SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Carolina Herschel.
CAROLINA HERSCHEL (1750-
1848)
Naceu en Hanover nunha familia numerosa de músicos,
pero non recibiu unha educación formal, xa que a súa nai
pensaba que só debía recibir a formación suficiente para ser
unha boa ama de casa e coidar dos seus irmáns e irmás. Dous
dos seus irmáns, William e Alexander, eran músicos en
Inglaterra e cando Carolina tiña 22 anos foise con eles para
estudar canto. Aínda que tivo éxito como soprano, a
educación que había recibido fíxoa tan dependente que só
cantaba cando a dirixía o seu irmán William. Cando este
deixou a música para dedicarse a astronomía, (foi nomeado
astrónomo do rei) ela tamén deixou de cantar, e así comezou
a súa carreira científica como axudante do seu irmán, a
partir das leccións que este dáballe, ata que aos poucos foise
formando a si mesma. Traballaba duramente, pola noite
observaba estrelas e de día realizaba os cálculos
matemáticos e escribía os traballos científicos. Tamén
axudou ao seu irmán a construír telescopios máis grandes e
máis potentes que permitisen estudar astros máis afastados
que a lúa e os planetas. Cando Carolina tiña 32 anos o seu
irmán regaloulle un pequeno telescopio, "o barredor de
cometas" que lle permitiu realizar un traballo independente
cando el non estaba. No verán de 1786, Carolina tiña xa un
pequeno observatorio propio. Cando Carolina tiña trinta e
sete anos o rei Jorge III asignoulle un salario como
asistente do seu irmán, o que lle proporcionou certa
independencia económica. Un ano máis tarde o seu irmán
casouse e deixaron de vivir na mesma casa.
Foron os seus anos máis produtivos porque, liberada das
tarefas domésticas, puido dedicarse plenamente á
astronomía e converteuse nunha celebridade científica.
Colaborou co seu irmán no descubrimento de mil estrelas
dobres, demostrando que moitas eran sistemas binarios, o
que supoñía a primeira proba da existencia da gravidade fose
do sistema solar. Aos 58 anos tivo que coidar do seu irmán
Dietrich durante catro anos. Por primeira vez empezou a ter
conflito entre a súa educación, que lle impoñía un coidado
abnegado cara aos seus irmáns, e os seus estudos de
astronomía que ocupaban parte do tempo que tiña que
dedicar a durmir. Cando morreu o seu irmán William, Carolina
deixou Inglaterra e volveu a Hannover. Recibiu a Medalla de
Ouro da Real Sociedade de Astronomía e nomeárona membro
honorario da sociedade. Nomeárona membro da Real
Academia Irlandesa e o rei de Prusia concedeulle a Medalla
de Ouro das Ciencias. Morreu con 97 anos e malia que
durante unha gran parte da súa vida foi a axudante do seu
irmán, e que pola súa falta de autoestima e os prejuicios que
nesta época había cara ás mulleres, só ao final da súa vida foi
recoñecido o seu traballo, foi sen dúbida a muller que máis
contribuíu ao avance da astronomía de todos os tempos.
Cuestionario sobre Carolina Herschel:
1-Onde naceu Carolina Herschel?
2- Con que anos marchou para Carolina para estudar canto?
3- Porque motivo deixou William de estudar canto?
4- Que lle regalou o seu irmán cando ela cumpriu 33 anos?
4.1- Como se chamaba?
5- Con quén colaborou no descubremento de mil estrelas dobres?
6- Que fixo cando tiña cincuenta e oito anos?
7-Porque motivo deixou Carolina Inglaterra para volver a Hannover?
8- Cales foron os agradecementos hacia ela pola sua sabiduría?
9- Que premios lle entregaron?
10-Con que anos morreu?

More Related Content

Similar to Carolina Herschel

Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pinedaecursocig
 
Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003guest2d4de8
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacionmarivaz5
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROdarosblanco
 
Darwin Bicentenario Manual
Darwin Bicentenario ManualDarwin Bicentenario Manual
Darwin Bicentenario Manualanaviz
 
Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boaMella95
 
Charles darwin
Charles darwinCharles darwin
Charles darwinjuanapardo
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.mak-rc
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentaciónmak-rc
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. rcms9
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasanoiteenecesaria
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasanoiteenecesaria
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria MitchellCEIPLIM
 

Similar to Carolina Herschel (20)

Cecilia Payne
Cecilia PayneCecilia Payne
Cecilia Payne
 
As damas do laboratorio
As damas do laboratorioAs damas do laboratorio
As damas do laboratorio
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pineda
 
Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003Cecilia Elena Payne2003
Cecilia Elena Payne2003
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacion
 
Grandes astronomos
Grandes astronomosGrandes astronomos
Grandes astronomos
 
Williamina Fleming
Williamina FlemingWilliamina Fleming
Williamina Fleming
 
Marie Curie
Marie CurieMarie Curie
Marie Curie
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
 
Darwin Bicentenario Manual
Darwin Bicentenario ManualDarwin Bicentenario Manual
Darwin Bicentenario Manual
 
Mulleres aventureiras
Mulleres aventureirasMulleres aventureiras
Mulleres aventureiras
 
Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boa
 
Charles darwin
Charles darwinCharles darwin
Charles darwin
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Annie Jump Cannon
Annie Jump CannonAnnie Jump Cannon
Annie Jump Cannon
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Maria Mitchell
Maria MitchellMaria Mitchell
Maria Mitchell
 

Carolina Herschel

  • 2. CAROLINA HERSCHEL (1750- 1848) Naceu en Hanover nunha familia numerosa de músicos, pero non recibiu unha educación formal, xa que a súa nai pensaba que só debía recibir a formación suficiente para ser unha boa ama de casa e coidar dos seus irmáns e irmás. Dous dos seus irmáns, William e Alexander, eran músicos en Inglaterra e cando Carolina tiña 22 anos foise con eles para estudar canto. Aínda que tivo éxito como soprano, a educación que había recibido fíxoa tan dependente que só cantaba cando a dirixía o seu irmán William. Cando este deixou a música para dedicarse a astronomía, (foi nomeado astrónomo do rei) ela tamén deixou de cantar, e así comezou a súa carreira científica como axudante do seu irmán, a partir das leccións que este dáballe, ata que aos poucos foise formando a si mesma. Traballaba duramente, pola noite observaba estrelas e de día realizaba os cálculos matemáticos e escribía os traballos científicos. Tamén axudou ao seu irmán a construír telescopios máis grandes e máis potentes que permitisen estudar astros máis afastados que a lúa e os planetas. Cando Carolina tiña 32 anos o seu irmán regaloulle un pequeno telescopio, "o barredor de cometas" que lle permitiu realizar un traballo independente cando el non estaba. No verán de 1786, Carolina tiña xa un pequeno observatorio propio. Cando Carolina tiña trinta e sete anos o rei Jorge III asignoulle un salario como asistente do seu irmán, o que lle proporcionou certa independencia económica. Un ano máis tarde o seu irmán
  • 3. casouse e deixaron de vivir na mesma casa. Foron os seus anos máis produtivos porque, liberada das tarefas domésticas, puido dedicarse plenamente á astronomía e converteuse nunha celebridade científica. Colaborou co seu irmán no descubrimento de mil estrelas dobres, demostrando que moitas eran sistemas binarios, o que supoñía a primeira proba da existencia da gravidade fose do sistema solar. Aos 58 anos tivo que coidar do seu irmán Dietrich durante catro anos. Por primeira vez empezou a ter conflito entre a súa educación, que lle impoñía un coidado abnegado cara aos seus irmáns, e os seus estudos de astronomía que ocupaban parte do tempo que tiña que dedicar a durmir. Cando morreu o seu irmán William, Carolina deixou Inglaterra e volveu a Hannover. Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedade de Astronomía e nomeárona membro honorario da sociedade. Nomeárona membro da Real Academia Irlandesa e o rei de Prusia concedeulle a Medalla de Ouro das Ciencias. Morreu con 97 anos e malia que durante unha gran parte da súa vida foi a axudante do seu irmán, e que pola súa falta de autoestima e os prejuicios que nesta época había cara ás mulleres, só ao final da súa vida foi recoñecido o seu traballo, foi sen dúbida a muller que máis contribuíu ao avance da astronomía de todos os tempos.
  • 4. Cuestionario sobre Carolina Herschel: 1-Onde naceu Carolina Herschel? 2- Con que anos marchou para Carolina para estudar canto? 3- Porque motivo deixou William de estudar canto? 4- Que lle regalou o seu irmán cando ela cumpriu 33 anos? 4.1- Como se chamaba? 5- Con quén colaborou no descubremento de mil estrelas dobres? 6- Que fixo cando tiña cincuenta e oito anos? 7-Porque motivo deixou Carolina Inglaterra para volver a Hannover? 8- Cales foron os agradecementos hacia ela pola sua sabiduría? 9- Que premios lle entregaron? 10-Con que anos morreu?