SlideShare a Scribd company logo
1 of 18
M
a
r
z
o

●

2
0
1
3
É a primeira muller científica da que
                                    existen      referencias.   Viviu      en
                                    Babilonia; desenvolveu técnicas para
                                    a   produción,     a    destilación,    a
                                    extracción     e   a   sublimación     de
                                    perfumes e cosméticos a partir de
                                    plantas.




IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Naceu en Crotona. Seu pai, un home rico que
                                    apreciaba o valor da ciencia, enviouna a
                                    estudiar con Pitágoras.


                                    Theano aprendeu matemáticas, astronomía,
                                    física e medicina, chegando a ser profesora
                                    na escola pitagórica.


                                    A finais do século VI a C. houbo unha rebelión
                                    contra   os   pitagóricos   e   moitos   foron
                                    asasinados. Theano logrou fuxir conservando
                                    escritos de Pitágoras co que casara.



IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Viviu en Atenas no século IV A.C. Seu pai animouna a
                                    ir estudar medicina a Alexandría. Ao volver a Atenas,
                                    disfrazada de home, exerceu a súa profesión con
                                    éxito entre as mulleres da aristocracia. Ao ser
                                    acusada de “corromper esposas”, revelou que era
                                    muller, sendo condenada a morte por violar as leis
                                    que prohibían ás mulleres estudar e exercer a
                                    medicina.


                                    As mulleres da cidade rebeláronse e Agnódice foi
                                    liberada permitíndoselle continuar coa súa profesión
                                    vestida como quixera.




IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Viviu e traballou en Alexandría . De ela
                                    procede a técnica do ‘baño de María’ .
                                    Tamén ideou aparatos de laboratorio,
                                    para a destilación e sublimación de
                                    materias químicas, como o alambique
                                    de   tres   brazos,   utilizado   polos
                                    químicos ata o século XX.




IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Viviu en Alexandría e traballou na
famosa biblioteca desta cidade. Foi unha
filósofa neoplatónica que destacou en
matemáticas –álxebra e xeometría- e
astronomía. Deseñou o astrolabio plano
para medir a posición das estrelas, os
planetas e o sol, e tamén inventou
aparatos como o destilador de auga e o
planisferio.
A Escola de Salerno é considerada por
moitos como a primeira universidade
europea. Trótula, médica e estudiosa
da medicina, deu clases en Salerno e
deixou escritas      obras que foron
utilizadas como manuais de medicina
ata o século XVI.
Elaborou teorías, moi avanzadas para
o seu tempo, sobre o tratamento da
infertilidade e o control da natalidade.
Foi abadesa da orde benedictina, tivo un
destacado   papel     na   vida   política   e
relixiosa do seu tempo, sendo conselleira
do Papa e do Emperador.


A súa principal vocación era a ciencia. Foi
a primeira astrónoma en situar o sol no
centro do sistema planetario. As         súas
obras   científicas    e     médicas     dan
información completa sobre a medicina e
a farmacopea do século XII.
Na   Francia      da    Ilustración,   Emilie
disfrazábase de home para reunirse cos
seus amigos        científicos e falar de
filosofía   e    ciencia.   Compañeira    de
Voltaire,       dedicouse     a        facer
experimentos de óptica seguindo as
teorías de Newton.


Traduciu ao francés a obra fundamental
de Newton, os Principios matemáticos
de filosofía natural.
Esta      paleontóloga       inglesa   foi
                                    coñecida en todo o mundo polos
                                    numerosos       e    importantes   restos
                                    fósiles   que       conseguiu.     O   seu
                                    traballo contribuiu a que se deran
                                    cambios fundamentais na maneira
                                    de entender a vida prehistórica e a
                                    historia da Terra.

IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Astrónoma inglesa de orixe alemán,
que traballou co seu irmán, exercendo
como astrónoma profesional para a
coroa británica.


Os seus descubrimentos -oito cometas
e tres nebulosas- fixérona merecedora
da   medalla       de   ouro   da   Royal
Astronomical Society.
Matemática británica que ideou varios
programas     para   facer   cálculos
matemáticos avanzados, así como a
aplicación da máquina a composicións
musicais.

Empeñouse     en    construír unha
máquina analítica, o que resultaba
demasiado avanzado para a enxeñería
da súa época. Ese proxecto acabou
por arruinala tanto económica como
fisicamente.
Estudiosa   entusiasta,       interesada   pola
Botánica, a Astronomía, as Matemáticas e
a Física.


Escribiu numerosas obras divulgativas polo
que foi recoñecida como socia de honra da
Royal Academy, pois as mulleres non
podían ser socias oficiais.
Logrou     doutorarse     en     Matemáticas     na
                                    Universidade de Göttingen pero, ao volver a
                                    Rusia, só conseguiu traballo como profesora
                                    infantil. Loitou por conseguir o acceso das
                                    mulleres á universidade. Acabou por acadar
                                    un posto de profesora na Universidade de
                                    Estocolmo.


                                    Obtivo o premio Bordin,         da Academia das
                                    Ciencias     Francesas,        que   significa    o
                                    recoñecemento como grande matemática.

IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Esta    física      nacida   en    Viena   e
                                    nacionalizada en Suecia,          é coñecida
                                    polas    súas    aportacións       á   teoría
                                    atómica e á radioactividade. Explicou
                                    a fisión nuclear.


                                    Na súa honra denominouse ‘Meitnerio’
                                    ao elemento químico 109.



IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Muller con gran talento matemático
                                    que quedou ensombrecido polo seu
                                    matrimonio co autor da teoría da
                                    relatividade, Albert Einstein.


                                    Realizou estudios sobre teoría de
                                    números,     cálculo    diferencial   e
                                    integral, funcións elípticas, teoría do
                                    calor e electrodinámica.


IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
Esta polaca, nacionalizada francesa,
                                    foi      pioneira   no     campo      da
                                    radioactividade.    O    seus   traballos
                                    convertérona na primeira muller en
                                    recibir dous Premios Nobel –en Física
                                    e Química- e tamén foi a primeira
                                    muller profesora da Universidade de
                                    París.


IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
 ALIC, M.: El legado de Hipatia. Historia de la
        ciencia desde la Antigüedad hasta fines del
        siglo XIX. Siglo XXI Editores.
       WADE, M.: La mujer en la Edad Media. Nerea
        Editorial.
       http://www.biografiasyvidas.com/
       http://en.wikipedia.org
       Imaxes de google-images




IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca

More Related Content

Similar to Mulleres de ciencia (20)

22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Trabajo biólogos
Trabajo biólogosTrabajo biólogos
Trabajo biólogos
 
Traballo biográfico
Traballo biográficoTraballo biográfico
Traballo biográfico
 
Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicas
 
Grandes astronomos
Grandes astronomosGrandes astronomos
Grandes astronomos
 
As damas do laboratorio
As damas do laboratorioAs damas do laboratorio
As damas do laboratorio
 
Premio fonseca
Premio fonsecaPremio fonseca
Premio fonseca
 
Premio Fonseca
Premio FonsecaPremio Fonseca
Premio Fonseca
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacion
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
A revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVIIA revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVII
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
 
Mulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaMulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da ciencia
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Mulleres matemáticas
Mulleres matemáticasMulleres matemáticas
Mulleres matemáticas
 
Hipatia
HipatiaHipatia
Hipatia
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 

More from bibliotecaelvina08

Elviña, semente que agroma iii
Elviña, semente que agroma iiiElviña, semente que agroma iii
Elviña, semente que agroma iiibibliotecaelvina08
 
Elviña, semente que agroma I. Dores Tembrás
Elviña, semente que agroma I. Dores TembrásElviña, semente que agroma I. Dores Tembrás
Elviña, semente que agroma I. Dores Tembrásbibliotecaelvina08
 
José luis sampedro (1917 2013)
José luis sampedro (1917 2013)José luis sampedro (1917 2013)
José luis sampedro (1917 2013)bibliotecaelvina08
 
Martin luther king 50 anos de teño un soño
Martin luther king   50 anos de teño un soñoMartin luther king   50 anos de teño un soño
Martin luther king 50 anos de teño un soñobibliotecaelvina08
 
In memoriam rita levi montalcini
In memoriam   rita levi montalciniIn memoriam   rita levi montalcini
In memoriam rita levi montalcinibibliotecaelvina08
 
In memoriam Agustín García Calvo
In memoriam   Agustín García CalvoIn memoriam   Agustín García Calvo
In memoriam Agustín García Calvobibliotecaelvina08
 
Propostas de lectura club 3º y 4º
Propostas de lectura club 3º y 4ºPropostas de lectura club 3º y 4º
Propostas de lectura club 3º y 4ºbibliotecaelvina08
 
Propostas de lectura club bach
Propostas de lectura  club  bachPropostas de lectura  club  bach
Propostas de lectura club bachbibliotecaelvina08
 
Propostas de lectura 1º e 2º
Propostas de lectura 1º e 2ºPropostas de lectura 1º e 2º
Propostas de lectura 1º e 2ºbibliotecaelvina08
 
O pobo xitano: desprazamento e asentamentos
O pobo xitano: desprazamento e asentamentos O pobo xitano: desprazamento e asentamentos
O pobo xitano: desprazamento e asentamentos bibliotecaelvina08
 
Outras historias - Cándido Pazó
Outras historias - Cándido PazóOutras historias - Cándido Pazó
Outras historias - Cándido Pazóbibliotecaelvina08
 

More from bibliotecaelvina08 (20)

Propostan libros.2013 14
Propostan libros.2013 14Propostan libros.2013 14
Propostan libros.2013 14
 
Elviña, semente que agroma iii
Elviña, semente que agroma iiiElviña, semente que agroma iii
Elviña, semente que agroma iii
 
Elviña, semente que agroma I. Dores Tembrás
Elviña, semente que agroma I. Dores TembrásElviña, semente que agroma I. Dores Tembrás
Elviña, semente que agroma I. Dores Tembrás
 
José luis sampedro (1917 2013)
José luis sampedro (1917 2013)José luis sampedro (1917 2013)
José luis sampedro (1917 2013)
 
In memoriam - Eugenio Trías
In memoriam - Eugenio TríasIn memoriam - Eugenio Trías
In memoriam - Eugenio Trías
 
Martin luther king 50 anos de teño un soño
Martin luther king   50 anos de teño un soñoMartin luther king   50 anos de teño un soño
Martin luther king 50 anos de teño un soño
 
In memoriam rita levi montalcini
In memoriam   rita levi montalciniIn memoriam   rita levi montalcini
In memoriam rita levi montalcini
 
Oscar niemeyer
Oscar niemeyerOscar niemeyer
Oscar niemeyer
 
In memoriam Agustín García Calvo
In memoriam   Agustín García CalvoIn memoriam   Agustín García Calvo
In memoriam Agustín García Calvo
 
Propostas de lectura club 3º y 4º
Propostas de lectura club 3º y 4ºPropostas de lectura club 3º y 4º
Propostas de lectura club 3º y 4º
 
Propostas de lectura club bach
Propostas de lectura  club  bachPropostas de lectura  club  bach
Propostas de lectura club bach
 
Propostas de lectura 1º e 2º
Propostas de lectura 1º e 2ºPropostas de lectura 1º e 2º
Propostas de lectura 1º e 2º
 
O recital de Sés
O recital de SésO recital de Sés
O recital de Sés
 
Carlos Fuentes - In memoriam
Carlos Fuentes  -  In memoriamCarlos Fuentes  -  In memoriam
Carlos Fuentes - In memoriam
 
Encontro con Dores Tembrás
Encontro con Dores TembrásEncontro con Dores Tembrás
Encontro con Dores Tembrás
 
O pobo xitano: desprazamento e asentamentos
O pobo xitano: desprazamento e asentamentos O pobo xitano: desprazamento e asentamentos
O pobo xitano: desprazamento e asentamentos
 
Outras historias - Cándido Pazó
Outras historias - Cándido PazóOutras historias - Cándido Pazó
Outras historias - Cándido Pazó
 
Leer
LeerLeer
Leer
 
Presentación xabier docampo
Presentación xabier docampoPresentación xabier docampo
Presentación xabier docampo
 
Recital de César Morán
Recital de César MoránRecital de César Morán
Recital de César Morán
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Mulleres de ciencia

  • 2. É a primeira muller científica da que existen referencias. Viviu en Babilonia; desenvolveu técnicas para a produción, a destilación, a extracción e a sublimación de perfumes e cosméticos a partir de plantas. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 3. Naceu en Crotona. Seu pai, un home rico que apreciaba o valor da ciencia, enviouna a estudiar con Pitágoras. Theano aprendeu matemáticas, astronomía, física e medicina, chegando a ser profesora na escola pitagórica. A finais do século VI a C. houbo unha rebelión contra os pitagóricos e moitos foron asasinados. Theano logrou fuxir conservando escritos de Pitágoras co que casara. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 4. Viviu en Atenas no século IV A.C. Seu pai animouna a ir estudar medicina a Alexandría. Ao volver a Atenas, disfrazada de home, exerceu a súa profesión con éxito entre as mulleres da aristocracia. Ao ser acusada de “corromper esposas”, revelou que era muller, sendo condenada a morte por violar as leis que prohibían ás mulleres estudar e exercer a medicina. As mulleres da cidade rebeláronse e Agnódice foi liberada permitíndoselle continuar coa súa profesión vestida como quixera. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 5. Viviu e traballou en Alexandría . De ela procede a técnica do ‘baño de María’ . Tamén ideou aparatos de laboratorio, para a destilación e sublimación de materias químicas, como o alambique de tres brazos, utilizado polos químicos ata o século XX. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 6. Viviu en Alexandría e traballou na famosa biblioteca desta cidade. Foi unha filósofa neoplatónica que destacou en matemáticas –álxebra e xeometría- e astronomía. Deseñou o astrolabio plano para medir a posición das estrelas, os planetas e o sol, e tamén inventou aparatos como o destilador de auga e o planisferio.
  • 7. A Escola de Salerno é considerada por moitos como a primeira universidade europea. Trótula, médica e estudiosa da medicina, deu clases en Salerno e deixou escritas obras que foron utilizadas como manuais de medicina ata o século XVI. Elaborou teorías, moi avanzadas para o seu tempo, sobre o tratamento da infertilidade e o control da natalidade.
  • 8. Foi abadesa da orde benedictina, tivo un destacado papel na vida política e relixiosa do seu tempo, sendo conselleira do Papa e do Emperador. A súa principal vocación era a ciencia. Foi a primeira astrónoma en situar o sol no centro do sistema planetario. As súas obras científicas e médicas dan información completa sobre a medicina e a farmacopea do século XII.
  • 9. Na Francia da Ilustración, Emilie disfrazábase de home para reunirse cos seus amigos científicos e falar de filosofía e ciencia. Compañeira de Voltaire, dedicouse a facer experimentos de óptica seguindo as teorías de Newton. Traduciu ao francés a obra fundamental de Newton, os Principios matemáticos de filosofía natural.
  • 10. Esta paleontóloga inglesa foi coñecida en todo o mundo polos numerosos e importantes restos fósiles que conseguiu. O seu traballo contribuiu a que se deran cambios fundamentais na maneira de entender a vida prehistórica e a historia da Terra. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 11. Astrónoma inglesa de orixe alemán, que traballou co seu irmán, exercendo como astrónoma profesional para a coroa británica. Os seus descubrimentos -oito cometas e tres nebulosas- fixérona merecedora da medalla de ouro da Royal Astronomical Society.
  • 12. Matemática británica que ideou varios programas para facer cálculos matemáticos avanzados, así como a aplicación da máquina a composicións musicais. Empeñouse en construír unha máquina analítica, o que resultaba demasiado avanzado para a enxeñería da súa época. Ese proxecto acabou por arruinala tanto económica como fisicamente.
  • 13. Estudiosa entusiasta, interesada pola Botánica, a Astronomía, as Matemáticas e a Física. Escribiu numerosas obras divulgativas polo que foi recoñecida como socia de honra da Royal Academy, pois as mulleres non podían ser socias oficiais.
  • 14. Logrou doutorarse en Matemáticas na Universidade de Göttingen pero, ao volver a Rusia, só conseguiu traballo como profesora infantil. Loitou por conseguir o acceso das mulleres á universidade. Acabou por acadar un posto de profesora na Universidade de Estocolmo. Obtivo o premio Bordin, da Academia das Ciencias Francesas, que significa o recoñecemento como grande matemática. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 15. Esta física nacida en Viena e nacionalizada en Suecia, é coñecida polas súas aportacións á teoría atómica e á radioactividade. Explicou a fisión nuclear. Na súa honra denominouse ‘Meitnerio’ ao elemento químico 109. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 16. Muller con gran talento matemático que quedou ensombrecido polo seu matrimonio co autor da teoría da relatividade, Albert Einstein. Realizou estudios sobre teoría de números, cálculo diferencial e integral, funcións elípticas, teoría do calor e electrodinámica. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 17. Esta polaca, nacionalizada francesa, foi pioneira no campo da radioactividade. O seus traballos convertérona na primeira muller en recibir dous Premios Nobel –en Física e Química- e tamén foi a primeira muller profesora da Universidade de París. IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca
  • 18.  ALIC, M.: El legado de Hipatia. Historia de la ciencia desde la Antigüedad hasta fines del siglo XIX. Siglo XXI Editores.  WADE, M.: La mujer en la Edad Media. Nerea Editorial.  http://www.biografiasyvidas.com/  http://en.wikipedia.org  Imaxes de google-images IES ELVIÑA - Equipo de Biblioteca