SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
O racionalismo moderno: R. Descartes 1
O RACIONALISMO MODERNO: R. DESCARTES
1. CONTEXTUALIZACIÓN
1.1. Marco histórico, social e filosófico
Descartes nace ao finalizar o século XVI e morre na metade do século XVII. Nese tempo Francia
tivo dous gobernantes, Enrique IV e Luis XIII, aínda que realmente o peso do goberno correu a
cargo do cardeal Richelieu, que exerceu o poder absoluto en nome do Rei Luis XIII. O seu
primeiro obxectivo foi o sometemento dos hugonotes, nome que daban en Francia aos
seguidores das doutrinas do protestante Calvino, que ata 1685 viviran en paz, grazas ao
edicto de Nantes, concedido por Enrique IV, que lles daba liberdade para practicar as súas
crenzas, aínda que non fosen católicas. Suprimido o edicto sucedéronse conflitos, tensións,
rebeldías e violencias.
Richelieu propúxose pacificar a Francia e situala internacionalmente no cume das nacións para
o que estableceu no goberno un poder absoluto, continuado despois por Luis XIV, que se
autodenominou "o rei Sol". Igual que o sol é o centro do mundo, a monarquía de Luis XIV era o
sol e todo o demais tiña que xirar en torno a el. Deste modo todo estaba sometido á vontade do
rei, o que foi a verdadeira expresión do absolutismo.
Na monarquía absolutista o rei é o soberano, que non ten ningunha limitación no exercicio de
goberno, nin sequera da relixión. Responde soamente ante Deus, de quen é o lugartenente na
terra. Luis XIV serviría de modelo para establecer en Europa o absolutismo nos séculos XVII e
XVIII, sistema de goberno no que se concentra a totalidade de poder na persoa real.
O monarca absoluto representa a Deus, é a encarnación do Estado, e débeselle completa
obediencia por ser el mesmo a lei. Quen non obedeza será acusado de sacrilexio, por faltar ao
respecto debido a quen é considerado sagrado, e de cometer delito de lesa maxestade ou
agravio ao rei. Luis XIV quería someter a nobreza e o clero, que obedecía o papa romano.
No plano social había unha organización estamental con tres niveis ou estamentos en cada
un deles. Clero, nobreza e terceiro estado formaban a pirámide. Dentro do clero, o alto
(abades e bispos importantes), o medio (párrocos de cidade) e o baixo (curas rurais). A
nobreza tamén se dividía en alta (con título procedente de feitos de guerra, formaban a corte
do rei), rural (podía comprar títulos), pobre. No terceiro estado atopaba a burguesía,
igualmente de nivel alto (ten título de nobreza, que se conseguía mediante a súa compra ou
por servizos ao monarca), medio (rendas e negocios) e popular (pequenos comerciantes e
campesiños).
Os marxinados (en torno ao 10% da poboación) non se consideraban membros da nación.
Eran mendigos, pobres e delincuentes e chegaban a pasar fame. Converterse en pobre era
algo frecuente. Así acontecía cando se perdía a colleita, por causa do clima ou polas guerras,
que adoitaban deixar á xente na miseria ou malferida ou moribunda. En Francia recluían estas
persoas en asilos e hospitais, ou socorríaos a Igrexa, mediante as ordes relixiosas.
O monarca absoluto era na práctica dono da vida e da morte dos seus súbditos. Esta situación
de medo e inseguridade explica que Descartes fose tan prudente, mesmo deixando de publicar
en vida algúns dos seus escritos, ou trasladándose dende Francia a outros países, pola
dificultade intelectual e persoal que lle producía vivir sen liberdade de pensamento e actuación.
Descartes viviu a época do absolutismo e tamén da Contrarreforma, o movemento da Igrexa
católica creado no século XVI para combater os efectos da reforma protestante de Lutero e os
seus seguidores, que empezou en Francia a partir de 1625, cunha feroz represión aos
hugonotes.
A tradición e o recurso aos libros sagrados, os filósofos e os teólogos foron durante a Idade
Media fundamento da verdade. En cambio, o Renacemento cuestionou a tradición e a partir do
MONARQUÍA ABSOLUTISTA
SOCIEDADE ESTAMENTAL
CLERO
NOBREZA
TERCEIRO ESTADO
RENE DESCARTES
O racionalismo moderno: R. Descartes 2
século XVII a autoridade de libros e teólogos non era suficiente, polo que Descartes comezou
as súas investigacións para atopar a verdade a través dun novo método baseado na
racionalidade dedutiva das matemáticas.
Impúxose, pois, a renovación da filosofía porque o modelo anterior, aristotélico-tomista,
caducara, polo que os filósofos se aproximan á ciencia.
Na época absolutista, coa Contrarreforma en marcha, a nova ciencia tamén atopa
dificultades para expresar e divulgar os seus descubrimentos. A Descartes formáranlle na
tradición escolástica, agora comprende a necesidade de abandonar o método escolástico e
crear unha nova filosofía, segundo o modelo dedutivo das matemáticas. Para isto quédalle un
punto de apoio único: a autonomía da razón, que constitúe a base do racionalismo: a única
autoridade á que se somete a razón é a si mesma, sen ningunha limitación. O racionalismo
caracterízase por estes trazos:
● A razón non ten límites, pode coñecelo todo.
● Os coñecementos proceden da razón, non dos sentidos.
● O coñecemento alcánzase por dedución, partindo de principios ou ideas innatas da razón.
● A matemática é o modelo de ciencia perfecta. O físico, por exemplo, os movementos da
natureza ou nos seres vivos, explícanse mediante unha estrutura matemático-xeométrica,
porque todo pode reducirse a orde e medida. Unha figura xeométrica é medible, xa que está
formada por puntos, liñas e superficies.
1.2. Aspectos biográficos de Descartes
René Descartes naceu na cidade de La Haye, Turena (Francia), o 31 de marzo de 1596 e morreu
en Estocolmo (Suecia) o 11 de febreiro de 1650. Foi coñecido polo seu nome latinizado de
Renatus Cartesius, de aquí procede a denominación de cartesiano ao seu sistema filosófico.
Ao pouco tempo de nacer, a súa nai morreu, polo que quedou ao coidado da súa avoa e unha
ama de leite. O pai, que era avogado e xuíz, gozaba de boa situación económica e
dalgunhas propiedades, que máis tarde herdará Descartes e lle permitirá vivir dedicado só á
filosofía.
En 1606 é enviado ao colexio de La Flèche, un internado de xesuítas, para iniciar os seus
estudos, no que permaneceu oito anos. Era un dos mellores colexios de Europa, segundo a
estimación do propio Descartes. Recibiu unha excelente educación clásica e filosófica: estudou
os autores gregos e latinos, aprendeu a escribir ben en francés e en latín, ademais de
equitación e esgrima, e afondou na filosofía aristotélica e escolástica. A súa saúde era débil, xa
que padecía de tuberculose. Parece ser que a causa da súa enfermidade no internado
ofrecéronlle mellores cuartos que aos demais e permanecía máis tempo en cama polas
mañás. Mesmo durmía coa ventá aberta, pois na época cría que isto resultaba favorable para
a súa enfermidade.
Os estudos de filosofía duraban alí tres anos e analizaban a lóxica de Aristóteles, mediante a
lectura e o comentario de obras como Categorías, Primeiros analíticos, Tópicos, Moral e
Tratado da interpretación. Dedicaban outro ano á Física e ás Matemáticas, e un máis á
Metafísica. Os xesuítas tiñan nos seus estatutos a orde de non apartarse de Aristóteles e Tomé
de Aquino, este último o máis fiable intérprete do pensamento cristián.
As clases impartíanse segundo o modelo medieval, en tres momentos: 1) a explicación ou ditado
do mestre, 2) a proposta de cuestións extraídas do texto orixinal, 3) a síntese. Era aquí onde
interviñan os estudantes, achegando argumentos e razóns para disputar a teses do mestre.
Deste modo exercitábanse na pugna dialéctica. Estas discusións ás veces abríanse ao público,
dando ocasión ao lucimento discursivo duns e outros. Así conseguían o dominio de técnicas e
recursos escolásticos, demostrando agudeza, enxeño e axilidade mental, pero Descartes
recoñece que, se ben axudaban a defender as posicións, non alcanzaban a descubrir a
verdade, nin tampouco a diferenciar o verdadeiro do falso. Por iso quedou decepcionado con
esta formación escolástica o que o levou á busqueda dun novo método. .
AUTONOMÍA DA RAZÓN
E
MATEMÁTICA COMO
MODELO.
Comentario [F1]: MOI IMPORTANTE
Comentario [C2]: http://es.wikipedia.or
g/wiki/Ren%C3%A9_Descartes
O racionalismo moderno: R. Descartes 3
O que máis lle interesou a Descartes non foron os estudos filolóxicos e humanísticos, senón a
astronomía e as matemáticas: por iso tan pronto como a idade me permitiu saír da suxeición
dos meus preceptores abandonei completamente o estudo das letras (Discurso do método,
Primeira parte).
A partir de 1614 estudou Dereito na universidade de Poitiers, onde se titulou en leis, aínda que
nunca quixo exercer de avogado coa conseguinte decepción do seu pai. Pola contra, ingresou no
exército e interesouse pola vida militar, aínda que o que buscaba en realidade era coñecer o mundo,
como un grande escenario de estudio e reflexión. Dende 1917 pasou por Holanda, Baviera, Alemaña,
Países Baixos, Dinamarca..., sempre ao servizo dun exército ou doutro e rematou decepcionado da
vida militar.
En 1919, na noite do día dez de novembro prodúcese un feito moi significativo na biografía de
Descartes. Tivo os seus tres famosos soños que cambiaron o curso da súa vida. Conta o
filósofo que no primeiro soño se viu eivado e correndo para buscar refuxio nunha igrexa. No
segundo había unha forte tormenta. O terceiro foi definitivo: ante el abriuse a páxina dun libro
escrito en latín, que lle marcaba o camiño a seguir na súa vida, mediante a seguinte inscrición:
¿Quid vitae sectabor iter? (que camiño seguirei na vida?).
Descartes considera que tales soños eran unha auténtica revelación: a voz dicíalle no soño
que tiña que encontrar a verdade e para iso debía reunir todas as ciencias nunha soa, a través
dun método único. Deste modo reformaría a filosofía e superaría o camiño escolástico anterior.
Era un xeito de interpretar que tiña que dedicarse á filosofía e crear un sistema novo que
orientase a historia posterior do saber filosófico. Isto foi o que fixo, e para iso tivo que eliminar
todas as opinións que ata entón había admitira (Discurso do método, Segunda parte).
Estes acontecementos decisivos sucederon mentres se atopaba só ante unha estufa que lle
aliviaba do frío inverno na cidade alemá de Ulm. En agradecemento a tal revelación prometeu
visitar o santuario da Virxe de Loreto, en Italia, o que fixo en 1623, despois de abandonar o
exército e cando se dedicou a viaxar por diferentes lugares de Europa en busca de
tranquilidade para elaborar osseus escritos: Parides, Amsterdam, Utrecht, Leyden... Cría que
para vivir ben había que pasar desapercibido e ata vivir oculto, por iso dixo que só quen se
oculta vive ben (bene vixit qui bene latuit) e fixo disto o lema da súa vida.
En Holanda permaneceu vinte anos, dende 1628, onde viviu de incógnito para eludir as visitas
de amigos e cambiou varias veces de residencia. Non se atopa a gusto na Francia de
Richelieu. O cardeal combatía dentro do país as doutrinas relixiosas luteranas e fora a outros
imperios, como aos Austrias. Non había paz nin cohesión social senón conflitos permanentes
e inestabilidade política. Richelieu implantou o absolutismo para combater á nobreza e
manter sometido pola forza o pobo. Ademais subordinou o catolicismo á nación francesa,
cuxo engrandecemento foi o seu principal obxectivo.
A igrexa defendía a filosofía aristotélica e era monárquica, polo que apoiaba a prohibición de
ensinar doutrinas contrarias á Aristóteles e ao poder divino dos reis no goberno. O Parlamento
de París chegou a decretar a pena de morte na cacharela para calquera formulación ou
doutrina contraria a Aristóteles. En Holanda atopou a paz e liberdade que necesitaba para
investigar e publicar, por iso editou alí boa parte da súa obra. Porén, a prudencia
aconselloulle non publicar o seu Tratado do mundo e da luz, escrito en 1633, ao coñecer a
condena de Galileo por manter o heliocentrismo, que era a base das explicacións físicas que
necesitaba Descartes para a súa teoría.
Na universidade de Leyden ensinou matemática e coñeceu a Golius (1596-1667), profesor de
árabe e matemáticas daquela universidade, que propuxo a Descartes que explicase o problema
matemático de Pappus relativo a segmentos de liñas rectas ligadas por relacións de proporción.
Descartes resolveuno mediante a súa xeometría analítica. En 1635 nace en Holanda a súa filla
Francine, froito da relación amorosa coa súa serventa Helen, e morre de febre escarlata en
1644. Un ano antes coñece a princesa Elizabeth de Holanda, con quen mantén unha
abundante correspondencia sobre temas políticos e morais, que son a orixe da última das súas
obras publicadas en vida, Tratado das paixóns.
O racionalismo moderno: R. Descartes 4
Ao longo destes anos, Descartes fíxose famoso, as súas obras son obxecto de enconados
debates por parte dos aristotélicos, que levaron ao Índice de libros prohibidos o Discurso do
método. Tivo que defenderse dos seus influentes acusadores que o inculparon de escéptico e
ateo, e aínda que contou con importantes defensores rematou por fartarse deste ambiente ou
clima envelenado de disputas. Aproveita entón o convite da raíña Cristina de Suecia para que
sexa o seu mestre ou preceptor e trasládase a Estocolmo en febreiro de 1649, co obxecto de
ensinarlle o seu sistema filosófico. As leccións da raíña comezaban ás 5 da madrugada, o que
fixo que a saúde de Descartes se resentise pronto, xa que tiña por costume durmir moito e
permanecer comodamente en cama lendo e pensando. O frío invernal e os insólitos madrugóns
provocáronlle unha pneumonía, que acabou coa súa vida o 11 de febreiro de 1650, aos 53 anos
de idade.
Enterrado en Estocolmo, o seu cadáver foi reclamado por Francia en 1666 e, unha vez
exhumado, os seus restos trasladáronse á igrexa de Saint Geneviève-du-Mont, máis tarde ao
Panteón, dedicado á memoria dos homes franceses ilustres e posteriormente a Saint
Germain-des-Prés. Parece que o cranio de Descartes foi seccionado e permaneceu en Suecia
ata que o devolveron a Francia, que o ten rexistrado, dende 1878, no Museo do Home, de
París.
1.3. Principais obras de Descartes
A mellor edición das obras de Descartes é a de Ch. Adam e P. Tannery, París 1897-1909.
Regras para a dirección do espírito (publicación póstuma en 1671), Tratado do mundo
(publicado en 1667), Discurso do método ( precedendo a Dióptrica, Meteoros e Xeometría),
Meditacións de filosofía (primeira edición de 1647 incorpora Obxeccións e Respostas),
Principios de filosofía, As paixóns da alma, Tratado do home (publicación póstuma), A busca
da verdade pola luz natural (diálogo inacabado: apareceu tradución latina en 1701)
2. O MÉTODO CARTESIANO
Descartes propuxéronse construír un procedemento ou método que lle
permitise descubrir eficazmente a verdade, ao non lle servir ningún dos
métodos que se utilizaban no seu tempo: a autoridade bíblica ou relixiosa, o
siloxismo dedutivo e a experiencia. Acabou atopando o punto de partida do
método no seu propio pensamento.
2.1. Significado do método
Descartes estivo permanentemente preocupado polo problema da busca da
verdade. Para a investigación da verdade das cousas é necesario o Método
(Regras para a dirección do espírito, IV). Se se carece de método non se pode
emprender ningún tipo de análise. Pola última páxina do Discurso do método
sabemos que empregará a súa vida no coñecemento da natureza para o que
necesita tempo libre máis que honrosos empregos. Tal busca inclúe tres pasos.
a) O primeiro empeza cedo na súa formación inicial cos xesuítas: Fun
alimentado nas letras dende a miña infancia. Lingua e Historia antigas,
Elocuencia e Poesía, Matemáticas, Teoloxía, Filosofía, Xurisprudencia,
Medicina, Lóxica, Xeometría, Álxebra. O resultado da cultura escolar resultou
decepcionante: Atopábame cheo de tantas dúbidas e erros que me parecía non
obter outro proveito, ao tratar de instruírme, que o de descubrir máis e máis a
miña ignorancia. (Discurso do método, Primeira parte).
Comentario [C3]: Moi importante.
O racionalismo moderno: R. Descartes 5
b) Co segundo paso toma a decisión de cambiar o estudio das letras polo
grande libro do mundo (Discurso do método do método, Primeira parte).
Despois de alistarse no exército, aproveita para ir adquirindo experiencias
mundanas no contacto con outros homes e pobos que un gabinete de estudo
non pode proporcionar. Tampouco lle satisfan estes coñecementos mundanos
pois carecen dun fundamento firme.
c) Finalmente, acontece a experiencia definitiva, cando ve con absoluta
claridade cál é a meta que debe alcanzar: un día tomei a resolución de
estudar tamén en min mesmo e de empregar todas as forzas do meu espírito
en elixir o camiño que debía seguir (Discurso do método, Primeira parte, in fine).
Mentres examinaba os seus pensamentos á calor dunha estufa, cae na conta
de que a verdade se atopa na súa propia razón dende a que terá que
empezar a súa investigación das demais cousas.
É, pois, no propio suxeito pensante, onde hai que situar o fundamento seguro
da verdade. Descartes descubriu a subxectividade, o que faría escribir a
Hegel séculos máis tarde que é o creador da filosofía moderna. Descartes
propóñense edificar nun terreo que é enteiramente meu (Discurso do método,
Segunda parte), conducíndose dende si mesmo. Para iso necesita un método
axeitado ao seu descubrimento do eu penso como orixe e fundamento da
verdade.
Na primeira máxima de Regras para a dirección do espírito establece Descartes
a unidade da ciencia, que sustenta no argumento seguinte: a sabedoría humana
é unha soa, aínda que se aplique aos máis diversos temas, polo tanto todas as
ciencias están unidas entre si de tal maneira que é moito máis doado
aprendelas todas xuntas que separar unha delas das outras. Igualmente mantén
a unidade da razón que é por natureza a mesma en todos os homes, xa que
están dotados das mesmas operacións principais da razón: intuición, análise ou
división, síntese ou dedución e enumeración e comprobación de resultados.
A unidade da ciencia e a unidade da razón esixen que o método sexa único. En
efecto, a razón debe estar dotada dun procedemento ou método para alcanzar a
verdade e conter unhas regras metódicas para a súa axeitada dirección, porque
estar ben capacitados, é dicir, posuír unha razón, non é suficiente. Respecto á
ciencia, o ideal da Universalis Sapientia, ou Ciencia xeral ou unificada, só se
alcanzará partindo dun método único.
Dende a Escolástica os coñecementos científicos considerábanse como tales
debido ao seu contido, mentres que para Descartes o fundamental é o
método. Independentemente dos contidos do obxecto do que trate, calquera
saber é ou non científico se cumpre unhas determinadas características
metodolóxicas, mediante as que é posible alcanzar sistematicamente a
verdade.[…]
Aínda que Descartes non ofrece nas súas obras unha exposición completa do
seu método, este comeza pola dúbida. É o recurso cartesiano para erradicar
UNIDADE DA CIENCIA E DA
RAZÓN → UN SÓ MÉTODO
A VERDADE ESTÁ DENTRO
DE CADA UN DE NOS.
SUBXECTIVIDADE
O racionalismo moderno: R. Descartes 6
calquera falsidade e descubrir a verdade. Descartes propóñense rexeitar todos
aqueles coñecementos sobre os que pode recaer a máis mínima sombra de
dúbida. Rexeitou nun primeiro momento o mundo dos saberes vixentes do seu
tempo por ter alicerces moi pouco firmes. Correrá a mesma sorte a experiencia
que lle proporcionaba o libro do mundo. O trato, os costumes e testemuños dos
homes tampouco o convencen, porque son moi variables e pouco firmes. Non
atopa seguridade, polo tanto, na filosofía, nin na moral, nin na ciencia, nin no
coñecemento por experiencia, nin no intelectual. Nunha palabra, tiña que
tomar unha solución radical: No que atinxe ás opinións que ata entón admitira
eu na miña crenza, pensei que non podía facer cousa mellor que intentar por
unha vez suprimilas todas (Discurso do método, Primeira parte; Meditacións de
filosofía primeira, Primeira).
A partir de aquí decide inventar o seu propio camiño dende si mesmo, pois non
atopa ningún principio seguro. Por el camiñará cara á verdade rexeitando
previamente como absolutamente falso o que lle ofrecese a mínima dúbida.
2.2. Dúbida metódica, pensamento e ser
a) Dúbida. A dúbida de Descartes é unha dúbida metódica. Non se manterá
permanentemente nela, senón que, pola contra, a súa finalidade última
consiste en superarse a si mesma, de cara a alcanzar un principio
indubitable. Por conseguinte, ten que ver co inicio do propio método e non
cun o escepticismo alleo a este. A dúbida cartesiana é necesaria para comezar
a filosofía. […]
Sinala Descartes tres fundamentos racionais para dubidar, coa peculiaridade
de que cada un é superior en radicalidade ao seu precedente:
● Os sentidos son falaces. Estamos habituados a seguir unha especie de
empirismo natural na nosa crenza de que os sentidos son os balcóns polos que
nos asomamos á realidade e a capturamos para organizar as nosas sensacións
despois. Cremos que os sentidos son os mediadores entre a realidade e o
pensamento. Mediante eles chega este a reflectila. Habería que violentar a
nosa mente para facela dubidar dos obxectos inmediatos, que se nos
presentan. Os sentidos son os que coñecen inicialmente as cousas: todo o
adquirimos mediante eles. Non obstante, non é menos certo que os sentidos
nos enganan algunhas veces. Así, por exemplo, cremos ver a silueta da nosa
amiga que esperamos, pero ao achegarnos comprobamos que se trata doutra
persoa. O olor dun alimento pode producir sensacións pracenteiras, pero
cando o probamos non nos gusta. Por conseguinte, non podo fiarme dos
sentidos: non son fonte segura de coñecemento.
● Os soños. Aínda que concedésemos non poder dubidar das experiencias
antes descritas, a hipótese do sono inclúe tamén a posibilidade da dúbida
razoable sobre elas. E se estivese soñando que agora estou aquí, escribindo
traballosamente os meus pensamentos sobre o papel? En tal caso, podería
saber que se trata dun puro sono? Non hai indicios certos para distinguir o soño
da vixilia, contesta Descartes. Por iso resolvín finxir que nada do que ata
entón entrara na miña mente era máis verdadeiro que as ilusións dos meus
soños.
Descartes observa que a filosofía
leva dende os presocráticos sin
alcanzar un acordo unánime ou
un coñecemento certo. Fronte á
filosofía a matemática parece
que progresou continuamente, e
aparece como unha ciencia certa
e indubidable. Esto leva a
Descartes a tomar a matemática
como modelo. Considera que o
que necesita a filosofía é un
MÉTODO que procure un
coñecemento certo e seguro
como o das matemáticas.
Este método consistira na
DÚBIDA METÓDICA. E dicir:
dubidar de todo hasta atopar
unha certeza indubidable.
DÚBIDA METÓDICA
OS SENTIDOS
UN SOÑO
XENIO MALIGNO
Comentario [C4]: Principio do
Racionalismo: pensar = existir
O racionalismo moderno: R. Descartes 7
● Un xenio maligno. Non obstante, hai coñecementos que non son
afectados pola dúbida. Valla, como exemplo, a matemática. Nela hai algo
certo e indubidable, por esta razón: Durma eu ou estea esperto, sempre dous
e tres sumarán cinco e o cadrado non terá máis de catro lados. Por iso é
preciso dar un paso máis para facer universal o proceder da dúbida: Suporei,
pois, ... que certo xenio ou espírito maligno, non menos astuto e burlador que
todopoderoso puxo a súa industria toda en enganarme. Poderiamos ser feitos
cunha razón defectuosa por un Deus que nos quixese enganar e isto sería
dramático para un racionalista que só confía na súa razón. A hipótese do
xenio maligno é o límite epistemolóxico da dúbida radical.
Descartes non poden avanzar ningunha hipótese máis e remata a súa dramática
descrición confesando que, quizais, non sexa posible aclarar todas as tebras
das dificultades que acabo de promover. Pode, mesmo, que non sexa capaz xa
de resolver tantas dúbidas como ten, pero, ao mesmo tempo, está convencido
de que se atopa no bo camiño, que seguirá ata que, como Arquímedes e a súa
panca, atope un punto firme e certo.
b) Primeira certeza. Ese punto firme descóbreo no pensamento. En efecto, nin
sequera o todopoderoso espírito maligno poderá, cos seus enganos, impedir
que eu pense mentres estou a dubidar: Engáneme canto queira, que non
conseguirá que eu sexa nada mentres estou a pensar que son algo. Soñe ou
estea esperto, engáneme ou estea no certo, penso... e se penso, polo menos
como cousa pensante, existo.
Remata aquí a dúbida radical e conséguese a primeira certeza: o pensar
mesmo é xa un feito indubidable. Non será este, acaso, o punto de apoio que
andaba buscando? Dende logo. Teño conciencia de que dubido, mesmo de
que me están a enganar. Así o formula Descartes: E advertindo que esta
verdade: penso, logo son, era tan firme e seguro que as máis extravagantes
suposicións dos escépticos eran incapaces de conmovela, pensei que podería
aceptala sen escrúpulo como o primeiro principio da filosofía que andaba
buscando. […]
Aquí finaliza a primeira etapa cartesiana, a da dúbida, e queda descuberto o
pensar como realidade primeira e punto de partida da construción metódica da
verdade. O pensamento é o principio firme do que xurdirá dedutivamente todo
o resto das cousas, a condición da súa posibilidade. A instancia racional,
considerada como a máis valiosa dende Galileo, agora queda consolidada
como tal para non abandonar nunca máis os homes da modernidade: Non hai
nada que estea enteiramente no noso poder máis que osnosos pensamentos.
c) Novo criterio de verdade. Que é o que garante a total coincidencia entre
pensar e ser, de tal maneira que no momento en que penso sei que existo?
Simplemente a evidencia: Na proposición penso, logo existo, o único que me
asegura de que digo a verdade é que vexo moi claramente que para pensar é
necesario ser. Non Se trata dun razoamento, como pode suxerir falsamente o
ergo latino, senón dunha propiedade que, de forma directa ou inmediata,
comparece ante o espírito; ten carácter intuitivo, non dedutivo (todo o mundo
PENSO LOGO EXISTO →
REMATE DA DÚBIDA E
PRINCIPO DE CERTEZA.
O racionalismo moderno: R. Descartes 8
pode ver por intuición intelectual que el existe, que pensa...). A intuición
garante certeza absoluta.
Certeza é o asentimento e adhesión do suxeito ao que considera verdadeiro,
sen que teña ningunha dúbida diso. Verdadeiro é o que concibe moi clara e
distintamente. Evidente é o que se presenta directa e inmediatamente ao
suxeito, que non necesita demostralo por consideralo como seguro. Descartes
propúxose co seu método chegar á verdade e para iso estableceu que coñezo
verdadeiramente cando teño unha idea clara e distinta de algo, é dicir, que se
manifesta de modo tan preciso que non pode confundirse con outra cousa, ao
ser evidente. Ante a evidencia o meu espírito só pode mostrarse conforme,
sen ningunha dúbida, xa que a evidencia obriga á aceptación.
Así pois, no cogito (pensamento), remata a dúbida, descóbrese o suxeito como
punto de partida da filosofía e xustificación do criterio de certeza. Criterio é a
norma ou regra que nos permite analizar os xuízos e confirmar a súa verdade
ou falsidade. Esta é a regra: todo o que eu perciba coa mesma claridade e
distinción que a intuición ou evidencia inmediata do eu penso (cogito) é
verdadeiro. Claro é algo que se presenta ao meu espírito de modo que abonda
examinalo para que sexa coñecido sen deixar ningunha abertura á sombra de
dúbida. Distinto é aquilo que capto de modo que o podo diferenciar
externamente con precisión de calquera outra cousa, así como, internamente,
separar as súas partes compoñentes.
Co seu criterio de verdade, Descartes eliminou anteriores normas e modelos,
como a autoridade ou, incluso, a experiencia e instaura o reino da razón.
2.3. Regras para a dirección do espírito
Agora que dispoñemos do criterio de verdade pódese precisar o método e as
regras que nos permitan obtela. Polo método entendo regras doadas e certas,
cuxa observación rigorosa impide tomar o falso por verdadeiro, e que fan que o
espírito, sen empregar inutilmente ningún esforzo, senón acrecentando
gradualmente a súa ciencia, chegue ao coñecemento verdadeiro de todo o que
é capaz de coñecer.
O método contén un número de preceptos e dispón de regras. Porén, é algo
máis que simples regras. Consiste nunha serie de operacións fundamentais
da razón (intuición, análise ou división, dedución e verificación de resultados)
e unha concepción do coñecemento científico que só pode fundamentarse na
evidencia absoluta. Toda ciencia é un coñecemento certo e evidente.
Pasemos a examinar o método. No Discurso do método aparece unha
exposición sistemática, de apenas media páxina, na que se limita a referir os
catro preceptos seguintes:
● Evidencia. Non aceptar nunca cousa ningunha como verdadeira, sen
coñecela evidentemente como tal; é dicir, evitar coidadosamente a
precipitación e a improvisación e non admitir nos meus xuízos nada máis que
o que se presentase ao meu espírito tan clara e distintamente que non tivese
A INTUICIÓN É O CRITERIO
DE CERTEZA
CRITERIO DE VERDADE
RACIONALISTA:
ALGO É CERTO SI SE NOS
PRESENTA COMO UNHA
INTUICIÓN CLARA E
DISTINTA.
REGRAS DO MÉTODO:
- EVIDENCIA
- ANÁLISE
- SÍNTESE
- ENUMERACIÓN.
MÉTODO: Regras doadas e certas
que impiden tomar o falso por
verdadeiro.
O racionalismo moderno: R. Descartes 9
motivo ningún de poñelo en dúbida.
● Análise. Dividir cada unha das dificultades que examinase en tantas partes
como fose posible e en cantas se requirisen para a súa mellor resolución.
● Síntese. Conducir ordenadamente os meus pensamentos, comezando
polos obxectos máis simple e fáciles de coñecer para ascender pouco a
pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis complexos, supoñendo,
mesmo, unha orde entre os que non se preceden naturalmente.
● Enumeración. Facer en todo enumeracións tan complexas e revisións tan
xerais que estivese seguro de non omitir nada,
En Regras para a dirección do espírito Descartes establece dous procedementos
para obter certeza, a intuición e a dedución. Os obxectos, é dicir, a realidade
constitúe conxuntos de datos elementais ou naturezas simples que establecen
nexos ou enlaces entre si. É preciso reconstruír tales datos e restablecer o
conxunto, para obter a súa captación completa. Pois ben, mediante a dedución
reconstrúese e por intuición coñécese os elementos ou naturezas simples. […]
3. A REALIDADE
Unha vez descubertas e formuladas as regras do método, Descartes utilízao
para coñecer a realidade, que abrangue tres ámbitos ontolóxicos ou
substancias: infinita, pensante e extensa. A análise das dúas últimas constitúe
o tratamento cartesiano do home, que é res cogitans pola súa alma e res
extensa polo seu corpo. A esencia do mundo ou a natureza é tamén a
extensión. Ademais, queda Deus como res infinita. Complétase así a súa
filosofía na concepción da realidade antropolóxica, teolóxica e física.
3.1. Cogito: Eu son un pensamento
Vexo que nada hai que me sexa máis doado de coñecer que o meu propio
pensamento. Na orde do coñecemento o primeiro é o eu penso. É a única
realidade que está a salvo da dúbida. Pensar é a natureza propia do eu, a súa
esencia, de tal maneira que Descartes afirma coñecer o pensamento antes que
o corpo e incluso prescindindo del.
Así, pois, penso, logo son. Pero, que ou quen son? Descartes contesta sempre
do mesmo xeito: Son, falando con precisión, unha cousa que pensa, o que
significa: unha cousa que dubida, entende, concibe, afirma, nega, quere, non
quere e, tamén, imaxina e sente. E isto en virtude de que teño diso unha
percepción clara e distinta, e esta é a regra xeral de certeza
Descartes puido quedar aquí. Quizais non cabía ningunha coherencia maior
que permanecer na subxectividade. Non obstante, sentiu a necesidade de dar
o salto á realidade extrasubxectiva e para iso necesitou apoiarse na idea
de Deus. Sen Deus non habería coñecemento do mundo real.
3.2. Deus, o ser perfecto
En que consiste a materia dos meus pensamentos? Nas ideas.
CERTEZA:
PENSO, LOGO EXISTO
PROBLEMA : como saír da
subxectividade ? Como garantír
que o que hai fora da razón
existe? Desmostrando a
existencia de Deus.
Deus é quen garante que o que
observo no mundo é certo.
O racionalismo moderno: R. Descartes 10
dende logo. Así, por exemplo, ter un pensamento sobre o ceo, a terra, a calor,
Deus, etc., é, falando con precisión, ter a idea de ceo, de terra, de calor, de
Deus, etc. […]
Finalmente clasifica as ideas en tres tipos:
1) as que me parecen nacidas en min: innatas, por exemplo, saber que é a
verdade ou que é o pensamento;
2) as que me parecen vindas de fóra: adventicias, como oír un ruído ou sentir
o lume;
3) as formadas por min mesmo: facticias, como as sereas ou os hipogrifos.
As máis importantes son as ideas innatas, xa que constitúen a conexión entre
pensamento e Deus (o innatismo é a tese principal do racionalismo).
Respecto a Deus, Descartes ofrece os seus argumentos en distintas obras pero
con formulacións similares. Que Deus existe próbase pola idea do ser
perfecto. Pois, no feito da dúbida descubro que eu non son perfecto -hai máis
perfección en coñecer que en dubidar- Pero entre as ideas que eu teño atopo
a idea dun ser perfecto e infinito -baixo o nome de Deus entendo unha
substancia infinita, eterna, inmutable, independente, omnisciente, omnipotente.
Se preguntamos de onde procede esa idea, temos que admitir que o máis
perfecto non pode proceder do menos perfecto, é dicir, que esa idea non vén
de min, é innata, e, por conseguinte, debo deducir que tal natureza existe -que
Deus, ese ser tan perfecto, é ou existe, atopábao polo menos tan certo como
puidese selo calquera demostración da xeometría.
Un primeiro argumento di que se eu teño na miña mente a idea de Deus, que é
un ser perfecto, esta idea non pode vir de min, que son un ser imperfecto
porque do imperfecto non pode proceder o perfecto. Logo só queda que o
propio Deus a teña implantado na miña natureza racional, polo que a súa
existencia é innegable.
O segundo argumento afirma que se o contido do que está no pensamento
non existe tamén na realidade, entón ese contido non sería a perfección, pois
existir no pensamento e na realidade é máis perfecto que existir soamente no
pensamento. Este é o argumento anselmiano reformulado por Descartes
e denominado comunmente argumento ontolóxico.
3.3. Mundo e dualismo cartesiano
O percorrido do razoamento cartesiano irá do eu a Deus e de Deus ao mundo
exterior. Convén precisar o idealismo de Descartes, no sentido de que non
nega a existencia do mundo externo, como fai o idealismo radical, pero esta
existencia é unha idea que ten que ser xustificada como tal para ser
considerada lexítima por parte do coñecemento. Xustamente faino dende
Deus. Hai un parágrafo luminoso ao final da quinta Meditación: E agora,
coñecéndoo, [ refírese a Deus] posúo o modo de adquirir unha ciencia perfecta
sobre infinidade de cousas, non só das que están nela, senón tamén das que
pertencen á natureza corporal en canto obxecto posible das demostracións
xeométricas. Despois de coñecer con seguridade que Deus existe e que é a
IDEAS:
- INNATAS
- ADVENTICIAS
- FACTICIAS
Comentario [C5]: Primeira proba da
existencia de Deus.
Comentario [C6]: Segunda proba.
Argumento Ontolóxico.
O racionalismo moderno: R. Descartes 11
bondade suprema, desaparece a imaxe dun deus ou xenio maligno e
enganador. Só un Deus malo e poderoso podería modificar a estrutura da miña
razón ata volvela incompleta e defectuosa, pero eu sei que Deus é un ser
perfecto, infinito e bo, polo que non me vai enganar, porque entón no seu seo
habitaría a maldade e, polo tanto, a imperfección, é dicir, non sería Deus.
Na súa argumentación Descartes realiza unha aplicación rigorosa do método: o
mundo, ao igual que Deus, deberá ser obxecto dunha demostración. É
manifesto que os corpos non son coñecidos propiamente polos sentidos ou
pola facultade de imaxinar, senón polo entendemento só, e que non son
coñecidos porque os vemos e os tocamos, senón porque os entendemos ou
comprendemos polo pensamento. Pero o feito de pensalos non implica que
existan.
Existen cousas materiais? Na Meditación segunda considera os corpos que
vemos e tocamos, poñendo como exemplo un anaco de cera. Que conciben
dela os meus sentidos? Quizais un olor, unha cor, unha figura, un tamaño, etc.
Pero, cando desaparece todo isto (por exemplo, se a quentamos), ¿que
queda? Non queda certamente máis que algo extenso, flexible e mudable.
fronte ao que nos digan os sentidos.
O argumento xeral de Descartes, resumidamente, é este. Eu penso na idea
clara e distinta de extensión e, ademais, teño a convicción de que existen as
cousas extensas como o meu corpo e outros corpos ao meu redor. Pero como
Deus non pode enganarnos, a súa veracidade garante a existencia de tales
corpos e do mundo físico que configuran.
Queda así establecido o dualismo cartesiano, res cogitans fronte a res
extensa, ou pensamento fronte a corpo: A miña alma é enteira e
verdadeiramente distinta do meu corpo, podendo ser e existir sen o corpo. Con
iso formularase ao racionalismo posterior o difícil problema da comunicación
das substancias.
3.4. Comunicación das substancias ou relación mente e corpo
Pensamento e extensión son dúas substancias independentes entre si,
porque son heteroxéneas e existen separadamente, cunha excepción, o caso
do ser humano, no que se atopan unidas. En As paixóns da alma escribe
Descartes: a alma está realmente unida a todo o corpo e non podemos dicir
que non exista nunha calquera das súas partes con exclusión das outras.
Se se trata de dúas substancias independentes, espírito pensante e corpo
extenso, como se comunican entre si? Como inflúe a mente no corpo e
viceversa? Como podo eu ter sensacións, se o eu é inextenso, porque
pertence ao pensamento, e as sensacións son extensas, porque pertencen ao
corpo, que é materia? Como aplicar o espírito á materia? Por que no momento
de darse unha acción psíquica paralelamente sucede a conseguinte acción
física que corresponde a aquela? A solución que achega Descartes é que Deus
fixo o mundo material de maneira que nel fosen aplicables os pensamentos da
DUALISMO CARTESIANO:
EU
DEUS
MUNDO
RES COGITANS (PENSAMENTO)
RES EXTENSA (CORPO)
O racionalismo moderno: R. Descartes 12
mente. Nos seres humanos hai un lugar concreto de unión entre o corpo
material e a alma espiritual: a glándula pineal. Este órgano situado no cerebro,
na parte denominada encéfalo, cuxos órganos forman o sistema nervioso,
unifica as sensacións procedentes dos sentidos.
Outros racionalistas chegaron a solucións diferentes a Descartes, que poden
explicarse co exemplo de dous reloxos que funcionan con total coincidencia, de
modo similar ao funcionamento da alma e o corpo. Hai tres explicacións
posibles: 1) un dispositivo técnico conecta os dous reloxos, 2) un mecánico
supervísaos e regula permanentemente, 3) unha fabricación rigorosa e precisa
destes. Os ocasionalistas, como Malebranche, poñen en Deus o mecánico
supervisor: ante un movemento da alma Deus produce o correspondente e
coincidente movemento do corpo. Deus actúa con ocasión de tal acción da alma
ou do corpo. A causa é substituída pola ocasión.
Leibniz recorre á harmonía preestablecida fronte ao dispositivo técnico da
glándula pineal de Descartes ou o mecánico supervisor de Malebranche.
Propón a terceira explicación: Deus creou as dúas substancias con tal
perfección que, aínda que sigan as súas propias leis, coinciden exactamente
nas súas actuacións, grazas a que o Creador estableceu previamente a súa
harmonización.
Spinoza cambiou radicalmente toda a formulación: non hai dous reloxos ou
dúas substancias separadas, só existe unha, a divina ou Deus. A coincidencia
ou harmonía explícase porque pensamento e extensión son atributos, é dicir,
propiedades ou constitucións da única substancia. Hai, pois, un reloxo con dúas
esferas. Esta é a solución máis simple e sinxela, as demais son bastante
artificiais. O problema da solución de Spinoza é que leva ao panteísmo: a
natureza ou a extensión é o mesmo Deus.
4. A MORAL POR PROVISIÓN
Descartes propón tamén unhas regras de moral, extraídas do método, que
permitan vivir ben razoablemente e de modo tranquilo. Na vida necesitamos
tomar decisións libremente elixidas mediante accións autónomas, coas que os
seres humanos poidan axustarse á orde do mundo.
4.1. Moral por provisión ou moral provisional?
A terceira parte do Discurso do método leva por título algunhas regras de moral
sacadas do método. Segundo isto, a moral non é independente da súa teoría
do coñecemento e procede igualmente do método, o que parece lóxico. Por un
problema de tradución fíxoselle dicir a Descartes que ofrece unha moral
provisional, cando no texto orixinal escribe moral por provision. A diferenza non
é de matiz, é importante. "Provisional" é o que se ten momentaneamente e
algo adicional, que pode perderse pronto. Neste caso as regras de moral non
serían permanentes. En cambio, por provisión significa para prover e previr,
para dispoñer os medios e resolver un problema, cos recursos necesarios.
O racionalismo moderno: R. Descartes 13
Cal é o sentido da moral? A vida humana non se pode deter, necesita actuar
dende a situación en que se atopa de xeito racional. Vivir felizmente, é dicir, de
modo satisfactorio, é unha tarefa de todos os días e non é posible esperar na
orde práctica, como se fai no teórico, ata resolver a dúbida. Por iso,
para poder dedicarse ao cultivo da razón e descubrir a verdade, obxectivo
que plenifica ao ser humano, propón as regras de moral para previr calquera
continxencia.
4.2. As regras da moral
Descartes di que a súa moral só contén tres máximas.
1ªObedecer ás leis e costumes do meu país, seguindo as opinións moderadas
dos máis sensatos. Non só é cousa de sentido común, senón de sabedoría
práctica, propia do home prudente, no sentido aristotélico. Nos costumes
inflúe a relixión que se teña e tamén a moderación e sensatez para actuar.
2ª Ter firmeza e resolución nas accións, unha vez que tomou a decisión máis
axeitada. Non cabe demorarse ata saír de dúbidas, pola necesidade imperativa
de ter que actuar. Trátase de tomar unha decisión, libremente elixida, e poñela
en práctica, aínda que despois chegase a resultar equivocada.
3ª Vencerme a min mesmo antes que á fortuna, e cambiar o meu desexo máis
que a orde do mundo. Atópase aquí a presenza dunha racionalidade estoica
evidente. Sabedoría para actuar de acordo coa orde do mundo, dominando os
desexos inmoderados que perturban a vida. É prudente repregarse ante as
circunstancias e ata se ocultar para vivir a gusto e felizmente. É esta unha
moral individualista, propia da burguesía dos tempos de Descartes. O que
importa é manter a liberdade individual. Di Descartes que o único que nos
pertence son os nosos pensamentos, o demais está fóra de nós, polo que non
importa se non se pode conseguir, xa que é alleo a min.
Coa tranquilidade de ánimo que lle proporcionan estas tres máximas pode
dedicarse enteiramente ao cultivo da razón, que é a mellor ocupación dos
homes, e a que a el lle proporcionou os maiores gozos e satisfaccións.
5. MECANICISMO E MATEMÁTICAS
Para explicar os corpos Descartes acode ao mecanicismo. Cre que as
calidades obxectivas das cousas pódense medir co instrumental matemático.
Deste modo continúa coa súa liña racionalista. Que conciba a plantas e
animais como algo mecánico, produciu gran desconcerto entre os seus
coetáneos, que o xulgaron como un grande erro.
5.1. Mecanicismo fronte a organicismo
O mecanicismo é un sistema que explica a realidade mecanicamente, é dicir,
a través da materia, as forzas e os movementos que se dan nela. O
mecanicismo rexeita as calidades secundarias (cores, sons e sabores son
aspectos subxectivos ou mentais e non propiedades esenciais das cousas) e
acepta soamente as calidades primarias (figura, tamaño), porque son trazos
obxectivos que conteñen as cousas, xa que poden medirse e cuantificarse.
MECANICISMO
Cualidades Secundarias:
Subxectivas.
Cualidades Primarias:
Obxectivas. Medibles.
Cuantificables.
Comentario [C7]: Moral conservadora.
Comentario [C8]: Propio dun
Racionalista: A razón por enrriba da
paixón.
O racionalismo moderno: R. Descartes 14
Rexeita igualmente as causas finais, porque se considera que son suficientes
as causas eficientes para a explicación da realidade.
Descartes é mecanicista en canto á explicación do mundo físico. Defende que
as calidades primarias están nas cousas e se poden describir
matematicamente. Por iso a ciencia cartesiana segue o modelo matemático,
posto que a matemática é o instrumento imprescindible para medir cantidades
e magnitudes. Segundo Descartes, os fenómenos físicos non se explican pola
experiencia, senónquese rexen por unha lei que segue esquemas matemáticos de
orde e medida.
Na explicación dos animais e as plantas distánciase Descartes do modelo
organicista aristotélico. Animais e plantas non son organismos vivos que teñan
unha finalidade, como en Aristóteles, senón realidades mecánicas, é dicir,
máquinas reducibles a cantidades materiais mensurables, procedentes da súa
propia natureza, sen nengún tipo de causalidade final. Na natureza non hai fins,
só se producen choques ou accións mecánicas duns corpos con outros.
Para o racionalismo a matemática é a base da ciencia, mentres que o
empirismo fundamentará a física, que é o seu modelo de ciencia, na
experiencia.
VIDEOS RECOMENDADOS:
http://www.youtube.com/watch?v=TZIBmTiCuYs
http://www.youtube.com/watch?v=hP9uWUO3ivI
En inglés:
http://www.youtube.com/watch?v=BHihkRwisbE
http://www.youtube.com/watch?v=BWH00ugAeEc
Comentario [C9]: Rexeita o finalismo
Aristotélico.
Comentario [C10]: A experiencia en
todo caso só serviría para verificar o
postulado pola cuantificación matemática.

More Related Content

Viewers also liked

David LaChapelle
David LaChapelleDavid LaChapelle
David LaChapelleverouskly
 
Acróstico lousa
Acróstico lousaAcróstico lousa
Acróstico lousaAnaigreja
 
Descripcion Observacion
Descripcion ObservacionDescripcion Observacion
Descripcion ObservacionJimmicin Leaks
 
Libro expgalileo bynweb
Libro expgalileo bynwebLibro expgalileo bynweb
Libro expgalileo bynwebddeborguie
 
Questionário sobre hábito de leitura
Questionário sobre hábito de leituraQuestionário sobre hábito de leitura
Questionário sobre hábito de leituraAna Letra
 
Acordo Ortografico
Acordo OrtograficoAcordo Ortografico
Acordo OrtograficosextoD
 
Hem Visitat L’Ajuntament!!!
Hem  Visitat L’Ajuntament!!!Hem  Visitat L’Ajuntament!!!
Hem Visitat L’Ajuntament!!!blaukira
 
Importancia de la educación física victor salcedo
Importancia de la educación física victor salcedoImportancia de la educación física victor salcedo
Importancia de la educación física victor salcedoVICTORSALCEDOCHACON
 
Bg 6 a estrutura da molécula de dna
Bg 6   a estrutura da molécula de dnaBg 6   a estrutura da molécula de dna
Bg 6 a estrutura da molécula de dnaNuno Correia
 
Hist maria cast[1]
Hist maria cast[1]Hist maria cast[1]
Hist maria cast[1]roquebela
 

Viewers also liked (20)

David LaChapelle
David LaChapelleDavid LaChapelle
David LaChapelle
 
18 de julio
18 de julio18 de julio
18 de julio
 
1º domingo advento b -2014 bene pagola
1º domingo advento   b -2014  bene pagola1º domingo advento   b -2014  bene pagola
1º domingo advento b -2014 bene pagola
 
Acróstico lousa
Acróstico lousaAcróstico lousa
Acróstico lousa
 
Descripcion Observacion
Descripcion ObservacionDescripcion Observacion
Descripcion Observacion
 
Libro expgalileo bynweb
Libro expgalileo bynwebLibro expgalileo bynweb
Libro expgalileo bynweb
 
Ruta matemática definitiva
Ruta matemática definitivaRuta matemática definitiva
Ruta matemática definitiva
 
Experimentando
ExperimentandoExperimentando
Experimentando
 
Quem procura, acha
Quem procura, achaQuem procura, acha
Quem procura, acha
 
Questionário sobre hábito de leitura
Questionário sobre hábito de leituraQuestionário sobre hábito de leitura
Questionário sobre hábito de leitura
 
Dereitos humanos
Dereitos humanosDereitos humanos
Dereitos humanos
 
Acordo Ortografico
Acordo OrtograficoAcordo Ortografico
Acordo Ortografico
 
Hem Visitat L’Ajuntament!!!
Hem  Visitat L’Ajuntament!!!Hem  Visitat L’Ajuntament!!!
Hem Visitat L’Ajuntament!!!
 
BáSquetbol
BáSquetbolBáSquetbol
BáSquetbol
 
Apresentação 2010 2011
Apresentação 2010 2011Apresentação 2010 2011
Apresentação 2010 2011
 
dafo_ies_cavaleri
dafo_ies_cavaleridafo_ies_cavaleri
dafo_ies_cavaleri
 
Importancia de la educación física victor salcedo
Importancia de la educación física victor salcedoImportancia de la educación física victor salcedo
Importancia de la educación física victor salcedo
 
diegomariazulliban
diegomariazullibandiegomariazulliban
diegomariazulliban
 
Bg 6 a estrutura da molécula de dna
Bg 6   a estrutura da molécula de dnaBg 6   a estrutura da molécula de dna
Bg 6 a estrutura da molécula de dna
 
Hist maria cast[1]
Hist maria cast[1]Hist maria cast[1]
Hist maria cast[1]
 

Similar to Racionalismo & Descartes

Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bachComentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bachEva Garea
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino nieveslopez
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino nieveslopez
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquinonieveslopez
 
A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)masinisa
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacementoaggcoruxo
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición
A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposiciónA función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición
A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposiciónproxectoderriba
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaSanti Pazos
 
O renacimiento literario
O renacimiento literarioO renacimiento literario
O renacimiento literariorcms9
 
Nome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_herediaNome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_herediaEva Garea
 

Similar to Racionalismo & Descartes (20)

Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bachComentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
 
Humanismo e reforma
Humanismo e reformaHumanismo e reforma
Humanismo e reforma
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
Tomé de Aquino
Tomé de AquinoTomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
 
Música no Renacemento
Música no RenacementoMúsica no Renacemento
Música no Renacemento
 
A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacemento
 
A ilustración
A ilustraciónA ilustración
A ilustración
 
A Idade Moderna
A Idade ModernaA Idade Moderna
A Idade Moderna
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
A idade moderna
A idade modernaA idade moderna
A idade moderna
 
O matemático Rodríguez
O matemático RodríguezO matemático Rodríguez
O matemático Rodríguez
 
A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición
A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposiciónA función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición
A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición
 
Unidade 1 - 4º E.S.O.
Unidade 1 - 4º E.S.O.Unidade 1 - 4º E.S.O.
Unidade 1 - 4º E.S.O.
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e Reforma
 
O renacimiento literario
O renacimiento literarioO renacimiento literario
O renacimiento literario
 
O Humanismo.
O Humanismo.O Humanismo.
O Humanismo.
 
Nome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_herediaNome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_heredia
 

Racionalismo & Descartes

  • 1. O racionalismo moderno: R. Descartes 1 O RACIONALISMO MODERNO: R. DESCARTES 1. CONTEXTUALIZACIÓN 1.1. Marco histórico, social e filosófico Descartes nace ao finalizar o século XVI e morre na metade do século XVII. Nese tempo Francia tivo dous gobernantes, Enrique IV e Luis XIII, aínda que realmente o peso do goberno correu a cargo do cardeal Richelieu, que exerceu o poder absoluto en nome do Rei Luis XIII. O seu primeiro obxectivo foi o sometemento dos hugonotes, nome que daban en Francia aos seguidores das doutrinas do protestante Calvino, que ata 1685 viviran en paz, grazas ao edicto de Nantes, concedido por Enrique IV, que lles daba liberdade para practicar as súas crenzas, aínda que non fosen católicas. Suprimido o edicto sucedéronse conflitos, tensións, rebeldías e violencias. Richelieu propúxose pacificar a Francia e situala internacionalmente no cume das nacións para o que estableceu no goberno un poder absoluto, continuado despois por Luis XIV, que se autodenominou "o rei Sol". Igual que o sol é o centro do mundo, a monarquía de Luis XIV era o sol e todo o demais tiña que xirar en torno a el. Deste modo todo estaba sometido á vontade do rei, o que foi a verdadeira expresión do absolutismo. Na monarquía absolutista o rei é o soberano, que non ten ningunha limitación no exercicio de goberno, nin sequera da relixión. Responde soamente ante Deus, de quen é o lugartenente na terra. Luis XIV serviría de modelo para establecer en Europa o absolutismo nos séculos XVII e XVIII, sistema de goberno no que se concentra a totalidade de poder na persoa real. O monarca absoluto representa a Deus, é a encarnación do Estado, e débeselle completa obediencia por ser el mesmo a lei. Quen non obedeza será acusado de sacrilexio, por faltar ao respecto debido a quen é considerado sagrado, e de cometer delito de lesa maxestade ou agravio ao rei. Luis XIV quería someter a nobreza e o clero, que obedecía o papa romano. No plano social había unha organización estamental con tres niveis ou estamentos en cada un deles. Clero, nobreza e terceiro estado formaban a pirámide. Dentro do clero, o alto (abades e bispos importantes), o medio (párrocos de cidade) e o baixo (curas rurais). A nobreza tamén se dividía en alta (con título procedente de feitos de guerra, formaban a corte do rei), rural (podía comprar títulos), pobre. No terceiro estado atopaba a burguesía, igualmente de nivel alto (ten título de nobreza, que se conseguía mediante a súa compra ou por servizos ao monarca), medio (rendas e negocios) e popular (pequenos comerciantes e campesiños). Os marxinados (en torno ao 10% da poboación) non se consideraban membros da nación. Eran mendigos, pobres e delincuentes e chegaban a pasar fame. Converterse en pobre era algo frecuente. Así acontecía cando se perdía a colleita, por causa do clima ou polas guerras, que adoitaban deixar á xente na miseria ou malferida ou moribunda. En Francia recluían estas persoas en asilos e hospitais, ou socorríaos a Igrexa, mediante as ordes relixiosas. O monarca absoluto era na práctica dono da vida e da morte dos seus súbditos. Esta situación de medo e inseguridade explica que Descartes fose tan prudente, mesmo deixando de publicar en vida algúns dos seus escritos, ou trasladándose dende Francia a outros países, pola dificultade intelectual e persoal que lle producía vivir sen liberdade de pensamento e actuación. Descartes viviu a época do absolutismo e tamén da Contrarreforma, o movemento da Igrexa católica creado no século XVI para combater os efectos da reforma protestante de Lutero e os seus seguidores, que empezou en Francia a partir de 1625, cunha feroz represión aos hugonotes. A tradición e o recurso aos libros sagrados, os filósofos e os teólogos foron durante a Idade Media fundamento da verdade. En cambio, o Renacemento cuestionou a tradición e a partir do MONARQUÍA ABSOLUTISTA SOCIEDADE ESTAMENTAL CLERO NOBREZA TERCEIRO ESTADO RENE DESCARTES
  • 2. O racionalismo moderno: R. Descartes 2 século XVII a autoridade de libros e teólogos non era suficiente, polo que Descartes comezou as súas investigacións para atopar a verdade a través dun novo método baseado na racionalidade dedutiva das matemáticas. Impúxose, pois, a renovación da filosofía porque o modelo anterior, aristotélico-tomista, caducara, polo que os filósofos se aproximan á ciencia. Na época absolutista, coa Contrarreforma en marcha, a nova ciencia tamén atopa dificultades para expresar e divulgar os seus descubrimentos. A Descartes formáranlle na tradición escolástica, agora comprende a necesidade de abandonar o método escolástico e crear unha nova filosofía, segundo o modelo dedutivo das matemáticas. Para isto quédalle un punto de apoio único: a autonomía da razón, que constitúe a base do racionalismo: a única autoridade á que se somete a razón é a si mesma, sen ningunha limitación. O racionalismo caracterízase por estes trazos: ● A razón non ten límites, pode coñecelo todo. ● Os coñecementos proceden da razón, non dos sentidos. ● O coñecemento alcánzase por dedución, partindo de principios ou ideas innatas da razón. ● A matemática é o modelo de ciencia perfecta. O físico, por exemplo, os movementos da natureza ou nos seres vivos, explícanse mediante unha estrutura matemático-xeométrica, porque todo pode reducirse a orde e medida. Unha figura xeométrica é medible, xa que está formada por puntos, liñas e superficies. 1.2. Aspectos biográficos de Descartes René Descartes naceu na cidade de La Haye, Turena (Francia), o 31 de marzo de 1596 e morreu en Estocolmo (Suecia) o 11 de febreiro de 1650. Foi coñecido polo seu nome latinizado de Renatus Cartesius, de aquí procede a denominación de cartesiano ao seu sistema filosófico. Ao pouco tempo de nacer, a súa nai morreu, polo que quedou ao coidado da súa avoa e unha ama de leite. O pai, que era avogado e xuíz, gozaba de boa situación económica e dalgunhas propiedades, que máis tarde herdará Descartes e lle permitirá vivir dedicado só á filosofía. En 1606 é enviado ao colexio de La Flèche, un internado de xesuítas, para iniciar os seus estudos, no que permaneceu oito anos. Era un dos mellores colexios de Europa, segundo a estimación do propio Descartes. Recibiu unha excelente educación clásica e filosófica: estudou os autores gregos e latinos, aprendeu a escribir ben en francés e en latín, ademais de equitación e esgrima, e afondou na filosofía aristotélica e escolástica. A súa saúde era débil, xa que padecía de tuberculose. Parece ser que a causa da súa enfermidade no internado ofrecéronlle mellores cuartos que aos demais e permanecía máis tempo en cama polas mañás. Mesmo durmía coa ventá aberta, pois na época cría que isto resultaba favorable para a súa enfermidade. Os estudos de filosofía duraban alí tres anos e analizaban a lóxica de Aristóteles, mediante a lectura e o comentario de obras como Categorías, Primeiros analíticos, Tópicos, Moral e Tratado da interpretación. Dedicaban outro ano á Física e ás Matemáticas, e un máis á Metafísica. Os xesuítas tiñan nos seus estatutos a orde de non apartarse de Aristóteles e Tomé de Aquino, este último o máis fiable intérprete do pensamento cristián. As clases impartíanse segundo o modelo medieval, en tres momentos: 1) a explicación ou ditado do mestre, 2) a proposta de cuestións extraídas do texto orixinal, 3) a síntese. Era aquí onde interviñan os estudantes, achegando argumentos e razóns para disputar a teses do mestre. Deste modo exercitábanse na pugna dialéctica. Estas discusións ás veces abríanse ao público, dando ocasión ao lucimento discursivo duns e outros. Así conseguían o dominio de técnicas e recursos escolásticos, demostrando agudeza, enxeño e axilidade mental, pero Descartes recoñece que, se ben axudaban a defender as posicións, non alcanzaban a descubrir a verdade, nin tampouco a diferenciar o verdadeiro do falso. Por iso quedou decepcionado con esta formación escolástica o que o levou á busqueda dun novo método. . AUTONOMÍA DA RAZÓN E MATEMÁTICA COMO MODELO. Comentario [F1]: MOI IMPORTANTE Comentario [C2]: http://es.wikipedia.or g/wiki/Ren%C3%A9_Descartes
  • 3. O racionalismo moderno: R. Descartes 3 O que máis lle interesou a Descartes non foron os estudos filolóxicos e humanísticos, senón a astronomía e as matemáticas: por iso tan pronto como a idade me permitiu saír da suxeición dos meus preceptores abandonei completamente o estudo das letras (Discurso do método, Primeira parte). A partir de 1614 estudou Dereito na universidade de Poitiers, onde se titulou en leis, aínda que nunca quixo exercer de avogado coa conseguinte decepción do seu pai. Pola contra, ingresou no exército e interesouse pola vida militar, aínda que o que buscaba en realidade era coñecer o mundo, como un grande escenario de estudio e reflexión. Dende 1917 pasou por Holanda, Baviera, Alemaña, Países Baixos, Dinamarca..., sempre ao servizo dun exército ou doutro e rematou decepcionado da vida militar. En 1919, na noite do día dez de novembro prodúcese un feito moi significativo na biografía de Descartes. Tivo os seus tres famosos soños que cambiaron o curso da súa vida. Conta o filósofo que no primeiro soño se viu eivado e correndo para buscar refuxio nunha igrexa. No segundo había unha forte tormenta. O terceiro foi definitivo: ante el abriuse a páxina dun libro escrito en latín, que lle marcaba o camiño a seguir na súa vida, mediante a seguinte inscrición: ¿Quid vitae sectabor iter? (que camiño seguirei na vida?). Descartes considera que tales soños eran unha auténtica revelación: a voz dicíalle no soño que tiña que encontrar a verdade e para iso debía reunir todas as ciencias nunha soa, a través dun método único. Deste modo reformaría a filosofía e superaría o camiño escolástico anterior. Era un xeito de interpretar que tiña que dedicarse á filosofía e crear un sistema novo que orientase a historia posterior do saber filosófico. Isto foi o que fixo, e para iso tivo que eliminar todas as opinións que ata entón había admitira (Discurso do método, Segunda parte). Estes acontecementos decisivos sucederon mentres se atopaba só ante unha estufa que lle aliviaba do frío inverno na cidade alemá de Ulm. En agradecemento a tal revelación prometeu visitar o santuario da Virxe de Loreto, en Italia, o que fixo en 1623, despois de abandonar o exército e cando se dedicou a viaxar por diferentes lugares de Europa en busca de tranquilidade para elaborar osseus escritos: Parides, Amsterdam, Utrecht, Leyden... Cría que para vivir ben había que pasar desapercibido e ata vivir oculto, por iso dixo que só quen se oculta vive ben (bene vixit qui bene latuit) e fixo disto o lema da súa vida. En Holanda permaneceu vinte anos, dende 1628, onde viviu de incógnito para eludir as visitas de amigos e cambiou varias veces de residencia. Non se atopa a gusto na Francia de Richelieu. O cardeal combatía dentro do país as doutrinas relixiosas luteranas e fora a outros imperios, como aos Austrias. Non había paz nin cohesión social senón conflitos permanentes e inestabilidade política. Richelieu implantou o absolutismo para combater á nobreza e manter sometido pola forza o pobo. Ademais subordinou o catolicismo á nación francesa, cuxo engrandecemento foi o seu principal obxectivo. A igrexa defendía a filosofía aristotélica e era monárquica, polo que apoiaba a prohibición de ensinar doutrinas contrarias á Aristóteles e ao poder divino dos reis no goberno. O Parlamento de París chegou a decretar a pena de morte na cacharela para calquera formulación ou doutrina contraria a Aristóteles. En Holanda atopou a paz e liberdade que necesitaba para investigar e publicar, por iso editou alí boa parte da súa obra. Porén, a prudencia aconselloulle non publicar o seu Tratado do mundo e da luz, escrito en 1633, ao coñecer a condena de Galileo por manter o heliocentrismo, que era a base das explicacións físicas que necesitaba Descartes para a súa teoría. Na universidade de Leyden ensinou matemática e coñeceu a Golius (1596-1667), profesor de árabe e matemáticas daquela universidade, que propuxo a Descartes que explicase o problema matemático de Pappus relativo a segmentos de liñas rectas ligadas por relacións de proporción. Descartes resolveuno mediante a súa xeometría analítica. En 1635 nace en Holanda a súa filla Francine, froito da relación amorosa coa súa serventa Helen, e morre de febre escarlata en 1644. Un ano antes coñece a princesa Elizabeth de Holanda, con quen mantén unha abundante correspondencia sobre temas políticos e morais, que son a orixe da última das súas obras publicadas en vida, Tratado das paixóns.
  • 4. O racionalismo moderno: R. Descartes 4 Ao longo destes anos, Descartes fíxose famoso, as súas obras son obxecto de enconados debates por parte dos aristotélicos, que levaron ao Índice de libros prohibidos o Discurso do método. Tivo que defenderse dos seus influentes acusadores que o inculparon de escéptico e ateo, e aínda que contou con importantes defensores rematou por fartarse deste ambiente ou clima envelenado de disputas. Aproveita entón o convite da raíña Cristina de Suecia para que sexa o seu mestre ou preceptor e trasládase a Estocolmo en febreiro de 1649, co obxecto de ensinarlle o seu sistema filosófico. As leccións da raíña comezaban ás 5 da madrugada, o que fixo que a saúde de Descartes se resentise pronto, xa que tiña por costume durmir moito e permanecer comodamente en cama lendo e pensando. O frío invernal e os insólitos madrugóns provocáronlle unha pneumonía, que acabou coa súa vida o 11 de febreiro de 1650, aos 53 anos de idade. Enterrado en Estocolmo, o seu cadáver foi reclamado por Francia en 1666 e, unha vez exhumado, os seus restos trasladáronse á igrexa de Saint Geneviève-du-Mont, máis tarde ao Panteón, dedicado á memoria dos homes franceses ilustres e posteriormente a Saint Germain-des-Prés. Parece que o cranio de Descartes foi seccionado e permaneceu en Suecia ata que o devolveron a Francia, que o ten rexistrado, dende 1878, no Museo do Home, de París. 1.3. Principais obras de Descartes A mellor edición das obras de Descartes é a de Ch. Adam e P. Tannery, París 1897-1909. Regras para a dirección do espírito (publicación póstuma en 1671), Tratado do mundo (publicado en 1667), Discurso do método ( precedendo a Dióptrica, Meteoros e Xeometría), Meditacións de filosofía (primeira edición de 1647 incorpora Obxeccións e Respostas), Principios de filosofía, As paixóns da alma, Tratado do home (publicación póstuma), A busca da verdade pola luz natural (diálogo inacabado: apareceu tradución latina en 1701) 2. O MÉTODO CARTESIANO Descartes propuxéronse construír un procedemento ou método que lle permitise descubrir eficazmente a verdade, ao non lle servir ningún dos métodos que se utilizaban no seu tempo: a autoridade bíblica ou relixiosa, o siloxismo dedutivo e a experiencia. Acabou atopando o punto de partida do método no seu propio pensamento. 2.1. Significado do método Descartes estivo permanentemente preocupado polo problema da busca da verdade. Para a investigación da verdade das cousas é necesario o Método (Regras para a dirección do espírito, IV). Se se carece de método non se pode emprender ningún tipo de análise. Pola última páxina do Discurso do método sabemos que empregará a súa vida no coñecemento da natureza para o que necesita tempo libre máis que honrosos empregos. Tal busca inclúe tres pasos. a) O primeiro empeza cedo na súa formación inicial cos xesuítas: Fun alimentado nas letras dende a miña infancia. Lingua e Historia antigas, Elocuencia e Poesía, Matemáticas, Teoloxía, Filosofía, Xurisprudencia, Medicina, Lóxica, Xeometría, Álxebra. O resultado da cultura escolar resultou decepcionante: Atopábame cheo de tantas dúbidas e erros que me parecía non obter outro proveito, ao tratar de instruírme, que o de descubrir máis e máis a miña ignorancia. (Discurso do método, Primeira parte). Comentario [C3]: Moi importante.
  • 5. O racionalismo moderno: R. Descartes 5 b) Co segundo paso toma a decisión de cambiar o estudio das letras polo grande libro do mundo (Discurso do método do método, Primeira parte). Despois de alistarse no exército, aproveita para ir adquirindo experiencias mundanas no contacto con outros homes e pobos que un gabinete de estudo non pode proporcionar. Tampouco lle satisfan estes coñecementos mundanos pois carecen dun fundamento firme. c) Finalmente, acontece a experiencia definitiva, cando ve con absoluta claridade cál é a meta que debe alcanzar: un día tomei a resolución de estudar tamén en min mesmo e de empregar todas as forzas do meu espírito en elixir o camiño que debía seguir (Discurso do método, Primeira parte, in fine). Mentres examinaba os seus pensamentos á calor dunha estufa, cae na conta de que a verdade se atopa na súa propia razón dende a que terá que empezar a súa investigación das demais cousas. É, pois, no propio suxeito pensante, onde hai que situar o fundamento seguro da verdade. Descartes descubriu a subxectividade, o que faría escribir a Hegel séculos máis tarde que é o creador da filosofía moderna. Descartes propóñense edificar nun terreo que é enteiramente meu (Discurso do método, Segunda parte), conducíndose dende si mesmo. Para iso necesita un método axeitado ao seu descubrimento do eu penso como orixe e fundamento da verdade. Na primeira máxima de Regras para a dirección do espírito establece Descartes a unidade da ciencia, que sustenta no argumento seguinte: a sabedoría humana é unha soa, aínda que se aplique aos máis diversos temas, polo tanto todas as ciencias están unidas entre si de tal maneira que é moito máis doado aprendelas todas xuntas que separar unha delas das outras. Igualmente mantén a unidade da razón que é por natureza a mesma en todos os homes, xa que están dotados das mesmas operacións principais da razón: intuición, análise ou división, síntese ou dedución e enumeración e comprobación de resultados. A unidade da ciencia e a unidade da razón esixen que o método sexa único. En efecto, a razón debe estar dotada dun procedemento ou método para alcanzar a verdade e conter unhas regras metódicas para a súa axeitada dirección, porque estar ben capacitados, é dicir, posuír unha razón, non é suficiente. Respecto á ciencia, o ideal da Universalis Sapientia, ou Ciencia xeral ou unificada, só se alcanzará partindo dun método único. Dende a Escolástica os coñecementos científicos considerábanse como tales debido ao seu contido, mentres que para Descartes o fundamental é o método. Independentemente dos contidos do obxecto do que trate, calquera saber é ou non científico se cumpre unhas determinadas características metodolóxicas, mediante as que é posible alcanzar sistematicamente a verdade.[…] Aínda que Descartes non ofrece nas súas obras unha exposición completa do seu método, este comeza pola dúbida. É o recurso cartesiano para erradicar UNIDADE DA CIENCIA E DA RAZÓN → UN SÓ MÉTODO A VERDADE ESTÁ DENTRO DE CADA UN DE NOS. SUBXECTIVIDADE
  • 6. O racionalismo moderno: R. Descartes 6 calquera falsidade e descubrir a verdade. Descartes propóñense rexeitar todos aqueles coñecementos sobre os que pode recaer a máis mínima sombra de dúbida. Rexeitou nun primeiro momento o mundo dos saberes vixentes do seu tempo por ter alicerces moi pouco firmes. Correrá a mesma sorte a experiencia que lle proporcionaba o libro do mundo. O trato, os costumes e testemuños dos homes tampouco o convencen, porque son moi variables e pouco firmes. Non atopa seguridade, polo tanto, na filosofía, nin na moral, nin na ciencia, nin no coñecemento por experiencia, nin no intelectual. Nunha palabra, tiña que tomar unha solución radical: No que atinxe ás opinións que ata entón admitira eu na miña crenza, pensei que non podía facer cousa mellor que intentar por unha vez suprimilas todas (Discurso do método, Primeira parte; Meditacións de filosofía primeira, Primeira). A partir de aquí decide inventar o seu propio camiño dende si mesmo, pois non atopa ningún principio seguro. Por el camiñará cara á verdade rexeitando previamente como absolutamente falso o que lle ofrecese a mínima dúbida. 2.2. Dúbida metódica, pensamento e ser a) Dúbida. A dúbida de Descartes é unha dúbida metódica. Non se manterá permanentemente nela, senón que, pola contra, a súa finalidade última consiste en superarse a si mesma, de cara a alcanzar un principio indubitable. Por conseguinte, ten que ver co inicio do propio método e non cun o escepticismo alleo a este. A dúbida cartesiana é necesaria para comezar a filosofía. […] Sinala Descartes tres fundamentos racionais para dubidar, coa peculiaridade de que cada un é superior en radicalidade ao seu precedente: ● Os sentidos son falaces. Estamos habituados a seguir unha especie de empirismo natural na nosa crenza de que os sentidos son os balcóns polos que nos asomamos á realidade e a capturamos para organizar as nosas sensacións despois. Cremos que os sentidos son os mediadores entre a realidade e o pensamento. Mediante eles chega este a reflectila. Habería que violentar a nosa mente para facela dubidar dos obxectos inmediatos, que se nos presentan. Os sentidos son os que coñecen inicialmente as cousas: todo o adquirimos mediante eles. Non obstante, non é menos certo que os sentidos nos enganan algunhas veces. Así, por exemplo, cremos ver a silueta da nosa amiga que esperamos, pero ao achegarnos comprobamos que se trata doutra persoa. O olor dun alimento pode producir sensacións pracenteiras, pero cando o probamos non nos gusta. Por conseguinte, non podo fiarme dos sentidos: non son fonte segura de coñecemento. ● Os soños. Aínda que concedésemos non poder dubidar das experiencias antes descritas, a hipótese do sono inclúe tamén a posibilidade da dúbida razoable sobre elas. E se estivese soñando que agora estou aquí, escribindo traballosamente os meus pensamentos sobre o papel? En tal caso, podería saber que se trata dun puro sono? Non hai indicios certos para distinguir o soño da vixilia, contesta Descartes. Por iso resolvín finxir que nada do que ata entón entrara na miña mente era máis verdadeiro que as ilusións dos meus soños. Descartes observa que a filosofía leva dende os presocráticos sin alcanzar un acordo unánime ou un coñecemento certo. Fronte á filosofía a matemática parece que progresou continuamente, e aparece como unha ciencia certa e indubidable. Esto leva a Descartes a tomar a matemática como modelo. Considera que o que necesita a filosofía é un MÉTODO que procure un coñecemento certo e seguro como o das matemáticas. Este método consistira na DÚBIDA METÓDICA. E dicir: dubidar de todo hasta atopar unha certeza indubidable. DÚBIDA METÓDICA OS SENTIDOS UN SOÑO XENIO MALIGNO Comentario [C4]: Principio do Racionalismo: pensar = existir
  • 7. O racionalismo moderno: R. Descartes 7 ● Un xenio maligno. Non obstante, hai coñecementos que non son afectados pola dúbida. Valla, como exemplo, a matemática. Nela hai algo certo e indubidable, por esta razón: Durma eu ou estea esperto, sempre dous e tres sumarán cinco e o cadrado non terá máis de catro lados. Por iso é preciso dar un paso máis para facer universal o proceder da dúbida: Suporei, pois, ... que certo xenio ou espírito maligno, non menos astuto e burlador que todopoderoso puxo a súa industria toda en enganarme. Poderiamos ser feitos cunha razón defectuosa por un Deus que nos quixese enganar e isto sería dramático para un racionalista que só confía na súa razón. A hipótese do xenio maligno é o límite epistemolóxico da dúbida radical. Descartes non poden avanzar ningunha hipótese máis e remata a súa dramática descrición confesando que, quizais, non sexa posible aclarar todas as tebras das dificultades que acabo de promover. Pode, mesmo, que non sexa capaz xa de resolver tantas dúbidas como ten, pero, ao mesmo tempo, está convencido de que se atopa no bo camiño, que seguirá ata que, como Arquímedes e a súa panca, atope un punto firme e certo. b) Primeira certeza. Ese punto firme descóbreo no pensamento. En efecto, nin sequera o todopoderoso espírito maligno poderá, cos seus enganos, impedir que eu pense mentres estou a dubidar: Engáneme canto queira, que non conseguirá que eu sexa nada mentres estou a pensar que son algo. Soñe ou estea esperto, engáneme ou estea no certo, penso... e se penso, polo menos como cousa pensante, existo. Remata aquí a dúbida radical e conséguese a primeira certeza: o pensar mesmo é xa un feito indubidable. Non será este, acaso, o punto de apoio que andaba buscando? Dende logo. Teño conciencia de que dubido, mesmo de que me están a enganar. Así o formula Descartes: E advertindo que esta verdade: penso, logo son, era tan firme e seguro que as máis extravagantes suposicións dos escépticos eran incapaces de conmovela, pensei que podería aceptala sen escrúpulo como o primeiro principio da filosofía que andaba buscando. […] Aquí finaliza a primeira etapa cartesiana, a da dúbida, e queda descuberto o pensar como realidade primeira e punto de partida da construción metódica da verdade. O pensamento é o principio firme do que xurdirá dedutivamente todo o resto das cousas, a condición da súa posibilidade. A instancia racional, considerada como a máis valiosa dende Galileo, agora queda consolidada como tal para non abandonar nunca máis os homes da modernidade: Non hai nada que estea enteiramente no noso poder máis que osnosos pensamentos. c) Novo criterio de verdade. Que é o que garante a total coincidencia entre pensar e ser, de tal maneira que no momento en que penso sei que existo? Simplemente a evidencia: Na proposición penso, logo existo, o único que me asegura de que digo a verdade é que vexo moi claramente que para pensar é necesario ser. Non Se trata dun razoamento, como pode suxerir falsamente o ergo latino, senón dunha propiedade que, de forma directa ou inmediata, comparece ante o espírito; ten carácter intuitivo, non dedutivo (todo o mundo PENSO LOGO EXISTO → REMATE DA DÚBIDA E PRINCIPO DE CERTEZA.
  • 8. O racionalismo moderno: R. Descartes 8 pode ver por intuición intelectual que el existe, que pensa...). A intuición garante certeza absoluta. Certeza é o asentimento e adhesión do suxeito ao que considera verdadeiro, sen que teña ningunha dúbida diso. Verdadeiro é o que concibe moi clara e distintamente. Evidente é o que se presenta directa e inmediatamente ao suxeito, que non necesita demostralo por consideralo como seguro. Descartes propúxose co seu método chegar á verdade e para iso estableceu que coñezo verdadeiramente cando teño unha idea clara e distinta de algo, é dicir, que se manifesta de modo tan preciso que non pode confundirse con outra cousa, ao ser evidente. Ante a evidencia o meu espírito só pode mostrarse conforme, sen ningunha dúbida, xa que a evidencia obriga á aceptación. Así pois, no cogito (pensamento), remata a dúbida, descóbrese o suxeito como punto de partida da filosofía e xustificación do criterio de certeza. Criterio é a norma ou regra que nos permite analizar os xuízos e confirmar a súa verdade ou falsidade. Esta é a regra: todo o que eu perciba coa mesma claridade e distinción que a intuición ou evidencia inmediata do eu penso (cogito) é verdadeiro. Claro é algo que se presenta ao meu espírito de modo que abonda examinalo para que sexa coñecido sen deixar ningunha abertura á sombra de dúbida. Distinto é aquilo que capto de modo que o podo diferenciar externamente con precisión de calquera outra cousa, así como, internamente, separar as súas partes compoñentes. Co seu criterio de verdade, Descartes eliminou anteriores normas e modelos, como a autoridade ou, incluso, a experiencia e instaura o reino da razón. 2.3. Regras para a dirección do espírito Agora que dispoñemos do criterio de verdade pódese precisar o método e as regras que nos permitan obtela. Polo método entendo regras doadas e certas, cuxa observación rigorosa impide tomar o falso por verdadeiro, e que fan que o espírito, sen empregar inutilmente ningún esforzo, senón acrecentando gradualmente a súa ciencia, chegue ao coñecemento verdadeiro de todo o que é capaz de coñecer. O método contén un número de preceptos e dispón de regras. Porén, é algo máis que simples regras. Consiste nunha serie de operacións fundamentais da razón (intuición, análise ou división, dedución e verificación de resultados) e unha concepción do coñecemento científico que só pode fundamentarse na evidencia absoluta. Toda ciencia é un coñecemento certo e evidente. Pasemos a examinar o método. No Discurso do método aparece unha exposición sistemática, de apenas media páxina, na que se limita a referir os catro preceptos seguintes: ● Evidencia. Non aceptar nunca cousa ningunha como verdadeira, sen coñecela evidentemente como tal; é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e a improvisación e non admitir nos meus xuízos nada máis que o que se presentase ao meu espírito tan clara e distintamente que non tivese A INTUICIÓN É O CRITERIO DE CERTEZA CRITERIO DE VERDADE RACIONALISTA: ALGO É CERTO SI SE NOS PRESENTA COMO UNHA INTUICIÓN CLARA E DISTINTA. REGRAS DO MÉTODO: - EVIDENCIA - ANÁLISE - SÍNTESE - ENUMERACIÓN. MÉTODO: Regras doadas e certas que impiden tomar o falso por verdadeiro.
  • 9. O racionalismo moderno: R. Descartes 9 motivo ningún de poñelo en dúbida. ● Análise. Dividir cada unha das dificultades que examinase en tantas partes como fose posible e en cantas se requirisen para a súa mellor resolución. ● Síntese. Conducir ordenadamente os meus pensamentos, comezando polos obxectos máis simple e fáciles de coñecer para ascender pouco a pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis complexos, supoñendo, mesmo, unha orde entre os que non se preceden naturalmente. ● Enumeración. Facer en todo enumeracións tan complexas e revisións tan xerais que estivese seguro de non omitir nada, En Regras para a dirección do espírito Descartes establece dous procedementos para obter certeza, a intuición e a dedución. Os obxectos, é dicir, a realidade constitúe conxuntos de datos elementais ou naturezas simples que establecen nexos ou enlaces entre si. É preciso reconstruír tales datos e restablecer o conxunto, para obter a súa captación completa. Pois ben, mediante a dedución reconstrúese e por intuición coñécese os elementos ou naturezas simples. […] 3. A REALIDADE Unha vez descubertas e formuladas as regras do método, Descartes utilízao para coñecer a realidade, que abrangue tres ámbitos ontolóxicos ou substancias: infinita, pensante e extensa. A análise das dúas últimas constitúe o tratamento cartesiano do home, que é res cogitans pola súa alma e res extensa polo seu corpo. A esencia do mundo ou a natureza é tamén a extensión. Ademais, queda Deus como res infinita. Complétase así a súa filosofía na concepción da realidade antropolóxica, teolóxica e física. 3.1. Cogito: Eu son un pensamento Vexo que nada hai que me sexa máis doado de coñecer que o meu propio pensamento. Na orde do coñecemento o primeiro é o eu penso. É a única realidade que está a salvo da dúbida. Pensar é a natureza propia do eu, a súa esencia, de tal maneira que Descartes afirma coñecer o pensamento antes que o corpo e incluso prescindindo del. Así, pois, penso, logo son. Pero, que ou quen son? Descartes contesta sempre do mesmo xeito: Son, falando con precisión, unha cousa que pensa, o que significa: unha cousa que dubida, entende, concibe, afirma, nega, quere, non quere e, tamén, imaxina e sente. E isto en virtude de que teño diso unha percepción clara e distinta, e esta é a regra xeral de certeza Descartes puido quedar aquí. Quizais non cabía ningunha coherencia maior que permanecer na subxectividade. Non obstante, sentiu a necesidade de dar o salto á realidade extrasubxectiva e para iso necesitou apoiarse na idea de Deus. Sen Deus non habería coñecemento do mundo real. 3.2. Deus, o ser perfecto En que consiste a materia dos meus pensamentos? Nas ideas. CERTEZA: PENSO, LOGO EXISTO PROBLEMA : como saír da subxectividade ? Como garantír que o que hai fora da razón existe? Desmostrando a existencia de Deus. Deus é quen garante que o que observo no mundo é certo.
  • 10. O racionalismo moderno: R. Descartes 10 dende logo. Así, por exemplo, ter un pensamento sobre o ceo, a terra, a calor, Deus, etc., é, falando con precisión, ter a idea de ceo, de terra, de calor, de Deus, etc. […] Finalmente clasifica as ideas en tres tipos: 1) as que me parecen nacidas en min: innatas, por exemplo, saber que é a verdade ou que é o pensamento; 2) as que me parecen vindas de fóra: adventicias, como oír un ruído ou sentir o lume; 3) as formadas por min mesmo: facticias, como as sereas ou os hipogrifos. As máis importantes son as ideas innatas, xa que constitúen a conexión entre pensamento e Deus (o innatismo é a tese principal do racionalismo). Respecto a Deus, Descartes ofrece os seus argumentos en distintas obras pero con formulacións similares. Que Deus existe próbase pola idea do ser perfecto. Pois, no feito da dúbida descubro que eu non son perfecto -hai máis perfección en coñecer que en dubidar- Pero entre as ideas que eu teño atopo a idea dun ser perfecto e infinito -baixo o nome de Deus entendo unha substancia infinita, eterna, inmutable, independente, omnisciente, omnipotente. Se preguntamos de onde procede esa idea, temos que admitir que o máis perfecto non pode proceder do menos perfecto, é dicir, que esa idea non vén de min, é innata, e, por conseguinte, debo deducir que tal natureza existe -que Deus, ese ser tan perfecto, é ou existe, atopábao polo menos tan certo como puidese selo calquera demostración da xeometría. Un primeiro argumento di que se eu teño na miña mente a idea de Deus, que é un ser perfecto, esta idea non pode vir de min, que son un ser imperfecto porque do imperfecto non pode proceder o perfecto. Logo só queda que o propio Deus a teña implantado na miña natureza racional, polo que a súa existencia é innegable. O segundo argumento afirma que se o contido do que está no pensamento non existe tamén na realidade, entón ese contido non sería a perfección, pois existir no pensamento e na realidade é máis perfecto que existir soamente no pensamento. Este é o argumento anselmiano reformulado por Descartes e denominado comunmente argumento ontolóxico. 3.3. Mundo e dualismo cartesiano O percorrido do razoamento cartesiano irá do eu a Deus e de Deus ao mundo exterior. Convén precisar o idealismo de Descartes, no sentido de que non nega a existencia do mundo externo, como fai o idealismo radical, pero esta existencia é unha idea que ten que ser xustificada como tal para ser considerada lexítima por parte do coñecemento. Xustamente faino dende Deus. Hai un parágrafo luminoso ao final da quinta Meditación: E agora, coñecéndoo, [ refírese a Deus] posúo o modo de adquirir unha ciencia perfecta sobre infinidade de cousas, non só das que están nela, senón tamén das que pertencen á natureza corporal en canto obxecto posible das demostracións xeométricas. Despois de coñecer con seguridade que Deus existe e que é a IDEAS: - INNATAS - ADVENTICIAS - FACTICIAS Comentario [C5]: Primeira proba da existencia de Deus. Comentario [C6]: Segunda proba. Argumento Ontolóxico.
  • 11. O racionalismo moderno: R. Descartes 11 bondade suprema, desaparece a imaxe dun deus ou xenio maligno e enganador. Só un Deus malo e poderoso podería modificar a estrutura da miña razón ata volvela incompleta e defectuosa, pero eu sei que Deus é un ser perfecto, infinito e bo, polo que non me vai enganar, porque entón no seu seo habitaría a maldade e, polo tanto, a imperfección, é dicir, non sería Deus. Na súa argumentación Descartes realiza unha aplicación rigorosa do método: o mundo, ao igual que Deus, deberá ser obxecto dunha demostración. É manifesto que os corpos non son coñecidos propiamente polos sentidos ou pola facultade de imaxinar, senón polo entendemento só, e que non son coñecidos porque os vemos e os tocamos, senón porque os entendemos ou comprendemos polo pensamento. Pero o feito de pensalos non implica que existan. Existen cousas materiais? Na Meditación segunda considera os corpos que vemos e tocamos, poñendo como exemplo un anaco de cera. Que conciben dela os meus sentidos? Quizais un olor, unha cor, unha figura, un tamaño, etc. Pero, cando desaparece todo isto (por exemplo, se a quentamos), ¿que queda? Non queda certamente máis que algo extenso, flexible e mudable. fronte ao que nos digan os sentidos. O argumento xeral de Descartes, resumidamente, é este. Eu penso na idea clara e distinta de extensión e, ademais, teño a convicción de que existen as cousas extensas como o meu corpo e outros corpos ao meu redor. Pero como Deus non pode enganarnos, a súa veracidade garante a existencia de tales corpos e do mundo físico que configuran. Queda así establecido o dualismo cartesiano, res cogitans fronte a res extensa, ou pensamento fronte a corpo: A miña alma é enteira e verdadeiramente distinta do meu corpo, podendo ser e existir sen o corpo. Con iso formularase ao racionalismo posterior o difícil problema da comunicación das substancias. 3.4. Comunicación das substancias ou relación mente e corpo Pensamento e extensión son dúas substancias independentes entre si, porque son heteroxéneas e existen separadamente, cunha excepción, o caso do ser humano, no que se atopan unidas. En As paixóns da alma escribe Descartes: a alma está realmente unida a todo o corpo e non podemos dicir que non exista nunha calquera das súas partes con exclusión das outras. Se se trata de dúas substancias independentes, espírito pensante e corpo extenso, como se comunican entre si? Como inflúe a mente no corpo e viceversa? Como podo eu ter sensacións, se o eu é inextenso, porque pertence ao pensamento, e as sensacións son extensas, porque pertencen ao corpo, que é materia? Como aplicar o espírito á materia? Por que no momento de darse unha acción psíquica paralelamente sucede a conseguinte acción física que corresponde a aquela? A solución que achega Descartes é que Deus fixo o mundo material de maneira que nel fosen aplicables os pensamentos da DUALISMO CARTESIANO: EU DEUS MUNDO RES COGITANS (PENSAMENTO) RES EXTENSA (CORPO)
  • 12. O racionalismo moderno: R. Descartes 12 mente. Nos seres humanos hai un lugar concreto de unión entre o corpo material e a alma espiritual: a glándula pineal. Este órgano situado no cerebro, na parte denominada encéfalo, cuxos órganos forman o sistema nervioso, unifica as sensacións procedentes dos sentidos. Outros racionalistas chegaron a solucións diferentes a Descartes, que poden explicarse co exemplo de dous reloxos que funcionan con total coincidencia, de modo similar ao funcionamento da alma e o corpo. Hai tres explicacións posibles: 1) un dispositivo técnico conecta os dous reloxos, 2) un mecánico supervísaos e regula permanentemente, 3) unha fabricación rigorosa e precisa destes. Os ocasionalistas, como Malebranche, poñen en Deus o mecánico supervisor: ante un movemento da alma Deus produce o correspondente e coincidente movemento do corpo. Deus actúa con ocasión de tal acción da alma ou do corpo. A causa é substituída pola ocasión. Leibniz recorre á harmonía preestablecida fronte ao dispositivo técnico da glándula pineal de Descartes ou o mecánico supervisor de Malebranche. Propón a terceira explicación: Deus creou as dúas substancias con tal perfección que, aínda que sigan as súas propias leis, coinciden exactamente nas súas actuacións, grazas a que o Creador estableceu previamente a súa harmonización. Spinoza cambiou radicalmente toda a formulación: non hai dous reloxos ou dúas substancias separadas, só existe unha, a divina ou Deus. A coincidencia ou harmonía explícase porque pensamento e extensión son atributos, é dicir, propiedades ou constitucións da única substancia. Hai, pois, un reloxo con dúas esferas. Esta é a solución máis simple e sinxela, as demais son bastante artificiais. O problema da solución de Spinoza é que leva ao panteísmo: a natureza ou a extensión é o mesmo Deus. 4. A MORAL POR PROVISIÓN Descartes propón tamén unhas regras de moral, extraídas do método, que permitan vivir ben razoablemente e de modo tranquilo. Na vida necesitamos tomar decisións libremente elixidas mediante accións autónomas, coas que os seres humanos poidan axustarse á orde do mundo. 4.1. Moral por provisión ou moral provisional? A terceira parte do Discurso do método leva por título algunhas regras de moral sacadas do método. Segundo isto, a moral non é independente da súa teoría do coñecemento e procede igualmente do método, o que parece lóxico. Por un problema de tradución fíxoselle dicir a Descartes que ofrece unha moral provisional, cando no texto orixinal escribe moral por provision. A diferenza non é de matiz, é importante. "Provisional" é o que se ten momentaneamente e algo adicional, que pode perderse pronto. Neste caso as regras de moral non serían permanentes. En cambio, por provisión significa para prover e previr, para dispoñer os medios e resolver un problema, cos recursos necesarios.
  • 13. O racionalismo moderno: R. Descartes 13 Cal é o sentido da moral? A vida humana non se pode deter, necesita actuar dende a situación en que se atopa de xeito racional. Vivir felizmente, é dicir, de modo satisfactorio, é unha tarefa de todos os días e non é posible esperar na orde práctica, como se fai no teórico, ata resolver a dúbida. Por iso, para poder dedicarse ao cultivo da razón e descubrir a verdade, obxectivo que plenifica ao ser humano, propón as regras de moral para previr calquera continxencia. 4.2. As regras da moral Descartes di que a súa moral só contén tres máximas. 1ªObedecer ás leis e costumes do meu país, seguindo as opinións moderadas dos máis sensatos. Non só é cousa de sentido común, senón de sabedoría práctica, propia do home prudente, no sentido aristotélico. Nos costumes inflúe a relixión que se teña e tamén a moderación e sensatez para actuar. 2ª Ter firmeza e resolución nas accións, unha vez que tomou a decisión máis axeitada. Non cabe demorarse ata saír de dúbidas, pola necesidade imperativa de ter que actuar. Trátase de tomar unha decisión, libremente elixida, e poñela en práctica, aínda que despois chegase a resultar equivocada. 3ª Vencerme a min mesmo antes que á fortuna, e cambiar o meu desexo máis que a orde do mundo. Atópase aquí a presenza dunha racionalidade estoica evidente. Sabedoría para actuar de acordo coa orde do mundo, dominando os desexos inmoderados que perturban a vida. É prudente repregarse ante as circunstancias e ata se ocultar para vivir a gusto e felizmente. É esta unha moral individualista, propia da burguesía dos tempos de Descartes. O que importa é manter a liberdade individual. Di Descartes que o único que nos pertence son os nosos pensamentos, o demais está fóra de nós, polo que non importa se non se pode conseguir, xa que é alleo a min. Coa tranquilidade de ánimo que lle proporcionan estas tres máximas pode dedicarse enteiramente ao cultivo da razón, que é a mellor ocupación dos homes, e a que a el lle proporcionou os maiores gozos e satisfaccións. 5. MECANICISMO E MATEMÁTICAS Para explicar os corpos Descartes acode ao mecanicismo. Cre que as calidades obxectivas das cousas pódense medir co instrumental matemático. Deste modo continúa coa súa liña racionalista. Que conciba a plantas e animais como algo mecánico, produciu gran desconcerto entre os seus coetáneos, que o xulgaron como un grande erro. 5.1. Mecanicismo fronte a organicismo O mecanicismo é un sistema que explica a realidade mecanicamente, é dicir, a través da materia, as forzas e os movementos que se dan nela. O mecanicismo rexeita as calidades secundarias (cores, sons e sabores son aspectos subxectivos ou mentais e non propiedades esenciais das cousas) e acepta soamente as calidades primarias (figura, tamaño), porque son trazos obxectivos que conteñen as cousas, xa que poden medirse e cuantificarse. MECANICISMO Cualidades Secundarias: Subxectivas. Cualidades Primarias: Obxectivas. Medibles. Cuantificables. Comentario [C7]: Moral conservadora. Comentario [C8]: Propio dun Racionalista: A razón por enrriba da paixón.
  • 14. O racionalismo moderno: R. Descartes 14 Rexeita igualmente as causas finais, porque se considera que son suficientes as causas eficientes para a explicación da realidade. Descartes é mecanicista en canto á explicación do mundo físico. Defende que as calidades primarias están nas cousas e se poden describir matematicamente. Por iso a ciencia cartesiana segue o modelo matemático, posto que a matemática é o instrumento imprescindible para medir cantidades e magnitudes. Segundo Descartes, os fenómenos físicos non se explican pola experiencia, senónquese rexen por unha lei que segue esquemas matemáticos de orde e medida. Na explicación dos animais e as plantas distánciase Descartes do modelo organicista aristotélico. Animais e plantas non son organismos vivos que teñan unha finalidade, como en Aristóteles, senón realidades mecánicas, é dicir, máquinas reducibles a cantidades materiais mensurables, procedentes da súa propia natureza, sen nengún tipo de causalidade final. Na natureza non hai fins, só se producen choques ou accións mecánicas duns corpos con outros. Para o racionalismo a matemática é a base da ciencia, mentres que o empirismo fundamentará a física, que é o seu modelo de ciencia, na experiencia. VIDEOS RECOMENDADOS: http://www.youtube.com/watch?v=TZIBmTiCuYs http://www.youtube.com/watch?v=hP9uWUO3ivI En inglés: http://www.youtube.com/watch?v=BHihkRwisbE http://www.youtube.com/watch?v=BWH00ugAeEc Comentario [C9]: Rexeita o finalismo Aristotélico. Comentario [C10]: A experiencia en todo caso só serviría para verificar o postulado pola cuantificación matemática.