianomujer.org.uy/1997/Nobel25.htm
                                       http://www.inaoep.mx/~rincon/pulsares.html
LAURA CERETTA
ITALIA (1469-1488)
De familia aristocrática, estudiou matemáticas, astroloxía e filosofía, asistindo regularmente ás
reunións da Academia Mondella, importante institución italiana do século XV.


Sen embargo foi desautorizada totalmente cando a súa obra foi acusada de plaxio e falta de
orixinalidade e se atribuíu ó seu pai todo o que ela escribira.



LAURA BASSI
ITALIA (1711-1778)

Primeira muller profesora de física nunha universidade, estudiou matemáticas, filosofía, anatomía,
historia natural e linguas.

Cando un científico inglés a coñeceu, quedou moi sorprendido de que, sendo tan intelixente non
fose tan masculina como se podía supoñer.

Algúns biógrafos negan que ocupara unha cátedra durante 25 anos, feito que está documentado na
propia universidade, alegando que só daba clases privadas na súa casa.

A Universidade catalogou a súa cátedra como extraordinaria, para poder anulala cando ela se
retirara de forma que ningunha outra muller puidera acceder a ela.
                                                      Mujeres científicas de todos los tiempos. Nuria Solsona

More Related Content

Similar to Domingo Ruiz Pineda

Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacionmarivaz5
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticascarxibai
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticascarxibai
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasanoiteenecesaria
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasanoiteenecesaria
 
8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e cienciaadigo72
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasangelciencia
 
Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicasiesasorey
 
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfNON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfBerta Campos
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundopritrazo
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschelguestc31c94
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROdarosblanco
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.mak-rc
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentaciónmak-rc
 
Biografía Marie Curie
Biografía Marie CurieBiografía Marie Curie
Biografía Marie Curieiesasorey
 

Similar to Domingo Ruiz Pineda (20)

Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacion
 
Mulleres de ciencia
Mulleres de cienciaMulleres de ciencia
Mulleres de ciencia
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia
 
8 de marzo día da muller
8 de marzo día da muller8 de marzo día da muller
8 de marzo día da muller
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
Trabajo biólogos
Trabajo biólogosTrabajo biólogos
Trabajo biólogos
 
Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicas
 
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfNON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Presentación2 (2)
Presentación2 (2)Presentación2 (2)
Presentación2 (2)
 
Carolina Herschel
Carolina HerschelCarolina Herschel
Carolina Herschel
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Biografía Marie Curie
Biografía Marie CurieBiografía Marie Curie
Biografía Marie Curie
 

More from ecursocig

Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosecursocig
 
Michael Jordan
Michael JordanMichael Jordan
Michael Jordanecursocig
 
Maria Isabel Coello Cid
Maria Isabel Coello CidMaria Isabel Coello Cid
Maria Isabel Coello Cidecursocig
 
Unidade 2 Ingles
Unidade 2 InglesUnidade 2 Ingles
Unidade 2 Inglesecursocig
 
Unidade 2 ComunicacióN
Unidade 2 ComunicacióNUnidade 2 ComunicacióN
Unidade 2 ComunicacióNecursocig
 
Unidade 1 ComunicacióN
Unidade 1 ComunicacióNUnidade 1 ComunicacióN
Unidade 1 ComunicacióNecursocig
 
Unidade1ingles
Unidade1inglesUnidade1ingles
Unidade1inglesecursocig
 
Moises Garcia Miguez
Moises Garcia MiguezMoises Garcia Miguez
Moises Garcia Miguezecursocig
 
Moises Garcia Miguez
Moises Garcia MiguezMoises Garcia Miguez
Moises Garcia Miguezecursocig
 
Moises Garcia Miguez
Moises Garcia MiguezMoises Garcia Miguez
Moises Garcia Miguezecursocig
 
Natalia Gomez Lopez
Natalia Gomez LopezNatalia Gomez Lopez
Natalia Gomez Lopezecursocig
 
Paula Montenegro MéNdez
Paula Montenegro MéNdezPaula Montenegro MéNdez
Paula Montenegro MéNdezecursocig
 
Marta Barro Eiroa
Marta Barro EiroaMarta Barro Eiroa
Marta Barro Eiroaecursocig
 
Sonia (Sismundi)
Sonia (Sismundi)Sonia (Sismundi)
Sonia (Sismundi)ecursocig
 
Lidia PéRez
Lidia PéRezLidia PéRez
Lidia PéRezecursocig
 
Juan Carlos Sarabando Feijoo
Juan Carlos Sarabando FeijooJuan Carlos Sarabando Feijoo
Juan Carlos Sarabando Feijooecursocig
 
MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1
MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1
MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1ecursocig
 
Lucía García
Lucía GarcíaLucía García
Lucía Garcíaecursocig
 

More from ecursocig (20)

Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticos
 
Michael Jordan
Michael JordanMichael Jordan
Michael Jordan
 
Elena
ElenaElena
Elena
 
Maria Isabel Coello Cid
Maria Isabel Coello CidMaria Isabel Coello Cid
Maria Isabel Coello Cid
 
Unidade 2 Ingles
Unidade 2 InglesUnidade 2 Ingles
Unidade 2 Ingles
 
Unidade 2 ComunicacióN
Unidade 2 ComunicacióNUnidade 2 ComunicacióN
Unidade 2 ComunicacióN
 
Unidade 1 ComunicacióN
Unidade 1 ComunicacióNUnidade 1 ComunicacióN
Unidade 1 ComunicacióN
 
Unidade1ingles
Unidade1inglesUnidade1ingles
Unidade1ingles
 
Moises Garcia Miguez
Moises Garcia MiguezMoises Garcia Miguez
Moises Garcia Miguez
 
Moises Garcia Miguez
Moises Garcia MiguezMoises Garcia Miguez
Moises Garcia Miguez
 
Moises Garcia Miguez
Moises Garcia MiguezMoises Garcia Miguez
Moises Garcia Miguez
 
Natalia Gomez Lopez
Natalia Gomez LopezNatalia Gomez Lopez
Natalia Gomez Lopez
 
Paula Montenegro MéNdez
Paula Montenegro MéNdezPaula Montenegro MéNdez
Paula Montenegro MéNdez
 
Marta Barro Eiroa
Marta Barro EiroaMarta Barro Eiroa
Marta Barro Eiroa
 
Sonia (Sismundi)
Sonia (Sismundi)Sonia (Sismundi)
Sonia (Sismundi)
 
Objectives
ObjectivesObjectives
Objectives
 
Lidia PéRez
Lidia PéRezLidia PéRez
Lidia PéRez
 
Juan Carlos Sarabando Feijoo
Juan Carlos Sarabando FeijooJuan Carlos Sarabando Feijoo
Juan Carlos Sarabando Feijoo
 
MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1
MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1
MaríA Isabel VáZquez GonzáLez 1
 
Lucía García
Lucía GarcíaLucía García
Lucía García
 

Domingo Ruiz Pineda

  • 1. TROTULA DE SALERNO ITALIA (¿ - 1097) A Escola de Salerno foi a primeira universidade de Europa. Tanto na tradición popular coma nos círculos científicos as “Mulleres Salernitae” (Damas de Salerno), terían fama como médicas e estudiosas da medicina, e entre elas destacaba Trotula. Escribiu varios tratados, entre eles “Passionibus Mulierum” (“Das enfermidades das mulleres”), que foron textos nas escolas de medicina ata o século XVI. As súas teorías médicas foron incriblemente avanzadas, falando do control de natalidade e das causas e tratamentos da infertilidade. Trotula foi apartada dos seus tratados de erudición. Estes foron plaxiados, copiados e traducidos a nome de outras persoas. Algunhas copias do século XII atribuianllos ó seu marido; posteriormente quixeron “transformala” nun home, masculinizando o seu nome e no século XVI apareceron os tratados primeiro a nome dun tal Eros e despois a nome dun tal Trotus. http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#trot http://www.fempress.cl/207/revista/nombres.html
  • 2. JAMES MIRANDA STUART BARRY INGLATERRA (1.795 – 1.865) Entre os séculos XVI e XVII, na sociedade occidental non se permitía o acceso á educación para a muller. A doutora Barry disfrazouse de home para graduarse na Escola de Medicina en Edimburgo. Foi cirurxiá militar e despois nomeada inspector xeral de hospitais canadenses. Ela realizou a primeira cesárea con éxito en Inglaterra. Só despois da súa morte se descubriu a súa identidade, pero as autoridades seguían afirmando que era un home. Non se sabe por que os seus documentos desapareceron misteriosamente. http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#jame http://www.drscope.com/pac/gineobs/o3/o3_pag29.htm
  • 3. MARÍA WINKELMAN 1670 – 1720 Casou co seu profesor Gottfried Kirch, 31 anos maior que ela e converteuse na súa axudante. Despois de varias publicacións, fixo as observacións e os cálculos necesarios para confeccionar o calendario, e en 1702 descubriu un cometa aínda que, contrariamente á tradición establecida, este non recibiu o seu nome. Á morte do seu marido foille denegada a praza que el tiña na Academia de Ciencias de Berlín. Ninguén podía cuestionar a súa competencia profesional, pero non lle permitiron ocupar a praza de astrónoma dando como argumento principal o de que podía ser un exemplo ou precedente para outras mulleres, tal e como consta nas actas da Academia. Mujeres científicas de todos los tiempos. Nuria Solsona
  • 4. MARY FAIRFAX SOMERVILLE ESCOCIA (1780 – 1872) Descubriu o gusto pola arimética ós 13 anos nun colexio de Edimburgo. Na súa casa non a deixaban estudiar porque “era malo para as meniñas, que podían quedarse estériles”. Dedicaba moitas horas ó estudio ata que o seu pai a descubriu prohibíndollo, para que se adicara a actividades sociais e ás artes domésticas. Para continuar tivo que facelo en segredo aprendendo os libros de memoria. Entre as súas obras temos Sobre a Conexión das ciencias físicas (1.873), Xeografía física e Ciencia Molecular e Microscópica (1.869). Quen tivo a sorte de coñecela non dubidou en chamala “a raíña das ciencias do século XIX”. http://cuhwww.upr.clu.edu/mate/museo/mujeres/mary.htm http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd97/Biografias/55_56-1-b-MSOMERVILLE.html
  • 5. Sophie Germain Francia (1776 – 1831) Criada durante os anos de turbulencia en Francia; os seus pais opuxéronse a que estudiara matemáticas ata que non tiveron opción e aceptaron. Non podía ir ás clases porque non aceptaban mulleres, pero conseguía apuntes dos profesores. Intercambiou os seus traballos con outros científicos famosos, pero sempre ocultándose baixo o pseudónimo de Monsieur Le Blanc. A pesares da importancia da súa contribución ó estudio da elasticidade dos materiais (traballo que remitiu á Academia das Ciencias insistentemente ata que foi aceptado á terceira vez), Sophie non figura entre aqueles científicos que teñen o seu nome gravado na emblemática torre polos seus traballos nese campo. Un olvido máis da historia da ciencia no referente ós membros non masculinos. http://cuhwww.upr.clu.edu/mate/museo/mujeres/sophie.htm Mujeres, manzanas y matemáticas. Entretejidas. Xaro Nomdedeu Moreno
  • 6. CECILIA GRIERSON ARXENTINA 1859 – 1934 No ano 1878 marchou ó campo a loitar contra o analfabetismo como profesora. En 1882 decidiu estudiar medicina. Un impedimento legal impedía o ingreso de mulleres na Facultade de Medicina pero, con insistencia, conseguiu ser a primeira muller médica diplomada da Universidade Nacional de Bos Aires. Con todo, tivo que esperar más de cinco anos para que lle permitiran exercer a súa profesión. Cando puido, traballou en hospitais públicos e dispensarios de barrios marxinais. http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#ceci http://www.unq.edu.ar/iec/ameghino/biografias/grier.htm http://www.medicos-municipales.org.ar/titu41199.htm
  • 7. MILEVA MARIC YUGOSLAVIA (1875 -1948) Mileva foi a primeira esposa de Albert Einstein ¿autor? da teoría da relatividade. En base ás cartas existentes entre Mileva e Albert e ás declaracións de outros científicos da época, a Sociedade Americana de Ciencia en 1990 chegou á conclusión de que as ideas fundamentais e a resolución dos problemas matemáticos sobre a teoría proceden de Mileva. Ela era a base sobre a que Albert se levantaba, en parte era famoso gracias a ela, pero Mileva pasou á historia soamente como a muller que abandonou ó gran científico Albert Einstein, poucos anos antes de cederlle o Premio Nobel de Física. http://www.cotidianomujer.org.uy/1997/Nobel25.htm http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#mile http://www.teclata.es/index/1paper.htm
  • 8. SOFÍA KOVALEVSKAIA RUSIA 1850 – SUECIA 1891 O seu interese polas matemáticas comezou de nena dun xeito moi curioso: un dos cuartos da súa casa foi empapelada con follas litografadas sobre cálculo diferencial e integral. Ela pasaba horas e horas tratando de descifrar as fórmulas . En Berlín non lle permitiron acceder á Universidade, estudiando pola súa conta con outros matemáticos que a axudaban. Cando consegue doutorarse, non hai ningún posto de traballo en Europa para unha doutora en matemáticas. En Rusia só lle ofrecen traballo como mestra de aritmética para nenas nunha escola primaria. En 1889, dous anos antes de morrer, recoñécese o seu mérito obtendo unha cátedra e dándolle un premio polo seu traballo Le probleme de la rotation de un corps solide autour de un point fixe. Fotografía súa nun selo ruso http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/ http://www.setcip.gov.ar/cientificas.htm#sofi http://www.somatematica.com.br/
  • 9. ELEANOR ORMEROD INGLATERRA (1828-1901) Estudia entomoloxía, publicando moitos informes e folletos, que distribuía de balde. Foi membro honorario de moitas institucións, sendo a primeira muller que recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade de Edimburgo en 1900. En 1898 foi recomendada para unha cátedra de entomoloxía económica, especialidade na que foi pioneira pero, aínda que non había unha persoa idónea, rexeitárona por ser muller. http://www.passporttoknowledge.com/storm/who/bios/women1.htm http://www.cis.vt.edu/ws/SLprojects/danielle/entomology.html
  • 10. JANE MARCET INGLATERRA (1769-1858) Escribiu os libros científicos máis populares de principios do século XIX: Conversacións de Química, Conversacións de Botánica e Conversacións de Filosofía Natural. O primeiro foi publicado anonimamente en 1805, chegando a ter 16 edicións aínda que o nome da autora non se fai público ata a decimoterceira delas, en 1937. É un diálogo informal entre unha profesora e dúas alumnas sobre descubrimentos e experimentos de Davy, Volta, Lavoisier, etc. ELISABETHA HEVELIUS POLONIA(1647-1693) Casada co astrónomo Hevelius, traballa con el e publica numerosos traballos. En 1690 publica Prodomus astronomía, un catálogo de mil cincocentas sesenta e catro estrelas coa súa posición e magnitudes, antes de que se utilizara o telescopio para identificar a posición das estrelas. A publicación foi anónima e custou anos de investigación poder dicir que foi ela a autora deste tratado Mujeres científicas de todos los tiempos Nuria Solsona
  • 11. JOSELYN BELL No ano 1967 descubriu casualmente, cando aínda era estudiante de doutorado, os Púlsares , corpos celestes de pequenas dimensións e gran densidade que emiten radiación intermitentemente. O seu proxecto de investigación, dirixido por Hewish, consistía no estudio do medio interestelar e contribuíu ó coñecemento das estrelas de neutróns. A pesares de que foi ela quen o atopou, o Premio Nobel recibiuno o seu xefe, autor do primeiro artigo que anuncia o descubrimento. Co tempo a comunidade científica e astrónoma foi recoñecendo o seu mérito e a inxustiza cometida con ela. http://www.cotidianomujer.org.uy/1997/Nobel25.htm http://www.inaoep.mx/~rincon/pulsares.html
  • 12. LAURA CERETTA ITALIA (1469-1488) De familia aristocrática, estudiou matemáticas, astroloxía e filosofía, asistindo regularmente ás reunións da Academia Mondella, importante institución italiana do século XV. Sen embargo foi desautorizada totalmente cando a súa obra foi acusada de plaxio e falta de orixinalidade e se atribuíu ó seu pai todo o que ela escribira. LAURA BASSI ITALIA (1711-1778) Primeira muller profesora de física nunha universidade, estudiou matemáticas, filosofía, anatomía, historia natural e linguas. Cando un científico inglés a coñeceu, quedou moi sorprendido de que, sendo tan intelixente non fose tan masculina como se podía supoñer. Algúns biógrafos negan que ocupara unha cátedra durante 25 anos, feito que está documentado na propia universidade, alegando que só daba clases privadas na súa casa. A Universidade catalogou a súa cátedra como extraordinaria, para poder anulala cando ela se retirara de forma que ningunha outra muller puidera acceder a ela. Mujeres científicas de todos los tiempos. Nuria Solsona