SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Inocencia Radical
                 Nacemos inocentes. Sen emocións
Elsa Punset      mesturadas, sen dúbidas, sen medos, sen
                 mentiras, chegamos para descubrir,
                 vulnerables pero abertos ao mundo,
                 animados por unha cuiriosidade radical.
                 Inocencia radical exponnos por qué
                 perdemos esa confianza e esa
                 curiosidade inicial apasionadas, por qué
                 nos escondemos na concesión e na
                 tristeza. E anímanos a sacar proveito da
                 nosa capacidade innata para amar e para
                 transformar, a atopar as canles onde a
                 nosa creatividade e a nosa enerxía flúan
                 a través das trampas e os dons que nos
                 axexan nos espazos onde a diario vive,
                 ou morre, a nosa inocencia primixenia e
                 radical.
Hoxe, aquí e agora
                                      Bernabé Tierno

Esta obra é un catálogo de ferramentas,
estratexias e habilidades psicolóxicas
para poñerllelo máis doado á propia
felicidade e gozar do cotián no «hoxe»
de cada unha das horas do día, no
«aquí» ou lugar onde nos encontremos
e no «agora» ou momento presente. A
esperanza, o esforzo persoal e, sobre
todo, a fe no presente, en vivir o
momento, convértense en poderosas
armas para loitar contra a depresión e a
angustia que sempre parecen axexarnos.
Os pilares da felicidade
É importante que saibas que a ser feliz     Bernabé Tierno
tamén se aprende e neste novo
libro, Bernabé Tierno ensínanos a construír
o soporte sólido sobre o que se asenta unha
vida en plenitude. Precisamente neste
momento da historia da humanidade no
que se alcanzou unha alta esperanza de
vida nos países desenvolvidos, ao mesmo
tempo, a depresión, o estrés e as présas
dunha sociedade toleada e sen tempo para
vivir, malogran a nosa existencia,
Bernabé móstranos como podemos
desenvolver e reeducar os sentimentos que
debido á nova xerarquía de valores que a
nosa sociedade creou, parece que
esquecemos.
Escusas para non pensar
                                      Eduardo Punset




Eduardo Punset segue mergullándose en "o que nos pasa por
dentro", e nas claves que moven o mundo. "Escusas para non
pensar" é unha colección de artigos sobre o cerebro, a
aprendizaxe, as emocións ou o poder. Segue linea a da súa
triloxía sobre a felicidade, o amor ou o poder da mente.
¿Qué se lle pode pedir a vida?
Javier Urra ofrécenos en Que se lle pode      Javier Urra
pedir á vida? unha serie de emotivas
palabras, historias, lendas, referencias,
ideas, que son mostra da vida vivida, da
vida buscada, e establece co lector unha
conversación sincera e sinxela que busca
as forzas e as razóns para vivir, porque só
gozaremos da nosa existencia se somos
capaces de contemplar o paso do tempo
como un regalo e de asumir os días como
unha oportunidade de reinventarnos e de
sorrir. Unha obra gratificante e reveladora
que cuestiona a nosa capacidade para
aventurarnos, para arriscar, para apurar a
existencia e descubrir que legado
deixaremos ao outro e que decisións
estamos dispostos a tomar para conseguir
o que anhelamos todos: vivir con
intensidade.
Mira cara atrás e rite
                                          Robert Fisher
Atoparemos neste libro dous capítulos
especiais nos que nos fala do poder
sandador da risa e de como sacar á luz o
cómico que todos levamos dentro.
Este libro está especialmente indicado para
todos aqueles que queiran deixar de lado
as súas preocupacións cotiás e desexen
relaxarse entre historias e anécdotas que
espertarán as mellores vibracións do
mundo: a súa propia risa.
O propósito de Fisher é compartir co lector
as risas que estes e outros humoristas
souberon arrancar dos corazóns mais
serios.
O dereito a dicir non
                                                  Walter Riso
Por que tememos negarnos a certas peticións? Por
que nos sometemos ante os desexos dos demais?
Pensamos, acaso, que a nosa autoestima é menos
importante que satisfacer aos outros?
O “dereito a dicir non” analiza o concepto da
asertividade, os seus beneficios, os seus límites e
as razóns polas que, en xeral, temos medo a dicir
non, como a culpa anticipada e o temor a ferir os
demais. Da man da psicoloxía e cunha linguaxe
sinxela pero á vez profundo, o autor lévanos a
comprender por que en ocasións, aínda tendo a
opción de non o facer, dobregamos o noso espírito
ás esixencias do ámbito.
Debemos establecer unha ética persoal que separe
o negociable do non negociable, o punto de non
retorno. O respecto por nós mesmos e polos nosos
valores debe antepoñerse a calquera temor ou
desexo de agradar.
“O dereito a dicir non” nos explica o concepto de
asertividade e ensínanos a asumila como calidade
necesaria para o correcto desenvolvemento da
nosa personalidade.
Este é o manual de uso do poder máis grande do
universo: O Poder para ter todo aquilo que                O poder
desexamos. Sen O Poder non teríamos nacido. Todo            Rhonda Byne
descubrimento, invento e creación humana vén Do
poder. A saúde perfecta, as relacións marabillosas, a
carreira que nos gusta, unha vida chea de felicidade,
todo vén Do poder. A vida dos nosos soños sempre
estivo máis preto do que pensabamos, porque O
Poder está dentro de nós. Para crear todo o que
necesitamos, para cambiar o que queiramos só fai
falta unha cosa...O Poder. A intención de Rhonda
Byrne é esta: felicidade para miles de millóns de
persoas.
      Hai moitas cousas que temos que comprender
respecto á vida e todas elas son boas, son fantásticas!
A vida é infinitamente máis sinxela do que pensamos,
e cando empecemos a entender como funciona e O
Poder que hai no noso interior, comezaremos a
experimentar a maxia da vida en toda a súa
magnitude, entón teremos unha vida incrible!
Agora, deixemos que comece a maxia da nosa vida. "
A arte de ser flexible
                                        Walter Riso
As investigacións modernas mostran
claramente que a xente cuxo
procesamento da información é
pechado e resistente ao cambio non
só xera un cúmulo de trastornos
psicolóxicos persoais, senón que
afecta á sociedade na que viven. A
forza do pensamento flexible radica
en que a pesar da resistencia e os
obstáculos, podemos inventar a nós
mesmos e fluír cos eventos da vida
sen mancar nin nos mancar. Quen
non foi vítima algunha vez da
estupidez recalcitrante de alguén que
pola súa rixidez mental non é capaz
de cambiar de opinión ou intenta
impoñer os seus puntos de vista?
Falar e aprender
                              Laura Rojas-Marcos

Falar cos demais e escoitalos son actividades humanas fundamentais.
 Grazas ás palabras ningún ser humano é unha illa» é a
 recomendación do prestixioso psiquiatra Luis Rojas Marcos. A súa
 filla Laura comparte con el o seu interese pola profesión das
 emocións .
 A obra trata diversos aspectos da condición humana, entre os que se
 encontran os efectos que teñen nas persoas os cambios que xorden
 na vida, os factores que inflúen para afrontar axeitadamente as
 adversidades, os aspectos que favorecen unha autoestima positiva,
 os sentimentos e o que nos fai felices ou desgraciados ou o impacto
 que teñen as relacións familiares no desenvolvemento emocional
 das persoas.
 Para chegar a ser adultos emocional e mentalmente saudables
 necesitamos comunicarnos e sentirnos conectados cos demais.
A interpretación dos soños
                                                  Sigmund Freud
Ningunha teoría acerca do funcionamento e
estrutura da mente exerceu tanta influencia nin
adquiriu un status tan preponderante como a
doutrina psicoanalítica, cuxas categorías e
explicacións non tardaron en converterse en
núcleo dun modo radicalmente novo de entender
a realidade psíquica que marcou o mundo
moderno. Dividida en dous volumes na presente
edición, La interpretación dos soños desempeñou
un papel decisivo dentro dese enorme esforzo de
subversión de valores e de innovación teórica.
Escrita entre 1895 e 1899, é a primeira obra na
que Sigmund Freud (1856-1939) esbozou con
rigor e claridade as liñas xerais das súas
hipóteses e os seus métodos..
Vítima dos demáis, verdugo de sí
                mesmo Guy Corneau
«Case inevitablemente, chega un momento na vida en que
 non podemos máis.». Entón, sentímonos desfeitos, vítimas
 dos demais e, verdugos de nós mesmos; incapaces de saír
 do cárcere dos nosos medos.
 E se precisamente este momento difícil e delicado fose a
 ocasión para liberarnos, para converternos á fin en
 creadores conscientes da nosa propia vida?
 Guy Corneau invítanos a seguir este camiño cunha
 sinxeleza familiar e luminosa. A xeito de guías nas etapas
 da nosa transformación interior, Corneau preséntanos aos
 fascinantes deuses da mitoloxía exipcia: Osiris o
 glorioso, Seth o destrutor, Isis fonte de vida. Eles
 axudarannos a comprender as ricas e complexas situacións
 que vivimos. As actitudes de vítima, de verdugo ou de
 salvador percíbense entón como papeis limitadores dos que
 cada persoa pode desfacerse para reconciliarse consigo
 mesma. E, pouco a pouco, aparece en nós un gran sol.
 Deixalo brillar e despregar as nosas ás como Horus, o
 falcón de luz, depende de nós mesmos.

More Related Content

Similar to Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

ConfSusoCarracedo
ConfSusoCarracedoConfSusoCarracedo
ConfSusoCarracedoguestd68abb
 
Emocionario galego
Emocionario galego Emocionario galego
Emocionario galego nelaguinho
 
Ser solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezSer solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezsatelite1
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Montserrat Pérez Castiñeira
 
PDI: "As emocións"
PDI: "As emocións"PDI: "As emocións"
PDI: "As emocións"equipobrey
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagolaNuria M Núñez Elissetche
 
PRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONAL
PRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONALPRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONAL
PRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONALssuser3b53be
 
Medrando sans sentimentos_proposta_didactica
Medrando sans sentimentos_proposta_didacticaMedrando sans sentimentos_proposta_didactica
Medrando sans sentimentos_proposta_didacticaCarmen Cid Manzano
 

Similar to Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina (20)

Conf Suso Carracedo
Conf Suso CarracedoConf Suso Carracedo
Conf Suso Carracedo
 
ConfSusoCarracedo
ConfSusoCarracedoConfSusoCarracedo
ConfSusoCarracedo
 
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e AlbaÉticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
 
Vivir illados? por Nerea Niet
Vivir illados? por Nerea NietVivir illados? por Nerea Niet
Vivir illados? por Nerea Niet
 
11º domingo tob 2015 bene pagola
11º domingo  tob  2015   bene pagola11º domingo  tob  2015   bene pagola
11º domingo tob 2015 bene pagola
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Emocionario galego
Emocionario galego Emocionario galego
Emocionario galego
 
Ser solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezSer solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzález
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
 
7 principios de ecoloxía emocional
7 principios de ecoloxía emocional7 principios de ecoloxía emocional
7 principios de ecoloxía emocional
 
PDI: "As emocións"
PDI: "As emocións"PDI: "As emocións"
PDI: "As emocións"
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez FernándezEl arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
 
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola
 
15º domingo toc 2013 bene pagola
15º domingo toc 2013  bene pagola15º domingo toc 2013  bene pagola
15º domingo toc 2013 bene pagola
 
PRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONAL
PRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONALPRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONAL
PRESENTACIÓN SOBRE LA EDUCACIÓN EMOCIONAL
 
8º pentecoste b bene pagola 2012
8º  pentecoste  b  bene pagola  20128º  pentecoste  b  bene pagola  2012
8º pentecoste b bene pagola 2012
 
Medrando sans sentimentos_proposta_didactica
Medrando sans sentimentos_proposta_didacticaMedrando sans sentimentos_proposta_didactica
Medrando sans sentimentos_proposta_didactica
 
educación sexual
educación sexualeducación sexual
educación sexual
 
SEXUALIDADE
SEXUALIDADESEXUALIDADE
SEXUALIDADE
 

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense (20)

Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont
 
A clave secreta del universo por Marta navares
A clave secreta del universo por  Marta navaresA clave secreta del universo por  Marta navares
A clave secreta del universo por Marta navares
 
Utopias e distopias
Utopias e distopiasUtopias e distopias
Utopias e distopias
 
A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.
 
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.
 
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
 
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
 
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
 
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moralAndrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
El lenguaje de la vida
El lenguaje de la vidaEl lenguaje de la vida
El lenguaje de la vida
 
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa MéndezEl caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher por Melissa Méndez
 
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea NietoÉtica para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
Ética para Amador de Fernando Savater por Nerea Nieto
 

Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

  • 1. Inocencia Radical Nacemos inocentes. Sen emocións Elsa Punset mesturadas, sen dúbidas, sen medos, sen mentiras, chegamos para descubrir, vulnerables pero abertos ao mundo, animados por unha cuiriosidade radical. Inocencia radical exponnos por qué perdemos esa confianza e esa curiosidade inicial apasionadas, por qué nos escondemos na concesión e na tristeza. E anímanos a sacar proveito da nosa capacidade innata para amar e para transformar, a atopar as canles onde a nosa creatividade e a nosa enerxía flúan a través das trampas e os dons que nos axexan nos espazos onde a diario vive, ou morre, a nosa inocencia primixenia e radical.
  • 2. Hoxe, aquí e agora Bernabé Tierno Esta obra é un catálogo de ferramentas, estratexias e habilidades psicolóxicas para poñerllelo máis doado á propia felicidade e gozar do cotián no «hoxe» de cada unha das horas do día, no «aquí» ou lugar onde nos encontremos e no «agora» ou momento presente. A esperanza, o esforzo persoal e, sobre todo, a fe no presente, en vivir o momento, convértense en poderosas armas para loitar contra a depresión e a angustia que sempre parecen axexarnos.
  • 3. Os pilares da felicidade É importante que saibas que a ser feliz Bernabé Tierno tamén se aprende e neste novo libro, Bernabé Tierno ensínanos a construír o soporte sólido sobre o que se asenta unha vida en plenitude. Precisamente neste momento da historia da humanidade no que se alcanzou unha alta esperanza de vida nos países desenvolvidos, ao mesmo tempo, a depresión, o estrés e as présas dunha sociedade toleada e sen tempo para vivir, malogran a nosa existencia, Bernabé móstranos como podemos desenvolver e reeducar os sentimentos que debido á nova xerarquía de valores que a nosa sociedade creou, parece que esquecemos.
  • 4. Escusas para non pensar Eduardo Punset Eduardo Punset segue mergullándose en "o que nos pasa por dentro", e nas claves que moven o mundo. "Escusas para non pensar" é unha colección de artigos sobre o cerebro, a aprendizaxe, as emocións ou o poder. Segue linea a da súa triloxía sobre a felicidade, o amor ou o poder da mente.
  • 5. ¿Qué se lle pode pedir a vida? Javier Urra ofrécenos en Que se lle pode Javier Urra pedir á vida? unha serie de emotivas palabras, historias, lendas, referencias, ideas, que son mostra da vida vivida, da vida buscada, e establece co lector unha conversación sincera e sinxela que busca as forzas e as razóns para vivir, porque só gozaremos da nosa existencia se somos capaces de contemplar o paso do tempo como un regalo e de asumir os días como unha oportunidade de reinventarnos e de sorrir. Unha obra gratificante e reveladora que cuestiona a nosa capacidade para aventurarnos, para arriscar, para apurar a existencia e descubrir que legado deixaremos ao outro e que decisións estamos dispostos a tomar para conseguir o que anhelamos todos: vivir con intensidade.
  • 6. Mira cara atrás e rite Robert Fisher Atoparemos neste libro dous capítulos especiais nos que nos fala do poder sandador da risa e de como sacar á luz o cómico que todos levamos dentro. Este libro está especialmente indicado para todos aqueles que queiran deixar de lado as súas preocupacións cotiás e desexen relaxarse entre historias e anécdotas que espertarán as mellores vibracións do mundo: a súa propia risa. O propósito de Fisher é compartir co lector as risas que estes e outros humoristas souberon arrancar dos corazóns mais serios.
  • 7. O dereito a dicir non Walter Riso Por que tememos negarnos a certas peticións? Por que nos sometemos ante os desexos dos demais? Pensamos, acaso, que a nosa autoestima é menos importante que satisfacer aos outros? O “dereito a dicir non” analiza o concepto da asertividade, os seus beneficios, os seus límites e as razóns polas que, en xeral, temos medo a dicir non, como a culpa anticipada e o temor a ferir os demais. Da man da psicoloxía e cunha linguaxe sinxela pero á vez profundo, o autor lévanos a comprender por que en ocasións, aínda tendo a opción de non o facer, dobregamos o noso espírito ás esixencias do ámbito. Debemos establecer unha ética persoal que separe o negociable do non negociable, o punto de non retorno. O respecto por nós mesmos e polos nosos valores debe antepoñerse a calquera temor ou desexo de agradar. “O dereito a dicir non” nos explica o concepto de asertividade e ensínanos a asumila como calidade necesaria para o correcto desenvolvemento da nosa personalidade.
  • 8. Este é o manual de uso do poder máis grande do universo: O Poder para ter todo aquilo que O poder desexamos. Sen O Poder non teríamos nacido. Todo Rhonda Byne descubrimento, invento e creación humana vén Do poder. A saúde perfecta, as relacións marabillosas, a carreira que nos gusta, unha vida chea de felicidade, todo vén Do poder. A vida dos nosos soños sempre estivo máis preto do que pensabamos, porque O Poder está dentro de nós. Para crear todo o que necesitamos, para cambiar o que queiramos só fai falta unha cosa...O Poder. A intención de Rhonda Byrne é esta: felicidade para miles de millóns de persoas. Hai moitas cousas que temos que comprender respecto á vida e todas elas son boas, son fantásticas! A vida é infinitamente máis sinxela do que pensamos, e cando empecemos a entender como funciona e O Poder que hai no noso interior, comezaremos a experimentar a maxia da vida en toda a súa magnitude, entón teremos unha vida incrible! Agora, deixemos que comece a maxia da nosa vida. "
  • 9. A arte de ser flexible Walter Riso As investigacións modernas mostran claramente que a xente cuxo procesamento da información é pechado e resistente ao cambio non só xera un cúmulo de trastornos psicolóxicos persoais, senón que afecta á sociedade na que viven. A forza do pensamento flexible radica en que a pesar da resistencia e os obstáculos, podemos inventar a nós mesmos e fluír cos eventos da vida sen mancar nin nos mancar. Quen non foi vítima algunha vez da estupidez recalcitrante de alguén que pola súa rixidez mental non é capaz de cambiar de opinión ou intenta impoñer os seus puntos de vista?
  • 10. Falar e aprender Laura Rojas-Marcos Falar cos demais e escoitalos son actividades humanas fundamentais. Grazas ás palabras ningún ser humano é unha illa» é a recomendación do prestixioso psiquiatra Luis Rojas Marcos. A súa filla Laura comparte con el o seu interese pola profesión das emocións . A obra trata diversos aspectos da condición humana, entre os que se encontran os efectos que teñen nas persoas os cambios que xorden na vida, os factores que inflúen para afrontar axeitadamente as adversidades, os aspectos que favorecen unha autoestima positiva, os sentimentos e o que nos fai felices ou desgraciados ou o impacto que teñen as relacións familiares no desenvolvemento emocional das persoas. Para chegar a ser adultos emocional e mentalmente saudables necesitamos comunicarnos e sentirnos conectados cos demais.
  • 11. A interpretación dos soños Sigmund Freud Ningunha teoría acerca do funcionamento e estrutura da mente exerceu tanta influencia nin adquiriu un status tan preponderante como a doutrina psicoanalítica, cuxas categorías e explicacións non tardaron en converterse en núcleo dun modo radicalmente novo de entender a realidade psíquica que marcou o mundo moderno. Dividida en dous volumes na presente edición, La interpretación dos soños desempeñou un papel decisivo dentro dese enorme esforzo de subversión de valores e de innovación teórica. Escrita entre 1895 e 1899, é a primeira obra na que Sigmund Freud (1856-1939) esbozou con rigor e claridade as liñas xerais das súas hipóteses e os seus métodos..
  • 12. Vítima dos demáis, verdugo de sí mesmo Guy Corneau «Case inevitablemente, chega un momento na vida en que non podemos máis.». Entón, sentímonos desfeitos, vítimas dos demais e, verdugos de nós mesmos; incapaces de saír do cárcere dos nosos medos. E se precisamente este momento difícil e delicado fose a ocasión para liberarnos, para converternos á fin en creadores conscientes da nosa propia vida? Guy Corneau invítanos a seguir este camiño cunha sinxeleza familiar e luminosa. A xeito de guías nas etapas da nosa transformación interior, Corneau preséntanos aos fascinantes deuses da mitoloxía exipcia: Osiris o glorioso, Seth o destrutor, Isis fonte de vida. Eles axudarannos a comprender as ricas e complexas situacións que vivimos. As actitudes de vítima, de verdugo ou de salvador percíbense entón como papeis limitadores dos que cada persoa pode desfacerse para reconciliarse consigo mesma. E, pouco a pouco, aparece en nós un gran sol. Deixalo brillar e despregar as nosas ás como Horus, o falcón de luz, depende de nós mesmos.